2ª gara cup pirelli de montaÑa 2019 proxecto · artigo 1.- organizaciÓn: “pirelli neumáticos,...
Post on 19-Aug-2020
1 Views
Preview:
TRANSCRIPT
COMUNICADO Nº 241/184 de Decembro de 2018
2ª GARA CUP PIRELLI DE MONTAÑA 2019
Proxecto
CAMPIONATO DE GALICIA DE MONTAÑA
Artigo 1.- ORGANIZACIÓN:
“Pirelli Neumáticos, S.A.U.”, a Federación Galega de Automobilismo, e AMF MotorSport organizan para
o ano 2019 a 2ª GARA CUP PIRELLLI DE MONTAÑA 2019.
O presente regulamento complementarase co Anuario de Galicia 2019, da Federación Galega de
Automobilismo, nos apartados que non figuren neste documento.
Artigo 2.- PARTICIPANTES:
A) Poderán participar tódolos pilotos que estean en posesión das licencias Autonómicas de Galicia en
vigor para o ano 2019, se inscriban na GARA e participen nas probas puntuables.
B) “Pirelli Neumáticos, S.A.U.”, a Federación Galega de Automobilismo, e AMF MotorSport, resérvanse
o dereito a rexeitar calquera inscrición á 2ª GARA CUP PIRELLLI DE MONTAÑA 2019 sen ter que
xustificalo.
Artigo 3.- VEHICULOS ADMITIDOS:
1.- A 2ª GARA CUP PIRELLLI DE MONTAÑA 2019 está reservada exclusivamente ós vehículos:
Gara Cup: CARROZADOS (Tódolos Grupos).
2.- Tódolos vehículos terán que competir con pneumáticos da marca “PIRELLI”, fornecidos por AMF
MotorSport, S.C.G., telf.: 986 640 715 - 616 784 863.
Artigo 4.- INSCRICIÓNS:
Tódolos interesados en inscribirse na 2ª GARA CUP PIRELLLI DE MONTAÑA 2019 deberán facelo
enviando a folla de inscrición “online” en www.fga.es
FEDERACIÓN GALEGA DE AUTOMOBILISMO
Ctra. de Vigo, 43 - Baixo · O PINO • 32001 Ourense / Fax: 988 271 461
nun prazo non inferior a 20 días antes da celebración da primeira proba na que desexe participar.
NOTA: Coa inscrición terá que achegarse unha factura orixinal, da compra dun xogo de 6 pneumáticos
"PIRELLI", e o resto dos utilizados na tempada, a empresa: AMF MotorSport, S.C.G., telf.: 986 640 715 -
616 784 863
Artigo 5.- PROBAS:
Para a 2ª GARA CUP PIRELLLI DE MONTAÑA 2019, serán validos as oito probas do Campionato de
Montaña que son puntuables para o Campionato Autonómico de Galicia, debidamente aprobados pola
Federación Galega de Automobilismo.
MONTAÑA 2019
DATA PROBA ESCUDERÍA COEFICIENTES
30/31-03-2019 1ª SUBIDA A MARIN TORRES COMPETICION 7
13/14-04-2019 21ª SUBIDA A SALETA CARBALLIÑO 7
04/05-05-2019 12ª SUBIDA A STA. MARÍA DE OIA BM 7
08/09-06-2019 1ª SUBIDA A DUMBRIA SENRA SPORT 7
06/07-07-2019 8ª SUBIDA A PONTENOVA A PONTENOVA 8
20/21-07-2019 22ª SUBIDA PONTEVEDRA-ALMOFREI CIDADE PONTEVEDRA 8
03/04-08-2019 4ª SUBIDA PONTE CALDELAS BUXA MOTOR POIO 7
24/25-08-2019 6ª SUBIDA XUNQUEIRA DE AMBIA XUNQUEIRA DE AMBIA 7
14/15-09-2019 20ª SUBIDA A ESCUSA BUXA MOTOR POIO 8
05/06-10-2019 24º SUBIDA A ESTRADA ESTRADENSE 8
02/03-11-2019 1ª SUBIDA FERREIRA DE PANTON PANTON RACING 7
Artigo 6.- PREMIOS:
A) Premios por proba: Os premios por proba serán:
“Gara CUP”
1º 200 €
2º 150 €
3º 100 €
4º 50 €
Os premios serán abonados, despois de cada proba, por transferencia de “AMF MotorSport” aos
gañadores.
