alegacion o pxom de mos (1/2/2013)

16
SRA. ALCALDESA DO EXMO. CONCELLO DE MOS D. ........................................................ .......... con DNI nº ..................... domicilio en......................................................... ........................................................... ...... actuando en representación da Asociación................................................. .., con CIF Nº............................, integrada na Plataforma para a Protección da Serra d o Galiñeiro, en calidade de ............................, en relación PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICPAL DO CONCELLO DE MOS EXPÓN: Que con data 9 de novembro de 2012 foi publicado anuncio no DOG da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Mos, e o sometemento a exposición pública de dito plan e do seu Informe de Sostenibilidade Ambiental. A documentación exposta ao público é a seguinte: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL: Contén Memoria Informativa, Memoria Xustificativa, Estudo de Medio Rural, Normativa Urbanística, Estratexia de Actuación, Catálogo de Bens e Elementos a protexer. DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE Á AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA, ENTRE A QUE SE ATOPA O INFORME DE SOSTIBILIDADE AMBIENTAL (ISA). Denominado neste documento “ESTUDIO DE SOSTIBILIDADE AMBIENTAL”. Que respecto deste PXOM, e en relación coa zona sur do municipio, situada na zona de Herville, en concreto ás abas do monte Galiñeiro, realizamos as seguintes alegacións: 1. EN CANTO Á CLASIFICACIÓN DO SOLO NO PXOM: Consultados os planos de Clasificación do Solo, plano S1- 11, escala 1:5.000 e o S0-03 escala 1:10.000 “Estructura xeral 1

Upload: manupom

Post on 13-Mar-2016

222 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

alegaçom ao PGOM no concelho de Mos para anular a proposta governamental de contruir um complejo eolico num parque natural com grandisima fermosura medioambiental

TRANSCRIPT

Page 1: alegacion o PXOM de Mos (1/2/2013)

SRA. ALCALDESA DO EXMO. CONCELLO DE MOS

D. .................................................................. con DNI nº ..................... domicilio en.......................................................................................................................... actuando en representación da Asociación..................................................., con CIF Nº............................, integrada na Plataforma para a Protección da Serra do Galiñeiro, en calidade de ............................, en relación PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICPAL DO CONCELLO DE MOS

EXPÓN:

Que con data 9 de novembro de 2012 foi publicado anuncio no DOG da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Mos, e o sometemento a exposición pública de dito plan e do seu Informe de Sostenibilidade Ambiental.

A documentación exposta ao público é a seguinte:

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL: Contén Memoria Informativa, Memoria Xustificativa, Estudo de Medio Rural, Normativa Urbanística, Estratexia de Actuación, Catálogo de Bens e Elementos a protexer.

DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE Á AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA, ENTRE A QUE SE ATOPA O INFORME DE SOSTIBILIDADE AMBIENTAL (ISA). Denominado neste documento “ESTUDIO DE SOSTIBILIDADE AMBIENTAL”.

Que respecto deste PXOM, e en relación coa zona sur do municipio, situada na zona de Herville, en concreto ás abas do monte Galiñeiro, realizamos as seguintes alegacións:

1. EN CANTO Á CLASIFICACIÓN DO SOLO NO PXOM:

Consultados os planos de Clasificación do Solo, plano S1-11, escala 1:5.000 e o S0-03 escala 1:10.000 “Estructura xeral do Territorio” comprobamos que toda a zona atópase clasificada como solo rústico de protección forestal. Superpoñendo na zona leste unha trama correspondente ao solo rústico de protección paisaxística, e algunha zona illada de solo rústico de protección arqueolóxica. No caso da ermida da Virxe das Neves, se superpoñen o solo rústico de protección forestal, aparentemente unha zona de protección paisaxística, o solo rústico de protección arqueolóxica e unha trama que, segundo a lenda do plano, corresponde con “ÁREA DE PROTECCIÓN DOS ELEMENTOS DE PATRIMONIO”.Por encima de todo isto no plano recolle un raiado de cor laranxa, correspondente a, segundo a lendo do plano, “ÁREA DE RESERVA DO PLAN SECTORIAL EÓLICO DE GALICIA”. Constituindo un lío de réximes superpostos, que dificultará a súa aplicación simultánea.

