a historia da terra - edu.xunta.galhistoria+da+terra.pdf · a historia da terra divídese en dúas...

Post on 02-Sep-2019

22 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

A HISTORIA DA TERRA

A IDADE DA TERRA

HIPÓTESES sobre a idade da Terra:

- Arcebispo James Usher (S.XVII): dicía que a Terra foi creada no 4004 a.C.

- Lord Kelvin (finais S.XIX): 40 m.a.

- John Joly (finais S.XIX):100 m.a.

Como a idade da Terra calcúlase nuns 4.500 millóns de anos, a escala xeolóxica terrestre toma como unidade o MILLÓN DE ANOS (ma).

Un dos obxectivos fundamentais da xeoloxía e o de reconstruir a historia da terra

TEMPO XEOLÓXICO: tempo que transcorre desde a orixe da Terra ata a actualidade.

A partires dos métodos de datación puido se establecer que a Terra ten un longo pasado.

A datación en xeoloxía pode ser:

- Absoluta: consiste en poñer data a eses acontecementos ou materiais, é dicir, precisasr os m.a. que teñen.

- Relativa: trátase de ordenar rochas, fósiles acontecementos dos máis antigos aos máis modernos

Métodos de datación cronolóxica

Para obter la cronoloxía relativa podemos basarnos en principios xeolóxicos, como son: · O principio de superposición dos estratos. Este principio dinos que os estratos se depositan sempre de forma horizontal e uns encima dos outros. Deste xeito, salvo que desen procesos tectónicos, os estratos máis baixos son sempre máis antigos que os estratos máis altos.· Un estrato nunca é anterior aos elementos (por exemplo fósiles) que contén.· Sucesión de eventos: un proceso tectónico sempre é posterior aos estratos e rochas afectadas, e anterior aos estratos e rochas non afectadas.

http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/4ESO/tierra_cambia/contenidos2.htm

Para realizar unha datación absoluta existen moitos métodos. Diferéncianse entre sí pola técnica utilizada e no rango de tempo que permiten abarcar:Algúns únicamente permiten englobar tempos moi recentes, xeolóxicamente falando. Por iso non son moi usados en xeoloxía. Utilizánse como ferramentas para a arqueoloxía. Estes métodos son:

· A dendrocronoloxía: permite datar toros de árbores utilizados como vigas, así como elementos asociados a elas, contando os aneis estacionais.

· A termoluminiscencia: serve para datar obxectos de arxila cocida, como as cerámicas.

· Outros, sen embargo, abarcan períodos de anos moi anteriores. Constitúen as ferramentas necesarias para a datación absoluta das rochas, facilitando os datos claves para fixar a propia historia da Terra. Son, fundamentalmente, métodos ··RADIOMÉTRICOS, tamén chamados reloxos atómicos.

Estes procedementos baséanse no feito de que existen elementos químicos que son inestables e tenden a desintegrarse. Convértense así noutros isótopos ou elementos diferentes, á vez que liberan enerxía (éste é o principio básico da obtención de enerxía nuclear).Como esta desintegración faise a un ritmo absolutamente preciso e constante, se medimos a cantidade inicial estimada dun deses elementos e a cantidade final no noso tempo, saberemos con bastante fiabilidade o tempo que transcurriu.

Existe un parámetro que é propio de cada elemento radiactivo: o chamado tempo de vida media ou período de semidesintegración (Tm). É o tempo que debe transcurrir para que unha masa inicial dun elemento radiactivo se reduzaá metade, por exemplo, o carbono 14 ten un período Tm = 5.730 anoso que significa que unha masa de 100 gramos de C14 tardará 5.730 anos en reducirse a 50 gramos. Para saber máis sobre este método de datación radiométrica:

http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/4ESO/tierra_cambia/contenidos2.htm

Existen moitos métodos radiométricos, baseados en principios similares. Os máis utilizados son:

· O carbono 14 - nitróxeno 14, con Tm = 5.730 anos. Úsase para datar materiais orgánicos.

