acta correspondente Á sesiÓn ordinaria do pleno de...

25
Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE 19 DE DECEMBRO DE 2013. No salón de sesións da Casa do Concello de Bergondo, a dezanove de decembro de dous mil trece, sendo as vinte horas e trinta minutos ten lugar a sesión ordinaria do Pleno municipal presidida pola alcaldesa-presidenta D.ª Alejandra Pérez Máquez, do grupo municipal socialista e coa asistencia dos/as señores/as concelleiros/as seguintes: Grupo municipal Socialista (PSdG-PSOE): D.ª M.ª Begoña Calviño Dorado D. Jesús Vázquez García D. Domingo Fuentes Rocha Grupo municipal do Partido Popular (PP): D.ª Antonia M.ª Sanjurjo Seijas (voceira) D.ª Silvia M.ª Vázquez Cardelle D.ª Isabel Prado Gómez D. Alberto Feijóo Rodríguez D. Fernando Abruñedo Fernández Concelleiros non adscritos D. Antón Sánchez García D. Juan Antonio Fariña Pedreira Grupo municipal Veciños de Bergondo (VB): D. Francisco Manuel Fafián Torreiro (voceiro) Non asisten: D.ª María del Loreto Caseiras Arroyo (VB) Foron asistidos pola interventora municipal, D.ª Laura Gutiérrez Ortiz e pola secretaria xeral, Dª Ana M.ª Cacharrón Castelos. ORDE DO DÍA 1.-. APROBACIÓN SE PROCEDE, DA ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN DO DÍA 28 DE NOVEMBRO DE 2013. 2.- DAR CONTA DO INFORME CORRESPONDENTE AO 3º TRIMESTRE-2013 SOBRE O CUMPRIMENTO DA LEI DE MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE. 3.- APROBACIÓN INCIAL DA SEGUNDA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DO EXERCICIO DE ACTIVIDADES DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS E REALIZACIÓN DE DETERMINADAS OBRAS PREVIAS. ADOPCIÓN DE ACORDO QUE PROCEDA.

Upload: others

Post on 26-Aug-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

1 (25)

ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE 19 DE DECEMBRO DE 2013.

No salón de sesións da Casa do Concello de Bergondo, a dezanove de decembro de dous mil trece, sendo as vinte horas e trinta minutos ten lugar a sesión ordinaria do Pleno municipal presidida pola alcaldesa-presidenta D.ª Alejandra Pérez Máquez, do grupo municipal socialista e coa asistencia dos/as señores/as concelleiros/as seguintes: Grupo municipal Socialista (PSdG-PSOE): D.ª M.ª Begoña Calviño Dorado D. Jesús Vázquez García D. Domingo Fuentes Rocha Grupo municipal do Partido Popular (PP): D.ª Antonia M.ª Sanjurjo Seijas (voceira) D.ª Silvia M.ª Vázquez Cardelle D.ª Isabel Prado Gómez D. Alberto Feijóo Rodríguez D. Fernando Abruñedo Fernández Concelleiros non adscritos D. Antón Sánchez García D. Juan Antonio Fariña Pedreira Grupo municipal Veciños de Bergondo (VB): D. Francisco Manuel Fafián Torreiro (voceiro) Non asisten: D.ª María del Loreto Caseiras Arroyo (VB) Foron asistidos pola interventora municipal, D.ª Laura Gutiérrez Ortiz e pola secretaria xeral, Dª Ana M.ª Cacharrón Castelos. ORDE DO DÍA 1.-. APROBACIÓN SE PROCEDE, DA ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN DO DÍA 28 DE NOVEMBRO DE 2013. 2.- DAR CONTA DO INFORME CORRESPONDENTE AO 3º TRIMESTRE-2013 SOBRE O CUMPRIMENTO DA LEI DE MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE. 3.- APROBACIÓN INCIAL DA SEGUNDA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DO EXERCICIO DE ACTIVIDADES DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS E REALIZACIÓN DE DETERMINADAS OBRAS PREVIAS. ADOPCIÓN DE ACORDO QUE PROCEDA.

Page 2: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

2 (25)

4.- PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL-POS 2014. ADOPCIÓN DE ACORDOS QUE PROCEDA. 5.-. ORZAMENTO MUNICIPAL ANO 2014. ADOPCIÓN DE ACORDOS QUE PROCEDA. 6.- DAR CONTA DOS DECRETOS E RESOLUCIÓNS DE ALCALDÍA. 7.- ASUNTOS URXENTES. 8.- ROGOS E PREGUNTAS. Antes de dar inicio á sesión, preguntase ao público se alguén vai gravar a sesión en vídeo para a súa posterior inclusión nas redes sociais de internet. Un dos asistentes no público manifesta que si, do que quedan enterados o resto do público e os integrantes da Corporación. A continuación dáse comezo á sesión plenaria. 1.- APROBACIÓN SE PROCEDE, DA ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN DO DÍA 28 DE NOVEMBRO DE 2013. Antes de falar da acta de novembro, o Sr. concelleiro non adscrito, Juan Antonio Fariña Pedreira, manifesta que aínda non está na páxina web do concello a acta do mes de outubro, e a Sr. alcaldesa dille que se poñerá á maior brevidade. Os/as integrantes da Corporación recibiron o borrador da acta correspondente á sesión do día 28 de novembro de 2013. De conformidade co disposto no artigo 91.1 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, a Sra. alcaldesa pregúntalles aos/ás concelleiros/as se teñen algunha observación que formular; non se formula, e por unanimidade de votos a favor (doce), apróbase a referida acta. 2.- DAR CONTA DO INFORME CORRESPONDENTE AO 3º TRIME STRE-2013 SOBRE O CUMPRIMENTO DA LEI DE MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOR OSIDADE. Dáse conta aos/ás asistentes do informe de avaliación de cumprimento de obxectivos que contempla a lei orgánica 2/2012, resultado do subministro de información correspondente ao terceiro trimestre de 2013, e que estivo á disposición dos concelleiros da Corporación. O Pleno queda enterado.

Page 3: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

3 (25)

3.- APROBACIÓN INCIAL DA SEGUNDA MODIFICACIÓN DA ORDENA NZA MUNICIPAL REGULADORA DO EXERCICIO DE ACTIVIDADES DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS E REALIZACIÓN DE DETERMINADAS OBRAS PREVIAS. ADOPCIÓN DE ACORDO QUE PROCEDA. A continuación dáse conta aos/ás asistentes, da proposta de Alcaldía ditaminada favorablemente pola Comisión Informativa do día 16 de decembro, que transcrita literalmente di: “O Pleno Municipal en sesión ordinaria celebrada o día 26 de xullo de 2012, adoptou o acordo de aprobar inicialmente a “Ordenanza Municipal Reguladora do Exercicio de Actividades de Apertura de Establecementos e Realización de determinadas Obras Previas” do Concello de Bergondo. Logo da correspondente exposición pública sen que se tivera presentado alegación algunha, elevouse automaticamente a definitivo o acordo inicial, e se procedeu á publicación integra da Ordenanza no Boletín Oficial da Provincia nº 182 de 24 de setembro de 2012 entrando en vigor unha vez transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local. Con data de 28 de setembro de 2013, publicouse no Boletín Oficial do Estado, a Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización, entrando en vigor ó día seguinte da súa publicación. Esta Lei na súa Disposición final sétima procede a modificar a Lei 12/2012, de 26 de decembro, de medidas urxentes de liberización do comercio e de determinados servizos, sobre a que se asentaba a Ordenanza aprobada polo Concello de Bergondo, establecendo como principal cambio unha ampliación de superficie útil de exposición e venda ao público dos locais afectados pola Ordenanza, pasando de 300 metros cadrados a 500 metros cadrados. Mediante acordo plenario do 31.10.2013, procedeuse á aprobación inicial da modificación primeira da Ordenanza Municipal Reguladora do Exercicio de Actividades de Apertura de Establecementos e Realización de determinadas Obras Previas, atopándose o expediente todavía en exposición pública mediante anuncio inserido no BOP nº 215 do 12 de novembro de 2013. Con data 10.12.2013, publícase no Boletín Oficial do Estado a Lei 20/2013, de 9 de decembro, de garantía da unidade do mercado, que na súa Disposición Final 3ª, modifica a Lei 12/2012, de 26 de decembro, de medidas urxentes de liberización do comercio e de determinados servizos, en concreto no seu artigo 2.1, que queda redactado do seguinte xeito: «Artículo 2. Ámbito de aplicación. 1. Las disposiciones contenidas en el Título I de esta Ley se aplicarán a las actividades comerciales minoristas y a la prestación de determinados servicios previstos en el anexo de esta Ley, realizados a través de establecimientos permanentes, situados en cualquier parte del territorio nacional, y cuya superficie útil de exposición y venta al público no sea superior a 750 metros cuadrados.» Co que agora pasa de 500 m2 a 750 m2. Procede pois adaptar, de novo, a Ordenanza Municipal a este novo cambio normativo, polo que tendo en conta a competencia que lle atribúe o artigo 22.2.d) da Lei 7/1985, de 2 de abril, ao Pleno da Corporación, proponse que este, previo ditame da Comisión Informativa, adopte o seguinte ACORDO:

Page 4: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

4 (25)

