alegaciÓns ii ao catÁlogo das paisaxes de galicia€¦ · orde do 4 de febreiro de 2016, da...

65
REXISTRO XERAL DA XUNTA DE GALICIA EDIFICIO ADMINISTRATIVO DE VIGO Data 23/04/2016 13:42:50 ENTRADA 63099 / RX 1093073 Colecvo Ecoloxista LUITA VERDE Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo XUNTA DE GALICIA – C.M.A.T. Instuto de Estudos do Territorio San Lázaro s/n 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA DOCUMENTO DE ALEGACIÓNS VIGO, 23 de abril de 2016 ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA AMPLIACIÓN das alegacións presentadas o 13/04/2016 TEXTO REFUNDIDO Movo e solicitude: páx. 3 / Índice: páx. 4 e 5 ASUNTO: ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a información pública o Catálogo das paisaxes de Galicia ALEGANTES: _______, con D.I. _______, actúa en nome e representación da asociación A TERRA NON SE VENDE (ATNSV), inscrita no Rexistro Central de Asociacións co nº _______, e no nome das Redes de Asociacións Galiza Non Se Vende e A Ría Non Se Vende. _______, con D.I. _______, actúa en nome e representación da Asociación de Defensa Ambiental Salvemos Monteferro, inscrita no Rexistro Central de Asociacións co nº _______. _______, con D.I. _______, actúa no seu propio nome e en nome do Colecvo Ecoloxista Luita Verde e da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo. Ante o anuncio de referencia, os alegantes comparecen, ao amparo da Lei estatal: Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administravo Común e, dado que o seu interese é lexímo, presentan este documento de alegacións. DATOS DE CONTACTO A EFECTOS DE NOTIFICACIÓN: Nome: _______ Domicilio: _______ correo e: _______ Catálogo das Paisaxes de Galicia 1 de 65 2016.04.23

Upload: others

Post on 20-Jul-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

REXISTRO XERAL DA XUNTA DE GALICIA EDIFICIO ADMINISTRATIVO DE VIGO

Data 23/04/2016 13:42:50ENTRADA 63099 / RX 1093073

Colectivo Ecoloxista LUITA VERDE

Plataforma en Defensa dosMontes do Morrazo

XUNTA DE GALICIA – C.M.A.T.Instituto de Estudos do Territorio

San Lázaro s/n15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

DOCUMENTO DE ALEGACIÓNS

VIGO, 23 de abril de 2016

ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIAAMPLIACIÓN das alegacións presentadas o 13/04/2016

TEXTO REFUNDIDOMotivo e solicitude: páx. 3 / Índice: páx. 4 e 5

ASUNTO:

ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia,pola que se somete a información pública o Catálogo das paisaxes de Galicia

ALEGANTES:

_______, con D.I. _______, actúa en nome e representación da asociación A TERRA NON SE VENDE(ATNSV), inscrita no Rexistro Central de Asociacións co nº _______, e no nome das Redes de AsociaciónsGaliza Non Se Vende e A Ría Non Se Vende.

_______, con D.I. _______, actúa en nome e representación da Asociación de Defensa Ambiental SalvemosMonteferro, inscrita no Rexistro Central de Asociacións co nº _______.

_______, con D.I. _______, actúa no seu propio nome e en nome do Colectivo Ecoloxista Luita Verde e daPlataforma en Defensa dos Montes do Morrazo.

Ante o anuncio de referencia, os alegantes comparecen, ao amparo da Lei estatal:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do ProcedementoAdministrativo Común

e, dado que o seu interese é lexítimo, presentan este documento de alegacións.

DATOS DE CONTACTO A EFECTOS DE NOTIFICACIÓN:

• Nome: _______• Domicilio: _______• correo e: _______

Catálogo das Paisaxes de Galicia 1 de 65 2016.04.23

Page 2: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións

DATOS DA PERSOALIDADE XURÍDICA DE A TERRA NON SE VENDE

R.C.A. _______

• A TERRA NON SE VENDE é unha asociación sen ánimo de lucro.

• ATNSV foi constituida o 25 de febreiro de 2013, e dende entón ven exercendo a súa actividade de xeitocontinuo.

• O ámbito de actividade preferente, que non exclusivo, de ATNSV é Galicia, e así se declara nos seusestatutos.

• Os fins principais de ATNSV, segundo se establece non seus estatutos, son a defensa do patrimonioambiental e cultural do territorio e a transformación da sociedade galega.

Por transformación da sociedade galega entendemos a nosa evolución cara a un modo de vida cuxaspautas socioeconómicas, ambientais e culturais sexan intra e inter xeracionalmente xustas esustentables, que preserve e potencie os nosos valores culturais identitarios e universais, e quepreserve, coide e, no seu caso, rexenere a riqueza natural e ambiental do noso territorio. Este obxectivoé extensivo á calquera país, sociedade e territorio aos que podamos dar o noso apoio.

DATOS DA PERSOALIDADE XURÍDICA DE SALVEMOS MONTEFERRO

R.C.A. _______

• Salvemos Monteferro é unha entidade sen ánimo de lucro.

• Foi constituida en maio de 2006, e dende entón ven exercendo a súa actividade de xeito continuo.

• O seu ámbito fundamental de actividade é Galicia, e así figura nos seus estatutos.

• Os seus fins, segundo se establece nos seus estatutos, son os seguintes:

a) A protección do contorno medioambiental e do seu uso para o recreo colectivo.

b) A procura do desenvolvemento sostible dos recursos naturais e o seu aproveitamento.

c) A promoción de alternativas que artellen unha armazón socio-económica baseada no respectoao medio ambiente e na conservación da nosa paisaxe.

d) O fomento da participación da mocidade nos valores de respecto á natureza e o estímulo áconvivencia nun sistema de liberdade de expresión e de pensamento para conquerir unhasociedade mellor e unha democracia máis profunda.

e) A defensa do idioma, a etnografía e o patrimonio cultural e histórico galego.

Catálogo Paisaxes Galicia 2 de 65 2016.04.23

Page 3: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

MOTIVO E SOLICITUDE DE ADMISIÓN DESTA AMPLIACIÓN

Presentamos un primer documento de alegacións ao Catálogo das Paisaxes de Galicia o día 13 abril de 2016,último día do prazo.

Presentamos agora este segundo documento, como ampliación do primeiro, en forma de texto refundido, polas razóns seguintes:

• Consideramos necesario desenvolver de forma máis completa a nosa proposta xeral (punto 6.)

• Consideramos necesario expoñer con detalle 3 propostas específicas que citamos no primeiro documento pero que non nos deu tempo a desenvolver (Monteferro, a Foz do Miñor e a Xunqueira do Lagares).

• Consideramos conveniente aproveitar a ampliación para completar os datos e expoñer de forma máis clara os argumentos.

Consulta rápida deste documento:

1) Proposta xeral (punto 6) (é moi rápida de ler).

2) Propostas específicas.

3) A escaseza de espazos naturais protexidos en Galicia (punto 5)

4) Resto do documento.

Solicitamos que admitan esta ampliación a trámite, 10 días despois do noso primeiro documento, polas razóns seguintes:

• Non hai modificacións substanciais respecto do noso primeiro documento en canto aos espazos solicitados, aunque si unha exposición e unha argumentación máis completas.

• Consideramos que a Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, ampara con certas condicións a presentación extemporánea de alegacións:

◦ Artigo 35. Dereitos dos cidadáns, parágrafo e).

◦ Artigo 79. Alegacións, parágrafo 1.

◦ Artigo 76. Cumprimento de trámites, parágrafo 3.

• Non defendemos ningún interese particular, senón que tentamos defender o interese xeral e o ben público, e cremos que as nosas aportacións poden ser útiles.

Esperamos pois, e agradeceremos, a súa admisión.

Catálogo das paisaxes de Galicia 3 de 65 2006.04.23

Page 4: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

ÍNDICE

1. PAISAXE, TERRITORIO E MODELO SOCIOECONÓMICO

1.1 Territorio, biodiversidade, identidade e paisaxe ........................................................................ 7

1.2 A protección da paisaxe no medio da destrución do territorio .................................................. 7

1.3 O risco da protección da paisaxe como ficción e coartada ......................................................... 7

1.4 A necesaria superación dun modelo socieconómico depredador e biocida ............................... 8

2. A ELABORACIÓN DO CATÁLOGO

2.1 O ámbito de aplicación da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia ......... 9

2.2 A metodoloxía da elaboración do Catálogo ............................................................................... 9

2.3 A información sobre o portal e os obradoiros de participación ................................................. 9

2.4 A metodoloxía da participación pública .................................................................................. 10

2.5 O alcance da participación pública .......................................................................................... 10

2.6 O risco da participación pública como ficción e coartada ........................................................ 11

2.7 A ausencia de Avaliación Ambiental Estratéxica do Catálogo das Paisaxes de Galicia .............. 11

3. O RESULTADO

3.1 Unha superficie de AEIP moi escasa, equivalente ao 8,48 % do territorio de Galicia ............... 12

3.2 As AEIP: Illas de paisaxe inconexas que deben transformarse en Rede .................................... 12

3.3 O risco dos Ámbitos de Especial Atención Paisaxística como coartada de novas infraestruturas . . . 13

4. A RELACIÓN ENTRE OS ESPAZOS NATURAIS E A PAISAXE, UNHA OPORTUNIDADE PARA VOLVERMOS REINVINDICAR A SÚA PROTECCIÓN ............................................................................ 14

5. A ESCASEZA DE ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS EN GALICIA

5.1 Os espazos naturais protexidos en Galicia son moi escasos en comparación co valor ambiental do territorio ............................................................................................................................. 15

5.2 A ampliación proposta pola Xunta de Galicia en 2012 para a Rede Natura 2000 é insuficiente 17

5.3 A ampliación da Rede Natura 2000 debe incluir a superficie do Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia de 1991 ..................................................................................................... 18

5.4 A Rede Natura 2000 de Galicia non constitúe unha verdadeira rede, pois carece de corredoresecolóxicos protexidos ................................................................................................................ 19

6. PROPOSTA

6.1 Base da proposta ..................................................................................................................... 20

6.2 Declaración de AEIP para os 126 espazos naturais comprendidos no Rexistro Xeral de EspazosNaturais de Galicia de 1991 ....................................................................................................... 20

Catálogo das paisaxes de Galicia 4 de 65 2006.04.23

Page 5: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

6.3 Declaración de AEIP para os 75 espazos naturais que constitúen a Rede Natura 2000 e para os espazos declarados ZEPVN en espera da actualización de límites da Rede Natura 2000 ................ 20

6.4 Declaración de AEIP para os 28 espazos da Rede Galega de Espazos protexidos que non forman parte da Rede Natura 2000 ....................................................................................................... 20

6.5 Declaración de AEIP para os 23 espazos reclamados como ZEC ou ampliación de ZEC nas alegaciónsde Galiza Non Se Vende á proposta de ampliación da Rede Natura 2000 en 2012 ........................ 21

6.6 Declaración de AEIP para todos os lugares e espazos de Galicia clasificados pola Lei do Solo como Solo Rústico de Especial Protección: espazos naturais, agrarios, gandeiros, forestais, de augas, de costas ou con valores culturais e patrimoniais asociados ............................................. 21

6.7 Declaración de AEIP para os 90 ámbitos relacionados no POL como Espazos de Interese Paisaxístico (extensiva a aqueles dos 169 NIL e dos 875 areais que teñan valores de AEIP) ........... 22

6.8 Declaración de AEIP para todos os corredores ecolóxicos entre os Espazos Naturais Protexidos . . . 23

6.9 Declaración de AEAP para todos os lugares e espazos de Galicia clasificados pola Lei do Solo como Solo Rústico de Especial Protección de Infraestruturas ...................................................... 23

6.10 Necesidade dun Catálogo aberto, en constante elaboración, e a custodia da paisaxe polosveciños de cada lugar ............................................................................................................ 23

PROPOSTAS ESPECÍFICAS

PE.1 O Morrazo .............................................................................................................................. 25

PE.2 Monteferro (con índice propio) .............................................................................................. 29

PE.3 A Foz do Miñor ...................................................................................................................... 49

PE.4 A Xunqueira do Lagares ......................................................................................................... 56

ANEXO I. Relación de espazos do Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia de 1991 ........................... 59

SOLICITUDE FINAL ................................................................................................................................. 64

SINATURAS ........................................................................................................................................... 65

Anexo II. Alegacións de GNSV á proposta de ampliación da Rede Natura 2000 realizada pola Xuntade Galicia en 2012.(Entregado coas alegacións presentadas o 13 de abril de 2016)

Anexo III. Alegacións de 40 asociacións e Iniciativa de Protección da Serra da Groba ante a propostade ampliación da Rede Natura 2000 realizada pola Xunta de Galicia en 2012(Entregado coas alegacións presentadas o 13 de abril de 2016)

Anexo IV. Alegacións de 40 asociacións e solicitude de creación do LIC Serra do Galiñeiro ante aproposta de ampliación da Rede Natura 2000 realizada pola Xunta de Galicia en 2012

(Entregado coas alegacións presentadas o 13 de abril de 2016)

Catálogo das paisaxes de Galicia 5 de 65 2006.04.23

Page 6: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

Catálogo das paisaxes de Galicia 6 de 65 2006.04.23

Page 7: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

1. PAISAXE, TERRITORIO E MODELO SOCIOECONÓMICO

1.1 Territorio, biodiversidade, identidade e paisaxe

Entendemos que a paisaxe é un resultado da xea, da flora, da fauna (polo tanto, da biodiversidade), doefecto das actividades humanas sobre o territorio, e da percepción estética, emocional e cultural que detodo este conxunto ten o ser humano. Polo tanto, a calidade da paisaxe depende da calidade todos estesfactores. Entendemos, tamén, que a paisaxe é obxecto de sentimento de identificación individual, e causade identidade colectiva dos seres humanos que habitan o territorio. Pois ben, no Catálogo, ao longo de 156páxinas de texto moi apretado:

• O termo biodiversidade utilízase… 2 veces. Igual que o de bioloxía.• O termo identidade utilízase 2 veces, como identidade local ou rexional e identidade territorial.• O termo identitario tamén se utiliza 2 veces, asociado á identidade local.

Tememos que estes feitos sexan síntoma dunha minusvaloración da importancia da biodiversidade nacalidade da paisaxe, e dunha minusvaloración da paisaxe como fonte de identidade colectiva non só local,senón de País.

1.2. A protección da paisaxe no medio da destrución do territorio

O estudo, o ordenamento, a xestión e a protección da paisaxe debería ser un labor ilusionante.

Pero o desenvolvemento da Lei da Paisaxe prodúcese no medio dun proceso de destrución xeralizada dosvalores do territorio de Galicia: urbanismo disperso, macrourbanismo especulativo, urbanización dasmellores zonas agrícolas; destrución da arquitectura popular; degradación das rías con recheos portuarios econtaminación, destrución da xeomofoloxía e degradación da costa con macroportos exteriores e paseosmarítimos; pesca e acuicultura a flote sobredimensionadas; estradas e autoestradas innecesarias; AVEinsustentable ambiental e económicamente; ausenza dun verdadeiro sistema ferroviario de proximidade ede media distancia; minería destrutiva; degradación e privatización do monte coa proliferación de parqueseólicos e o monocultivo forestal de especies alóctonas e pirófitas; degradación das terras agrícolas conconcentracións parcelarias, xestión industrial da agricultura e cultivo de especies xenéticamentemodificadas; progresiva privatización do monte; progresiva privatización de facto do litoral; destrucióndiaria de patrimonio arqueolóxico e etnográfico...

Os instrumentos da lei da paisaxe desenvólvense no medio da elaboración ou modificación intencionada,por parte dos lexisladores, de leis que permiten que os feitos descritos poidan ter lugar.

E desenvólvense no medio de actos das Administracións públicas, das empresas galegas, estatais oumultinacionais, e de moitos cidadáns que utilizan ou incumpren a lei para cometer estes feitos.

Éste é o resultado, despois de 30 anos de vixencia da Lei de Avaliación de Impacto Ambiental, 13 anos devixencia da Directiva de Avaliación Ambiental Estratéxica e 5 anos despois da aprobación das Directrices deOrdenación do Territorio e do Plan de Ordenación do Litoral.

E, despois de décadas de vixencia da Lei de Procedemento Administrativo, e máis de 10 anos de vixencia daLei que regula o acceso á información, á participación pública e acceso á xustiza en materia de medioambiente, as asociacións de defensa ambiental ven como as súas alegacións non só non son tidas en conta,senón que nin sequera son respondidas.

Temos motivos para confiar nun ordenamento, xestión e protección da paisaxe reais? Non. O que temos sonmotivos para seguir loitando por unha terra viva e unha vida digna. Eis estas alegacións.

1.3 O risco da protección da paisaxe como ficción e coartada

A consecuencia do exposto no apartado anterior é o risco de que a Lei e os instrumentos para oordenamento, a xestión e a protección da paisaxe sexan dende o seu mesmo inicio ferramentas falladas, ese transformen nunha ficción e nunha coartada para a depredación do territorio, como xa sucede cos

Catálogo das paisaxes de Galicia 7 de 65 2006.04.23

Page 8: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

instrumentos de Ordenación Territorial e de Avaliación Ambiental. Esperamos que este asunto estea nasmans de técnicos e funcionarios concienciados. Sería necesaria a súa boa vontade e a nosa contribuciónpara conseguir que este risco non se materialice.

1.4 A necesaria superación dun modelo socieconómico depredador e biocida

Consideramos imprescindible unha estratexia de protección integral da paisaxe galega como referente, nonsó da súa cualidade a nivel estético ou panorámico, senón da saúde do medio ambiente, da conservación dabiodiversidade e da conservación dos valores culturais que a paisaxe leva asociados en todos os ámbitos,sexa nos espazos naturais terrestres ou mariños, rurais ou urbanos.

E consideramos necesario e urxente superar o sistema capitalista (os adxectivos neoliberal, financieiro ousalvaxe son case pleonasmos, pois non definen desviacións do sistema, senón a súa evolución natural). Unsistema depredador e biocida que, xunguido á cobiza humana, é causa das desfeitas descritas.

