a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas....

30
a revista do I.E.S. Xulián Magariños - Negreira Nº 3 adicado ó mar - curso 2015/16 Reproducción mural da obra "A gran onda", realizada polos alumnos de Plástica 4º ESO.

Upload: others

Post on 20-Oct-2019

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revistado I.E.S. Xulián Magariños - Negreira

Nº 3 adicado ó mar - curso 2015/16

Reproducción mural da obra "A gran onda", realizada polos alumnos de Plástica 4º ESO.

Page 2: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

EDITORIAL

Este ano fixémosvos agardar un pouco máispolas páxinas da nosa revista. Mais houbo unmotivo polo que consideramos que mereceu apena: queriamos que todos puidésedes ver nasvosas pantallas, grandes ou pequenas, osartigos e imaxes que reunimos para vós. Paraisto foi imprescindible e valiosísima acolaboración do profesor Jesús García, quensoubo plasmar nas imaxes que estades vendoos textos e as fotos que entre todos recollestespara que gardemos unha idea do que foi unnovo ano escolar no Xulián Magariños.A fermosa portada é un deseño da profesoraElena Paredes a partir dun traballo dos seusalumnos de plástica que todos puidemoscontemplar no seu día nas dependencias docentro (e os que non, aquí o tedes).E neste novo número que estades vendo tedesun moi pequeno resumo das moitísimasactividades que se desenvolveron no nosoinstituto. Deberían de ser centos as páxinas quepretenderan dar conta de todo o que se fixo,mais sabemos que moitos as seguides a travésda páxina web do centro e da nosa presenzanas redes sociais.

A nosa escolla para plasmar nas novas páxinasdixitais desta revista veu guiada polasactividades e intereses máis novidosos, á parque representativos e identificadores, que sedesenvolven na nosa comunidade escolar. Así,o premio científico Jorge Mira do ano 2015subliña o noso afán pola investigación en todosos ámbitos, e o convenio co centro RosalíaAbreu da Habana o noso constante interese evocación de abrirnos ao mundo e aos nososcompañeiros de camiño na educación esteanonde estean.A música, a natureza, as viaxes, o deporte, acreación literaria están tamén sempre con nóse nestas páxinas.Como novidade, tendo este ano unha materianova dentro do noso proxecto educativo,Cultura e Lingua portuguesas, quixemos darespecial cobertura á data do 25 de abril de1974 e aos seus protagonistas, así como aopremio Nóbel José Saramago.Agardamos que vos guste esta nova viaxedixital que navega polo océano de todo o quequeremos descubrir xuntos no IES XuliánMagariños.

Equipo de Dinamización Lingüística

Page 3: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

Índice

Premio científico “Jorge Mira”.

Convenio co centro Rosalía Abreu da Habana.

Entrevista a Carapaus.

A “Cornus Florida” do Xulián Magariños.

A miña viaxe a Roma.

En Londres.

A revolución dos cravos.

Zeca Afonso.

José Saramago.

A facer karate!

Aqueles marabillosos anos.

Unha cea de namorados.

Despedindo 2º de bacharelato.

Page 4: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

PREMIO CIENTÍFICO

JORGE MIRA PÉREZ

IES XULIÁN MAGARIÑOS CONCELLO DE NEGREIRA

O Instituto de Educación Secundaria XuliánMagariños, en colaboración co Concello deNegreira, convocou o Premio Científico JorgeMira, na idea de animar ao achegamento e ácuriosidade polo ámbito das Ciencias e depromover os hábitos e valores do estudo eda investigación científica entre o alumnadodo Centro, fomentando ao mesmo tempo ocultivo do idioma galego no campo dasciencias experimentais, e nesta ocasiónespecialmente na área da Física.O nome deste certame quere homenaxear apersoa e o labor do profesor Jorge MiraPérez –catedrático de Electromagnetismo naUniversidade de Santiago de Compostela–,que ten acadado un recoñecido prestixio nasúa especialidade e nos eidos da divulgacióncientífica.

ACTA DE RESOLUCIÓN DO PREMIOCIENTÍFICO JORGE MIRA PÉREZ

Reunido o día 16 de xuño de 2015 ás 12:25 horas,para a resolución do Premio Científico Jorge MiraPérez, o xurado formado por:

D. Adelino Pose Reino, director do IES XuliánMagariñosD. X. Amancio Liñares Giraut, vicedirector do IESXulián Magariños, actuando como secretario doxurado.Dna. Carmen Vales Datorre, representante do Dpto.de Bioloxía e Xeoloxía.Dna. Carmen Luaces Pazos, representante do Dpto.de Física e Química.Dna. Clara Requeijo Bermúdez, representante doDpto. de Matemáticas.Dna. Sofía Noya Morlán, representante do Dpto. deTecnoloxía

ACORDA, tendo en consideración as bases, adoptar asseguintes resolucións:

1. Declarar como gañador o traballo titulado¿Podemos actuar contra as causas ambientais doenfermar? ¡Podemos!, co subtítulo Os retos da saúdee da alimentación, presentado por un grupo dealumnado do curso de 2º Bacharelato:• Dna Noelia Carracedo Ferreiro (2º BACH.-A)• D. Alejandro Otero Vázquez (2º BACH.-B).• D. Borja Calvo Rodríguez (2º BACH.B).

