a auga na cultura galega. auga e saúde, augas termais
Post on 10-Jul-2015
96 Views
Preview:
TRANSCRIPT
A auga (H2O) nunca se atopa en estado puro. Sempre leva en disolución elementos diversos que recolle dos lugares polos que pasa. Estes elementos que “alteran a súa composición” son os que lle dan características especiais e convértena en auga de utilidade para o tratamento de algunhas doenzas ou como complemento dietético.
Fonte de auga cun alto contido en ferro. O Incio.
HIDROTERAPIAA auga utilízase para diferentes tratamentos: simplemente para producir benestar e relaxación ou para tratar numerosas doenzas. Por ser capaz de transmitir frío, calor ou forza; polo valor da súa composición ou dos elementos que se lle engaden.
Os tratamentos de hidroterapia poden ser de aplicación externa (baños, fregas, chorros, duchas, sauna...) ou interna (inxestión, enemas, inhalacións...).
Lago termal.Islandia.
AGUAS TERMAISSegundo a clasificación mais aceptada (Schoeller, 1962) unha auga considérase termal se a súa temperatura é superior en 4 ªC á temperatura media anual atmosférica, ou en 2 ºC á do solo do lugar no que xorde. Ademais, esta temperatura adoita manterse máis ou menos constante ao longo do tempo.
A presenza de augas termais débese a que existe unha infiltración de augas superficiais que chega a focos térmicos internos onde se quenta para xurdir logo chegando á superficie cunha temperatura superior á do ambiente.
surxencia
foco térmico
infiltración
Lavadoiro público en Cuntis. Nalgúns lugares as augas termais empréganse para a limpeza.
A partires das análises do contido en Tritio (que ten unha vida media -o que tarda en diminuír a súa concentración á metade- de 12,26 anos) calculouse que algunhas das augas termais de Galicia (Dávila, en Pontevedra, Molgas e Sousas en Ourense entre outros) permaneceron mais de 28 anos no interior da terra antes da súa surxencia.
Fonte termalCaldas de Reis
En Galicia existen numerosos casos de surxencias termais, a maioría emprazadas en depresións (Verín, Ourense, Cuntis...), arredor de álveos fluviais ou neles mesmos (río Caldo, Miño en Ourense, Arnoia en Molgas...), nas súas vertentes ou ribeiras (Lugo, Caldelas de Tui, Caldas de Reis...) ou ás beiras do mar (A Toxa). Esto deu lugar a unha tradición do uso terapéutico das augas (balnearios e fontes) que comezou nos tempos antigos e mantense na actualidade. Termas romanas de Lugo.
Termas de Lugo. Construídas polos romanos entre os séculos I e II. Os romanos déronlle un impulso importante ao uso terapéutico das augas.
COMPOSICIÓN DAS AUGAS TERMO-MEDICINAIS GALEGAS:Predominan os bicarbonatos e carbonatos (mais do 70%), seguidos polos sulfatos e cloruros, en canto aos anións. Para os catións, os máis importantes son o sodio (90%), o calcio e o magnesio (entre 3 e 7%) e o potasio (menos dun 2%). Destas augas adoitan desprenderse gases nitroxenados e CO2, con pequenas cantidades de xofre que lles da un olor e sabor característicos.
LOCALIZACIÓN DAS PRINCIPAIS FONTES E BALNEARIOS DE GALICIA
BALNEARIOS. A CORUÑA
LOCALIZACIÓN PROPIEDADES USOS
ARTEIXO 24-45ºcloruro-sódicas, bromo-ioduradas, litínicas, fluoradas, radioactivas
pel, reuma, trastornos respiratorios
OS ÁNXELES (Brión)(Burga do Tremo)
17 ºbicarbonatadas-sódicas, sulfuradas, silicatadas, fluoradas
pel, reuma, trastornos respiratorios, problemas dixestivos, alteracións metabólicas...
