ano xxxiv - nÚmero 231 xaneiro - marzo 2016regueira e manuel rivas. darío xohán cabana, que...
Post on 22-Aug-2020
2 Views
Preview:
TRANSCRIPT
ANO XXXIV - NÚMERO 231 xaneiro - marzo 2016
Estrada Nacional 634 - Km. 621GOIRIZ -VILLABA (Lugo) - 982 511252
Bispo Sarmiento, 35
MONDOÑEDO (Lugo)
Teléfono 982 521 014
Teléfonos: 988 286 059 - 988 286 060 - 988 286 132Fax: 988 286 060
Estrada Ourense - Lugo, km. 14
32102 - READEGOS - Ourense
ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»colaboradores
A M E N C E R editan:
REALSEMINARIO CONCILIAR DE SANTA CATALINAe
ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»----------
Praza do Seminario, 1 Apartado, 2
27740 - MONDOÑEDO (Lugo)
depósito legal: LU -1609-82
número 231xaneiro-marzo de 2016
taboleiro
. tapa: homenaxe a Manuel María
. taboleiro, 1
. a xeito de cancela, 2
. Manuel María, 3
. falamos con... Saleta Goi,
. colaboracións, 23*Xosé Manuel Carballo Ferreiro, Pasado algún tempo
entendiamonos cos ollos, 23* Antonio Reigosa, Mondoñedo en Manuel María, 30* Xulio Xiz, Ti reinas na Terrá Chá, 33* Félix Villares Mouteira, Don Jaime Cabot e Manuel María, 35* Félix Villares Mouteira, Manuel María, o Seminario e
Amencer, 37. colaboraron, 39
sumario
- 1 -
A M E N C E R
coordinadores:OSCAR SANTIAGO SANMARTÍNFÉLIX VILLARES MOUTEIRA
A XEITO DE CANCELA
- 2 -
A M E N C E R
A Real Academia Galega, na sesión plenaria celebrada o tres de xullodo pasado ano 2015, acordou por ampla maioría dedicar o Día das LetrasGalegas de 2016 ó poeta Manuel María polas súas continuas aportacións nonsó á literatura galega senón tamén á normalización ligüística.
A candidatura de Manuel María foi avalada por Darío Xohán Cabana,Margarita Ledo, Fina Casaderrey, Víctor Fernández Freixanes, Xosé LuisRegueira e Manuel Rivas.
Darío Xohán Cabana, que precisamente ocupa na Real AcademiaGalega a cadeira que Manuel María deixou vacante á súa morte en setembrode 2004, manifestou: «A excelencia que consiguen algúns autores con poucospoemas atopámola en Manuel dentro da inmensidade da súa obra».
Pola súa banda, o presidente da Real Academia Galega, o profesorXesús Alonso Montero, dixo que Manuel María «é o perfecto candidato porser xunto con Rosalía, Curros Enriquez ou Celso Emilio Ferreiro un dospoetas máis cantados da literatura galega».
Persoalmente coido que a Manuel María estáselle a facer xustiza co Díadas Letras Galegas pola súa traxectoria literaria-conta cunha obra inmensa-, polo seu compromiso na defensa da nosa linguae por facer país. Opino que os académicos desta vez non se equivocaron naelección do autor a ser homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2016.
O poeta cantor da Terra Chá -que dicía que ser chairego imprimecarácter- tivo moi boa relación co Seminario de Mondoñedo, sobre todo,cando o que isto escribe estivo de reitor. Ten colaborado varias veces narevista Amencer e tena valorado moi positivamente. Así nunha carta quemandou, desde a Coruña, o 19 de xuño de 1998 dicíame: «Noraboa poloextraordinario de AMENCER. Unha maravilla como xeralmente todos osnúmeros da revista. Moitas gracias por lembrarse de min pra mandarma».Tamén ten pronunciado varias conferencias no Seminario e asistido a diversosactos.
Vaia este número de Amencer coma unha pequena e humildehomenaxe, pero certamente sentida e chea de gratitude, a Manuel María, quetanto fixo pola lingua galega e por este país dos «dez mil ríos», entre os queestá o regato do Cepelo que el tan ben cantou.
Félix Villares Mouteira
- 3 -
A M E N C E Rmanuel maría
Manuel María Fernández Teixeiro nace o 6 de outubro de 1929,preto do Río Miño en Outeiro de Rei, no seo dunha familia labregaacomodada, a Casa de Hortas, a típica da Terra Chá, a catro augas,hoxe convertida en Casa-Museo da Fundación Manuel María. Semprehoubo unha total simbiose entre o escritor e a Chaira, entre o home eos elementos primordiais que o compoñen: a terra da que está feito,a auga, o lume, o vento, no sentido que lle dá no primeiro poema doRitual pra unha tribu capital de concello: «...e un idéntico ventoconferiunos / o outo don da vida e o da palabra».., o corpo e o espírito.
De neno era amigo de xogar no Campo de Santa Isabel á billarda ede desatar os batuxos dos troiteiros para ir descubrindo as belezasdo río. Moi novo collía a bici para coñecer máis alá do seu «outeiro» aancha mar da Chaira. Sempre sentiu unha grande atracción polanatureza á que converteu en protagonista da súa escrita: os regatoscoma o do Cepelo, os grilos, un deles é O Kricói está no Cereixal(1973), as árbores (Carta a unha árbore, 1962)... Ía medrando nunambiente inspirado nas tradicións e na práctica relixiosa común amoitas familias, pero tamén o seu espírito creativo e vivo foino liberandode toda opresión para poder buscar novos horizontes de liberdade ede compromiso co pobo.
Cando morre o seu pai Antonio (1943), Manuel María vai vivir aLugo co tío Pepe, crego, profesor de Filosofía e creador da parroquiada Milagrosa. Estuda no Instituto e nos Maristas. Un dos seus primeirosamigos ía ser Uxío Novoneyra. Pero sería na tertulia do Méndez Núñezna que apousaría toda a fervenza do mozo poeta, alí coñecería a LuísPimentel, a Fernández de la Vega, ao pintor Ánxel Johán, aosprofesores Carballo Calero e Iglesia Alvariño. Pero o grandescubremento ía ser Ánxel Fole. Tamén Cunqueiro era un asiduo doMéndez.
Alfonso Blanco Torrado
- 4 -
A M E N C E R manuel maría
1949: Os primeiros versos
Aos 19 anos, xa está a facer versos con moita ilusión eaventúrase nunha revista de poesía, Xistral, e no primeiro libro:Muiñeiro de brétemas, no que abrolla toda a forza e inestabilidadepropias da primeira mocidade. Convertíase así no autor máis novoque publicaba no noso idioma na posguerra. Foi Iglesia Alvariño, oque o animou.
Soña con facer filosofía, pero o tío obrígao a cursar dereito, oque suporía unha frustración e o fracaso das súas teimas universitarias,o que ía confiando aos versos, e así foi compoñendo Morrendo a cadaintre (1952). Escribe relatos e contos con carga autobiográfica, como«A luzada» (1951) que é un raio de luz no medio daquela crise. Outrosuceso arrepiante veu a multiplicar aquela angustia: a morte poratropelo do irmán máis novo, Xesús María, aos 13 anos, e outro librosería a testemuña da súa dor: o Libro de pregos (1953), reservadoalgún tempo na alcoba segreda e íntima do poeta, ata que foi premiadoen Bos Aires (1955), que é unha resonancia dos salmos bíblicos.Escribe Advento premiado polo Centro Galego de Bos Aires (1954),que é un trasunto do existencialismo que está a vivir mesmo no terreorelixioso. Uns libros que son o síntoma das súas crises de crecementoen tódalas ordes da vida e do seu carácter contestario ante a vidaprosaica e a intolerancia, que desembocaría despois na serenidadee no gozo que abrollaría o seu temple e talante de comunicación coOutro a través das criaturas ao xeito do tamén poeta Francisco deAsís.
Cadra na mili en Parga con Novoneyra. Son destinados aCompostela, é no Café Español atopan o verdadeiro filón do queestaba a acontecer no mundo cultural. Naquela tertulia comparten mesae debate con Bouza Brey, Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo..., e coñecenaos máis novos: Pura Vázquez, Pilar Vázquez Cuesta, Celso Emilio,Xosé M. Beiras... Tiña o costume de tomar café con Otero Pedrayo aoque despois visitaría no pazo de Trasalba. Manuel María xa eracoñecido e disfrutaban a eito da súa palabra fluída e ateigada decontidos e emoción. Diserta e mutiplicanse os seus recitáis. Colaborana Revista Alba con Bernardino Graña e Méndez Ferrín cos que
- 5 -
A M E N C E Rmanuel maría
mantería amizade, sobre todo cando os dous exercen o ensino noFingoi de Lugo.