Para conseguilo é ineludible un cambio radical de modelo, mediante:

• a aposta real e decidida polo decrecemento (implicaría a ordenación do territorio baseado naprimeira residencia e a ocupación do parque residencial de vivendas xa construidas e sen ocupar, e,outro tanto, da oferta empresarial);

• a aposta por un modelo de transporte baseado no transporte colectivo e de proximidade (o queimplicaría a paralización da proxección de máis autoestradas e autovías e a substitución daplanificación do tren de alta velocidade polo interurbano e a súa conexión intermodal);

• o aforro e a eficiencia enerxéticas (tendo en conta que Galicia é excedentaria en producción deenerxía e que a metade da súa producción é exportada fóra da comunidade autónoma, implicaría amoratoria e paralización da planificación de máis parques eólicos e centrais hidroeléctricas, e asubstitución da producción das centrais térmicas a carbón ou gas natural por plantas zonais dexeneración eléctrica a partir de biomasa forestal, respetuosas co medio e libres de monopoliosempresariais); máis a autosuficiencia enerxética (coa instalación de plantas a baixa escada deenerxía solar e eólica nos núcleos de poboación, así mesmo respetuosas co medio e libres demonopolios empresariais);

• a reducción, reutilización, reciclaxe e compostaxe dos resíduos sólidos urbanos descentralizada deSOGAMA e da incineración, a reutilización e reciclaxe de materia prima (o que implicaría aparalización de máis proxectos mineiros a ceo aberto, en especial os da macrominaría globalizante esobreexplotadora);

• o soterramento das liñas eléctricas de alta tensión;

• a eficiencia e bo uso das telecomunicacións (o que implicaría a paralización da proxección de máisinfraestruturas no territorio);

• unha xestión forestal baseada na progresiva substitución dos monocultivos con especies alóctonas,invasoras e pirófitas de rápido crecemento polas frondosas autóctonas e a utilización da matogueirae o monte baixo a nivel agroforestal e gandeiro e como producción de biocombustible, para aapicultura e a nivel colleiteiro, apostando pola multifuncionalidade dos usos do monte;

• a protección e impulso da autosuficiencia alimentaria a traveso da protección e impulso daagricultura ecolóxica libre de produtos agrotóxicos e transxénicos, axudando ao mesmo tempo amanter a cualidade paisaxística e ambiental do mosaico tradicional do agro galego, na actualidadeen fase de progresivo abandono e ameazado pola especulación urbanística;

• a ordenación dunha actividade extractiva dos recursos mariños baseada na autosuficiencia e norespeto e conservación do medio que implica a paralización de máis recheos portuarios, principiotamén aplicable aos sectores comercial e náutico-deportivo.

Catálogo das paisaxes de Galicia 8 de 65 2006.04.23

Page 9: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

2. A ELABORACIÓN DO CATÁLOGO

2.1 O ámbito de aplicación da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia

Artigo 4º.- Ámbito de aplicación.

As disposicións desta lei aplicaranse a todo o territorio de Galicia, xa sexan áreas naturais, rurais, urbanas eperiurbanas, así como aqueloutras áreas de elevado valor ambiental e cultural, e incluso as paisaxesdegradadas, comprendendo así mesmo as zonas terrestres, marítimo-terrestres e as augas interiores.

O ámbito de aplicación da Lei é todo o territorio de Galicia, e así debe ser. Pero pensamos que isto éprácticamente inabarcable para unha asociación, para unha rede de asociacións xigante e incluso para aXunta de Galicia. Polo tanto, o análise, diagnose e xestión da paisaxe son tarefas que non se podenacometer sen unha participación masiva da cidadanía e das administracións locais.

De feito, pensamos que a vixilancia, xestión e protección da paisaxe non é posible sen a colaboración, mais ben un apadriñamento ou custodia do territorio, por parte dos veciños de cada lugar, como o que promove Patrimonio Galego (http://patrimoniogalego.net/).

E aquí está o problema, porque require unha formación, unha sensibilidade, unha concienzación e unhadedicación que non son frecuentes nin na cidadanía nin nas administracións.

2.2 A Metodoloxía do Catálogo

Non somos sabios competentes para xulgar a calidade do traballo. É unha materia muy específica, sobre aque parece que hai moitos enfoques posibles. Esperamos que entre o equipo de técnicos e funcionarios queelaboran o Catálogo e as Directrices haxa persoas co coñecemento e coa profesionalidade necesarias paraun traballo de calidade, e que teñan a boa vontade precisa para perseguir o ben común e resistir as fortespresións que se esperan do sistema, tanto dos responsables políticos como dos poderes económicos.

Con todo, hai tres asuntos que debemos comentar:

• Dado que a materia é moi específica, pode resultarnos complexa aos profanos que non recibamosantes un curso de formación básica. Volveremos sobre este asunto de seguido.

• Polo mesmo, no Catálogo bótase moi de falta un apartado de definicións, claro e completo, dosconceptos fundamentais. As poucas definicións e as moitas descricións dos conceptos estánesparexidas polo texto, as mais das veces en lugares pouco destacados, algunhas veces caseescondidas.

Non comprendemos esta ausencia, dado que a comprensión dos conceptos é imprescindible paraentender o texto e para participar no portal do IET, nos obradoiros, e nas alegacións.

• O Catálogo resultante, se ben profuso en explicacións técnicas e en exposición gráfica, parécenosmoi decepcionante e alarmante, segundo expoñemos no punto 2.6.

2.3 A información sobre o portal e os obradoiros de participación

Pensamos que a información sobre a elaboración do catálogo e a existencia do proceso participativo foi moiescasa e ineficaz por parte da Xunta, polo menos en canto ás asociacións de defensa do territorio e domedio ambiente e á cidadanía en xeral. Ningunha asociación da nosas Redes recibiu ningún aviso, eenterámonos casualmente dun obradoiro da 2ª fase, a das Directrices, por unha mensaxe electrónica dunhaasociación de xeógrafos.

Por outra parte, sabemos que a información sobre os obradoiros sofreu boicots selectivos (para asasociacións de defensa do medio ambiente) e chamadas selectivas (para os interesados na explotación dosrecursos do territorio) por parte de determinados concellos.

Catálogo das paisaxes de Galicia 9 de 65 2006.04.23

Page 10: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

2.4 A metodoloxía da participación pública

Teóricamente a participación pública no portal, nos obradoiros e nas alegacións tería como fin incorporar aopinión dos cidadáns, completar e mellorar a análise e diagnose da paisaxe e, polo tanto, completar emellorar o catálogo. Pero hai varios problemas:

• En primeiro lugar, unha participación eficaz require información previa, concienciación e unhaformación básica dos participantes. Habería dúas vías para isto:

◦ Documentación formativa na web da Xunta.

◦ Unha fase formativa nos obradoiros.

Isto precisaría máis traballo e moito máis tempo por parte das entidades que xestionaron o procesoe por parte dos participantes.

• En segundo lugar, unha participación eficaz require debate. A ferramenta informática do portalprovoca unha participación tipo test, con opcións prefixadas e sen ningún debate. Seguramente éun intento de promover unha grande participación e xestionar con facilidade e rapidez o resultado.Pero a ausencia de debate converte a participación nun acto frío e estéril, sen intercambio deexperiencias, e sen xeración colectiva de ideas nin de propostas.

• En terceiro lugar, a pesar da intención oficial, a participación foi escasa (punto seguinte).

• En cuarto lugar, a participación debe estar libre de todo condicionamento. A ferramenta informáticado portal e a ausencia de debate dá pé a inducir respostas convenientes para determinadosintereses que fan unha presión brutal sobre a xestión oficial do territorio.

• En quinto, que non último lugar, consideramos que o tratamento da paisaxe, como o do territorio,debe ser un proceso continuo e apadriñado por cidadáns concienciados, como diciamos ao comezo,e non se pode resolver con estas participacións puntuais e tan fugaces.

2.5 O alcance da participación pública

A memoria do Catálogo das paisaxes contén as seguintes declaracións:

2.3.3.3 Talleres de participación pública (páx. 27)

As limitacións impostas polos prazos e os recursos dispoñibles permitiron unha única sesión por cada Gran ÁreaPaisaxística (GAP), sumando así un total de doce talleres.

3. Resultados do proceso de participación pública (páx.89)

Á hora de analizar os resultados do proceso debe considerarse o elevado custe, en termos económicos etemporais, que conlevan sempre os procesos de participación.

Se ben estes talleres foron deseñados para a súa realización a nivel de comarca paisaxística, o prazo para aexecución dos traballos motivou a súa implementación final a nivel de área paisaxística, deixando os obradoiroscomarcais para a posterior exposición pública.

A esta escala a identificación de valores paisaxísticos é máis complexa e abstracta, e, sobre todo, resulta moicomplicado abarcar a totalidade da extensión territorial da área.

3.6.2 Conclusións (páx.104 ) (Resumo)

• 12 obradoiros, 1 para cada área paisaxística, (3 h teóricas; 1 h ou 1 h 30 min na realidade): 208 persoas.• 8 obradoiros específicos (2 ou 3 h de duración): 128 persoas.• 9 visitas a centros ou asociacións (1 h de duración): 41 persoas.Resultado: Localización de 1.051 lugares de interese paisaxístico, 251 áreas degradadas e 512 valores paisaxísticos.

• Plataforma web: 584 usuarios dos que 330 introduciron algún tipo de información.Resultado: localización de 2.096 lugares de interese paisaxístico, 407 áreas degradadas e 995 valores paisaxísticos (254 valores naturais, 253 valores culturais, 171 valores estéticos e 316 valores de uso).

Catálogo das paisaxes de Galicia 10 de 65 2006.04.23

Page 11: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

Consideramos moi sorprendente que cunha participación tan escasa (tendo en conta a extenxión doterritorio) e tan breve (tendo en conta a complexidade do asunto) se acade tal volume de resultados.Sentimos ter que dicir que unha participación así xestionada non nos ofrece credibilidade.

2.6 O risco da participación pública como ficción e coartada

Á vista do proceso seguido e dos resultados obtidos, consideramos que a participación pública tamén correo risco de ser unha ficción, polo escasa, polo pouco formada e por ser, ao parecer, intencionadamenteseleccionada nalgúns obradoiros. E tememos que poida servir de coartada ás administracións públicas paraaprobar certas determinacións favorables aos intereses económicos vinculados á explotación do territorio, edespois declarar, ante calquera oposición, que o desenvolvemento da Lei da Paisaxe se fixo con democraciaparticipativa. Incluso cunha democracia participativa nunca antes coñecida. Sabemos o argumento. Foiprofusamente empregado no caso do PXOM de Vigo, hoxe anulado polo Tribunal Supremo.

2.7 A ausenza de Avaliación Ambiental Estratéxica do Catálogo das Paisaxes de Galicia

O Catálogo das paisaxes de Galicia de 2016, igual que a proposta de ampliación da Rede Natura 2000 de2012, foi redactado sen incorporar a Avaliación Ambiental Estratéxica no seu proceso de elaboración.

Pensamos que o Catálogo constitúe un elemento de ordenación territorial que afecta á Rede Natura 2000 eaos restantes espazos naturais protexidos e que, polo tanto, existe unha dobre obrigación legal para o seusometemento á Avaliación Ambiental.

Pensamos, asimesmo, que isto impide unha correcta avaliación ambiental integral, alén dos aspectospaisaxísticos, do método de análise e diagnose, da declaración de LEIPs, AEIPs e AEAPs resultante, e dasalternativas posibles.

Cremos que a carencia de AAE impide, en definitiva, o correcto deseño do ordenamento, a xestión e aprotección das Paisaxes de Galicia.

Catálogo das paisaxes de Galicia 11 de 65 2006.04.23

Page 12: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

3. O RESULTADO

3.1 Unha superficie de AEIP moi escasa, equivalente ao 8,48 % do territorio de Galicia

O propio Catálogo declara:

Sendo conscientes das limitacións dos resultados obtidos, derivados da escala de traballo e da complexidadeda paisaxe galega, este catálogo pretende sentar as bases para a planificación, xestión e protección dapaisaxe de Galicia, establecendo criterios comúns e metodoloxías de análise para futuros traballos, estudos eplans a maior escala vinculados á paisaxe.

As limitacións dos resultados obtidos expóñense no cadro 3.1, e son limitados de verdade:

• As 207 AEIP seleccionadas polo Catálogo teñen unha extensión de 250.678 ha, o que supón o8,48 % do territorio de Galicia que, segundo as DOT, é de 29.575 km².

• As AEIP seleccionadas teñen unha extensión equivalente ao 64,35% da RN 2000 galega. Pero oconxunto dos Espazos Naturais Protexidos en Galicia debería ser polo menos 2,55 veces máis grandeque a RN 2000 actual (véxase o punto 5). E as AEIP deberían cubrir moito máis territorio, dado quedeberían abarcar todos os Espazos Naturais Protexidos e o Solo Rústico especialmente protexido,ademáis das paisaxes vinculadas ás cidades, aos demais asentamentos humanos, aos conxuntoshistóricos e ás infraestruturas (véxase o punto 6).

Nos punto 5 destas alegacións comentamos as nosas alegacións de 2012 á proposta de ampliación da RedeNatura 2000 realizada pola Xunta de Galicia:

• A Unión Europea viña reclamando unha ampliación significativa da RN 2000 galega.

• A proposta da Xunta supoñía ampliar a RN dende o actual 13,17% ao 15,2% do territorio de Galicia(un 1,54% de aumento).

• Nas nosas alegación de 2012 reclamamos que o conxunto dos Espazos Naturais protexidos deGalicia (RXENG, RN 2000 e outros espazos da RGEP) acadase como mínimo un terzo do territoriogalego, explicando as razóns.

• A Xunta non realizou nin sequera a ampliación contida na súa proposta, e non sabemos as razóns,dado que non deu ningunha explicación pública e as nosas alegacións non foron respondidas.

Cadro 3.1: Surperficie das AEIP propostas polo Catálogo

Grandes áreas paisaxísticas Fig Páx. Superficie das AEIP (ha)

I. Serras OrientaisII. Serras SurorientaisIII. Chairas e Fosas LuguesasIV. Chairas, Fosas e Serras OurensásV. Ribeiras Encaixadas do Miño e do SilVI. Costa Sur- Baixo MiñoVII. Galicia CentralVIII. Rías BaixasIX. Chairas e Fosas OccidentaisX. Golfo ÁrtabroXI. Galicia SetentrionalXII. A Mariña-Baixo Eo

242631222527252421131715

292930293218333628272825

63.65044.52111.43627.94424.47011.65322.70315.7032.089

10.16014.6361.713

Superficie total das AEIP do Catálogo - 250.678 ha

Superficie total de Galicia DOT de Galicia 1.3.1 páx. 42 29.575 km² (2,9575 x 106 ha)

Relación de superficie AEIP/Galicia - 8,48%

Catálogo das paisaxes de Galicia 12 de 65 2006.04.23

Page 13: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

Consideramos que este resultado é moi alarmante, dado que a nova Lei do Solo atribúe ás AEIP ádelimitación do Solo Rustico de Especial Protección Paisaxística.

A este respecto, é moi significativa a comparación dos mapas da Rede Natura 2000 e das AEIP do Catálogo,por unha parte, e dos mapas do Plan Eólico e do Plan Mineiro de Galicia, por outra. É unha perfectailustración dos intereses en xogo e da actitude das administracións.

3.2 As AEIP: Illas de paisaxe inconexas que deben transformarse en Rede

Ainda que o número e a extensión das AEIP fosen meirandes, o resultado revela, ao noso entender, atendencia do método de elaboración do catálogo a definir áreas de paisaxe ailladas, é dicir, illas de paisaxe,igual que a Rede Natura 2000 galega define Illas de Espazos Naturais teóricamente protexidos, peroinconexos, ao non dispor de corredores ecolóxicos que os interconecten como unha verdadeira Rede e osfagan, deste xeito, viables. Esta eiva da Rede Natura 200, e agora tamén do Catálogo das Paisaxes de Galicia,conculca a razón e a Lei do Patrimonio Natural e a Biodiversidade:

Ley 42/2007 PNBArtículo 47. Coherencia y conectividad de la Red.Con el fin de mejorar la coherencia ecológica y la conectividad de la Red Natura 2000, las Administraciones,teniendo en cuenta lo dispuesto en el artículo 15, fomentarán la conservación de corredores ecológicos y la gestiónde aquellos elementos del paisaje y áreas terrestres y marinas que resultan esenciales o revistan primordialimportancia para la migración, la distribución geográfica y el intercambio genético entre poblaciones de especiesde fauna y flora silvestres, teniendo en cuenta los impactos futuros del cambio climático.

Constatamos a importancia que a Lei 42/2007 lle outorga á paisaxe "para a migración, a distribuciónxeográfica e o intercambio xenético de poboacións de flora e fauna".

Non sabemos se existe o concepto corredor paisaxístico. Pero polo anteriormente exposto sabemos quedebe existir a súa realidade, non por motivos paisaxísticos, senón biolóxicos. E esta realidade son oscorredores ecolóxicos. E os corredores ecolóxicos son Espazos Naturais valiosos e, na nosa opinión, teñenvalor paisaxístico. Polo tanto, deben ser á vez Espazos Naturais protexidos e Áreas de Especial InteresePaisaxístico. AEIP que interconectan AEIP e forman unha Rede.

3.3 O risco dos Ámbitos de Especial Atención Paisaxística como coartada das infraestruturas

Hai outro feito moi alarmante: o risco da máis que probable utilización da figura de Ámbito de EspecialAtención Paisaxística para xustificar a integración de calquera tipo de nova industria ou infraestrutura encalquera tipo de espazo. De feito, tanto na Estratexia da Paisaxe Galega como no Catálogo se citan asestradas e autovías, as plantas acuícolas e os parques eólicos.

Non é o mesmo paliar os efectos dunha infraestutura preexistente, ou dunha nova infraestrutura necesariae inevitable, ou integrar unha infraestrutura que é necesaria e ten valor estético como paisaxe, que utilizar afigura de AEAP para xustificar a introdución de calquera nova infraestrutura, necesaria ou non, en calqueraespazo natural ou rústico valioso. E alertamos deste risco para que sexa tido en conta nas Directrices.

Catálogo das paisaxes de Galicia 13 de 65 2006.04.23

Page 14: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

4. A RELACIÓN ENTRE OS ESPAZOS NATURAIS E A PAISAXE, UNHA OPORTUNIDADE PARA VOLVERMOS REINVINDICAR A SÚA PROTECCIÓN

No ano 2012 a Xunta de Galicia someteu a exposición pública e alegacións unha proposta de ampliación daRede Natura 2000. A ampliación era obrigada, dada a esixencia, por parte da Unión Europea, de que aexigua RN 2000 galega acadase a extensión de territorio necesaria para cumprir coa súa misión, ou sexa,presevar espazos naturais, ecosistemas, fauna e flora valiosos que en Europa son escasos.

