árbores de cambados

Post on 16-Apr-2017

348 Views

Category:

Education

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

ARBORES SENLLEIRAS DE CAMBADOS

SOBREIRA (Quercus suber) A Pastora. É a árbore máis vella de Cambados. Pode acadar máis de trescentos anos. Está moi deteriorada e foi podada varias veces.É unha árbore típica de clima mediterráneo á que se lle aproveita a cortiza e as landras para alimentar os animais.

SOBREIRA (Quercus suber) A Xesteira, Castrelo. -5,60 m de perímetro

FREIXA, FREIXO DE FOLLA ESTREITA (Fraxinus angustifolia) Bosque do Pazo de Fefiñáns. Hai varios exemplares, o máis grande foi plantado no século XIX. É unha árbore de folla caediza, composta, que gosta de terreos fértiles e húmidos. É orixinaria do sur de Europa, norte de África e oeste de Asia. -22 m de altura e 3,70 m perímetro no toro.

Vista da freixa desde o Camiño do Bosque

LOUREIROS (Laurus nobilis) Xardín do Pazo de Fefiñáns. Miden 2,93 e 2, 91 m de perímetro no toro e 15 m de alto. Foron plantados no século XIX.

O loureiro unha árbore de folla persistente orixinaria de Asia Menor que ten un olor característica. As súas follas empréganse como condimento.

CHOPO (Populus nigra) A Calzada. O máis grande está situado no extremo noroeste. Mide 3,30 m de perímetro. Os chopos da Calzada son moi vellos e algúns foron secando. Os chopos son habituais nas alamedas e nas beiras dos ríos e medran moi rápido nos primeiros anos.

Chopo da Igrexa do Convento Mide 3,20 m de perímetro.

CHOPOS do Colexio San Tomé.O máis grande mide 4 m de perímetro. Na actualidade é o conxunto de chopos máis grande de Cambados.Teñen máis de 30 anos. Foron plantados cando se fixo o colexio.

Chopos da Calzada nunha imaxe antiga

CHOPO BRANCO (Populus alba)A Calzada.

MAGNOLIA (Magnolia grandiflora) Pazo de Serantellos (Castrelo). Mide 15 m de altura e 4,15 m de perímetro no toro.

É unha árbore de folla perenne e grandes grandes flores brancas.

RODODENDROS (Rhododendron arboreum) Pazo de Serantellos (Castrelo). O máis grande ten 150 anos e mide 13,50 m de altura e 2,60 m de perímetro no toro. É unha árbore de xardín cunhas vistosas flores de cor rosa.(Está en moi mal estado)

AILANTO (Ailanthus altissima) Convento de San Francisco. É orixinaria do norte de China e Xapón. Abonda de forma silvestre no sur da provincia de Ourense. -14 m de altura e 2,30 m perímetro.

FIGUEIRA (Ficus carica) Patio Pazo de Fefiñáns. É moi antiga e mide 1,90 m perímetro. É unha árbore orixinaria do Próximo Oriente que se cultiva por todo o mediterráneo polos seus “froitos” comestibles.

O escudo dos Figueroa ten cinco follas de figueira nun dos cuarteis.

BUXOS(Buxus sempervirens)Casa da Capitana.Especie orixinaria de Europa, norte de África e sudoeste de Asia, cultivada desde moi antigo para formar sebes ou labirintos e abeirar paseos.

CARBALLO(Quercus robur)Campo da Vila (Oubiña). -3,97 m de perímetro.

PLÁTANO DE SOMBRA (Platanus x hispanica)Xardíns do Parador (antigo Pazo de Bazán).

-o máis grande acada os 4,60 m de perímetro. Foron podados moitas veces porque acadaban moita altura.É unha das árbores máis comúns nos parques, á beira das estradas e rúas.

Imaxe antiga da horta da Casa de Bazán, hoxe Parador de Turismo

PLÁTANOS DE SOMBRACortiñas (A Modia-Vilariño).

ARCE AMERICANO (Acer negundo). Xardín de Torrado.Orixinaria de América do Norte.

Pittosporum spp Xardín de Torrado.Árbore orixinaria de Asia, África e Australia.

Casuarina equisetifoliaXardín de Torrado.Árbore orixinaria de Australia

CAMELIAS DO XAPÓN (Camellia japonica)Casa De Maza. Cortiñas (A Modia-Vilariño)Varios exemplares no xardín.

ÁRBORE DO AMOR(Cercis siliquastrum)Xardíns do Pazo de Fefiñáns.

ACACIA (Acacia melanoxilon)Bosque do Pazo de Fefiñáns.Árbore de orixe australiana naturalizada en Galiza.

EUCALIPTO DO MANÁ(Eucalyptus viminalis)Bosque do Pazo de Fefiñáns.Árbore de orixe australiana.

PIÑEIRO DE MONTERREI(Pinus radiata)Bosque do Pazo de Fefiñáns.-3,10 m de perímetro.

PIÑEIROS MANSOS (Pinus pinea)Cortiñas (A Modia-Vilariño)Un grupo de 15 exemplares. O máis groso mide 2,7 de perímetro no toro.

ARAUCARIA EXCELSA(Araucaria heterophylla) Xardín do Pazo de Fefiñáns. Acada unha gran altura e mide 2,9 m de perímetro.É unha árbore da familia da coníferas orixinaria de Australia.

ARAUCARIAS EXCELSASCasa da Francesa (Rúas Principe e San Gregorio)

PALMEIRAS (Phoenix canariensis) Praza de Alfredo Brañas. Teñen máis de 90 anos.

PALMERAS (Phoenix canariensis) Praza do Concello. As máis vellas teñen arredor de 100 anos. Son orixinarias das illas Canarias.

Imaxe antiga cos palmeras recén plantadas

Arredor de 1950

Washingtonia robusta Xardín do Pazo de Fefiñáns. Dous exemplares de 23 e 22 m de altura. A máis grosa ten 1,91 m de perímetro.

Washingtonia robusta Casa de Zárate (Fefiñáns)É un tipo de palmeira orixinaria de Norteamérica.Mide preto dos 30 m de altura.

árbores desaparecidas

Alameda de San Tomé

Robinias da Praza do Concello

Carballeira da Pastora

Carballeira do Convento

Plátanos, camelias, alcipreste... da casa de Bazán, hoxe Parador.

Platanos da Avda. de Madrid.

Plátanos e moreira da Avda. de Madrid.

Plátanos da Avda. de Vilagarcía.

Chopos da rúa Rosalía Castro.

Acacias da Praza de Fefiñáns.

Chopos brancos da Pastora.

Ligustro do Adro de Fefiñáns

Chopo do Colexio de San Tomé

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon DaportaCambados, setembro 2015

top related