a revolución rusa e a formación da urss

6
As revolucións rusas e a formación da URSS A revolución de outubro de 1917 instaurou sobre a meirande parte do territorio do vello imperio ruso un sistema alternativo ao capitalismo e ao liberalismo político, o socialismo soviético. Paradoxicamente, n esta revolución tivo lugar nun país atrasado cunhas condicións que non semellaban, segundo a teoría marxista, ás máis axeitadas para o triunfo dunha revolución socialista. Rusia a comezos do século XX. En 1900, Rusia seguía a ser un país eminentemente agrario. A súa serodia industrialización, comezada nos anos 1890, concentrábase nalgunhas rexións (San Petersburgo, Moscova, Polonia, a conca do Donestk en Ucraína, a área petrolífero do Cáucaso). Malia o seu rápido crecemento, o sector secundario seguía a ser moi minoritario ao comezar a Primeira Guerra Mundial. O Estado e a inversión estranxeira foron fundamentais no seu impulso. O imperio dos tsares presentaba enormes desigualdades sociais. As minorías privilexiadas (nobreza terratenente, clero ortodoxo) contrastaban fortemente coa maioría campesiña, pobre e famenta de terras. En 1861, un decreto do tsar Alexandre II puxera tardía fin á súa servidume. En vésperas da Gran Guerra, os campesiños aínda representaban o 80% dos máis de 125 millóns de habitantes do Imperio. A burguesía e as clases medias eran moi débiles aínda. O proletariado era escaso (uns 4 millóns de traballadores) pero estaba moi concentrado nunhas poucas áreas e estaba sometido a durísimas condicións de vida e traballo. O territorio do Imperio ruso, o Estado máis extenso do planeta (máis de 22 millóns de km 2 ). estaba habitado por unha poboación moi heteroxénea dende o punto de vista étnico e cultural. Os rusos representaban pouco máis do 44% dos seus habitantes. A axitación nacionalista prendera con forza entre algunhas comunidades: polacos, fineses, xeorxianos, armenios, ucraínos, etc. Dende o punto de vista político, Rusia era unha autocracia: o poder político concentrábase en mans do tsar, os dereitos e liberdades individuais non estaban recoñecidos e non existían auténticas institucións representativas. Nicolás II, o derradeiro dos Romanov, entronizado en 1894, amosaría non ter as aptitudes necesarias para facer fronte ás complicadas circunstancias en que lle tocou reinar. A oposición política era obxecto dunha forte persecución. Dentro dela foron individualizándose dende os últimos anos do século XIX tres sectores fundamentais: Os liberais, apoiados por sectores da nobreza ilustrada, a burguesía e as clases medias aspiraban a instaurar en Rusia un réxime constitucional segundo o modelo das monarquías de Europa occidental. A súa principal organización política foi o Partido Constitucional Democrático, ou kadet, fundado en 1905. Os populistas reinvindicaron dende as útlimas décadas do século XIX a comunidade rural (o mir) e o papel revolucionario do campesiñado. O Partido Socialista 1

Upload: quiquehs

Post on 22-Jan-2018

45 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: A revolución rusa e a formación da URSS

As revolucións rusas e a formación da URSSA revolución de outubro de 1917 instaurou sobre a meirande parte do territorio do vello

imperio ruso un sistema alternativo ao capitalismo e ao liberalismo político, o socialismosoviético. Paradoxicamente, n esta revolución tivo lugar nun país atrasado cunhas condiciónsque non semellaban, segundo a teoría marxista, ás máis axeitadas para o triunfo dunharevolución socialista.

Rusia a comezos do século XX.En 1900, Rusia seguía a ser un país eminentemente agrario. A súa serodia

industrialización, comezada nos anos 1890, concentrábase nalgunhas rexións (SanPetersburgo, Moscova, Polonia, a conca do Donestk en Ucraína, a área petrolífero doCáucaso). Malia o seu rápido crecemento, o sector secundario seguía a ser moi minoritarioao comezar a Primeira Guerra Mundial. O Estado e a inversión estranxeira foronfundamentais no seu impulso.