Primeiro: Arquivar o expediente de modificación 1ª da Ordenanza Municipal Reguladora do Exercicio de Actividades de Apertura de Establecementos e Realización de determinadas Obras Previas, aprobado inicialmente polo Pleno en sesión ordinaria do 31.10.2013, e todavía en tramitación, por mor da modificación legal posterior, en virtude da Lei 20/2013, de 9 de decembro, de garantía da unidade do mercado. Segundo: Aprobar inicialmente a modificación da Ordenanza Municipal Reguladora do Exercicio de Actividades de Apertura de Establecementos e Realización de determinadas Obras Previas” do Concello de Bergondo publicada no BOP nº 182 de 24 de setembro de 2012, quedando redactados os artigos modificados do seguinte xeito: “Artigo 4º. Declaración responsable de aperturas com erciais, de actividades inocuas e das instalacións e obras de acondicionamento de locais comerciais . Quedan suxeitas ao réxime de declaración responsable regulado na presente ordenanza todos aqueles servizos e actividades, que se refiran a usos permitidos ou compatibles segundo as ordenanzas do planeamento xeral que se atope en vigor, que non estean suxeitos a comunicación previa ou a licenza, tales como: A apertura de comercios, polo miúdo, en establecementos permanentes, para o exercicio de actividades inocuas, o exercicio de profesións liberais e colexiadas, os servizos de carácter financeiro, de transportes, de seguros, academias, oficinas administrativas e institucionais, así coma, en xeral, as actividades económicas que non se exclúan expresamente no seguinte punto e sempre e cando no interior do local onde se desenvolvan non se dispoña de instalacións ou aparellos que, polo seu funcionamento, puideran seren merecedoras da súa cualificación como actividades molestas, insalubres, nocivas ou perigosas ou suxeitas a incidencia ambiental. Considéranse expresamente incluídas no ámbito de aplicación do réxime de declaración responsable pautado na presente ordenanza os servizos e as actividades comerciais incluídas no anexo do Real Decreto Lei 19/2012, do 25 de maio, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos, sempre que non se dalgún dos supostos de comunicación previa previstos no artigo seguinte. Non será esixible licenza ou autorización previa para a realización das obras ligadas ao acondicionamento dos locais para desempeñar a actividade cando non requiran da redacción dun proxecto de obra de conformidade coa Lei 38/1999, de 5 de novembro, de Ordenación da Edificación e cuxa súa superficie útil de exposición e venda ao público non sexa superior a 750 metros cadrados . En todo caso se estará ao previsto no artigo 6 da presente Ordenanza.” “Artigo 6.8 .As obras vencelladas ao acondicionamento dos locais que non requirindo dun proxecto de obra consonte á Lei 38/1999, de 5 de novembro de ordenación da edificación ou norma que no futuro a substitúa, se leven a cabo en locais cuxa superficie útil de exposición e venda ao público sexa superior aos 750 m2 ou en locais non destinados a exposición e venda ao público independentemente da súa superficie. As actividades que se pretendan desenvolver nestes locais estarán igualmente suxeitas a licenza previa de actividade.” Terceiro: Expoñer no tablón de anuncios da Corporación, por prazo de trinta días, e publicar no BOP, este acordo para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas. Cuarto: Dar conta ao Pleno das reclamacións que se presenten. As reclamacións presentadas resolveranse por este órgano con carácter definitivo. No caso de que non se presenten reclamacións, o acordo provisional elevarase automaticamente a definitivo. Quinto: O acordo definitivo ou no seu caso o provisional elevado automaticamente a definitivo, así como o texto íntegro da modificación da mencionada Ordenanza publicarase no BOP.

Page 5: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

5 (25)

Sexto: A presente modificación da Ordenanza entrará en vigor unha vez publicado o seu texto no Boletín Oficial da Provincia, e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local. E esta é a miña proposta sen prexuízo de que o Pleno da Corporación, como órgano competente que acorde o que considere oportuno. Bergondo 12 de decembro de 2013 A Alcaldesa Alejandra Pérez Máquez” Toma a palabra a Sra. alcaldesa e di: como xa comentabamos o outro día, simplemente arquivar o expediente que temos agora mesmo en tramitación, porque de feito xa se ten que estar aplicando a normativa que é de rango superior, dos setecentos cincuenta metros cadrados. Trala correspondente deliberación, e rematadas as intervencións, sométese o ditame a votación, e por unanimidade de votos a favor (doce), catro do grupo municipal do PSdG-PSOE, cinco do grupo municipal do PP, dous dos concelleiros non adscritos, e un do grupo municipal Veciños de Bergondo, o Pleno municipal aproba a proposta que devén en acordo nos termos nos que se acaba de transcribir. 4.- PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVI ZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL-POS 2014. ADOPCIÓN DE ACORDOS QUE PROCEDA. A continuación dáse conta aos/ás asistentes, da proposta de Alcaldía ditaminada favorablemente pola Comisión Informativa, que transcrita literalmente di: “Vista a Circular da Deputación Provincial da Coruña relativa á comunicación da aprobación das bases reguladoras do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal 2014 do 28.10.2013, con nº rexistro de entrada no concello 8937 do 30.10.2013 e as bases do devandito Plan publicadas no BOP nº 206 do 29.10.2013. Visto que na devandita Circular comunícase a asignación do POS 2014 ao Concello de Bergondo por importe de 190.908,92 euros. Proponse á comisión informativa que ditamine favorablemente a seguinte proposta de ACORDO: PRIMEIRO.- Aprobar o Plan provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS) 20145, cuxas bases se coñecen a aceptan na súa totalidade, no que se recollen as obras que o Concello ten previsto realizar, e de acordo co financiamento que se indica: A. Realización de Obras e subministracións: Denominación da obra ou subministracións

Deputación

Concello

Presuposto total

Page 6: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

6 (25)

1. Reparación e mellora das rúas parroquia de Moruxo e parroquia de Rois do Polígono Industrial de Bergondo

108.142,27 €

30.492,75 €

138.635,02 €

2. Senda peonil e recollida de pluviais no acceso Fiobre ao Pedrido

82.766,65 €

38.933,55 €

121.700,20 €

SUBTOTAL OBRAS 190.908,92 € 69.426,30 € 260.335,22 € Aprobar os Proxectos técnicos das obras incluídas na anualidade 2014 e que se relacionan nesta táboa, redactados polo arquitecto técnico municipal (1) e pola empresa Ceinsa (2). SEGUNDO: Aprobar o Plan complementario do ano 2014 no que se inclúen as obras que a continuación se indican e aprobar o correspondente proxecto:

Denominación da obra ou subministración Presuposto Ampliación da rede de saneamento en Miodelo 31.093,94 €

TOTAIS 31.093,94 €

TERCEIRO.- Declarar que o Concello ten a dispoñibilidade dos terreos, augas e servidumes para a execución das obras, e está en trámite de resolver o relacionado coas concesións e autorizacións administrativas que legalmente sexan necesarias. CUARTO.- Comprometerse o Concello a incluír no orzamento municipal do 2014 os fondos necesarios para facer fronte á achega municipal das obras incluídas na anualidade de 2014. QUINTO.- Solicitar da Deputación Provincial da Coruña, a delegación neste Concello da contratación e execución das obras incluídas no plan, que se entenderá aceptada si esta prodúcese efectivamente. SEXTO.- Declarar que o Concello de Bergondo non solicitou nin percibiu ningunha subvención doutras administracións públicas para o financiamento do investimento ou, no caso de que existan axudas ou subvencións concorrentes doutras administracións públicas para a súa execución, achegarase o detalle de cada unha delas, acreditándose que a súa suma total non supera o 100% do seu importe. SÉTIMO.- Autorízase á Deputación a obter as certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que o Concello de Bergondo está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. OITAVO.- Facultar expresamente á alcaldesa para todo o necesario e relacionado coa tramitación e xestión do presente acordo e o correspondente expediente.

Bergondo, 16 de decembro de 2013 A alcaldesa Alejandra Pérez Máquez” Toma a palabra a Sra. alcaldesa e di: a primeira das obras, como se especifica, é o asfaltado dunha das calles do Polígono, por ir mellorando esas calles que están bastante mal; este ano coa subvención de parques empresariais asfaltáronse os accesos ao Polígono, pero non hai ningunha subvención que ao día de hoxe nos permita poder asfaltar os viais interiores, polo tanto propoñemos esta obra. A segunda obra é unha vella reivindicación, unha senda peonil para baixar ao Pedrido, non sería unha beirarrúa, nin co ancho dunha beirarrúa, porque tampouco o permite, pero os redactores do proxecto

Page 7: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

7 (25)

estiveron todo o tempo en contacto coa Xunta, con Estradas, para ver que dispoñibilidade había para poder facer unha senda peonil, que aínda que sexa estreita polo menos garante unha seguridade para a baixada, e recoller as pluviais que sabemos todos que causan un problema bastante importante no Pedrido. A continuación toma a palabra a Sra. voceira do PP e di: parécenos moi ben que se leve o cen por cen do POS en inversión, e como lle comentaba o outro día na Comisión Informativa, que o da senda peonil teña un ancho de 1,30 parécenos un mal menor fronte á situación actual que é todo un risco o baixar á praia do Pedrido. Si que é unha demanda do Partido Popular de longo tempo, e alégranos que se vaia levar a cabo; o noso voto vai ser favorable. Seguidamente toma a palabra o Sr. concelleiro non adscrito, Antón Sánchez García, e di: Sra. alcaldesa que non goberna, boas tardes. Alégrame que a alcaldesa fixera esforzos de consenso co Partido Popular, e que se vaia sacar adiante este POS, porque con catro concelleiros a verdade é que ten que facer esforzos e congratulámonos de que saque adiante as cousas, sexa co apoio do Partido Popular, se considera que estas son as medidas, nos imos votar en contra. Nós non vemos, ano tras ano, que haxa algunha coherencia nas obras que se traen aquí, non cremos que estas obras sexan prioritarias, nos trouxemos ao POS o ano pasado outras, unha eran as beirarrúas de Vixoi a Cortiñán, que estaban incluídas no programa electoral do Partido socialista, e dous anos e medio despois no POS do 2014 non vai, as eleccións son no 2015, pois un incumprimento electoral. Cremos que isto é tomarlle o pelo aos veciños e veciñas, cando se fan promesas que non se cumpren. O noso voto é contrario, non cremos que gastar cento oito mil euros no asfaltado do Polígono sexa unha obra prioritaria nos tempos que corren. Sra. alcaldesa: Sr. concelleiro, podo entender que haxa outras opcións, e loxicamente cada partido propoñería outras, e si tiveramos cincocentos mil euros nos POS pois estaríamos moito mais contentos todos, moito mais ledos, e teríamos mais proxectos que levar a cabo, por iso podo entender que haxa tamén outros proxectos, pero os proxectos que se traen non son unha tonteria nin tampouco un capricho; si é necesario o asfaltado dentro do Polígono, invítoo a que vaia por alí de vez en cando, e senón invítoo a que fale cos empregados e os empresarios do Polígono, son viais que son municipais e que non dan votos, pero que hai que amañar, iso é o certo, fíxese vostede ata onde chegamos. Como non di nada da baixada do Pedrido quero entender que con esa está de acordo. Si que é certo que había outra proposta súa do ano pasado, que eran unhas beirarrúas de Cortiñán ata San Fiz, que é unha vella reivindicación, e ese é un proxecto que estivemos traballando coa Deputación, que empezamos a ter charlas cos servizos técnicos e que aínda non podemos levar a cabo, entre outras cousas porque as condicións técnicas que poñía a Deputación non eran as mesmas que, neste caso, poñía a Xunta; a Deputación esixía una plataforma de oito metros mínima, co cal estariámoslle ampliando unha estrada á Deputación da Coruña, algo para o que non esta facultado este concello, entendemos polo tanto que non é unha obra que se teña que plantexar no POS, senón que será unha obra que lle plantexaremos á Deputación para que sexa a propia Deputación quen faga esas beirarrúas, é dicir, estamos igualmente pendentes dese proxecto pero que non é o concello quen vaia poder realizado, xa digo, estas foron conversas que se mantiveron hai pouco, estudos topográficos que estivemos facendo para ver realmente as posibilidades, en todo caso, xa vexo, podería entender unha abstención porque non estea de acordo con estes proxectos, pero non que diga que non son proxectos necesarios. Sr. concelleiro non adscrito: eu non dixen necesario, dixen prioritario, non sei se entende as diferenzas destas dúas palabras.