1

Page 2: alegacion o PXOM de Mos (1/2/2013)

Reproducción de parte do plano S1-11

Neste plano tamén se pode comprobar a clasificación do solo dos municipios limítrofes, Vigo e Porriño. En ambos casos o PXOM, correspondente, clasifica a zona como solo rústico de protección de espazos naturais.

Reproducción de parte do plano 22 da serie 1.

No caso de Vigo tamén se pode apreciar unha zona clasificada como solo rústico de protección de augas e cauces, que corresponde cun regato existente que se corta na liña correspondente ao linde do termo municipal con Mos.

2

Page 3: alegacion o PXOM de Mos (1/2/2013)

Planos PXOM de O Porriño

3

Page 4: alegacion o PXOM de Mos (1/2/2013)

Reprodúcense dous planos do PXOM de O Porriño na área en contacto con Mos. Pódese apreciar que a clasificación é de “Solo Rústico de Protección de Espacios Naturais”.

É de salientar que esta zona correspondente ao Lugar de Herville, parroquia de Cela, que comprende os núcleos rurais de Herville e Costeira e a zona sur, coas estribacións da serra do Galiñeiro, está rodeada por solos rústicos de protección de espazos naturais. Xa que tanto no caso de Vigo como no de O Porriño, estiman que estos son terreos que é necesario protexer polos seus valores naturais, ambientais, científicos ou recreativos, ver artigo 32.2.f) da LOUGA.

Porén o equipo redactor de Mos non considera que este espazo teña ningún valor especial, máis alá que a súa producción forestal, aplicando unha clasificación de solo rústico de protección forestal que non garante a axeitada protección da parte norte da serra do Galiñeiro.

É realmente incrible que en todo o municipio de Mos non atopen ningunha zona que cumpra estas caracteríscas, agás unha pequenísma área adxacente aos regatos de Cerqueira e Perral e ao polígono industrial de Veigadaña. Non entendemos o pouco aprecio que ten este equipo redactor ao municipio no que traballan para a elaboración dun PXOM, municipio que conta con espazos de grande interese como é a serra do Galleiro (montes de Saramagoso) e as ladeiras da cara norte do Galiñeiro.

O equipo redactor deste PXOM fai unha moi pobre valoración do municipio de Mos, no que non atopan valores naturais merecedores dunha clasificación de solo rústico de protección de espazos naturais.

Xa no que respecta á zona a que nos estamos a referir nesta alegación, podemos afirmar que é moi exigua a información sobre a zona, e moi escasas ás referenzas á zona Herville ao longo da documentación do PXOM.

A zona á que nos estamos a referir ten xa valores se a consideramos como un terreo illado da súa contorna, pero as liñas que se debuxan para delimitar os termos municipais, non son reais desde un punto de vista dos ecosistemas, do medio ambiente ou da natureza.

Estos terreos pertencen ás abas da zona norte da serra do Galiñeiro, cuxos valores naturais non poden discutirse. Non o fan nin o Concello de Vigo, que considera esta zona como a de maior valor natural de todo o Municipio, tal el como se recolle no seu estudo do Medio Rural, nin o de O Porriño.

Por contra no EMR do PXOM de Mos pouco ou nada se dí desta zona. Referenzas imprecisas con menosprezo do valor natural da zona constitúen a valoración que se fai no EMR:

“A vexetación está formada fundamentalmente por masas arbóreas de piñeiro e eucalipto, aínda que tamén se atopan presentes exemplares dispersos de especies caducas e matogueiras de toxos, bezos e xestas”.“A unidade resulta igualmente moi visible dende o exterior, non obstante a súa nula cromaticidade non aumenta o seu valor”

E, o que é máis importante, é que se esquecen de que estas abas pertencen a un ecosistema máis amplo e de moito valor como é a serra do Galiñeiro que

4

Page 5: alegacion o PXOM de Mos (1/2/2013)

comprende o Monte Galiñeiro e o Monte Aloia (Parque Natural e Rede Natura 2000). A visión compartimentada, illada e reducida fai que unha zona que forma parte dun todo, como é a serra do Galiñeiro, se converta nun piñeiral e eucaliptal, cun pouco máis de vexetación, pero en todo caso monocromático e sen gran valor. Isto é incomprensible.