O imperio dos tsares presentaba enormes desigualdades sociais. As minoríasprivilexiadas (nobreza terratenente, clero ortodoxo) contrastaban fortemente coa maioríacampesiña, pobre e famenta de terras. En 1861, un decreto do tsar Alexandre II puxera tardíafin á súa servidume. En vésperas da Gran Guerra, os campesiños aínda representaban o 80%dos máis de 125 millóns de habitantes do Imperio. A burguesía e as clases medias eran moidébiles aínda. O proletariado era escaso (uns 4 millóns de traballadores) pero estaba moiconcentrado nunhas poucas áreas e estaba sometido a durísimas condicións de vida etraballo.

O territorio do Imperio ruso, o Estado máis extenso do planeta (máis de 22 millóns dekm2). estaba habitado por unha poboación moi heteroxénea dende o punto de vista étnico ecultural. Os rusos representaban pouco máis do 44% dos seus habitantes. A axitaciónnacionalista prendera con forza entre algunhas comunidades: polacos, fineses, xeorxianos,armenios, ucraínos, etc.

Dende o punto de vista político, Rusia era unha autocracia: o poder políticoconcentrábase en mans do tsar, os dereitos e liberdades individuais non estaban recoñecidose non existían auténticas institucións representativas. Nicolás II, o derradeiro dos Romanov,entronizado en 1894, amosaría non ter as aptitudes necesarias para facer fronte áscomplicadas circunstancias en que lle tocou reinar.

A oposición política era obxecto dunha forte persecución. Dentro dela foronindividualizándose dende os últimos anos do século XIX tres sectores fundamentais:

• Os liberais, apoiados por sectores da nobreza ilustrada, a burguesía e as clases mediasaspiraban a instaurar en Rusia un réxime constitucional segundo o modelo dasmonarquías de Europa occidental. A súa principal organización política foi o PartidoConstitucional Democrático, ou kadet, fundado en 1905.

• Os populistas reinvindicaron dende as útlimas décadas do século XIX a comunidaderural (o mir) e o papel revolucionario do campesiñado. O Partido Socialista

1

Page 2: A revolución rusa e a formación da URSS

As revolución rusas e a formación da URSS

Revolucionario ou eserita, fundado en 1902, recolleu do populismo a herdanzaideolóxica e unha praxe na que coexistían a axitación nos medios campesiño e oterrorismo individual.

• Os marxistas buscaron o apoio do proletariado fabril. En 1898, diversos grupúsculosdesta orientación confluíron na formación do Partido Obreiro Socialdemócrata. En1903, o partido esgazou en dous: os bolxeviques (maioritarios), partidarios da acciónrevolucionaria, liderados por Lenin, e os menxeviques (minoritarios), gradualistas,para os que só o desenvolvemento do capitalismo sería o que crearía en Rusia ascondicións para o triunfo da revolución socialista.

A revolución de 1905.O réxime autocrático veuse sacudido en 1905 por unha ampla axitación política e social

na que participaron dun ou doutro xeito os diversos sectores opositores. Na xestación destacrise incidiron diferentes causas: unha grave crise económica, a conseguinte agudización dosconflitos sociais (folgas obreiras, levantamentos campesiños) e a derrota na guerra co Xapón(1904-1905), que puxo de relevo a incompetencia das autoridades tsaristas. A masacre doDomingo Vermello, perpetrada en xaneiro de 1905 en San Petersburgo pola garda imperialsobre unha manifestación pacífica de traballadores precipitou a xeralización das protestas. Oamotinamento dalgunhas unidades militares, como o mitificado levantamento da tripulacióndo acoirazado Potemkin, agravou a situación. En moitos lugares, incluída a capital imperial,apareceron os primeiros soviets, comités locais constituídos respresentantes elixidos polosobreiros, soldados e campesiños para dirixir as accións de protesta que, nalgúns casos,chegaron a convertirse nunha especie de goberno municipal de emerxencia ante a parálisedas institucións oficiais.

Ante a gravidade da situación, o tsar veuse na obriga de prometer reformas a través dochamado Manifesto de Outubro. Sen embargo, unha vez que a orde foi restablecida a finaisde 1905, o alcance destas foi recortado: a Duma (parlamento) recibiu escasos poderes, asliberdades individuais foron restrinxidas e a reforma agraria promovida polo ministro Stolipintivo un alcance moi limitado e non neutralizou as demandas campesiñas. Ficou instaurado unsistema pseudoconstitucional que a penas limitaba os poderes do tsar. Malia o fracaso, arevolución de 1905 aportou leccións moi valiosas á oposición antitsarista.