Page 8: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

8 (25)

Sra. alcaldesa: dixo vostede que non era necesario asfaltar no Polígono. Sr. concelleiro non adscrito: prioritario; se pasara a alcaldesa tantas veces como paso eu polo Polígono, e falara tanto con os traballadores e os empresarios do Polígono, sería diferente a cuestión, porque no Polígono si que hai outras necesidades ben mais urxentes. Con respecto á obra da Deputación a min non me conte historias nin retos imposibles, vostedes puxeron no programa electoral que ían facer beirarrúas de Vixoi a Cortiñán e supoño que naquel momento xa para poñer unha cousa no programa terían que saber se era realizable ou non era, levamos dous anos e medio ... Sra. alcaldesa: é realizable. Sr. concelleiro non adscrito: levamos dous anos e medio.... Sra. alcaldesa: está vostede fóra da quenda de palabra, Sr. concelleiro. Sr. concelleiro non adscrito: Sra. alcaldesa, se as verdades lle ofenden ... Sra. alcaldesa: as verdades non me ofenden, Sr. concelleiro está vostede fóra da quenda... Sr. concelleiro non adscrito: mire, vostedes puxeron iso no programa electoral, e vostedes tiñan que saber os condicionantes para poder levar a cabo, ou non, esa obra; se vostedes non o fixeron pois non o fixeron. Eu xa sei que para vostede calquera reto técnico é infranqueable, todo é moi complicado para facer, complicadísimo; complicadísimo facer un Regulamento de participación veciñal, un Inventario de camiños, fonte e lavadoiros...., Sra. alcaldesa: remate Sr. concelleiro Sr. concelleiro non adscrito: complicadísimo todo, fata de capacidade mais que nada. Sra. alcaldesa: Sr. concelleiro retiráselle a palabra, ten a palabra o Sr. concelleiro de Veciños de Bergondo. Sr. concelleiro non adscrito: como as verdades á Sra. alcaldesa lle ofenden, síntoo moito, ten que aprender a recibir críticas, porque ademais vostede..... Sra. alcaldesa: xa sabemos que ven vostede quente estes días de non poder falar no Parlamento, ante outros organismos, non nos veña a quentar agora a nós Sr. concelleiro, que non temos culpa dos seus problemas en Santiago. Sr. concelleiro non adscrito: outra forma mais de recorrer ao xogo sucio, ....o que ten que facer vostede é gobernar, e se vostede é incapaz de gobernar, ten que dimitir e deixar paso... non vou caer nas súas provocacións, eu teño a miña faceta política ... Sra. alcaldesa: Sr. concelleiro advírtolle por segunda vez, e á terceira abandona este pleno. Sr. concelleiro non adscrito: non lle vou dar ese titular. Toma a palabra o Sr. voceiro de Veciños de Bergondo e di: nos imos votar a favor, pero gustaríanos que a próxima vez tamén consensue con outros grupos a posibilidade de incluír outras obras, porque aparte disto hai mais cousas que se poden levar a cabo. Sra. alcaldesa: estou de acordo. Sr. voceiro de Veciños de Bergondo: un consenso sería mellor, que tal como está vostede na situación que ten de gobernabilidade, viríalle mellor. A continuación procedese á votación da proposta presentada, que tivo o seguinte resultado: Grupo municipal do PSdG-PSOE catro (4) votos a favor; Grupo municipal do Partido Popular: cinco (5) votos a favor; concelleiros non adscritos: dous (2) votos en contra. Grupo municipal de Veciños de Bergondo un (1) voto a favor Total: dez (10 ) votos a favor, dous (2) votos en contra.

Page 9: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

9 (25)

En consecuencia, pola Sra. alcaldesa declarase aprobada, por maioría de votos a favor, a proposta que devén en acordo nos termos antes transcritos. 5.-. ORZAMENTO MUNICIPAL ANO 2014. ADOPCIÓN DE ACOR DOS QUE PROCEDA. A continuación dáse conta aos/ás asistentes, da proposta de Alcaldía ditaminada desfavorablemente pola Comisión Informativa do día 16 de decembro, que transcrita literalmente di: “Formado por esta Alcaldía, o Orzamento municipal para o exercicio de 2014, ó que se lle une a documentación que preceptúa o art. 168 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e realizada a tramitación segundo o sinalado na lexislación vixente nesta materia (arts. 162 a 171 do citado texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e 18 a 20 do R.D. 500/1990 de 20 de abril) e visto o informe emitido pola Intervención, proponse a adopción do seguinte acordo: 1. Aprobar o límite máximo de gasto non financeiro que ascende a contía de 5.508.807,51 euros en virtude do

establecido no artigo 30 da Lei orgánica 2/2012, de 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade.

2. Aprobar inicialmente o orzamento desta Entidade para o exercicio de 2014, sendo a contía fixada, tanto en

GASTOS como en INGRESOS, un total de CINCO MILLÓNS CINCOCENTOS MIL CENTO NOVENTA E NOVE CON VINTENOVE EUROS, asignando a cada un dos capítulos as seguintes cantidades:

Capítulo Denominación Créditos iniciais (€) 1 Gastos de persoal 1.734.507,31 2 Gastos en bens correntes e servizos 2.891.945,53 3 Gastos financeiros 2.000,00 4 Transferencias correntes 185.759,96 6 Inversións reais 639.173,93 7 Transferencias de capital 5.000,00 8 Activos financeiros 22.000,00 9 Pasivos financeiros 19.812,56

TOTAL 5.500.199,29 Capítulo Denominación Previsións iniciais (€)

1 Impostos directos 2.030.000,00 2 Impostos indirectos 30.000,00 3 Taxas e outros ingresos 1.261.667,80 4 Transferencias correntes 1.762.640,07 5 Ingresos patrimoniais 56.468,06 7 Transferencias de capital 337.423,36 8 Activos financeiros 22.000,00

TOTAL 5.500.199,29 1. Aprobar, igualmente, as bases de execución do devandito orzamento. 2. Aproba-la plantilla de persoal funcionario e laboral segundo consta no expediente.

Page 10: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

10 (25)

3. Que se expoña ó público polo prazo de quince días hábiles, para os efectos de reclamacións, conforme ó preceptuado no art. 169.1 da citada lei.

4. Que no suposto de non se presentaren reclamacións contra o mesmo, considerarase definitivamente aprobado,

debendo cumprirse o trámite da súa publicación, resumido por capítulos, no BOP, xunto coa plantilla de persoal, segundo dispoñen os artígos 127 do RDL 781/1986, de 18 de abril, e 169.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais; noutro caso procederase de acordo co prevenido no número 1 deste último artigo.

5. Que de conformidade co número 4 do mesmo precepto legal, remítase copia do referido Orzamento á

Administración do Estado, e á da Comunidade Autónoma. O Pleno decidirá o que estime máis conveniente. Bergondo, 11 de decembro de 2013 A alcaldesa Asdo.: Alejandra Pérez Máquez” Toma a palabra a Sra. alcaldesa e di: esta Alcaldía e este grupo de goberno, ten a obriga de facer unha proposta de Orzamento que como ben dixo a secretaria foi ditaminada en contra na Comisión Informativa porque, entre outras cousas, segundo os concelleiros non estaba consensuada, non estaba falada con os outros grupos. Xa digo, a obriga desta Alcaldía é facer unha proposta, e facemos unha proposta que entendemos que é unha proposta boa; en todo caso non será a única e seguramente é mellorable, e xa adianto que se hoxe este Orzamento non sae adiante, pois será o momento en que se reciban as propostas dos diferentes grupos e no mes de xaneiro volveremos a levar outra proposta, a ver se somos capaces de, entre todos, de consensuar un Orzamento, no caso de que este xa non saía para adiante. Pero aínda así, si que se fai o esforzo de facer unha proposta; unha proposta cun Orzamento no que estamos nunhas cantidades globais parecidas ás do ano 2011, estamos nos cinco millóns e medio, e estamos nunha porcentaxe de inversión de mais dun 11 por cento, que non son as cantidades que quereriamos todos, porque prefeririamos estar falando de, ao mellor, dun 30 por cento, pero si son unhas cantidades moi decentes para as épocas que estamos pasando. Destacamos que levamos no POS o cen por cen a inversión, de que o PEIM fai engordar os Orzamentos e xa non é a Xunta a que vai a executar esta obra, senón que repercute nos orzamentos municipais, e tamén recollemos a posibilidade dun convenio coa Deputación, que está bastante avanzado. Tamén adiantabamos o outro día, que se prevé que mañá na Deputación se aprobe un novo Plan para o ano que ven, pero que aínda non se recolle nesta proposta de Orzamento, e estaríamos falando de 150.000 euros. E entendemos que é un bo orzamento porque recolle as necesidades dos veciños, non todas obviamente, pero si recolle as necesidades básicas, cando estamos nun presuposto. Estamos mellorando as partidas referentes a Servizos Sociais, porque a pesar de que estamos en mais dun 52 por cento do gasto corrente, 929.000 euros deses mais de dous millóns, son referidos ao contrato da auga e saneamento, pero son unhas partidas que entran en gastos e que entran, loxicamente en ingresos, polo tanto non repercute na estabilidade orzamentaria e este 52 por cento de gasto corrente, pois contempla os programas de cultura, os de deportes, os educativos, os de servizos socias, as partidas importantes como pode ser a de dependencia.

