acta da asemblea xeral do 30 de maio de 2015

4
Asemblea Xeral do 30 de maio de 2015 O 30 de maio de 2015, na Casa da Cultura de Cangas, ás 20:00 h, tivo lugar a Asemblea Xeral da Asemblea pola Unidade. Presentación aos asistentes dos asuntos que se van tratar: 1. Valoración das eleccións 2. Informar sobre as reunións cos demais partidos 3. Concretar a nosa folla de ruta 4. Informar sobre os grupos de traballo e elección da Coordinadora Xeral 5. Finanzas 1) Tomás Hermelo fai unha valoración dos resultados e da campaña realizada pola Asemblea pola Unidade, tendo en conta os dous meses e medio de vida, a decisión de presentarnos in extremis e mais o boicot dos medios. Dende o público un compañeiro bota en falta un afondamento na análise dos resultados e do traballo da campaña, alén de “cegarnos” polos resultados. O eterno discurso de que gañamos xa non chega. A vitoria é incuestionable pero hai que poñer os problemas organizativos enriba da mesa. Chega tarde a valoración pública dos resultados. En certos temas non hai que agardar pola Asemblea, é preciso facela axiña, xa que en ausencia dunha comunicación oficial é cando se produce o “ruxerruxe” na opinión pública. 2) Moncho Fernández expón como se desenvolveron os contactos realizados ata o momento cos demais partidos. Unha reunión protocolaria con Sotelo, que debido á hora da convocatoria tivo que asistir el e na que en nome da Asemblea preguntou por temas económicos; e senllas reunións con ACE e BNG, nas que asistiron en representación da Asemblea Ánxela, Anxo e Moncho. Na reunión co BNG (cuxos representantes nas negociacións son Lima, Chillón e Vilas) falouse de que eles apoian inequivocamente un goberno de esquerdas, sen entrar a falar da alcaldía, das semellanzas do programa, de que queren un acordo para os catro anos ou de non excluír o PSOE por estratexia. Na reunión con ACE (Xurxo, Maruchi, Pazos e Aurora), informáronlles aos nosos representantes de que eles xa mantiveran contactos co PSOE e co BNG, que o PSOE se 1

Upload: asemblea-pola-unidade

Post on 22-Jul-2016

222 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Acta da Asemblea Xeral do 30 de maio de 2015

Asemblea Xeral do 30 de maio de 2015

O 30 de maio de 2015, na Casa da Cultura de Cangas, ás 20:00 h, tivo lugar a Asemblea Xeral da Asemblea pola Unidade.

Presentación aos asistentes dos asuntos que se van tratar:

1. Valoración das eleccións2. Informar sobre as reunións cos demais partidos3. Concretar a nosa folla de ruta 4. Informar sobre os grupos de traballo e elección da Coordinadora Xeral5. Finanzas

1) Tomás Hermelo fai unha valoración dos resultados e da campaña realizada pola Asemblea pola Unidade, tendo en conta os dous meses e medio de vida, a decisión de presentarnos in extremis e mais o boicot dos medios. Dende o público un compañeiro bota en falta un afondamento na análise dos resultados e do traballo da campaña, alén de “cegarnos” polos resultados. O eterno discurso de que gañamos xa non chega. A vitoria é incuestionable pero hai que poñer os problemas organizativos enriba da mesa. Chega tarde a valoración pública dos resultados. En certos temas non hai que agardar pola Asemblea, é preciso facela axiña, xa que en ausencia dunha comunicación oficial é cando se produce o “ruxerruxe” na opinión pública.

2) Moncho Fernández expón como se desenvolveron os contactos realizados ata o momento cos demais partidos. Unha reunión protocolaria con Sotelo, que debido á hora da convocatoria tivo que asistir el e na que en nome da Asemblea preguntou por temas económicos; e senllas reunións con ACE e BNG, nas que asistiron en representación da Asemblea Ánxela, Anxo e Moncho.

Na reunión co BNG (cuxos representantes nas negociacións son Lima, Chillón e Vilas) falouse de que eles apoian inequivocamente un goberno de esquerdas, sen entrar a falar da alcaldía, das semellanzas do programa, de que queren un acordo para os catro anos ou de non excluír o PSOE por estratexia.

Na reunión con ACE (Xurxo, Maruchi, Pazos e Aurora), informáronlles aos nosos representantes de que eles xa mantiveran contactos co PSOE e co BNG, que o PSOE se autodescarta e de que lles parece ben que asistan ás negociacións 3 persoas por grupo. Ademais, falouse do acordo de consensuar o que se lle conta á prensa, transmitíronos que coinciden co noso Código Ético, co noso programa e da necesidade facer unha folla de ruta única e un proxecto único de Goberno.

