aniversarios
Post on 20-Dec-2014
367 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
2009/ 2010 A CORUÑA
PCPI . IES ELVINA – IES SOMESO
Aniversarios
Introducción
Pode que xa celebraras moitas veces o día do teu cumpreanos. Pero, seguramente non sabes que ocorría no mundo no tempo do teu nacemento.
A Tarefa • explicar o significado dos nomes da vosa familia e a
distribución xeográfica dos teus apelidos. • encontrar personaxes con certa sona cos que compartas o
teu mesmo día de cumpreanos; • buscar os títulos de películas ou series de televisión, de
cancións ou de libros, que fosen moi populares durante a década na que naciches;
• descubrir algúns dos acontecementos sucedidos na data do teu nacemento;
• elaborar un – esquema- informe - escrito e persoal que recolla con claridade toda esa información.
• Publicar a información no blogue de aula, organizada en diferentes entradiñas, segundo os temas tratados, acompañada das imaxes adecuadas.
• En determinados casos especiais, tamén utilizaredes outras ferramentas (ex., diccionarios, enciclopedias) para terminar algunha das tarefas citadas.
O Proceso
• 1ª actividade: Busca e explica o significado do teu propio nome, dos nomes dos teus pais e dalgún dos teus avós e avoas. Investigar os teus apelidos.
• 2ª actividade: Encontra tres personaxes famosos (actores, músicos, escritores, deportistas, políticos, científicos, etc.) que compartan contigo o mesmo día de cumpreanos.
• 3ª actividade: Elixe un deses personaxes tan afamados e describe con brevidade os detalles máis salientables da súa biografía.
• 4ª actividade: Busca e descubre os títulos de películas ou de series de televisión, de cancións ou de libros que fosen moi populares na década na que ti naciches.
• 5ª actividade: Busca e encontra tres acontecementos que coincidan co día de teu nacemento. Poden ser feitos de carácter social, cultural, político, deportivo, científico, etc.
• 1ª actividade:
Busca e explica o significado do teu propio nomee dos nomes dos teus pais e dalgún dos teus avós e
avoas.Investiga a distribución xeográfica dos teus apelidos.
• 2ª actividade: Encontra tres personaxes famosos (actores, músicos, escritores, deportistas, políticos, científicos…) que compartan contigo o mesmo día de cumpreanos.
• 3ª actividade: Elixe un deses personaxes tan afamados e describe con brevidade os detalles máis salientables da súa biografía.
• 4ª actividade: Busca e descubre os títulos de películas ou de series de televisión, de cancións ou de libros que fosen moi populares durante a década na que naciches.
• 5ª actividade: Busca e encontra tres acontecementos que coincidan co día de teu nacemento. Poden ser feitos de carácter social, cultural, político, deportivo, científico, etc.
• Para atopar toda a información que se vos pide, accederemos on-line (é dicir, por medio de Internet) aos recursos que están xa seleccionados en Trapallos.
• O datos requeridos que se consigan encontrar, serán a base para a elaboración de entradiñas no blogue de aula –texto e imaxes- para así poder finalizar a nosa misión: compartir unha vivencia - escrita da maneira máis atractiva e informativa posible - e… situármonos no planeta.
TRAPALLOS.BLOGSPOT.COMPCPI Elviña 2009-2010
top related