Page 11: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

11 (25)

Estamos incrementando as partidas referidas a acción social, a emerxencia social, ás becas, ás axudas ao transporte, ás axudas aos estudos, porque as estamos adaptando ás necesidades que realmente esta habendo agora. E por iso digo que se os concelleiros tiveran a ocasión de miralo mais detidamente, verían que non é un mal Orzamento para Bergondo. Tamén anuncio que xa que no Orzamento unha non pode ter en conta os remanentes positivos dos que se dispón, os superávits, iso tense que facer a través doutras fórmulas, que son os suplementos de crédito, estaremos a traballar nun suplemento de crédito para inversión e para plans de emprego para o ano que ven, do que xa anuncio que tamén se reciben propostas dos diferentes partidos porque para iso hai que facer proxectos, encargar proxectos. É algo que non se pode levar no Orzamento, o digo para evitar que entremos en temas que non se pode, no Orzamento estamos onde estamos, nos cinco millóns e medio. Por iso digo que se tiveran ocasión de miralo un pouquiño mais detidamente...; seria bo aprobar un Orzamento porque o non facelo vai supoñer que, de primeiras 60.000 euros que acaban vostedes de aprobar, que ten que poñer o Concello de Bergondo para as obras do POS, que non saian de inversión, que sairán do gasto corrente e iso diminúe moitísimo a marxe de acción que poida haber para o ano que ven. A continuación toma a palabra a Sra. voceira do PP e di: eu non vou entrar no que xa apuntabamos o outro día na Comisión, as formas de actuar, no momento en que se nos presentou a documentación para que puideramos examinala. Despois de vela mais detidamente, a verdade é que non vemos ningunha diferenza con respecto aos presupostos de anos anteriores, e tal como lle apuntaba o outro día, non é ético que o sábado vostede saia na prensa dicindo que Bergondo propón incrementar un 50 por cento o capítulo de inversións no 2014. Que eu saiba, Bergondo nos presupostos que o ano pasado non se aprobaron, e que vostede plantexaba, destinaba a inversión con fondos propios 310.800 euros, e este ano destina 233.169,52; e tamén segundo os datos que vostede mesma achega, quen si incrementou a inversión en Bergondo é a Deputación, que pasou de investir 133.833,34 euros o 2013, a 362.628,93 para este vindeiro ano, que se o suma aos 43.375,38 del PEIM, sáelle a cifra de 406.004,31 de inversión con recursos afectados; é dicir Sra. alcaldesa, serán basicamente a Deputación e a Xunta os que incrementen a inversión en Bergondo nun 200 por cento, e non o concello, porque se os números son os que son estamos baixando con recursos propios de 310.000 a 233.000, é dicir, un 25 por cento menos, e xa sei o que vostede me dixo o outro día que todo é inversión, sexa con recursos propios ou sexa con recursos alleos, pero non é o mesmo facer unha casa e poñer o cen por cen, que facer unha casa e poñer o vinte e papá o oitenta, eu penso que Bergondo non esta a facer ningún esforzo inversor nestes momentos. Aparte disto, hai algo que penso que non está funcionando no concello, hai un gran descontento nos veciños, e xa non números, non funciona a plataforma dixital, o estado dos camiños e estradas é mais que deplorable, temos unha tremenda demora en licenzas, falta información importante que os veciños reclaman, iso si, coñecen todos os festexos, festas de maiores e demais, pero non coñecen realmente o que deberían coñecer, a quen recorrer, están sempre perdidos, eu penso que hai que cambiar a forma de funcionar; o noso voto vai ser en contra, ímonos manter na postura. Sra. alcaldesa: como vostede dixo, e lle expliquei o outro día, a forma de facer o Orzamento, non era unha presunción que os cartos viñeran dunha ou doutra Administración, ou que foran fondos propios, a Deputación basicamente esta para repartir cartos, non nós está facendo ningún favor, estanos dando o que nos toca, e se ten uns superávits e fai un reparto do que ten, pois a Bergondo lle toca igual que lle toca ao resto dos concellos.

Page 12: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

12 (25)

Tampouco di vostede a participación en fondos do Estado, tamén recibimos fondos estatais, e iso llo temos que agradecer a un goberno do PP, ou a Rajoy agora, pois non; a min dáme igual de onde veñan os cartos, da Deputación, da Xunta ou do Estado o caso é que teñen que vir, porque das taxas municipais está claro que non sae o Orzamento dos cinco millóns e medio, nin aquí nin no resto dos concellos, eu xa dixen que este ano algo como o PEIM facía engordar as inversións, porque non é unha obra que se faga a maiores, pero que si a imos contratar nós, non lle vexo vantaxe ningunha, engorda os números pero na realidade é unha obra que xa a tiñamos, que a facía a Xunta e agora a fai o concello, non lle vexo mellora algunha. Si estamos facendo unha diferenza importante, estamos metendo este ano todo o POS, como vostede tamén recoñecía anteriormente, estamos metendo o POS a inversión, polo tanto si estamos decidindo a onde destinar parte deses recursos que mandan as outras administracións; pero mire, houbo un ano, no 2006, este concello acadou un 40 por cento de inversión, e non foi con recursos propios tampouco, e foi porque obtivemos unha transferencia importante naquel ano de 900.000 euros da Deputación para facer A Senra, e non por iso era un ano extraordinario, era un ano que viñan os recursos de onde viñan, e naquel ano o Orzamento reflectía esas cantidades, un 41 por cento que era unha cousa tremendísima, era algo irreal?, si, realmente si que o era, pero era a forma de dicir que ese ano si se estaban levando esas inversións, e este ano lévanse, e da igual a Administración que poña os cartos, porque a fin de contas nos poderíamos dicir para unha cousa ou para outra, xa que por desgraza temos que estar recorrendo sempre a subvencións finalistas, como son practicamente todas, tanto da Xunta como da Deputación, ese é o problema que temos, non xa un fondo no que nos poidamos decidir... isto o dedicamos para o que o concello realmente queira, non temos esa capacidade, nin nós nin ninguén; isto está así, son como saen todas as subvencións, ou ben son con fondos europeos, pero o caso é que son finalistas. Podemos facer mais esforzo inversor en Bergondo?, dígame de onde quere quitar vostede? en gasto corrente ou en persoal para meter en inversión, porque iso non o plantexaron en ningún caso. Despois fálame de algo xenérico, fálame de descontentos, a vostede loxicamente vanlle ir os descontentos, está claro, os descontentos acaban indo aos grupos da oposición, e os contentos ao mellor acaban indo a darlle unhas palmaditas en la espalda ao grupo de goberno, iso ao final é así, e pode haber un descontento con alguén que tarde un pouco mais cunha licenza?, pois en todo caso habería que ver casos concretos Sra. concelleira, porque a maior parte das veces é porque a documentación non figura no expediente, en todo caso eses son temas que se intentan corrixir, niso e en calquera descontento que nós non queremos que a xente o estea. Xa digo, se ten vostede propostas novas que facer, estamos dispostos a facer unha proposta nova para o mes de xaneiro. Sra. voceira do PP: vale, de todos modos a tarefa esta correspondelles a vostedes, e tiveron todo o ano para facelo, para falar con nós, e xa pensaremos de aquí a xaneiro se imos facer algo ou quedamos como estamos. Sra. alcaldesa: só un apunte, por sorte ou por desgraza non nos leva un ano facer un Orzamento, porque sería imposible, mentres non sae a Disposición do Estado onde un pode comezar a facer un Orzamento, non empezamos a traballar seis meses antes, porque entón non faríamos outra cousa, isto levase traballando un mes, como moitísimo. Toma a palabra o Sr. concelleiro non adscrito, Antón Sánchez García: si, Sra. alcaldesa que non goberna, si é polas palmadas que lle van a dar os contentos creo que non vai ter colorada a espalda. Despois de este apasionante relato, ilusionante relato da alcaldesa, dos proxectos do goberno que se reflicten neste orzamentos, nos queremos dicir o seguinte.

Page 13: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

13 (25)

Os orzamentos non son un fin en si mesmos, en tal caso reflicten a realidade, o proxecto dun goberno, e se ten que avistar nos orzamentos algunha evolución, como dixo a portavoz do Partido Popular, que son iguais todos os anos, isto é o día da marmota, isto como xa dixo a alcaldesa, falou de obriga, falou dun esforzo, é que un esforzo..., presentar unha proposta de orzamento é un esforzo?, eu non sei para que lle pagan, supoño que será para cumprir co seu traballo, se é tan importante que se aprobe o proxecto de orzamentos, sempre utilizando a táctica da chantaxe, de presentalo a última hora, igual que o POS, e dicir que se se vota que non vai causar prexuízos, porque non falou antes cos grupos?, porque evidentemente para falar cos grupos non fai falta que o Estado emita nada nin diga nada, senón que hai que falar de liñas xerais, de posibles achegas que queiran facer os distintos grupos, etc. buscar o consenso cando alguén, actualmente, ten catro concelleiros non é un esforzo, unha obriga, senón que é o deber. Nos imos votar que non porque como dicía, os orzamentos teñen que reflectir algo, e nestes orzamentos non se ve nada, levamos moitos anos así, e en que se traduce iso?, pois en que en Bergondo hai un diferencial negativo con respecto a concellos da área, con respecto a cousas fundamentais que nos vimos denunciando, por exemplo, non temos neste concello nin sequera unha biblioteca funcionando, as actividades culturais son pobrísimas, das instalacións deportivas xa nin falemos, o sexa, ese gran negocio que se fixo cos campos de fútbol de Bergondo, xa nin falemos, hai unha parálise impresionante, vostede falaba da Senra, claro que se gastaron novecentos mil euros, pero para ter desaproveitada esa inversión; cando se fai unha inversión de novecentos mil euros hai que espremelo. Tamén é un orzamento no que non se achegan novidades, e dentro das non novidades que se achegan, pois cousas que non se solucionaron no seu momento e que seguen sendo problemas. No informe da interventora reiterase a advertencia dunha grave irregularidade, leo textualmente, advertencia da existencia de persoal temporal vinculado a subvencións, sendo xa obxecto de informes desfavorables de Intervención e Secretaría, non tendo coñecemento a data da prórroga dos citados contratos da concesión ou non da subvención, así como outros contratados por obra ou servizo cuxa duración estase a prolongar no tempo polas necesidades dos diferentes servizos polo que resulta evidente o seu carácter de permanencia no tempo, o que implica unha irregularidade na contratación e selección de persoal, como xa se ten posto de manifesto nos diferentes informes de intervención que acompañan aos orzamentos. Advírtese ademais, da imposibilidade legal nestes momentos da publicación de Ofertas e Emprego e polo tanto da convocatoria de novas prazas; isto é así, isto é por non solucionar os problemas, por colocar a xente e non querer convocar prazas por si hai concurso e en igualdade de condicións perden a praza os que se quixeron colocar aí, pois así estamos, e iso ten un nome, chámase caciquismo. Tamén en cuestión de non solucionar problemas básicos está a RPT, porque non está a RPT feita?, no informe da interventora volve a incidir nesta cuestión, e que non avanzamos en nada, en ningunha cuestión que sexa sentar as bases de algo que sirva para dicir pois no futuro...., igual que cando falamos do inventario de camiños, tampouco está feito, é necesario, é unha base para facer un desenvolvemento, unha posta en valor, son cousas que non dan votos pero que son a base. Eu non sei que vai quedar aquí de recordo do goberno socialista, pero seguramente o que nós mais valoramos desta etapa é a transformación dos servizos sociais, e casualmente foi obra dunha concelleira nacionalista, e non o digo de xeito para atribuírme ningún mérito, que non fun eu, que foi Flor Maceiras, e iso si que foi unha transformación, e unha transformación que mellora a vida e un salto adiante, dende aquela tampouco nin sequera en Servizos sociais se avanzou nada. Dicir tamén que podemos presumir do que queiramos, vostede contestaba ben que o diñeiro da Deputación non é do Partido Popular, que é un dereito, incluso se reparten os cartos que sobran, como denunciou o alcalde de Oleiros, en convenios PP, PSOE e BNG, en cambio os independentes non levan