· O rubidio - estroncio, con Tm = 47 m.a.

· O uranio 238 - chumbo 206, con Tm = 4. 510 m.a. · El potasio 40 - argón 40, con Tm = 1. 300 m.a. É o máis usado, sobre todo porque funciona con rochas ígneas, rochas que son moi abundantes na Terra e actúan como trampas, encerrando a outros tipos de rochas.

Podedes realizar en grupos de 2, a seguinte actividade externa: http://concurso.cnice.mec.es/cnice2006/material082/actividades/paleo_c14/actividad.htm

OS FÓSILES

O ámbar,“ resina fósil“, pode conservar no seu interior invertebrados, vexetais e, mesmo burbullas de aire de hai m.a.

Os restos que se conservaron soen ser de partes mineralizadas, como caparazóns, cunchas e osos. Non obstante, hai casos no se mantén o ser vivo completo, como sucede con os invertebrados conservados en ámbar, os mamuts conxelados de Siberia, ou animais e plantas afundidas en fondos de zonas pantanosas.

No proceso de FOSILIZACIÓN o normal é que se produza unha mineralización dos restos orgánicos na que se intercambien, molécula a molécula, os seus compoñentes orgánicos ou inorgánicos por outros minerais, normalmente de sílice, carbonatos, ferro, etc.. En ocasións mantivéronse detalles moi precisos do ser vivo, como é o caso dalgúns ovos de dinosaurio mineralizados achados en Arxentina. Neles puiderónse estudar embrións e fetos.

PROCESO DE FOSILIZACIÓN

Inclusións metálicas e silíceas nun fósilde ammoniteshttp://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/4ESO/tierra_cambia/contenidos4.htm

FÓSILES GUÍA

Son fósiles que perduraron en períodos moi concretos que colonizaron amplas áreas

Trilobites

Pero os fósiles non só permiten datar rochas. Os fósiles ilustran, mellor que nada, o ambiente no que viviron e morreron, isto é, se era un fondo mariño, unha zona costeira, de augas cálidas ou frías, a profundidade, os climas, etc...

Información dos fósiles:http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/4ESO/tierra_cambia/contenidos4.htm

Tamén considéranse fósiles os restos das actividades dos seres vivos como, as súas pegadas (ICNOFÓSILES), excrementos (COPROLITOS), pedras inxeridas para facilitar a dixestión (GASTROLITOS), etc. Por exemplo, en gran cantidade de comarcas coñecemos a presenza de dinosaurios polas pegadas que deixaron.

Para aprender máis sobre as pegadas dos dinosaurios:

http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/4ESO/tierra_cambia/contenidos4.htm

A TERRA, UN PLANETA EN CONTINUO CAMBIO

No tempo xeolóxico, suc-edense continuos cambios e acontecementos, entre os que destacamos:

■ Cambios climáticos: alternan períodos fríos (glaciacións) con cálidos.

■ Cambios eustáticos: transgresións e regresións.

■ Cambios paleoxeográficos: cambios na distribución dos continentes e océanos.

■ Cambios na biodiversidade: épocas de aumento do nº de especies e épocas de extincións masivas.

TEORÍA SOBRE OS CAMBIOS

CATASTROFISMO (Georges Cuvier)

Defendía a existencia de catástrofes repentinas que tiñea modificado, nun breve período de tempo, o aspecto da Terra.

GRADUALISMO (Charles Lyell)

Sostén que procesos lentos e imperceptibles actuando durante millóns de anos podían producir cambios enormes.Os movementos isostáticos, os desprazamentos dos continentes, a erosión das cordilleiras ou o retroceso dos acantilados son exemplos de cambios graduais.Na actualidade cobra forza unha teoría intermedia: o neocatastrofismo, segundo o cal, na superficie actúan continuamenteprocesos lentos e graduais aos que se superpoñen cambios bruscos e catastróficos, moito máis espazados no tempo.

