a poesÍa Épica latina: virxilio e a “eneida”
Post on 08-Jan-2016
83 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
A POESÍA ÉPICA LATINA:A POESÍA ÉPICA LATINA:
Virxilio e a “Eneida”Virxilio e a “Eneida”
ÍNDICE:ÍNDICE:
· Definición de poesía épica· Definición de poesía épica
· Características da épica· Características da épica
· A poesía épica en Roma· A poesía épica en Roma
antes de Virxilioantes de Virxilio
despois de Virxiliodespois de Virxilio
Virxilio e a EneidaVirxilio e a Eneida.
1º.- Definición de poesía épica
To\ e)/poj -ouj: narracióne)(poj > épico
Con que relacionamos en literatura o adxectivo “épico” ?
A) A Celestina
B) O Lazarillo
C) Rosalía de Castro
D) Poema de Mio Çid
Entón, que é un poema épico?
Unha composición poética extensa, deUnha composición poética extensa, decarácter narrativo e temática heróica carácter narrativo e temática heróica ou mitolóxica.ou mitolóxica.
COMPOSICIÓN EXTENSA
NARRA HISTORIAS DE HEROES OU DEUSES
EN VERSO
2º.- Características
Emprega unha versificación maxestuosa e lenta; os autores gregos e romanos empregaron fundamentalmente o hexámetro.
Narra as fazañas dos heroes, ou asuntos relacionados coas divinidades.
Ten a súa orixe en narracións de carácter oral.
Hexametrica: An online introduction to Latin hexameter verse
O primeiro poeta épico con nome propio foi Homero: a Ilíada e a Odisea exerceron unha enorme influencia na creación e desenvolvemento deste xénero literario.
AA poesía épica latina ten certas peculiaridadespoesía épica latina ten certas peculiaridades
NON NACE DA POESÍA ORAL: É UNHA IMITACIÓN CULTA DA ÉPICA GREGA.
O SEU CARÁCTER PATRIÓTICO.
3º.- A poesía épica en Roma
Antes de Virxilio
Livio Andronico (III a.C.) Escribiu a Odussia, unha tradución da Odisea de Homero ao latín.
Nevio (III a.C) É o autor do Bellum Poenicum, poema no que narra a victoria dos romanos na 1ª Guerra Púnica.
Ennio (III-II a.C) Era considerado como o gran poeta épico romano antes de que Virxilio escribise a súa Eneida. A obra de Ennio titúlase Annales e conta a historia de Roma desde as súas orixes.
Despois de Virxilio
Ovidio (I d.C.) É o autor das Metamorfoses, un mosaico de historias mitolóxicas que teñen como punto común o feito de que en todas elas ten lugar unha transformación prodixiosa.
Lucano (I d.C) Poetizou na Farsalia a guerra civil na que se enfrontaron Xulio César e Pompeio.
Silio Itálico (I d.C) No seu poema titulado Punica narrou as guerras entre romanos e cartaxineses.
VIRXILIOVIRXILIO
70 a.C. Nace nunha pequena aldea cerca de Mantua
Edúcase en Cremona, Milán e Roma.
48 a.C Chega a Nápoles, onde pasará boa parte da súa vida.
19 a.C Morre en Bríndise cando regresaba dunha viaxe por Grecia. Foi sepultado en Nápoles.
A vida do gran poeta romano non foi moi apaixoante...
A grandeza de Virxilio hai que buscala na súa obra... Antes da Eneida, Virxilio escribira dúas obras importantes...
42-39 a.C. Bucólicas
36-29 a.C. Xeórxicas
As Bucólicas é unha obra de te-mática pastoril. Nun ambente idí-lico, namorados pastores cantan as súas preocupacións e os seus amores.
As Xeórxicas falan da vida do agricultor, do traballo dos campos. Esta obra está adicada a Mecenas, o poderoso amigo de Augusto.
Pero a obra máis coñecida de Virxilio é a Eneida, obra á que o poeta adicou os dez últimos anos da súa vida...
A Eneida fora un encargo que o A Eneida fora un encargo que o príncipe Octaviano lle fixera a príncipe Octaviano lle fixera a
Virxilio. Cando éste, pouco antes de Virxilio. Cando éste, pouco antes de morrer, pediu que a Eneida fose morrer, pediu que a Eneida fose destruida, Octaviano impediuno.destruida, Octaviano impediuno.