Page 14: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

14 (25)

nada, que é un escándalo, pero debería ser todo cun orden, regulado como o POS, e a cada concello cuns baremos, criterios, que lles corresponderan os cartos; pero vostede o Orzamento que presenta tampouco son os cartos de vostede, verdade Sra. alcaldesa? daquela o que hai que dicir tamén é que os bergondoses e bergondesas este ano van ter que pagar mais taxas, soben as taxas, as da auga unha barbaridade, e estalles chegando recibos á xente, sobre todo a hostalería, totalmente abusivos que poñen en perigo incluso a viabilidade dos negocios, entre isto e a suba da luz...., total para que?, pois para seguir no de sempre, na xestión diaria, e aínda así unha xestión diaria moi deficiente. Con respecto á anterior intervención, Sra. alcaldesa dicirlle unha cuestión, téñolle demostrado nestes anos de concelleiro a miña actitude e a miña forma de dicir as miñas ideas nos plenos, nunca lle faltei ao respecto a ninguén, e me parece moi triste e me avergonzaría se fose eu alcalde e ante a falta de argumentos lle tivera que calar a boca a un concelleiro, ese día collo e voume. Sra. alcaldesa: non lle vou a responder, porque non lle vou dar pé para que siga falando. Acaba vostede de todas formas, de utilizar a palabra caciquismo referida a este goberno. Ten a palabra o Sr. voceiro de Veciños de Bergondo. Sr. voceiro de VB: pois un ano mais seguimos con presupostos de sempre, creo que entrei aquí no ano 2007 e se collemos os presupostos dese ano ata agora, excepto no ano 2012 que vostede non quixo levalos, son os mesmos, non cambia nada, xestión diaria... a ver que sae disto, chegar ao Pleno levantar a man, porque yo lo valgo... estamos en democracia e vostede ten catro concelleiros, o mínimo que tiña que facer era polo menos falar co resto dos grupos, o mínimo, pero xa durante a lexislatura negábase a falar co seu socio de goberno do día a día, como para falar co resto dos grupos.... Non vou a entrar a cualificar o que me parecen estes presupostos, o digo sempre, son continuistas e unha transformación diaria de a ver como imos evolucionando, vostede di que ata que non sae o decreto non se pon a traballar para facer o presuposto, vostede, outros alcaldes no mes de xuño xa están facendo os presupostos cos diferentes grupos ou concelleiros, aquí en Bergondo o ultimo día, despois dísenos que se non se aproban perdemos inversións, que os veciños quedan sen actividades, pero seguimos co mesmo, o mesmo, non cambia nada. Desde o ano 2007 que entrei nesta cámara dígame que cousas se modificaron en Bergondo, nada, polo tanto o noso voto é negativo, porque cando un quere gobernar, e sobre todo estando en minoría, fala co resto. Sra. alcaldesa: ben, espero que a partir de mañá empecen vostedes a traer propostas, doulles a oportunidade de facer un orzamento para o mes de xaneiro. Sr. voceiro de VB: pero vostede que cree que gobernar é chegar aquí e dicir veña nenos traede propostas... imos ver vostede se quere sacar adiante.. Sra. alcaldesa: Sr. concelleiro este é un pleno serio.. Sr. voceiro de VB: esta segura?, mire se este fose un pleno serio non chegabamos a este punto, e se a vostede lle rexeitan os presupostos hoxe presentaba unha cuestión de confianza, porque isto non é serio, chegar aquí despois de dous anos sen presuposto e dicir que presentemos propostas, pero para que?. Sra. alcaldesa: o tema é que, ao mellor, non teñen vostedes propostas que facer. Sr. voceiro de VB: iso é o que vostede cree, ese é o argumento de todos os anos. Sra. alcaldesa: non, espero que as faga, nada mais. Sr. voceiro de VB: pero non se preocupe, o seu argumento xa o coñecemos desde o ano 2007, é que non teñen propostas...., e vostede ten gana de que teñamos propostas?, mire, no tema das inversións, nin sequera recolle un terzo das parroquias, nin sequera, e vostede está en minoría, se fose un pouco intelixente convocaba a todas as asociacións de veciños e xa daba pé a facer unha mesa de traballo para

Page 15: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

15 (25)

todo o mundo, e invitaba aos grupos; pero non, non vaia ser que lle quitemos a ilusión, pois a ilusión no noso caso é dicirlle que non, porque o que vostede presenta aos bergondeses... Sra. alcaldesa: xa dixo vostede que non Sr. concelleiro, vale? Sr. voceiro de VB: grazas. Sra. alcaldesa: invítoos a todos a que fagan propostas para traer un novo Orzamento, ao día de hoxe non tiveron tampouco vostedes ningunha proposta, xa sei....tiveron vostedes pouco tempo. Sr. voceiro de VB: desculpe, no ano 2007 aprobouse aquí unha moción para facer un Centro de día, no ano 2009 aprobouse unha moción para cubrir pavillóns deportivos, quere vostede propostas, quere mais? Sra. alcaldesa: non estamos no ano 2007 Sr. voceiro de VB: pero hai aquí mocións aprobadas que vostede non está levando, porque non fai caso das mocións aprobadas? que é un dereito de lei. Vostede ten mocións aprobadas sen cumprir, si ou non?. Sra. alcaldesa: si hai algunha. Sr. voceiro de VB: entón porque non as leva no presuposto para ver esa vontade negociadora e transformadora do concello, porque non o fai? Porque chega aquí coas mans baleiras?. Sra. alcaldesa: Sr. concelleiro estou esperando a que vostedes realmente fagan propostas, porque teño moitísimas ganas de ver de onde quitan vostedes cartos para meter todo o que queren meter, porque a realidade é esa, é unha cuestión matemática, onde hai que poñer todos temos moitas ideas, pero hai que quitar, a ver de onde hai que quitar e se atreven a facelo. Sr. voceiro de VB: se quere que faga o seu traballo... Sra. alcaldesa: non, vostede dea propostas. Sr. concelleiro non adscrito: nós non imos presentar propostas, xa as presentamos no 2012, por escrito, nin sequera obtivemos respostas. Sra. alcaldesa: entendo que se ratifican nesas propostas. Sr. concelleiro non adscrito: non, entendo que non imos presentar proposta algunha porque nin sequera recibimos contestación das nosas propostas, que eran por escrito, que lle podían gustar ou non, pero polo menos había que argumentar, contestar. Polo tanto non lle cremos esa vontade de pedir propostas, moito menos despois de presentar os orzamentos en dous días, a ver si soaba a frauta e se aprobaban por casualidade. A continuación procedese á votación da proposta presentada, que tivo o seguinte resultado: Grupo municipal do PSdG-PSOE catro (4) votos a favor; Grupo municipal do Partido Popular: cinco (5) en contra;; concelleiros non adscritos: dous (2) votos en contra, Grupo municipal de Veciños de Bergondo un (1) voto en contra Total: catro (4 ) votos a favor, oito (8) en contra. En consecuencia, pola Sra. alcaldesa declarase rexeitada, por maioría de votos en contra, a proposta presentada. 6.- DAR CONTA DOS DECRETOS E RESOLUCIÓNS DE ALCALDÍA. A continuación pola Sra. alcaldesa, en cumprimento do previsto no art. 42 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, aprobado por R.D. 2568/86 de 28 de novembro

Page 16: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

16 (25)

(ROF), dáse conta á Corporación dos Decretos e Resolucións ditadas desde o 25 de novembro ao 13 de decembro de 2013, numerados do 1079/2013 ao 1179/2013. O Pleno queda enterado. 7- ASUNTOS URXENTES. A Sra. alcaldesa, no cumprimento do disposto do artigo 46.2.e) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, na súa redacción dada pola Lei 11/1999, do 21 de abril, e no artigo 91.4 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, pregunta se algún grupo político desexa someter á consideración do pleno, por razóns de urxencia, algún asunto non comprendido na orde do día que acompañaba á convocatoria e que non teña cabida no punto de Rogos e Preguntas. Por parte da Alcaldía presentase un asunto, que xa se explicou na Comisión Informativa pero non foi ditaminado, argumentase a súa urxencia en que se recibiu un fax da asesoría xurídica da Deputación recomendando que se faga neste mes un acordo plenario para derrogar a Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización privativa do dominio, polas empresas explotadoras de subministros de interese xeral, e dicir, basicamente as empresas de telefonía . Sometida a votación a urxencia deste asunto, o Pleno Municipal, por unanimidade dos doce concelleiros asistentes, dos trece que constitúen a totalidade da Corporación, declara a súa urxencia, pasando seguidamente a debatelo. 7.1.- DERROGACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN PRIVATIVA OU APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PÚBLICO LOCAL, POLAS EMPRESAS EXPLOTADORAS DE SERVIZOS DE SUBMINISTRACIÓNS DE INTERESE XERAL E TRASLADO AO TRIBUNAL SUPERIOR D E XUSTIZA DE GALICIA. ACOPCIÓN DE ACORDO QUE PROCEDA. A continuación dáse conta aos/ás asistentes da proposta de Alcaldía que transcrita literalmente di: “En datas 27 de decembro de 2012 e 11 de xaneiro de 2013, recíbense escritos da Excma. Deputación Provincial de A Coruña, indicando o resultado das Sentenzas 00745/2012 e 00828/2012 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección 4, referentes ós procedementos ordinarios 15439/2010 e 15294/2010, polos recursos presentados por Vodafone España, S.A. e Telefónica Móviles, S.A., respectivamente, contra o acordo de aprobación definitiva da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local polas empresas subministradoras de servizos de subministracións de interese xeral (BOP 4 de marzo de 2010) Por todo isto, en base as sentenzas citadas, modifícase o texto da Ordenanza procedendo a anulación dos artigos 2, 3, 5 e 8, da citada ordenanza, segundo establecen o parágrafo final do fundamento de dereito terceiro da sentenza 00745/2012 e o parágrafo final do fundamento de dereito segundo da sentenza 00828/2012, publicándose o citado acordo definitivo no BOP nº 73 de data 17 de abril de 2013. En data 18 de outubro de 2013, recíbese escrito do TSX de Galicia, sobre recurso contencioso administrativo PO 04/15320/2013, sobre o acordo definitivo da modificación da ordenanza anterior, modificación que o Concello

