a casiña de chocolate
Post on 23-Mar-2016
231 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
Pablo Auladell
J. e W. Grimm
A casiñade chocolate
Título orixinal: Hänsel und Gretel, de Jakob e Wilhelm Grimm
Colección
© das ilustracións: Pablo Auladell, 2008
© da tradución: Marta Rincón e Laura Almazán, 2008
© desta edición: Kalandraka Editora, 2008
Italia 37 - 36162 Pontevedra
Telf.: 986 860 276
editora@kalandraka.com
www.kalandraka.com
Impreso en C/A Gráfica
Primeira edición: marzo, 2008
ISBN: 978-84-8464-663-1
DL: PO 80-2008
Reservados todos os dereitos
A casiña de chocolate
J. e W. Grimm Pablo Auladell
Era unha vez un pobre leñador que vivía preto dunha gran
fraga coa súa dona e os seus fillos: Hänsel e Gretel.
Eran tan pobres que, unha noite, a muller díxolle ao leñador:
—Xa non nos queda nada para comer. Mañá cedo, dálles aos
nenos cadanseu anaco de pan e lévaos ao medio da fraga.
Prende unha fogueira e déixaos alí.
—Pero, como vou facer iso? —protestou o leñador—. Non
teño valor para abandonar os meus fillos entre animais
salvaxes que os poden devorar.
—Daquela todos habemos morrer de fame —respondeu ela.
E a muller non deixou de porfiar ata que o home aceptou
a súa proposta.
Os nenos, que non durmían por culpa da fame, oíron o que
a madrasta lle dixera ao pai.
Gretel sentiuse perdida e chorou desconsoladamente.
—Cala, Gretel, e non teñas medo, que hei atopar unha solución
—dixo Hänsel.
E, sen que os pais se decatasen, Hänsel saltou da cama, puxo
unha chaqueta e saíu ás agachadas da casa.
top related