antón, o neno que non quería ir á escola. dereito á educación

Post on 23-Jan-2017

5.125 Views

Category:

Education

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

ANTÓN, O NENO QUE NON QUERÍA IR Á ESCOLA

Antón xogaba e ría todo o día. Ría mentres comía, mentres falaba, ou se vestía. Ría sempre!.Só cando se facía noite caía rendidode sono na cama.

 Nun lugar da nosa comarca, había un neno moi riseiroque sempre estaba xogando. Tiña seis anos e chamábase Antón.

Había algo que Antón facía moi ben: peitear a súa irmá. Tiña uns dedos moi hábiles e deixáballe unhas trenzas fermosísimas.

Pero, un día, Antón deixou de rir de súpeto.

Que noticia tan horrible!!! Súa nai acababa de anunciarlle que tiña que empezar a escola.

Antón non quería ir, non lle gustaba estar pechado nunha aula sen poder saír, sen se poder erguer da cadeira, obrigado a aprender a ler e escribir...

Antón non precisaba diso, prefería ler coma seu avó, non no papel, senón no ceo.

O avó sempre sabía que tempo ía facer sen mirar na web de meteogalicia. Tampouco precisaba do GPS porque o avó mirando

cara o sol, cara ás estrelas e cara ás constelacións xa sabía por que camiño ir, nunca se perdeu.

A Antón gustáballe observar o ir e vir dos centos de animais do redor. A eles non os obrigaban a ir á escola. Prefería estar na praia soñando que pescaba enormes peixes, que montaba cabalos salvaxes ou que se divertía cos esquíos nas pólas das árbores.

O avó tamén sabía ler a terra. Sabía en que momento o campo estaba preparado para sementar con só botarlle unha ollada.

Antón non quería que lle cambiaran a roupa, corida e alegre, por un uniforme dunha soa cor, que lle facía parecer igual a todos os nenos e, ademais, cando sentara na praia, habíano confundir coa area e habíano pisar.

Por iso Antón estaba tan triste… triste… como as vacas fracas que levan ao campo a pastar na súa vila. Que podería facer para non ter que ir á escola?. As noites e os días pasaban e achegábase o momento.

De súpeto viu de lonxe ao lagarto Paco, e preguntoulle:-¿Que podo facer para non ir á escola?

-Só hai unha solución- respondeulle Paco-. Agóchate no oco do carballo, é grande abondopara que caibas comodamente e non te atope ninguén.

Antón pensou que podería estar alí un momentiño, ¡Pero non todos os días!.

Entón resolveu preguntarlle a Murci, o morcego, que meditaba colgado da súa póla.-Amigo Murci, que podo facer para non ter que ir á escola?. E Murci respondeulle:-Cando chegue o día de ir á escola,anícaste e retórceste e dis que che doe a barriga. Así non terás que ir á escola.

Non era mala idea, pero non podería finxir a dor de barriga todos os días!. Ademais, a Antón non lle gustaba nada mentir, e moito menos a súa nai.Así que foi onda a araña Uxía, que sempre o sabe todo, e interrogouna a tal efecto. E Uxía, que era moi espelida, respondeulle:-Só vexo unha solución:vai buscar o cofre da sabedoría. Está agochado cerca do río, entre o buxo e o castiñeiro. Has ver unha gran pedra vermella, afástaa e escarva no chan ata que te atopes cun obxecto moi duro. É o cofre da sabedoría, sácao con coidado e ábreo, nel atoparás o que buscas.

Antón púxose moi contento pesando que Uxía lle dera a solución ao seu problema e saíu correndo cara o río. Escarvou onde lle dixo a araña Uxía e sacou o cofre. Mirouno coidadosamente e tentou abrilo... pero non o conseguiu!!!.

Rita, a ra, estaba por alí e berroulle:-Antón, que fas?-Quero abrir o cofre da sabedoría,pero non sei como.

-É moi sinxelo- respondeulle Rita.- Só tes que ler a placa que está embaixo del. Aí o explica todo.Antón mirou a placa dourada, baixou a cabeza con tristura e non dixo nada.-Agora que pasa?- Preguntoulle Rita.-É que... non sei ler- respondeulle Antón con cara de figo chumbo.-¿Non sabes ler? ¡HA! ¡HA! ¡HA!

-¡NON SABE LER!- Berrou Rita para que todo o mundo a escoitase. -¡NON SABE LER!- Repetiron o resto das ras que acababan de chegar. -¡NON SABE LER!- Respondeu

tamén o eco.

Antón deixou o cofre no seu sitio, cubriuno con terra, puxo a pedra vermella de volta e marchou paseniñamente sen facer moito barullo. E cando viu que as ras xa non o podían ver, deu en correr como o vento ata chegar á súa casa.

E dirixíndose a súa nai que estaba a debullar fabas na horta, preguntoulle.-Mamá, mamaíña falta moito para que comece a escola?

ANTÓN, O NENO QUE NON QUERÍA IR Á ESCOLA

IlustraciónsAna Martínez Fernández (Alumna de 4º ESO do CPI Conde de Fenosa-

Ares)

Adaptación do conto Mayolla Martínez Dragó (Alumna de 4º ESO do CPI Conde de Fenosa-

Ares)

Fondos 2, 9 e 10Paola Toribio (Alumna de 4º ESO do CPI Conde de Fenosa- Ares)

InterpretaciónAlumnado de 2º, 3º e 4º ESO do CPI Conde de Fenosa- Ares

CPI “Conde de Fenosa”. AresCurso 2015-2016

top related