Page 17: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

17 (25)

levou a cabo en execución de sentencia, dándolle traslado do mesmo a Asesoría Xurídica da Excma. Deputación Provincial de A Coruña. En data 17 de decembro de 2013, recíbese escrito da citada Asesoría Xurídica, no que establece que derivada dunha incorrecta interpretación na execución das sentenzas, a ordenanza fiscal queda sen estrutura. Dado que o Concello, co acordo adoptado, pretendía dar cumprimento as sentenzas citadas e non aplicar a ordenanza fiscal, entende que a mellor opción é a plantexada pola Asesoría Xurídica da Deputación que é proceder a derrogar a ordenanza fiscal reguladora da taxa polo aproveitamento especial do dominio público local, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións de interese xeneral, por xa devenir inaplicable coa modificación realizada. Por todo o anteriormente exposto, proponse ó Pleno da Corporación a adopción do presente acordo: 1º.- Derrogar a ordenanza fiscal reguladora da taxa polo aproveitamento especial do dominio público local, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións de interese xeneral, publicada no BOP nº 73 de data 17 de abril de 2013 e que modificaba a publicada no BOP de 4 de marzo de 2010. Consorte co disposto na TRLRFL, expoñer ao público o presente acordo mediante anuncios no taboleiro de edictos da corporación e no Boletín Oficial da Provincia, polo prazo de trinta días hábiles que contarán a partir do seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas. As reclamacións presentadas serán resoltas pola corporación en Pleno, e de non existir, entenderase definitivamente aprobado o acordo provisional, debéndose proceder en todo caso á publicación no Boletín Oficial

da Provincia do acordo definitivo. 2º.- Comunicar o presente acordo á Deputación Provincial da Coruña para o seu traslado ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O Pleno decidirá o que estime máis conveniente. Bergondo, 17 de decembro de 2013 A alcaldesa Asdo.: Alejandra Pérez Máquez” Toma a Sra. alcaldesa: no seu momento, como recordaran seguimos o modelo de ordenanza que establecía a Deputación, parecía unha forma boa de recadación, pero saben vostedes que houbo bastantes alegacións, recursos por parte das empresas de telefonía que se foron gañando, que deron lugar a diferentes modificacións da ordenanza e agora xa por fin, dinos que para evitar as costas dun xuízo que a derroguemos. Sr. concelleiro non adscrito, Antón Sánchez García: so dicir unha cousa que parece que non ven ao caso, pero neste país parece que a xustiza só funciona para Telefónica, para Fenosa e para este tipo de empresas, é unha vergoña os privilexios dos que gozan todas estas empresas, e aquí o único que sube é a taxa da auga, da luz, etc.

Page 18: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

18 (25)

Trala correspondente deliberación, e rematadas as intervencións, sométese o ditame a votación, e por unanimidade de votos a favor (doce), catro do grupo municipal do PSdG-PSOE, cinco do grupo municipal do PP, dous dos concelleiros non adscritos, e un do grupo municipal Veciños de Bergondo, o Pleno municipal aproba a proposta que devén en acordo nos termos nos que se acaba de transcribir. Seguidamente a Sra. alcaldesa informa que se presenta unha moción que xa se ditaminou na Comisión Informativa, que foi presentada polos concelleiros non adscritos e por un erro non foi incluída na Orde do Día. Entendese a urxencia xa que foi debatida e ditaminada na Comisión Informativa. 7.2.- MOCIÓN PARA DENEGAR A APROBACIÓN DEFINITIVA D O PLAN DE SECTORIZACIÓN DO SECTOR R-3 DE A LONGUEIRA. ADOPCIÓ N DE ACORDO QUE PROCEDA. O Sr. concelleiro non adscrito, Antón Sánchez García pasa seguidamente a dar lectura á moción presentada, que transcrita literalmente di:

“Antón Sánchez García e Juan Antonio Fariña Pedreira, concelleiros non adscritos do Concello de Bergondo, de acordo co previsto no art. 97.3 do ROF, hónrase en propoñer o seguinte acordo:

MOCIÓN PARA DENEGAR A APROBACIÓN DEFINITIVA DO PLAN DE SECTORIZACIÓN DO SECTOR R-3 DE A LONGUEIRA”.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A historia do proxecto de urbanización da Longueira remóntase a hai más de 20 anos. Exemplo paradigmático da especulación urbanística dos moitos que hai e houbo neste país. Uns terreos, parte dos cales, no seu tempo, foron expropiados polo SEPES para a construción de vivendas sociais, acabaron sendo obxecto dunha clasificación nas NNSS de 1992 -actualmente vixentes no Concello de Bergondo- como solo urbanizable e cunha edificabilidade do 0,4 m2/m2. Un auténtico “pelotazo” urbanístico.

Independentemente da historia, unha actuación destas características, coa previsión de construción de máis de 800 vivendas nunha zona aillada da malla urbana e cunhas características actuais de solo rústico, condicionaría o futuro de Bergondo a nivel urbanístico, económico e social. Cuestión esta que non debe ser permitida, posto que o interese xeral debe prevalecer e primar na planificación urbanística.

O Plan Sectorial foi aprobado por Decreto da Alcaldía de 31/05/2005, e a pesar de que posteriormente o proxecto sufriu importantes modificacións, prorrogouse dita aprobación provisional en troques de proceder a unha nova aprobación e proceso de información pública, o cal tería sido moito máis acaído.

Recentemente recibiuse no Concello de Bergondo o “Informe previo á aprobación definitiva do Plan de Sectorización do SAU R3 A Longueira” , cuxas determinacións son desfavorables en aspectos chave como son o número de vivendas, a non integración na malla urbana ou a incompatibilidade co contido do Plan de Ordenación do Litoral.

Cremos que é chegado o momento de pechar definitivamente un proxecto alleo a calquera tipo de racionalidade e que o noso concello quede libre deste pesado lastre para decidir con liberdade o modelo urbanístico de Bergondo, sen ataduras con respecto a ningún tipo de interese especulativo.

Page 19: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

19 (25)

Por canto antecede, propoñemos ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte

ACORDO

1.- Á vista e con fundamentación no Informe previo da Secretaría Xeral da Ordenación do territorio e urbanismo de 22 de novembro de 2013, e de confomidade co previsto no art. 86.1 da Lei 9/2002, LOUG, o Pleno da Corporación, ao abeiro da competencia atribuída polo art. 22.1.c) da Lei 7/1985, de Bases de Réxime Local, acorda denegar a aprobación definitiva do Plan de Sectorización do sector R-3 da Longueira.

2.- Dar traslado do presente acordo á entidade promotora e a todos cantos interesados obren no expediente, co ofrecemento das accións legais oportunas".

A continuación toma a palabra a Sra. alcaldesa e di: eu xa lle comentaba ao seu compañeiro o outro día que é público que tampouco somos uns entusiastas da Longueira. Con respecto á exposición de motivos, fai vostede unha apreciación, que tiña que ter tido unha nova aprobación e un proceso de información pública que tería que ser sido máis acaído; non é que sexa acaído ou non acaído, nós non estamos inventando o procedemento, e neste caso non era o que procedía. Vostede tamén di na exposición de motivos que hai determinacións que son desfavorables, e esa é a palabra, determinacións que son desfavorables, pero o caso é que o informe non é desfavorable, e o outro día explicaba que se o informe tivera sido favorable por parte da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio, se ese informe houbera sido favorable, viriamos a este Pleno a votar todos a aprobación definitiva ou non aprobación definitiva, se houbera sido desfavorable, viriamos tamén ao Pleno para darlle carpetazo; pero non é nin favorable nin desfavorable, realmente é un informe como outros que se teñen emitido por diferentes organismos, e neste caso é un informe que se emite e que conclúe que deben ser corrixidas as observacións sinaladas e enviar de novo o expediente para informe. Estamos de acordo en que moitas das correccións que lles obrigan a facer poderían resultar de difícil cumprimento, ou de imposible incumprimento, pode ser, en todo caso o procedemento neste caso é darlle traslado ao promotor, e non é vir ao Pleno, porque á día de hoxe non sería o Pleno quen ten que decidilo, serán os promotores os que decidan se poden ou non, facer caso deste informe, se poden corrixir estas observacións, e incluso se teñen que alegar ao propio informe. Nos dicíamos o outro día, que poderiamos encontrarnos cunha responsabilidade patrimonial importante se agora votásemos pechar con este Sector, e así o repite o informe xurídico que se emitiu por parte da asesoría xurídica do concello no día de hoxe, que o outro día non tiñamos; de feito eu recomendei que esperaramos para votar este asunto. O informe volve a recalcar o que xa se dicía o outro día por parte da secretaria e o que telefonicamente se comentara por parte da Secretaría da asesoría xurídica da Deputación. Pode non gustarnos o que temos aí, e xa digo, nós non o defendemos, pero isto é unha cuestión legal, é unha cuestión de procedemento, á día de hoxe aínda é unha cuestión técnica e non debemos darlle carpetazo, é mais, podería dar lugar a que o acordo que hoxe se adoptase aquí fose un acordo nulo de pleno dereito e entón si, xa advirto, haberá acordos plenarios nos que esta alcaldesa e este grupo de goberno se ten retrasado, pero cun acordo nulo de pleno dereito, esta alcaldesa non ía facer nada para que fose para adiante, porque estaría metendo nunha responsabilidade tremenda ao concello e ás arcas municipais, e así o manifesto. Aínda así apelo á responsabilidade de todos, haberá outras fórmulas para modificar eses solos, pero non a través dunha moción, agora non é o momento; polo tanto o voto do partido socialista, que en conciencia podería ser unha abstención ou incluso favorable, por responsabilidade vai ser en contra da moción.

