4º domingo tob 2015 bene pagola

Post on 18-Jul-2015

56 Views

Category:

Documents

4 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

1 febreiro 20151 febreiro 20154º Tempo Ordinario4º Tempo Ordinario

Marcos 1, 21-28 Marcos 1, 21-28

Presentación:B.Areskurrinaga HCPresentación:B.Areskurrinaga HCEuskaraz: D. AmundarainEuskaraz: D. AmundarainMúsica: Beethoven.Romance para violin.Música: Beethoven.Romance para violin.

José Antonio Pagola

Un ensinar novo

O episodio é sorprendente e sobrecolledor. Todo ocorre na «sinagoga», o lugar onde se

ensina oficialmente a Lei, tal como é interpretada polos mestres autorizados.

Sucede en «sábado»,

o día en que os xudeus

observantes se reúnen para escoitar o

comentario dos seus dirixentes. É neste marco

onde Xesús comeza por vez

primeira a «ensinar».

Nada se di do contido Nada se di do contido das súas palabras. das súas palabras.

Non é iso o que aquí interesa, Non é iso o que aquí interesa, senón o impacto que produce a senón o impacto que produce a

súa intervención. súa intervención. Xesús provoca asombro e Xesús provoca asombro e

admiración. admiración.

A xente capta nel algo especial que non

encontra nos seus mestres relixiosos:

Xesús «non ensina como os escribas,

senón con autoridade».

Os letrados ensinan en nome da Os letrados ensinan en nome da institución. institución.

Atéñense ás tradicións. Atéñense ás tradicións. Citan unha e outra vez a Citan unha e outra vez a

mestres ilustres do pasado. mestres ilustres do pasado. A súa autoridade provén da súa A súa autoridade provén da súa

función de interpretar función de interpretar oficialmente a Leioficialmente a Lei.

A autoridade de Xesús é diferente. Non vén da institución.

Non se basea na tradición. Ten outra fonte.

Está cheo do Espírito vivificador de Deus.

Vano poder comprobar decontado. Vano poder comprobar decontado. De forma inesperada, un posuído interrompe De forma inesperada, un posuído interrompe

a gritos o seu ensino. a gritos o seu ensino. Non o pode soportar. Está aterrorizado: Non o pode soportar. Está aterrorizado:

««Viñeches acabar connosco?Viñeches acabar connosco?»» Aquel home sentíase ben ao escoitar Aquel home sentíase ben ao escoitar

o ensino dos escribas. o ensino dos escribas. Por que se sente agora ameazado?Por que se sente agora ameazado?

Xesús non vén destruír a ninguén. Precisamente a súa

«autoridade» está en dar vida ás

persoas. O seu ensino

humaniza e libera de escravitudes.

As súas palabras invitan a confiar en

Deus.

A súa mensaxe é A súa mensaxe é a mellor noticia a mellor noticia

que pode escoitar que pode escoitar aquel home aquel home atormentado atormentado

interiormente. interiormente. Cando Xesús o Cando Xesús o cura, a xente cura, a xente

exclama: exclama: «este ensinar con «este ensinar con

autoridade é autoridade é novo».novo».

Os sondeos indican que a palabra da Igrexa está perdendo autoridade e credibilidade.

Non abonda falar de maneira autoritaria para anunciar a Boa Nova de Deus.

Non é suficiente transmitir correctamente a tradición para abrir os corazóns á alegría da fe.

O que necesitamos urxentemente é un «ensinar novo».

Non somos «escribas»,

senón discípulos de Xesús. Temos que

comunicar a súa mensaxe, non as nosas tradicións.

Temos que ensinar curando a Temos que ensinar curando a vida, non adoutrinando as mentes.vida, non adoutrinando as mentes.

Temos que anunciar o seu Temos que anunciar o seu Espírito, non as nosas teoloxíasEspírito, non as nosas teoloxías..

1 febreiro 20154º Tempo OrdinarioMarcos 1, 21-28  

UN ENSINAR NOVO O episodio é sorprendente e sobrecolledor. Todo ocorre na «sinagoga», o lugar onde se ensina oficialmente a Lei, tal como é interpretada polos mestres autorizados. Sucede en «sábado», o día no que os xudeus observantes se reúnen para escoitar o comentario dos seus dirixentes. É neste marco onde Xesús comeza por vez primeira a «ensinar».

Nada se di do contido das súas palabras. Non é iso o que aquí interesa, senón o impacto que produce a súa intervención. Xesús provoca asombro e admiración. A xente capta nel algo especial que non encontra nos seus mestres relixiosos: Xesús «non ensina como os escribas, senón con autoridade».

Os letrados ensinan no nome da institución. Atéñense ás tradicións. Citan unha e outra vez a mestres ilustres do pasado. A súa autoridade provén da súa función de interpretar oficialmente a Lei. A autoridade de Xesús é diferente. Non vén da institución. Non se basea na tradición. Ten outra fonte. Está cheo do Espírito vivificador de Deus.

Vano poder comprobar decontado. De forma inesperada, un posuído interrompe a gritos o seu ensino. Non o pode soportar. Está aterrorizado: «Viñeches acabar connosco?» Aquel home sentíase ben ao escoitar o ensino dos escribas. Por que se sente agora ameazado?

Xesús non vén destruir a ninguén. Precisamente a súa «autoridade» está en dar vida ás persoas. O seu ensino humaniza e libera de escravitudes. As súas palabras invitan a confiar en Deus. A súa mensaxe é a mellor noticia que pode escoitar aquel home atormentado interiormente. Cando Xesús o cura, a xente exclama: «este ensinar con autoridade é novo».

Os sondeos indican que a palabra da Igrexa está perdendo autoridade e credibilidade. Non abonda falar de maneira autoritaria para anunciar a Boa Nova de Deus. Non é suficiente transmitir correctamente a tradición para abrir os corazóns á alegría da fe. O que necesitamos urxentemente é un «ensinar novo».

Non somos «escribas», senón discípulos de Xesús. Temos que comunicar a súa mensaxe, non as nosas tradicións. Temos que ensinar curando a vida, non adoutrinando as mentes. Temos que anunciar o seu Espírito, non as nosas teoloxías.

José Antonio Pagola

top related