Este 1º premio ten unha dotación de 200 € e diploma.

Page 5: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

1º Aniversario do convenio co instituto de La Habana

Rosalía Abreu

Hai un ano (26 de abril de 2015) asinábaseun Convenio de colaboración intercentroseducativos entre o Institutopreuniversitario, IPU Rosalía AbreuArencibia, de El Cerro (La Habana-Cuba) e oInstituto de Educación Secundaria XuliánMagariños de Negreira. O protocolo decolaboración levou as firmas dos directoresde ambos centros, Raidel MirabalFernández -profesor de Informática-, eAdelino Pose Reino -profesor deMatemáticas-.

Transcorrido todo un novo curso escolar,queremos hoxe facer un balance dasactividades realizadas, e que pasamos aresumir:

- Comunicacións habituais entre osmembros dos equipos directivos,intercambiando información documental egráfica das actividades realizadas porambos institutos (sen esquecer taméntemas relacionados coa xestión dosmesmos).

- Intercambio de correos entre oprofesorado dos dous centros. De xeito

voluntario, vinte docentes do IES XuliánMagariños decidiron contactar e compartirexperiencias didácticas co profesoradocubano do Rosalía Abreu. Ademais doequipo directivo, anotouse nesta listaxeprofesorado dos departamentos deBioloxía e Xeoloxía, Comercio, Debuxo,Economía, Física e Química, Francés, Inglés,Lingua Galega, Lingua Castelá,Matemáticas, Música, OrientaciónEducativa, Relixión católica e Xeografía eHistoria. Ao longo deste curso estanse acontar experiencias educativas e didácticas,ademais do fomento do intercambio demateriais, documentos e libros dasdistintas materias.

- Importante número de correoselectrónicos do alumnado de 1º e 2º deBacharelato do noso Instituto de Negreiraco alumnado cubano dos dous últimoscursos de Secundaria. Tamén os nososrapaces, máis de setenta, tiveronintercambio epistolar cos seus compañeirosdo Instituto Rosalía Abreu. Con toda estacomunicación fóronse coñecendo ecompartindo intereses xuvenís, escolares eculturais.

Page 6: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

Comezou un novo curso no IES XuliánMagariños e, como todos os anos,festexámolo como debe ser: cun concerto. Ogrupo convidado foi Carapaus, que ten entreos seus integrantes varios veciños dacomarca. Actuaron para un público compostopolas alumnas e os alumnos de 1ºESO, 2ºESOe 3ºESO que, sen dúbida, nos entregamos aoespectáculo.

Pero antes do concerto propuxémoslles vir áaula de 2ºESO A para entrevistalos na sesiónde Lingua galega. Aceptaron encantados,detalle que lles agradecemos dende a revistaescolar. Oli fixo de voceiro do gruporespondendo a maior parte das preguntas,pero tamén participaron Emilio e os demaisintegrantes.

Previamente preparamos as preguntas coaprofesora e gustounos facer de xornalistas porun día. Aquí tedes a nosa entrevista e unhasfotos que fixemos do grupo durante oconcerto e a entrevista.

P- De onde vén o nome Carapaus?R- (Risas) Case sempre nos preguntan estedetalle! O nome tomámolo de como lle

chamaban ao xurelo grande en Portugal.

P- Cando e onde fundastes o grupoCarapaus?R- No ano 2010 xurdiu a idea en Ourense deformar o grupo, nunha Mostra de Patrimonio,pero realmente formouse a principios de2011.

P- Con que estilo musical vos sentidesencadrados?R- Para nós sempre foi unha referencia amúsica tradicional galega.

P- Cales son os vosos referentes musicais?R- Os nosos referentes musicais dende sempreforon os nosos maiores, os vellos gaiteiros eas vellas pandereteiras.

P- Quen son os integrantes do grupo? Queinstrumento toca cada un? Neste momento,Oli convidou aos seus compañeiros apresentarse cada un de menor a maioridade.R- O máis novo é Adrián que toca o bombo e éa voz principal; Gustavo é o tamborileiro;Sabela, a única muller do grupo, éa acordeonista e tamén a voz principal; Emiliotoca a gaita e a percusión, e Oli, o maior, é ofrautista.