1954: O Terra Chá
Despois de ofrecernos asrugosidades e fluctuacións dos seus relevosinteriores, Manuel María, que consideratódolos temas humanos obxecto da artepoética, encomeza unha nova cala emergúllase na paisaxe e paisanaxe da TerraChá que el tanto coñecía polo seu afán deviaxar. Na primeira edición do Terra Chá, undos seus libros máis mimado, encartou 55poemas que se convertirían en 110 na quinta(1989).
Gaña os Xogos Florais de Ourensee coñece alí a Cuevillas, Antón Tovar, Vicente Risco, anos nos queparticipa nestes certames: A Coruña (1960), A Mariña (1965),Vilagarcía, Monforte, Guimaraes..., o que supoñía un ingresoeconómico xa que a profesión endexamais lle resultou moi rendible.No 1957 acadara o título de Procurador dos Tribunais, instalándoseen Monforte, da que foi nomeado «Fillo adoptivo» en 1987. Nosprimeiros anos alterna este oficio co de dar clases en variasacademias. No 1959 casa con Saleta Goi García, natural de Reigosada Pastoriza chairega, aínda que vivía en Lugo. A casa do Manuel eda Saleta estaba sempre aberta para todos. Sería unha longa historiade amor e compromiso coa que toda Galicia gañaría cotas deliberdade, pero que á vez os distanciaría dos que acusaban dedemasiado social a súa poesía nun tempo no que só os poetas podíandenunciar entre liñas o asoballamento do pobo e revindicar a súahistoria e identidade. Así só ve publicado en Galaxia Mar Maior (1963),que rexeita un dos seus contos máis longos: O xornaleiro e setetestemuñas máis, que é a denuncia da opresión que impón a ditadura,a desigualdade social e a miseria... É a narrativa que describe a vida
- 6 -
A M E N C E R manuel maría
indixente dos labregos, a corrupción do poder, o alleamento dos querenegan da súa orixe... Estes relatos verían a luz en Bos Aires no 1971.
Manuel María acode a concursos para ver publicados os librose así os seus lectores, cada volta máis numerosos, teñen que facer unesforzo para atopar a súa obra editada en Montevideo, Bos Aires,Xenebra, Portugal…, ou na Celta de Lugo onde publica Documentospersonaes (1958), un libro que nace cando o autor está a estrearsenunha profesión moi árida para a súa sensibilidade, o poemario épolo tanto outro berro de rebeldía fronte a unha vida que ás veces setórna moi estreita e prosaica e estoupa nuns versos críticos e satíricosonde xoga coa parodia e a linguaxe xurídica. É un novo filón da súainmensa escrita na que acredita os problemas reais da sociedade ezumega todo o alento do poeta por concienciar ao pobo ancorado namarxinación. É unha liña que iría «in crescendo» con Probadocumental (1968) Versos pra un país de minifundios (1969), Remol(1970), Versos pra cantar en feiras e romaxes (1969), Kricói. Fanói eDon Lobonís (1973), Poemas pra construir unha patria (1977) candoera imposible un discurso político digno. Pero a súa poesía e narrativaforon capaces de canalizar as ansias de compromiso de moitas/ospara aguilloalo pobo. Despois desta escrita que consideraba detransición, Canciós do lusco ó fusco (1970) foi un dos máis traducidos(francés, holandés, bretón...) e a plenitude da literatura de denunciacon forte carga irónica.
Ded
icato
ria d
e P
roba d
ocum
en
tal
- 7 -
A M E N C E Rmanuel maría
Esta coherencia levouno a que o marxinasen en sectores alleosá problemática real, polo que o poeta xunto con Ánxel Johán decidencrea-la Editorial Xistral no 1952. Máis tarde con Saleta, publicarían acolección Val de Lemos (1968). Na Xistral viron a luz «cadernos» deLuz Pozo, Carballo Calero, Pura Vázquez, Cabanillas... Tamén en 1970Saleta e Manuel abren a Libraría Xistral que ía converterse nun centrocultural para toda a poboación. Máis ca unha tenda ía ser un punto deinformación e animación cultural do país e ata de tertulia para os quequerían toma-lo pulso da actualidade políticosocial, literaria, artística.
1964: Na vangarda nacionalista
Manuel e Saleta volcáronse desde os comezos, polo 1964, navangarda nacionalista, participando activamente na Fronte Culturalda ANPG, animando campañas para tomar conciencia da identidadede Galicia. Foron anos de loita e persecución, con multas de ata300.000 pts., nunha manifestación anticelulosa en Quiroga e é detidosen ningunha explicación real. Nesta fervenza presenta a NovaCanción Galega (1968), xa que acudiran a el para musicar as súasletras, e sae: Manuel María, poemas ditos coa súa voz. Converteríaseno máis cantado: Suso Vaamonde, Fuxan os Ventos, María Manuela,O Carro, A Quenlla e outros….
Publica literatura infantil, coma Os soños na gaiola, en verso,e en prosa As ruas do vento ceibe (1979), así como a triloxía A triboten catro ríos (1991), Cando o mar foi polo río (1992) e Viaxes evagancias de M.P. (1994) na que Paderna, percorre Outeiro, a Chairae as cidades de Galicia ensinándonos os segredos e persoeiros máisimportantes, que remata sendo unha mostra do coñecemento que opoeta ten de tódalas comarcas e parroquias do país.
Viaxa varias veces a Portugal, Suíza, Catalunya, Euskadi,Bretaña..., A palabra sempre quente e cordial de Manuel María, seguea rebordar esperanza nos novos e nos máis vellos. Dá conferenciasen Holanda, Alemaña, Francia, Venezuela (1981)... A súa obra non sóelectriza a labregos, obreiros e mariñeiros..., tamén atrae aosemigrantes que o convidan aos centros galegos. Nas súas viaxes a
A M E N C E R
- 8 -
manuel maría
Francia non fallan as frores na tumba de Francis Jammes, un xestoemotivo que Manuel e Saleta multiplican a cotío nos cemiterios onderepousan os seus amigos.
O Xornaleiro e sete testemuñas máis gaña un premio noCentro Galego de Bos Aires en 1970, e no 1973 acada o Abrente deTeatro con A farsa de Bululú. Segue a publicar poesía coma Aldraxecontra a xistra e Laio e cramor pola Bretaña, na liña de seguirconcienciando e mobilizando á xente sobre as teimas de Galicia, igualca en Cantos rodados pra alleados e colonizados (1976), O librodas baladas (1978), Cata-vento de neutrós domesticados e Poemaspra construir unha Patria. 1977 supón a ponte entre este libro, o máisdefinido na aposta nacionalista e Poemas ó Outono que marcan unhanova etapa pois dirixe unha ollada diferente sobre a súa vida..., quecontinúa no Libro de Baladas (1978). En Poemas da labaradaestremecida (1980) olla o pasado desde un novo prisma: acontemplación da vida desde a altura duns anos que axudan a collerperspectiva. Neste poemario de amor descóbrese a meirandepreocupación pola forma dos versos que xa se viña insinuando nospoemarios dende 1977.
(Fotografía cedida por Rubén Leirvas Insua)
A M E N C E R
- 9 -
manuel maría
Tódolos xéneros literarios son material para a súa arte estéticae así no 1976 gaña o I Concurso de guións cinematográficos de Nós.Cinematográfica Galega.
Arestora hai unha volta á infancia na Escolma de poetas deOuteiro de Rei que é un percorrido ficticio a través da historia dosdistintos tratamentos da poesía: trobadores, romanticismo, vangardasdo s.XX, etc. (1982). Sempre glosou os fitos históricos e os persoaxesimaxinarios da súa vila e un non sabe onde comeza a realidade eremata a ficción como acontece co criado da súa casa Manuel dePaderna..
Todo o país foi converténdose na súa propia terra ou parroquia,non hai escritor que a patease tanto irrigándoa coa súa creatividade,máis de mil actos culturais en todo o país mostran este afáncomunicador, coma se tivese a teima de devolver ao seu pobo o moitoque del recibira. Un dos trazos da súa persoa era a xenerosidade,sempre disposto a acudir desinteresadamente, a cambio de comparti-la súa sabedoría. Era un obreiro da palabra pero sen soldada.
As súas viaxes foron converténdose en libros, así os Versosdo lume e do vaga-lume (1982) son as camiñatas por Galicia. En Aluz ressuscitada (1984) fai fincapé nos itinerarios artísticos, porque oautor era un dos mellores coñecedores da nosa arte, e en concretoda simboloxía románica e cristiá, non só das grandes catedrais taméndas ermidas, O camiño é unha nostalxa (1985) é a viaxe real e soñadaque fixo e lle gustaría facer ao poeta e Oráculos para cavalinhos-do-demo (1986) transmiten toda a imaxinación contida das viaxes deManuel María e Saleta por Italia e Grecia.