As revolucións de 1917.A Gran Guerra tivo efectos demoledores sobre o Imperio ruso. A participación no

conflito europeo provocou graves problemas que precipitaron unha nova e definitiva criserevolucionaria en 1917:

• As derrotas ante ás potencias centrais, singularmente fronte ás tropas alemás,provocaron enormes perdas territoriais (Polonia, Bielorrusia, Lituania), importantesdestrucións materiais e un enorme número de baixas (uns 6 millóns, deles máis de 1’7millóns de mortos). Nun exército mal equipado e peor alimentado foise deteriorandoa disciplina: desercións, actos de desobediencia e mesmo motíns eran reiterados.

2

Page 3: A revolución rusa e a formación da URSS

As revolución rusas e a formación da URSS

• As repercusións económicas foron tamén negativas. A mobilización militar de millónsde campesiños contribuíu á caída da produción agrícola. A industria e o deficientesistema de transportes reconvertéronse para satisfacer as necesidades bélicas. Odesabastecemento das cidades produciu subas de prezos e fame. O crecente gastobélico xerou déficit, endebedamento público e inflación. Os prezos multiplicáronsepor 10 entre 1914 e 1917.

• A gravidade da situación puxo en evidencia a incompetencia do goberno, de moitosdos mandos militares e do propio Nicolás II, rodeado dunha corte onde o influxo dosinistro Rasputín provocaba un forte rexeitamento.

A revolución de febreiro.O descontento popular fíxose evidente. Repetíronse manifestacións, folgas obreiras,

levantamentos campesiños e mesmo motíns militares. A comezos de 1917, as folgasestendéronse polas grandes fábricas da capital imperial, rebautizada como Petrogrado. Afinais de febreiro, unha serie de manifestaciós populares contra a fame e a guerra (pan e pazera o seu lema) precipitaron os acontecementos. Cando os soldados se negaron a dispararcontra a multitude e mesmo se sumaron ás protestas a situación tornouse incontrolable.Políticos liberais da Duma, figuras da Corte e mandos militares manobraron para forzar arenuncia de Nicolás II. Finalmente, o 2 de marzo, o tsar abdicou no seu irmán, o gran duqueMiguel, quen rexeitaría o ofrecemento.

A revolución de febreiro significou o fin da autocracia. O poder foi asumidoformalmente polo Goberno provisional emanado da Duma e formado inicialmente porministros liberais (Luov, Miliukov) aos que se sumou un socialista moderado (Kerenski). Máistarde incorporaríanse ao gabinete representantes menxeviques e eseritas. Ao mesmo tempoque o Goberno provisional, representantes dos obreiros e soldados formaban o soviet dePetrogrado. O seu exemplo espallouse decontado por numerosas cidades, aldeas e unidadesmilitares do imperio. Deste xeito, no lugar do vello réxime aparecía unha dualidade de poderentre o Goberno provisional e os soviets.

O Goberno provisional recoñeceu os dereitos e liberdades individuais, concedeu unhaampla amnistía que posibilitou a liberación dos presos políticos e o retorno dos exiliados eprometeu amplas reformas sociais, o reparto de terras entre os campesiños e a convocatoriadunha Asemblea Constituínte elixida por sufraxio universal para decidir o futuro político doimperio. As graves complicacións económicas, sociais, políticas e militares que sufría o paísnon puideron ser resoltas. As reformas adiáronse sine die. Menxeviques e eseritas, queapoiaban ao goberno, viron como a súa popularidade e a maioría coa que contaban nossoviets se debilitaban.

A revolución de outubro.Os bolxeviques, baixo a dirección de Lenin, habían ser os grandes beneficiarios da

situación. Nas chamadas teses de abril, Lenin rexeitou toda colaboración co Gobernoprovisional e expuxo programa de acción do partido resumido no popular lema “paz, terra etodo o poder para os soviets”. O intento de golpe de Estado do xeneral Kornilov (agosto de

3

Page 4: A revolución rusa e a formación da URSS

As revolución rusas e a formación da URSS

1917) contra o Goberno provisional fracasou pero puxo de relevo a súa debilidade eacrecentou a popularidade dos bolxeviques, que xogaran un sobranceiro papel na derrotados golpistas. En setembro acadaron a maioría nos principais soviets e estaban preparadospara a conquista do poder.

