4eso b historia semanas 10 e 11 ola, queridos alumnos … b histo… · 3. deconstrutivismo...

Post on 12-Aug-2020

5 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

4ESO B HISTORIA SEMANAS 10 E 11

OLA, QUERIDOS ALUMNOS DE 4 ESO B

ENVÍOVOS UNS APUNTAMENTOS DE ARTE PARA QUE

TRABALLEDES DÚAS SEMANAS.

VEREDES QUE SON MOITOS ASÍ QUE NON VOS AGOBIEDES

XA QUE O QUE SE TRATA É DE QUE OS LEADES CON CALMA,

ENTENDADES QUE SIGNIFICAN ESTES MOVEMENTOS

ARTÍSTICOS E, SE É POSIBLE, QUE PENSEDES SE SERÍADES

CAPACES DE IDENTIFICAR OBRAS DESTES ESTILOS SE AS

VÍSEDES NA REALIDADE. XA SABEDES QUE ESTE CURSO

TEDES A SORTE DE NON TER QUE ESTUDALOS PARA UN

EXAME.

LOGO, DEBEDES FACER UN TRABALLIÑO NO FORMATO QUE

CONSIDEREDES MÁIS ADECUADO (PRESENTACIÓN, VIDEO,

TEXTO CON IMAXES,…) DUN MOVEMENTO ARTÍSTICO, DE

VARIOS OU DUN ARTISTA CONCRETO.

É BEN SINXELO!

MOITO ÁNIMO

A ARTE POSTERIOR A 1945 Ten como características máis importantes que a capital mundial da arte trasládase desde

París ata New York e a aparición duna gran variedade de propostas artísticas e estilos. Tamén

que moitas desas propostas rachan completamente a división tradicional entre técnicas artítsticas

(ex. Pintura matérica, instalacións, performance,...). Non estudaremos a fotografía, o cómic ou o

cine.

ÚLTIMAS TENDENCIAS ARQUITECTÓNICAS

1. POSTMODERNISMO: Nun sentido amplo referímonos con este termo a toda aquela

arquitectura que cuestiona a "ditadura" do Estilo Intenacional (racionalismo ou movemento

moderno, é dicir, aos tres estilos desta páxina). Non sentido máis estrito (o que estudaremos) sería

un estilo arquitectónico que nace a partir dos anos setenta do S. XX. As súas características son:

-Nace como reacción contra o racionalismo ao que considera frío, deshumanizado e contrario á

arquitectura que lle gustaría "ás persoas comúns"

-Recupera os elementos da arquitectura clásica (fachadas aparentes, columnatas, frontóns,...)

-Busca edificios rechamantes, aparentes, monumentais.

Será moi criticado por algúns arquitectos que o consideran "hortera", fóra de lugar, anticuado,...

Arquitectos importantes deste estilo son Phillip Johnson, Bofill ou Rafael Moneo.

2. ARQUITECTURA HIGH-TECH

Trátase de realizar edificios que teñen máis aspecto de obras de enxeñería que de

arquitectura tradicional. Arquitectos importantes deste estilo son Norman Foster e Santiago

Calatrava.

1.ATT Building (P. Johnson), 2.Museo romano de

Mérida (Moneo) ,

3.Pazo da Ópera de A Coruña (R. Bofill)

1. Museo Pompidou en París. 2. Museo de Ciencias Naturais

de Valencia (Calatrava),

3. Lloyds Building (Foster)

3. DECONSTRUTIVISMO

Trátase dun estilo que elimina ou fragmenta as formas tradicionais dos edificios.

Arquitectos importantes serían F. Gehry e Zaha Hadid.

PINTURA As correntes máis importantes son:

a) Expresionismo abstracto: Movemento estadounidense que propón unha pintura abstracta

que transmite os sentementos do pintor por medio de técnicas como o action painting. Algúns dos

seus pintores máis importantes son Jackson Pollock e Willem de Kooning.

b) Pintura matérica: É pintura abstracta realizada cunha técnica que consiste en utilizar

materiais non convencionais (area, xeso, ferros, coiro, teas,..), en realizar perforacións da obra,...

Un exemplo é o do español Antoni Tápies.

Action painting: Técnica pictórica que consiste en salpicar con pintura o

cadro. O pintor

máis coñecido é Jackson Pollock.

Obra nº1(Jackson

Pollock)

1. Museo

Guggenheim de

Bilbao (F. Gehry)

2. Centro de arte contemporáneo de

Abu Dahbi (Zaha

Hadid)

c) Neofiguración: Trátase dunha volta á pintura figurativa pero considerada desde unha

perspectiva informal ou expresionista. Dous dos pintores fundamentais son Francis Bacon e Lucién

Freud.

-d) Pop-art: Caracterízase polo emprego de imaxes características da cultura popular, en

particular de imaxes procedentes do mundo do cómic, da publicidade, do cine e a música,... Dous

artistas fundamentais son Andy Warhol e Roy Lichtenstein.

1.“Estudo sobre o retrato de Inocencio

X de Velázquez”: Francis Bacon.

2.Orixinal de Velázquez

Kate Moss e a raíña Isabel II de Lucien

Freud

e) Hiperrealismo: Tendencia da pintura e a escultura que intenta representar os obxectos da

forma máis real posible. Exemplo: Gran Vía de Antonio López.

f) Op-art:Corrente abstracta que busca recrear ilusións ópticas.O pintor máis coñecido é Víctor

Vasarely.

“Marilyn Monroe” de Andy Warhol

“Muller no baño” de Roy

Lichtenstein

ESCULTURA posterior a Rodin A) Camiño á abstracción: Ex. “O bico” de Brancusi

B) Abstracción: Ex. “Peite do vento” de Chillida

C)Cubista: “ O profeta” de Gargallo

Dúas obras de

Vasarely

D)Futurista: “Formas únicas de continuidade no espazo” de Boccioni

E)Orgánica: Imita as formas dos organismos vivos. Un escultor fundamental desta corrente é

Henry Moore. Ex: “Familia”

F) Escultura cinética: Corrente creada por Alexander Calder que consiste en realizar esculturas

con movemento.

G)Hiperrealismo:

H) Arte povera: Corrente italiana que recicla materiais desbotados, basura,... para facer escultura.

I) Expresionismo escultórico: “Home que camiña” de Giacometti

J) Escultura pop: “Culler, ponte e cereixa” de Oldenburg.

OUTRAS FORMAS ARTÍSTICAS

-Happening: Actividade artística consistente nunha actuación espontánea que busca a

participación do público. Moitos considérana unha forma de performance.

-Performance: Actividade artística que consiste nunha actuación (hai quen diferenza

performance e happening en que a performance está máis preparada e o happening é máis

espontáneo) PODEDES MIRAR ESTOS VIDEOS:

1. QUE É UNHA PERFORMANCE: . https://www.youtube.com/watch?v=hbapW24GUmo

2 ARTIGO CON VIDEO:

https://culturacolectiva.com/arte/mejores-performances-de-la-historia

-Instalación:Forma artística para provocar unha experiencia visual ou actitudinal por parte dos

espectadores por medio da transformación dun espazo. Moitas veces pódese pasear por elas.

-Land art:Utilización da paisaxe e dos recursos da natureza con fins artísticos.

top related