As lúcidas lúas do outono (1988) reflicten a nostalxia eagradecemento con que estaba a experimenta-lo poeta todo o mundoque lle deu a vida e os devanceiros, xa no outono ou madureza na queapousara con tanta melancolía. En 1991 publica o Compendio deorballos e incertezas que é un ramillete do seu universo poético e aoano seguinte Xermolos dá a coñece-las súas Panxoliñas.
En 1993 publica A primavera de Venus, outro punto noachegamento á cultura clásic, na que despunta a presencia amorosa
A M E N C E R manuel maría
e permanente da súa muller. Poemas a Compostela (1993), Poemaspara dicirlle a dúas lagoas (1994), O Miño canle de luz e néboa (1996)que é o «Grande Poema ó Miño» tan metido no seu corazón Sonetosá Casa de Hortas (1997) son o eterno retorno ao seu mundo orixinalque deixara unha pegada de nostalxia na súa vida e por iso volve a elcos seus versos e coa súa presencia sempre puntual nas celebraciónsque seguen a encher a súa casa natal. Tamén deixa a súa pegada encomarcas: Versos frolecidos en louvanza de Foz (1967), Cantigueirode Orcellón (1984), Sonetos ao val de Quiroga (1988), Cantigas ecantos de Pantón (1994). Coñece varias antoloxías: Antología poética(Madrid 1969), a bilingüe editada en Porto (1972): 99 poemas deManuel María, a de Camilo Gómez Torres, o seu máximo estudioso,que aparece en 1979: Versos para 30 outonos, as de 1993 e 1997.
O poeta non refuga ningún xénero literario e escribe Barrigaverde (1968), que recolle un personaxe tradicional que estaba aperderse. O seu Abril delume e ferro (1975) érepresentado tódolosanos ó aire l ibre enCarral facendo memoriados Mártires de Carralde 1846, nunharecreación na queparticipan preto de 70actores e actricesveciños do propioconcello. Desde 1957publicara varios «autos»,algúns en Portugal:dramas históricos, perosería As aven-turas edesventu-ras dunhaespiña de toxo cha-mada Berenguela omáis representa-do. Éunha sátira contra a
- 10 -
- 11 -
A M E N C E Rmanuel maría
perda da liberdade pola represión e o Auto do maio esmaioladosalienta a dor dun pobo oprimido, que foron traducidos ao éuscaro en1985. En 1992 publicanlle en dúas escollas: A lúa vai encoberta, unachegamento a Galicia da guerra incivil ata hoxe e Auto do Castromilou a revolución dos baúles no que fai memoria da Compostela deonte.
O teatro é coa poesía un dos xéneros cos que máis gozaba,pero contamos tamén cunha importante narrativa: Contos en cuartocrecente e outras prosas (1952), que foi editada de novo en douslibros: Os ontes do silencio (1990) e O Xornaleiro que veu a luz en Asribeiras son escuras (1997). A prosa como a poesía ofrece variasfacianas e neste punto imos salienta-la súa Novena a Santa Isabelpor un devoto de Outeiro de Rei, que é un sinal máis da súa teimapola recuperación do patrimonio literario, artístico, etnográfico, nestecaso da relixiosidade popular.
Escribe ensaios sobre Bouza Brey, Celso Emilio Ferreiro,Gabriel Aresti, Crecente Vega, etc. Foi o xornalismo o capítulo máisimportante en cantidade de toda a súa obra. Son centos de artigosespallados en revistas e xornais, así un artigo semanal en El CorreoGallego, ou a colaboración en tódolos números de A Nosa Terra baixoo epígrafe de «Andando a Terra». Dende revistas especializadas ataboletíns de colectivos culturais e sociais, todos saborearon algunhavez a súa pluma.
Nunha escolla dos seus poemas que publicou o Boletín Galegode Literatura en 1993: Os lonxes do solpor, Manuel María introdúceoscon esta «autopoética»: «cando servidor tiña vinte e poucos anos dicíaque non sabía o que é a Poesía. Tamén afirmaba que a misión dopoeta e da Poesía é agrandar o mundo, tódolos mundos. Cando tiñacincuenta e cinco anos intentou explicar o que é un poema. E saíronlleestes versos: «Un poema é un ser vivo que anda/ respira, soña, chora,salouca,/ ama, berra, centila e escurece,/cala, aborrece a mentira,/sente odio e ternura, desángrase,/ fala de intimidade a intimidade/coas cousas e coa xente, suxere/ mundos posibles e imposibles,//suda, cansa, sofre sede e fame, /adoece, agoniza. E nunca morre».
- 12 -
A M E N C E R manuel maría
Anos de recoñecemento
En xuño de 1990 a Asociación Xermolos dedicalle os PrimeirosEncontros na Terra Chá no San Alberte. Foi recoñecido co Premio«Celanova Casa dos Poetas» (1990) e co «Pedrón de Ouro» (1994):«pola súa traxectoria de máis de corenta anos de dedicación efidelidade, incluso precursora, a todo canto teña relación con Galicia».No 1995 a Asociación Socio-Pedagóxica Galega faille unha«Homenaxe no Teatro Rosalía de Castro» da Coruña e no 1997 aAsociación de Escritores en Lingua Galega convoca «O escritor nasúa terra», coa plantación dun carballo e a inauguración dunha rúa coseu nome en Outeiro. Foron moitas as homenaxes tributadas. No 2000os centros de ensino da Terra Chá dedícanlle o»Día das LetrasChairegas». O mesmo ano no que Xermolos tira adiante coa IrmandadeManuel María da Terra Chá. Xa no 2003 entra na Real Academia Galega.
No 1998 volve A Coruña. Desde neno Manuel María sentiu unhaforte atracción por esta cidade, porén ao retornar e establecerse nela,houbo como unha volta a aqueles veráns da súa infancia cando ía aela coa súa nai Pastora. No seu corazón sempre soñou co sorrisodesta cidade: «A Cruña rí encristalada», escribiu en 1970. E alí quixoavellentar con dignidade, traballando no que lle gustaba e poucas vecestan identificado coa mocidade na primeira liña das súas arelas emanifestacións, por iso segue en pé aquel diagnóstico de ManuelVeiga. «moita mocidade ilusionada agarrouse a el como a unha pólagallarda e firme da que prenderse, cando tantas outras estabaninutilizadas» (A Nosa Terra, 14-IX-95).
No 2000, matinando pechar a súa obra, publica Bretemas domuiñeiro, pero aínda habería máis: Camiños de luz e sombra, Entrea arxila e a luz…, pero o que máis o engaiolou foron os dous volumesda súa Obra Poética Completa… Deixounos o 8 de setembro do 2004e é soterrado no cemiterio de Outeiro ao pé da súa igrexa nunhamanifestación de dó de todas as Galizas. Días antes, xa enfermo, naFesta de Santa Sabela, asisteu á presentación de as Elexías á miñavida pequeniña. E xa no Festival de Pardiñas do 2010, A Quenllaestrea Os Irmandiños, cumprindo unha manda do poeta nunha ediciónanterior do festival, que musicasen os seus poemas sobre este fitohistórico. A estrea alongouse por toda Galiza nunha iniciativa máis daIrmandade Manuel María da Terra Chá..
- 13 -
A M E N C E Rfalamos con...
Saleta Goi,
viuva de Manuel MaríaS
IMO
NE
TTA
DO
ND
I DA
LL
OR
OL
OG
IO
«El era un home moiético á hora de achegar asúa parte no que podía»
«Eu estou totalmente identificada coaobra do meu home»
- 14 -
A M E N C E R falamos con...
Estamos a falar con Saleta Goi, a viúva de Manuel María, quecompartiron a maior parte da súa vida, mellor dito, que seguencompartindo, porque nos seus anos en común labraron unhaunidade total que non esmorece. Aquelas e aqueles que fixemoscamiño con eles nalgún treito, acreditamos que a vida e a obrado poeta non acadarían esta plenitude que estamos a celebrarna Festa das Letras, se non fose pola compañía constante deSaleta, e isto non só por convivir xuntos, senón pola entregaxenerosa desta dona a Galiza, porén tamén lle debemos a ela adedicación total de Manuel María ao noso pobo. Ao tempo quecelebramos a Manuel María, temos que agradecer a Saleta estaxenerosidade co país en todos os eidos: cultura, política,asociacionismo de base... É unha débeda con ela porque a súatraxectoria non se reduciu a unha simple convivencia, senón quedeu alento e inspiración ao escritor...
- Manuel María escribiu a maioría dosseus libros na mesa-camiña que agora está nasúa Casa-Museo en Outeiro de Rei, á par queSaleta atendía aos clientes da Libraría Xistralen Monforte. Nas miñas estadías alí percibíncoma ela creara un ambiente, un espazo persoalpara que o poeta puidese crear con liberdade,sen interferencias... Adiviñamos neste xesto deSaleta o seu gran aprezo pola creación e omester de cadaquén...