BAÑOS VELLOS(Carballo)
42ºsulfuradas, bicarbonatado-sódicas, litínicas, fluoradas
reuma, vías respiratorias, pel, xinecoloxía, dixestivo, fígado, vías urinarias
FONTES. A CORUÑA
LOCALIZACIÓN PROPIEDADESLOUREDA (Arteixo) 60º, clororado-sódica, bicarbonatadaBRANDESO (Arzúa) sulfuradas, fríasDONAS (Boqueixón) sulfuradas, alcalinas, fríasARDAÑA (Carballo) sulfuradas, fríasA SOUTA (Coristanco) 18º, bicarbonatadas, ferruxinosasBAÑOS DE XAVIÑA (Coristanco) 19º, sulfurosasO BAÑO (Dodro) sulfuradas fríasMARTAGANA (Melide) sulfuradas, fríasALBIXOI (Mesía) frías, bicarbonatadas, fluoradas e sódicasBOCELO (Paderne) frías, sulfuradasLARDEIROS (O pino) 12º, sulfurado-sódicas, carbonatadas,
magnésicasREBOREDO (Santiso) frías, bicarbonatada, sulfurada e sódicaA BURGA (Pontevea-Teo) frías, sulfuradasLAÑA (Teo) frías, sulfurada, bicarbonatadaBRAGAÑA (Toques) frías, bicarbonatada, sulfurada e sódicaBRANDELOS (Touro) frías, sulfurosasFONTE DA SANTA (Vilasantar) frías, sulfurosas
Burga do Tremo. Os Ánxeles (Brión).
Balneario de Arteixo
Fonte da Xestosa. Albixoi (Mesía)
BALNEARIOS. LUGOLOCALIZACIÓN PROPIEDADES USOSGUITIRIZ Frías
oligometálicas, sulfuradas, fluoradas, sódicas e radioactivas
afeccións do fígado e vías biliares
O INCIO Frías, 13ºferruxinosas, bicarbonatadas, cálcicas, arsenicais e magnésicas.
anemias, trastornos gástricos e metabólicos
LUGO*termas romanas
43,8ºsulfuradas, bicarbonatado-sódicas, fluoradas, bromuradas, litínicas e radioactivas.
doenzas reumáticasenfermidades respiratorias
CÉLTIGOS(Sarria)
20ºbicarbonatadas-cálcicas, silicatadas, fluoradas, debilmente sulfhídricas, litínicas e radioactivas
doenzas da pelvías respiratorias, alteracións metabólicas
FRÁDEGAS(Antas de Ulla)
18ºbicarbonatado-sódicas, fluoradas, sulfuradas
aparello dixestivo, fígado, reuma, pel
MOURISCADOS(Chantada)
8,5-17ºsulfurado-sódicas
pel, aparello dixestivo
PARDIÑAS(Guitiriz)
13ºsulfuradas, fluoradas, bicarbonatado-sódicas
fígado, vesícula biliar, trastornos renais
AUGAS SANTAS(Pantón)
16ºbicarbonatado-sódicas, sulfuradas
pel, trastornos gastro-hepáticos
FONTES. LUGO
LOCALIZACIÓN PROPIEDADESCARBALLEDO(Chantada)
20º, sulfuradas
ROGUEIRAS(Folgoso do Caurel)
frías, ferruxinosas
VALDOVÍN(Parga-Guitiriz)
13º, sulfuradas, fluoradas e sódicas
AUGAS SANTAS(Pantón)
frías, sulfuradas, bicarbonatadas
FERRERÍA(Pantón)
frías, sulfuradas
REGUENGO(Pantón)
frías, sulfuradas
RIBAS DE MIÑO(O Saviñao)
frías, bicarbonatadas-sódicas e sulfurosas
ALLIGAL(Vilalba) *piscina
23º, bicarbonatado-cálcicas
Balneario de Lugo
Antigo balneario do Incio
Alligal de Codesido (Vilalba)
Balneario de Frádegas. Antas de Ulla
BALNEARIOS. OURENSELOCALIZACIÓN PROPIEDADES USOSBAÑOS DE MOLGAS
28-48ºbicarbonatadas, silicatadas, cálcicas, sódicas, radioactivas
reuma, pel, estrés
PORTEIRO(Alto Arnoia)
24ºbicarbonatadas-sódicas, fluoradas
aparello dixestivo, vías urinarias, pel
O CARBALLIÑO 22-8ºsulfurado-sódicas, bicarbonatadas, sulfatadas, litínicas, fluoradas, alcalinas, radioactivas
aparello respiratorio, trastornos hepáticos, doenzas gástricas e intestinais
PARTOVÍA 18-37ºsulfurado-sódicas, cloruradas, bicarbonatadas
reuma, pel, aparello respiratorio
BANDE 48ºbicarbonatado-sódicas, fluoradas, litínicas
