analisis da composición de cadros

Post on 13-Jun-2015

371 Views

Category:

Education

1 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Analisis dun cadro tendo en conta formatos, división do cadro, proporcións das figuras.

TRANSCRIPT

XEOMETRIA E ARTECOMPOSICIÓN.FORMATOS.DIVISIÓN DO SOPORTE,PROPORCIÓNS E

RELACIÓNS ENTRE FIGURAS

RESPOSTA AO MODULO 3

O cadro de formato vertical de proporción aúrea transmite unha sensación dinámica e enérxica, conten unha composición de rectángulos en contacto e que separados por liñas intensifican o carácter individual de cada rectángulo , formando un labirinto de tamaños e eixos direccionais de diferente intensidade e orientación,fríos e quentes, claros e escuros, horizontais e verticais que invita a diferentes lecturas do cadro, e que na parte inferior se diluíren expandíndose fora do cadro e xerando fugas. A unidade e o orden da composición ven dada porque tódolos rectángulos relaciónanse axustándose a unha trama que se obtén de dividir os lados do cadro en dous,catro, oito, dezaseis, ...2n, partes iguais tal como se mostra na imaxe : así o primeiro e 1/16, o de abaixo 1/64...etc, porque son rectángulos e están orientados horizontal-verticalmente. Composición en clave menor de ton e tamaños co cal non hai unha figura que

destaque sobre as demais, non hai unha gradación de xerarquías e tódolos sitios son parecidos. O dinamismo ven dado: polo xogo de tensións horizontais e

verticais en continuo cambio de dirección e intensidade, porque os rectángulos teñen diferentes tons dando ao conxunto un xogo, parello ao anterior, de profundidade dinámica e porque están en gradación tonal dando unha sensación de volume a cada rectángulo opóndose a planitude do conxunto de rectángulos en contacto. E de subliñar que pola mediana horizontal do cadro non pasa ningunha liña de contorno dos rectángulos, o cal reforza o carácter dinámico vertical posto que reforza a asimetría arriba-abaixo ( pero si hai liñas de contorno de rectángulos que pasan pola mediana vertical) en consonancia coa zona superior perfectamente debuxada e a zona inferior incompleta e con tensións das liñas incompletas cos bordes do cadro. Pódese apreciar un cadrado que colle toda aparte inferior do cadro e dous ou mais cadrados que son cada un a cuarta parte do anterior e con un xogo de contacto e superposición.

Pódense facer diferentes percorridos visuais seguindo tons, orientacións etc..

A composición estrutúrase dividindo en tres partes iguais cada lado do cadro de formato vertical de proporcións 4:3.

A lectura do cadro comezaría polo plano da ventá palmeira que ocupa os 4/9 do cadro ( este divídese en catro partes de 1/9 ), continuaría co plano da cortina de 3/9 en sentido vertical descendente,e remataría co plano do bodegón na parte inferior e que ocupa os 2/9 do cadro que é un rectángulo horizontal de proporcións 2:3.

4/9 3/9

2/9A súa vez podemos debuxar dou cadrados superpostos,

tal como vemos na figura, que nos relacionan as diferentes partes do cadro e establecen outro ritmo (os lados dos

cadrados están en relación coa estruturación que falabamos ao comezo). Así o cadrado grande vai dende a parte superior do cadro, e o lado inferior marca unha liña que divide diferentes elementos decorativos do plano da cortina e que conecta coa liña da mesa do bodegón inferior e que xunto a outro cadrado, que remata na parte inferior do cadro , estruturan a composición dese bodegón.

A cor negra en maior medida e outras serven para unificar e relacionar os diferentes planos. Primeiro está un rectángulo alongado negro que é o marco esquerdo da ventá e que se relaciona por continuidade co plano inferior e por cor co plano da cortina; a súa vez este plano relaciona as súas dúas partes polos cores verde e vermello, a parte superior polo cor negro coa parte superior do bodegón e a parte inferior relacionase co bodegón polo cor amarelo. A súa vez as cores negra e amarela deste plano o relacionan co da ventá. Un percorrido visual que se pecha nun círculo.

Cadro de formato vertical de proporcións exactas 4x5 A figura e a súa sombra ocupan un rectángulo de proporcións semellantes ao do cadro pero de lados as 4/5 partes das do cadro. esta figura ten mais peso. por estar ubicada na parte dereita do cadro, por ser forma única e compacta e polo contraste co fondo e alixeirase por estar abaixo e sobre unha diagonal.

O tirón cara abaixo do peso visual da figura e cara a dereita por ubicación está contrarrestado co vector cara arriba da forma triangular da figura e as tensións cos bordes superior e esquerdo do cadro e co centro . A oblicuidade do eixo do corpo está contrarrestada pola inclinación da liña dos ollos e da mirada e a dos ombros.

O tamaño relativo da figura, que pugna co tamaño do fondo, a inclinación do conxunto da figura marcada polos eixos

maiores dos óvalos do corpo e da cabeza que pugna coa liña vertical que marca o traxe e a nariz e a pugna da figura co centro transmiten unha sensación de desasosego e que xunto a ubicación no fin dun percorrido visual descendente, a orientación tamén descendente completan a sensación de

soidade e tristura; acentuada pola cor fría do fondo e da figura. A sombra do corpo úneo cun fondo-parede próximo e acentúa a sensación de peche.

Cadro de formato vertical de proporcións 5:4 e que aumenta a esvelteza da figura representada, aumentada porque a figura expándese arriba e abaixo fora dos límites do cadro. En canto aos lados esquerdo e dereito a figura está en contacto eliminando polo tanto tensións cos bordes. A figura ocupa todo o cadro e reforza o seu protagonismo;tendendo a expandirse.

A figura articúlase seguindo unha liña suave ondulada, guiada polo eixo da cara e o corpo, que transmite sensacións de sensualidade e de movemento, en armonia coas formas ovales nas que podemos descompoñer e encaixar a figura: óvalos da cabeza e as dos brazos que se pechan nas mans. O percorrido tamén o guian as liñas (amarelas) dos adornos do traxe que nos empurran cara abaixo para logo ser empurrados cara arriba polo par de liñas oblicuas do contorno da saia

Este cadro está analizado na dirección: http://www.slideshare.net/agustinvalino/analisis-dun-cadro-3927694

top related