actividades semana 16 ao 18 de marzo · 2020-06-18 · actividades semana 16 ao 18 de marzo...

16
Actividades semana 16 ao 18 de marzo Instrucións: - Vos propoño para esta semana unha serie de acvidades de repaso e reforzo dos temas correspondentes aos pos de organización políca e de introdución para o tema que estabamos empezando sobre economía. - Dado que para esta primeira semana de parón teríamos dous días clase, vou dividir as tarefas para dous días: Para o primeiro día as acvidades 1 e 2. A acvidade 1 consiste en rechear os ocos co vocabulario que se ofrece no principio da acvidade, paréceme ul para fixar conceptos e adquirir e comprender vocabulario. A acvidade 2 consiste en indicar no mapa unha serie de puntos e espazos xeográficos a parr da información que se ofrece na propia acvidade. Para o segundo día hai que ver un par de videos introductorios para o tema de economía e facer as tarefas indicadas na acvidade 3. -Para calquera dúbida, comentario ou mesmo se queredes enviarme os exercicios para a súa corrección, volvo a deixar o meu correo: [email protected] . -Ademáis podedes aproveitar o parón para refacer o traballo sobre a Guerra dos 30 anos ( aqueles que o tedes suspenso), para avanzar no traballo sobre a UE ou mesmo para facer as acvidades de ampliación voluntaria, aquí as lembro: El Capitan Alatriste. Arturo Pérez Reverte. Ed Alfaguara. (1 p max) . Argumento da novela e comentario sobre a ambientación histórica ( é decir con que fidelidade presenta a etapa histórica e que aspectos trata do século XVII) El Capitan Alatriste (Pelicula) hps://www.youtube.com/watch? v=LHAFtqo9yAg&has_verified=1 ( 0,5 p. max) Argumento da película e comentario histórico ( que feitos históricos destacados reflexa a película 1984. George Orwell. ( 1p max). Argumento da novela e análise do po de organización políca que reflexa 1984 (Película).hps://www.youtube.com/watch?v=RYXGHK4PkSo ( 0,5 max)Esta

Upload: others

Post on 27-Jun-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Actividades semana 16 ao 18 de marzo · 2020-06-18 · Actividades semana 16 ao 18 de marzo Instrucións: - Vos propoño para esta semana unha serie de actividades de repaso e reforzo

Actividades semana 16 ao 18 de marzo

Instrucións:

- Vos propoño para esta semana unha serie de actividades de repaso e reforzo dos temas

correspondentes aos tipos de organización política e de introdución para o tema que

estabamos empezando sobre economía.

- Dado que para esta primeira semana de parón teríamos dous días clase, vou dividir as

tarefas para dous días:

• Para o primeiro día as actividades 1 e 2. A actividade 1 consiste en rechear os ocos

co vocabulario que se ofrece no principio da actividade, paréceme util para fixar

conceptos e adquirir e comprender vocabulario. A actividade 2 consiste en indicar no

mapa unha serie de puntos e espazos xeográficos a partir da información que se

ofrece na propia actividade.

• Para o segundo día hai que ver un par de videos introductorios para o tema de

economía e facer as tarefas indicadas na actividade 3.

-Para calquera dúbida, comentario ou mesmo se queredes enviarme os exercicios para a súa

corrección, volvo a deixar o meu correo: [email protected] .

-Ademáis podedes aproveitar o parón para refacer o traballo sobre a Guerra dos 30 anos

( aqueles que o tedes suspenso), para avanzar no traballo sobre a UE ou mesmo para facer as

actividades de ampliación voluntaria, aquí as lembro:

• El Capitan Alatriste. Arturo Pérez Reverte. Ed Alfaguara. (1 p max) . Argumento da

novela e comentario sobre a ambientación histórica ( é decir con que fidelidade

presenta a etapa histórica e que aspectos trata do século XVII)

• El Capitan Alatriste (Pelicula) https://www.youtube.com/watch?

v=LHAFtqo9yAg&has_verified=1 ( 0,5 p. max) Argumento da película e comentario

histórico ( que feitos históricos destacados reflexa a película

• 1984. George Orwell. ( 1p max). Argumento da novela e análise do tipo de

organización política que reflexa

• 1984 (Película).https://www.youtube.com/watch?v=RYXGHK4PkSo ( 0,5 max)Esta

Page 2: Actividades semana 16 ao 18 de marzo · 2020-06-18 · Actividades semana 16 ao 18 de marzo Instrucións: - Vos propoño para esta semana unha serie de actividades de repaso e reforzo

versión e antiga (1954) e está en ingles subtitulada. Hai unha versión máis moderna

(curiosamente 1984).Argumento da película e comentario dos aspectos do tipo de

organización política que retrata.