P- Houbo cambios na formación do grupodende os inicios ata hoxe?R- Dende os inicios a nosa formación foiaumentando, Gustavo, Oli e Emilio xa estabanno grupo dende a formación e máis tardeuníronse Sabela e Adrián.

Page 7: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

P- Poñédesvos nerviosos antes de comezarun concerto?R- Depende un pouco da persoa, Emilio si,mentras que ao contrario, Sabela é moitranquila. Tamén depende do concerto xa quenalgúns hai máis tensión ca noutros.

P- A que idade comezastes a tocar?R- Empezamos todos a idades diferentes:Sabela comezou aos 5 anos, Adrián aos 6 eEmilio aos 10. Estes empezaron moi denoviños mentras que Gustavo e mais eucomezamos xa máis de maiores, el con 16 eeu con 15.

P- Seguides indo a clases de música?R- Si, seguimos indo todos e algúns de nóstamén damos clases.

P- Quen é o compositor das pezas musicais?R- Emilio é o compositor da música e Sabela eGustavo das letras.

P- Como vos está afectando a crise no vosotraballo?R- Non nos afectou moito xa que temos uncaché moi asequible. Como dicimos nós:“tocar máis, cobrar menos”

P- Tocades só en Galicia ou tamén noutroslugares de fóra de Galicia?R- Polo momento só tocamos en Galicia,tivemos varias ofertas para ir fóra pero, demomento, non as aceptamos.

P- Hai unhas semanas, durante o verán,

compartistes escenario con Milladoiro nafesta folk de Negreira. Como foi aexperiencia?R- Para todos nós foi unha experiencia moiboa xa que Milladoiro é un dos grupos míticosen Galicia.

P- Con que outros grupos compartistesescenario?R- Con moitos outros, quizais non tancoñecidos como Milladoiro para vós, pero conmoi boa música. Por exemplo, con Chouteira.

P- Sempre quixestes ser músicos?R. Si, todos quixemos ser músicos dendecativos. Ben, menos Oli, que quería serastronauta ou arquitecto (risas).

P- Cales son os vosos próximos concertos?R- Non temos ningún concerto programadoporque hoxe mesmo rematamos atemporada. Nos próximos mesesdedicarémonos á gravación do noso segundodisco.

Cando rematou o tempo do que dispoñiamospara a entrevista todos tiñamos a sensaciónde que fora moi curtiña. Foi un momento moiagradable que lles agradecemos de novo.

Pouco despois, tocou o timbre e saímos conganas a escoitalos tocar. Aínda que non é otipo de música que adoito escoitamos osadolescentes, encantounos o concerto,seguimos as pezas facendo algún coros,palmas e algún que outro baile. Os Carapausamablemente dedicáronnos unha canciónpreciosa aos de 2ºESO A que viñamos deentrevistalos. Grazas.

Texto de María Mosquera Mouro.

Page 8: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

A CORNUS FLORIDA: UNHA ÁRBORE FERMOSA NOADRO DO NOSO INSTITUTO

Coa axuda da profesora Pilar Antelo,compañeira docente do Departamento deBioloxía e Xeoloxía no IES Xulián Magariños,identificamos con maior precisión estafermosa árbore florida, que nos sorprendegratamente todas as primaveras, á beira daentrada do Centro, no xardín do adro donoso Instituto.

O seu nome científico é CORNUS FLORIDA.Da familia Cornaceae, das Anxiospermas.Como nomes populares ten os de corno,corno florido, sanguiño, sangomiño florido(galego); cornejo, cornejo florido,sanguiñuelo (castelán).

A especie seica é nativa do leste dos EstadosUnidos de Norteamérica. Emprégase cadavez máis como árbore ornamental, polabeleza das súas "flores", onde o que

semellan seren pétalos son, en realidade,brácteas, que poden amosarnos variascores.

No outono bota uns froitos carnosos de corvermella, non comestibles. A súa madeira,dura e pesada, úsase en tornería e parafacer rodas e mangos de ferramentas.

Estes e outros datos sobre o corno floridopoden lerse, por exemplo, no libroPONTEVEDRA. ÁS ÁRBORES DA CIDADE, daautoría de Jaime Bernardo Blanco Dios eAmancio Castro González, Concello dePontevedra, 2010. Conmemorando o Día Mundial do MedioAmbiente (5 de xuño) no Instituto barcalés,o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, coacolaboración do Departamento deTecnoloxía, seica vai colocar uns rótulosidentificadores doutras árbores que campannos espazos axardinados do noso Centroeducativo. ¡Moi boa iniciativa!, ¡parabéns!

Texto e fotos: X.A.L.G.

Page 9: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

A miña viaxe a Roma

Sábado 6 de febreiro de 2016.