O 25 de outubro de 1917, un levantamento armado bolxevique en Petrogradoorganizado por Trotski provocou a caída do Goberno provisional. O poder foi asumido poloConsello de Comisarios do Pobo ou Sovnarkom, un goberno revolucionario presidido porLenin, formado polos bolxeviques e apoiado pola maioría dos soviets. Os primeiros decretosdo Sovnarkom sinalaron unha nova ruptura co pasado e pretendían consolidar o apoiopopular aos bolxeviques:

• Confiscáronse as grandes propiedades para a súa repartición entre os campesiños(decreto sobre a terra)

• A industria pasou a estar controlada por comités elixidos polos traballadores nasfábricas (decreto sobre o control obreiro). A banca, os camiños de ferro e o comercioexterior foron estatalizados.

• Proclamouse o dereito á libre determinación dos pobos que formaban parte doEstado ruso (decreto sobre as nacionalidades).

• Fíxose un chamamento aos traballadores europeos a prol dunha paz inmediata senanexións nin indemnizacións (decreto sobre a paz). En decembro de 1917 asinouse oarmisticio coas potencias centrais e comezaron con estas as negociacións que levaronao Tratado de Brest Litovsk en marzo de 1918. Con el remataba a participación rusa naGran Guerra a costa de enormes perdas territoriais.

Mantívose a convocatoria da Asemblea Constituínte. As eleccións celebráronse ennovembro de 1917 e os resultados deron a vitoria aos eseritas, que aínda gozaban dunconsiderable apoio entre a maioría campesiña do país. Os bolxeviques disolvérona pola forzasen ningunha contemplación. Axiña se desencadeou a persecución contra tódolos gruposopositores ao goberno leninista: kadets, menxeviques, eseritas...O Partido Comunista,denominación adoptada polos bolxeviques en marzo de 1918 fíxose co monopolio do poder.En xullo de 1918, o Congreso dos Soviets, aprobou a Constitución da República SocialistaFederativa Soviética Rusa (RSFSR), denominación oficial do novo Estado.

O nacemento da URSS (1918-1924)

A guerra civil (1918-1921).Os primeiros pasos do Estado soviético estiveron marcados pola figura do seu

fundador e pola guerra civil. Entre 1918 e 1921, Rusia viviu un cruento enfrontamento armadoentre as tropas bolxeviques, organizadas por Trotski no Exército Vermello, os e as forzascontrarrevolucionarias dos chamados exércitos brancos apoiados pola intervención daspotencias aliadas (Francia, Reino Unido, EE.UU., Xapón).

O Exército Vermello logrou impoñerse a costa de enormes sacrificios. Dende o puntode vista político, a guerra acentuou as tendencias ditatoriais do réxime soviético. Dende o

4

Page 5: A revolución rusa e a formación da URSS

As revolución rusas e a formación da URSS

punto de vista económico, impúxose o comunismo de guerra, que implicou a completaestatalización da industria e os servizos e una política de requisa forzosa dos excedentescampesiños. O país quedou sumido na miseria: as producións agraria e industrialafundíronse, a fame provocou máis de 5 millóns de mortos, o descontento estendeuse.Mesmo os mariñeiros da base naval de Kronstadt, que tiveran un sobranceiro papel enoutubro de 1917, se levantaron en armas en marzo de 1921 contra o goberno bolxevique. Arevolta de Kronstadt foi sometida sen contemplacións pero influíu na decisión de abandonaro comunismo de guerra.

Por outra banda, a vitoria na guerra civil permitiu a recuperación dalgúns territoriosperdidos en Brest-Litovsk como Ucraína, Bielorrusia ou o Cáucaso. Estes foron organizadosen repúblicas soviéticas segundo o modelo ruso. En 1922, os representantes destas asinabano Tratado de creación da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS). En 1924aprobaríase a primeira Constitución da URSS. Esta definía unha organización federal doEstado cun parlamento bicameral (o Soviet Supremo) e un goberno (o Presidium) comúns. OPartido Comunista da Unión Soviética (PCUS) monopolizaba tódolos recursos políticos eidentificouse progresivamente co aparato do Estado soviético.

A NEPEn 1921, Lenin impulsou unha Nova Política Económica (NEP). Autorizáronse o

funcionamento das pequenas empresas privadas nos sectores industrial e comercial, o librecomercio interior e os investimentos estranxeiros. Ao mesmo tempo substituíuse a requisados excedentes campesiños polo pago dun imposto en especie proporcional á colleita.