-Despois dos exercicios (pax. 14) están os puntos 3 e 4 do tema 6, co que este xa estaría

completo. Aconsello que o imprimades xuntedes co resto do tema. A próxima semana

faremos actividades relacionadas con este tema.

¡SAUDOS A TODOS E MOITO ÁNIMO!

Page 3: Actividades semana 16 ao 18 de marzo · 2020-06-18 · Actividades semana 16 ao 18 de marzo Instrucións: - Vos propoño para esta semana unha serie de actividades de repaso e reforzo

Actividade 1.

Completa os ocos cos seguintes termos: pasado, executivo, políticos, policial, xudicial, socialistas, mafiosos dereito, democracia, expresión, revolucións, funcionarios, nación, asociación, económico, lexislativo, militar, eleccións, benestar, pais, laboral, económico, polarización, militar, disturbios, impostos, cidadáns errado, maioritario, centralista, económicos,laico, seguridade, presidencialista, ditadura, monarquía, democracia, descentralizado, confesional, representativa, bipartidismo, políticos, pseudo, directa, república, parlamentario, proporcional, laborais.

Organización política. Nun primeiro momento, os Estados servían aos gobernantes e aos grupos

privilexiados para facer respectar as normas e decisións do goberno

(poder_______ e policial) e para defenderse doutros Estados (poder

_____). Se non se garante o monopolio da violencia por parte do Estado,

o poder pasa a mans de grupos _________ armados ou señores da

guerra, nese caso falamos de Estado______ . Se non se garante un

poder militar suficiente, entón córrese o risco de ser invadido

militarmente por países que sigan políticas militares expansionistas. Na

Idade Contemporánea, o Estado ampliou e cambiou as súas funcións para

garantir ________ individuais aos seus cidadáns. Despois das

________ liberais do século XIX, obtivéronse dereitos de tipo xudicial,

como a igualdade ante a lei e dereitos de tipo político, aqueles

relacionados coa ___________, como a liberdade de expresión ou a

liberdade de concurrencias ás ______. Despois das revolucións

___________ de finais do século XIX e inicios do século XX,

obtivéronse os dereitos que forman o "Estado do Benestar" . Trátase de

Page 4: Actividades semana 16 ao 18 de marzo · 2020-06-18 · Actividades semana 16 ao 18 de marzo Instrucións: - Vos propoño para esta semana unha serie de actividades de repaso e reforzo

dereitos de tipo ________((dereito a ter traballo e a traballar nunhas

condicións dignas) e dereitos de tipo __________ co fin de garantir

unha vida digna (servizos públicos en educación, sanidade, vivenda,

pensións, desemprego, subsidios para casos especiais, etc.) Para garantir

estes dereitos individuais, o Estado usa ás súas institucións e os recursos

que obtén mediante os _________. Se non se garanten estes dereitos,

aumenta a pobreza, as desigualdades de dereitos e a __________

social (diferenzas entre ricos e pobres). Isto produce ___________

sociais, folgas e revolucións de tipo liberal ou de tipo socialista. Cando os

gobernantes consideran que a situación é demasiado perigosa, deciden

ceder e mellórase no respecto dalgún dereito, co fin de recuperar a

calma. Por tanto os dereitos adquiridos polos cidadáns, son o resultado

das loitas sociais do__________

Vocabulario

Estado: conxunto de institucións encargadas de gobernar e administrar

un territorio independente (definición derivada de Weber). As persoas

que integran o Estado poden ser _______ (elixidos polos cidadáns ou

por outros políticos) ou _______ (traballadores públicos subordinados

aos políticos). Non confundir Estado con _________ que é o territorio

físico sobre o que un Estado exerce o seu control, nin con ________,

que se refire ao colectivo do que pensas formar parte (correspóndase ou

non cun Estado). Ás veces unha parte dos cidadáns quere que a súa

rexión convértase nun Estado independente, porque consideran que é

unha nación distinta. Os habitantes dun país adoitan ter os mesmos

dereitos e deberes, menos os que non teñan a nacionalidade. O conxunto

de persoas que viven neste territorio e están sometidas a un Estado

chámanse ________.