HISTORIA XEOLÓXICA DA TERRAo estudo das rochas en xeral e das rochas sedimentarias en particular, a estratigrafía ou estudo da disposición das rochas sedimentarias e o estudo dos fósiles, xunto coa cronoloxía, vánnos a permitir reconstruir a historia do noso planeta.

A Terra sempre funcionou igual, desde o punto de vista da xeología; isto definirono Lyell e Hutton no século XIX nos chamados PRINCIPIOS DO UNIFORMISMO E DO ACTUALISMO: “Uniformismo: os procesos xeolóxicos foron sempre os mesmos.Actualismo: o presente é a clave do pasado.”

"Os procesos xeolóxicos terrestres sempre foron os mesmos e sempre actuaron da mesma maneira, polo que os procesos que podemos estudar hoxe en día (magmatismo, deriva continental, sedimentación, etc.), sucederon igual noutros momentos da historia da Terra".

Dito doutro xeito: o que estudamos hoxe nos aporta información sobre o que sucedeu no pasado.

Con toda esta información podemos, na actualidade, facernos unha idea dos cambios que se obraron na Terra desde a súa creación. Estes cambios realizáronse a dous niveis:O xeolóxico. A superficie terrestre cambiou por efecto das forzas internas e externas e cambiaron, tamén, a atmósfera e o clima.

O biolóxico. Asistimos á progresiva colonización dol planeta por formas de seres vivos cada vez máis variadas e complexas. Este avance biolóxico conseguíuse atravesando períodos de grandes extincións, dos que se saíron renovados e con maior vigor cada vez, ata culminar coa aparición da nosa propia especie.

AS GRANDES DIVISIÓNS DA HISTORIA DA TERRA

O tempo xeolóxico divídese en intervalos:

-EÓNS: son as unidades maiores que se dividen en :-ERAS que a súa vez divídense en:-PERÍODOS

Actualmente atopámonos no eón Fanerozoico, dentro da era Cenozoico e no período Cuaternario

Para estudar a evolución global do noso planeta, o primeiro que debemos facer é dividir os 4.500 millóns de anos en unidades de tempo que abarquen procesos máis ou menos globais e que sexan susceptibles de subdividirse máis para facilitar o traballo de investigación.

AS DIVISIÓNS DA HISTORIA DA TERRA

Representación da Historia da Terra nun día:http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/4ESO/tierra_cambia/contenidos6.htm#

A historia da Terra divídese en dúas partes de características claramente diferenciadas polos feitos acontecidos e, sobre todo, polo coñecemento que temos deses feitos:

Tempo Precámbrico. Abarca desde a formación da Terra hai uns 4.500 ma, ata hai uns 540 ma. Este período é o máis dilatado de toda a historia da Terra. Nel déronse os procesos máis importantes que ocorreron, tales como a formación da propia Terra, a aparición da vida, a formación dunha atmosfera reductora e, cara o final do período, a explosión de formas vivintes coa aparición, ademais, dos primeiros vertebrados.

http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/4ESO/tierra_cambia/contenidos6.htm#

Eón Fanerozoico. Iníciase hai uns 540 ma e chega ata os nosos días. Aínda que só supón o 11 % do tempo da Terra, é cando se configura o planeta tal como o coñecemos, cos continentes actuais e a grande variedade de vida existente, a que nos inclúe a nós mesmos.

Divídese en tres eras:

• ··Paleozoico (= "vida antiga") Equivale á antiga era Primaria. Nela surdirán case todas as formas de vida animal e vexetal e se producirá a conquista dos continentes por parte dos seres vivos.• ··Mesozoico (= "vida media"). É a antiga era Secundaria. Os réptiles e as ximnospermas dominan a Terra e xorden as aves e os mamíferos nos continentes actuais.• ··Cenozoico ( "vida nova") Engloba ás antigas eras Terciaria e Cuaternaria. Nestas dúas eras os mamíferos e as plantas con froitos se constitúen como grupos dominantes. Culmina coa aparición do home.