Page 20: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

20 (25)

Seguidamente toma a palabra o Sr. concelleiro do Partido Popular, Alberto Feijóo Rodríguez que di: xa expuxeron a maior parte das razóns, tanto o concelleiro de Anova como a alcaldesa, unha parte das razóns incluídas, como o exceso de edificabilidade, gran parte dos artigos que incumpre o Plan de sectorización, así como o feito de hipotecar o futuro Plan Xeral fanos dubidar da idoneidade deste Plan de sectorización. Por outra parte, lendo o informe xurídico municipal e o polo exposto pola alcaldesa, non cremos conveniente levar esta moción adiante, por dúas razóns, unha pola posibilidade de incorrer en que se poida demandar ao concello, e outra que este Plan de sectorización aínda ten que ser sometido ao Pleno previamente á aprobación definitiva, por todo elo cremos conveniente absternos nesta moción. Toma a palabra o Sr. voceiros de Veciños de Bergondo e di: nos entendemos que este é un proxecto do partido socialista, desde o ano 2002 que andan aí enredando con esta historia, parécenos ben a proposta que fan os concelleiros non adscritos, pero tamén temos que ser conscientes do sitio que estamos, agora mesmo, co informe da xurista, non é realista votar a favor disto, co meu pesar. En conciencia, abstéñome. Sr. concelleiro non adscrito: ben, pois varias cuestións, nos discrepamos, respectamos o traballo de todos os funcionarios que o fan honradamente e o mellor que poden, pero nos estamos aquí para facer política, cumprindo a legalidade, pero para facer política e tomar decisións, e as decisións teñen que ser valentes. Nos cremos, ademais, que podería haber informes xurídicos no sentido contrario, igual que podería haber informes xurídicos no sentido contrario de cando a Sra. alcaldesa ratificou unha aprobación provisional do alcalde anterior, de 31 de maio de 2005, que hai que recordar que este Plan de sectorización foi aprobado inicial e provisionalmente por decreto da Alcaldía, nunca se debateu neste Pleno mais que unha modificación puntual no ano 2002, ou 2003, para incrementar aínda mais a densidade de edificación, pero o Plan de sectorización en si nunca se veu a debater aquí, polo tanto este Pleno ten liberdade total para decidir, porque é o máximo órgano, polo tanto non hai responsabilidades patrimoniais que exixir por parte da entidade promotora, que ten unhas Normas subsidiarias do ano 1992 para desenvolver este Plan, senón o desenvolveu antes de que saíran outras leis e o Plan de ordenación do litoral, entre outras cousas, problema da entidade promotora, as cousas cambiaron. Polo tanto, primeiro, cando se mandou á Xunta de Galicia cunha aprobación provisional ratificada, o que correspondería era facer unha nova aprobación provisional, posto que o artigo 86, ao que fai referencia o informe xurídico, fala de que a aprobación provisional é sobre un Plan en concreto, e o Plan do 2005 non era o Plan presentado en decembro de 2012 informado polo técnico, polo tanto foi un fraude, evidentemente cunha intencionalidade, se se procedera a unha nova aprobación provisional o Plan de Sectorización tiña que pasar por unha avaliación ambiental, pola Lei 2/2010, disposición transitoria que leo os plans aprobados provisionalmente antes de entrar en vigor esta Lei, poderán continuar a súa tramitación ata a súa aprobación definitiva a tenor do disposto na Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, esa era a razón e non outra; polo tanto o informe xurídico ben poderiamos traer outro contraditorio, e con respecto a este último informe xurídico tamén discrepamos, o artigo 86.da LOUGa non prevé prazo de subsanación de deficiencias unha vez emitido o informe, e a segunda razón pola que discrepamos é que o que o informe da Xunta di con respecto a incompatibilidade do POL é insubsanable, non se pode subsanar. Polo tanto, nos apelamos, o mesmo que vostedes apelan á responsabilidade, que eu creo que é falta de decisión política de atacar un problema, pois nos apelamos á responsabilidade co futuro de Bergondo, esta aberración hai que parala canto antes, e agora estase comezando a redactar un Plan Xeral e hai que parala.

Page 21: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

21 (25)

Sentimos que non haxa esa mesma decisión por parte dos outros grupos, a pesar de que manifesten que están de acordo no fondo da cuestión haberá que velo, se non se aproba isto, cando veña á aprobación definitiva; volverá ameazar a entidade promotora con responsabilidades patrimoniais e volveremos a dicir que non hai ningunha responsabilidade patrimonial cuns señores que non promoveron este Plan de sectorización en tempo, se lles pasou o arroz, punto, aprobouse o Plan de Ordenación do Litoral, non se pode facer, hai que darlle carpetazo e comezar a pensar noutras cousas. Sra. alcaldesa: Sr. concelleiro, eu non vou a defender a Longueira, non o vou facer. Entendo que o que vostede está a facer aquí é un manifesto político que lle ven moi ben cara á galería unha vez mais pero que de responsabilidade ten pouca. Con respecto a esa nova aprobación que vostede dicía que se tiña que facer, nos consultámolo coa Xunta de Galicia, loxicamente, e consúltano os técnicos neste caso, porque non existe esa segunda aprobación provisional e non existe tampouco esa figura. Sr. concelleiro non adscrito son dúas cousas diferentes, é que non sabe do que fala. Sra. alcaldesa: non existe, non é que eu teña que saber do que falo, aquí hai un arquitecto municipal, hai unha xurista de urbanismo municipal, houbo un secretario e hai unha secretaria municipal e son xente que o miraron moito, e no que esta Alcaldía non entrou absolutamente en nada, absolutamente en nada; xa lle digo, non vou a defender eu a Longueira. Había moitas dúbidas se iso tiña que vir no seu momento ao Pleno, e na Xunta dixéronos que non, que non tiña que ser esa segunda aprobación provisional, que realmente non existe. Estou de acordo con vostede en que nunha futura aprobación definitiva todos teríamos liberdade para votar, vale?, e nesa aprobación definitiva hai xurisprudencia na que un pode pensar que pode haber unha responsabilidade por non votar algo que un pode entender, un solo que está aí e que ten dereito o propio promotor a desenvolvelo, un solo, como vostede ben dicía, que leva nunhas Normas que están aí dende o ano 1992 e que hai dereito a desenvolvelo, e tamén hai xurisprudencia onde di que non hai tampouco responsabilidade dos concelleiros en canto ao voto, pero iso sería na aprobación definitiva, e isto non é unha aprobación definitiva, e por desgraza non debemos darlle agora carpetazo. E o POL efectivamente ponlle moitos inconvenientes, pero o propio POL non define ese sector como incompatible, se vostede entra no Plan de Ordenación do Litoral, as fichas que están en cada un dos sectores, e non soamente no informe, e esa a contradición que ten este informe incluso co propio POL, o POL non o define como incompatible, porque senón no seu momento xa non se seguiría desenvolvendo, o POL o que lle fai é poñer uns impedimentos tales que eu xa dixen o outro día que estaba convencida de que non se ían poder levar a cabo, e do cal me alegro, tamén é certo. Pero en todo caso, xa digo, non é o momento de darlle carpetazo a isto agora a través dunha moción, porque por desgraza non debemos facelo se actuamos con responsabilidade, e non é meterlle medo a ninguén, é unha cuestión de que un pode dicir que non lle importa e outros actuar como....ben xa dixen. Sr. concelleiro non adscrito: a vostede parécelle que Antón Sánchez García e Juan Antonio Fariña Pedreira, traemos isto.... Sra. alcaldesa: por certo, se ten algún informe técnico ou xurídico tamén nos gustaría velos, o outro día o seu compañeiro dicía que si tiña técnicos e xurídicos.... Sr. concelleiro non adscrito: mire, eu son pai de familia de dous nenos e non quero meterme en problemas, polo tanto claro que teño informes xurídicos. En canto ao que vostede considera, mire, vostede é a alcaldesa, ten moitos poderes que lle dá a lexislación, pero non actúe como un neno que cando perde nos xogos retira o xoguete, porque ser alcaldesa non presupón maior responsabilidade que a de outros concelleiros. En canto ao cumprimento da legalidade, vostede tampouco é a maior indicada para falar, e podería poñerlle varios exemplos, se tivera sempre eses mesmos escrúpulos legais outro galo nos cantaría, e se