Page 5: Actividades semana 16 ao 18 de marzo · 2020-06-18 · Actividades semana 16 ao 18 de marzo Instrucións: - Vos propoño para esta semana unha serie de actividades de repaso e reforzo

Organizacións supranacionais: aquelas institucións non independentes

que se crean por acordos entre Estados. Por exemplo ONU (para evitar as

guerras), UNESCO (fomentar a educación), UNICEF (dereitos dos nenos),

FMI (préstamos entre países), OTAN (alianza militar), UE (acordos de libre

comercio).

ONG: Organizacións con fins humanitarios que son oficialmente

independentes dos Estados e os partidos.

Poderes do Estado: O Estado ten varios poderes, o que lle permite

cumprir coas súas funcións:

1. Poder _______: Os parlamentos onde se propoñen e aproban as leis.

Ás veces hai unha Constitución que é unha recompilación de leis

fundamentais superiores ao resto de leis.

2. Poder _______ e policial: Os xuíces que se encargan de decidir quen

cumpre ou non coas leis. A policía é a encargada de levar fronte á xustiza

aos sospeitosos de violar unha lei.

3. Poder __________: Os gobernos toman decisións que nos afectan a

todos.

4. Poder ________. O exército que nos protexe de agresións

exteriores.

5. Poder ________. Intervindo en asuntos económicos o Estado

garante que os dereitos sexan universais (para todos). Faino de varias

formas: regulando (poñendo regras e normas) a actividade económica e o

mercado laboral, intervindo na economía como produtor (de servizos

sociais) e consumidor, e finalmente, recadando impostos para garantir o

Page 6: Actividades semana 16 ao 18 de marzo · 2020-06-18 · Actividades semana 16 ao 18 de marzo Instrucións: - Vos propoño para esta semana unha serie de actividades de repaso e reforzo

financiamento dos servizos públicos.

Dereitos que debe garantir o Estado para contar co apoio dos seus

cidadáns.

• Dereitos de ________ e xustiza: pagando a policías, militares e xuíces

que sirvan a todos os cidadáns por igual. Dando cobertura diplomática

aos seus cidadáns no estranxeiro.

• Dereitos _______ (democracia). Dereito á liberdade de pensamento,

de asociación, dereito a elixir os teus representantes en eleccións libres

(liberdade de elixir e de ser elixido), periódicas (que se repiten cada certo

tempo) e con sufraxio universal (votan todos os adultos). Para manter o

sistema democrático o Estado debe pagar aos políticos e ás súas

institucións. Nos países que hai democracia dicimos que a soberanía (o

dereito para decidir) reside no pobo, nos que hai ditadura, a soberanía

(dereito a decidir) pertence ao ditador e os seus achegados.

• Dereitos___________ para dispoñer dun nivel de vida e de ingresos

suficientes, sen que poida darse situacións de pobreza por unha mala

distribución da riqueza. Para isto créanse os servizos públicos de

cobertura universal que cobren as necesidades básicas cando o libre

mercado non o fai ben. Fináncianse con impostos que permiten realizar

investimentos públicos en educación, sanidade, pensións, dependencia,

subsidios, transporte, comunicacións, etc.

• Dereitos_________, que permitan un traballo digno compatible co

desenvolvemento persoal. Para iso págase a inspectores para que vixíen o

cumprimento da regulación, mantense baixo desemprego (paro) e danse

Page 7: Actividades semana 16 ao 18 de marzo · 2020-06-18 · Actividades semana 16 ao 18 de marzo Instrucións: - Vos propoño para esta semana unha serie de actividades de repaso e reforzo

subsidios aos que temporalmente estean parados.

Tipos de Estado segundo varios criterios.

Segundo a súa organización territorial:

• Estado _______: Todo o poder recae no goberno central.

• Estado _________ ou federal: O poder repártese entre o goberno

central e os gobernos rexionais. En España as rexións autónomas

chámanse Comunidades Autónomas, contan co seu propio parlamento, o

seu presidente e o seu consello (goberno). As unidades políticas máis

pequenas chámanse municipios. Están rexidos por un concello formado

por concelleiros e un alcalde.