A noite anterior case non durmira, maisnon estaba nada cansa. A emociónprovocaba en min unha sensación que medespertaba e me poñía eléctrica.

Nunca antes estivera nun aeroporto, nintampouco viaxara en avión. Todo era novo.Recoñezo que non me imaxinaba os aviónsda maneira como son, de feito, candoentrei pensei que era unha broma,asemellábase mais ben a unha maqueta ouun avión de xoguete. Custábame crer queaquel bicho de metal puidese voar.Durante o traxecto non tiven ningúnproblema, salvo pola dor de oídos que eraun pouco irritante, pero pagaba a penasoamente polas vistas. Engaiolaba mirarpola fiestra e ver dous tons diferentes deazuis mesturados coa cor branca dasnubes, que semellaban a lá. Margaritaencargouse de que a viaxe fose o máiscómoda posible, ofrecendo sempre comidae preguntándonos que tal estabamos.

Chegamos a Fiumiccino!

Collemos as maletas e puxémonos decamiño ao hotel. Creo que no autobús funcapaz de recuperar o sono da noiteanterior.

O hotel estaba en fronte de Termini, unedificio cheo de tendas e bares, ondetamén estaba a estación de metro. Arecepción era pequeniña, e o ascensoraínda máis. Eramos demasiados, polo quetivemos que subir as maletas polasescaleiras ata un cuarto, pensei que íamorrer polo camiño. E o peor non era iso, o

peor era que aquilo se parecía máis a unlabirinto que a un hotel: os corredores erantodos iguais!

Cando por fin cheguei á habitacióndeiteime na cama e pensei que non me íalevantar endexamais, pero non, Margaritaquería dar un “paseíño” pola cidade. Noncheguei a contar a cantidade de igrexasque nos ensinou esa tarde, mais foronmoitas, moitísimas. Aínda despois dacamiñata agotadora, o cansa que estaba deestar todo o día coa maleta para arriba epara abaixo, e a dor de pés… Todo iso valeua pena soamente polo intre no quechegamos á Piazza di Trevi e puidenadmirar a maxestuosidade coa que seerguía a Fontana. Na miña mente tiña aidea de que me ía facer sentir pequena einsignificante, sen embargo, para a miñasorpresa, fíxome sentir enorme. Coma senon houbese nada máis importante que ofeito de que eu estaba alí. Nunca tivenunha sensación semellante a aquela.

De seguido fomos cear ao barrio deTrastévere, que estaba cheo de xente ehabía música por todas partes. Un lugarperfecto para pasar un bo rato.

De volta cara o hotel ninguén quería andarporque estaba moi lonxe, polo quecollemos billetes para o “tran”.

Page 10: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

Cando por fin chegamos á nosa “casatemporal”, fomos durmir porque nonpodiamos máis.

Domingo 7 de febreiro de 2016.

Pola mañá tivemos unha visita coa mellorguía de toda Italia, Laura. Fíxose longa demáis, iso si, pero o entretida que foi non lloquita ninguén.

A visita ao Panteón creo que sen dúbida foio que máis me impactou, con esa cúpulatan abraiante, as columnas tan xigantescas,o chan tan brillante…

Pola tarde xusto despois de comer fomosaos Museos Capitolinos.

Cando saímos do museo tiñamos tempo etodos querían ir ao Hard Rock Caféandando, pero a min non me apetecía, asíque quedei por Termini dando un paseo elogo marchei para o hotel cear e descansar.

Luns 8 de febreiro de 2016.

Comezamos forte o día cun madrugóndespois de non durmir apenas nada. Amiña cama supletoria era moi incómoda, eademáis collín un catarro.

Ás nove da mañá andabamos diante doColiseo camiño ao Foro Romano e oPalatino. Espectacular, aínda que non tantocomo o Coliseo. Se ademais contas coamellor guía de Roma, a experiencia faiseaínda máis inesquecible se cabe.

Tras os millóns de fotos buscamos unrestaurante onde comer.

Durante as seguintes horas visitamostemplos, igrexas (xa iríamos polo centenar,máis ou menos), e o Circo Massimo,ademais da Piazza del Popolo. Volvemos

máis cedo ao hotel para poder descansarun pouco e poder facer cada un o quequixese. Eu fun con Alba dar un paseo ataos postos de libros que había nunha rúadetrás de Termini. Para cruzar as rúastiñamos que correr, porque os coches nonparaban case nin con semáforo vermello.

Page 11: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

No camiño atopamos un grafiti en latín quenos gustou moito: “Edamus bibamusgaudeamus primum vivere deindephilosophari” (comamos, bebamos,disfrutemos, primero vivir, logo filosofar).Despois fomos comprar de cear ebromeamos co camareiro que nos atendeu.

