a agricultura en galiza (construcións)

Post on 09-Jul-2015

64 Views

Category:

Education

5 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

A vida agraria non só modifica o espazo e o seu aspecto, senón que tamén busca solucións ás necesidades específicas: espazos, medios, estruturas e construcións, para poder desenvolvela; vedacións e peches para as parcelas; construcións para a auga, para os apeiros e produtos, para o gando…

CONSTRUCIÓNS PARA DELIMITAR AS PROPIEDADES OU LIMITAR O PASO DO GANDO E AS PERSOAS.

A TERRA

Marcos : pedras chantadas nas extremas que delimitan as propiedades por medio dunha liña imaxinaria trazada entre elas.

Regos ou foxos : excavacións pola linde ou aproveitando desniveis, que ademáis servían para drenar o terreo. Podíanse reforzar con terra ou valados (cómaros , turrións ...).

Sebes : delimitacións feitas con material vexetal vivo: silvas, ramallos, plantacións...

Valados : construcións de madeira ou pedra de moi diferente estrutura e calidade segundo a zona. Podemos atopar valados de cachotes, de pedras chantadas, de pastas ou perpiaños... Na actualidade utilízanse arame e formigón.

Nos pasos e entradas póñense ramallos, portelos, atrancos, cancelas, portalóns...

Moitos camiños que conectaban lugares ou que ían ás terras, aos muíños ou ao monte reforzábanse con pedras elevadas para pasar as persoas ou enlousábanse.

Carreiro , vieiro , verea : camiño estreito formado xeralmente polo paso de persoas e animais.

Carreiro elevado para cruzar unha zona lamacenta á vez que serve de separación entre propiedades.

Congrostra , corga , corredoira : camiño de carro máis fondo que o terreo que o rodea.

CONSTRUCIÓNS PARA PROTEXER O SOLO

Os socalcos , muras ou paredóns son muros de pedra (cachotes) que permiten crear solo cultivable e aproveitar ao máximo o terreo á vez que o protexen da erosión da auga. Constrúense en terreos en pendente nas abas soleadas, especialmente para o cultivo das vides. Para comunicar uns socalcos con outros constrúense escaleiras ou rampas laterais. Son característicos das zonas de cultivo da vide nos vales do Miño, Sil, Bibei, Xares...

Socalcos no val do Miño

Raíl na Ribeira Sacra

Socalcos no canón do Sil (Doade)

Emparrados : son construcións para o cultivo da vide. As tradicionais están formadas por postes de pedra chantados no terreo sobre os que se colocan elementos horizontais (vigas de madeira, varas, arames tendidos...). Os emparrados tradicionais que cobren camiños está protexidos como patrimonio etnográfico.

OS CULTIVOS

Construíndo un emparrado

Arxóns : estruturas lineais formadas por soportes verticais (de madeira, pedra, formigón) e arames.

Invernadoiros : construcións formadas por unha estrutura, xeralmente metálica, cuberta de material transparente ou traslúcido.

Pozos : excavacións no terreo para captar auga. Por dentro recóbrense de pedra, ladrillos ou elementos prefabricados.

A AUGA

Pías : depósitos para recoller a auga de fontes, mananciais...

Atrancos : pequenas presas para conter e desviar cursos de auga.

Atranco nun río e canle de rego

Levadas, acuedutos : conducións para a auga (para regar, mover mecanismos...)

A casa labrega tradicional, ademais de estar perfectamente adaptada ao medio, forma un conxunto armónico cos elementos que a rodean.

A CASA

Unha vez feita a colleita hai que almacenar os produtos, transformalos ou comercializalos. En Galiza temos varias construcións específicas destinadas ao almacenamento dos produtos do campo: graneiros, hórreos, alpendres, palleiras, adegas... nas que se conservan baixo unhas condicións determinadas de aireación, temperatura e illamento da humidade.

CONSTRUCCIÓNS PARA GARDAR APEIROS E PRODUTOS

Os corredores e as solainas das casas usánse para gardar e secar produtos.

Alpendres , alboios , pendellos , cubertos ...: construcións total ou parcialmente pechadas para protexer o carro, gardar aparellos e produtos (leña, forraxe..) e realizar alguns traballos. Poden estar anexos á casa ou ser independentes.

Palleiras, palleiros ou secadeiros : construcións destinadas a almacenar a palla, a herba seca e, ás veces, a leña. Instálanse xeralmente achegadas ás cortes do gando en lugares ben aireados e sen humidade.Para garantir a circulación do aire as paredes están construídas con algún sistema de aireación: táboas separadas entre sí, ocos...