No DOG de martes 28 de febreiro de 2012 publicouse RESOLUCIÓN CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUCTURAS de 9 de febrero de 2012, de la Secretaría General Técnica de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, por la que se hace pública la cofinanciación por la Unión Europea a través del Fondo Europeo de Desarrollo Regional en un 70% en el marco del Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 de varios contratos.

Dentro destos contratos atópase no punto 8: Servicio para la redacción del Plan de ordenación de los recursos naturales y del medio físico del lugar de importancia comunitaria (LIC) y zona de especial protección de los valores naturales (ZPPVN) denominado Pena Trevinca (Ourense) y del Plan de ordenación de los recursos naturales y del medio físico de la Serra do Galiñeiro denominado ampliación del parque natural del Monte Aloia (Pontevedra) (2 lotes), (expediente 97/2008), adjudicado por Resolución de 7 de abril de 2009. Eje 3, tema prioritario 51.

Polo tanto a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adica uns fondos europeos para a redacción dun Plan de ordenación dos recursos naturais (PORN) para a serra do Galiñeiro como ampliación do parque natural do Monte Aloia (Parque Natural e Red Naura 2000).Isto non se analiza, nin se recolle na documentación do PXOM.

O Informe de Sostibilidade Ambiental (ISA), denominado neste caso Estudio de Sostibilidade Ambiental, pouco recolle da serra do Galiñeiro, delimita unha unidade de paisaxe denominada “Eucaliptais e piñeirais da Serra Galiñeiro” (o nome xa é significativo) repetindo os mesmos parágrafos que no caso do EMR, e incorporando algún máis, nos que tampouco se aporta ningunha información de interese.

Algo máis se apunta cando trata dos corredores ecolóxicos, citando tres importantes corredores, entre os que se atopa a serra do Galiñeiro (evidentemente os corredores ecolóxicos non saben de lindes intermunicipais).

“Identificación, localización e valoración de corredores ecolóxicos que estruturan a zona”.

“Serra de Galiñeiro: Sitúase ao Sur de Mos e presenta principalmente dirección E-O, a vexetación predominante son as plantacións de piñeiro e eucalipto existentes, ademais dos dous hábitats existentes declarados de interese europeo; "Breixeiras oromediterráneos endémicas con aliaga de Ulex europaeus e Cytisus striatus" e "Breixeiras secas europeas de Erica umbelata e Ulex micrantha".

5

Page 6: alegacion o PXOM de Mos (1/2/2013)

Na páxina 220 do “Estudio de Sostibilidade Ambiental” di:

“Os hábitats presentes da serra do Gallerio non se verán afectados, mentres que un solo urbanizable proposto, situado ao sur da serra do Galiñeiro, afecta ao hábitat non prioritario denominado Breixeiras secas europeas de Erica umbelata e Ulex micrantha (código 4030)”.

Non atopamos nos planos de ordenación do PXOM ningún solo urbanizable, tampouco na memoria xustificativa, nin nas fichas dos solos urbanizables, nesta zona. Recóllese, no plano S1-11: “Plan Especial para dotacións”, sin ningunha liña de delimitación, situado sobre a zona clasificada como solo rústico de protección forestal. Pódese apreciar no plano que se reproduce unha “mancha azul”, á que non hai máis referenza na documentación (ou non a atopamos). É unha zona situada entre dous regatos e na que se atopan efectivamente o habitat prioritario citado.

