a verdadeira historia de carapuchiña

3
A verdadeira historia de carapuchiña Todos coñecedes o conto de Carapuchiña Vermella, pero o coñecedes ta como o conta o leñador. Eu vouvos contar a verdadeira historia. Un día a nai de Carapuchiña mandoulle que levara un pouco de mel a casa da súa avoa, que estaba enferma, e díxolle: -- Non te pares con ninguén, que o bosque de camiño a casa da avoa é perigoso. Carapuchiña foise e no medio do camino parou a coller flores. Entón doulle a impresión de que alguén perseguía. Mirou cara atrás e viu a un lobo que a miraba fixamente. Carapuchiña asustouse e estaba a piques de botar a correr, pero entón o lobo díxolle: --Non temas, só quero falar contigo. --Falar de qué?—dixo a nena, desconfiada.-- Non quererás enganarme para zamparme? --Non! Só quero contarche un problema. --A min non me importan os teus problemas. Marcha e déixame en paz! --Non, este é un problema que nos afecta a todos. Sei que che gusta a natureza, sempre lle levas flores a túa avoa. --E iso que ten que ver co teu problema? --O leñador deste bosque últimamente está causando moitos estragos na natureza. Anda descontrolado, e tala moitas árbores. --É o seu traballo.—respondeu Carapuchiña. --Pero de seguir así, moitos animáis quedaremos sen fogar. Empezando polos paxaros, que non terán onde facer os seus niños. Ou os esquíos e os coellos. Eu non terei qué comer. E o final, non haberá nin árbores nin animáis.

Upload: reme-rbm

Post on 04-Aug-2015

180 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A verdadeira historia de carapuchiña

A verdadeira historia de carapuchiña

Todos coñecedes o conto de Carapuchiña Vermella, pero o coñecedes ta como o conta o leñador. Eu vouvos contar a verdadeira historia.

Un día a nai de Carapuchiña mandoulle que levara un pouco de mel a casa da súa avoa, que estaba enferma, e díxolle:-- Non te pares con ninguén, que o bosque de camiño a casa da avoa é perigoso.

Carapuchiña foise e no medio do camino parou a coller flores. Entón doulle a impresión de que alguén perseguía. Mirou cara atrás e viu a un lobo que a miraba fixamente. Carapuchiña asustouse e estaba a piques de botar a correr, pero entón o lobo díxolle:--Non temas, só quero falar contigo.--Falar de qué?—dixo a nena, desconfiada.-- Non quererás enganarme para zamparme?--Non! Só quero contarche un problema.--A min non me importan os teus problemas. Marcha e déixame en paz!--Non, este é un problema que nos afecta a todos. Sei que che gusta a natureza, sempre lle levas flores a túa avoa.--E iso que ten que ver co teu problema?--O leñador deste bosque últimamente está causando moitos estragos na natureza. Anda descontrolado, e tala moitas árbores.--É o seu traballo.—respondeu Carapuchiña.--Pero de seguir así, moitos animáis quedaremos sen fogar. Empezando polos paxaros, que non terán onde facer os seus niños. Ou os esquíos e os coellos. Eu non terei qué comer. E o final, non haberá nin árbores nin animáis.--Ben,--respondeu Carapuchiña—imos falar coa miña avoa. Ela nos dirá qué facer.

Foron a casa da avoa, que era moi sabia, pero xa estaba moi maior. A pobre vella xa case non vía.Ó chegar a porta, petaron nela e a avoa dixo que estaba aberto. Entraron. A vella estaba sentada nun sillón ó carón do lume. Carapuchiña e o lobo foron ó seu lado.

--Carapuchiña, filla—dixo a avoa—ules a can mollado!A avoa quixo acariciar á nena e sen querer acariciou ó lobo.--E qué abrigada ves!—Guiñou os ollos para ver mellor—E despeluxada tamén.

Page 2: A verdadeira historia de carapuchiña

--Avoa,--dixo a rapaza—non son eu. É o lobo, que me acompañou para falar contigo dun problema do bosque.--E qué problema, filla?—dixo a avoa tan pancha, que xa non tiña medo a nada.Entre os dous contáronlle o asunto a avoa, que quedou algo pensativa.

Mentres, o leñador, que pasaba por alí, viu pola fiestra ó lobo ó lado do sillón da avoa. Decidiu entrar correndo para salvar a ancianiña.Ó entrar co machado na man, Carapuchiña gritoulle:

--Nooon! Espera,o lobo quere falar contigo!

A lobo dixo:--Temos un problema grave, non podes talar tantas árbores.--Mira ti que listo este lobo—contestou o leñador—quere o bosque para el só e ter máis alimento.A avoa contestou:--Non, mozo, tamén a nós nos afecta. Porque as árbores, durante o día, respiran dióxido de carbono e fabrican osíxeno, que respiramos as persoas .Dan sombra a outras plantas mais pequeñas, e a nós mesmos. O bosque nos da aire limpo. Tamén atrae á choiva, que enche os ríos e regatos. Se quedamos sen árbores, quedamos sen aire puro e sen fontes. Os animáis marcharán e non teremos caza nin pesca.

O leñador calou un momento, baixou o machado e dixo:--Non pensara niso. E qué podemos facer?Carapuchiña tivo una idea:--Podemos replantar as árbores nas zonas que tales. E deixalas crecer para que sigamos tendo bosque.--Moi ben,-- dixo o leñador—de agora en diante, mirarei de non talar moitas árbores dun mesmo lado. E plantaremos.

E asi foi como Carapuchiña,o lobo e a avoa salvaron o bosque.

FiN