Segundo a súa relación coa relixión

• Estado______, separación entre o Estado e a relixión. Ningunha

crenza conta con privilexios.

• Estado_______, na que hai unha relixión oficial que conta con

privilexios. A versión máis extrema de estado confesional, é o Estado

teocrático, no que as leis se corresponden cos textos relixiosos.

Segundo a organización política e a forma de acceso ao poder:

• __________. A soberanía, (dereito a exercer o poder) é do ditador, el

decide se hai eleccións e como serán, por tanto non se respectan os

dereitos políticos dos seus cidadáns. As ditaduras poden ser monarquías

absolutas (con Rey) ou repúblicas ditatoriais (sen Rey, de orixe militar). A

miúdo unha ditadura disfrázase de democracia, é unha de pseudo

democracia (falsa democracia).

•__________. A soberanía é do pobo que exerce o seu poder de dúas

formas. Democracia representativa: elixindo os seus representantes entre

os partidos políticos que se presentan ás eleccións. Daquela os máis

Page 8: Actividades semana 16 ao 18 de marzo · 2020-06-18 · Actividades semana 16 ao 18 de marzo Instrucións: - Vos propoño para esta semana unha serie de actividades de repaso e reforzo

votados forman o parlamento. Democracia directa: cando o pobo decide

directamente algo concreto en referendo.

Segundo quen ocupa a xefatura do Estado.

•____________: O xefe do Estado elíxese nunha votación. Chámase

presidente da república e nomea ao goberno.

• __________: O xefe do Estado é un monarca, que accede ao poder

por liñaxe familiar. Pode ser unha monarquía parlamentaria (o rei é un

cargo simbólico sen poder) ou unha monarquía absolutista (o rei

conserva o poder)

Segundo a repartición de poder entre o xefe de estado e o parlamento,

temos:

• Sistema _________. Nos que o parlamento concentra o poder. Pode

tratarse dunha república parlamentaria (Italia, Alemaña) ou dunha

monarquía parlamentaria (España, Reino Unido). Neste segundo caso a

xefatura do Estado ocúpaa un rei pero a soberanía é do pobo, o rei non

goberna, é un cargo simbólico

• Sistema __________, nos que o presidente da república (EEUU,

Francia) ou o xefe de goberno (monarquía) concentra o poder.

Segundo o seu sistema electoral:

• Sistema __________. Os partidos logran os escanos que lles

corresponda segundo a porcentaxe dos votos recibidos. Nos parlamentos

hai moitos partidos e os gobernos fanse por coalición.

• Sistema ________. Créanse varias circunscricións ou se fai unha

fórmula (sistema d´ Hont) para que os partidos máis votados teñan máis

escanos que os que lles corresponden porcentualmente. Os gobernos

fanse en solitario e hai dous partidos dominantes (bipartidismo).

Page 9: Actividades semana 16 ao 18 de marzo · 2020-06-18 · Actividades semana 16 ao 18 de marzo Instrucións: - Vos propoño para esta semana unha serie de actividades de repaso e reforzo

2.Actividade ( a facer no mapa):

1. Identifica cada zona (1 , 2 e 3 mundo) con tres coloreesº º º

diferentes.

2. Sinala o nome dos principais países do 1 mundo (USA, Alemaña eº

Reino Unido) do 2 Mundo (Rusia e China) e do 3 mundo (Brasil,º º

Sudáfrica e India).

3. Na zona do terceiro mundo, remarca unha liña para apreciar os

límites entre lle Mundo musulmán e as outras rexións.

4. Sinala cunha letra os países comunistas ( C) os tigres asiáticos ( T),

as ditaduras petroleiras (D) e os PIGS ( P)

Tipos de Estados segundo a garantía de dereitos individuais dos seus

cidadáns:

