23 “special children jury award” e “special town jury … · 2020-06-25 · venda de entradas...
Post on 05-Jul-2020
6 Views
Preview:
TRANSCRIPT
CORUÑA CULTURA
PRIMAVERA 2016
PRIMAVERA 2016
ESPECTÁCULOS NADOS DA FUSIÓN DE DISTINTAS DISCIPLINAS ARTÍSTICAS
www.coruna.es/cultura
Podes seguir a programación cultural do concello en facebook:www.facebook.com/CulturaCoruna
+ info
VENDA DE ENTRADASEntradas: 9,00€ (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, 7,00€) Venda anticipada: 6,00€ (Ata o día anterior á función ás 23.59 h)
DESPACHO CENTRAL DE BILLETES DA PRAZA DE OURENSE De luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h
DESPACHO DE BILLETES DO CENTRO ÁGORA Aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
ESPECTÁCULOS NADOS DA FUSIÓN DE DISTINTAS DISCIPLINAS ARTÍSTICAS
Un espectáculo creado e dirixido por Pep Bou Clinc! é un xesto, un movemento, unha actitude que fai que todos nós sexamos conscientes da beleza de todo o que nos rodea.
Un sinal que nos lembra que sempre podemos facer que a nosa contorna sexa mellor. Unha invitación a catar, probar e experimentar coa realidade máis cotiá. Un canto á imaxinación onde o espectador é convidado a traspasar os límites da imaxinación na procura dos seus soños. Un espectáculo pensado para estimular a imaxinación, as ganas de xogar e rehuir os medos que viven no noso interior.
Unha montaxe única creado mediante unha linguaxe singular pensado para un público universal con ganas de ser sorprendido e de descubrir as virtudes que esconde no seu interior. Intérpretes: Isaías Antolín, Eduardo Telletxea, (Agustí Sanllehí)
“SPECIAL CHILDREN JURY AWARD” E “SPECIAL TOWN JURY AWARD” NO XXI KOTOR THEATRE FESTIVAL FOR CHILDREN, 2013 (KOTOR, MONTENEGRO)
FINALISTA MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL NA XVI EDICIÓN DOS PREMIOS MAX DAS ARTES ESCÉNICAS (2013) Clinc!23
XANEIRO20.30 h
SÁBADO
Duración: 65 min
CREADO E DIRIXIDO POR PEP BOU
Un espectáculo onde os portés acrobáticos, o teatro físico e as vídeo proxeccións vannos pincelando unha relación con poesia e humor.
PIN-C-LA-2 é unha fusión de movimentos e imaxes que nos falan dun encontro, da ineludible sinceridade dos actos, dunha loita para mante-lo equilibrio e das marcas que deixan as relacións.
Reflectidos no espello do outro, observamos cómo vibramos, medramos e anhelamos a simplicidade e a armonía que desprenden as fotos colgadas nos nosos salóns.
PIN-C-LA-2 20FEBREIRO20.30 h
SÁBADO
Duración: 50 min
COMPAÑÍA MAINTOMANO MARCOS RIVAS E MORDANE JAUDOU
TELEVENDA: 902 044 226 (Luns a venres de 9 a 22 h, sábados de 14 a 22 h e domingos de 16 a 21 h) www.ticketea.com
FOLLETO ILUSIOHN PRIMAVERA 2016.indd 1 16/12/15 21:10
Arroxo, forza, desenvoltura, sensibilidade, concentración,
humor e descaro nesta proposta de catro mulleres que
se enfrontan a unha proba eliminatoria para un posto de
traballo. Pero a oferta non é o que parece; elas son artistas e
esta proposta é un sen sentido.
Entre situacións de amizade, inimizade, celos, empatía
e envexas elas descobren que o verdadeiro camiño para
saír deste envurullo pasa pola unión do grupo e non pola
competición.
Equilibrios con cadeiras, corda, malabares, aros chineses,
hula hops, maxia, acrobacia, etc., e, sobre todo, moito,
moito humor.
Idea y dirección: Juan Antonio Moreno e Ángeles Vazquez Orteaga
Dirección actoral: Charo Feria
Intérpretes: Olga Calle, Ilia Miña, Sandra Carrasco e Lola Sánchez
MARABUNTA é tolemia. É descontrol con clase.
Un show de clown, enérxico e enerxético, catapultado pola mellor
música en directo. Sketch a tempo matemático. No escenario os
artistas loitan para que nada se entenda.
Cancións propias. Gags absurdos. Cabaret. Nada ten sentido
e todo é posible. Ningunha orde establecida.
É o caos do pallaso. Improvisación: saír e xogar. Divertirse pase
o que pase, e quen sabe o que pasará hoxe. E mañá. E pasado.
Isto é a selva. Queredes rirvos? Estades convidados.
Sobre o escenario a tolemia experta dun novo clown a piques
de explotar: GUILLEM ALBÀ.
Pasen e esquecer de todo. Unha nova troupe chega ás súas retinas.
Desconecten os seus teléfonos móbiles e os seus cerebros. Eles
son o antídoto, a pólvora, e a vitamina C. Xogo sen conservantes:
en directo e en vea. Son MARABUNTA. O espectáculo total.
Contiguo nace de pór un ser humano xunto a outro.
É o lugar onde un acaba un e outro empeza. Contiguo
é a poesiía de o corpo e os propios límites. O risco de
darse a coñecer e exceder o medo a perderche en alguén.
Reinventarse unha e outra vez a través dos demais.
O destino únenos, a historia escribímola nós.
Un espectáculo sensitivo, poético e dinámico. Unha
investigación da linguaxe espacial e corporal que crea un
universo único para expresarse, resultado da búsqueda
no circo como linguaxe en sé mesmo. Os artistas non
so utilízan a técnica para expresar, senón tamén un eu
íntimo que aflora a través dela.
Direccion: Natalia Outeiro Coreografia: Paula Quintas Interpretes: Álvaro Perez Hidalgo y Álvaro Reboredo Ortega
LAS EXPERTAS
MARABUNTA CONTIGUO
4MARZO20.30 h
VENRES
Duración: 50 min
16ABRIL
20.30 h
SÁBADO
Duración: 75 min
21MAIO
20.30 h
SÁBADO
Duración: 60 min
ALBADULAKE
GUILLEM ALBÀ & THE ALL IN ORCHESTRA Compañia IO
FOLLETO ILUSIOHN PRIMAVERA 2016.indd 2 16/12/15 21:10
top related