- Primeiro, identifiqueime coa obra, e non foiningunha cousa que a min me custara, é dicir, eu estoutotalmente identificada coa obra do meu home... Esegundo, el tiña espazo... Ti irías cando non habíaxente, pero en agosto, como tiña a cerámica deSargadelos e un bo surtido de libros, entonces estabaaquelo a tope de xente. O libro A Luz Resusscitada,escribiuno en agosto. Claro, eu non son creadorapero me parece que cando os versos agroman, hai
Eu estoutotalmente
identificada coaobra do meu
home.
- 15 -
A M E N C E Rfalamos con...
que botalos fóra, eso é o que me parece a min, entóna cousa foi tan tensa para el que aquel ano tiña comopesadez de cabeza e mesmo se foi mirar, e o que tiñaera un agotamento, e como eu cando había tanta xentelle dicía que vixilase un pouco porque a libraría talcomo era, que ti a coñeces, alongada, cuns estantesasí, era moi fácil levar cousas, de feito algunhas vecesfaltaban, entonces había que vixiar... Eramos dúas,unha rapaza e mais eu despachando no mostradoratendendo á xente, e unha terceira persoa era moiimportante, só con que se levantase e andase por alí.El vendía ben a un bo cliente, é dicir, porque lleexplicaba ben a literatura e a cerámicaestupendamente, agora se o cliente non era un granreceptor de todo o que lle dicían, para eso non valía.Creo que queda explicado.
- Pero tamén necesitaba un tempo propiciopara a inspiración e o traballo que esta esixe...
- El tiña tal poder de abstración!, un poucopode deducirse... Pero a min tíñame asombrada,porque eu podo ler un xornal nun café, pero el tiñatal poder de concentración, que se esquecía de todoo que había arredor, e no mostrador estabamosfalando constantemente.
- Eu víao sempre emocionado polospequenos detalles, os pequenos xestos da vida,mesmo disfrutando da grandeza das cousas máispequenas e máis sinxelas, ¿acerto…?
- Penso que si.
- Fostes para Monforte, pero quizais otraballo de Manuel coma procurador éralle unpouco rutinario...
Eu non soncreadora perome parece quecando os versosagroman, hai quebotalos fóra
El tiña tal poderde concentración,que se esquecíade todo o quehabía arredor
- 16 -
A M E N C E R falamos con...
- Todo o mundo se ve nas obrigas. El era unhome moi ético á hora de achegar a súa parte no quepodía. A profesión de procurador foi un recurso. El,xa sabes, quería estudar filosofía... Pero o seu tíocura non o admitía porque era quen dirixía aquelavida. Queríanse moito, pero eran personaxesencontrados. E quería que fixese dereito, pero a elnon lle gustaba nada. E queríao mandar á Estila..., eel dixo que nanai, que el non ía. Entón el vaise aoservizo militar, e ao vir del empezamos xa conrelacións, quizais xa un pouquiño antes, e gañaba paraos seus gastos escribindo artigos en El Ideal Gallegoe noutras publicacións...Eu creo que o cura quería o sobriño alí porque tiñaunha criada só... Era un home moi austero, moiaustero, entonces era unha vida tamén sacrificada:levantarse cedo, ir ao confesonario -xa tiña alí a súaclientela- e despois andaba polas casas, era un homemoi caritativo... Pero tamén o educou desde os 12ou 13 anos. Cando finou o seu pai viviu sempre cocura e cando lle dixo que quería facer algo,contestoulle: faite mestre, pero iso non lle gustaba. Eentón falou con Celso Emilio Ferreiro, e Celso díxolle:faite procurador para ir a Vigo, ilusionáballe ir a Vigo,entón fíxose procurador e púxose a facer as prácticasen Lugo con Luis Villar... Agora necesítase serlicenciado en dereito para facerse procurador, peronaquel momento non, a non ser que fose para unhapoboación con moitos habitantes..., entonces pensouen Betanzos. Pero houbo un premio en Lugo, quedebía ser polo Corpus, e veu un director da radio deMonforte, e na comida díxolle: « ven a Monforte queche busco unhas clases nunha academia e unhacolaboración na radio e xa vas alí gañando algo», Efoi así como se foi a Monforte. Queriamos casar eacórdome que o cura ía para Roma xa que tódolos
El era un homemoi ético á hora
de achegar a súaparte no que
podía.
A profesión deprocurador foi
un recurso
A M E N C E R
-1 7 -
falamos con...
anos facía unhas viaxes-, entonces díxolle o Manuel:«eu voume para Monforte». - «¿Cómo que te vaspara Monforte?» - «Si, si voume para Monforte ematricúlome alí»...
- Preguntábache como valoraba el oentorno da vida doméstica, os obxectos, estaspinturas, estes cadros…
- El estaba moi a gusto cos cadros, cos libros...O que máis coidaba eran os libros, eso dende logo.
- A libraría Xistral converteuse nun lugarde peregrinación de moitas e moitos coma minque iamos alí buscar alento ¿ Ti como recordasesa peregrinaxe de xente de toda Galicia álibraría: de xente de fóra, da emigración? Eupenso que iso foi importante mesmo para ahistoria de Galicia, para a política, a cultura, acreación..
- E para Monforte a Xistral tamén foi unreferente. Porque aquí mesmo na Coruña vas vendoos escaparates, non é que non haxa libros galegosdentro, pero nos escaparates moi poucos econtados..., e o libro galego dá o tanto por centoexactamente igual có libro castelán ou doutro libro.Entonces, ¿que pasa no noso país?.Cando puxemos a libraría en Monforte, dixeron:«estes vanse arruinar», cun cartel en galego, falandoen galego, todo o libro galego alí..., E a libraría foi aque máis vendeu de Monforte no seu tempo. Éverdade que daquela nos institutos traballábase moitocos libros e mercaban moitos libros. Ter Sargadelostamén supoñía un tanto. E así que os nenos dosinstitutos, sen ter máis conciencia de ser galego ounon ser galego, dicían: imos á libraría dos galegos
El estaba moi agusto coscadros, coslibros... O quemáis coidabaeran os libros.
E para Monfortea Xistral taménfoi un referente
A M E N C E R
- 18 -
falamos con...
porque alí sempre hai. Claro, que ata valesingularizarse co nome,Coa inmigración pasaba o mesmo, é dicir, os queviñan de Barcelona, do País Vasco, sen ser nomescoñecidos, porque a nivel de señores que escriben,eso é normal-, pasar por Monforte era ir á libraríado Manuel, pero para outra xente tamén era unreferente e para a emigración temos vendido moitoslibros así que non é nada negativo. O negativo estána cabeza dos libreiros, non de todos, por suposto,algún queda pero eu vexo un desleixo tremendo. Ooutro día díxenllo a un libreiro que me respondeu: «éo que demanda a xente», «pois si é o que demanda axente non ter libraría, porque hoxe xa non demandanler nos libros porque hai medios de comunicaciónque saturan a mente».
- Manuel María foi falar ao Seminario deMondoñedo sobre Díaz Castro e outrosescritores. Un centro ao que consideraba:«cátedra de boas e galegas letras, depositariodunha riquísima tradición literaria». Amigo deTrapero Pardo, Cunqueiro, Iglesia Alvariño…,tamén achegado a Crecente Vega do que fixoun fermoso epitafio que a diócese imprimiu candose trouxeron as súas cinzas ao berce, preto doMiño… Matino que este poeta da Ponte deOuteiro era da túa parentela… Como transmitíaManuel María o eco da Escola do Seminario?
- Dalgún xeito me estás levando ao que dixenque non ía facer. Falar en nome de Manuel
- Ben, pero do que lle tes escoitado...
- Bueno eu téñolle escoitado e eu podo opinarcomo persoa... O Seminario de Mondoñedo é un
O Seminario deMondoñedo é un
pozo de cultura
Nós estivemos nacasa en Segovia
onde viviuCrecente, e
cando viñeron osrestos, Manuel
tivo moitoscontactos co
Félix, paratraelo, e quedou
moi contentopola estima que
lle tiñan
A M E N C E R
- 19 -
falamos con...
pozo de cultura. Crecente Vega era curmán de miñanai, miña nai era García Vega e el é Crecente Vega,son curmáns carnais. Nós estivemos na casa enSegovia onde viviu Crecente, e cando viñeron osrestos, Manuel tivo moitos contactos co Félix, paratraelo, e quedou moi contento pola estima que lletiñan. Aquilino dicía: «miña amiga, miña paisaniña»,sempre me abrazaba, e dicía: «saco a fotografía aquícoa miña paisaniña».
- Érades uns viaxeiros agradecidos coaspaisaxes, a diversidade de culturas e linguas…¿Que vos achegaban?
- Para el seguro que máis rentables, para mineran preciosas porque aos dous nos gustaba moitoviaxar..., antes anunciabámolo na libraría.
- Seguimos a falar das viaxes ..., e ManuelMaría ten libros de viaxes.
