acta da asemblea xeral do 25 de abril de 2015

3
Asemblea Xeral do 25 de abril de 2015 O 25 de abril de 2015 ás 18:00 horas tivo lugar na Casa da Cultura unha asemblea veciñal para tratar varios temas, entre eles aprobar o programa que a ASEMBLEA POLA UNIDADE levará ás eleccións municipais. Presentación aos asistentes do 1) Programa electoral e achegas Chon Camaño preséntalles aos veciños asistentes o programa, que está aberto a modificacións. Sinala que este recolle o prioritario e que obviamente quedará algo por engadir. Explica o modelo de concello que queremos, que se teñen que superar os localismos e hai que exercer a solidariedade cos concellos limítrofes, indicando que isto será un fin polo que a Asemblea traballará. Destaca a importancia que debe ter no futuro a colaboración cidadá e institucional nos concellos do Morrazo. Algún destes aspectos están recollidos no Código ético e mais no Regulamento. Ademais, menciona algunhas das medidas que se inclúen no programa: Coñecer a débeda real do concello. A modernización administrativa. A transparencia e a participación. Medidas sociais, acceso ós servizos básicos ou actuar nos desafiuzamentos. Articular estruturas parroquiais. Apoio á reivindicación do Centro de Saúde de Aldán e O Hío. Apoiar as iniciativas de base culturais e deportivas, xestionar en todo o relativo á cultura e ós deportes con prácticas de igualdade, por exemplo, non primar os grandes fronte aos pequenos. Estudar a carga impositiva e racionalizala. Que a Igrexa pague o IBI. Trasporte metropolitano: agardar a implantación, avaliar a incidencia e pedir que se amplíe e responda ás necesidades reais da cidadanía. Achegas: un compañeiro propón unha inclusión da defensa do mar e dun saneamento integral con separación de augas pluviais e fecais, e a desproporción no alumeado público entre unhas zonas e outras. Acéptase incluílo.

Upload: asemblea-pola-unidade

Post on 22-Jul-2016

220 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Acta da Asemblea Xeral do 25 de abril de 2015

Asemblea Xeral do 25 de abril de 2015

O 25 de abril de 2015 ás 18:00 horas tivo lugar na Casa da Cultura unha asemblea veciñal para tratar varios temas, entre eles aprobar o programa que a ASEMBLEA POLA UNIDADE levará ás eleccións municipais.

Presentación aos asistentes do

1) Programa electoral e achegas

Chon Camaño preséntalles aos veciños asistentes o programa, que está aberto a modificacións. Sinala que este recolle o prioritario e que obviamente quedará algo por engadir. Explica o modelo de concello que queremos, que se teñen que superar os localismos e hai que exercer a solidariedade cos concellos limítrofes, indicando que isto será un fin polo que a Asemblea traballará. Destaca a importancia que debe ter no futuro a colaboración cidadá e institucional nos concellos do Morrazo. Algún destes aspectos están recollidos no Código ético e mais no Regulamento. Ademais, menciona algunhas das medidas que se inclúen no programa:

Coñecer a débeda real do concello. A modernización administrativa. A transparencia e a participación. Medidas sociais, acceso ós servizos básicos ou actuar nos desafiuzamentos. Articular estruturas parroquiais. Apoio á reivindicación do Centro de Saúde de Aldán e O Hío. Apoiar as iniciativas de base culturais e deportivas, xestionar en todo o relativo

á cultura e ós deportes con prácticas de igualdade, por exemplo, non primar os grandes fronte aos pequenos.

Estudar a carga impositiva e racionalizala. Que a Igrexa pague o IBI. Trasporte metropolitano: agardar a implantación, avaliar a incidencia e pedir

que se amplíe e responda ás necesidades reais da cidadanía.

Achegas: un compañeiro propón unha inclusión da defensa do mar e dun saneamento integral con separación de augas pluviais e fecais, e a desproporción no alumeado público entre unhas zonas e outras. Acéptase incluílo.