Pero a ampliación proposta era case tan limitada como a Rede Natura 2000 de partida. E aínda así non selevou a cabo. E as nosas alegacións nunca foron respondidas.

Por outra parte, a especial relación entre a saúde dos espazos naturais e a calidade da paisaxe dá lugar aoseguinte artigo da Lei:

Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de GaliciaArtigo 12º.- Plans de acción da paisaxe en áreas protexidas.A Xunta de Galicia elaborará plans de acción para a protección, xestión e ordenación da paisaxe naquelesterritorios declarados como espazos protexidos segundo o disposto na normativa galega vixente en materia deconservación da natureza.

Este artigo da lei da paisaxe indícanos un camiño posible e moi práctico para a clasificación e proteccióncautelar inmediata, sen necesidade dun gran traballo previo de análise e diagnose, dunha extensión deterritorio que, ainda que insuficiente, e cinguida tan só aos espazos naturais e ao solo rústico, é unhaextensión considerable e, dende logo, moi superior á dos espazos resultantes do Catálogo.

• Ésta é a base da nosa proposta, que expoñemos no punto 6.

• Este é, ademais, un medio de presentarlle de novo as nosas alegacións á Xunta de Galicia,reclamándolle tanto a súa consideración como a debida resposta.

Por ámbalas dúas razóns consideramos necesario reiterarlle á Xunta de Galicia algunhas consideraciónsexpresadas nas nosas alegación de 2012 á proposta de ampliación da Rede Natura 2000.

Catálogo das paisaxes de Galicia 14 de 65 2006.04.23

Page 15: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

5. A ESCASEZA DE ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS EN GALICIATexto extraído e actualizado das nosas alegacións á proposta de Ampliación da RN 2000 da XG en 2012

5.1 Os espazos naturais protexidos en Galicia son moi escasos en comparación co valor ambiental do territorio

Biodiversidade e hábitats en Galicia

Galicia alberga unha media de 17,4 tipos de hábitats de interese comunitario por cada 100 km 2, dos queunha alta proporción son hábitats prioritarios. Esta media é máis do dobre da do conxunto da penínsulaibérica, que se sitúa en 8,3 hábitats/100 km2. Galicia é a terceira comunidade do estado en número total detipos de hábitats de interese comunitario (só por detrás de Cataluña e Andalucía).

A relación de LIC (hoxe ZEC) en Galicia foi considerada insuficiente pola Comisión Europea (Decisións2004/813/CEE e 2006/613/CE), quen determinou a necesidade de mellorar, no estado español, arepresentatividade de determinados tipos de hábitats, dos que Galicia conta cos tipos prioritariosQueirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e E. tetralix (Nat-2000 4020*);Turbeiras altas activas (Nat-2000 7110*), así como o hábitat de interese comunitario asociado a estes, osMires de Transición (Nat-2000 7140), Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Nat-200091E0*) e os Prados de sega de baixa altitude (Nat-2000 6510).

O propio Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural-IBADER, que asina a proposta,manifesta, tras a realización de diversos estudios:

"Tendo en conta os datos existentes para o conxunto do territorio español, Galicia é a terceira ComunidadeAutónoma do estado en número total de hábitats, así como naqueles tipos prioritarios. Ademais conta con 4hábitats de interese comunitario inventariados soamente dentro do territorio galego, que son o Nat2000 1220-Vexetación perenne de coídos, o Nat2000 7120 - Turbeiras altas degradadas, Nat2000 8240* -Pavimentoscalcarios e o Nat2000 91F0 - Bosques mixtos das veigas dos grandes ríos” (2008, Os hábitats de IntereseComunitario en Galicia. Descrición e valoración territorial, p.89).

"Tendo en conta a distribución dos tipos de hábitats de interese comunitario nas diferentes ComunidadesAutónomas do territorio español, obsérvase destacada a Cataluña, cun número sensiblemente superior aoresto de comunidades españolas, incluíndo un total 93 hábitats de interese comunitario dos que 23 sontipificados como prioritarios. Seguindo a Cataluña atópanse Andalucía en segundo lugar, e Galicia en terceiro,con 75 e 72 hábitats de interese comunitario respectivamente. Cabe salientar o caso de Galicia polaimportante diversidade de hábitats que mostra, tendo en conta que se atopa practicamente por completodentro do dominio bioxeográfico atlántico e conta cunha extensión máis reducida que outras ComunidadesAutónomas como Andalucía ou Castela e León” (2008, p.81).

"A elevada diversidade galega de hábitats do Anexo I da DC 92/43/CEE é tamén apreciable observando a súadistribución por cuadrículas UTM de 100 Km2. A media de tipos en Galicia situaríase en 17,4 hábitats/100Km2, máis do dobre do valor obtido para a Península Ibérica (8,2 hábitats/100 Km 2) de acordo coainformación da Axencia Europea do Medio Ambiente (EEA). (...) Débense sinalar aquelas cuadrículas UTM nasque se superan os 35 hábitats de interese comunitario, xa que unicamente é posible atopalas en Galiciadentro do estado español. Contabilízanse cinco destas cuadrículas, catro delas na provincia de A Coruña eunha na de Lugo" (2008, p. 91).

A Rede Natura 2000 actual en Galicia (actualizado a 2014.03.31)

A pesar dos datos anteriores, a Rede Natura actual abrangue tan só o 13,17% da superficie terrestre deGalicia (o 6,42% do territorio da Coruña, o 17,45% do de Lugo, o 18,68% do de Ourense e o 7% do dePontevedra). A media estatal entre comunidades é do 24,5%. O conxunto do Estado aporta á Rede o 27,2%do seu territorio, e a Comisión Europea solicitou a súa ampliación.

A isto hai que engadir dúas circunstancias:

• Non existe en Galicia ningún espazo clasificado como Reserva Natural.• O Plan Director Da Rede Natura 2000 aprobado o 31 de marzo de 2014 establece nos seus artigos

16 a 18 a seguinte Zonificación das ZEC e das ZEPA:

Catálogo das paisaxes de Galicia 15 de 65 2006.04.23

Page 16: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

Superficie RN Zona 1Protección

RN Zona 2Conservación

RN Zona 3Uso Xeral

RN 2000Total

Galicia

En ha 102 721 263 310,2 23 535,7 389 565,9 2,957 5 x 106

En % da RN 2000 26,37 67,59 6,04 - -

En % de Galicia 3,47 8,9 0,8 13,17 -

A descrición de cada zona é a seguinte:

Plan Director Da Rede Natura 2000 de Galicia - 2012

Artigo 16. Zona 1: Área de Protección (Usos tradicionais compatibles)

A Área de Protección estrutúrase sobre territorios cun valor de conservación moi alto, constituídos por unha por-ción significativa de hábitats prioritarios ou hábitats de interese comunitario ou ben de núcleos poboacionais ehábitats de especies de interese para a conservación (especies dos anexos II e IV da Directiva 92/43/CEE, especiesde aves migratorias e aves do anexo I da Directiva 2009/147/CE, especies incluídas no Catálogo español de espe -cies ameazadas e no Catálogo galego de especies ameazadas).

A configuración destas zonas e, consecuentemente, a súa biodiversidade, está ligada ao mantemento dos usos tra-dicionais compatibles que posúen un elevado grao de compatibilidade co mantemento dos compoñentes, a estru-tura e o funcionamento dos ecosistemas.

Artigo 17. Zona 2: Área de Conservación (Aproveitamento ordenado dos recursos naturais)

A Área de Conservación inclúe territorios cun valor de conservación alto e medio, cunha porción variable de hábi -tats do anexo I da Directiva 92/43/CEE, cunha elevada naturalidade e diversidade, que mostran, xeralmente, unhamaior representación territorial dos hábitats de interese comunitario fronte aos de carácter prioritario, ou ben,unha porción significativa das áreas prioritarias das especies silvestres de flora e fauna de interese para a conser-vación. Diferéncianse, non obstante, porque estas unidades se integran nun territorio cun nivel importante de hu-manización, no cal existe unha porción tamén significativa de hábitats de interese comunitario, cuxa composición,estrutura e dinámica está intimamente ligada ao mantemento dos sistemas de aproveitamento tradicional.

Nestas áreas regúlanse as actividades non tradicionais que poidan levar consigo unha mingua ou diminución doestado de conservación dos hábitats e das poboacións de especies de flora e fauna de interese para a conserva -ción, co obxectivo fundamental de conseguir o aproveitamento ordenado dos recursos naturais.

Artigo 18. Zona 3: Área de Uso Xeral (Asentamentos e núcleos rurais)

A Área de Uso Xeral abrangue territorios cun valor de conservación medio ou baixo nos cales predominan os me -dios seminaturais cunha reducida naturalidade e medios sinantrópicos desvinculados, na maioría dos casos, dossistemas de explotación tradicional dos recursos naturais. Inclúense tamén dentro desta zona as áreas cun impor-tante nivel de urbanización, así como grandes áreas destinadas ao uso público. A xestión destas zonas debe orien-tarse a evitar a fragmentación e o illamento das zonas de maior valor.

Na Zona 3 inclúense os asentamentos e núcleos rurais que teñan a dita condición conforme a normativa estatal eautonómica en materia de ordenación do territorio e urbanismo.

Así mesmo, tamén abrangue as zonas de dominio público das infraestruturas de comunicación de titularidade es-tatal, autonómica, provincial ou local.

En consecuencia, na planificación de cada espazo protexido, a Zona 3 debe ser capaz de absorber a maior partedas actividades de carácter recreativo, co fin de reducir a presión destas sobre as áreas que posúen hábitats ou es -pecies cunha elevada fraxilidade.

Deste xeito, a verdadeira Área de Protección que outorga a Rede Natura é a Zona 1, que abrangue tan só o3,47 % do territorio de Galicia. A Zona 2 se vincula con actividades de explotación tradicionais, pero admiteactividades non tradicionais reguladas. A Zona 3 admite actividades de explotación non tradicionais einfraestruturas e, así tratada, semella máis ben unha Zona Periférica de Protección das que establece a Leido Patrimonio Natural e da Biodiversidade, e que non forman parte real da Rede Natura:

Catálogo das paisaxes de Galicia 16 de 65 2006.04.23

Page 17: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

Lei (estatal) 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.Artículo 38. Zonas periféricas de protección.En las declaraciones de los espacios naturales protegidos podrán establecerse zonas periféricas de protección des-tinadas a evitar impactos ecológicos o paisajísticos procedentes del exterior. Cuando proceda, en la propia normade creación, se establecerán las limitaciones necesarias.

Alén de moi escasa, a Rede Natura galega está moi desequilibrada entre provincias. Sorprende o seu escasodesenvolvemento na Coruña e Pontevedra. Os estudos realizados polo IBADER amosan que a provincia deLugo presenta o maior número de hábitats de interese comunitario de entre as 4 provincias, o que podeexplicar a seu peso relativo, pero Ourense é a provincia co menor número de hábitats no territorio galego, eé a que aporta máis porcentaxe do seu territorio á Rede.

5.2 A ampliación proposta pola Xunta de Galicia en 2012 para a Rede Natura 2000 é insuficiente

Coa ampliación proposta, a Rede Natura acadaría o 15,2% da superficie terrestre de Galicia (o 9% doterritorio da Coruña, o 20,5% do de Lugo, o 19,2% do de Ourense, e o 8% do de Pontevedra).

A ampliación segue situando a Galicia moi por debaixo do conxunto do estado, e mantén o desequilibrioentre provincias, se ben se invirte a situación entre Lugo e Ourense, e entre Coruña a Pontevedra, enporcentaxe de territorio aportado.

A proposta xustifica a ampliación indicando que, con ela, Galicia superaría a 12 países da UE, entre eles,Dinamarca, Paises Baixos e Bélxica, en territorio aportado á Rede Natura. Pero a Península Ibéricacaracterízase pola súa rica biodiversidade e pola presenza de multitude de hábitats únicos e exclusivos deEuropa. E os países citados están extensamente artificializados e non se caracterizan precisamente porpresentar unha ampla diversidade de hábitats e especies endémicas. Utilizalos como referencia reflicte aínfima porcentaxe de territorio protexido que se propón no documento.

Consideramos que, dado o valor ambiental do territorio galego, a superficie dos espazos naturais protexidosen Galicia debería superar a media estatal, e acadar alomenos un terzo (33,33 %) da súa superficie terrestrecontinental. Supoñemos que os espazos mariños protexidos deberían acadar unha extensión parella.

Isto representa 2,55 veces a superficie actual da Rede Natura galega. O equivalente teórico nas catroprovincias sería 5,19 veces a superficie actual na Coruña, 1,9 veces en Lugo, 1,78 veces en Ourense e 4,76veces en Pontevedra. Pero a distribución real deste aumento debería ser ponderada e adaptada aoshábitats existentes no territorio de cada provincia.

Non se trata dun aumento desmesurado. Trátase de que o nivel de protección actual é desmesurada-mente baixo. Á luz destes datos, a proposta da Dirección Xeral de Conservación da Natureza de 2012 é tanescasa que resulta incomprensible.

Incluso contando con que a protección dos espazos naturais do territorio galego se acadaría pola suma daRede Natura 2000 e os restantes espazos da Rede Galega de Espazos Protexidos, insistimos en que oconxunto debería acadar, como mínimo, un terzo do territorio. Lembremos que a media do conxunto doestado, cunha inferior riqueza en hábitats, acada o 27,2 %.

E pesamos que habería que facer o propio coas áreas mariñas segundo a súa riqueza biolóxica.

Pero para isto é necesaria unha conciencia clara do valor do medio como soporte de toda vida, comovínculo identitario, como legado interxeracional, como fonte de emprego sustentable e como inversión vital,cultural e socioeconómica a corto, medio e longo prazo.

Catálogo das paisaxes de Galicia 17 de 65 2006.04.23

Page 18: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

5.3 A ampliación da Rede Natura 2000 debe incluir a superficie do Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia de 1991

A ampliación debe contar coa superficie incluída no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia, quecontén hábitats de interese comunitario, e cuxos espazos contan dende 1991 cunha protección legal queprohíbe neles todo tipo de edificación, permitindo só a “explotación racional dos recursos vinculados aomedio que non atente contra os valores esenciais que se protexen”.

A historia do Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia

En 1989 aparece a lei estatal 4/89, do 27 de marzo, sobre conservación dos espazos naturais da flora efauna silvestre. Esta lei, segundo o seu preámbulo, tenta establecer as medidas necesarias para garantir aconservación

“... atendiendo preferentemente a la preservación de los hábitat, y se trasponen al ordenamiento jurídicoespañol las Directivas de la Comunidad Económica Europea sobre protección de la fauna y de la flora”.

Como aplicación en Galicia aparece o decreto 82/1989 do 11 de maio, que regula a figura de espazo naturalen réxime de protección xeral. Este decreto é emitido pola Consellería de Agricultura da Xunta de GonzálezLaxe e crea o Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia.

Coa publicación da Orde do 3 de abril de 1991, a Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas(José Cuiña) disponse a entrada en vigor dos proxectos de revisión das Normas Complementarias eSubsidiarias de planeamento das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Estas normas entraronen vigor segundo resolución desa consellería do 10 de xaneiro de 1990 e foron publicadas nos DOG núm.13, 15, 16, 17, 18, e 20, do 18, 22, 23, 24, 25, 26, e 29 de xaneiro respectivamente, e incluían a definición,cartografía e normativa dos espazos naturais protexidos pertencentes ao Rexistro Xeral de Espazos Naturaisde Galicia. O artigo 28 desas normas determina os usos prohibidos e permitidos nos espazos naturais:

“No ámbito de aplicación desta norma non se autorizará a construción de ningunha clase de edificación,permitíndose a explotación racional dos recursos vinculados ao medio que non atente contra os valoresesenciais que se protexen”.

A Rede Natura 2000

A Rede Natura 2000 é creada segundo a directiva 92/42/CEE do Consello, de 21 de maio de 1992, relativa áconservación dos hábitats naturais de fauna e flora silvestre (Directiva Hábitats). Pola súa proximidade notempo, os traballos de definición dos espazos incluídos no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galiciativeron que ter forzosamente en conta os criterios de selección aportados pola Directiva Hábitats. A lei9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, (Manuel Fraga), articula de xeito novo os espazosnaturais, creando a Rede Galega de espazos protexidos, partindo de cero e sen definir qué sucede co antigoRexistro.

A Resolución do 30 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Diario Oficial deGalicia número 95, do 19 de maio) dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da cartografía onde serecollen os límites dos 73 espazos naturais declarados zonas de especial protección dos valores naturaispolo Decreto 72/2004, do 2 de abril (Diario Oficial de Galicia número 69, do 12 de abril). Neste decretoaparece a proposta de LICs e ZEPAs para formar parte da Rede Natura 2000, declara estes mesmos espazoscomo Zonas de especial protección dos valores naturais ZEPVN e os fai entrar na Rede Galega de EspazosProtexidos. Segue sen aparecer por ningures o Rexistro nin os espazos nel citados.

Coa Decisión da Comisión de 7 de decembro de 2004 (DOCE L387 de 29/12/2004), a Comisión Europeaaproba os LICs e ZEPAs propostos, que entran a formar parte da Rede Natura 2000.

Catálogo das paisaxes de Galicia 18 de 65 2006.04.23

Page 19: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

A evolución e a situación actual dos espazos do Rexistro

A día de hoxe, tanto os espazos do Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia como os da Rede Galega deespazos protexidos atópanse nun estado moito máis degradado que no momento da súa declaración.Existía un prazo máximo de seis anos para a implementación de plans reitores que dirixiran a conservacióndos espazos e os seus valores naturais e así acadar a consideración de ZEC (Zona de Especial Conservación).Este paso tardou case 12 anos en darse. Durante todo este tempo non se aplicou, e ainda agora non seaplica, o principio de precaución ante actividades humanas que están deteriorando, nalgúns casos moigravemente, o estado natural nas zonas que nominalmente se pretende protexer.