3) Ánxela Vizoso exponlle á Asemblea que, na situación actual e ante as negociacións para formar goberno, e tendo en conta que a Asemblea pola Unidade naceu para unir a esquerda e a esquerda ten que gobernar, a Asemblea pola Unidade é, cos resultados das eleccións, chave para gobernar. Por iso, propón se queremos apoiar un goberno de esquerdas.Tras varias intervencións sobre:

A importancia de pensar no pobo que votou pola esquerda, de traballar pola xente que nos votou e que quere ver fóra o PP, das posibilidades de entrar nun goberno de esquerdas e de actuar conforme á coherencia e á honestidade.

Da importancia de sentarnos a negociar porque nos elixiron e tomar decisións en función dos datos e resultados das negociacións.

1

Page 2: Acta da Asemblea Xeral do 30 de maio de 2015

Da importancia de que os puntos sobre os que se proxecte o goberno de esquerdas sexan moi claros.

Da importancia de que os tres grupos estean de acordo e o proxecto de goberno sexa un.

De pensar no futuro máis que na conveniencia de cada un. De que o PP se vaia, de dar pasos importantes.

Apróbase por aclamación apoiar a formación dun goberno de esquerdas

As persoas propostas para negociar son: Ánxela, Anxo e Moncho, e como suplentes Tomás, Maruchi e Jorge.

Apróbase por unanimidade a composición do equipo de negociación

Na segunda parte deste tema, Ánxela pon en coñecemento da Asemblea as premisas ou puntos básicos que a Asemblea pola Unidade pensa que deben ser incuestionables para negociar un goberno de esquerdas:

Nomes das persoas que negocian por cada grupo. Actas de cada reunión. Que ACE e BNG se adapten aos tempos que a Asemblea precisa por mor do

seu carácter asembleario. Asunción do Código Ético e intentar que este sexa aplicable para a vida

municipal (preguntar). Igualdade de trato e de condicións, sen aceptar outro xeito de negociación.

Establecemento duns mínimos comúns (independentemente do número de concellerías de cadaquén).

Intervén Moncho para aclarar que cada vez que a comisión negociadora vexa algún tema conflitivo, ou que se poden pisar liñas vermellas, pedirase unha Asemblea, ao tempo que pide confianza da Asemblea para negociar.

Intervén un compañeiro para pedir seriedade, que a transparencia non se confunda con outras cousas, e confianza total no equipo negociador.

Sometida a votación a folla de ruta en canto as premisas para negociar, apróbase por unanimidade

4) Grupos de Traballo e Coordinadora XeralEva Rodríguez comunícalle á Asemblea que o Regulamento contempla a formación dunha Coordinadora Xeral que leve o traballo entre asembleas. Pola rapidez dos acontecementos e a presentación ás eleccións non se completou a organización da Asemblea, e os grupos de traballo que viñan funcionando non tiñan unha estrutura fixa, que agora se fai imprescindible.

Así que, neste momento e de xeito provisional, durante o período de negociacións vai ter que haber un traballo áxil de reunións e un equipo que estea dispoñible para apoiar o grupo de negociación.

Proponse que nesta Coordinadora Provisional estean Ánxela, Anxo, Moncho, e mais as outras persoas electas Eva e Tomás, xunto con Olalla, Jorge e Chon.

Apróbase por unanimidade que as persoas propostas sexan as que leven os traballos, ata a constitución do novo goberno municipal, e logo a Asemblea terá que dotarse dunha Coordinadora.

2

Page 3: Acta da Asemblea Xeral do 30 de maio de 2015

Un compañeiro propón que Maruchi estea nese grupo pola súa experiencia como concelleira, mais Maruchi responde que a súa dispoñibilidade para colaborar é total pero prefire manterse fóra.

Tamén se acorda que poden facerse propostas de traballo para incluír nos temas da negociación para o goberno e que se fagan chegar ao grupo de coordinación polas vías habituais: correo electrónico, web, e tamén nas asembleas.

5) FinanzasJosé Luis Patiño informa do estado das contas da Asemblea pola Unidade tras a campaña e as eleccións, cun resultado negativo de 606,83 euros que hai que recadar urxentemente para pagar débedas.

Insiste que hai unha conta aberta á que se poden facer ingresos e que está accesible na páxina web. Tamén se propón dende a Asemblea a necesidade de contar cun local para termos unha referencia real e non só virtual da Asemblea pola Unidade.

Remata a asemblea ás 21:00.

3