Chegamos ao hotel, Alba foi para a súahabitación, eu ceei no cuarto e fun para asaliña ata que me entrou o sono. Lidia Leis García

Martes 9 de febreiro de 2016

O primeiro que fixemos aquela mañá foi irao museo do Vaticano, inmenso e precioso.Os cadros e as esculturas eran moi bonitassi, mais a vista desde a cúpula realmentefoi capaz de deixarme sen fala, e non foipor subir case cincocentas escaleiras polasque só collía unha persoa. O único malo foia baixada, as escaleiras estaban tanempinadas que me daban tanta vertixe queme tiña que agarrar ás paredes.

Cando baixamos da cúpula perdinme cungrupo de alumnos e, sen comelo ninbebelo, acabamos na Basílica. Tamén foiquen de deixarme sen palabras. A pesar denon ser unha gran seguidora de Deus,conseguiu emocionarme de tal xeito que

me poñía a pel de galiña ao ver a cantidadede xente que había facendo cola ás portas.Quedoume marcado, e en concreto unhome que estaba no medio da Basílica dexeonllos rezando, e unha mullerminusválida que choraba en silencio á miñabeira. Moveume algo por dentro.

Cando por fin nos atopamos co resto dogrupo, saímos e puidemos observar moitomáis de perto á xente que esperaba. Habíacuras de todas as partes do mundocantando a mesma canción.

O resto da tarde pasámola paseando demuseo en museo. Aquela noite foi a últimaque collemos un urbano, un espazo onde tepodes atopar calquera cousa. Tamén foronos nosos últimos momentos na Fontana diTrevi, e aproveitei para tirar as miñas tresmoedas tal e como indicaba nunha guíaturística que atopara nun banco. Dicía quese debían tirar tres moedas cos seguintespropósitos: a primeira era para volveralgunha vez á cidade Eterna; a segundapara namorarte dun italiano: e a últimapara chegar ata o altar. Os dous últimostanto me teñen, mais agardo que oprimeiro desexo sí se cumpra algún día.

Non quería volver ao hotel, quería quedaralí para sempre vendo como a xente seemocionaba igual ca min o primeiro día.

Page 12: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

Cando chegamos ao pequeno hotel tivenunha estraña sensación, non sabía se erado sono ou qué era. Empuxei a portaprincipal e recibín un “buonanotte” dosrecepcionistas. Subín as brancas escaleiras

ata a terceira planta. Os corredoresseguíanme a parecer un labirinto igual queo primeiro día, pero de repente apareceronas últimas escaleiras que me levaban ámiña planta. Aquelas escaleiras de madeiraque me resultaban tan familiares… tanto,que sabía exactamente onde renxerían aoser pisadas. O espello colocado na parede,as portas de madeira con aqueles pomostan esaxeradamente grandes, a porta deemerxencias que se a abrías dabasensación de que te levaría cara ao mesmoinferno. Todo me era familiar. Entrar nahabitación, deitarme na cama e recoñecero olor das sabas. Saír á fiestra e oarrecendo que me facía sentirme como nacasa. Sentir o perfume da Cidade Eterna.Sentirme eu eterna.

Esa noite as mozas quedamos en que noniamos durmir. Entón pasamos case toda a

noite laretando nas escaleiras de madeiraata que só quedamos tres rapazas e fomosdescansar os ollos un pouco.

Mércores 10 de febreiro de 2016

Sen apenas durmir tiñamos que madrugarmoito, e levantámonos tan tarde que casenon tivemos tempo de almorzar. A viaxe nobus fíxoseme breve porque a maior partedo tempo o pasei durmindo, aínda queresultou un tanto incómodo, xa que nontiña onde apoiar a cabeza e íame cara oslados.

Antes de chegar a Nápoles fixemos unhaparadiña nun museo e nun anfiteatro deCapoa, que non era nin a metade dealucinante que o Coliseo. Despois de comerpor fin collemos o autobús cara o nosodestino. O hotel era moito máis grande queo de Roma, mais prefería o Siracusa sendúbida. Desta vez aloxámonos na primeiraplanta, polo que non nos custou subir asmaletas.

Page 13: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

Xoves, 11 de febreiro de 2016.

Aquela mañá non madrugamos tantoporque nos tocara o segundo turno dealmorzo. O bufete non era unha marabilla,o do outro hotel era moito mellor.

A viaxe no autobús cara Pompeira fíxosemáis longa por culpa do accidente duncamión. Aproveitei aquel tempo paradurmir o que non durmira a noite anterior.

A primeira media hora que estivemos alí foimoi interesante; as casas feitas de pedra,as rúas, os restos da xente que quedara alí,as pinturas… Pero logo comezou a ser todoexactamente igual e monótono.

Pola tarde paseamos por Nápoles despoisde facermos a visita a un museo. A noiteceamos e fomos durmir.