• Primeiro mundo central. Estados que, en xeral, cumpren coas súas

obrigacións. A clase baixa (os que non cobren as súas necesidades

básicas) é moi reducida, a clase media (que ten que traballar para cubrir

as súas necesidades) é maioritaria e a clase alta (a que non necesita

traballar para vivir) é reducida. Hai tres zonas: América do Norte (USA e

Canadá), Europa Occidental (os últimos ao leste son Alemaña, Austria,

Suíza e Italia, polo norte inclúe a Finlandia pero non aos países bálticos) e

catro países: Australia, Nova Zelandia, Xapón e Israel. Forman o centro do

sistema económico, controlando as institucións financeiras e sendo os

beneficiarios do comercio internacional. Dentro deste grupo hai

subgrupos como os paraísos fiscais (pequenos estados que viven da fuga

de capitais procedentes doutros países) ou os PIGS (“Porcos”) países

Page 10: Actividades semana 16 ao 18 de marzo · 2020-06-18 · Actividades semana 16 ao 18 de marzo Instrucións: - Vos propoño para esta semana unha serie de actividades de repaso e reforzo

europeos menos ricos: Portugal, Irlanda, Grecia e España.

• Segundo mundo postcomunista. Estados que foron comunistas pero

hoxe non o son e integráronse na economía global. Non forman un grupo

homoxéneo, cada un está nun lugar distinto entre o 1º e o 3º mundo. Son

repúblicas máis ou menos democráticas. Creceron economicamente,

pero aumentou a desigualdade económica dos seus cidadáns.

Consolidouse unha rica clase alta e aumentou a diferenza coas clases

medias e baixas. Abarca toda Europa Oriental, Rusia, Asia central

(Tadxiquistán, Turcomenistán, Usbequistán, Casaquistán, Kirguizistán e

Mongolia) e China. Algúns de Europa melloraron a súa situación

económica, ao mesmo tempo que a situación dos PIGS empeorou,

producíndose unha converxencia entre ambas as zonas, por exemplo

Chequia, Hungría e Polonia. Poderíase incluír nesta categoría, un grupo

especial:

• Países comunistas. Grupo especial formado por Cuba, Vietnam e Corea

do Norte. Satisfán as necesidades básicas do seu cidadáns pero cun nivel

de vida moi baixo e con ditaduras represivas

• Terceiro mundo periférico. Estados que, en xeral, nin cumpren nin

cumpriron no pasado con todos os dereitos políticos, xudiciais,

económicos ou laborais dos seus cidadáns. Unha característica

identificativa dun país terceiromundista, é a pouca forza do Estado, polo

que hai zonas urbanas e rurais que escapan ao seu control e que as

xestionan directamente grupos oligárquicos ou mafiosos locais. A clase

social baixa é a moi ampla e a alta é reducida pero moi rica. A súa riqueza

baséase en exportar materias primas ou produtos industriais baratos ao

primeiro mundo. Compra caros produtos industriais ao primeiro mundo,

saíndo prexudicados polo comercio internacional. Divídese en 3 rexións:

Page 11: Actividades semana 16 ao 18 de marzo · 2020-06-18 · Actividades semana 16 ao 18 de marzo Instrucións: - Vos propoño para esta semana unha serie de actividades de repaso e reforzo

• Mundo musulmán que inclúe varias zonas: o norte de África (os últimos

ao sur son Mauritania, Mali, Níxer, Chad, Sudán, Eritrea, Djibouti e

Somalia), o suroeste asiático (ata a India) e dous países: Bangladesh e

Indonesia. Dentro do mundo musulmán inclúese un subgrupo específico,

as ditaduras petroleiras, que viven dese recurso. Os habitantes divídense

en dous grupos claramente diferenciados: unha clase media

subvencionada na que se están os que ten a cidadanía, e unha clase baixa

formada por traballadores doutros países aos que non se lles concede a

cidadanía. Está integrado por Arabia Saudita e por pequenos estados do

Golfo Pérsico: Kuwait, Emiratos Árabes Unidos, Qatar, Bahrein e Omán.

• África subsahariana (a zona ao sur do norte de África citado antes)

• Asia oriental e meridional (o resto de Asia do sur que non pertence nin

ao Mundo Musulmán, nin ao 2º mundo). Dentro do Asia Meridional,

inclúese un subgrupo específico, os Tigres asiáticos. Países asiáticos que

orixinariamente eran do 3º mundo pero tiveron un desenvolvemento

industrial tan potente, que aumentaron moito a súa clase media. A

metade de camiño entre o 1º e o 3º mundo: Corea do Sur, Taiwan,

Singapura e Hong Kong.

• América Latina (toda América menos norteamérica).

