a unificación italiana
DESCRIPTION
Breve reconto das figuras e etapas da unificación italiana, entre 1848 e 1871TRANSCRIPT
Gioberti (para quen existe unha raza italiana unida polo sangue, a relixióne o idioma, a opción da unificación
pasa por unha monarquía confederal co papa como cabeza e Carlos Alberto
do Piamonte como gobernante efectivo (é líder do partido neogüelfo).
O fracaso de 1848 levarao a considerar que o Reino de Piamonte debe liderar
o proceso de unificación.
Mazzini funda o movemento nacionalista Xove Italia en 1831, tras o
fracaso do levantamento carbonario de 1830. Aspira a unha República Unitaria. En 1848
está en Roma dirixindo a efémera República Romana. Tamén participa no
levantamento de Milán en 1859,contra os austríacos. As súas ideas non
terán éxito ao triunfar as teses deCavour e de Víctor Manuel II.
Garibaldi é un revolucionario quedesenvolverá a loita desde as barricadas;
aínda que partidario da República como forma de goberno, non terá
máis remedio que aceptar aMonarquía.
Cavour diseña a unidade de Italia coa monarquía como forma de
goberno en torno á figura do rei de Piamonte; politicamente pragmático e calculador, as súas
dotes diplomáticas permitíronlle atraerse aos distintos líderes italianos
e tratar coas diversas potencias europeas.El será o verdadeiro motor da unificación italiana.
Víctor Manuel II respeta desde o comezo a Constitución liberal do seu pai
e inicia o proceso de desamortización eclesiástica que lle outorga o
apoio de importantes sectores.El sera o primeiro rei da Italia
unificada.
O 21 de xullo de 1858,Cavour e Napoleón III
mantiveron unha xuntanza en Plombières,
para acordar o apoio militar deFrancia ao Piamonte en
contra de Austria. A cambio, Cavour promételle a cesión
de Niza e Saboia a Francia.
O 27 de abril de 1859, Austria invade Piamonte. O pequeno reino conta co apoio francés ecoa simpatía de Rusia, Inglaterra e Prusia;
Austria está illada.Cun exército modernizado e cunha boa rede de
ferrocarrís para desprazar rapidamente ás tropas, as batallas de Magenta e Solferino determinan
o afundimento dos austríacos. Os piamonteses ocupan Lombardía,
mais cando estes están a punto de conquistar oVéneto e rematar coa ocupación austríaca,
Napoleón III retíralles o apoio e asina a paz cosaustríacos.
En 1859 tamén se producen revoltas populares en Módena, Toscana, Parma e Romaña,
que destronan aos seus lexítimos gobernantes edemandan a súa incorporación ao Piamonte
como motor da unidade italiana. as catro provincias realizan plebiscitos en 1860 e incorpóranse ao Reino de Piamonte-Cerdeña.
Cun grupo de 1088 revolucionarios, chamados Camisas Vermellas, Garibaldi parte deXénova o 5 de maio de 1860 despois de saquear o porto coa aquiescencia de
Cavour e desembarca en Sicilia o día 11. Rapidamente faise co control da illa e noméase ditadorde Sicilia en nome de Víctor Manuel II de Piamonte. O 20 de agosto atravesa o estreito de Mesina e tenta
tomar o reino de Nápoles, territorio que finalmente dominará en outubro.
O acordo de Biarritz entre Napoleón III e Bismarck establecía que, en caso de guerra entre Austria ePrusia, Venecia debería pasar ao Reino de Italia. A guerra entre Prusia e Austria estourou en xuño de
1866, e a pesares das derrotas italianas en Custoza e Lissa, o afundimento austriacoen Sadowa o 3 de xullo significaba a entrega a Italia de Venecia.
O derradeiro atranco para a unidade italiana era a “cuestión romana”. A vitoria prusiana sobre Napoleón III -favorecedor dos Estados Pontificios- en Sedán en 1870
obrigou ás tropas francesas a retirarse de Roma. Aproveitando esta situación, o goberno de Italia toma
Roma o 20 de novembro de 1870. Un plebiscito en outubro de 1870 (ao que fai referencia a pinturaalegórica de Luigi Riva), coa participación de 135.000 votantes,
xa tiña sido maioritariamente partidario da anexión ao Reino de Italia.
En xullo de 1871, Roma -reemprazando a Florencia- convértesena capital de Italia.