Venres, 12 de febreiro de 2016

Puxemos a alarma para as seis e media damañá, mais resultou que aos deuses llesapetecía que quedaramos durmidas.Chegamos dez minutos tarde ao almorzo epor pouco non comemos. Fixémolo ásprésas porque non faltaba nada para collero autobús e ir aos Campos Flégreos. Decamiño tiña ganas de durmir, pero non mequería perder as vistas do Lago Averno.

Pola tarde queriamos durmir a siesta, poloque quedamos no hotel. Mais como eu nonera capaz de durmir, fun á terraza quehabía en fronte da miña habitación. Quedeialí un anaquiño mirando as vistas, e candoquixen entrar non podía, a porta non abría.Quedara encerrada, e non tiña como avisar

ás miñas amigas. Estaba sentada no chan,cando de repente apareceu un rapaz polocorredor, entón comecei a petar na portapara que me viñese abrir. Entre risaspreguntoume que me pasara e eu conteillo,o cal lle fixo máis graza.

Á noite fixemos xogos con Margarita etodos os rapaces, porque era a última noitee queriamolo pasar ben.

Sábado, 13 de febreiro de 2016

Estaba moi cansada, soamente queríadurmir e o autobús non era o mellor sitiopara facelo. Cando chegamos ao aeroportode Fiumiccino andabamos todos un pouconerviosos. As horas pasaban rápido, e noavión desfrutei moito do voo. O mar eraprecioso visto desde arriba. Mentrescruzabamos o Mediterráneo e subiamosentre as nubes, imaxinei que en calqueramomento ia atoparme a Zeus dando unpaseo aproveitando os últimos raios de sol.Cando cheguei a Santiago parecía quepasaran anos. Como botara de menos amiña terra!

Alba Tuñas. 1º Bach.-B

Page 14: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

Odisea a Londres

Como auténticos Ulises despregamos velasao mencer, e ás 8 a.m. do sábado día 14 demaio estabamos alí todos pertrechadoscoas nosas maletas no aeroporto deLavacolla, dispostas e dispostos a collerrumbo ao descoñecido, e ansiosos porconquistar a capital do Reino Unido.

Para algúns era a nosa primeira vez enavión, e moitos pasamos medo. Ben que senos notaba no branco da cara, ou en comolle apertabamos a man á compañeira deasento ata cortarlle a circulación. Oscorazóns soaban coa ansia de chegar cantoantes. Nerviosos, e cos ollos arregalados decuriosidade, moitas ganas de vivir aexperiencia, e saír por fin de Negreira,pisamos chan inglés! A volta... ben, nadaque ver. De toda esta ansia só quedaronvultos tirados, xente esgotada e estricadanos asentos, afónica ou roncando coma senon houbese máis vida.

Londres recibiunos cos brazos abertos e nósabrímoslle o noso corazón. A cidaderespiraba vida, modernidade, civismo,limpeza, xuventude... Como contrasta a

nosa vella Galicia, con tantos maiores, conesas rúas ateigadas de xente nova! Nometro, nos bares, nos parques... mozos emáis mozos.

Todo o programado foi perfecto. Houbotempo para a cultura e tamén para o lecer,e os profes vixiáronnos sen agobiar. Clara,moitas grazas por todo. Amancio, grazaspolas túas explicacións sobre as...concentracións parcelarias inglesas, maisvas ter que nolo contar outra vez.

Os museos foron un capítulo moiinteresante, aínda que non o creades.Moitos pensan que os adolescentes nontemos inquedanzas culturais. Pois non écerto, gustounos e moito. Iso queestabamos esgotados trala “tranquiliña”noite... que pasamos.

A uns gustoulles a National Gallery, ver endirecto retratos de reis e raíñas e outroscadros tantas veces estudados nas aulas deSociais. Foi emocionante. Outrosnamoraron de Exipto e Mesopotamia noBritish Museum, e case todos pasámolopipa vendo os dinosaurios.

A visita ao colexio español Cañada Blanchtamén foi unha experiencia moi bonita. Nósfalámoslles de Manuel María, recitamospoemas, dedicámoslles cancións e vídeosde saúdo rodado no noso instituto, que, porcerto, quedaron moi chulos. Vimos o queeles prepararon coa súa profe de galegopara celebrar o Día das Letras , mais, sobretodo, fixemos amigos e amigas, relacio-námonos, coñecemos vidas diferentes,intercambiamos pareceres e, todo engalego!!! Unha de nós atopou alí un veciñoda súa aldea que vén pasar a Galicia osveráns! Foi moi emocionante.

Page 15: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

E que dicirvos de como gastamos os cartosde papá e mamá no Candem Market ou nomercado de Portobello. Como gozamos doambiente que alí se respiraba, das pintas daxente, das comidas dos postos, das rúas tanfermosas nas que estaban os mercados...