Na Aula «Crecente Vega» do Seminario de Mondoñedo nas Xornadas Cunqueirianas en 2001(Fotografía facilitada por Rubén Leivas)
Aos dous nosgustaba moitoviaxar...
A M E N C E R
- 20 -
falamos con...
- Un poema moi bonito «Arcadía».
- E ¿que significaban para el esas viaxes?
- Se viaxas, o mundo agrándaseche. Todaexperiencia é unha marabilla, ás veces ata as que nonson agradables fanche evolucionar como sexa. Nósfomos a moitos sitios pola emigración, e tamén aoutras viaxes, a Italia que andivemos de arriba abaixo,a Córcega, a Cerdeña, máis abaixo a Sicilia, a Grecia,a Israel tiña moitas ganas de ir...
- ¿E non chegou a ir a Israel?
- Si, tiña moitas ganas de ir, a Exipto ondevimos as pirámides. Xa era conflitivo e fomos nuntempo que estaba máis pacífico. Era bastantearriscado ir alí... Despois por París, á Bretañafrancesa, Holanda, Suíza e a Venezuela. Nesas viaxes,longas normalmente Manuel quería a súa secretaria,e eu quería ir.
- Saleta foi protagonista de moitos versose ata de poemarios enteiros. ¿Como se sentenagora as emocións e as sensacións daquelesanos de mocidade partillados en común?. ¿Quélectura fas agora ti ?
- Fai pouco estaba aquí unha periodista epreguntábame o mesmo. A min gústanme máis ospoemas de amor que os que non son estritamente deamor, é dicir, estar no medio da vida e deses haimoitos. A través da obra do Manuel, eu estou enmoitos sitios, e gústame moito un poema de candoentrei na Casa de Hortas por primeira vez, que estános Sonetos á Casa de Hortas. Tamén hai outro que
Se viaxas, o mundoagrándaseche
Nós fomos amoitos sitios pola
emigración
A min gústanmemáis os poemasde amor que os
que non sonestritamente de
amor
A M E N C E R
- 21 -
falamos con...
canta Uxía: «a terra faise en ti», é un poema que megusta moito.
- ¿Siguén emocionándote coma a primeiravez?
- Agora estou relendo constantemente e esteano máis quizais.
- Como el puxo aí toda a súa paixón, osversos seguen aí zumegando sentimentos eemocións inmorrentes...
- Verémolo co tempo, hai que ser algohumildes... Teñen que pasar moitos anos, demomento si, e a min paréceme unha obra que ten unpaís detrás. Iso sempre consolida algo e o país demomento aínda está aí. O mapa de Fontan aínda nono deron movido; veremos se o moven, porque podeser..., calquera día trasládano, nunca se sabe,Alfonso.
Manuel María nun acto en Mondodñedo (foto cedida por Rubén Leivas Insua)
A min parécemeunha obra queten un país detrás
A M E N C E R
- 22 -
falamos con ...
- Como Presidenta da Fundación ManuelMaría, ¿que pensas que pode achegar a Casa-Museo neste ano para coñecer aínda máis emellor a Manuel?
- Eu creo que si, pero eso sempre é a travésdo ensino, son novas xeracións. Antes de dedicarlleo Día das Letras Galegas, a casa xa tivo moitasvisitas, pero este ano desbórdase, claro. E nisto osensinantes teñen moito que ver. E é unha marabillase conciencian algo aos novos, aos rapaces e rapazas,de que temos un país...Este ano mesmo é o Centenario das Irmandades daFala, e sería bonito que se entrelazase, que fosetransversal todo iso... A min sería o que me gustaríae a Manuel me parece que tamén, que non falo ennome del.... Onte mesmo me dicía un académico:«nós imos a celebralo despois das Letras Galegas».A min paréceme unha marabilla que iso sexatransversal, non ten porque haber algo único... Edespois de Manuel María terá que vir outro puntal eoutro puntal.., a tráves de toda a literatura e de todoo que pasou neste país.
- Cando viñestes para A Coruña falaba dasIrmandades, escoiteillo moitas veces, polo quesignificaron para a nosa literatura.
- A el sempre lle gustou a Coruña..., asIrmandades, os do XIX... Este país ten unha historia,ten uns científicos moi bos, ten moitísima xente, omalo é ter..., que eu non lle boto tanta culpa ao serhumano, que a ten, porque tampouco imos dicir queninguén ten a culpa, ‘porque senón facémonos unsirresponsables, agora ben, a culpa é da educaciónporque se a un meniño dende que vai á gardería non
Antes dededicarlle o Día
das LetrasGalegas, a casa
xa tivo moitasvisitas, pero esteano desbórdase
- 23 -
A M E N C E Rfalamos con...
o educas, pois claro, sairá como sairá. Se o educasneste país, isto conta... Se Cataluña reacciona adeterminadas cousas é pola educación que teñen.Nós temos a desgraza de ter riqueza, de ter moitascousas, científicos moi bos, escritores moi bos..., peroque se queda no camiño. E a ver se un día rexorde.
- Eu penso que si.
- Ti tes fe. Eu no país tamén a teño, pero..., eManuel tamén a tiña, está claro, eu falo pola obra, aobra o di, abonda con ler a súa obra...
- Ti es unha anfitriona acolledora e pensoque non só a Manuel, a ti tamén, Galiciadébevos moito.
- Eu creo que non, que cada un debe facer oben e iso de ser acolledor é unha condición humana,que unha persoa é máis aberta ca outra. Nós eramosabertos e faladores, pero creo que o que ten o deberé un cos demais e co país, entonces cumpres cosesforzos que tes para algunha cousa, e nós tamén enmomentos bastante complicados, pero a minparéceme que fixemos o que tiñamos que facer.
- Temos que agradecervos que vós asmantivésedes, alimentásedes e désedes vidanon só na literatura senón tamén en política, nadignidade, creando fidelidade ao pobo isocómpre agradecelo a el e a ti.
- Eu sacaría o de agradecemento parécemeque é unha obrigación de alguén de conciencia peroparéceme que ao que hai que correxir é ao que nono fai.
Cada un debefacer o ben e isode ser acolledor éunha condiciónhumana
Nós eramosabertos efaladores, perocreo que o queten o deber é uncos demais e copaís
A M E N C E R falamos con...
.
- 24 -
- Bueno, agora cóntanos algo ti...
- Eu creo que vai algo implícito, máis ou menos,que é cuestión de que os profesores eduquen aosrapaces porque... Imos ver, eu non sei por que pensocomo penso, porque iso non o buscas. Eu, o quepodería ser é que non realizase o que penso e facermeunha hipócrita. Se te educan é fácil que te conciencies,e eu creo que hai un descoñecemento total daliteratura, dos científicos. Ti falas de Fontán e nonsaben quen é. e foi o que nos configurou o mapa,con esta falla de conciencia, unha persoa comoManuel María ou coma outras, teñen que saírcontravento e marea. A casa de Manuel María eraunha casa galega, unha casa moi cristiá que lle facíanalí rezar o rosario aos criados, ler El Ideal Gallego etodo iso, vaia, pero sen embargo Manuel saiu doutroxeito. Tódolos pais e todo o mundo queren que fagasalgo que che renda diñeiro e a literatura xa se sabe oque é..., todo depende da educación. A xente éresponsable ata un punto, porque moitairresponsabilidade vén de atrás, pois na educacióntamén hai o señor antipaís... Eu bótolle moito a culpaá química, e cando vexo a alguén enfadado todo odía, digo: «este está mal do fígado ou da vesícula»,porque senón non se explica que estea enfadado todoo día.
Alfonso Blanco Torrado
Eu non sei por quepenso como penso,
porque iso non obuscas
A M E N C E Rcolaboracións
- 25 -
Pediume D. Félix Villares un
artigo pra «Amencer» sobre Manuel
María e non quixen nin puiden negarme
por tres razón: Primeira, porque D.
Félix nunca me negou a min cousa que
el puidese; segunda, porque Manuel
María tenmo de sobra merecido; e
terceira, porque colaboro con moito
gusto en axudar a vestir a esta linda e
maduriña dama que, tutelada por Félix,
naceu como Amencer e xa chegou a
Mediodía radiante.
Imos, logo, aló. Como de moitos
xa é ben sabido, este ano 2016, será
homenaxeado no día das Letras
Galegas Manuel María Fernández
Teixeiro, nado en Outeiro de Rei, hai
dous anos foino outro chairego, Xosé
María Díaz Castro e no 1986 xa o fora
Aquilino Iglesia Alvariño. A Ringleira
dos escritores chairegos que están á
espera deste recoñecemento é moi
longa. Por entrecoller só algúns: Xosé
«PASADO ALGÚN TEMPO ENTENDIAMONOS COS OLLOS».
Crecente Vega, seu primo o grandísimo
poeta Francisco Vega Ceide que, aínda
que tén moita obra en castelán, tén en
galego máis ca varios dos
homenaxeados, Avelino Díaz e un moi
longo et cetera, ou sexa: e os demais.