Sen embargo, a maioría das áreas do Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia excluídas da Rede Naturaseguen existindo e mantendo a calidade ambiental necesaria para ser incluídas na ampliación dos espazosda Rede Natura xa existentes, ou como novas incorporacións. O Suido, a serra da Groba e o Argallo, osMontes do Morrazo ou a Carballeira de Coiro son exemplos de zonas nas que existen hábitats de interesecomunitario e hábitats considerados como prioritarios, e que deben formar parte da Rede Natura para nonhipotecar ecolóxicamente o porvir dunha parte importante do patrimonio natural galego, e para nondeixalo nas gadoupas da especulación urbanística e industrial. De feito, pódese analizar zona por zona osporqués da non inclusión destes espazos na Rede Natura, e atópanse claros e demostrables interesesespeculativos: canteiras, parques eólicos, piscifactorías, urbanización do litoral.

O Rexistro Galego de Espazos Protexidos é necesario, pero non é suficiente

A superficie aportada polo Rexistro Galego de Espazos Protexidos é necesaria para ampliar a Rede Natura,pero non é suficiente para acadar a protección dun terzo do territorio galego que consideramos necesaria.

5.4 A Rede Natura 2000 de Galicia non constitúe unha verdadeira rede, pois carece de corredores ecolóxicos protexidos

É preciso desenvolver ou restablecer axeitadamente os corredores ecolóxicos, tal e como se recolle noapartado 7.2.2. das Directrices de Ordenación do Territorio, tento en conta os cursos fluviais, as áreas demontaña e outros posibles elementos lineais que sirvan de enlace entre diferentes formacións ecolóxicas, eque han de seren clasificados, tamén, como espazos protexidos.

No texto (2012) cítase o concepto "corredor" unicamente en catro ocasións, facendo referencia en exclusivaa cursos fluviais, e a figura 26 (2012) permite constatar o escaso desenvolvemento dos corredoresecolóxicos na proposta (2012), o que pon en risco a conectividade ecolóxica e a viabilidade biolóxica,mantendo os problemas de fragmentación dos hábitats.

Para que a Rede Natura sexa realmente coherente na Galiza e como o seu proprio nome indica, deberíafacerse un esforzo adicional na procura de intercomunicar cada un dos LICs ao amparo do artigo 10 daDirectiva 92/43/CEE do Consello do 21 de maio.

Entendemos que, para acadar ese fin, non debería ser necesario que os elementos da paisaxe que se aludenneste artigo teñan que albergar necesariamente algún tipo de hábitat de interese comunitario, poisabondaría con que cumprisen o obxectivo de facilitar a migración, a distribución xeográfica e o intercambioxenético das especies silvestres.

Catálogo das paisaxes de Galicia 19 de 65 2006.04.23

Page 20: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

6. PROPOSTA XERAL

6.1 Base da proposta

• Consideramos que os espazos naturais seguen sendo os elementos máis importantes da paisaxe.

• Consideramos, asimesmo, que xeralmente hai unha relación directa entre a calidade e saúde dosespazos naturais e a calidade da paisaxe.

• E pensamos que isto depende da beleza da súa xeomorfoloxía, da biodiversidade da súa flora efauna, dos endemismos que acubillen, do valor cultural, diversidade e sustentabilidade dasactividades que neles desenvolvan os seres humanos no aproveitamento dos seus recursos, e nariqueza do patrimonio etnográfico, arqueolóxico, histórico e inmaterial que neles vaian deixando oseres humanos.

• Polo tanto, consideramos que, por principio, deben protexerse todos os espazos naturais e ameirande parte do solo rústico do País como paisaxe, pois é condición necesaria, ainda que nonsexa suficiente, para a protección do territorio e das paisaxes de Galicia.

• E pensamos que a actual clasificación dos espazos naturais e do solo rústico permite acometer a súaprotección de xeito inmediato. Isto evitaría a degradación irreversible de moitos espazos valiosos, epermitiría gañar tempo para desenvolver os estudos científicos e a concienciación social necesariospara unha protección racional e eficaz do territorio.

En consecuencia, facemos a proposta que sigue.

6.2 Declaración de AEIP para os 126 espazos naturais comprendidos no Rexistro Xeral de Espazos Naturaisde Galicia de 1991

Sistema de Informacion de Ordenación do Territorio e Urbanismo de Galiciahttp://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/

• A Coruña: 51 espazos naturais• Lugo: 26 espazos naturais• Ourense: 21 espazos naturais• Pontevedra: 28 espazos naturais

6.3 Declaración de AEIP para os 75 espazos naturais que constitúen a Rede Natura 2000 e para os espazosdeclarados ZEPVN en espera da actualización de límites da Rede Natura 2000

• 59 ZEC• 16 ZEPA• Espazos ZEPVN en espera

6.4 Declaración de AEIP para os 28 espazos da Rede Galega de Espazos protexidos que non forman parte da Rede Natura 2000

• 1 parque nacional • 6 parques naturais • 2 paisaxes protexidas • 8 monumentos naturais • 5 humidais protexidos • 6 reservas da biosfera

Catálogo das paisaxes de Galicia 20 de 65 2006.04.23

Page 21: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

6.5 Declaración de AEIP para os 23 espazos reclamados nas alegacións de Galiza Non Se Vendeá proposta de ampliación da Rede Natura 2000 en 2012

1) Ampliación de 7 LIC (hoxe ZEC) existentes en 2012: 7 ZEC

• ZEC Estaca de Vares• ZEC Ortigueira-Mera• ZEC Cabo Udra• ZEC Costa da Vela• ZEC Enseada de San Simón• ZEC Illas Estelas – Monteferro• ZEC Gándaras de Budiño

2) Ampliación de 4 LIC (hoxe ZEC) existentes ata acadar unha superficie superior á da ampliación proposta pola Xunta de Galicia en 2012, que é insuficiente: 5 ZEC

• ZEC Costa Ártabra• ZEC Fragas do Eume• ZEC Xuvia-Castro• ZEC Betanzos-Mandeo• ZEC A Ramallosa (Foz do Miñor)

3) Creación de 4 novas ZEC propostas como LIC pola Xunta de Galicia en 2012, perocunha superficie superior á proposta pola Xunta, que é insuficiente: 4 ZEC

• ZEC Esteiro do Rio Baxoi• ZEC Rio Belelle• ZEC Rio Sor• ZEC Rio Baleo

4) Creación de 5 novas ZEC non incluidas na proposta da Xunta de Galicia de 2012: 5 ZEC

• ZEC Ria de Ferrol• ZEC Encoro das Forcadas (Valdovino)• ZEC Montes e carballeiras do Morrazo• ZEC Xunqueira do Lagares• ZEC Rio Tea

5) Creación da nova ZEC Serra da Groba, proposta como LIC pola Xunta de Galicia en2012, pero cunha superficie superior á proposta pola Xunta, que é insuficiente: 1 ZEC

(Alegación solidaria de 40 redes e asociacións en 2012).

6) Creación da nova ZEC Serra do Galiñeiro, non incluida na proposta da Xunta deGalicia en 2012: 1 ZEC

(Alegación solidaria de 40 redes e asociacións en 2012).

6.6 Declaración de AEIP para todos os lugares e espazos de Galicia clasificados pola Lei do Solo comoSolo Rústico de Especial Protección: espazos naturais, agrarios, gandeiros, forestais, de augas, decostas ou con valores culturais e patrimoniais asociados

• Solo Rústico de Especial Protección de espazos naturais

• Solo Rústico de Especial Protección agropecuaria (1)

• Solo Rústico de Especial Protección forestal (2)

• Solo Rústico de Especial Protección de augas

• Solo Rústico de Especial Protección de costas

• Solo Rústico de Especial Protección patrimonial (3)

Catálogo das paisaxes de Galicia 21 de 65 2006.04.23

Page 22: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

(1) Consideramos que os ámbitos agrarios e gandeiros tradicionais con calidade de paisaxe cultural sonAIEP de seu.

As concentracións parcelarias e a agricultura industrial son elementos negativos. Sen embargo, todoámbito agrogandeiro posúe valores paisaxísticos. Polo tanto:

• Se os valores naturais ou ecolóxicos, patrimoniais ou culturais, estéticos ou panorámicos doámbito compensan o seu mal uso, o espazo debe seguir considerándose AEIP.

• Se o mal uso estraga os restantes valores, o espazo debe ser considerado Ámbito de EspecialAtención Paisaxística mentras non se acade a súa recuperación mediante usos agrogandeirostradicionais, proporcionados á potencialidade do medio e integrados nel.

O territorio non ten por que sufrir de xeito irreversible os erros dunha xeración de seres humanos.

(2) Consideramos que os bosques e fragas de especies autóctonas diversas, propias de cada lugar, e oscultivos de especies arbóreas autóctonas en montes con aproveitamento multifuncional, son AIEPde seu.

O monocultivo forestal de especies alóctonas é, en principio, un factor negativo. Sen embargo, todoámbito forestal posúe valores paisaxísticos. Polo tanto:

• Se os valores naturais ou ecolóxicos, patrimoniais ou culturais, estéticos ou panorámicos doámbito compensan o seu mal uso, o ámbito debe seguir considerándose AEIP.

• Se o mal uso estraga os restantes valores, o espazo ámbito debe ser considerado Ámbito deEspecial Atención Paisaxística, mentras non se acade a súa recuperación mediante o cultivo deespecies autóctonas e o regreso a un aproveitamento multifuncional do monte.

(3) Estes ámbitos deben incluir a contorna dos xacementos arqueolóxicos e a contorna das covas ecavidades que teñan valor hidro-xeo-bio-morfolóxico, arqueolóxico, histórico, etnográfico oucultural, ou que leven asociado un patrimonio inmaterial. As contornas destes elementosconstitúen ámbitos de territorio e paisaxe imprescindibles para a contextualización dos seus valorese para a súa preservación.

6.7 Declaración de AEIP para os 90 ámbitos relacionados no POL como Espazos de Interese Paisaxístico

Esta proposta é extensiva a aqueles dos 169 núcleos de identidade do litoral e dos 875 areais cuxos valores osfagan declarables AEIP, ben como espazos propios ou como ámbitos integrados en AEIP mais extensas.

Tramo de costa Espazos de interesepaisaxístico

Núcleos de identidadedo litoral

Areais

Mariña Lucense 8 7 63

Rías Altas 20 16 92

Golfo Ártabro 8 26 74

Arco Bergantiñán 9 6 31

Costa da Morte 25 37 101

Rías Baixas 20 66 500

Costa Sur 2 11 14

Total 90 169 875

Catálogo das paisaxes de Galicia 22 de 65 2006.04.23

Page 23: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

6.8 Declaración de AEIP para todos os corredores ecolóxicos entre os Espazos Naturais Protexidos

Facemos esta proposta de acordo co xa expresado no punto 3.2, que lembramos e resumimos aquí.

• A Rede de Espazos Naturais Protexidos debe ser unha verdadeira Rede para ser viable, é dicir, osseus Espazos Naturais han de estar interconectados por corredores ecolóxicos que, á sua vez, sexanEspazos Naturais protexidos.

• Consideramos que todos os Espazos Naturais Protexidos deben ser declarados AEIP, polas razónsdescritas en 6.1.

• E os corredores ecolóxicos deben ser declarados AEIP por dúas razóns:

◦ Por seren Espazos Naturais Protexidos.

◦ Porque os seus valores como paisaxe son necesarios para a súa función de corredoresecolóxicos.

6.9 Declaración de AEAP para todos os lugares e espazos de Galicia clasificados pola Lei do Solo como SoloRústico de Especial Protección de Infraestruturas

Entendemos que os AEAP teñen dúas funcións:

• Integrar na paisaxe aquelas infraestruturas que son necesarias e, que por algún golpe de sorte,teñen un deseño excelente, capaz de transformarse nun valor paisaxístico.

• Paliar, como mal menor, o impacto paisaxístico de infraestruturas preexistentes, ou de novasinfraestruturas das que se demostre de xeito indubidable que son inevitables, polo necesarias.

Pero temos que volver a citar aquí o risco mencionado no punto 3.3: a máis que probable utilización dafigura de Ámbito de Especial Atención Paisaxística para xustificar a integración de calquera tipo de novaindustria ou infraestrutura, necesaria ou non, en calquera espazo natural ou rústico valioso. E alertamosdeste risco para que sexa tido en conta nas Directrices.

6.10 A necesidade dun Catálogo aberto, en constante elaboración, e a custodia da paisaxe polos veciños de cada lugar

O propio Catálogo declara:

A premisa básica para o deseño da metodoloxía foi acadar un procedemento facilmente reproducible,coa idea de que o catálogo fose un instrumento aberto e dinámico, no que os seus resultados e produtospuidesen ser actualizados e mellorados de forma continua. Isto non foi óbice para deseñar unhametodoloxía rigorosa e cunha base científica desenvolvida, tal e como se xustifica na revisiónbibliográfica que acompaña a cada unha das técnicas empregadas.

Non sabemos se o período de actualización e mellora continua do catálogo se refire ao período da súaelaboración, ao período de elaboración de todos os instrumentos de ordenamento, xestión e protección dapaisaxe, ou a unha actualización permanente do catálogo.

Consideramos que esta última opción -un documento permanentemente aberto e actualizado-, xunto coavixilancia e coidado da paisaxe por parte dos veciños de cada lugar é a solución adecuada.

Como primeiro paso, cremos que durante a tramitación das Directrices da Paisaxe debe manterse aberta aaportación de suxerencias en canto a posibles LEIP, AEIP e AEAP.

Catálogo das paisaxes de Galicia 23 de 65 2006.04.23

Page 24: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

Catálogo das paisaxes de Galicia 24 de 65 2006.04.23

Page 25: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

Proposta Específica 1.O MORRAZO

AEIP

A proposta xeral destas alegacións se concreta no Morrazo na declaración como AEIP de:

• Os espazos comprendidos no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia e clasificados como SoloRústico de Especial Protección de Espazos Naturais nas Normas Complementarias e Subsidiairias dePlaneamento da Provincia de Pontevedra, é dicir: Montes do Morrazo, Coto Redondo, Carballal(Carballeira) de Coiro, Mar de San Simón, Barra-Cabo Home e Punta Udra.

• Os espazos clasificados como Solo Rústico de Especial Protección, sexa como Espazo Natural (se existealgún que non estea incluido no RXENG), Agropecuaria, Forestal, de Augas, de Costas ou Patrimonial.

AEAP e LEIP

Aquí solicitamos, ademais, a calificación de AEAP para determinados lugares degradados que precisanrecuperación, e a calificación de LEIP para determinados lugares valiosos que, ou están integrados nas AEIPssolicitadas e reforzan a nosa proposta, ou merecen ser integrados nalgunha delas.

AEAP

No Morrazo procede solicitar a clasificación de Ámbito de Especial Atención Paisaxística (AEAP) para ascontornas de varios dos ámbitos para os que solicitamos a clasificación de AEIP: Os altos de Coto do Home (624metros sobre o nivel do mar) e Faro de Domaio (622 metros sobre o nivel do mar), as dúas cotas máis altas dapenínsula morracense, miradoiros naturais coas máis amplas vistas sobre as rías de Vigo e Pontevedra,integrados dentro de solo rústico de especial protección de espazos naturais no espazo natural dos Montes doMorrazo polas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da provincia de Pontevedra, e que naactualidade:

• están saturados de antenas de telecomunicacións e torretas con cableado aéreo de alta tensión eléctrica.

• están ameazados ao seu carón polo proxecto de parque eólico de Pedras Negras, incluido dentro daResolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parqueseólicos seleccionados ao abeiro da Orde de 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW depotencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia.

• están ameazados polos permisos de extracción de granito ornamental a nome de Miñán, de novecuadrículas mineiras, e Os Pedrouzos, de 14 cuadrículas mineiras, convocados a concurso público polaOrde do 7 de febreiro de 2013 da Consellería de Economía e Industria, como terreos francos resultantesda caducidade de dereitos mineiros correspondentes á provincia de Pontevedra.

Solicitamos tamén a clasificación de AEAP:

Para a contorna de Outeiro de Campolongo-Monte Cernello, no Concello de Marín, que cunha máxima cota de418 metros de altitude sobre o nivel do mar, fai de miradoiro natural sobre a ría de Pontevedra, dentro de solorústico de especial protección agropecuaria, forestal e patrimonial, e que

• está afectado na actualidade pola saturación de antenas de telecomunicacións e torretas con cableadoaéreo de alta tensión eléctrica.

Para a contorna de Mesa de Montes que, formando parte da Serra da Madalena, no Concello de Cangas, dentrode solo rústico de especial protección forestal, coa súa cota máis no alto de Carballido, sobre os 332 metrossobre o nivel do mar, é un miradoiro natural con amplas panorámicas sobre a ría de Vigo e a Enseada de Aldán, e

• está afectado pola instalación dunha estación base con antenas de telecomunicacións.

Para a contorna naturalizada da Lagoa da Congorza, dentro de solo rústico de especial protección de espazosnaturais Barra-Cabo Home, no concello de Cangas, integrada no Inventario de Zonas Húmidas de Galicia, degrande valor natural e paisaxístico a nivel costeiro, e que

• está afectada na actualidade polos verquidos de augas residuais a cusa da proximidade de vivendas e domal ou nulo funcionamento da EDAR municipal.

PE1. O Morrazo 25 de 65 2016.04.23

Page 26: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

Para a contorna da Poza da Moura, no Concello de Moaña, dentro de solo rústico de especial protección deespazos naturais do espazo natural dos Montes do Morrazo, que

• está afectado polo proxecto de urbanización do campo de golf e polo proxecto de desdobramento docorredor de alta capacidade do Morrazo.

Para o Alto da Esculca en Ermelo, no Concello de Bueu, dentro de solo rústico de especial protección forestal,que cos seus 411 metros de cota máxima fai de miradoiro natural sobre a ría de Pontevedra, e que naactualidade

• está afectado pola masificación de antenas de telecomunicacións.

E para o Monte de Cabalo e o Monte da Croa-Castro de Acuña, no concello de Vilaboa, dentro de solo rústicode especial protección de espazos naturais do espazo natural Mar de San Simón, na proximidade do espazonatural protexido ZEC da Enseada de San Simón, que

• están afectados pola instalación de antenas de telecomunicacións e a presión urbanística.