E xa non vos dicimos nada desa primeiramañá derrotados, tirados nas escaleiras daNational Gallery no corazón de Londres, napraza de Picadilly!!! Cos autobusesvermellos de dous pisos pasando sen fin, osanuncios publicitarios xigantescos nafamosa esquina de Picadilly, con actuaciónsde rúa, músicos, mimos... Pero que nivel!Algún non o daba crido. Quen quereríavolver a Negreira? “Quero vivir aquí” era afrase máis escoitada.

Mais houbo que volver... Oooohhhh!Esgotados e mal durmidos, mais nunhaviaxe máis cómoda ca a primeira, demos cosnosos corpos maltreitos nos asentos doavión. Satisfeitos e felices pola experiencia

vivida tan chea de cousas, con tantosmomentos gloriosos, eses que nonesquecerás nunca, para algúns de nós, amellor da nosa vida...

Polo de agora!!! Deunos moita penamarchar, deixar esa cidade fermosa,moderna e chea de xente amabilísima. Haique romper co tópico de que os inglesesson maleducados ou desagradables. Aocontrario, friendly and sociable people. Coas“grazas” e “perdón” sempre na boca, esempre atentos ante calquera pregunta oudemanda nosa.

Grazas outra vez Clara. Grazas Amancio, porguiarnos nesta odisea e traernos sans esalvos á nosa pequena Ítaca nicraniense edeixarnos ver que hai un mundo incrible emarabilloso agardando por nós.

Alumnado da Sección Bilingüe 3ºESOCurso 2015/2016

Page 16: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

LITTLE GALICIA

Un ano máis, alá fomos. Iniciamos a viaxecargados de nervios -hai quen nuncavoara...-, de curiosidade -isto é comoGoogle Earth, pero de verdade!-, e dailusión por descubrir que nunca deberiamosperder.

E todo foi como soñabamos: o Big Ben erarealmente BIG (e en HD, polo visto). Ascabinas de teléfono eran vermellas e osautobuses tiñan dúas plantas. Mais hai algoque non aparece nas películas nin nas guíasde viaxe: un recuncho de Londres onde cadaano atopamos unha manchea de rapaces erapazas que nos falan de nós mesmos, danosa historia, desa outra Galicia que saíupolo mundo e soubo atopar o seu lugar senperder a súa memoria. Sempre queatravesamos o portón do Cañada Blanch écoma se cruzásemos ao outro lado doespello. Saes de Portobello Market eapareces na túa casa.

Non sei se este grupiño negreirés lembrará,dentro dun par de anos, ao matrimonioArnolfini ou os frisos do Partenón. Mais seique non esquecerán xamais como se poderapear a Manuel María nun escenariolondinense, como se pode falar galego deSanta Comba e pensar en inglés, como sevive Galicia cando non se pode vivir enGalicia. E iso é o que traemos de volta.Porque o que as viaxes nos achegan non sóé un percorrido polos fitos xeográficos,artísticos ou históricos. É un achegarnos áxente que habita eses lugares e que fai quemereza a pena coñecelos.

Clara C. Rodríguez NúñezCoordinadora da Sección Bilingüe doIES Xulián Magariños

Page 17: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

Revolución dos Cravos

A revolución dos caraveis é o nome dadoao levantamento militar do 25 de abril doano 1974 que provocou a caída da ditadurasalazarista, que dominaba Portugal dende1926. Este réxime era coñecido comoEstado Novo. Despois do 25 de abril fíxosea restauración da democracia en Portugal,permitíndolles ás últimas coloniasportuguesas lograr a súa independencia.Portugal converteuse nun Estadodemocrático de dereito liberal.

Os impulsores desta protesta foron osmovementos das Forças Armadas.

Como se crearon as Forças Armadas?

En febreiro do ano 1974, o ditadorCaetano foi obrigado pola vella garda doréxime a destituír ao xeneral Antonio deSpínola e aos seus apoios cando trataba demodificar o curso da política colonialportuguesa, pois esta chegara a serdemasiado custosa para o país. Spínolagañara fama entre os oficiais do exércitoopostos ao réxime cando nese mesmo mespublicou : Portugal e o futuro, conbastante éxito. Neste escrito declaraba queo país non debía proseguir a guerracolonial en África, senón buscar unha

“solución política” a ese conflito. Dendeese momento no que se fixeron visibles asdivisións existentes no seo da elite doréxime, un clandestino Movemento dasForças Armadas levou adiante unharevolución.

Como se desenvolveu a revolta militar?