Reproducción de parte do plano do ISA, denominado “ZONAS DE PROTECCIÓN AMBIENTAL E USOS PROPOSTOS DO TERRITORIO” e a lenda correspondente a dito plano. Aquí si que se aprecia unha zona delimitada (debe terse en conta que este non é un plano de ordenación) na que se aplica unha trama denominada “ZONAS FAVORABLES DE CRECEMENTO”.

Non asemella moi lóxica a ubicación dunha zona “favorable de crecemento” no medio das abas do Galiñeiro. Tampouco se especifica que tipo de crecemento, nin qué tipo de dotación. Non atopamos máis información en ningún documento do PXOM.

En xeral, e repecto a esta zona denótase: falta dunha información axeitada, falta dunha análise acaída aos valores existentes, poucas referenzas, poucos estudos, pouca sensibilidade, falta dun tratamento axeitado; falta dunha visión global do ecosistema da serra do Galiñeiro do que forma parte esta zona sur do Concello de Mos. O equipo redactor entende que estos terreos, a pesar de estaren rodeados de solos rústicos de protección de espazos naturais, son un reducto illado que non ten interese. En ningunha parte da documetación se fai unha análise desta situación e do que siginifica a serra do Galiñeiro (Monte Galiñeiro e Monte Aloia) na zona sur do municipio de Mos.

6

Page 7: alegacion o PXOM de Mos (1/2/2013)

O “Estudio de sostibilidade Ambiental” correspóndese cun modelo dirixido exclusivamante a pasar o trámite, pero non cun obxectivo serio de avaliar os efectos do planemento proposto no medio, a través dunha análise seria do medio natural, económico, social, patrimonial, etc, e dos efectos das decisións tomadas na labor de planificación.

Existen carencias, erros, confusións, por exemplo no ámbito do medio natural, faltan especies catalogadas e de interese, se introducen como especies “vulnerables” do Catálogo Galego de Especies Amenazadas, especies que non están incluídas no mesmo (Natrix natrix); existe confusión de especies ( a rá de San Antón non é Rana perezi, senón Hyla arborea); o lagarto arnal (non ocelado, que é castelán) Timon lepidus, non é propio de medios acuáticos como afirman, senón de todo o contrario... citan aves “rapazas” en reiteradas ocasións, introducen nomes científicos erróneos como Corylus avelá para a aveleira (é Corylus avellada); inventan nomes científicos como a Píntega píntega, e un longo etécera de lindezas que amosan unha absoluta falta de rigor no traballo realizado no que atinxe ao medio natural.

Denótase unha falta de representación da rede hidrolóxica existente na zona, e do seu tratamento como Solo Rústico de Protección de Augas. Pódese comprobar no plano do PXOM de Vigo que o regato da Freixa “morre” contra o linde con Mos cando este regato, situado na Parroquia de Zamáns, nace no Galiñeiro, no municipio de O Porriño atravesa Mos (nesta zona ten varios ramais) e logo continúa na parroquia de Zamáns, xa en Vigo. É facilmente detectable nas curvas de nivel a presenza destos regatos.

Na páxina 10 da Memoria informativa (reprodúcese unha parte) aparecen grafiados estos regatos, pero logo non se lle dá un tratamento axeitado. En diferentes apartados do PXOM afírmase que é unha zona con escasa rede hidrolóxia, pódese comprobar que non é así, compartindo a zona, ao oeste, a cunca correspondente á ría de Baiona e outra, ao leste, ao Miño Baixo.

7

Page 8: alegacion o PXOM de Mos (1/2/2013)

1.2. VALORES NATURAIS DA ZONA:

En concreto no que atinxe á parte que nos ocupa, as zonas de maior interese e singularidade ambiental do monte de Erville son aquelas que non están ocupadas por árbores de procedencia foránea. Nomeadamente, as zonas ocupadas pola breixeira seca e os afloramentos rochosos.

Destacar o valor ambiental das manchas de mato ou breixeira seca europea (hábitat de interese comunitario 4030 –na Directiva 92/43/CE). Está presente, sobre todo:

- No denominado “As Fontes da Pegada”, que é acarón do Coto do Me-diodía.