Palleira. O Valadouro.

Hórreos (canastros, cabazos, paneiras, piornos, celeiros...)Construcións illadas do terreo, cun sistema de aireación nas paredes. Utilízanse para gardar os produtos do campo, especialmente o millo. Para garantir unha boa ventilación sitúanse nun lugar elevado e illado doutras construcións e orientánse de xeito que estén protexidos da chuvia e reciban os ventos secos.

Cada comarca de Galiza ten o su hórreo de características propias e diferenciadas na forma da cámara (de base circular, cadrada ou rectangular), polo tipo de manteriais empregados (pedra, madeira, ponlas, ladrillos, cemento...) e polos elementos decorativos.

Piornedo (Os Ancares)

Canastro. Caldas de Reis.Cuño

O Courel

Nalgunhas zonas é habitual agrupar os hórreos en eiras ou campos comunais.

Campo de hórreos (A Merca)

SequeirosConstrucións para secar as castañas. No interior están divididos a media altura por unha tarima de madeira con ocos. Na parte baixa faise lume e enriba das táboas bótanse as castañas. Xeralmente constrúense aproveitando un desnivel no terreo.

Ouriceiras , corrizas ou curriceirasEspazos de planta circular ou ovalada rodeados por un valado de aproximadamente 1 m de altura cunha entrada. Úsanse para secar os ourizos e evitar que os coman os animais.

EirasSuperficies chans, xeralmente enlousadas, situadas ao pe da casa ou en lugares aireados. Poden ser privadas ou comunais. É o lugar onde se fan diversas faenas como secar produtos, a esfolla do millo, a malla dos cereais...

Os Ancares

Buño

O Courel

CONSTRUCIÓNS PARA A TRANSFORMACIÓN DOS PRODUTOS

Muíño. Xares.

Muíños para os cereaisSon construcións onde se moe o gran para facer fariña. Os muíños tradicionais están formados por un elemento que aproveita a enerxía (da auga ou do vento) que fai mover un eixo cenectado a unha moa que ao xirar desfai o gran.Os muíños máis abundantes son os de río, construcións de pedra, maiormente sinxelas e de pequeno tamaño, cubertas a unha soa auga. Tamén houbo algúns muíños de marea e de vento espallados sobre todo pola costa.

Restos dun muíño de vento. A Guarda.

Muíño de marea da Seca. Cambados.

Muíños de aceiteConstrucións a xeito de alboio pechado, que contiñan os elementos para facer o aceite: pedra de moer e lagar.

Muíño de aceite en Bendilló (Quiroga), o único que segue a funcionar dos moitos que houbo nos Vales do Sil.

Mazos ou batáns .Construcións onde se mazaban os tecidos. A enerxía da auga movía a roda que impulsaba os mazos.

Batán do Mosqutín (Vimianzo).

FornosConstrucións para cocer o pan. Podían ser particulares ou comunais. Os fornos particulares eran construcións anexas á casa ou formaban parte dela e os comunais estaban dentro dunha construción independente na que se facía o traballo e gardaban as ferramentes.

Forno comunal de Cea.

Feiras e mercados .Construcións e recintos temporais ou permanentes destinados á realización de transaccións comerciais.A maioría eran pendellos coa parte frontal aberta e con mostradores ou bancos para expoñer as mercadorías. Podían estar cubertos ou descubertos.As actuais son grandes naves dotadas de todos os servizos: postos de venta, recintos para os animais, oficinas, auga, almacéns...

Construcións medievais da feira de Agolada.

Ponte Olveira

O Páramo

As adegas son construcións destinadas á elaboración, almacenamento e conservación do viño. Unha boa adega debe ser fresca e manter unhas condicións ambientais constantes, por eso xeralmente son dependencias pechadas con muros grosos e poucos vans, están soterradas, aproveitando covas naturais ou artificiais, ou situadas debaixo da casa. As modernas adegas industriais son grandes edificios que contan con todos os avances tecnolóxicos para manter e controlar as mellores condicións para a conservación do viño.

As adegas tradicionais facíanse aproveitando a planta baixa da casa ou illadas dela, con muros grosos case cegos para manter constantes as condicións ambientais ou aproveitando covas. Ao pé das adegas había un pendello especial no que estaba o lagar para prensar as uvas.

Cada vez son máis frecuentes as imaxes de construcións abandoadas no rural galego.

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Lucía Leiro, Mon Daporta Novembro 2014

top related