O TEMPO PRECÁMBRICO

O Tempo Precámbrico sóese organizar en tres divisións cronolóxicas. Estas divisións teñen distinto valor, segundo diversos autores. Para uns trátase de eóns, para outros de eras e para outros, simplemente son "tempos". As tres divisións son:• Eón ··HÁDICO (4.500 a 3.800 ma) • Eón ··ARCAICO (3.800 a 2.500 ma)• Eón ··PROTEROZOICO (2.500 a 540 ma)

A FORMACIÓN DO SISTEMA SOLAR

A FORMACIÓN DO SISTEMA SOLARhttp://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/4ESO/SituacionTierra/sistemasolar.htm

A teoría aceptada hoxe en día recibe o nome de Teoría dos Planetesimais (Teoría Nebular). Concorda razonablemente coa teoría da propia orixe do Universo e das galaxias a partir do Big - Bang.Estes son os seus presupostos: unha nube de gas e pó (nebulosa) produto da explosión dunha estrela (supernova)cuxas partículas, por efecto da gravedade, comezarían a xuntarse unhas con outras, formando unha gran masa que alcanzaría a temperatura suficiente para iniciar as reaccións de fusión, aparecendo unha estrela que sería o Sol. O resto da nebulosa, disposta arredor do Sol, comenzaría a arrefriarse e os seus compoñentes moleculares colocaríanse de acordo a súa densidade e masa pola atracción gravitatoria solar da maneira seguinte:

a.- Os elementos e moléculas máis densos serían atraídos con maior forza e quedarían máis cerca do Sol, orixinando os planetas terrestres.b.- Os compoñentes gasosos, máis lixeiros serían atraídos con menos forza e quedarían máis lonxe, orixinando os planetas gasosos.c.-Aparecerían pequenos corpos sólidos de distintos tamaños que se atraerían uns contra outros, uníndose e formando corpos cada vez maiores. Estes corpos sólidos reciben o nome de planetesimais.d.- Finalmente estes planetesimais irían formando os oito grandes corpos que terminarían dando os planetas. Os asteroides son planetesimais que sobraron e non chegaron a formar parte de ningún planeta de tipo terrestre. Máis alá de Neptuno quedaron restos gasosos conxelados formando os cometas; Plutón sería un obxecto cometario atraído posteriormente pola gravedade do Sistema Solar, como tal vez sucedeu con Qoaoar ou Sedna. Os satélites máis grandes formaríanse igual que os planetas e outros serían asteroides e cometas capturados.

Eón HÁDICO (4.500 a 3.800 ma)

Principais acontecementos do Hádico:

• Formación da Terra, diferenciándose as capas sólidas: núcleo, manto e unha primitiva codia• Formación da primeira atmosfera (sen osíxeno).• Gran bombardeo meteorítico.• Formación da Lúa.• Formación de océanos primitivos.• Formación da litosfera.• Formación das primeiras rochas.

Este período foi o máis convulso da historia do planeta: por este motivo, o Hádico tomou o seu

nome de Hades,deus grego dos infernos.

A diferenciación en capas1. A terra formouse por acrecións de fragmentos ou planetesimais de distinta composición: silicatados e metálicos,fundamentalmente.2. A calor dos choques e o radioactivo fundiron parte do planeta. Os materiais metálicos,máis densos, migraron e formaron o núcleo. Os silicatos constituíron o manto e a primitiva codia.

Eón ARCAICO (3.800 a 2.500 ma):

Comenza hai 3.800 ma, idade das primeiras rochas sedimentarias máis antigas coñecidas e depositadas en ambiente mariño. Representan a primeira evidencia de hidrosfera.

