3 o meu · o libro o meu primeiro atlas para o 3.o curso de primaria é unha obra colectiva...
Post on 27-Sep-2020
3 Views
Preview:
TRANSCRIPT
O libro O meu primeiro atlas para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana M.ª Guerra Cañizo.
Na súa elaboración participou o seguinte equipo:
TEXTO Esther Echevarría Soriano Aurora Moral Santa-Olalla Félix Román Escutia María Rosa López Pérez
ILUSTRACIÓN Quino Marín Márquez
EDICIÓN Raquel Rubalcaba Bermejo María Rosa López Pérez
DIRECCIÓN DO PROXECTO Lourdes Etxebarria Orella
DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIAMaite López-Sáez Rodríguez-Piñero
PRIM
AR
IA3
Ciencias Sociais
O meu primeiro Atlas
Como se fan os mapas? . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 4
Os elementos dun mapa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 6
O relevo do mundo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 8
As costas do mundo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 10
Os ríos do mundo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 12
As paisaxes do mundo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 14
As cidades do mundo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 16
Os traballos no mundo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 18
As festas do mundo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 20
Grandes monumentos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 22
Índice
Como se fan os mapas?Os mapas sérvennos para coñecer o planeta en que vivimos: que partes son terra e cales son auga.
Ademais, móstrannos a forma que teñen os continentes, os países que hai, como é o relevo…
As imaxes dos satélitesA cartografía é a ciencia que estuda e elabora mapas. Para facer os mapas é recomendable afastarse e ver a Terra desde o alto. Por iso, lanzáronse ao espazo aparellos chamados satélites artificiais. Son máquinas que non aterran en ningún sitio. Flotan e dan voltas arredor do noso planeta.
Desde alí arriba, vese moi ben a Terra. Por iso, chámanlles Ollos do Ceo.
Ecuador
915334_p04_h01_planisferio_ sicoMATRIZ
AMÉR ICA
O CÉ A NO
PACÍF ICO
OCÉANO
ATLÁNTICO
EUROPA
O CÉ A NO G L AC IA L Á RT ICO
O CÉ A NO
ÍN D ICO
ÁFR ICA
OCEANÍA
ANTÁRT IDA
O CÉ A NO G L AC IA L A NTÁ RT ICO
AS IA
Altas
Baixas
Moi baixas
ALTITUDE DAS TERRAS
Moi altas
N
S
LO
O CÉ A NO
PACÍF ICO
0 1.900
quilómetros
4
PAISAXES DE ÁFRICA
Selva
Bosque tropical
Estepa
Sabana
Deserto
Bosquemediterráneo
Alta montaña
N
S
LO
0 900
quilómetros
A información dos satélitesOs satélites envían información sobre a Terra continuamente. Grazas a eses datos, dispoñemos de imaxes moi exactas do noso planeta, coma esta que mostra o continente de África.
Do satélite ao mapaA partir das fotografías que envían os satélites, fanse mapas. Neles, escríbense os nomes dos mares e dos océanos, das montañas, das chairas…, para identificar cada elemento.
A información dos mapasComo nos mapas non caben todas as árbores que hai nun bosque ou todas as montañas dunha cordilleira, utilízanse manchas de cores. Por exemplo, unha mancha azul representa un lago ou o mar; unha verde pode mostrar a selva; unha amarela, o deserto…
MONTES ATLAS
Macizode Ahaggar Macizo
Macizo do
Camerún
de Tibesti
Macizo
Montes Dra
kens
ber
g
DESERTODE LIBIAD E S E R T O
D OS Á H A R A
MESETA
DE DARFUR
PENÍNSULADE SOMALIA
Madagascar
DESERTODE
KALAHARI
Mar Mediterráneo
OCÉANO
ATLÁNTICO
OCÉANOÍNDICO
I.Canarias
Golfode Guinea
Cabo deBoa Esperanza
CaboGuardafui
Ma
r Vermello
Can
al d
e
Moz
ambi
que
Rift
Valle
y
de Etiopía
MESETADE BIÉ
Mon
tes M
itum
ba
Altas
Baixas
Moi baixas
ALTITUDE DAS TERRAS
Moi altas
N
S
LO
0 900
quilómetros
915334_p05_h05_africa_�sicoMATRIZ
5
Os elementos dun mapaOs mapas utilizan diferentes elementos para informar do terreo que representan: os textos, a lenda, a escala e a rosa dos ventos.
OCÉANO ATLÁNTICO
Principaisportos
Principaisaeroportos
Bilbao
Madrid
Barcelona
Mar Cantábrico
OCÉANO
ATLÁNTICO
FRANCIA
ANDORRA
PO
RTU
GA
L
MARROCOS
Valencia
Alacant
Cartaxena
Alxeciras
Palma
M a r M e d i t er r á
n e o
915334_p06_h02_aeropuertos_matriz
Eivissa
Sevilla
Málaga
Tenerife
GranCanaria
Lanzarote
Fuerteventura
Vigo
A Coruña
Xixón
Santander
CádizAlmería
CeutaMelilla
ILLASCANARIAS
Huelva
0 85
quilómetros
N
S
LO
A rosa dos ventosÉ un debuxo en que se indican os puntos cardinais: norte (N), sur (S), leste (L) e oeste (O). Serve para orientarnos e saber en que punto cardinal se encontra cada elemento do mapa.
