actividades anpa curso 2010 2011

17
Actividades ANPA 2.010-2.011

Upload: anpaleboris

Post on 12-Jul-2015

700 views

Category:

Travel


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Actividades anpa curso 2010 2011

Actividades ANPA 2.010-2.011

Page 2: Actividades anpa curso 2010 2011

Integración na federación de ANPASA integración buscaba participar en cursos impartidos por esa entidade, co

obxectivo de os membros da ANPA acheguen á nosa asociación todos os seusrecursos persoais e formativos para axudar ao logro dunha xestión eficiente.

Page 3: Actividades anpa curso 2010 2011

Investimentos en Comunicación:

Realizamos grandes esforzos en comunicar, para que todos os integrantes da ANPA teñan a oportunidade de participar nas decisións colectivas. As continuas asembleas para informar, propoñer e debater deben permitir unhafluída comunicación entre as persoas asociadas.

Page 4: Actividades anpa curso 2010 2011

Samaín!!!Que medo pasamos na máxica celebración do Samaín!Na mañá do último venres de outubro, unhas nais, como membros dun pobo confondas crenzas relacionadas coa inmortalidade da alma, provintes da noite dostempos e cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos á escuridadedo inverno, buscou un mecanismo de reparación aos males: repartir castañas domagosto entre o alumnado do IES Agra de Leborís na celebración do Samaín.

Uns visitantes moi especiais, que percorreron A Laracha pola noite, tentaban facer, ámañá seguinte, unha vida normal para confundirse entre a poboación. Algúnssemellaban ser estudantes do IES Agra de Leborís.

.

Page 5: Actividades anpa curso 2010 2011

MagostoEn novembro, como en toda Galiza, celebramos o magosto no instituto da Laracha.Os nosos antepasados celtas non tiñan templos, no sentido latino da palabra

templum; celebraban as súas festas e as súas cerimonias rituais nun claro do bosque.O bosque e o templo eran, para os nosos antepasados, nocións equivalentes.O templo da sabedoría das nosas fillas e fillos é, na actualidade, o instituto.Que mellor lugar para celebrar o Magosto que no IES Agra de Leborís?

Page 7: Actividades anpa curso 2010 2011

EntroidoO venres 4 de marzo do 2.011, celebramos o Entroido como actividade extra -

escolar, organizada pola ANPA. Esta festa popular inseriuse no centro escolar como

xeito de romper todas as normas, de cambiar de personalidade ou identidade e

ironizar sobre as cousas, situacións ou as institucións. Houbo varios premios !!!

Page 8: Actividades anpa curso 2010 2011

Letras Galegas 2.011 Na ANPA colaboramos na celebración das Letras Galegas realizando unhapancarta como xeito de exaltar a nosa lingua a través da manifestación literaria das nosas escritoras e escritores. Este ano, a RAG dedicoulle o día das Letras Galegas a Lois Pereiro, que legou á poesía galega uns versos de extraordinaria forza e brillante modernidade. No IES Agra de Leborísrealizáronse diversas actividades agasallando a figura literaria do poeta.

Page 9: Actividades anpa curso 2010 2011

Xornadas “Educación no futuro”: A nova universidade.A Declaración de Boloña, creou un Espazo Europeo de Educación Superior. Istorequire ao alumnado adaptarse aos cambios no acceso á universidade. Para estas cuestións contamos co asesoramento de Loli Fernández Vázquez, xefa de negociado na Universidade da Coruña, con ampla experiencia en xestión académica.

Tempo despois, o pasado martes 14 de xuño, houbo outra reunión específica entre o alumnado de segundo de bacharelato e Loli Fernandez Vázquez, para resolver as dúbidas que xurdiron á última hora.

Page 10: Actividades anpa curso 2010 2011

A ANPA posicionouse en contra da supresión dunha praza de inglés no IES Agra de Leborís:A ANPA “Manuel Murguía” rexeitou, diante da consellaría de Educación, o novo recorte de profesorado que o actual goberno da Xunta de Galiza impuxode novo no IES Agra de Leborís da Laracha, ao deixar sen cubrir unha prazadefinitiva de profesor de inglés para o vindeiro curso escolar.Tampouco cubriu ao principio do presente curso 2.010 – 2.011 tres prazas de da plantilla definitiva do IES Agra de Leborís da Laracha ( quedaron sen cubrir prazas de profesorado de matemáticas e castelán)

Page 11: Actividades anpa curso 2010 2011

Asemblea Xeral Ordinaria ANPA17 xuño 2.011

1.-Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.2.-Estado das contas da ANPA curso 2.010 -2.011.3.-Informe sobre o incremento de [email protected]álise das tarefas realizadas: avaliación de obxectivos .5.-Propostas de novas actividades. 6.-Actuacións fin de curso. 7.-Subvencións aprobadas e cursadas (concello da Laracha e deputación da Coruña).8.-Rogos e preguntas.

Page 12: Actividades anpa curso 2010 2011

Estado das contas da ANPA curso 2.010 -2.011.

• RESUME DAS CONTAS CURSO 2010-2011• SALDO CURSO 2009-2010: 1733,80 €• SALDO EN CONTA A XUÑO 2010: 1709,52• SALDO EN EFECTIVO 24/09/2010 24,28 • TOTAL SALDO 1.733,80 €

• INGRESOS CURSO 2010-2011 • SOCIAS/OS : 770,00• CTA. BANCARIA: 0,06 • TOTAL 770,06 €

• GASTOS CURSO 2010-2011• COPIAS 174,92• CORREOS 24,85• LIBRO ACTAS 18,75 • TAXAS XUNTA 17,71 • TELEFONOS A.N.P.A. 39,00 • FEDERACION DE A.N.P.A. 100,00• MAGOSTO 100,00• PREMIOS ENTROIDO 170,00• PANCARTAS 241,90 • ALUGUER DISCO, ESCEARIOS E ALTAFALANTES 854,00• COMISIÓNS CTA. BANCO 23,95 • TOTAL: 1.765,08€

• SALDO A DATA DE 17/06/2011: 738,78 €

• NOTA.- ESTAN SOLICITADAS SUBVENCIÓNS Á DEPUTACIÓN E CONCELLO.• CONCELLO A LARACHA: 1000,00 € - Aprobada• DEPUTACION DE A CORUÑA: 1500,00 € - Aprobada, pendente de informe de intervención provincial.

Page 13: Actividades anpa curso 2010 2011

incremento de socias e socios

Pasamos de ser 36 persoas,asociadas na última etapa, até as79 familias que integramos, naactualidade, a asociación de Naise Pais Manuel Murguía do IESAgra de Leborís.

Page 14: Actividades anpa curso 2010 2011

A vindeira celebración dun concerto de música, como actividade de fin decurso da ANPA, conleva unha maior motivación, implicación e participacióndo alumnado. Acabouse o estudar, por agora. Festa rachada!!!

Page 15: Actividades anpa curso 2010 2011

SUBVENCIÓNSA deputación da Coruña concedeunos unha subvención de 1.500 euros e o

concello da Laracha concedeunos outra por un importe de 1.000 euros.

Page 16: Actividades anpa curso 2010 2011

A FESTA DE FIN DE CURSO 23 de xuño, de 10 a 12 horas: concerto de música no que participou o alumnado. Actuación musical e discoteca ao aire libre, con equipos de son profesional, ademais dun escenario de 20 m2.

Page 17: Actividades anpa curso 2010 2011