O feito máis importante é a aparición da vida na Terra. Os primeiros seres vivos serían Procariotas (REINO MONERA) anaerobios. Da súa existencia chegáronos microfósiles con idades máximas duns 3.600-3.500 ma:

estromatolitos

• ··Microfósiles de Bitter Springs Chert (Australia). Son os máis antigos que se coñecen; de hai uns 3.600 ma. Pertencen seguramente a ··CIANOBACTERIAS. • ··Microfósiles de Marble Bar (Australia). Teñen uns 3.500 ma de antigüidade. Son cianobacterias e bacterias anaerobias.• Fósiles de Warrawoona. Foron localizados no noroeste de Australia. Son ··ESTROMATOLITOS: un tipo de colonización biolóxica da zona fótica. Datan de hai uns 3.450 ma.• Fósiles de Fortescue (Australia occidental): estromatolitos formados por CIANOBACTERIAS, organismos fotoautótrofos e responsables da emisión de O2 á atmosfera. A súa idade é de 2.800 ma.

Principais acontecementos:• Aparición das primeiras células anaerobias heterótrofas.• Aparición de células anaerobias fotosintéticas = Cianobacterias.• Primeiras estruturas de orixe biolóxico = Estromatolitos.• Primeiros continentes.• Inicio da tectónica de Placas.• Comeza a liberarse osíxeno cara a atmosfera.• Cesa o bombardeo de meteoritos.

Capas vermellas (reds beds)Coa presenza de osíxeno comezaron a aparecer rochas de tons avermellados pola presenza deolixisto (Fe

2 O

3)

Eón PROTEROZOICO (2.500 a 540 ma)

Neste período tan amplo vanse a estabilizar os primeiros continentes. Estarán sometidos a un ciclo de Tectónica de Placas similar ao actual que culminará coa primeira gran acreción continental constituínte de Panxea I.

Hai 2.300 ma ocorre a primeira glaciación confirmada na futura Gondwana.

Fósiles de Gunflint (Australia): organismos capaces de metabolizar O2, dunha antigüidade de 2.100 ma.

Tamén hai uns 2.100 ma aparecen as primeiras células Eucariotas (PROTISTAS). Son tal vez parecidas a algas verdes fotosintéticas unicelulares, e recibiron o nome de Grypania.

Modelo do que puido ser un dos primeiros eucariotas fotosintetizadores

Hai 1.800 ma prodúcese o cráter de impacto máis antigo que chegou a nosa época: primeiras superficies continentais preservadas da erosión. Nos mares proterozoicos predominan unhas células eucariotas que se van extendendo por todas partes. Estas células están englobadas no grupo dos ACRITARCOS.

Nesa eisma época detéctase un significativo aumento dos niveiss de O2 na atmosfera, superior ao 1%. A atmosfera faise oxidante e aparece unha tenue capa de ozono (O3). Hai 1.400 ma prodúcese outra das grandes adquisicións evolutivas, a reproducción sexual. Hai 1.000 ma rexístranse as primeiras algas pluricelulares (METAFITAS), vermellas e verdes. Entre 900-700 ma xurden os primeiros individuos dos dous reinos de seres vivos que faltaban, fungos (HONGOS) e animais (METAZOOS). É o desenvolvemento explosivo da biosfera. Entre 1.000-540 ma danse as intensas glaciacións precámbricas. Tal vez son debidas ao efecto antiinvernadero provocado pola explosión demográfica do plancto calcáreo, que retira grandes cantidades de CO2 da atmosfera. Estas glaciacións puideron orixinar a primeira grande EXTINCIÓN de seres vivos.

Hai uns 670 ma a atmosfera alcanza o 7% de O2. Desenvólvese a FAUNA DE EDIACARA, constituida por invertebrados mariños, que constitúe a primeira gran explosión de vida sobre a Tierra.

650 ma Formación de Panxea I (a derradeira coñecida como (Rodinia)

600 ma Inicio da fragmentación de Panxea I. Coincidindo coa ruptura os continentes cubríronse de xeo (Terra Branca ou período Crioxénico que foi o máis frío da historia doplaneta).