- Sobre o barrio de Paredes, na estrema con Zamáns.

- No entorno da capela de Nª Sª das Neves/castro de Erville

Valores máis destacados deste hábitat:

Presenza de dúas aves incluídas no Anexo I da Directiva Aves, ou Directiva 147/2009/CE: a avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus), e a papuxa rabilonga (Sylvia undata).

A diversidade específica desta manchas de mato, que conta entre as súas especies con diversas ericáceas e con leguminosas como o rañalobos (Genista triacanthos), a carqueixa (Pterospartum tridentatum) e un toxo de carácter endémico, presente na parte meridional de Galiza e norte de Portugal: o rañete (Ulex micranthus).

Canto aos afloramentos rochosos, destacar sobre todo o Coto de Erville, dentro do recinto do propio castro. Alí desenvólvense comunidades rupícolas incluídas na Directiva 92/43/CE, principalmente o hábitat: rochas silíceas con vexetación pioneira” (código 8220).

Ten especial importancia a nutrida poboación de Stipa gigantea que medra nestas rochas. O feno (como se coñece a esta especie, aínda que o nome non é exclusivo dela) é unha gramínea de tamaño espectacular que se distribúe ao longo da fachada atlántica ibérica, desde o NO de África até Galiza.

Suliñar a importancia de protexer as cotas altas de Erville como parte integrante da serra do Galiñeiro, nomeadamente pola proximidade dun dos cumes principais (o Coto do Mediodía) e polo interese do patrimonio arqueolóxico que aporta ao conxunto patrimonial da serra.

8

Page 9: alegacion o PXOM de Mos (1/2/2013)

Engadir que como zona paixasística singular, das tres citadas na Memoria Informativa do PXOM, “a Serra do Galiñeiro, a Serra do Galleiro e o Val do río Louro, presentan diversos elementos antrópicos como o aeroporto, as autovías, os tendidos eléctricos de alta tensión,as zonas urbanizadas, zonas industriais, etc, que lles restan calidade visual”, ao que lle temos que engadir a perda do valor paisaxístico máximo, a calidade de vida e a posibilidade de exercer de motor económico coa conservación e posta en valor da paisaxe e os elementos artísticos que estas paisaxes conteñen, si se presta para a instalación dun parque eólico.

2. RESPECTO AO RAIADO “AREAS DE RESERVA DO PLAN SECTORIAL EÓLICO DE GALICIA”.En primeiro lugar dicir que en ningunha parte da documentación escrita se fai ningunha referenza a ningún Plan Sectorial Eólico, nin a incidencia de ningún Plan Sectorial Eólico (o Estudo de Sostibilidade Ambiental ten unha sucinta referenza aos instrumentos de ordenación do territorio que afectan ao municipio e non se cita ningún Plan Sectorial Eólico).

No tocante a dito Plan Sectorial pouco se pode dicir, xa que nunca foi publicado e polo tanto non se coñece, e poderíase afirmar que, polo tanto, nin existe.

Tamén pode comprobarse como nin no PXOM de Vigo (aprobado definitivamente por ordes COTOPV de 16 de maio de 2008 e 13 de xullo de 2009) nin no de O Porriño, do ano 2003, se recolle ningunha trama correspondente a ningún Plan Sectorial Eólico. Polo tanto, ningunha obriga ten O Concello de Mos a recoller ningunha trama de “área de reserva do Plan Sectorial Eólico de Galicia”, xa que no caso dos municipios colindantes, con dous Plans Xerais aprobados pola Xunta, non se lles obrigou a reflectir nada relacionado cun Plan Sectorial Eólico. O PXOM de Mos non ten que recoller dita trama.

Existe na páxina web do INEGA “colgado” un “Plan Sectorial Eólico”, que ten unha memoria que se denomina “Modificación del Plan Sectorial Eólico de Galicia”, (non sabemos que modifica). Nesta Memoria non se recolle ningunha referenza á serra do Galiñeiro.

