agua da laxe

Post on 20-Jul-2015

136 Views

Category:

Documents

7 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

PEDRA DAS PROCESIÓNS. PETRÓGLIFOS DE AGUA DA LAXE.

Nos petróglifos de Agua da Laxe -Vincios-, na Pedra da Procesións, podedes admirar o principal conxunto de armas prehistóricas gravadas en pedra de toda Europa (que dende o seu descubrimento -hai uns vintecinco anos ten fascinados aos investigadores-).

Trátase dunha colección de trinta puñais, escudos, alabardas (de inicios do Bronce) e unha impresionante espada -que chama poderosamente a atención polo seu considerable tamaño- (probablemente de cronolo-xía posterior -Bronce Final-).

Como “Pedra das Procesións” coñecíase (polos lugareños de Vincios e Gon-domar que frecuentaban a serra do Galiñeiro) á superficie máis monumental das catro que configuran o conxunto de Auga da Laxe (probablemente debi-do a que a disposición das figuras recorda a orde na que marchan os pen-dóns, as cruces, as imaxes e as persoas nas procesións relixiosas).

A maioría dos mostrarios de armas realízanse sobre rochas inclinadas, para seren vistas con facilidade.

Como seguramente observariades, nos petróglifos non gravabamos ferramentas de traballo (machadas, eixadas, teares) nin escenas domésticas como por exemplo a crianza dos nenos, o traballo na aldea...

Interesábanos máis reflectir o dominio do home sobre a natureza (no caso das escenas de caza) e un mun-do bélico, o entorno do poder, a preminencia do gue- rreiro, a desigualdade entre individuos e comunida-des… (no caso das representacións de armas).

Contemplado de noite, a luz dos focos, este petróglifo é realmente, espectacular…!

top related