reuma, pel, aparello hepato-dixestivo, vías respiratorias
RÍOCALDO(Lobios) *piscina
55-67ºbicarbonatado-sódicas, fluoradas
reuma, pel, aparello hepato-dixestivo, vías respiratorias
BEMBIBRE(Viana do Bolo)
fríassulfurado-sódicas
pel, reúma, trstornos gastro-hepáticos
ARNOIA fríassulfuradas, bicarbonatadas-sódicas, magnésicas
reuma, vías respiratorias, pel, estrés
LAIAS(Cenlle)
50ºbicarbonatadas-sódicas, sulfuradas
reuma, enfermidades músculo-esqueléticas, pel, estrés
CORTEGADA 23-25ºsulfuradas, bicarbonatadas sódicas
reuma, pel
BALNEARIOS. OURENSELOCALIZACIÓN PROPIEDADES USOSBAÑOS DO MONTE(Cortegada)
27ºsulfuradas, bicarbonatadas sódica
reuma, pel, fígado
BERÁN(Leiro)
26-28ºsulfurado-sódicas, bicarbonatadas, cloruradas, cálcicas, silicatadas
pel, reuma, trastornos hepáticos, problemas dixestivos
PREXIGUEIRO(Ribadavia)
41ºbicarbonatadas sódicas, sulfuradas
reuma, problemas musculares, pel, estrés
REQUEIXO-VILAZA(Verín)
22ºbicarbonatado-sódicas, litínicas, fluoradas, sulfuradas
aparello dixestivo, fígado, trastornos urinarios
CABREIROÁ(Verín)
16ºbicarbonatado-sódicas, litínicas, acídulas
vías urinarias, trastornos gastro-hepáticos e biliares, problemas metabólicos
SOUSAS(Verín)
19ºBicarbonatadas sódicas, litínicas, fluoradas
vías urinarias, trastornos gastro-hepáticos e metabólicos
FONTENOVA(Verín)
17ºbicarbonatadas sódicas, carbónicas, fluoradas, litínicas
vías urinarias, trastornos gastro-hepáticos, artrite
CALDELIÑAS(Verín)
24ºbicarbonatado-sódicas, litínicas, fluoradas, salinas, alcalinas
pel, reuma
OURENSE- CASAS DE BAÑOS
Moderna (47º); Outeiro (45º)Mende (27-34º)Santiago das Caldas
mineralización media, bicarbonatadas sódicas, fluoradas, litínicas e silicatadas
FONTES. OURENSE
LOCALIZACIÓN PROPIEDADESBAÑIÑO (Xunqueira de Ambía) 19º, bicarbonatado-sódicas e fluoradasBRÚES (Boborás) 28º, sulfurado-sódicas, bicarbonatadas, fluoradasBAÑIÑOS DE ARCOS (O Carballiño) 18º, sulfuradas, bicarbonatadas, fluoradas, de mineralización
débilPONTERRIZA (O Carballiño) 18º, sulfuradas, fluoradas, de mineralización débilA RAÑOA (Maside) 20,5º, sulfuradas, alcalinas, fluoradas, boricatadasO LAVADOIRO E O SANTO (Punxín) 23º, sulfuradas, bicarbonatadas, fluoradasXAGOAZA (O Barco) frías, férricasMONDÓN (O Bolo) frías, férricasSÁS DE PENELAS (Castro Caldelas) 14º, sulfuradas, bicarbonatadas-sódcas e fluoradasAS BURGAS (Ourense) 64-68º, alcalinas, mineralización media, bicarbonatado-
sódicas, fluoradas e litínicasCHABASQUEIRA ou Baños do Bispo (Ourense) (piscinas)
60º, bicarbonatado-sódicas, fluoradas, litínicas e sulfuradas
TINTEIRO (Ourense) 43º bicarbonatado-sódicas, fluoradas, e sulfuradasO MUÍÑO (Ourense) 61º bicarbonatado-sódicas, fluoradas, e sulfuradasOUTARIZ (Ourense) 58º, bicarbonatado-sódicas, fluoradas, e sulfuradasREZA (Ourense) frías CASTRELO DE MIÑO (O Ribeiro) varios mananciais sulfurosos asolagados polo encoroO SAPO (Verín) Fría, sódica, litínica, fluorada e lixeiramente sulfurada
As Burgas. Ourense. As augas, alcalinas de mineralización media, bicarbonatado-sódicas, fluoradas e litínicas saen a 64-68ºC (as de maior temperatura de Galicia)Os galaicos-romanos rendían culto ás Ninfas das augas nas fontes das Burgas
As Burgas. Ourense.