Nalgún dos planos, dos que se atopan colgados na web, se recolle a trama “Gamesa” sobre o Galiñeiro, afectando parcialmente ao municipio de Mos, tamén a Vigo, Porriño, Gondomar e Tui. Esta trama corresponde cunha zona comprendida dentro dun Plan Eólico Estratéxico, asinado no ano 1995, coa empresa Gamesa, ao abeiro do Decreto 205/1995, (publicado no DOG de 6 de xullo de 1995). Este decreto regulaba o proceso de autorización dos Plans Eólicos Estratéxicos (despois Empresariais). O Decreto 205/1995 indicaba que, o conxunto de actuacións para ser desenvolvidas polo adxudicatario dun PEE, tería lugar nun período máximo de dez anos. No ano 2002, data da presunta “modificación” (como non foron nunca publicados estes plans sectoriais, baseamos os nosos razoamentos nestes arquivos colgados na web do INEGA), este PEE estaba todavía en vigor, razón pola que foi recollido na “modificación” do PSEGA de 2002. Os titulares dos PEE adquirían unha serie de dereitos e de obrigas.

9

Page 10: alegacion o PXOM de Mos (1/2/2013)

En resumo, unha vez pasados eses dez anos, ningunha validez teñen os PEEs e polo tanto ningunha validez ten o PSEG respecto a esta zona ligada ao PEE, delimitada nos planos con este obxecto, coa trama GAMESA, e na que non foi desenvolvido ningún parque eólico.

Entendemos que esta é a “área de reserva” que estranamente pretende o equipo redactor reflectir. Curiosamente na documentación escrita non atopamos ningunha referenza ao respecto.

En data 27 de xaneiro de 2012, e con motivo da publicación do documento de inicio do Proxecto Sectorial do parque Eólico Serra do Galiñeiro, no Pleno da Corporación do Concello de Mos os tres partidos políticos con representación no concello votaron por unanimidade en contra da instalación do polígono eólico na serra do Galiñeiro.En data 30 de novembro de 2012 a Plataforma para a protección, a través das asociacións integrantes da mesma, presentou alegacións en contra da instalación dun parque eólico, na que se detallan os motivos do rexeitamento a dita instalación. Entre outros motivos, alegábase que o dubidoso (ou inexistente xuridicamente) Plan Sectorial Eólico, colgado na web do INEGA, ningunha validez ten respecto á zona do Galiñeiro, toda vez que os PEEs caducaran nas zonas nas que non se instalou ningún polígono eólico, como é o caso do Galiñeiro.

Por outra banda non se atende á lexislación de protección de Bens Culturais de Galicia, cando na Memoria Informativa, punto 6.4 sobre Solo Rústico, recóllese tal e como aparece nas Normas Subsidiarias actualmente en vigor, que os “Restos arqueolóxicos, recollidos no catálogo das actuais normas como tales, e cunha protección que abarca ao menos un círculo de 100m de radio con centro no punto de localización”, cando a norma ordena que a protección sexa de 200m. Tampouco se fai diferenciación entre as áreas de protección e as de cautela dos elementos inventariados no estudo arqueolóxico e non vemos máis aclaración que ao final de dito apartado cando se afirma que:

“Estas proteccións sufrirán variacións no momento que apliquemos as actuais normativas sectoriais e a nova lei do solo, máis restritiva en canto este tipo de solo”. Entendemos que a lexslación vixente na actualidade debe aplicarse a este PXOM, como non podería ser doutro modo. Non se entende que se deixe para unha fase posterior o aplicar a “lexislación vixente na actualidade”.

Os motivos principais para o rexeitamento da intalación dun parque eólico baséanse nos valores naturais, patrimoniais, culturais, sociais, económicos, etnográficos, turísticos, de ocio e lecer, etc, que posúe a serra, e que deben ser protexidos e preservados. É claro, que ainda que a parte do termo municipal de Mos non é a máis ampla, comparte os mesmos valores que o resto da serra, como xa se explicou nos apartados anteriores.