Page 22: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

22 (25)

fose vostede responsable seguramente teríamos orzamentos no 2013 e seguramente tamén teríamos Plan Xeral de Ordenación municipal. Sra. alcaldesa: estamos falando dunha moción e de responsabilidades patrimoniais?. Sr. concelleiro non adscrito: estamos falando de responsabilidade. Sra. alcaldesa: vostede o que quere e montar un circo, coma sempre Sr. concelleiro non adscrito: vostede descualifica gratuitamente porque non ten argumentos. Sra. alcaldesa: vostede está descualificando aos demais. Sr. concelleiro non adscrito: non ten argumentos. Sra. alcaldesa: lle fallan a vostede, porque non ten ningún informe ao día de hoxe que avale a súa postura, ou polo menos non o presentou ao resto dos seus compañeiros. Sr. concelleiro non adscrito: o que non teño e funcionarios ao meu cargo, que me fagan a min informes, iso si que non o teño. Sra. alcaldesa: e cre vostede que os funcionarios municipais fan os informes? Esta seguro?. Sr. concelleiro non adscrito: si Sra. alcaldesa: está vostede sendo realmente irrespectuoso cos funcionarios municipais. Sr. concelleiro non adscrito: podo recitarlle un verso de Quevedo, que di así no he de callar por mas que con el dedo ya tocando la boca o la frente silencio avises o amenaces miedo..... non me vai calar.... Sra. alcaldesa: si o podo calar Sr. concelleiro. Sr. concelleiro non adscrito: informes xurídicos Sra. alcaldesa, lle podo traer cinco, seis, sete ou os que queira, estoulle falando con coñecemento de causa, estoulle dicindo que o artigo 86 da LOUGa nin prevé prazo de subsanación, nin é subsanable os oito apartados que son incompatibles con Plan de Ordenación do Litoral. Vostede, o mesmo que fixo cando enviou isto á Xunta, cunha ratificación dunha aprobación provisional no 2005, non cambiaron nada as cousas desde o 2005 vostede ratificou...., claro que non hai unha segunda aprobación provisional, hai unha nova aprobación provisional porque hai dous plans diferentes, un do 2005 e un de decembro de 2012; nin sequera o de decembro de 2012 que se enviou á Xunta era o mesmo que informou o arquitecto, entende?, e o arquitecto nin sequera puxo o número de vivendas no informe que se mandou alí, que é unha das cousas que informa o informe da Xunta de Galicia; entón, non vaia dicir..., unha cousa é respectar o traballo e outra é que estas cousas sexan indiscutibles, e eu cóidome moito, sempre me coidei moito, de que cando traio unha cousa, traela ben fundamentada, e neste caso hai fundamento de sobra, o que hai que ter é valentía política para levar a cabo as cousas. Sra. alcaldesa: voulle repetir, non me toca a min defender os informes dos técnicos municipais; en todo caso sabe que a ultima coletilla que sempre poñen os técnicos municipais é baixo o meu leal saber e entender a que someto calquera outro mellor fundado en dereito... Sr. concelleiro non adscrito: que gobernen un funcionario e xa non facemos eleccións, estoulle dicindo que isto é política ..... Sra. alcaldesa. precisamente, como isto é política... xa sabemos de que pé coxea vostede..Pode haber varios informes e poden ser incluso contraditorios, vale?, neste caso non os hai e nós non os vimos. Pero o que non lle admito, para nada, é que diga que os funcionarios fan, porque así o dixo veladamente, que os informes municipais se facían de acordo, ou que a propia Alcaldía podía facelos, vale?. Sr. concelleiro non adscrito: non Sra. alcaldesa: pois iso foi o vostede dixo aquí, os informes son independentes, e poderán ser con erros, en todo caso son persoas, pero sempre independentes, e iso non llo vou a consentir. E remato unha vez mais, dicindo que a conclusión do informe da secretaria xeral é que deben ser corrixidas as observacións sinaladas e enviar de novo o expediente para informe, vale?, iso é o que di o informe da Secretaría xeral.

Page 23: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

23 (25)

Sr. concelleiro non adscrito: non manipule a miña opinión sobre os funcionarios, que xa dixen desde o principio que o respecto, pero podo discrepar dos informes, só faltaría. Non poña na miña boca palabras que non son, que son acusacións moi graves. Sra. alcaldesa: as que vostede dixo si, as que vostede fixo. Sr. concelleiro non adscrito: es as que fixo a interventora nos seus informes sobre os orzamentos tamén son moi graves e non as fago eu. Sra. alcaldesa: cando vostede quere se miran os informes dos técnicos municipais, e cando non lle interesa entón non. A continuación procedese á votación da moción presentada, que tivo o seguinte resultado: Grupo municipal do PSdG-PSOE catro (4) votos en contra; Grupo municipal do Partido Popular: cinco (5) abstención; concelleiros non adscritos: dous (2) votos a favor, Grupo municipal de Veciños de Bergondo unha (1) abstención. Total: dous (2 ) votos a favor, catro (4) en contra e seis (6) abstencións. En consecuencia, pola Sra. alcaldesa declarase rexeitada, por maioría de votos en contra, a moción presentada. 8- ROGOS E PREGUNTAS. A Sra. voceira do PP manifesta que o seu partido presentou por Rexistro un informe sobre as actuacións pendentes na parroquia de Lubre, polo que xa as dan por presentadas. Os Sres. concelleiros non adscritos presentaron os seus Rogos e Preguntas o día 17 de decembro, co núm. de rexistro de entrada: 9921. O Sr. concelleiro non adscrito, Juan Antonio Fariña Pedreira pasa seguidamente a expoñelos ROGOS: 1) Reiteración do rogo traído a pleno o 28/02/13: Na praza pública de Guísamo, cando chove con certa intensidade, e pola pendente que ten a propia praza, acumúlase gran cantidade de auga que se deriva a unha canle que a verte directamente ao camiño, sen que exista ningunha arqueta de recollida da mesma; o cal provoca que o camiño se inunde. Por outra parte, o citado camiño, na outra marxe, tampouco dispón de cuneta ou similar para desaloxar a auga, co cal se forman grandes pozas como as da fotografía, nun día de choivas máis ben modestas. (inclúe dúas fotografías da zona descrita). Sra. alcaldesa: tomamos nota. Sr. concelleiro non adscrito: igual que en febreiro, toman nota. Se me permite teño outro rogo, rogo ou pregunta, referido á fonte de Tatín, que recentemente se reparou, dalgún xeito, sen embargo sería conveniente que se limpara e,ao mesmo tempo se adecentara ou se repararan as escaleiras de baixada. PREGUNTAS:

Page 24: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

24 (25)

1) Existe algunha normativa para a utilización dos locais sociais do Concello de Bergondo?. Sra. alcaldesa: non Sr. concelleiro non adscrito: debería existir ou... Sra. alcaldesa: podería. Sr. concelleiro non adscrito: podería, debería? Sra. alcaldesa: podería, non é o maior dos problemas que existe actualmente, pero podería. Sr. concelleiro non adscrito: evidentemente que non é o maior dos problemas, pero se están dando problemas e ao final o que conseguimos é que haxa discrepancias e incluso controversias, podería chegar a haber lios entre veciños, entre asociacións, entre colectivos diferentes que queren facer uso dun local, e tampouco poden nun momento dado invocar unha normativa para facer valer uns dereitos.... Dicía o meu compañeiro, que xa non é que non se avance, tampouco o día a día se leva, isto é unha cousa que debería de funcionar en automático, se vostede me di que non existe... daquela que se segue?, facemos un sorteo? un reparto? o que chegue antes? o que chegue despois?... Sra. alcaldesa: é outra pregunta? Sr. concelleiro non adscrito: pois si, é outra pregunta. Senón hai normativa existe algún criterio?. Sra. alcaldesa: procurase contentar aos diferentes colectivos, e normalmente non adoita haber problemas; ás peticións que adoitan facer as asociacións a principios de ano e despois os usos veciñais. Sr. concelleiro non adscrito: pois non son esas as noticias que temos, de feito non traeriamos esta pregunta senón houbera a situación contraria á que vostede describe. 2) Avances con respecto á clarificación de titularidade do camiño de acceso á fonte das Leiras. Sra. alcaldesa: non houbo ningún cambio. Sr. concelleiro non adscrito: nin o vai haber tampouco? Sra. alcaldesa: vaino haber pero non o houbo. 3) Novidades respecto á investigación da plantación de eucaliptos (pola que xa se preguntou noutras ocasións neste pleno) na zona de Vixoi-Callou. Sra. alcaldesa: non temos tampouco novidades con respecto a iso, será un expediente que retomemos agora de novo. Sr. concelleiro non adscrito: que retomen agora?. Sra. alcaldesa: sabe vostede que houbo un cambio de consellerías, pois hai que retomas algúns expedientes de novo. Sr. concelleiro non adscrito: tamén o prevén en breve. Sra. alcaldesa: si 4) Algún avance respecto á moción aprobada polo pleno no que se pedía a accesibilidade da batería de punta Corbeiróa? Sra. alcaldesa: non houbo. 5) Algún avance con Costas e coa Xunta de Galicia en relación coa moción aprobada no pleno no que se avogaba pola preservación das praias do Regueiro, A Cabana e O Pedrido?. Relacionado con isto, que medidas se van tomar ou tomaron para investigar as accións que un particular emprendeu recentemente na praia do Regueiro (presumiblemente dentro do dominio marítimo terrestre)? Sra. alcaldesa: con respecto á segunda parte hai unha paralización desas obras, e con respecto á primeira parte houbo conversas con Costas e coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza, que, por certo, tardou bastante en darnos cita, porque houbo en cambio na dirección, o subdirector pasou a facer as

Page 25: ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DE …bergondo.gal/uploads/media/acta_po_20131219_01.pdf · 2014. 2. 5. · Pl. 19/12/2013 1 (25) ACTA CORRESPONDENTE Á SESIÓN

Pl. 19/12/2013

25 (25)

labores de dirección. En Costas se nos aconsellaba facer un talúd de corenta e cinco grados e incluso a posibilidade de poñer uns rollizos de madeira, pero na Conservación da Natureza estimase que cunha plantación de determinadas especies, poñían como exemplo tipo salgueiros, unha plantación baixa que con iso sería suficiente e o que quedamos foi en que así que pasen estas datas en ter unha xuntanza a tres bandas, porque non é o mesmo o que opinan desde un organismo e dende o outro. Sr. concelleiro non adscrito: en canto á segunda pregunta. Sra. alcaldesa: a segunda parte da pregunta, hai unha paralización do que agora era un movemento de terras e un peche de tullas, pero que se previa que podería haber algo mais, pois hai unha paralización e un informe que se terá que remitir á Axencia de protección da legalidade urbanística. O Sr. voceiro de VB, fai un rogo, aínda que non foi presentado por escrito: o tema da estrada N-VI, en que situación se quedou coa modificación da estrada de Cortiñán? Sra. alcaldesa: presentarase unha proposta por parte de Fomento, dúas propostas de feito, que non nos convencían totalmente porque a fin de contas seguían sen facer ese carril único, que era o que se pretendía, e a proposta que se facía naquel momento era un novo pintado, pero non se lles deu o parabén porque entendiamos que non era unha boa proposta, que con ese novo pintado non se melloraba. Sr. voceiro de VB: espera que haxa unha proposta para o ano que ven?. Sra. alcaldesa: para o ano 2014?, si, estaban bastante mal de cartos pero esperemos que si, e que sexa xa unha proposta no sentido que todos lle demandamos. Non existindo máis preguntas, nin asuntos que tratar, ás vinte e unha horas e cincuenta minutos, remátase a sesión por orde da Sra. alcaldesa, e redáctase a presente acta da que eu, a secretaria, dou fe. A secretaria V. e Pr.: A alcaldesa Ana M.ª Cacharrón Castelos Alejandra Pérez Máquez