anunciog0422-200516-0001_gl
Post on 08-Jul-2016
219 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20435
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO
RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana de Chantada, para delimitación do núcleo rural da Portada-Santo Estevo (expediente PTU-LU-12/111).
O Concello de Chantada remite proxecto técnico de delimitación, datado en agosto 2015, redactado polo arquitecto municipal Juan García Pérez, e documentación administrativa, para os efectos da aprobación definitiva, consonte a disposición adicional segunda.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).
Analizada a documentación achegada e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:
I. Antecedentes.
– O Concello de Chantada dispón dun PXOU aprobado definitivamente o 29.7.1985.
– Consta Decisión da SXCAA (31.7.2012) pola que se eximiu a presente modificación puntual de sometemento a avaliación ambiental estratéxica (DOG do 11.9.2012).
– Emisión de informes sectoriais:
a) Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, do 9.12.2013 e 18.8.2014 (desfavorables) e 24.11.2014 (favorable).
b) Deputación de Lugo, en materia de estradas, do 11.4.2014 (desfavorable) e 1.12.2015 (favorable).
c) Confederación Hidrográfica Miño Sil do 12.11.2014 e 25.5.2015, favorable condicio-nado.-
– Aprobación inicial do proxecto de modificación por acordo do Concello Pleno do 2.2.2015.
CV
E-D
OG
: 22d
6sov
8-bj
01-y
ab7-
r503
-k3s
dwpm
c4ap
1
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20436
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
– Exposición pública mediante anuncios no DOG do 12 de marzo de 2015, El Progreso do 12 de febreiro, La Voz de Galicia do 12 de febreiro e o taboleiro municipal. Consonte a certificación da secretaría, no período de exposición non se presentaron reclamacións.
– Acordo municipal plenario de aprobación provisional do 7.12.2015.
II. Aspectos xerais. Análise e consideración.
– O PXOU do Concello de Chantada delimita dous perímetros de solo urbano nas enti-dades da Portada e Santo Estevo, tipificándoos como «núcleos de casarío denso». A pre-sente modificación vén reaxustar os límites destes núcleos e a recoñecerlles o seu carácter rural.
– Proponse a delimitación dun ámbito continuo, asociándoo indistintamente ás entida-des de poboación de Santo Estevo e A Portada. Dentro deste ámbito diferéncianse dúas zonas de núcleo histórico tradicional (NRHT) e outras dúas de núcleo rural común (NRC).
– O proxecto de modificación delimita os núcleos de referencia, fixa as aliñacións, regula as condicións de uso e edificación nas zonas edificables, identifica as dotacións existentes (igrexa e cemiterio), cataloga diversas construcións con interese cultural e fixa os indicado-res para a redacción de plans especiais de ordenación dos núcleos afectados.
– No expediente acredítanse os requisitos establecidos pola disposición adicional se-gunda.2 da LOUG, para a delimitación dos núcleos rurais.
De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG e co artigo 3.a) en re-lación coa disposición transitoria segunda do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais corresponde á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
III. Resolución.
Visto canto antecede,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar definitivamente a delimitación do solo de núcleo rural da Portada-Santo Estevo, do concello de Chantada.
CV
E-D
OG
: 22d
6sov
8-bj
01-y
ab7-
r503
-k3s
dwpm
c4ap
1
DOG Núm. 100 Venres, 27 de maio de 2016 Páx. 20437
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia
Segundo. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Terceiro. Notifíquese ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2016
María Encarnación Rivas Díaz Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo
ANEXO
CV
E-D
OG
: 22d
6sov
8-bj
01-y
ab7-
r503
-k3s
dwpm
c4ap
1
top related