LEIP

Ademáis solicitamos a declaración de Lugares de Especial Interese Paisaxístico (LEIP) para determinados lugaresque, debido aos valores naturais ou ecolóxicos, culturais ou patrimoniais e panorámicos ou estéticos que reúnen,reforzan o valor das AEIP solicitadas, ou merecen ser integrados nalgunha delas. Estes lugares son os seguintes:

Dentro de solo rústico de especial protección de espazos naturais, entre os concellos de Marín, Vilaboa eMoaña, no espazo natural dos Montes do Morrazo: Alto de Pornedo, Alto da Encavada, Outeiro da Graña, AsCavadas, Chan da Cruz, Alto de Castiñeiras, Castelo de Barbudo-Pedrouzos, Cotorredondo, Outeiro dosAsubións, Corno Peneda, Os Candóns, Outeiro da Charamiza, Outeiro de Cavada dos Terróns, Outeiro daCarriza, Outeiro do Corvo, Outeiro do Cachote, Alto de Formigoso, Pedra Morcegueira, Outeiro do Aviador,Outeiro de Salomé, Outeiro da Carballosa e Alto de Agudelo, que:

• están ameazados pola ubicación alternativa de aeroxeradores da Área de Desenvolvemento Eólica (ADE)do Morrazo, pola ubicación de aeroxeradores do parque eólico de Pedras Negras e pola concorrenciapública de permisos de investigación mineira para extracción de granito ornamental de Miñán e OsPedrouzos

• e están ameazados, no caso dos Altos do Pornedo (Marín), e de Outeiro da Carballosa e Agudelo(Moaña) por senllos proxectos de parque industrial na súa proximidade incluidos no Plan Sectorial deOrdenación de Áreas Empresariais de Galicia.

Dentro de solo rústico de especial protección de espazos naturais, entre os concellos de Moaña, Bueu e Cangas,no espazo natural do Carballal de Coiro: Outeiro da Paralaia, Alto do Xestoso, Outeiro do Cruceiro, Pedra daPena e Serra de Coiro-Outeiro Grande, dos que:

• os dous primeiros están ameazados pola ubicación alternativa de aeroxeradores da Área deDesenvolvemento Eólica (ADE) do Morrazo, e

• todos eles están ameazados dende mediados da década pasada por un proxecto de investigaciónmineira para extracción de granito ornamental a nome de Piedro Negro.

Dentro de solo rústico de especial protección de espazos naturais do espazo natural de Coto Redondo, noconcello de Vilaboa: Monte das Barreiras e A Pereiriña.

Dentro de solo rústico de especial protección forestal, de costas e patrimonial no Concello de Marín: Outeiroda Teixugueira-Castelo de Ardán, Monte Penizas, Monte Sobareiro e Monte da Cova.

Dentro de solo rústico de especial protección forestal e patrimonial no concello de Bueu: Alto da Telleira-Chansde Cela, Alto de Borrallido.

• Este último está afectado polo proxecto de ampliación do parque empresarial do municipio, aprobadodentro do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia.

PE1. O Morrazo 26 de 65 2016.04.23

Page 27: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

Dentro de solo rústico de especial protección de espazos naturais do espazo Punta Udra: Tramo de costa desdeo porto de Beluso ata a praia de Mourisca.

Dentro de solo rústico de especial protección forestal, de costas e patrimonial no concello de Cangas: Coruto deLiboreiro, Outeiro Agudo e Pico do Fial na Serra da Madalena; Balcón do Rei, Serra Nacente, Serra Ponente,Pico do Castelo, Pico Garita, Outeiro da Raposa e Montes de Varalonga, Lagoa de Vilariño, Castro de Hio-Outeiro Negro, Alto da Fanica, Outeiro Batente, Outeiro da Vela, Outeiro das Hedras.

Dentro de solo rústico de especial protección de espazos naturais Barra-Cabo Home: Facho de Donón e Alto daFontecha, e tramo de costa entre Punta Balea e a praia de Santa Marta.

Dentro de solo rústico de especial protección forestal, de costas e patrimonial no concello de Moaña: Castrodos Remedios-Tirán, Castro das Cidades, Torre de Meira tramo de costa de Tirán entre as praias de O Con e OCanabal e tramo de costa entre o porto de Domaio e a praia da Borna.

• Boa parte de todos estes lugares están afectados así mesmo na súa contorna polos monocultivosforestais de piñeiro e especiamente do eucalipto que, ademais de ser un impacto moi negativo para abiodiversidade, impactan de xeito directo e severo na cualidade paisaxística, uniformandoa e pechandoacara ao espazo físico, nomeadamente as Rías.

PE1. O Morrazo 27 de 65 2016.04.23

Page 28: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

PE1. O Morrazo 28 de 65 2016.04.23

Page 29: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

Proposta Específica 2. MONTEFERRO

1. MONTEFERRO: Un espazo natural valioso rodeado pola ZEC Illas Estelas (ES1140012), e parcialmente integrado nela (os seus cantÍs forman parte da ZEC) ............................................. 31

2. VALORES NATURAIS E ECOLÓXICOS

2.1 Xeoloxía ........................................................................................................................................ 31

2.2 Flora e fauna na ZEC Illas Estelas ................................................................................................... 31

2.3 Flora e fauna na península de Monteferro ..................................................................................... 32

2.4 A posible e desexable recuperación progresiva da vexetación autóctona de Monteferro ............... 32

2.5 O valor de Monteferro como Zona Periférica de Protección (ZPP) da ZEC Illas Estelas .................... 32

2.6 Os valores de Monteferro, adecuados para a súa integración plena na ZEC Illas Estelas ................. 32

3. VALORES PATRIMONIAIS E CULTURAIS

3.1 Valores arqueolóxicos ................................................................................................................... 33

3.2 Outros valores patrimoniais físicos ............................................................................................... 33

3.3 O patrimonio inmaterial: toponimia e talasonimia ........................................................................ 33

3.4 A relación coa natureza ............................................................................................................ 34

4. VALORES ESTÉTICOS E PANORÁMICOS

4.1 O conxunto ................................................................................................................................... 34

4.2 A vexetación ................................................................................................................................. 34

4.3 A xeomorfoloxía ........................................................................................................................... 34

4.4 A paisaxe submarina ..................................................................................................................... 34

4.5 Os miradoiros ............................................................................................................................... 34

5. VALORES DE USO ........................................................................................................................... 35

6. MONTEFERRO NOS INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO, DOS ESPAZOS NATURAISE DA PAISAXE

6.1 Monteferro nas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento do Concello de Nigrán .. 35

6.2 Monteferro nas DOT de Galicia ..................................................................................................... 36

6.3 Monteferro no POL de Galicia ....................................................................................................... 37

6.4 Monteferro e a ZEC Illas Estelas na RN 2000 (Decreto 37/2014. Declaración ZEC e ZEPA. PDRN) .... 38

6.5 Monteferro no Catálogo das paisaxes de Galicia ........................................................................... 40

7. AS AMEAZAS SOBRE MONTEFERRO

7.1 A ameaza que deu lugar ao nacemento de Salvemos Monteferro ................................................. 41

7.2 As ameazas actuais ....................................................................................................................... 41

8. A NECESIDADE DE CONSERVAR A NATURALIDADE DE MONTEFERRO ............................................. 42

PE2. Monteferro 29 de 65 2016.04.23

Page 30: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

9. DEFENSA DE MONTEFERRO E SOLICITUDES DE PROTECCIÓN AO LONGO DO TEMPO

9.1 Accións de Salvemos Monteferro en 2006 ...................................................................................... 42

9.2 Solicitude do Concello de Nigrán á Xunta de Galicia, en 2008, de declaración da Paisaxe Protexida Monteferro – Illas Estelas .............................................................................................................. 42

9.3 Solicitude de inclusión de Monteferro no antigo LIC realizada por GNSV e Salvemos Monteferro en 2012 nas alegacións á proposta de ampliación da RN 2000 presentada pola Xunta de Galicia ... 45

9.4 Solicitude do Consello Sectorial de Urbanismo durante a redacción do PXOM de Nigrán AI 2013 ... 45

9.5 Solicitude de declaración de Monteferro como Parque Natural realizada por GNSV e SalvemosMonteferro en 2013 nas alegacións ao PXOM de Nigrán 2013 AI (PXOM que foi rexeitado polaXunta de Galicia) ........................................................................................................................... 45

10. SOLICITUDE PARA MONTEFERRO ................................................................................................... 46

DOCUMENTACIÓN DE REFERENCIA ...................................................................................................... 47

PE2. Monteferro 30 de 65 2016.04.23

Page 31: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

1. MONTEFERRO: Un espazo natural valioso rodeado pola ZEC Illas Estelas (ES1140012),e parcialmente integrado nela (os seus cantÍs forman parte da ZEC)

Monteferro é unha península de 1,08 km2 (108 ha) de superficie e 141 m de altura. A súa base ten unhadiagonal media de 1,2 km ao nivel do mar. As coordenadas do seu cumio son:

• 42O 09' 13,50'' N e 8O 50' 39,50'' W.

O espazo natural conformado pola península de Monteferro e as Illas Estelas constitúe unha das máisvaliosas riquezas do patrimonio natural, arqueolóxico e cultural do concello de Nigrán e de Galicia.

Monteferro é na actualidade o único espazo natural costeiro conservado e sen urbanizar en toda a ribeirasur da Ría de Vigo, é dicir: o último reducto natural nos 15 kilómetros do litoral sur da ría.

A península de Monteferro penetra na Zona de Especial Conservación da Rede Natura 2000 ZEC Illas Estelas(ES1140012), de feito que está rodeada por ela.

A ZEC que, como tal, tamén constitúe unha ZEPVN (Zona de Especial Protección dos Valores Naturais) daRede Galega de Espazos Protexidos, comprende os cantís de Monteferro, a súa contorna intermareal emariña, as Illas Estelas e os illotes chamados As (pedras) Serralleiras.

A ZEC comprende 707 Ha de augas mariñas, con fondos superiores a 15 m na súa maior parte.

2. VALORES NATURAIS E ECOLÓXICOS

2.1 Xeoloxía

A península é unha formación granítica atravesada por unha estreita banda de xisto que está orientada nadirección norte-sur, e é coñecida como a banda Cabo Home–Monteferro–O Rosal.

Datos xeolóxicos:

A banda de xisto trátase dunha estreita franxa de rochas metasedimentarias, que presentan unha intensadeformación polifásica sinmetamórfica, producida durante a Oroxenia Varisca. Estas litoxías corresponden a unhasucesión silicciclástica, na cal diferéncianse seis unidades litoestratigráficas, cuxas idades abarcan,probablemente, dende o Cámbrico ata o Silúrico. En dita sucesión pódese deducir a existencia de dúasdescontinuidades principais, que se situarían, supostamente, unha na base do Ordovícico e outra próxima ó límiteOrdovícico-Silúrico.

(Revista de la Sociedad Geológica de España, 2003, Dic, 16)

2.2 Flora e fauna da ZEC Illas Estelas

En canto á flora e á vexetación, as illas Estelas e os cantís de Monteferro albergan matogueiras costeirasgalaico-portuguesas, pertencentes á asociación Cisto salvifolii-Ulicetum humilis. As uceiras secas atlánticascosteiras de Erica vagans conforman hábitats de interese comunitario incluídos no Anexo 1 da directiva92/43/CEE.

No que se refire á fauna, existen poboacións de lagarta ibérica (Podarcis hispanica) nas dúas illas maiores,de especial interese polo seu carácter insular. Entre a avifauna nidificante, cabe destacar a colonia degaivota patiamarela (Larus michahellis) (150-200 parellas) e, nos cantís de Monteferro, o vencello real, quese cita máis abaixo.

Hai unha presenza frecuente de aves mariñas durante os pasos migratorios e a invernía, como corvosmariños (Phalacrocorax aristotelis y Phalacrocorax carbo), pentumeiros (Melanitta nigra), alcas (Alca torda)e carráns (Sterna spp). No verán e outono pódense observar bandadas estacionadas de pardelas baleares(Puffinus mauretanicus), endemismo en perigo crítico de extinción.

Nas augas da ZEC é moi frecuente a presencia de mamíferos mariños, como o arroaz (Delphinus delphis), o golfiño mular (Tursiops truncatus) e a marsopa (Phocoena phocoena)

PE2. Monteferro 31 de 65 2016.04.23

Page 32: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

2.3 Flora e fauna da península de Monteferro

A vexetación actual de Monteferro é na súa meirande parte de masa forestal de repoboación. A súacomposición aproximada é: 50 % Pinus pinaster, 15% Eculayptus globulus, 2,5% Pinus radiata, 2% Acaciamelanoxylum, 17,5% de masas mixtas das anteriores especies, máis exemplares dispersos doutras especiesde árbores (carballo, carballo americano, castiñeiro, loureiro, ameneiro, abruñeiro, estriperio, chouponegro), e 13% de arbustos (sanguiño, xesta branca, xesta negra, herba salgueira), matogueira (toxo, silva,carrasco, carqueixa, queiruga, carpaza, trobisco, xilbarbeira) e diversas herbáceas.

A masa arbórea de Monteferro, a pesar da súa composición, constitúe parte fundamental do seu valorpaisaxístico, tal e como se expón máis adiante.

Unha parte das aves da ZEC Illas Estelas aniñan nos cantís de Monteferro, onde hai que destacar un dospucos puntos de nidificación do vencello real (Apus melba), moi escaso na costa de Galicia (3-5 parellas).

Moitas aves da ZEC frecuentan a península, terra adentro dos cantís, fóra da ZEC actual.

2.4 A posible e desexable recuperación progresiva da vexetación autóctona de Monteferro

Monteferro é un espazo idóneo para a recuperación progresiva da súa vexetación orixinaria. Ésta sería acarballeira de outeiro húmido ou hiperhúmida e acidófila, que, ademáis de carballos, contaría con as outrasespecies de árbores e arbustos (castiñeiro, loureiro, acivro, estripeiro, sanguiño, albedro), matogueira eherbáceas (xesta, silva, fento, pereira brava, xenxibre, hedra, herba salgueira, uvas de can, violeta) que lleson propias.

E consideramos que coa vexetación autóctona debería volver o aproveitamento multifuncional deMonteferro e substitir progresivamente o cultivo forestal de especies alóctonas.

2.5 O valor de Monteferro como Zona Periférica de Protección da ZEC Illas Estelas

Monteferro, debido á súa localización, constitúe unha barreira natural de protección entre a ZEC Illas Estelase a zona urbanizada comprendida entre Panxón e Patos, e impide a meirande parte dos impactos que aurbanización e a presenza humana podería ter na ZEC.

Monteferro constitúe, de facto, unha Zona Periférica de Protección (ZPP) non declarada da ZEC, acorde coasprevisións do artigo 37 da Lei (estatal) 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e daBiodiversidade:

Lei 42/2007 - PNB

Artículo 38. Zonas periféricas de protección.

En las declaraciones de los espacios naturales protegidos podrán establecerse zonas periféricas deprotección destinadas a evitar impactos ecológicos o paisajísticos procedentes del exterior. Cuandoproceda, en la propia norma de creación, se establecerán las limitaciones necesarias.

E, por ser un Espazo Natural, trátase dunha ZPP excepcional, con valores máis que suficientes para formarparte da propia ZEC, como se comenta de seguido.

2.6 Os valores de Monteferro, adecuados para a súa integración plena na ZEC Illas Estelas

Monteferro, ademais de ser, de facto, unha ZPP non declarada da ZEC Illas Estelas, ten valores suficientespara ser plenamente incorporado á ZEC, por dúas razóns:

• O seu grado de naturalidade é moi superior ao requerido polo Plan Director da Rede Natura 2000para a Zona 3, ou Área de Uso Xeral, das ZEC e ZEPA.

• O seu grado de naturalidade é incluso superior ao requerido polo PDRN 2000 para a Zona 2, ouÁrea de Conservación, das ZEC e ZEPA. Só falta que existan na península, terra adentro, fóra doscantís, hábitats de interese comunitario, e que se comprobe a súa existencia.

PE2. Monteferro 32 de 65 2016.04.23

Page 33: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

A progresiva recuperación da vexetación autóctona do monte e o seu aproveitamento multifuncionalfavorecerían o regreso deses hábitats, e Monteferro reuniría as características plenas dunha Zona 2 ou,incluso, dunha Zona 1, se chegasen a darse hábitats de interese prioritario.

3. VALORES PATRIMONIAIS E CULTURAIS

3.1 O valor arqueolóxico de Monteferro

Monteferro conta cun patrimonio arqueolóxico cuxos elementos son especialmente valiosos por ser únicosdentro da súa clase.

No seu límite occidental, á beira dos cantís, destaca o petróglifo das Penisas Pequenas, que contén 17/19muíños naviculares, o número máximo de muíños coñecidos nun mesmo soporte. Os muiños estánasociados a gravados podomorfos humanos con indicación dixital e liñas curvas. Xunto a eles figuran outrosgravados con coviñas e microcoviñas.

Tamén existe un conxunto de 8/10 muiños naviculares no promontorio rochoso da Meda, no vérticenoroccidental da península.

Todos eles están constatados arqueolóxicamente no fenómeno tumular, entre o IV e III milenio, na Idade doBronce; e na Cultura Castrexa, dende o III milenio ata a súa fusión coa cultura romana, da que tamén existenrestos arqueolóxicos no monte.

Désta hai que salientar o xacemento da Xermaña, pobaoado galaico-romano de entre os séculos III e V, ecuxos restos foron parcial e deliberadamente arrasados para iniciar a urbanización do lugar.

3.2 Outros elementos patrimoniais físicos

a) O monumento aos Mártires do mar ou á Mariña Universal, segundo as fontes. Está situado no cumio do monte. Foi construido polo arquitecto vigués Manuel Gómez Román no 1903, e foi inaugurado por Miguel Primo de Rivera no ano 1924. É unha construción de granito de 25 metros de altura, cunha escultura da Virxe do Carmen (Padroa dos navegantes, dos mariñeiros e da Armada, segundo a cultura adoptada ou imposta no Estado), que leva o Neno Xesús en brazos. O seu propósito era que os navegantes que viñan ou retornaban de outros países se sintisen recibidos dende lonxe por esta figura.

Á marxe da súa intención inicial, este monumento é, dende hai máis de 90 anos, un elemento paisaxístico propio de Monteferro que permite identificalo dende moi longa distancia.

b) A batería militar de costa, construida nos anos 40 do século XX. Consta de varios edificios sen valor construtivo en moi mal estado, pero tamén conta cun polvorín e cun búnker que son plenamente recuperables e poden constituir un pequeno centro de interpretación do que foi unha batería de costa no seu tempo. A batería consta, ademais, de 3 canóns que poden rehabilitarse para o mesmo fin.

c) O faro da Meda, unha pequena torre baliza situada no extremo NNW do promontorio rochoso do mesmo nome, e que forma parte da persoalidade de Monteferro dende hai décadas.