3. RESPECTO Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL: ARQUEOLÓXICO, ARTÍSTICO, ETNOGRÁFICO E HISTÓRICO.

1

Page 11: alegacion o PXOM de Mos (1/2/2013)

O valor arqueolóxico da Serra do Galiñeiro e dos seus cumes, en concreto na zona que resultaría afectada por ser parte integrante do Concello de Mos, parroquia de Cela, na zona Suroccidental do Concello e que comparte cos concellos limítrofes de Vigo e O Porriño, ao aparecer como superficie reservada para a ubicación dun parque eólico, vemos que se pón en perigo a conservación dos elementos e a consecución dos obxectivos do Tomo VII do presente PXOM, Catálogo de Bens e Elementos Protexidos, onde se recollen como elementos arqueolóxicos desta zona os seguintes:

1.- Complexos megalíticos datables en época Neolítica de San Pedro de Cela.

2.- Castro de Herville no monte do Castro, en San Pedro de Cela.

3.- Miradoiro de Herville na parroquia de Cela, tamén chamado Mirador Cabalaria, facendo alusión á mámoa que ten, que presenta arranque de corredor.

4.- Hermida da Virxe das Neves. Con protección integral.

5.- Capela de San Cosme e San Damián. protección integral.

A estes restos arqueolóxicos deberíamos engadir os presentados no Informe Valorativo: Prospección da Área Meridional da Serra do Galiñeiro, Instituto de Estudos Miñoranos, presentado aos servizos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural en febreiro de 2011, para que sexan anexados ao catálogo do PXOM de Mos, intención que se recolle na páxina 3 de dito Tomo VII, os achádegos arqueolóxicos da zona montañosa limítrofe co Concello de O Porriño, ao Sur de Mos, con diferentes asentamentos ao aire libre, datados como Calcolítico-Bronce, englobados no topónimo Chan do Foxo.

Tamén teríamos que engadir a existencia de dous sendeiros nesta zona, xestionados e publicitados polo Concello de Mos, “Coñece Mos, Histoira e Tradición”, como son:

1.- Sendeiro dos dólmenes. Dende o Castro de Herville ata As Pereiras.

2.- Sendeiro dos Muíños, que parte de Atín, Cela ata o Santiaguiño en Louredo.

Por todo o exposto,

1

Page 12: alegacion o PXOM de Mos (1/2/2013)

SOLICÍTASE:

1.- Que se clasifique a zona correspondente ás abas do Galieñiro como solo rústico de protección de espazos naturais, clasificación semellante á dos municipios limítrofes. Tendo en conta que estos terreos forman parte dunha serra con valores merecedores desta clasificación. E nos casos que corresponda, Solo Rústico protexido de interese patrimonial, artístico ou histórico, tal que como prevé a lexislación do solo.

2.- Que se elimine o raiado correspondente a “ÁREAS DE RESERVA DO PLAN SECTORIAL EÓLICO”, tendo en conta por unha banda, que non está recollida nos municipios limítrofes, e nada obriga a súa representación, e por outra banda por que a reserva á que supoñemos fai referenza o raiado, non ten ningunha validez, como xa se explicou.

3.- Se recolla na documentación escrita unha análise rigorosa da zona como parte integrante dun ecosistema máis complexo como é a serra do Galiñeiro (que incúe o Parque Natural do Monte Aloia, Rede Natura 2000), e non como unha illa de piñeiros e eucaliptos, e algunha vexetación máis. Un pequeno apuntamento se fai cando se citan os tres corredores ecolóxicos, pero a documentación é escasa, pouco profunda e ten graves carencias e erros.

4.- Que se teña en conta, tal e como se recolle no PXOM, o cumprimento estricto da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia, actualizando e catalogando os novos achádegos arqueolóxicos e pondo todos os recursos de que dispón o Concello para a seu estudo, divulgación e correcta conservación. E que se cumpra a a lexislación vixente, sectorial e urbanística con respecto aos bens de interese patrimonial, artístico ou histórico.

Gondomar (ou Vigo, Mos ou o que se queira)

9 de xaneiro de 2013,

Asdo.:

1