a torre dos ollos máxicos
Post on 24-May-2015
438 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
A TORRE DOS OLLOS MÁXICOS
Na cidade da Coruña érguese, maxestoso, o faro máis antigo do mundo que aínda está en funcionamento: A TORRE DE HÉRCULES.
Conta unha antiga lenda que Gerión (un xigante de tres cabezas que tiña atemorizada a xente) fuxindo de HÉRCULES, un heroe grego, chegou a terras galegas. Aquí enfrentouse con Hércules durante tres días coas súas noites e foi derrotado por él.
No lugar da derrota Hércules amontonou pedra sobre pedra ata construir unha torre, que leva o seu nome, e castigou a Gerión a vivir no lume perpetuo da súa cima.
“VIXIARÁS O MAR CANTÁBRICO E O OCÉANO ATLÁNTICO. Eres o garda de todos os peixes. Debes perseguir ao malvado e ao que veña a perturbar a paz destas terras galegas”
Deste xeito Gerión converteuse nos ollos máxicos da cidade que se construíu arredor da torre de Hércules.
Asi cumpriu co seu deber. Daba a voz de alarma cando se achegaban os piratas á costa. Facíao cun galo que lle regalou Mercurio, o deus dos ladróns.
- KIKIRIKÓ, PIRATAS POR ALÍ!, KIKIRIKÓ, PIRATAS VEXO EU!
Entón as xentes de quel lugar se preparaban para defenderse dos bucaneros.
Ao xigante axudábanlle, ademais, as meigas e meigos, bruxos e bruxas, que, coas súas escobas, golpeában as naves, furando as velas.
- FÓRA DE AQUÍ, KIKIRIKÍ!, FÓRA DE ACÁ, KAKARAKÁ!
Unha noite en que o mar estaba moi alborotado un cargueiro ía espallando gasóleo dos seus tanques. Ensuciando as augas, provocando o estornudo das sirenitas e a morte de miles de peixes.
Así foi como o xigante recordou a existencia terra dentro dunha nena especial, a única que podía tocar a frauta máxica que lles axudaría.
Por orde de Gerión as meigas foron a buscar a Laura, que vivía en Santa Comba, e era coñecida como a Fada.
- Necesitámoste Laura, ven connosco!
E Laura, ao chegar ao mar, tocou. Unha suave melodía saía da súa frauta e... o petroleiro converteuse nun anaco de papel!
A nena tirou á auga unha rosa que levaba e os peixes reviviron e as augas limpáronse.
Din que, desde entón, os petroleiros levan todos rosas nas súas barrigas e van sementando de rosales o corazón do mar.
Gerión e as meigas non deixan de sorrir. Laura, máis.
top related