3.3 O patrimonio inmaterial: toponimia e talasonimia

O mar de Monteferro, dende os seus cantís ata as (illas) Serralleiras e o illote Aghoeira, é especialmente ricoen talasonimia, debido á configuración aserrada das rochas de xisto desgastadas polo mar; á tradición mariñeira, sobre todo de Coruxo, Panxón e Baiona, e ao historial de naufraxios da zona.

A este respecto, é moi salientable a obra Talasonimia da costa sur de Galicia, de Xosé Lois Vilar, publicada polo Instituro de Estudos miñoranos ( http://culturagalega.gal/noticia.php?id=13539 ), e cuxo límite norte é,precisamente, Monteferro.

PE2. Monteferro 33 de 65 2016.04.23

Page 34: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

3.4 A relación coa natureza

Monteferro, por ser un lugar non urbanizado, boscoso e con unha orografía accidentada que ten fortes contrastes, é un lugar extraordinario para o contacto coa natureza, dende o paseo e o sendeirismo ata a escalada no promontorio rochoso da Meda e nos cantís veciños, ao sur do promontorio.

4. VALORES ESTÉTICOS E PANORÁMICOS

4.1 O conxunto

Monteferro, debido á súa conformación, ás súas masas arbóreas e a súa localización, marcando o límiteentre a ría de Vigo e a enseada de Baiona, facendo de porta sur da entrada á ría de Vigo, e penetrando nomar cara ás Illas Cíes, constitúe un fito paisaxístico de enorme valor estético e panorámico, e unha mostrade cómo era hai pouco mais de medio século o litoral da Ría de Vigo.

Monteferro é o centro dun sistema de arcos de espazos naturais:

• É o extremo Este do arco: Costa da Soavela (Solo Rústico de Protección de Espazos naturais, SRPEN) –Cabo de Home-Barra (SRPEN) - Illas Cíes (Parque Nacional) e as propias Illas Estelas (ZEC).

• É o extremo Norte do arco do Areal Panxón-Lourido (mal chamado Praia América), cuxo extremo Sur, apenínsula de Lourido, enlaza coa ZEC A Ramallosa (Foz do Miñor).

• E o extremo Sur do arco da Area das Canas (Patos) e Cabo Estai, que enlaza co Areal e a Xunqueira do Vao.

4.2 A vexetación

As masas boscosas de Monteferro, pese a ser de repoboación, contan cun 50 % de Pinus pinaster, un 15%Eucalyptus globulus, e só un 2,5% de Pinus radiata e un 2% de Acacia melanoxylum. O Pinus pinaster, conser unha especie alóctona, é das que máis facilmente se naturalizan na costa galega, e non degradan apaisaxe tanto como o eucalipto, senón que incluso lle confiren valor paisaxístico ao monte. Éste é o caso deMonteferro.

4.3 A xeomorfoloxía

A península ofrece dous tipos de contraste moi fortes:

• O contraste entre as pendientes xeralmente suaves do interior e as xeralmente abruptas nos cantís,nos que se atopan algunhas sendas de pescadores que van sorteando a pendente, ás veces concerto vértigo, ás veces co amparo das árbores e das matogueiras, anta chegar ao mar.

• E o contraste entre as rochas graníticas, redondeadas, e as de xisto, erosionadas polo mar en formade serra, moitas con filo case cortante, penetrando no mar e conformando lugares enormementeatractivos e á vez un algo duros de camiñar.

4.4 A paisaxe submarina

Os mesmo contraste entre granito e xisto se atopa debaixo da agua, e a mesma diferencia de cores, e deformas, e o mesmo risco serrallleiro do xisto. Monteferro tamén ten un valor especial cando se metedebaixo do mar.

4.5 Os miradoiros

Monteferro vén clasificado como miradoiro no Catálogo das paisaxes de Galicia que alegamos. Ten, decerto, varios miradoiros de enorme beleza. Ou máis ben dous miradoiros (o cumio e o faro da Meda) evarios puntos de observación, na terminoloxía do Catálogo.

O máis coñecido, frecuentado e seguramente máis impresionante é o do cumio, pero os restantes teñentanto valor, ou máis. Pero non é cuestión de desvelalos aquí. Trátase de que cada quen os vaia descobrendopouco a pouco, e camiñando. Xa hai demasiados miradoiros con acceso rodado.

PE2. Monteferro 34 de 65 2016.04.23

Page 35: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

5. VALORES DE USO

A valor socioeconómico da península se reduce, neste momento, á explotación do cultivo forestal, e omonte ten un aspecto bastante descuidado. De vez en cando se acometen talas a mata rasa, que estánprohibidas pola ordenanza 17 do Concello, e parece que con impunidade, pois nin as denuncias nin aintervención do SEPRONA teñen efecto.

Consideramos que o uso de Monteferro máis adecuado, máis sano ambientalmente e máis rendibleeconómicamente sería o seu aproveitamento multifuncional: explotación madeireira, de cogomelos,apicultura e aproveitamento de biomasa.

6. MONTEFERRO NOS INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO, DOS ESPAZOS NATURAIS E DA PAISAXE

6.1 Monteferro nas NNCCSSP do Concello de Nigrán

NORMAS SUBSIDIARIAS DE PLANEAMENTO DO CONCELLO DE NIGRÁN SOBRE MONTEFERRO - Extracto

3.5 ORDENANZAS REGULADORAS DE LAS ZONAS DE SUELO NO URBANIZABLE

ORDENANZA 17. De sitios costeros sobresalientes de singular interés forestal y paisajístico

1. Esta ordenanza tiene por objeto la preservación de las condiciones naturales de una zona de la costa de elMunicipio que forma parte fundamental de un ámbito del paisaje que se ha caracterizado en el transcurso deltiempo por su preminencia en el conjunto de la ría, con un nivel de forestación muy singular que le convierte en unreferente paisajístico y ambiental.

Su ámbito de aplicación viene establecido en los planos correspondientes de ordenación y comprende Monteferro y los islotes y rocas costeras adyacentes.

2. Usos permitidos

Se permitirán exclusivamente los usos forestales propios de la configuración y la naturaleza del territorio de que se trata. Excepcionalmente se toleran los usos de equipamiento encaminados al disfrute del paisaje y la naturaleza. No se permitiran aquellos otros que impliquen la degradación o modificación de dicho estado.

Expresamente se prohibirán:

• Todo tipo de movimiento de tierras, excavaciones y rellenos que, aparte de la modificación topográfica, implican la destrucción de la flora existente.

• La explotación de canteras, extracción y/o acarreos.

• Cualquier tipo de vertidos de residuos (sólidos o líquidos).

• El vallado o cierre de fincas con materiales de dimensiones distintas a las tradicionales ya existentes. En cualquier caso en los nuevos cierres sólo se podrán utilizar materiales leñosos, pétreos o setos vivos no pudiendo superar la parte opaca los 0,50 m.

• Cualquier tipo de construcción, con la excepción de las asignadas a la defensa nacional ya existentes o futuras claramente asignables la este destino y las vinculadas a los usos tolerados antes mencionados.

• La colocación de carteles y anuncios publicitarios.

• El asfaltado de nuevos caminos. La conservación y mejora de los existentes se hará exclusivamente con materiales pétreos en seco. Igual se tratarán áreas de aparcamiento mínimas y acotadas con el fin de evitar la invasión de automóviles de las zonas naturalmente accesibles.

• La tala de arbolado que no se produzca por entresaca.

El arreglo de los caminos o senderos peatonales, la delimitación de miradores, etc, se hará de la forma másescueta posible.

NOTA: O Consello Sectorial de Urbanismo, durante a redacción do PXOM de Nigrán 2013, solicitou amellora destas Normas Subsidiarias. Incorporamos o texto no punto 9.3

PE2. Monteferro 35 de 65 2016.04.23

Page 36: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

6.2 Monteferro nas DOT de Galicia

Monteferro, dende o Sur, no centro da paisaxe. Arriba, á esquerda: Illas Cíes. Á esquerda de Monteferro: Illas Estelas.

Diante: Enseada de Baiona. Detrás: Ría de Vigo e península do Morrazo.No fondo, entre a bruma: Illa de Ons e Ría de Pontevedra

DIRECTRICES DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO DE GALICIA - AD 2011.02.10

MEMORIA

2.2. VIGO-PONTEVEDRA. A REXIÓN URBANA DAS RÍAS BAIXAS

2.2.5. O sistema verde da Rexión urbana

A posición e as características das principais zonas de interese ambiental existentes na Rexión urbanafavorecen a localización de grandes espazos orientados á protección da natureza, así como outrossusceptibles de acoller actividades de lecer, actuando como elementos de integración supramunicipal e dereforzamento da calidade e do atractivo do conxunto deste espazo.

Neste ámbito localízanse espazos naturais de enorme valor, entre os que destaca o Parque nacionalmarítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, e distintas áreas protexidas pertencentes igualmente áRede galega de espazos protexidos: Parque natural do monte Aloia, Parque natural das Illas Cíes, e osLugares de importancia comunitaria (LIC) e Zonas de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) decabo Udra, costa da Vela, enseada de San Simón, Illas Estelas, río Lérez, A Ramallosa, Gándaras de Budiñoou Baixo Miño, xunto a outros contornos de singularidade ambiental ou paisaxística como Monteferro, OCarballal de Coiro ou a Fervenza de Verdeal.

Trátase de elementos singulares, que polo seu valor ambiental deben ser obxecto dunha adecuadaprotección e mellora pois constitúen referentes de excelencia ambiental para o conxunto da Rexión urbana.

Requírese garantir a conservación e o funcionamento destes espazos como ámbitos que enriquecen epotencian o territorio da Rexión urbana.

PE2. Monteferro 36 de 65 2016.04.23

Page 37: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

6.3 Monteferro e as Illas Estelas no POL de Galicia

Monteferro dende o Sur

PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL DE GALICIA - AD 2011.02.10

POL02. TÍTULO II. Paisaxe. POLII.04 Unidades de paisaxe. 06. Rías Baixas. 07. Ría de Vigo. Ficha 06_07_406

A península de Monteferro compón xunto ás Illas Estelas unha das paraxes máis singulares de toda acosta sur da Ría de Vigo. Este espazo destaca pola ausencia de edificacións e o predominio dascoberturas arbóreas procedentes de repoboación e formacións vexetais costeiras que ocupan a partealta da fronte acantilada. Os espazos insulares, caracterizados pola ausencia de vexetación de portearbóreo, constitúense como un importante banco marisqueiro e pesqueiro moi apreciado polosmariñeiros.

Este espazo tivo un especial simbolismo dende antigo, feito que se confirma coa presenza dunha seriede petroglifos (A Meda, Coello 1 e Coello 2) situados no bordo costeiro da península.

Península caracterizada polas fortes pendentes de caída ao mar, cubertas por densas masas forestais eformacións climácico de matogueira, Monteferro móstrase ao visitante como un lugar ideal para o gozoda natureza tanto polos seus espectaculares acantilados como pola súa vexetación boscosa.

Península miradoiro dende o que contemplar concas visuais panorámicas do mar atlántico, as IllasEstelas, situadas fronte á península e que marcan o límite entre a Ría de Vigo e a entrada á Baía deBaiona. Nas illas, ademais do seu importante valor ecolóxico como lugar de aniñamento de gaivotas ecorvos mariños, destaca o seu valor como criadeiro de marisco e peixes.

O conxunto da península de Monteferro e as illas Estelas están considerados como parque natural eaparecen recollidos dentro do catálogo de protección Rede Natura 2000 debido ás súas característicasnaturais en contraste co ámbito urbano que o rodea.

POL07. TÍTULO VII. Anexos. POLVII.01 Espazos de Interese Paisaxístico. Páxina 27. Espazo nº 88.

VII.01 Espazos de interese paisaxístico

TOPONIMIA UNIDADE DE PAISAXE TIPOLOXÍA COMARCA SECTOR

88Monteferro eIllas Estelas

Monteferro e Illas EstelasPanxónCabo Estai e Enseada de Patos

A2_Grandes cantís convexosRías Baixas Ría de VigoB1_Vertentes de pendente

moderada

PE2. Monteferro 37 de 65 2016.04.23

Page 38: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

6.4 Monteferro e a ZEC Illas Estelas na RN 2000 - PDRN

Carta Oficial de Declaración 55. ZEC ILLAS ESTELAS (ES1140012). (Decreto 37/2014. Anexo I)

PE2. Monteferro 38 de 65 2016.04.23

Page 39: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

Carta de Zonificación 1.55. ZEC ILLAS ESTELAS (ES1140012). (Decreto 37/2014. Anexo II. PDRN 2000)

6.5

PE2. Monteferro 39 de 65 2016.04.23

Page 40: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

6.5 MF no catálogo das paisaxes de Galicia

• Catálogo das Paisaxes de Galicia. • VII. Rías Baixas. Anexo de miradoiros.• Páxinas 470 e 471: Ficha de Monteferro.

Erros e omisións:

• Espazos Naturais: NON. • Rede Natura: NON. • Patrimonio: só menciona o petroglifo Coello 2.

PE2. Monteferro 40 de 65 2016.04.23

Page 41: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

7. AS AMEAZAS QUE PENDEN SOBRE MONTEFERRO

7.1 A ameaza que deu lugar ao nacemento de Salvemos Monteferro

Era o ano 2006, cando un desafortunado proxecto pretendía facer un vial de circunvalación con dous carrísde sentido único rodeando Monteferro, unha rotonda de 36 metros de diámetro … unha intervención queestragaría para sempre o último reduto verde cara ao mar e de acceso público na banda sur da ría de Vigo.Un lugar moi especial, marcado no mapa de identidade de moitas persoas.

Estes feitos deron orixe á asociación de defensa medioambiental Salvemos Monteferro, que axiña organizouunha recollida de firmas para parar esa desfeita, acabar coas talas indiscriminadas a matarrasa no monte ecomezar a esixir o estricto cumprimento da legalidade vixente, algo que ata aquela ninguén solicitara.

Durante a etapa de recollida de firmas redactamos un informe-denuncia que presentamos en abril domesmo ano 2006, e no que describimos os valores de Monteferro, a magnitude da ameaza, os intereses enxogo e as prácticas mafiosas e delictivas dalgúns interesados na progresiva urbanización do monte.

Pronto comprendimos que a nosa esixencia, por inédita, era un feito revolucionario, pero conseguimos unfito histórico: o 13 de maio do 2006, presentáronse 9.575 firmas no rexistro de entrada do concello deNigrán contra o proxecto de vial e contra as cortas masivas a matarrasa que se estaban a producir nomonte.

En xuño de 2006, buscando a concienciación da sociedade e a aportación de alternativas razoables,presentamos o estudio e propostas sobre o aproveitamento forestal e multifuncional de Monteferro.

A loita deu resultado. Nunca antes sucedera nin probablemente sucederá despois nada parecido nesteconcello, que ten 17.500 habitantes. A esixencia de deixar o monte como está e acometer únicamenteaccións de mantemento, e repoboación con plantas autóctonas, e o cumprimento estricto das normassubsidiarias vixentes, foi respaldado maioritariamente pola veciñanza e por persoas ás que Monteferromarcou para sempre.

Conseguimos parar o proxecto, e esperamos que esa esixencia popular non quede esquecida nos arquivosdo concello.

7.2 As ameazas actuais

As ameazas presentes poden resumirse así:

• Apertura dun número de pistas excesivo e innecesario para os seus fins (servizo da comunidade demontes, do faro e das forzas de seguridade;

• Ensanchamento das pistas de xeito innecesario;• Talas periódicas a mata rasa, que están prohibidas e son realizadas con impunidade; • Circulación de automóviles e motos polas pistas e sendeiros de terra ata a mesma beira dos cantís; • Eliminación innecesaria de matogueira, valiosa como hábitat, incluso nos propios cantís; • Conducta irrespetuosa de algúns pescadores de cana, que fan circular as súas motos ou

automóviles polas pistas e abandoan lixo e material de pesca (tanzas e anzois) nas rochas;• Xogos de guerra cuxos participantes estragan a matogueira e esparexen polo chan balíns de

plástico;• Acumulación de lixo. Ruido.

Todo isto ameaza con degradar este espazo natural e con desprazar dos cantís ás especies da ZEC.

• A presión urbanística de facto (mediante a invasión progresiva do monte e da ribeira conconstrucións, moitas delas ilegais) ou na planificación (mediante o intento de recalificacións naredacción do PXOM) e o intento de facer da península unha mistura de zona residencial e parqueartificializado ameazan a propia conservación deste espazo natural.

PE2. Monteferro 41 de 65 2016.04.23

Page 42: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

8. A NECESIDADE DE CONSERVAR A NATURALIDADE DE MONTEFERRO

Dados os valores de Monteferro importa moito non caer na tentación de converterlo nun parque urbano,artificializando a paisaxe e trocando o seu carácter. O gran valor desta península derívase precisamente dasúa case milagrosa conservación ata os nosos días como espazo natural a penas modificado.

Neste sentido, cómpre resaltar esa tendencia que dende hai ben anos vai crecendo na maioría dos paísesdesenvolvidos, onde grandes espazos preservados, mesmo próximos ás grandes cidades, son conservadoscomo espazos naturais, sen mobiliario urbano, iluminación nin artificialización ningunha, nun novoconcepto de parque que nace da sensibilidade pola natureza: un área natural conservada tal como é polovalor que ten en si mesma e para o lecer da cidadanía.

Por citar só algúns exemplos: Os Charlottenlund Palace Gardens, en Dinamarca, cuxos bosquescircundantes, autóctonos, foron conservados como espazos naturais non artificializados e son mantidos sena penas intervención humana. O paseo fluvial de Nantes, onde a única intervención foi a de abrir algúnscamiños de xabre para o paseo conservando intacta a flora autóctona, e que hoxe constitúe un dosprincipais atractivos da cidade. A contorna de Oslo, formada por un cinto de parques que conservan intactoo seu carácter de natureza viva, sen mobiliario urbano, nin iluminación, nin intervención humana.