Vótase o programa, apróbase por aclamación.

2) Lemas da campaña da Asemblea pola Unidade

Eva Rodríguez presenta as propostas existentes. A asemblea propón catro lemas para someter a aprobación:

ASEMBLEA POLA UNIDADE, mollándonos pola unidade : en contra 1, a favor 0

ASEMBLEA POLA UNIDADE, ti sumas, nós sumamos: en contra 2, a favor 12

ASEMBLEA POLA UNIDADE, ven, participa e decide: en contra 3, a favor 48

ASEMBLEA POLA UNIDADE, transparencia e dignidade: en contra 4, a favor 31

Pídese por parte da propoñente que se empregue o lema.

3) Grupos de traballo

Page 2: Acta da Asemblea Xeral do 25 de abril de 2015

Tomás Hermelo sinala que están a funcionar dous grupos de traballo: un de comunicación e outro encargado de levar e organizar o traballo diario. Pide que haxa participación para lles dar a coñecer a Asemblea á veciñanza, que se produza un “tsunami” de persoas apoiando a Asemblea pola Unidade. Convida a todo o mundo a participar nos talleres manuais, pois todas as persoas son benvidas e fan falta.

Ao mesmo tempo están a elaborarse as propostas para saír á rúa. Destaca a importancia de que a Asemblea pola Unidade se coñeza polos seus valores (como o asemblearismo, transparencia…)

Neste punto, Ánxela Vizoso explica que o traballo diario facilita a comunicación entre todos e que nos coñezamos mellor. Engade que o ambiente de traballo é moi positivo, que contaxia e entusiasma fortemente. Non hai maior transparencia que abrir o noso taller. A partir de aquí comeza un duro traballo. Explícase onde está o local de campaña, cedido de balde por un particular durante un mes.

4) Finanzas

Explícanse os métodos de financiamento da campaña: bonos de varios prezos que podemos vender nós mesmos ou pasárllelos ás amizades e á veciñanza. Hai un peto colocado na mesa da Asemblea para recoller as achegas que se fagan. Aínda que a nosa campaña se faga con propaganda manual e artesanal, as achegas de diñeiro sempre son necesarias (compra de material e outros).

Intervén un compañeiro para indicar que coa maneira de traballar e de toda a xente involucrada probablemente xa teñamos un concelleiro, e que se seguimos con esta actitude positiva teremos moitos folgos e a confianza para conseguir a nosa presenza no concello, pero para iso destaca a necesidade de participar, de que máis xente se siga sumando ó proxecto para crear un efecto multiplicador, grazas á sinerxía que se xera. Tamén menciona tres hándicaps: ser novos, o silencio e o maltrato mediático. As vellas estruturas deixaron o pouso de que a Asemblea dividiu a esquerda: isto só se pode superar crendo e organizándonos. A organización entrará en como se fan os actos: imos a contrapé, resta pouco tempo para darse a coñecer e, xa que logo, acordouse facer unha precampaña para encher Cangas de bandeirolas da Asemblea. Ademais, incidiuse na idea de que temos que impoñer na práctica unha actividade que negue a idea de dividir nada, porque non foi non é o noso obxectivo, senón todo o contrario.

Outro compañeiro intervén para falar en relación ó apartado que estabamos a tratar no momento: as finanzas. Fálase da apertura dunha conta da Asemblea, que se realizou nun banco ético (Caixa Rural) e que se precisaron dúas sinaturas para abrir a conta, que foron as de Moncho e Nexo, porque era algo que corría présa (había que facelo antes de esta Asemblea), segundo explica outra compañeira, e eran as persoas dispoñibles e que se ofreceron. Os movementos da conta estarán accesibles ao público.

Apróbase, cun voto en contra, a xestión da conta e das finanzas.

Xa na parte final, Tomás Hermelo pide que a Asemblea se sume ás mobilizacións do 1 de maio das Marchas da Dignidade en Vigo e en Cangas, igual que apoiou as anteriores mobilizacións desta plataforma.

Remata a asemblea.