Confiemos e fagamos o posible
porque, no caso de Manuel María, non
pase como no de algúns outros prós
que a dedicatoria do día das letras
galegas significou o derradeiro
cabodano e o paso ó case total
esquecemento. Que non se poida
aplicar aquí aquilo de: «Pasou o día.
Pasou a romaría». Co Manuel non
pode acontecer o mesmo mentres haxa
quen conte ou escoite: «Non canta na
Chá ninguén», ou «Cun aradiño de
pau».
Con toda fachenda, e sen ningún
pudor proclamo que me honrou –e
honroume moito- coa súa amizade o
Manuel, o inventor (do latín invetere,
Xosé Manuel Carballo Ferreiro
colaboraciónsA M E N C E R
- 26 -
descubrir algo que xa existía) da Terra
Chá, da Chaira, ou da Valuria, e o
inmenso cantor da mesma e o patriarca
Chairego e, desde a Chaira, de toda
Galicia ou Galiza (como mellor queira
cada un, aínda que eu me quede con
Galicia, por non identificarme
totalmente con ningunha corrente
política en especial), e desde Galicia,
poeta e patriarca do mundo mundial.
Como Manuel era moito meirande ca
min en corpo e en alma, pra falar
comigo tiña que dobregarse un chisco
máis do seu habitual dobregamento de
cada día, pra pedirme, en voz baixiña,
primeiro un Ducados e despois un BN
e fumalo ás agachadas saboreando de
paso o que el cría un engano, sen selo,
á súa sempre tan fermosa Saleta.
Non tardou en chegar o
momento no que xa non mo tiña que
pedir con palabras. Entendiámonos cos
ollos. Claro que o Manuel tiña uns ollos
elocuentísimo E se non, fixádevos ben
nesta foto.
El, un labrego poeta, ou quizabes
mellor: o poeta dos labregos, foi e é
pra min un referente en moitos aspectos
que nunca cheguei nin chegarei a
igualar. Citarei só algún: No amor,
valoración e defensa do noso, que é
por onde empeza o amor ó próximo
pra ir do concreto ó máis universal.
Ninguén é cidadán do mundo se non é
primeiro de algures. No seu aplomo
convencido e contundente, pero non
desde talibanescos dogmatismos,
senón desde o raciocinio e a tolerancia.
No seu respecto e valoración do
relixioso, posto de manifesto no seu
gusto, confesado a Emilio Sinde e a min,
por falar en igrexas, e en escritos como
a novena a Santa Isabel ou os poemas
de Nadal e o desexo manifestado a
Alfonso Blanco dun funeral na capeliña
da Santa Isabel. E, dende logo, no xeito
de escribir, capaz de poñer os máis
altos conceptos ó nivel dos nenos,
porque escribía desde o corazón e non
coma Cela, que o facía desde o cabreo
e desde o pescozo pra riba aínda que
facía moi a miúdo referencias (Cela,
non Manuel) a atributos da cintura pra
baixo. Digo isto como exemplo do mal
repartidos que están ás veces os
recoñecementos e premios literarios.
colaboracións A M E N C E R
- 27 -
Tiven a satisfacción de estar no
Auditorio Carme Estévez de Vilalba o
día 15 de febreiro do 2003. Día no que
o xa Patriarca da tribo chairega foi
recibido na Rel Academia Galega, en
atención «á súa extensa obra,
expoñente do activismo político, e que
representa a conciencia e o
compromiso inquebrantable coa
la lingua galega». Completo con
palabras miñas: «e coa humanidade e
o humanismo».
O comisionado pra darlle a
entrada foi Xosé Luís Méndez Ferrín,
que máis ca aparentar que estábamos
nunha festa, levaríanos a crer que
estivésemos nun velorio. El non tén
culpa de andar habitualmente cara de
poucos amigos, pero tamén me parece
que non fai moito por disimúlalo.
O discurso do Manuel: «A Terra
Chá. Poesía e paisaxe» foi memorable.
Puiden atopalo máis adiante en internet
e repásoo de vez en cando. Se tivese
vagar e a cabeciña me respondese,
pagaba a pena aprendelo de memoria,
pero nunca sería capaz de dicilo co
ritmo acompasado nin coa
solemnidade e voz repousada e
profunda do seu autor. Tamén está en
internet a resposta de Ferrín, que
tampouco é mala. Desta eu lembraba
que dixera algo así como que con
Manuel María entraban na Real
Academia as aldeas de antano, as
zocas, os bidueiros e os labregos.
Recorda iso, porque sei que lle
comentei polo baixo a Xulio Xiz que
estaba ó meu carón, ou ó del: Esas
cousas xa entraron na Real Academia
Galega con Xaquín Lorenzo, Xocas.
E se a estas alturas non teñen entrado,
tarde piaron, porque xa se acabaron
as zocas e estanse acabando os
labregos e labregas que puidesen
poñelas.
Tamén falou no acto outro bo
amigo e gran escritor chairego, Darío
Xoán Cabana. Elocuentísimo coma
sempre, pero neste caso, e con toda
confianza o digo, foise quentando e o
seu discurso foi máis un mitin político
dado, entre outros, a moitos nenos dos
colexios de Vilalba alí presentes, ca
unha peza literaria como só Darío é
capaz de facela.
Foi un día memorable. E pra min,
foino ademais por outro motivo; porque
aquel día confabuláronse, Alfonso de
Guitiriz, Xulio Xiz, Emilio Sinde e Suso
de Foz, pra pediren que o Concello
de Castro de Rei me declarase Fillo
Predilecto. Nunca lle lo perdoo,
porque agora teño que sentirme irmán
colaboraciónsA M E N C E R
- 28 -
de todos, aínda que algúns me torzan
a cara, e maldita graza me fai!
Quero dicir outra palabriña en
relación co Manuel, que me gañou de
por vida. Fomos velo á súa casa en
Monforte Paulino Novo e máis eu. A
Paulino, estudante de filosofía, facíanlle
fata algúns poemas inéditos de
Crecente Vega e a min, como dicir,
falta, falta non me facían, pero teríaos
de mil amores. O bo do Manuel
agasallounos cun feixe de fotocopias
deses poemas inéditos manuscritos do
seu puño e letra por el mesmo e con
unha separata dun traballo seu sobre
Crecente feito prá universidade de
Coímbra. Pra ter Manuel aqueles
papeis tivo que copialos, (non valía
fotocopialos), porque un irmán de Xosé
Crecente Vega, que fora mestre,
andaba día e noite cos orixinais no peto
de dentro da zamarra, convencido de
que levaba un tesouro. E levábao, pero
non valorado en cartos como el
pretendía.
Curiosamente, foi Félix Villares
quen se deu feito con eles e Ricardo
Polín quen lles deu o tratamento de
tesouro inmaterial que merecen, no seu
grandioso libro de 484 páxinas, «Folla
Bricia. Poesía completa de Xosé
Crecente Vega» Editado pola Xunta de
Galicia e o Centro Ramón Piñeiro o
ano 2002.
Outro agasallo que me fixo
Manuel foi unha peciña de teatro pró
libro «Máis de media ducia de
escritores chairegos e o antroido»
Aínda non se representou esta peza
pero, se non me dá tempo a min,
deixarei dado orde de que se represente
algún día, anque eu xa non estea.
Nos seus últimos tempos quen
estivo moi a carón de Manuel María
foi san Alfonso de Guitiriz. E Cando
chegaron co cadaleito á capela da Santa
Isabel, eu agardaba revestido pra
colaboracións
- 29 -
A M E N C E R
concelebar a misa e, algún curas máis,
desexaban facer o mesmo; pero
Alfonsiño díxome: Non pades
concelebrar, porque me dixeron que
misase eu só e que o acto relixioso fose
o máis irrelevante posible. Eu pillei un
dos meus cabreos, o 50% teatral, e
respondinlle:
- Pedíucho Manuel?
- Non el non.
- Pois que veña quitarme a alba
o que cho dixo. A ti pídenche os do
Bloque que lles escribas os discursos
pró parlamento? Pois na Igrexa o que
sabe es ti. E quen dá ordes es ti. Non
hai quen me impida misar por un amigo
que quere un funeral católico. Se che
din algo, que mo veñan dicir a min.
Revístete ti tamén, Miguélez».
Daquela aínda non sabía eu quen
puidera dar esa orde. Parecíame que
Saleta non fora. Tempo adiante din en
sospeitar que foi o mesmo que lles
expropiou a Alfonso e a Xermoles o
xa consolidado título de «Fundación
Manuel María», obrigándoos, por non
entraren en litixios, a cambiar por
«Irmandade Manuel María». E, como
tamén sospeito que ese mesmo home
aínda está detrás e diante e dentro e
polos arredores da casa museo de
Outeiro de Rei, e, como eu son medio
azunado, aínda, con non pouco pesar,
non me deixei caer por ali. Pero, Deus
mediante, irei un día que saiba que non
está ese home, porque a miña voz agora
xa non me responde como é debido
para dicirlle catro cousas.