Éste é o desexable cuidado dos espazos naturais que son máis escasos e, polo mesmo, máis valiosos cantomáis próximos esteamos a zonas altamente urbanizadas.

9. DEFENSA DE MONTEFERRO E SOLICITUDES DE PROTECCIÓN AO LONGO DO TEMPO

9.1 Accións de Salvemos Monteferro en 2006

• Informe Monteferro, denunciando o proxecto de vial e as talas inxustificadas

• Manifesto e recollida de 9.575 sinaturas.

• Alerta do risco de recualificación e urbanización de Monteferro.

• Alerta do risco de perda de patrimonio arqueolóxico.

• Petición dun estudo alternativo.

• Realización do Estudio e Propostas sobre o aproveitamento forestal e multifuncional de Monteferro.

9.2 Solicitude do Concello de Nigrán á Xunta de Galicia, en 2008, de declaración da Paisaxe ProtexidaMonteferro – Illas Estelas

• O Concello de Nigrán e a Xunta de Galicia 2005-2009 iniciaron os trámites para a declaración deMonteferro como Paisaxe Protexida.

• O Concello entregou en xuño de 2008 unha proposta de Paisaxe Protexida Monteferro-Illas Estelasapoiada nun informe redactado por dúas profesionais da bioloxía e da organización de recursosnaturais e paisaxísticos.

• A Dirección Xeral da Conservación da Natureza emitiu informe favorable en novembro de 2008,cuxa coia acompañamos.

• Porén, a declaración non se levou a cabo.

PE2. Monteferro 42 de 65 2016.04.23

Page 43: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

PE2. Monteferro 43 de 65 2016.04.23

Page 44: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

PE2. Monteferro 44 de 65 2016.04.23

Page 45: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

9.3 Solicitude de inclusión de Monteferro no antigo LIC realizada por GNSV e Salvemos Monteferro en 2012 nas alegacións á proposta de ampliación da RN 2000 presentada pola Xunta de Galicia

A nosa solicitude foi:

Solicitamos para Monteferro a protección real e eficaz que precisa como espazo natural valioso.

Consideramos que Monteferro debe ser, cando menos, clasificado como Zona Periférica de Protección do LICIllas Estelas, de acordo co artigo 37 da Lei (estatal) 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e daBiodiversidade:

Lei (estatal) 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.

Artículo 38. Zonas periféricas de protección.

En las declaraciones de los espacios naturales protegidos podrán establecerse zonas periféricas de protección destinadas a evitar impactos ecológicos o paisajísticos procedentes del exterior. Cuando proceda, en la propia norma de creación, se establecerán las limitaciones necesarias.

Sen embargo, consideramos máis apropiado, e así o solicitamos, que Monteferro sexa incluido no LIC IllasEstelas, do que xa forma parte natural, e que o espazo resultante pase a chamarse LIC Monteferro-IllasEstelas.

2012.03.16

A nosa solicitude non foi tomada en consideración. As alegacións non foron respondidas.

9.4 Solicitude do Consello Sectorial de Urbanismo durante a redacción do PXOM de Nigrán AI 2013

Cando comezou a redacción do PXOM de Nigrán, Salvemos Monteferro quixo participar desde o principio nasúa elaboración, e integrouse no Consello Sectorial de Nigrán.

As conclusións do Consello Sectorial referentes a Monteferro foron as seguintes:

“Consideramos que o PXOM debe integrar e aumentar as medidas protectoras de Monteferro queconteñen as actuais normas subsidiarias, impedindo a instalación de iluminación, mobiliario urbano, etc. asícomo ningún tipo de explotación comercial, aparcamentos, valados, miradoiros artificializados, nin aapertura de novos camiños ou a ampliación dos existentes; nin tampouco servizos innecesarios comosaneamento, traída de auga potable, asfaltado de camiños, movemento de terras, recheos ou outrasintervencións que modifiquen o carácter de espazo natural, que é a maior riqueza que para Nigránrepresenta Monteferro.

O tránsito motorizado debería quedar terminantemente prohibido en todo o ámbito protexido pola actualordenanza 17, coas excepcións do camiño principal xa asfaltado, dos traballos que teña que realizar acomunidade de montes para o seu aproveitamento forestal ou dos derivados de situacións de emerxencia(policía, ambulancia, protección civil, bombeiros, etc.) ou outros labores de mantemento necesarios.”

Estas conclusións foron recollidas polo equipo redactor do PXOM na Memoria de Tramitación (páx. 12),suxestión 17.

9.5 Solicitude de declaración de Monteferro como Parque Natural realizada en 2013 nas alegacións ao PXOM de Nigrán 2013 AI, rexeitado pola pola Xunta de Galicia e en período de nova redacción

Na parte correspondente a Monteferro, tras a inclusión de todo o texto anterior, a nosa solicitude foi:

... Porén, hoxe consideramos que a protección de Monteferro precisa un paso máis que a inclusión nun LIC daRede Natura, polas razóns que se expoñen a continuación.

PE2. Monteferro 45 de 65 2016.04.23

Page 46: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

Unha figura de protección e un Plan de Protección adecuados e definitivos

Hoxe consideramos que debemos ter en conta as circunstancias seguintes:

• Os cambios lexislativos (LOUG, Lei de Costas, Lei de montes) convirten case en papel mollado a protec-ción que deberían ter os espazos clasificados como SRPN ou os pertencentes á Rede Natura.

• Unha figura de protección adecuada para Monteferro é a de Parque Natural, pois permite establecer oseu propio Plan de Protección e Xestión, compatible coa utilización sustentable dos seus recursos fores-tais.

• As Illas Estelas e Monteferro constitúen unha continuación natural (xeomorfolóxica, biolóxica, paisaxísti-ca e arqueolóxica) das Illas Cíes no continente. E as Illas Cíes pertencen ao Parque Nacional das IllasAtlánticas.

• A lexislación estatal e a lexislación galega non establecen diferencias entre Parque Natural e Parque Na-cional.

En conclusión, consideramos que o único modo eficaz para a protección de Monteferro é a súa declaracióncomo Parque Natural e incluir a súa xestión no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Declaración que debería ser promovida polo Concello de Nigrán, e así o SOLICITAMOS.

2013.10.04

A nosa solicitude tampouco non foi tomada en consideración. As alegacións tampouco non foron respondidas.

10. SOLICITUDE PARA MONTEFERRO

De acordo con todo o exposto, Monteferro reúne as cualidades seguintes:

• Espazo Natural valioso que merece e precisa protección.

• Zona Periférica de Protección de facto, excepcional e non declarada da ZEC Illas Estelas.

• Naturalidade moi superior a unha Zona 3 das ZEC, e incluso superior a unha Zona 2, salvo pola non demostrada ou non detectada existencia de Hábitats de Interese Comunitario.

• Espazo natural de interese paisaxístico, como paisaxe e como miradoiro.

En consecuencia:

• Dende o punto de vista da súa protección ambiental, e polas razóns expostas no punto anterior, seguiremos reclamando para Monteferro a súa declaración de Parque Natural perante os organismos competentes.

• Dende o punta de vista da protección do seus valores paisaxísticos, solicitamos do Instituto de Estudos do Territorio a súa declaración de Área de Interés Paisaxístico.

PE2. Monteferro 46 de 65 2016.04.23

Page 47: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

Monteferro – Documentación de Referencia

1) Informes de situación e propostas cidadás e técnicas

2006.04.04 Informe denuncia: MONTEFERRO. Salvemos Monteferro

2006.06.05 Estudo e propostas de aproveitamento forestal e multifuncional de Monteferro. Salvemos Monteferro

2009.06 Estudo: Reurbanización e posta en valor de catro espazos nos núcleos de Panxón, Ramallosa, Parada e Monteferro – Sección: MonteferroUSC - ARUR (aula de renovación urbana e rehabilitación) - Grupo de Nigrán

2) Tramitación da solicitude de Declaración de Monteferro como paisaxe protexida (incompleta)

2008.06.06 Estudo técnico e solicitude: Proposta de paisaxe protexida Monteferro – Illas EstelasConcello de Nigrán á Xunta de Galicia – CMA – Dirección Xeral da Conservación da Natureza

2008 Estudo técnico e solicitude: Proposta de ampliación do LIC A Ramallosa Concello de Nigrán á Xunta de Galicia- CMA -Dirección Xeral da Conservación da Natureza

2008.11.04 Informe da Dirección Xeral da Conservación da Natureza sobre dúas propostas do Concello de Nigrán:Proposta de ampliación do LIC A Ramallosa e Proposta de Paisaxe Protexida Monteferro-Illas Estelas.(Informe favorable con recomendacións)

2014.11.15 Informe sobre o estado de tramitación da declaración de Monteferro como Paisaxe Protexida Xunta de Galicia- CMA- Dirección Xeral da Conservación da Natureza. Xefatura do Servizo de Conservación dos Espazos Naturais.

3) Monteferro nos Instrumentos de ordenación territorial

Monteferro nas NNCCSSP do Concello de Nigrán

• Extracto da ORDENANZA 17. De sitios costeiros sobresaíntes de singular interese forestal e paisaxístico

Monteferro nas DOT de Galicia (2011)

• DOT. Memoria. 2.2. Vigo-Pontevedra. A rexión urbana das Rías Baixas.

• Extracto do punto 2.2.5. O sistema verde da rexión urbana.

Monteferro e as Illas Estelas no POL de Galicia (2011)

• POL02. TÍTULO II. Paisaxe. POLII.04 Unidades de paisaxe. 06. Rías Baixas. 07. Ría de Vigo. Ficha 06_07_406 Monteferro.

• POL07. TÍTULO VII. Anexos. POLVII.01 Espazos de Interese Paisaxístico. Páxina 27. Espazo nº 88.

4) Monteferro nos instrumentos de ordenación dos espazos naturais e da paisaxe

Monteferro e a ZEC Illas Estelas na RN 2000 - PDRN

• Ficha de Declaración 55. ZEC ILLAS ESTELAS (ES1140012). (Decreto 37/2014. Anexo I).

• Carta de Zonificación 1.55. ZEC ILLAS ESTELAS (ES1140012). (Decreto 37/2014. Anexo II. PDRN 2000).

MF no catálogo das paisaxes de Galicia

• Catálogo das Paisaxes de Galicia. VII. Rías Baixas. Anexo de miradoiros. Páxinas 470 e 471: Monteferro.

• Erros e omisións: Espazos Naturais NON. Rede Natura NON. Patrimonio: só menciona o petroglifo Coello 2.

PE2. Monteferro 47 de 65 2016.04.23

Page 48: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

PE2. Monteferro 48 de 65 2016.04.23

Page 49: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

Proposta Específica 3. ZEC A Ramallosa (Foz do Miñor)

1. Os valores naturais da Foz do Miñor

• A O Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia (2014) contén a ficha 46. ZEC ES1140003 A Ramallosa(páx. 149 a 151). Nós preferimos utilizar o nome real do espazo, Foz do Miñor.

• O punto 46.2 (páx. 151) contén a información oficial Natura 2000 actualizada e pendiente de validaciónpola Comisión Europea.

• A fauna realmente existente vai moi alén da considerada no Anexo II da Directiva 92/43/CEE, e foirelacionada nas nosas alegacións á ampliación da Rede Natura 2000 de Galicia presentada pola Xunta deGalicia en 2012.

2. A Foz do Miñor no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia de 1991

Facemos achega ao I.E.T. da carta do RXENG: Pontevedra - Espazo Natural 11. Foz do Miñor.

3. A ZEC A Ramallosa no Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia

O espazo declarado LIC (hoxe ZEC) é o comprendido entre a ponte da estrada Vigo-Baiona e a barra daLadeira. Non comprende o espazo intermareal e fluvial situado augas arriba da ponte, nin a franxa mariñacomprendida entre A Ladeira e a liña Monte Lourido (ao N) - Santa Marta (ao S).

4. O Informe da Dirección Xeral da Conservación da Natureza (2008.11.04) sobre dúas propostasrealizadas polo Concello de Nigrán (Foz de Miñor e Monteferro):

- Proposta de ampliación do LIC "A Ramallosa".

Dados os valores naturais da zona, a proposta semella viable, pois daría continuidade a unha zonade elevado valor ecolóxico do contorno do río Miñor.

En todo caso, estímase que sería conveniente que o límite da ampliación continuase polo deslinde dodominio público marítimo-terrestre das marxes do río, que é a zona que amosa o valor máximo, xaque máis fora atópanse edificacións, cultivos, vieiros e outras infraestruturas.

5. A ampliación proposta pola Xunta de Galicia en 2012

A ampliación proposta, pero non realizada pola Xunta, incluía o espazo intermareal e fluvial augas arriba daponte, pero non a franxa mariña entre A Ladeira e a liña Monte Lourido-Santa Marta.

6. A solicitude de Galiza Non Se Vende nas nosas alegacións á proposta da Xunta en 2012

Celebrábamos a ampliación augas arriba da ponte, pero reclamábamos -e seguimos reclamando- aampliación da ZEC á franxa mariña entre A Ladeira e a liña Monte Lourido-Santa Marta.

Dito doutro xeito: reclamamos para a ZEC A Ramallosa a extensión (e tamén o nome) do Espazo Natural 11.Foz do Miñor que figura no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia de 1991.

7. A non realización da ampliación proposta pola Xunta en 2012

A ampliación non se realizou, e non sabemos a causa. As nosas alegacións non foron respondidas.

8. Os impactos da presión antrópica na ZEC A Ramallosa

A pesar da súa condición de LIC, a Foz do Miñor está sometida a unha grande presión antrópica e aos seusimpactos:

Presión urbanistica en todo o contorno do LIC. É moi salientable a urbanización parcial da barra daLadeira cun complexo formado por restaurante, piscina, bungalows e camping. Os edificios do complexo,incluido o campig, que está delimitado por muros de formigón, constituén unha barreira que impide adinámica dunar. Os bungalows teñen sentenza firme de derrubo por parte do Tribunal Superior deXustiza de Galiza dende 2004, pero aínda permenecen e pé.

Contaminación por augas residuais, fundamentalmente, pero con toda probabilidade non só, urbanas. Émoi salientable a existencia de varios puntos de verquido incontrolado de augas residuais. Os efectos

PE3. A Foz do Miñor 49 de 65 2016.04.23

Page 50: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

son devastadores: a Foz do Miñor foi Zona Pechada ao marisqueo dende agosto de 2010 ata 2014.Dende entón está clasificada como Zona C de marisqueo. Pero non temos garantía de que a situaciónmellorase. Polo contrario, hai novas alarmantes sobre o empeoramento dos resultados analíticos.

Artificialización progresiva das súas ribeiras e accesibilidade progresiva ao interior do LIC. Sonsalientables dous paseos artificiais.

◦ Un deles, chamado sendeiro panorámico, intérnase no LIC actual, percorrendo o borde dunha zonade terra firme que se adentra na Foz.

◦ O outro está constituido por unhas pasarelas cuxo obxecto é facilitar o acceso cómodo entrediversos tramos da barra da Ladeira, na súa cara interior, en pleno LIC.

Os impactos resultantes son: a presenza humana en lugares ata agora non frecuentados, o ruido, asmolestias conseguintes para a fauna e a degradación do hábitat. A apertura do “sendeiro panorámico”provocou que as aves nidificantes abandoasen a zona.

9. SOLICITUDE PARA A FOZ DO MIÑOR

1) Ampliación da ZEC Foz do Miñor de acordo coas alegacións de GNSV de 2012

Mantemos perante a Consellería de Medio Ambiente a solicitude de ampliación da ZEC que fixemos nasalegacións de Galiza Non Se Vende á proposta de ampliación da Xunta en 2012. A nosa solicitude vaialén da ampliación proposta pola Xunta en 2012 e coindice substancialmente co Espazo Natural 11. Fozdo Miñor (Pontevedra) do Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia de 1991.

2) Declaración de AEIP para a Foz do Miñor ampliada segundo as alegacións de GNSV de 2012

Solicitamos a declaración de Área de Interese Paisaxístico para a Foz do Miñor no ámbito da ZECampliado según as alegacións de GNSV de 2012, por tratarse dun espazo natural valioso, cuxa protecciónactual, ademais de parcial, só é teórica.

3) Estudo ambiental e paisaxístico da Foz do Miñor

Que o I.E.T. recolla a nosa solicitude e promova, diante dos organismos competentes da Xunta de Galicia,un estudo ambiental e paisaxístico sobre o estado actual da Foz do Miñor.

4) Declaración transitoria de AEAP

Dados os impactos que a ZEC está sufrindo, expoñemos á consideración do I.E.T. a oportunidade da súadeclaración como Área de Especial Atención Paisaxística.

Entendemos que a declaración de AEAP sería transitoria, e tería por obxecto a integración paisaxística daFoz, xunto coa rexeneración ambiental que vimos reclamando dende hai anos.

DOCUMENTACIÓN DE REFERENCIA:

2008 Proposta de ampliación do LIC A Ramallosa Concello de Nigrán á Xunta de Galicia- CMA -Dirección Xeral da Conservación da Natureza

2008.11.04 Informe da Dirección Xeral da Conservación da Natureza sobre dúas propostas do Concello deNigrán: Proposta de ampliación do LIC A Ramallosa e Proposta de Paisaxe Protexida Monteferro-IllasEstelas. (Informe favorable con recomendacións).

ANEXOS

• Carta do Espazo Natural 11. Foz do Miñor (Rexistro Xeral dos Espazos Naturais de Galicia, 1991).

• Carta do LIC e proposta de ampliación da Xunta de Galicia en 2012

• Carta de Declaración 46. ZEC A RAMALLOSA (ES1140003) (Decreto 37/2014. Anexo I).

• Carta de Zonificación 1.46. ZEC A RAMALLOSA (ES1140003) (Decreto 37/2014. Anexo II – PDRN).