Principais eventos: · Os primeiros continentes únense formando Panxea I.· Primeiras células aerobias.· Primeiras células eucariotas.· Comenza a formarse a capa de Ozono.· Primeiros seres vivos pluricelulares: algas vermellas e verdes.· Primeiras glaciacións.· Primeiros metazoos: fauna de Ediacara.· Primeiros fungos.

Galería de fósiles Precámbricos:

http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/4ESO/tierra_cambia/contenidos10.htm

EÓN FANEROZOICO (544 ma a hoxe):

Fanerozoico = "Vida visible e chamativa". Comprende un período relativamente curto da Historia da Terra. Desde o punto de vista da vida é o máis importante, posto que se extenderá por toda a Terra, diversificándose e aumentando o seu número nun proceso tal que ainda hoxe en día non concluiu. Durante o Fanerozoico teñen lugar as sucesivas oroxenias que foron configurando os continentes tal como os coñecemos hoxe.

Para coñecer os diferentes aspectos da superficie terrestre ao longo deste eón podes percorrer a seguinte presentación:

http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/4ESO/tierra_cambia/contenidos11.htm

Era Paleozoica (544 a 245 ma)

1. Período Cámbrico (544 a 505 ma).2. Período Ordovícico (505 a 440 ma).3. Período Silúrico (440 a 410 ma).4. Período Devónico (410 a 360 ma).5. Período Carbonífero (360 a 286 ma).6. Período Pérmico (286 a 245 ma).

Paisaxe paleozoica

Era Paleozoica (544 a 245 ma)

Imaxe artística da vida dun mar paleozoico,con trilobites, crinoideos, arqueociatos e os primeiros ammonoideos

1. Período Cámbrico (544 a 505 ma)Segue a fragmentación de Panxea I. Dase a diversificación dos invertebrados: aparecen os primeiros animais con cuncha, e os primeiros crustáceos e corais. A atmosfera alcanza o 10% de O2.

2. Período Ordovícico (505 a 440 ma)

Continúa a diversificación da fauna mariña: aparecen os primeiros vertebrados, os PEIXES ACORAZADOS. As plantas e os animais comezan a conquistar as terras emerxidas: coas Briofitas e os Artrópodos terrestres a vida sae dos mares.Glaciación Ordovício-Silúrica que dará a extinción ordovícico-silúrica (438 m.a.)

3. Período Silúrico (440 a 410 ma) Debido á explosión da vida vexetal e a conquista da terra, a atmosfera alcanza un 21% de O2, como na actualidade. Primeiras plantas terrestres vasculares (con tecidos conductores para transportar nutrientes ás partes aéreas) = Pteridófitas primitivas. Primeiros insectos terrestres. Cara 400-380 ma dase a oroxenia Caledoniana, formación de cordilleiras a ambos lados de Atlántico actual, hoxe case erosionadas.

4. Período Devónico (410 a 360 ma)

Hai uns 390-380 ma aparecen peixes de auga doce. Son os primeiros vertebrados terrestres (protoanfibios) formados a partir de peixes que resisten fora da auga.Cuns 360 ma de antigüidade, xorden os primeiros anfibios e, pouco despois, as primeiras árbores. Extinción Devónica (367 m.a.)

5. Período Carbonífero (360 a 286 ma)

Os primeiros réptiles teñen unha idade duns 340 ma. Hai 325 ma deselvolveuse a primeira membrana amniótica, que permite a vida independiente da auga aos animais. Duns 300 ma atrás son as primeiras Espermatófitas, as Ximnospermas. Isto implica a existencia de estruturas reprodutoras e especializadas, como o pole e as sementes. Os réptiles colonizan os continentes. Glaciación permo-carbonífera.Fórmanse os grandes depósitos de carbón.