Graciñas por canto nos deches,
Manuel María, amigo de cantos
tivemos a fortuna de achegarnos a ti.
Que descanses en paz, porque
pacificador fuches ti desde a
radicalidade da reivindicación xusta, e
que non deixemos «descansar en paz»
a túa obra nin antes nin despois do 17
de maio deste ano 2016. Se nalgún
momento te aburres por aí polo Alén,
escribe, home, e conta contos da
Valuria, reinventada polo tamén poeta
da Ponte de Outeiro, Xosé Otero
Canto; pero non fumes nin á vista nin
ás agachadas. Xa ves o que me pasou
a min por non parar a tempo. Eu voume
amañando; pero se ti te quedas sen voz,
non es nin medio Manuel, e fasnos
moita falta todo enteiro. Apertas.
A M E N C E R colaboracións
- 30 -
Mondoñedo foi lugar moi queridopara Manuel María e deixouprobas escritas dese amor,sempre agarimoso coas xentes ecoa historia mindoniense. Para elMondoñedo era un misterio, eafirmou máis dunha vez quedebería ser por dereito natural acapital do Reino das Mariñas,terra insólita. A Paula, de broncesonoro, sería o pregoeiro maiorda cabeza deste reino.
Das San Lucas, que Manuel Maríasó visitou cando mozote, dixo queeran feiras nas que se podíamercar de todo canto hai nomundo. Máis non se pode dicir, ninlle podemos pedir.
A Manuel María FernándezTeixeiro, chairego de cerna,gustábanlle moito as rúaslabirínticas mindonienses, comode xardín de pazo dicía, e o valcomo unha man a medio abrir.
Mais abondaría cun poema e orelato que nos dedica en «Viaxese vagancias de M. P.» paragardarlle eterna estima. O poemaco que inicia o capítulo titulado«Misterio e revelación da Fontevella ou de Álvaro Cunqueiro, naepiscopal, nobre e leal cidade de
Mondoñedo en Manuel MaríaAntonio Reigosa
Mondoñedo», di que a urbe é«leve como o voo da bolboreta /feita de luz, nostalxia, seda e soño».
Polo relato que segue ao poema,maxistral, sabemos que o seualter ego, Manuel de Paderna, tiñapor costume visitar Mondoñedodúas veces ao ano; por SemanaSanta e polas San Lucas.
Por este relato deambulanmindonienses que foron de carnee óso como Manuel LedoBermúdez «O Pallarego», EduardoLence-Santar, Álvaro Cunqueiro,Xosé Díaz Jácome, FranciscoMayán e tamén un curmán do seupai chamado Xosé FernándezBlanco que foi profesor do RealSeminario e cóengo maxistral dacatedral; «un home pequeno, groso,outimista, moi falador ecomunicativo e que diariamentealmorzaba e merendabachiculate». E lugares de memoriaimborrable como a taberna dePóngalas, a Ponte do Pasatempoe a barbería do Pallarego.
Manuel de Paderna era barbeiro,como «O Pallarego», e tiña deamigo a Pedriño de Palacio,chofer dun bispo de Lugochamado Rafael Balanzá. Este
A M E N C E R
- 31 -
bispo era moi groso, tanto que llecustaba un mundo camiñar desdeo pazo bispal ata a catedral deLugo polo que cada SemanaSanta facíalle ao seu chofer aencomenda de viaxar aMondoñedo para recoller ossantos óleos consagrados polobispo mindoniense.
O Sábado Santo, despois dexantar, Pedriño collía o auto dobispo, grande e antigo, e pasabapor Outeiro de Rei onde subíaManuel de Paderna. Logoparaban en Vilalba, no Roca, atomar café. En chegando aMondoñedo, a primeira visitasempre era á barbería doPallarego, onde era moi normalatopar, ademais de ao dono, aLence-Santar, aínda que nunca se
barbease, e ás veces tamén a
Cunqueiro e a Mayán.
Despois, antes cea, ían á taberna
do Póngalas, que estaba no
Barrio dos Muíños. Este Póngalas
chamábase en realidade Xosé
García Pernas. Era un home
pe qu en o te qu e ga s tab a
sombre iro e fa laba caste lán.
N ac e ra en C ad av ed o , fo ra
soldado na guerra de Cuba, e
unha vez repatriado, puxo tenda
de u ltramarinos nos Muíños.
Casou varias veces e da terceira
conta Cunqueiro a curiosidade de
que mentres se celebraba acuchipanda, morreu a sogra, coque, na mesma casa, aínda queen diferentes andares, celebrábasea un tempo casorio e velorio.Morreu na primavera de 1966.
Tras a cea, Manuel de Paderna ePedriño de Palacio asistían aosoficios na catedral, onde ao finalrecol lían os santos óleos.Pasaban a noite na casa docóengo maxistral e pola mañá, xaalmorzados, poñían rumbo aLugo, facendo sempre unhaparadiña no santuario da Virxedos Remedios.
A amizade de Manuel dePaderna e de Manuel Ledo «OPallarego» era de oficio e detalento. Os dous, ademais debarbeiros, eran artistas; un erapoeta e o outro músico.
Un ano polas San Lucas, OPallarego quedou sen axudantespor moi diferentes edesgraciados motivos. Non se víacapaz ade atender a clientela, asíque lle mandou recado ao seuamigo Manuel. E este non tivocousa de máis apuro ca subir aocoche de liña en dirección aMondoñedo.
Eran tempos nos que aínda nonhabía en Mondoñedo fonte nin
colaboracións
A M E N C E R
traída de augas. O río Aresquedaba un pouco afastado dabarbería, e a muller que contratarao barbeiro para que lle carrexasea auga seica ía dacabalo duncosco e regresaba a paso decaracol, así que non facía máis caunha viaxe pola mañá e outra polatrade. Era de Romariz.
Co negocio a rebentar, oproblema presentaba moi difícilsolución. Os dous barbeiros,sendo, como eran, homes depensar e discorrer, non dabanatopado o remedio.
Logo da verbena do día grande,o 18, foron os dous tomar un algopolos bares e na rolda atoparoncuns amigos entre os queestaban uns tratantes de gando edous canteiros que andabanaqueles días precisamentereparando o chan do pazo bispal.Non é de contar aquí quen tivo aastucia, nin quen deu as ordes,
nin sequera quen fixo o traballo depicar a pedra para que aoamencer estivese ergueita e listapara usar, ou case, a Fonte Vella.O da auga foi obra musical. Porindicación de Manuel de Paderna,O Pallarego púxose a tocar o violíne, en seguidiña, as augas foronchegando ao cano da fonte.
Só cando a Paula tocou a alba
ce so u mo me n tan ea me n te o
gurgullo das augas. Só sucedeu
n es e in s tan te , en s in a l d e
respecto, pero ao acabar de dar
a Paula a hora, seguiu a auga o
seu cantaruxar. E ata hoxe.
O que opinaron uns e outros sobre
aque l suceso extrao rd ina r io
tedes que lelo no relato de Manuel
María, aquel mago das palabras
qu e se mp re fo i a migo d e
Mondoñedo. Só vos podemos
ad ia n ta r q ue o s os pe i tos o
principal, quen se non, éralles
Álvaro Cunqueiro.
- 32 -
Manuel María en Mondoñedo
colaboracións
A M E N C E R
- 33 -
TI REINAS NA TERRA CHÁ...
Xulio Xiz
O Manuel tivo infinitos motivos para ser feliz nesta vida. Unha dasgrandes razóns da súa felicidade foi Saleta, compañeira e amigade tempos difíciles ou de bonanza, «alter ego», musa, paredemestra do fogar.
Razón esencial de vivir e de disfrutar foi a poesía, que lle permitíuexpresarse en liberdade, ser conciencia dunha terra, expresión dexentes sen voz, creador de mundos intanxibles que tiñan narealidade de cada día a súa base física e lle permitían elevarsehacia o sublime.
E unha tamén principal razón era a súa fe no futuro desta terra e dassúas xentes, fe política e relixiosa, nunha especial comunión quepoucos souberon harmonizar coma el.
Escribo estas líneas nunha noitepre-primaveral, á beira da igrexa daVirxen dos Milagros de Saavedra, áque el recoñeceu –como labrego daampla Chaira, que el recreou- comoRaíña da Terra Chá.