As Burgas. Ourense.
Piscinas de augas termais da Chabasqueira. Ourense.
Cartel na Piscinas de augas termais da Chabasqueira. Ourense.
Piscinas de augas termais de Outariz. Ourense.
Piscinas de augas termais de Outariz. Ourense.
Piscinas de augas termais da Acea. Ourense.
Termas do Tinteiro, no leito do Miño. Ourense.
Balneario do Carballiño. As augas están indicadas para problemas do aparello respiratorio, trastornos hepáticos, doenzas gástricas e intestinais
Piscina de augas termais no río Caldo. Lobios.
A Rañoa. Maside.
Baños de Bande.
Baños de Bande
Fonte de Berán. Beade
Balneario de Cabreiroá. Verín.
Termas de Prexigueiro. Ribadavia (río Cerves).
Balneario de Cortegada
Balneario de Baños de Molgas,
no Arnoia.
Balneario de Partovía. O Carballiño
Fonte de Brués. O Carballiño
BALNEARIOS. PONTEVEDRA
LOCALIZACIÓN PROPIEDADES USOS
DÁVILA(Caldas de Reis)
48ºclorurado-sódicas, fluoradas, silicatadas, bicarbonatadas, litínicas, sulfuradas, radioactivas
aparellos respiratorio, reuma, traumatoloxía, pel, xinecoloxía, sistema nervoso
ACUÑA(Caldas de Reis)
42ºcloruradas, fluoruradas, silicatadas, bicarbonatadas, sódico-líticas, azoadas, sulfuradas, radioactivas
aparello respiratorio, reumatismo, pel, xinecoloxía
CATOIRA fríassulfhídricas, sulforado-sódicas
pel, herpes bucal e xenital, reuma
TERMAS DE CUNTIS 17-64ºsulfurosas, sódicas, silícicas, fluoradas, ioduradas
reuma, pel, aparello respiratorio
A TOXA(O Grove)
37-60ºclorurado-sódicas, bromuradas, ferruxinosas, floradas, litínicas, radioactivas
pel, reuma, rehabilitación, aparello respiratorio, estrés
MONDARIZ-BALNEARIO
Troncoso: 17,5ºA Gándara: 18ºCarbogasosas, bicarbonatado-cálcicas, ferruxinosas
estrés, risco cardiovascular, reuma, trastornos metabólicos, vías urinarias, aparello respiratorio
BALNEARIOS. PONTEVEDRA
LOCALIZACIÓN PROPIEDADES USOSCALDELAS DE TUI(Tui)
47ºclorurado-sódicas, sulfhídricas, azoadas, radioactivas
aparello respiratorio, reuma, pel
BAÑOS DE BREA(Vila de Cruces)
22ºbicarbonatado-sódicas, cloruradas, silícicas, sulfatadas, cálcicas
reuma, aparello respiratorio, aparello dixestivo, vías urinarias
CALDELAS DE VILARIÑO(Agolada)
20ºoligometálicas, alcalinas, bicarbonatado-sódicas, sulfhídricas, fluoradas, silicatadas
aparello dixestivo, ap. respiratorio, reuma, trastornos metabólicos, anorexia
ÁUGAS FÉRREAS(A Caniza)
17ºbicarbonatadas, ferruxinosas, oligometálicas
anemias, perda de apetito, aparello dixetivo, trastornos metabólicos
SAN XUSTO(Cotobade)
22ºsulfuradas, fluoradas
pel, aparello dixestivo
PONTE CALDELAS 18-23ºsulfurado-sódicas
pel, escrofulose, infeccións de ollos, reuma, fígado
FONTES. PONTEVEDRA
LOCALIZACIÓN PROPIEDADESFRAGAS (Campo Lameiro) frías, sulfurosasPARADA DE ACHAS (A Caniza) frías, sulfuradasFENTÁNS (Cotobade) frías, sulfurosasA CABADA – Tenorio (Cotobade) frías, sulfuradas e fluoradasFERREIRA (Cuntis) sulfuradasLOIMIL (A Estrada) frías, sulfurosasVILACRISTE (A Estrada) frías, sulfurosasCALLOBRE (A Estrada) fríasO VISO (A Estrada) frías, algo ferruxinosasSABAXÁNS (Mondariz) CASAL (Ponteareas) frías, ferruxinosasLÉREZ (Pontevedra) frías, bicarbonatado-sódicas, cloruradas,
fluoradas, litínicas e radioactivasSOUTOLOBRE (Salvaterra) fríasCARBOEIRO (Silleda) 16º, sulfurado-bicarbonatado-sódicasPAZOS (Silleda) frías, sulforado-sódicasCRESTELLE (Silleda) frías, sulfuradas, pouco mineralizadas
Manancial de Gándara. Mondariz. As augas están indicadas para os trastornos metabólicos, as vías urinarias, o aparello respiratorio...