B) Os premios finais“Gara Cup”, da “2ª GARA CUP PIRELLLI DE MONTAÑA 2019 ", serán
Premios finais “Gara Cup”
1º Trofeo de Bronce
2º Trofeo de Bronce
Artigo 7.- PUNTUACIÓNS:
En cada unha das probas puntuables para a 2ª GARA CUP PIRELLLI DE MONTAÑA 2019, outorgaranse
os seguintes puntos segundo o posto e coeficiente da proba:
PUNTUACIÓN POR PROBA
CLASIFICACIÓN 2ª GARA CUP PIRELLLI DE MONTAÑA 2019 ( C )
1º 30 PUNTOS 9º 8 PUNTOS
2º 25 PUNTOS 10º 6 PUNTOS
3º 20 PUNTOS 11º 5 PUNTOS
4º 18 PUNTOS 12º 4 PUNTOS
5º 16 PUNTOS 13º 3 PUNTOS
6º 14 PUNTOS 14º 2 PUNTOS
7º 12 PUNTOS 15º 1 PUNTO
8º 10 PUNTOS
Os puntos P acadados na proba obteranse pola seguinte formula: P= K *C, sendo (K) o coeficiente da
proba multiplicado por (C) os puntos obtidos nas clasificacións da 2ª GARA CUP PIRELLLI DE
MONTAÑA 2019.
A clasificación final da 2ª GARA CUP PIRELLLI DE MONTAÑA 2019 será establecida entre aqueles
pilotos que participasen nun número de probas igual á metade das probas celebradas máis unha. Para
a clasificación final reteranse e sumaranse os resultados de tódalas probas celebradas menos unha. Se
un participante non participa nunha proba a mesma poderase descontar para a clasificación final.
Artigo 8.- PUBLICIDADE:
.- Tódolos vehículos da Gara “Cup” levarán catro pegatinas (36x11 cm), dúas nas esquinas superiores
da defensa dianteira, e dúas pegatinas na parte superior da defensa traseira. (Nota: Obrigatoriamente
teranse que ver na parte dianteira e traseira do vehículo, ou sexa, nunca postas nas partes laterais das
defensas).
Baixo ningún concepto estará permitido recorta-la publicidade, nin tapa-la parcialmente.
O incumprimento implicará a perda dos puntos e premios da proba de referencia. A reiteración do antedito
implicará a descalificación a tódolos efectos da Gara. A monta indebida de pneumáticos, implica a
exclusión total da 2ª GARA CUP PIRELLLI DE MONTAÑA 2019 coa perda total, dos puntos acadados
ata a data, e a perda dos premios en metálico da proba do incumprimento. A ausencia de publicidade
dalgún patrocinador nos lugares previstos, ou a presenza de publicidade oposta ós seus intereses pode
sancionarse, a criterio exclusivo do representante do Comité presente na proba, coa perda dos premios
e puntos desta, e pode chegar ata a descalificación da 2ª GARA CUP PIRELLLI DE MONTAÑA 2019.
Artigo 9.- COMISARIO DE SEGUIMENTO:
O Comité organizador nomeará a unha persoa, a cal estará debidamente acreditada e identificada, para
facer o seguimento da publicidade, e todo o concernente o bo desenrolo da Gara, e terá pegatinas no
autobús da federación, nas verificacións técnicas de cada proba.
Artigo 10.- PNEUMÁTICOS:
Tódolos participantes, na 2ª GARA CUP PIRELLLI DE MONTAÑA 2019 terán que presentar factura de
compra de alomenos 6 pneumáticos iniciais, realizada dita compra en AMF MotorSport, S.C.G., telf.: 986
640 715 - 616 784 863, (proveedor oficial e exclusivo), e comprar tódolos que se usen na tempada a AMF
MotorSport, S.C.G., telf.: 986 640 715 - 616 784 863.
O tallado é libre para tódolos pneumáticos. Tódolos pneumáticos levarán unha marca para o seu control.
Da falta de dita marca, falsificación, imitación, etc., invalidarase o resultado e os premios, e implicará a
exclusión total da 2ª GARA CUP PIRELLLI DE MONTAÑA 2019.
En carrozados pódense utilizar os pneumáticos “asimétricos” de rallye ou os “slics” específicos de
montaña.
SLICK
Existen os compostos “soft” (blando) en cor amarelo, e “super soft” (super blando) en cor bermello.
Artigo 11.-PREZOS PNEUMÁTICOS:
.- CARROZADOS:
(*) PREZO DOS PNEUMÁTICOS+ECOTAXA (1,28€)+I.V.E.
COMISIÓN DE SEGUIMIENTO DAS FORMULAS DE PROMOCIÓN DAFEDERACIÓN GALEGA DE AUTOMOBILISMO
top related