Foi ao comezo da miña estadíaneste especial anaco chairego, aprimeira parroquia da diocese deMondoñedo-Ferrol, cando se mepresentou a ocasión de propoñerpregoeiro para a festa dosMilagros, o 24 de maio, cousaquenunca se fixera. E propúxenlloao Manuel, que aceptouentusiasmado.
colaboracións
Santuario de Saavedra
E o Manuel, desde o altar da nosa Vrxe máis venerada, pronunciouun sentido pregón da festa da Virxe milagreira, seguido conexpectante atención polos asistentes á misa maior do maior día doano mariano das terras chairegas. E puxeron contrapunto áspalabras de fe chairega do Manuel as sonoras voces docomponentes do Orfeón Lucense que daqueladirixía NemesioGutiérrez. E todos xuntos celebrámolo posteriormente nun xantar nobegontino Restaurante San Martín.
Nunca antes fora ninguén Pregoeiro da Romaría da Virxen dosMilagros de Saavedra. Nunca deste entón ninguén volveu serpregoeiro desta multitudinaria festa. E está ben así. Posiblementesó Manuel María era merecedor desa honra. Vaia desde Saavedraa miña lembranza do amigo feliz, pregoeiro da súa Virxe amada,que cada vintecatro de maio – no ceo dos chairegos onde el tenque ter a máxima autoridade- seguro sorrirá satisfeito, recitando opoema que remata proclamando «ti reinas na Terra Chá, i eu sonlabrego Señora».
Diante da igrexa dos Milagros, Saavedra (Begonte)
Madrugada do 13-3-2016.
Xulio Xiz.
- 34 -
colaboraciónsA M E N C E R
Virxe dos Milagres de Saavedra
DON JAIME CABOT E MANUEIL MARÍA
Félix Villares Mouteira
colaboracións A M E N C E R
Don Jaime Cabot foi un sacerdote mallorquín afincado enMondoñedo desde había moitos anos, organista da Catedral.Coincidiu con Manuel María na Coruña no Centro Oncolóxico Rexionalde Galicia. Alí fixéronse moi amigos. Tanto que mesmo Manuel Maríaagasallouno co volume, en catalán e galego, Un vol d’inefable poesíado que é autor Costa i Llovera. O libro leva a seguinte dedicatoriamanuscrita do poeta cantor da Terra Chá. Don Jaime, como sabíaque eu era amigo de Manuel María, deumo pouco antes do seupasamento a comezos de xullo de 2005.
- 35 -
- 36
Dentro do libro viña un tarxetón de Manuel María para don Jai-me no que lle mostra o seu agarimo.
Tanto o tarxetón como a dedicatoria do libro foron escritos nomes de agosto de 2004, uns días antes do pasamento do noso poe-ta. Velaquí o que pon o tarxetón:
colaboraciónsA M E N C E R
- 37 -
MANUEL MARÍA, O SEMINARIO E AMENCER
Félix Villares Mouteira
colaboracións A M E N C E R
Manuel María ten colaborado moitas veces na nosa revista. Sempre quese lle pedía unha colaboración, á volta do correo, xa a tiñamos en Mondoñedo.Nunca nos fallou. Neste pequeno e sinxelo traballo quero facer unha reseña dasdiversas colaboracións de Manuel María no Seminario e en Amencer. Para isovounas catalogar en catro apartados: 1) artigos, 2) entrevistas, 3) poemas, 4)varios e 5) conferencias. Imos, pois.
1.- ARTIGOS:
O primeiro artigo de Manuel María aparece na páxina noventa e tres donúmero cento dezanove de Amencer, publicado en o 25 de novembro de 1994.É un número especial dedicado ó poeta vilalbés Chao Ledo. O artigo leva portítulo «Outra volta Xosé María Chao Ledo.
O seu artigo, titulado «Unha amistade: Anxel Fole e Alvaro Cunqueiro»aparece no número 140 (abril 1997) na páxina vinte e unha.
No número 148, publicado en marzo de 1998, na páxina 39, Manuel María
publica o seu traballo que leva por título «Xosé Crecente Vega: un poeta esencial»
No Especial publicado en novembro de 1998, número 153, como
Homenaxe a Crecente Vega polo traslado dos seus restos a Terra Chá nativa, na
páxina vinte e seis, aparece a intervención de M anuel M aría enriba da ponte
vella sobre o pai M iño en Ponte de Outeiro.
Por último, na páxina trinta e oito, do número 171 (abril-maio de 2001)
dedicado a Álvaro Cunqueiro aparece «Breve evocación de Álvaro VCunqueiro
e un poema de Uxío Novoneyra».
2.- ENTREVISTAS:
Manuel María foi entrevistado dúas veces na sección da nosa revista,titulada «Falamos con...». Así, na páxina 13 do número 28, publicado o 17 demaio de 1985, aparece a primeira das conversas co poeta cantor da Chaira.
- 38 -
colaboraciónsA M E N C E R
No número 148 publicado no mes de marzo de 1998, na páxina 20,aparece a segunda conversa que dous alumnos mantiveron con Manuel María.
3.- POEMAS:
Son varias as colaboracións de Manuel María en Amencer en forma depoemas. A primeira delas é a «Nenia para Xosé María Díaz Castro» que apare-ce na páxina 26 do número 82 que viu a luz o 25 de novembro de 1990 e queestá dedicado ó poeta dos Vilares.
No número 100, publicado o 25 de novembro de 1992, hai dúascolaboracións: unha na páxina 47 titulada «Cancionciñas en homenaxe elembranza de Noriega Varela». Trátase de tres poemas «A Virxe dos Remediose Noriega», «Poemiña das San Lucas» e «Poemiña das soedás de Noriega». Aoutra colaboración aparece na páxina 53, aparecen «Poemiñas pra unha señardadecon paisaxes ó fondo». É un conxunto de tres poemas: «Aquilino Iglesia Alvariñoen Mondoñedo», «A voz do poeta» e «O poeta en Abadín».
En xaneiro de de 1996 ve a luz o número 129, dedicado a Xosé TraperoPardo e nel aparece o soneto de Manuel María titulado «A Pelúdez».
No xa citado número 153, novembro de 1998, na Homenaxe a Crecentepolo traslado dos seus restos, aparece o soneto titulado «Epitafio pra XoséCrecente Vega», que tamén se publicara nun Lembradoiro que se repartiu cogallo do traslado dos seus restos desde o cemiterio Santo Anxo de Segovia áigrexa de Santa María de Outeiro.
O soneto «A Castelao» aparece na páxina 63 do número 167, maio doano 2000 dedicado a Castelao nos cincuenta anos do seu pasamento.
4.- VARIOS:
A primeira aportación de Manuel María a Amencer aparece na páxina 24do número 27 (abril de 1985), na sección «Así pensan de Rosalía».
No número 122 (febreiro 1995), na sección «Cunqueiro na lembranza», ManuelMaría contesta á pregunta ¿como lembra a Cunqueiro catorce anos despois?
- 39 -
COLABORARON NESTE NÚMERO:
colaboracións A M E N C E R
5.- CONFERENCIAS:
Co gallo da festa de Santa Catarina de 1990, patrona do Seminarioorganizouse un ciclo de conferencias no que participou Manuel María quen omartes vinte de novembro falou na Aula «Losada Quiroga» sobre «A poesía deXosé María Díaz Castro».
No mes de maio de 1996, co gallo dos cen anos do nacemento de CrecenteVegao Seminario de Mondoñedo organiza un acto académico no que ManuelMaría falou da poesía do autor de Ponte de Outeiro. Estivo presente o sobriñode Crecente, don Antonio Crecente Ocampo, propietario dos orixinais inéditosda poesía inédita, e a súa dona dona Justa Pérez Fernández, que viron o interesedo Seminario pola figura de Crecente Vega. Este interese motivou que, enfebreiro do ano seguinte, dona Justa lle fixese entrega ó daquela reitor do Semi-nario de Mondoñedo, Félix Villares Mouteira, dos orixinais da poesía de Crecenteinédita tanto en galego coma en castelán.
O 27 de marzo de 1998 o Seminario faille unha homenaxe a CrecenteVega ó cumprirense os cincuenta anos do seu pasamento en Segovia na queintervén, entre outros Manuel María. Con motivo desta homenaxe inaugurousea Aula «Crecente Vega» e formouse unha comisión para xestionar o traslado dosrestos do poeta de Ponte de Outeiro. No número 150 de Amencer (maio de1998) aparece unha ampla crónica desta homenaxe.
Félix Villares Mouteira
Alfonso Blanco Torrado
Xosé Manuel Carballo FerreiroSimonetta Dondi Dall OrologioAngel Marful CastañalRubén Leivas InsuaAntonio ReigosaÓscar Santiago SanmartínFélix Villares MouteiraXulio Xiz Ramil
ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»colaboradores:
CONGELADOS TROULO, S.A.Polígono Industrial de Rábade, F-1, P-1227.370 - Rábade (Lugo)
Luisa Fernández LeiradoResponsable ComercialTel: 982-39-20-08Fax: 982-39-22-97Móbil: 677-583-061e_mail: luisafernandez@troulo.es
Publicidade
Imprenta SUC. MANCEBO - Mondoñedo
A revista AMENCER está subvencionada por:
top related