6. Período Pérmico (286 a 245 ma)

Cara 260 ma comenza unha nova oroxenia, a Hercínica. Entre 260 e 250 ma dase a gran extinción Pérmica, coincidindo co fin da glaciación Permo-Carbonífera (en Gondwana). Hai un clima cálido, gran aridez, enormes depósitos de sales a nivel mundial, gran oscilación térmica. Formación de Panxea II.

Ao final do período, hai uns 245 ma, aparecen os primeiros dinosaurios.

Era Mesozoica (245 a 65 ma)

1. Período Triásico (245 a 208 ma) Hai 240 ma existiron dinosaurios con toda certeza. 230 ma atrás a cadeira dos réptiles adáptase para a carreira veloz. Os primeiros ammonoideos teñen uns 225 ma, e os primeiros Pterosaurios, uns 205 ma. Extinción finitriásica.

2. Período Jurásico (208 a 146 ma) 200 ma atrás comenza a fragmentación e expansión de Panxea II: apertura do Océano Atlántico. 150 ma, a Antártida e Australia sepáranse de África. Primeiros peixes teleósteos. Primeiros Mamíferos e Aves. Primeiros animais con placenta.

3. Período Cretácico (146 a 65 ma) Hai 130 ma rexístranse as primeiras Anxiospermas. Uns 110-80 ma atrás xérase o 60% de todo o petróleo coñecido. 100 ma, Sudamérica séparase de África. Aos 100-75 ma dase a maior transgresión mariña rexistrada (extensión dos mares). Ao final do período, aos 65 ma, aparecen os Primates

Imaxe artística do Cretácico cos últimos grandes dinosaurios, o Tyranosaurio e o Triceratops, xunto con mamíferos e plantas con flores e froitos

Extinción finicretácica: hipótese do impacto dun gran meteorito no actual golfo de México que provoca a desaparición dos dinosaurios.

Principais acontecementos:

• Aparecen os dinosaurios e outros grandes réptiles, que se extenderán por todos os mares e continentes e dominarán a Terra.• Φragméntase Panxea II.• Ξορδen os Mamíferos e as Aves.• Aparecen as Anxiospermas.• Grande extinción Cretácica polo impacto dun gran meteorito.

Galería de fósiles Mesozoicos:

http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/4ESO/tierra_cambia/contenidos13.htm

Era Cenozoica (65 ma a hoxe)

1. Período Terciario (65 a 1.8 ma)

Hai 60 ma ocorreu a radiación dos mamíferos: 54 ma cabalos, 50 ma baleas e elefantes.Entre 40-35 ma atrás a India chocou cn Eurasia.Entre os 35 e os 3 ma prodúxose a glaciación neóxena que orixinou a formación do casquete glacial antártico (hai 10 ma, formación total do casquete antártico) e dos casquetes glaciares no Hemisferio Norte. 30ma Primates con visión estereoscópica e mans prensiles. Hai 20ma xurdiron os primeiros Homínidos(Proconsul).20 ma atrás aconteceu a oroxenia Alpina: formáronse os Pirineos os Alpes, o Himalaia...Hai 5 ma aparecen os primeiros Hominoideos primates bípedos Australopithecus . Hai 2 ma apareceu o xénero Homo.

2. Período Cuaternario (1.8 ma a hoxe)

Diversificación do xénero Homo: H. erectus, H. antecessor, H. neanderthalensis, H. sapiens. O home conquista todos os continentes.Grandes glaciacións cuaternarias perduraron ata hai uns 10. 000 anos en que deu fin a última glaciación.

Máxima extensión dos glaciares cuaternarios

Principais eventos:

• Οσ mamíferos diversifíicanse e se extenden por toda a Terra.• Continúa a expansión do Océano Atlántico.• Χεránse as grandes cordilleiras actuais.• Aparecen os Homínidos.• Grandes glaciacións e formación dos casquetes polares.• Aparece a especie humana.

Galería de fósiles Cenozoicos:

http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/4ESO/tierra_cambia/contenidos14.htm

top related