Os resultados económicos desta parcial reintrodución de elementos capitalistas foronmoi positivos: a produción, sobre todo a agrícola, recuperouse e mellorou o nivel de vida dapoboación. Pero as desigualdades sociais medraron: a NEP beneficiou sobre todo aosempresarios privados (nepmanii e aos campesiños acomodados (kulaks). Isto reavivou odebate ideolóxico no seo do Partido Comunista entre os defensores (Bukharin) e osdetractores (Trotski) da NEP, que a consideraban un paso atrás na construción dunhasociedade socialista.

A época estalinista (1924-1953)Á morte de Lenin (1924) desatouse unha pugna polo poder soviético que tivo como

protagonistas a Trotski e Stalín. O primeiro conservaba o prestixio gañado durante arevolución e a guerra civil e coa favorable opinión de Lenin. Pola contra, Stalin foraconsolidado a súa posición no Partido dende o seu nomeamento como secretario xeral(1922) e utilizou con habilidade as disputas entre os veteranos dirixentes bolxeviques. Nunprimeiro momento aliñouse cos partidarios da NEP e postulou a construción dos socialismonun só país fronte á formulación trotsquista da revolución permanente, que animaba aexportar a revolución a outros países. A partir de 1927, Stalin fíxose dono da situación. Trotskifoi expulsado do goberno soviético e do partido, logo expulsado da URSS (1929) e,finalmente, asasinado no seu exilio mexicano (1940).

5

Page 6: A revolución rusa e a formación da URSS

As revolución rusas e a formación da URSS

No eido político, o estalinismo significou a implantación dun réxime totalitario queatinxiu tódolos aspectos da vida soviética. O PCUS, que veu recoñecido oficialmente o seupapel dirixente na Constitución da URSS de 1936, acadou un completo control dos órganosdo Estado. O liderado de Stalin veuse reforzado. Por unha banda, a omnipresentepropaganda oficial converteuno en obxecto dun desmedido culto á personalidade. Polaoutra, desenvolveuse un amplo e eficaz aparato represivo que eliminou a todo sospeitoso deoposición ao líder na sociedade, nas institucións políticas, no Exército Vermello e no mesmoPartido Comunista. Os grandes procesos de Moscova (1936-1938) culminaron coa purga dospresuntos disidentes que foron condenados, uns executados, outros presos e outrosdeportados aos campos de traballo forzado do Gulag. O instrumento oficial da represión foi oNKVD (Comisariado do Pobo para Asuntos Internos), a omnipresente policía política. Nunambiente de terror, a sospeita, a delación e a colaboración voluntaria co aparato represivoestendeuse a unha boa parte da sociedade. En 1938, máis de 10 millóns de persoas sufriran,en maior ou menor grao, as represalias do réxime.

No eido económico, o estalinismo impuxo coa mesma falla de miramentos a completacolectivización e a industrialización acelerada do país. A partir de 1928, a NEP foi abandonadae a propiedade privada dos medios de produción abolida. As terra foron colectivizadasforzosamente e as explotacións campesiñas integradas en grandes kolkhoses (granxascolectivas) ou sovkhoses (granxas estatais). A resistencia de boa parte do campesiñado ácolectivización foi reprimida sen a máis mínima contemplación. A caída da produción agrariae a fame, que só en Ucraína provocou máis de 3 millóns de mortos en 1932-1933 (oHolodomor), non detiveron o proxecto estalinista. Ao mesmo tempo tódalas empresasindustriais e comerciais eran estatalizadas.

Introduciuse a planificación centralizada. Dende 1928, o Estado fixou a través dos plansquinquenais os obxectivos das diferentes unidades de produción. A industria pesada,destinada a incrementar a capacidade produtiva do país, foi claramente privilexiada respectoá industria lixeira, desatendendo as necesidades de consumo da poboación, e á agricultura,que experimentou un atraso considerable.

A costa de enormes sacrificios para a maioría da poboación, a URSS converteuse nunhagran potencia a finais dos anos 1930. A produción enerxética e industrial medraraespectacularmente, construíranse grandes infraestruturas, o Estado soviético contaba cunpoderoso exército. Ao mesmo tempo foise consolidando unha nova clase dirixente, anomenklatura, constituída polos cadros dirixentes do Estado, o Partido e os organismoseconómicos, oposta a calquera cambio significativo no sistema. A nomenklatura soberviviríaao propio Stalin, morto en 1953.

6