PE3. A Foz do Miñor 50 de 65 2016.04.23

Page 51: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

PE3. A Foz do Miñor 51 de 65 2016.04.23

Page 52: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

Carta do Espazo Natural 11. Foz do Miñor (Rexistro Xeral dos Espazos Naturais de Galicia, 1991)

PE3. A Foz do Miñor 52 de 65 2016.04.23

Page 53: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

Carta do LIC RAMALLOSA (ES1140003) e proposta de ampliación da Xunta de Galicia en 2012

PE3. A Foz do Miñor 53 de 65 2016.04.23

Page 54: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

Carta de Declaración 46. ZEC A RAMALLOSA (ES1140003) (Decreto 37/2014. Anexo I)

PE3. A Foz do Miñor 54 de 65 2016.04.23

Page 55: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

Carta de Zonificación 1.46. ZEC A RAMALLOSA (ES1140003) (Decreto 37/2014. Anexo II - PDRN)

PE3. A Foz do Miñor 55 de 65 2016.04.23

Page 56: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

Proposta Específica 4. A XUNQUEIRA DO LAGARES

1. VALORES AMBIENTAIS DA XUNQUEIRA DO LAGARES ANTES DO COMEZO DA CONSTRUCCIÓN DA NOVA EDAR DE VIGO (texto de 2008)

1.1 Un valioso ecosistema inventariado pola Xunta de Galicia

A Xunqueira do Lagares é o humidal conformado pola foz natural da desembocadura do río, é dicir, un medio natural fluvial-marismán-mariño que, na súa orixe, non tiña alteracións de orixe antrópica. Este humidal, a pesar de que sofreu un grave proceso de colmatación forzada por accións antrópicas irracionais, aínda constitúe un ecosistema valioso e recuperable, que alberga diferentes hábitats e seres vivos considerados de Interese Comunitario e incluidos nas Directivas europeas 43/92/CEE (de Conservación dos Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres) e 79/409/CEE (de Conservación das Aves Silvestres).A Xunqueira do Lagares está incluida dentro do Inventario de Zonas Húmidas de Galicia realizado pola Conselleríade Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia.

1.2 Cinco Hábitats de Interese Comunitario

Atendendo á Directiva 43/92/CEE, do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á Conservación dos Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres, a Xunqueira do Lagares alberga cinco Hábitats de Interese Comunitario, un deles considerado Prioritario.

Un Hábitat de Interese Comunitario considerado Prioritario

A Xunqueira aínda conserva unha parte dos seus bosques de ribeira aluviais ou pantanosos, no lugar da Carrasqueira. En concreto, o bosque aluvial de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae), está catalogado como Hábitat de Interese Prioritario pola Directiva 43/92/CEE (cód. 91 E0). Ademáis, posúe uhas características únicas no concello de Vigo. Deste hábitat queda a parte que non sepultou a actual EDAR e, de levarse a cabo a súa ampliación, podería desaparecer por completo.

A propia Carrasqueira conserva, ademáis, outras especies características deste ecosistema, coma Quercus robur, Laurus nobilis ou Ruscus aculeatus. Tamén aparecen algunhas especies de escasa distribución no Concello de Vigo, como Osyris alba. E todo pesares de estar este hábitat moi ameazado nalgunhas zonas pola eucaliptización,sobre todo despois dun lume que se deu en 2005.

O texto do propio anteproxecto declara:

“Los bosques pantanosos tendrían mayor relevancia por su rareza y su consideración de Hábitat de Interés Prioritario, y probablemente se erigirían en las formaciones vegetales de mayor interés en el área de estudio”.

Sen embargo, o anteproxecto asume os graves danos que inflixiría a este valioso hábitat:

“El anteproyecto de la E.D.A.R. afectará mayoritariamente a la unidad de vegetación de los bosques pantanosos”.

Catro Hábitats de Interese Comunitario

Nas xunqueiras propiamente ditas hai que salientar varias especies características, coma Salicornia sp., Hamilione portulacoides e Aster tripolium. Ademáis, hai presenza de flora exótica como Cotula coronopifolia e Cortaderia selloana.

Deste xeito, ademáis do bosque aluvial da Carrasqueira, a Xunqueira presenta outros catro Hábitats de Interese Comunitario:

1) Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areosas (cód 1310).2) Pasteiros de Spartina (Spartinion) (cód. 1320).3) Matogueiras halófitas mediterráneas e termoatlánticas (cód. 1420).4) Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition (cód. 3150).

PE4. A Xunqueira do Lagares 56 de 65 2016.04.23

Page 57: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

Recoñecemento dos Hábitats no anteproxecto da EDAR

No propio anteproxecto de 2008 citábase a importancia destes cinco hábitats en diferentes parágrafos. Nun delescoméntase o seguinte:

“Al margen de la flora catalogada, las especies y poblaciones de mayor interés son aquellas asociadas amarismas, bosques pantanosos y ambientes dulceacuícolas por su relativa escasez en el contextogeográfico”. Noutro incídese sobre o mesmo argumento: “Los cinco Hábitats de Interés Comunitariolocalizados en el área de estudio son hábitats escasos en el contexto geográfico regional, por estarvinculados a ambientes de extensión reducida como son los marismeños, lagunares y pantanosos. Aunque detodos ellos existen mejores representaciones en el entorno de la ría de Vigo, su interés es elevado por surelativa escasez”.

1.3 Fauna

Avifauna

A Xunqueira cumpre a importante función de lugar de invernada e de descanso nos pasos migratorios para moitas especies de aves, algunhas delas incluídas na Directiva 79/409/CEE. A poboación de aves na Xunqueira pódese resumir do xeito seguinte:

1. Unha comunidade de aves conformada por máis de 100 especies diferentes, entre estivais, invernantes esedentarias.

2. Nove especies de aves presentes na zona afectada polo anteproxecto figuran no Anexo I da Directiva 79/409/CEE, do Consello, de 2 de abril de 1979, relativa á conservación das aves silvestres.

Entre estas especies salienta a folosa acuática (Acrocephalus paludicola) que só cría de xeito escaso na zona sur do Mar Báltico e que na Xunqueira do Lagares atopa un lugar de descanso nas súas migracións; outras son a papuxa do mato (Sylvia undata), o papoazul (Luscinia svecica), o picapeixe (Alcedo atthis), a garzota (Egretta garzetta), o falcón pelengrín (Falco peregrinus), a píllara dourada común (Pluvialis apricaria), ou o mazarico rabipinto (Limosa lapponica).

Hai que salientar que, tras a construcción da actual EDAR, deixáronse de observar moitas especies na marisma, algunhas delas en grave perigo de extinción a nivel mundial, como a folosa acuática. Unha destas especies, o rascón de auga (Rallus aquaticus), desapareceu durante lustros e agora apareceu nun lugar da Carrasqueira que sería arrasado se se levase a cabo a ampliación da EDAR.

Mamíferos

Poboacións de mamíferos da Xunqueira incluidos na Directiva 92/43/CEE:

1) Poboacións de lontra (Lutra lutra) e arroás (Tursiops truncatus), presentes na zona afectada polos verquidos da EDAR, tanto convencionais como de “By-pass”. Estas dúas das especies están incluídas nos Anexos II e IV da Directiva 92/43/CEE.

2) Poboacións de morcegos das especies Myotis myotis, Rhinolophus hipposideros, R. ferrumequinum, tres das especies incluídas nos Anexos II e IV da Directiva 92/43/CEE.

3) Poboacións de morcegos das especies Plecotus auritus, Pipistrellus pipistrellus, Eptesicus serotinus, tres das especies incluídas no Anexos IV da Directiva 92/43/CEE.

4) Poboación de ourizo cacheiro (Erinaceus europaeus), unha das especies incluídas no Anexo IV da Directiva 92/43/CEE.

Neste apartado hai que referir tamén fauna exótica invasora, como é o caso do visón americano.

Herpetofauna

Entre a herpetofauna hai que salientar a cobra de colar, a lagartixa galega (endemismo do NO da Península Ibérica) e a rá verde. A fauna incluida na Directiva 92/43/CE pode resumirse así:

1) Poboacións de lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi) e sapiño pinto (Discoglossus galganoi) presentes na zona afectada, dúas das especies incluídas nos Anexos II e IV da Directiva 92/43/CEE.

PE4. A Xunqueira do Lagares 57 de 65 2016.04.23

Page 58: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

2) Poboacións de limpafontes verde (Triturus marmoratus), estroza (Hyla arborea) sapiño comadrón (Alytesobstetricans) e cobra lagarteira común (Coronella austriaca), catro das especies incluídas no Anexos IV da Directiva 92/43/CEE.

Ictiofauna

1) Poboación de vermella (Chondrostoma arcasii), endemismo da Península Ibérica e especie incluída no Anexo II da Directiva 92/43/CEE.

2) Toda a comunidade ictícola presente na zona afectada polos verquidos de “By-pass”do emisario da EDAR.

1.4 Paisaxe

Aplicando o método taxonómico do “Atlas da paisaxe de España” e analizando as características desta formación arbórea observamos como a súa calidade paisaxística califícase de alta, a súa fraxilidade visual como alta tamén ea súa capacidade de acollida como baixa.

2. HISTORIAL DE AGRESIÓNS AMBIENTAIS Á XUNQUEIRA

Remitimos ao Instituto de Estudios do Territorio á consulta do punto 10.4 das alegacións de Galiza Non Se Vende á proposta de ampliación da Rede Natura 2000 realizada pola Xunta de Galicia en 2012.

O texto das alegacións entregouse como anexo ao noso documento inicial de alegacións ao Catálogo das paisaxesde Galicia o 13 de abril de 2016.

3. SOLICITUDE PARA A XUNQUEIRA DO LAGARES

Despois dunha longa loita en favor da declaración da Xunqueira como LIC da RN 2000, e en contra do proxecto da nova EDAR de Vigo na Xunqueira do Lagares, non puidemos conseguilo.

Propuxemos, no seu lugar, unha rede de pequenas depuradoras situadas segundo as concas fluviais do munici-pio, e interconectadas entre elas, ademáis da progresiva implantación dunha rede de saneamento separativa, pero non o conseguimos.

A Xunqueira do Lagares sufriu agresións aberrantes ao longo da historia, sobre todo a finais do século XX e no co-mezo deste século XXI. A súa contorna foi case completamente destruida. E non sabemos cal será, ao final das obras, o estado da antiga saíña, patrimonio etnográfico que abrangue case a totalidade do leito do esteiro.

Pero parece que se vai tentar conservar unha parte do amial da Carrasqueira. E a Xunqueira pode e debe conser-var parte dos seus valores como humidal.

En consecuencia, SOLICITAMOS:

1) Estudo e seguimento do impacto ambiental, paisaxístico e etnográfico das obras da EDAR na Xunqueira do Lagares

Que o I.E.T. recolla a nosa petición e promova, diante dos organismos competentes da Xunta de Galicia,o cumprimento da lei de avaliación ambiental, requerindo o preceptivo estudio e seguimento doimpacto ambiental, paisaxístico e etnográfico das obras da EDAR na Xunqueira do Lagares.

2) Declaración de AEAP para a XunqueIra do Lagares

Que a Xunqueira do Lagares sexa declarada, como espazo natural valioso degradado, Área de EspecialAtención Paisaxística, e que se acometa a súa rexeneración.

PE4. A Xunqueira do Lagares 58 de 65 2016.04.23

Page 59: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

ANEXO 1

REXISTRO XERAL DE ESPAZOS NATURAIS DE GALICIA

Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento

LOCALIZACION DE ESPAZOS NATURAIS: A CORUÑA (51)

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/ http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/COREN040.JPG

LOCALIZACION DE ESPACIOS NATURAIS.

MONTE E LAGOA DE LOURO.BALDAIO.LAGOA DE SOBRADO.SERRA DA CAPELADA.LAGUNA E DUNAS DE TRABA.CADOIRO DO XALLAS.FOZ DO ULLA.A CUROTIÑA.CABO VILAN.LAGOA E AREAL DE VALDOVIÑO.

ILLAS SISARGAS.CABO PRIOR.PUNTA HERMINIA.PUNTA LANGOSTEIRA.CABO SANTO ADRIAN.PUNTA DO RONCUDO.CABO TOURIÑAN.CABO FISTERRA.PUNTA DOS REMEDIOS.CABO CORRUBEDO.

ILLAS AGUILLONS.ILLA GABEIRA.ILLA SANTA COMBA.ILLAS HERBOSA-GABEIRAS.ILLAS MIRANDAS.ILLA CARBOEIRA.ILLA DA MAROLA.ILLA DE SAN PEDRO DE VISMA.ILLA DA REDONDA.ILLA DO RONCUDO.

ILLA DA ESTRELA.ILLA CENTOLO DE FISTERRA.ILLA DA CREBA.ILLA SAGRES.ILLAS CEBOLEIRO E CARREIRO.ILLAS SALVOA, NORO, HERBOSA, VIONTA.ILLA DA RUA.ILLA VILAN DE FORA.ESTACA DE BARES.ESTEIRO DO SOR.

RIAS DE ORTIGUEIRA E LADRIDO.MARIÑAS DE BETANZOS.CORRUBEDO.MONTE DO PINDO.VAL INFERIOR DO EUME.MARIÑAS DE CALDEBARCOS E PRAIAS DE CARNOTA.ENSENADA DE INSUA.PUNTA CANDELARIA.PUNTA COTELADA.RIBEIRA DO DUBRA.

PUNTA SEIXO BRANCO.

PE4. A Xunqueira do Lagares 59 de 65 2016.04.23

Page 60: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións

LOCALIZACION DE ESPAZOS NATURAIS: LUGO (26)

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/ http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGEN001.JPG

LOCALIZACION DE ESPACIOS NATURAIS.

CANON DO SIL.CHARCA DE PUMAR.LAGOA DE COSPEITO E ESPIÑEIRA.RIA DE RIBADEO.MONTEFURADO.SERRA DO XISTRAL E DO CADRAMON.ESTEIRO DO SOR.OS ANCARES.ILLA DE SARON.ILLA COELLEIRA.

MONTE AGUIEIRA.A PITINIDOIRA.FRAGA DE CARBALLIDO.O COUREL.FRAGA DA MARRONDA.COVAS DO REI CINTOLO.ILLA DOS FARALLONS.ILLA DE NETOS.ILLA GABEIRA E INSUA DA AREA.ILLA PANCA.

ILLA INSUELA.SOUTO DE RETORTA.CARBALLEIRA DE CARTELOS.FOZ DO BUBAL.ACIÑEIRAL DE CRUZUL.FRAGA DE SAN XES.

Catálogo Paisaxes Galicia 60 de 65 2016.04.23

Page 61: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

LOCALIZACION DE ESPAZOS NATURAIS: OURENSE (21)

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/ http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/OUREN001.JPG

LOCALIZACION DE ESPACIOS NATURAIS.

SERRA DE XURES.CANON DO SIL.ENCORO DE SAN MARTIÑO.VEIGA DE LIMA.VEIGA DE PONTE LIÑARES.ENCORO DAS CONCHAS.SERRA DO SUIDO.RIBEIRAS DO MIÑO.RIO NAVEA.SERRA DA PENA.

AS GARGANTAS DO RIO BIBEI.SANTO ESTEVO DE RIBAS DE SIL.MONTES DE PENA TREVINCA E O TEIXEDAL DE CASAIO.SERRA DA QUEIXA,MONTES DO INVERNADEIRO.PENA CORNEIRA.A RAÑA DE ARNADO.FOIO CASTAÑO.PAZOS DE ARENTEIRO.SERRAS DE CEREIXIDOS, DOS CABALOS, DA ENCIÑA DA LASTRA E MONTES DE OULEGO.CADOIRO DO RIO FIRVEDA.

FOZ DO BUBAL.

Catálogo das paisaxes de Galicia 61 de 65 2006.04.23

Page 62: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

LOCALIZACION DE ESPAZOS NATURAIS: PONTEVEDRA (28)

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/ http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/PONEN022.JPG

LOCALIZACION DE ESPACIOS NATURAIS.

ILLAS CORTEGADA, MALVEIRAS E AS BRIÑAS.COMPLEXO UMIA-O GROVE.COMPLEXO UMIA-O GROVE (BIS).COMPLEXO UMIA-O GROVE (TRIS).MAR DE SAN SIMON.BARRA, CABO HOME.PUNTA UDRA.SALONS DO RIO LEREZ.ESTEIRO DO MIÑO.A FOZ DO ULLA.

A FOZ DO MIÑOR.ENCORO DE EIRAS.LAGOA SAGRA DE OLIVES.FERVENZA DO RIO TOXA.BICO DE CURANTES.MONTE ALOIA.COTO REDONDO.CARBALLEIRA DE COIRO.CARBALLEIRAS DO VERDUGO.SOBREIRAIS DO ARNEGO.

SERRA DE ARGALLO.ILLAS CIES.ILLAS ONS E ONZA.AS GANDARAS DE BUDIÑO.MONTES DO MORRAZO.SERRA DO SUIDO.SERRA DO CANDAN E ZOBRAPENAS DE SAN CIBRAN DE SALCEDA

Catálogo das paisaxes de Galicia 62 de 65 2006.04.23

Page 63: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

A Terra Non Se Vende R.C.A. _______ Documento de Alegacións II

Catálogo das paisaxes de Galicia 63 de 65 2006.04.23

Page 64: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

Documento de Alegacións II

SOLICITUDE FINAL

Por todo o exposto, solicitamos:

• Que a nosa proposta xeral sexa atendida e aceptada.

• Que, con ela, sexan atendidas e aceptadas as catro propostas específicas que aquíformulamos, pois son consecuencia inevitable da proposta xeral.

• Que o Catálogo das paisaxes de Galicia non sexa, unha vez rematada esta fase dealegacións, un instrumento pechado, senón un instrumento aberto á participación cidadá een constante revisión e actualización.

• Que se promova a concienciación da cidadanía, unha participación máis eficaz e oapadriñamento ou custodia do territorio por parte dos veciños de cada lugar.

Catálogo das Paisaxes de Galicia 64 de 65 2016.04.23

Page 65: ALEGACIÓNS II AO CATÁLOGO DAS PAISAXES DE GALICIA€¦ · ORDE do 4 de febreiro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Territorio da Xunta de Galicia, pola que se somete a

Documento De Alegacións II

SINATURAS

Vigo, 23 de abril de 2016

No nome da rede: No nome e representación de: E no nome da rede:

Terra viva e vida dignapara tod@s

www.galizanonsevende.org

Terra viva e vida dignaRCA: _______

Unha rede en defensada Ría de Vigo

www.arianonsevende.org

Asina:

_______D.I. _______

No nome e representación de:No seu propio nome e

no nome das asociacións:

Colectivo Ecoloxista LUITA VERDE

Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

https://defendeomorrazo.wordpress.com/ RCA: _______

www.salvemosmonteferro.org

Asina: Asina:

_______D.I. _______

________D.I. ________

Catálogo das Paisaxes de Galicia 65 de 65 2016.04.23