A lendaA lenda contén a explicación dos símbolos e das cores que aparecen no mapa. É un elemento fundamental para interpretar os mapas.
A escalaA escala indica o número de veces que se reduciu o terreo que se representou no mapa con respecto á realidade.
Os textosOs textos son moi importantes, porque nos informan dos lugares que aparecen no mapa: mares, localidades, países, cadeas montañosas, portos, ríos e lagos…
6
Como se representa a escala?A escala pódese representar de dous xeitos: de forma gráfica e de forma numérica.
A escala gráfica
É unha liña recta de 1 centímetro. As cifras indican canto representa ese segmento na realidade.
0 120
quilómetros
Esta escala indica que 1 centímetro no mapa equivale a 120 quilómetros na realidade.
A escala numérica
Represéntase mediante dous números separados polo signo da división. O primeiro expresa a distancia no mapa en centímetros; o segundo expresa esa distancia na realidade.
Observa este exemplo:
1;120.000
Esta escala numérica indica que 1 centímetro do mapa equivale a 120.000 centímetros na realidade.
Como calcular distancias coa escala?Para calcular a distancia real entre dous puntos dun plano ou dun mapa, séguense estes pasos:
1 Fixarse na escala. Neste caso, é unha escala gráfica en que 1 centímetro do plano equivale a 20.000 centímetros na realidade.
2 Con axuda dunha regra, mídese a distancia en liña recta que hai entre dous puntos seleccionados; no exemplo da dereita, entre a ponte e o lago.
3 Por último, multiplícanse os centímetros que hai entre eses dous puntos no mapa polos centímetros a que equivale na realidade.
Como as distancias longas nunca se dan en unidades tan pequenas coma o centímetro, pásase o resultado a metros ou quilómetros.
0 20.000 cm
Por exemplo, a escala sinala que 1 centímetro do mapa equivale a 20.000 centímetros na realidade. A distancia que hai no mapa entre a ponte e o lago é de 2 centímetros, que equivalen a 40.000 centímetros na realidade (2 x 20.000 = 40.000); é dicir, 400 metros.
7
O relevo do mundoNo mundo encontramos formas do relevo moi variadas. Hai montañas moi altas. En Asia, está a cordilleira máis elevada do mundo; chámase Himalaia. En cambio, outros lugares, coma os Países Baixos, en Europa, están a tan pouca altura que os seus habitantes teñen que facer diques para que non os anegue o mar.
A
AMÉRICA
Grandes Chairas
Chaira Amazónica
MESETA BRASILEIRA
MONTES APALACHES
MONTES ATLAS
Denali (6.149 m)
Aconcagua (6.962 m)
A P
amp
a
OCÉANO
PACÍFICO
OCÉANO
ATLÁNTICO
OCÉANO GLACIAL ÁRTICO
CO
RD
ILLEIR
A DO
S A
ND
ES
MO
NTA
ÑA
S R
OC
HO
SA
SS
ER
RA M
ADRE
Chaira de Siberia
MESETA DO TÍBET
MONTESZAGROS
ANTÁRTIDA
Gran Chaira Europea
MESETA DE BIÉ
MESETA DE ANATOLIA
CÁUCASO
MO
NT
ES
UR
AIS
ALPES
Kilimanxaro (5.895 m)
Elbrús (5.642 m)
ÁFRICA
EUROPA
Deserto de Arabia
Deserto de Namibia
Deserto do Sáhara
MarMediterráneo
OCÉANO GLACIAL ANTÁRTICO
MONTES
DRAKENSBERG
Ecuador
N
LO
S
A
8
Chairas gañadas ao marOs Países Baixos teñen un relevo moi chan. Gran parte das chairas deste país foron gañadas ao mar e construíronse uns diques para que non se inunden. Por iso, a maioría do terreo está situado a menos de cinco metros de altura. Comprendes agora por que se chaman Países Baixos?
O cume do mundoChámanlle a Fronte do ceo ou a Nai do universo porque o monte Everest é o máis alto do planeta. Os valentes escaladores que dan alcanzado o seu cume, sen dúbida, poden sentir que tocan o ceo.
A montaña vermellaAustralia é un dos países máis planos do planeta. O viaxeiro que entre nas súas enormes chairas apenas verá cambios na paisaxe. Aínda que pode encontrar sorpresas, como Ayers Rock, unha enorme rocha que ao solpor se volve vermella coma o lume.
OCEANÍA
OCÉANO
PACÍFICO
GR
AN
CO
RD
ILLEIRA
DIV
ISO
RIA
Chaira de Siberia
MESETA DO TÍBET
MESETA DO DECÁN
MESETA DE SIBERIA
HIMALAIA
Everest (8.848 m)
ASIA
Gran Deserto Vitoria
Deserto de Gobi
OCÉANO
ÍNDICO
B
CB
C
9
top related