Antigo hotel en Mondariz-Balneario. Foi destruído por un incendio.
Fonte de Troncoso. Mondariz
Balneario de Cuntis.
Balneario de Acuña. Caldas de Reis
Balneario Dávila en Caldas de Reis.
Fonte termal de Caldas de Reis. A auga sae entre 42 e 48 graos.
Balneario dos Baños da Brea. Vila de Cruces.
Balneario da Toxa As auga saen a 37-60º. Son clorurado-sódicas, bromuradas, ferruxinosas, floradas, litínicas e radioactivas. Recoméndanse para tratamentos da pel, reuma, aparello respiratorio, estrés…
Balneario de Caldelas de Vilariño. Agolada.
Fonte do Baño. Lurido (O Covelo)
San Xusto (río Lérez ). Cotobade.
A época de maior esplendor dos Balnearios foi o século XIX e comezos do XX. Arredor dalgún deles desenvolveuse unha intensa actividade cultural.
Balneario de Mondariz
Quen se lava as mans na fonte das Burgas casa en Ourense
CRENZAS, TRADICIÓNS, LENDAS…
AS BURGASPedro Telmo vivía como ermitán nun monte próximo a Ribadavia. Tiña sona de santo e dicían que fixera algúns miragres. Nunha ocasión enfermou e foi asistito un un rapaz pastor que se fixo discípulo do santo. Andando o tempo o rapaz foi falsamente acusado de roubo por unha muller de Ribadavia que o pretendía sen resposta. Foi perseguido e linchado pola xente na vila. Cando o soubo, Pedro Telmo decidiu cambiar o curso das canles de auga quente que el ía traendo a Ribadavia pouco a pouco e cos seus poderes fixo que xurdiran en Ourense.
A TOXANa illa da Toxa había unha poza grande con auga. Uns homes do Grove levaron alí un burro que estaba enfermo e abandoárono para que morrera. Á volta duns anos os homes volveron á illa pensando que o burro estaba morto e atopáronse con que estaba vivo, gordo e san. Así foi como descubriron o manancial de auga e manddárona analizar. Fixeron unha fonte e desde aquela os enfermos van á Toxa a curarse bañándose naquelas augas.
TRES LARANXIÑAS DO MAR (ALLIGAL DE CODESIDO)-Había tres doncelas encantadas en forma de cabalos (ou bestas) que andaban polo monte rabuñándose cos toxos e coas silveiras ata que os seus corpos quedaron feitos unha pura chaga. Atoparon unha fonte cunha pozanca e coas patas agrandárona ata facer unha pequena lagoa (a que hoxe se chama Alligal de Codesido) coa auga da cor do sangue, é ferruxenta e cura os males da pel. Botaron nela nove días e despois de nove baños sandaron. Un día unha moura (a nai?) deulles a cada unha unha mazán camoesa e ao rematar de comelas recuperaron a forma humana. Desde aquela a charca ten sona e a xente vai a curarse.
-A Charca do Alligal é filla ou irmá da Charca de Lanzós e ten outra irmá noutro lugar da Terra Cha (San Simón da Costa ou Vilapedre?). Din que estas tres lagoas son fillas dun mar subterráneo que asoma por elas. En cada lagoa hai unha moura.
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon DaportaBIBLIOGRAFÍA:“A Auga”: Valeria Martínez Ropero, Julio César Iglesias Feijoo. Ed A Nosa Terra, Vigo, 2002.“Guía de balnearios e fontes de Galicia”: Tomás Ares Güimil, Mª Xesús Vila González. Ed Galaxia, Vigo, 1997
top related