Page 12: Actividades semana 16 ao 18 de marzo · 2020-06-18 · Actividades semana 16 ao 18 de marzo Instrucións: - Vos propoño para esta semana unha serie de actividades de repaso e reforzo
Page 13: Actividades semana 16 ao 18 de marzo · 2020-06-18 · Actividades semana 16 ao 18 de marzo Instrucións: - Vos propoño para esta semana unha serie de actividades de repaso e reforzo

Actividade 3.

• Fai o visionado do seguinte video e anota as ideas principais que se

expoñen sobre a economía :

https://www.youtube.com/watchv=bSxWPyCsh0M&index=1&list=FLVAKeJlr

ESRUvLnOwVgQPvA&t=552s.

• Fai unha redacción na que expliques de que trata o seguinte video:

https://www.youtube.com/watch?v=TIeU7_yqrpc

Page 14: Actividades semana 16 ao 18 de marzo · 2020-06-18 · Actividades semana 16 ao 18 de marzo Instrucións: - Vos propoño para esta semana unha serie de actividades de repaso e reforzo

3.Recursos renovables e non renovables

3.2. Recursos renovables.

Os recursos renovables, xunto aos recursos inesgotables (luz, vento, auga do

mar…), son funfamentais, pois a súa existencia e renovación depende do uso

racional que deles se faga. Como exemplo podemos citar o solo e os bosques.

O solo fértil é básico para a agricultura e gandeiría, que

son a base da alimentación mundial. O uso excesivo de

pesticidas, insecticidas, abonos e cultivos inadecuados

poden frear a súa fertilidade ou facer desaparecer o solo

( desertización e perda de solo),

Os bosques son unha fonte importante de recursos, como

a madeira, pero tamén son necesarios para garantir a absorción do CO2, das

actividades industriais ou cotidianas (

vehículos, etc). A tala e os incendios

dos bosques desprotexen o sólo

fonte aos axentes meteorolóxicos

( erosión e arrastre). Os bosques son

un dos recursos máis

sobreexplotados, sobre todo os

bosques ecuatoriais e tropicais.

A auga doce é un ben renovable e moi escaso no conxunto do planeta. É un

dos recursos máis ameazados, pois non existen alternativas, agás a

Page 15: Actividades semana 16 ao 18 de marzo · 2020-06-18 · Actividades semana 16 ao 18 de marzo Instrucións: - Vos propoño para esta semana unha serie de actividades de repaso e reforzo

desalinización da auga do mar. A contaminación e esgotamento dos acuiferos

ou o derroche deste recurso son un grave peligro debido ao consumo dos

paises con maior índice de desenvolvemento.

3.2. Recursos renovables

O forte desenvolvemento industrial e económico, a elevada poboación mundial

e uns modos de vida caracterizados polo consumismo necesitan cantidades

inmensas de recursos non renovables, coma hidrocarburos ( petroleo, gas

natural) ou os recursos mineiros.

4. A sostenibilidade da actividade económica.

A enorme demanda de recursos que precisa a sociedade de consumo e o

progresivo esgotamento dos non renovables levou a finais do século XX a

plantexar a necesidade de conseguir actividades sostibles.

Page 16: Actividades semana 16 ao 18 de marzo · 2020-06-18 · Actividades semana 16 ao 18 de marzo Instrucións: - Vos propoño para esta semana unha serie de actividades de repaso e reforzo

Áreas tropicais: selvas ecuatoriais e tropicais tálanse a gran velocidade para

obter madeira, minerais do subsolo e obter áreas para pasto do gando.

Áreas desérticas: as cercanas ao Ártico ( Alaska, norte de Siberia…) e os

desertos ( Arabia, Sahara, Kalahari, Atacama), son zonas de extracción de

petróleo, gas natural e minerais, causando unha gran contaminación e

perxudicando aos poboadores destas zonas.

Áreas de montaña: madera, minerais, auga, lugares de esparcemento e

deportes.

Áreas costeras: moi contaminadas polas industrias e urbanización do litoral, ao

que se suman os novos parques eólicos mariños e a explotación de xacementos

submariños de petróleo e gas.

O desenvolvemento económico sostible é o

que aproveita, pero non esgota, os recursos

renovables, e non dana os espazos naturais e

os seus habitantes. Segundo as Nacións Unidas

os recursos son patrimonio de toda a

Humanidade e deben ser utilizados con

criterios de sostibilidade económica, socila e

medioambiental