Quen era Octaviano, e por Quen era Octaviano, e por que estaba tan interesado na que estaba tan interesado na redacción e conservación da redacción e conservación da
Eneida?Eneida?
Durante os últimos setenta anos, Roma vivira un período convulso de guerras civis, intrigas políticas e asesinatos.
Guerra Social
Guerra civil e dictadura de Sila
Rebelión de Espartaco
Guerra civil entre Pompeio e César
Bruto e Casio contra Marco Antonio e Octaviano
Octaviano contra Marco Antonio e Cleopatra
Finalmente, despois da morte de Marco Antonio e o suicidio de Cleopatra, Octaviano convertérase no amo absoluto da República Romana.
Para xustificar ante o pobo romano o seu poder absoluto, Octaviano iniciou, coa axuda de Mecenas, unha intensa campaña propagandística destinada á auto-
glorificación e a lexitimación do seu reximen.
Octaviano necesitaba demostrar que estaba ao frente de Roma por vontade dos deuses, e que tiña a misión sagrada de salvar a República.
Por vontade do Senado, concédeselle o apelativo de “Augusto”.
Os poetas do círculo de Mecenas colaboraron na sacralización da figura de Augusto, o salvador de Roma.
O ti, nacido dos bondadosos deuses,
eximio protector da liñaxe de Rómulo:
estás ausente xa fai demasiado tempo;
Volve.
Devolve a luz, bo caudillo,
á túa patria.
(Horacio)
Para reforzar a súa imaxe de novo Rómulo, Augusto necesitaba un novo poema épico que substituise ao de Ennio e que fose símbolo dunha nova Roma que renacía das súas cinsas. Virxilio, que xa era un poeta de éxito,foi o elexido para levar a cabo esetraballo. A Eneida foi o resultado. Durante os últimos dez anos da súa vida, Virxilio adicou todos os seus esforzos a ese proxecto que finalmentenon chegou a rematar.
Na Eneida, Virxilio toma como protagonista a Eneas,un héroe da antigaguerra de Troia. A elección dese temapermitíalle presentar o seu poema como unha especie de continuacióndos poemas épicos de Homero. Hai que ter en conta que Virxilio nonse dirixe só aos romanos, senón a todosos lectores cultos do Imperio, que coñecían ben a Ilíada e a Odisea.
Estrutura e argumento da Eneida
Está dividida en 12 libros:
- Os seis primeiros narran as viaxes de Eneas ata chegar ao Lacio.
- Os seis últimos narran as guerras que Eneas tivo que manter en Italia.
Os seis primeiros libros lembran á Odisea, os seis últimos á Ilíada.
Libro I: A causa dunha tormenta, as naves de Eneas chegan a Cartago. Alí atopan á raíña Dido.
Libros II e III: Durante a cea, Eneas narra a destrución de Troia e a súa chegada a Cartago.
Libro IV: Nunha cacería, Dido e Eneas gorécense da choiva nunha cova. Confésanse o seu amor. Poucos días despois, por mandato dos deuses, Eneas parte de Cartago e Dido suicídase.
Libro V: Eneas chega a Sicilia, onde organiza uns xogos en memoria do seu pai Anquises, morto durante a viaxe.
Libro VI: Eneas descende ao Hades acompañado pola Sibila de Cumas. Alí, Anquises cóntalle o futuro da súa estirpe.
Libro VII: Eneas chega ao Lacio. O rei Latino promételle a man da súa filla Lavinia. Turno decláralle a guerra.
Libro VIII: Alianza de Eneas con Evandro. Vulcano fabrica para Eneas un escudo no que se representa o futuro de Roma.
Libros IX, X e XI: Guerra entre Turno e Eneas
Libro XII: Eneas mata a Turno.
Na Eneida, Virxilio deixa claro que o destino de Roma estaba escrito desde
antes da súa fundación.
Utiliza elementos tradicionais comoa guerra de Troia e a lenda da chegadade Eneas ao Lacio, pero aporta o usoda profecía para falar do futuro do
pobo romano.
Ao converter a Eneas en personaxecentral do destino de Roma
favorecía a imaxe de Xulio César edo seu herdeiro, Octaviano.
a lenda dicía que a gens Iulia descendíade Iulo, o fillo de Eneas.
Aínda que Virxilio non puido darlleos retoques finais, a Eneida é unhaobra de excepcional calidadeliteraria. O amor de Dido, o descenso de Eneas ao Hades ou o relato dadestrución de Troia inspiraron a poetas e artistas de todos os tempos.
top related