Esta revolución da que estamos a falarcomezou o 24 de abril ás 22:55 horas, coacanción E despois do Adeus, de PauloCarvalho, e ás 00:25 horas do 25 de abril aradio transmitiu Grândola, Vila Morena.Esta canción revolucionaria de José Afonsoestaba prohibida polo réxime. E tamén erao segundo sinal pactado polas ForçasArmadas para ocupar os puntosestratéxicos do país, a través dunha seriede coordinacións fixadas por un posto demando establecido por Otelo Saraiva deCarvalho no cuartel da Pontinha, en Lisboa.

Horas máis tarde, o réxime ditatorialderrubouse cando, a partir das 01:00 horasdeste 25 de abril, nas principais cidades dopaís (O Porto, Santarém, Faro, Braga, Vianado Castelo) decidiron seguir as órdes doMFA, ocupando aeroportos e aeródromos,así como tamén tomando as intalacions dogoberno civil. Fóra de Lisboa a situacióndiscorreu con sorprendente calma, e aolargo da madrugada as autoridades doEstado Novo perderon o control do estadosen opoñer resistencia.

A pesar de que dende as 03:00 horas do 25de abril se emitiron continuoschamamentos radiofónicos dos “capitánsde abril” á poboación para quepermanecese nos seus fogares, e á policía,para que non se opuxesen ás actividadesdas tropas, ao amencer dese mesmo día

Page 18: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

milleiros de civís portugueses encheron asrúas en varias localidades, mesturándosecos militares sublevados.

No transcurso da madrugada, os militaresrebeldes saíran dos seus cuarteis eocuparan os aeroportos internacionais deLisboa e O Porto, ordenando o cese dosvoos en todo o espacio aéreo portugués.Unidades da mariña de guerra adheríronseá revolta, e tomaron o control dos portosdo Atlántico, de Madeira e das Azores.

Nun principio as tropas da aviaciónestiveron indecisas, mais logo aceptaronseguir ao MFA debido á decidida actuacióndo conxunto das tropas do exército.

Ás 04:00 horas o goberno de Caetanotomou coñecemento da revolta e perdeuseo factor sorpresa. Mais as ordes dogoberno, ditadas durante as tres horasseguintes para deter aos rebeldes polaforza, non foron obedecidas, e axiña asforzas do MFA controlaron os puntosclaves do país ás 09:00 horas.

De onde vén o símbolo dos cravos?

Dita flor fíxose símbolo da revolucióndebido a unha muller portuguesa queandaba pola rúa con ramos de cravos, eíallos ofrecendo aos militares que osaceptaban e logo colocaban nas escopetascomo signo de paz.

Sen necesidade ningunha de violencia,acabouse cunha ditadura que levaba envigor máis de corenta anos, dando comezoasí a unha nova etapa en Portugal.

Rocío Suárez Grille e Alba Tuñas Fornís. 1ºBacharelato-B

Page 19: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

Zeca Afonso

Jose Manuel Cerqueira Afonso dos Santos,máis coñecido por Zeca Afonso, nado enAveiro o dous de agosto de 1929, e finadoen Setúbal o vinte e tres de febreiro de1987, foi un compositor e cantante demúsica portugués. Escribiu, entre outrasmoitas cousas, temas críticos coa ditadurafascista que rexeu Portugal dende 1933 ata1974.

NenezFoi criado pola tía Gigé e polo tío Xiconunha casa situada no lago das Cinco Bicas,en Aveiro, até os tres anos, altura na quefoi vivir cos seus pais e irmáns, que estabanen Angola dende había tres anos.A relación física coa natureza produciulleunha profunda atracción polo continenteafricano que se reflectiría durante toda asúa vida. Anos máis tarde descubriría oamargor da realidade social africana, dacolonización e do apartheid.En 1937 volta para Aveiro, onde é recibidopolas tías maternas. Porén, parte nomesmo ano de novo para Mozambique cos

pais e irmáns, para Lourenço Marques(hoxe Maputo). En 1938 volta a Portugal, abelmonte, á casa do seu tío Filomeno, quenera o alcalde da localidade. Alí completou ainstrución primaria, e viviu o ambiente máisprofundo do salazarismo (ditadura fascistaportuguesa), do que seu tío era fervorosoadmirador. El era tamén pro-franquista epro-hitleriano. O mesmo Zeca diría anosmáis tarde “foi o ano máis desgraciado damiña vida”.

XuventudeZeca Afonso vai para Coimbra no 1940, ecomeza a cantar por volta do quinto ano noLiceu D.Joao III. Iníciase en serenatas ec a n t a e n festarolas de aldeia. Maisinterpretaba principalmente o fadotradicional de Coimbra.Xa no Porto, a miseria do barrio dosBarredo, inspiroulle a súa balada “Meninodo Bairro Negro”. En 1958 Zeca grava o seuprimeiro disco “Baladas de Coimbra”.Grava tamén máis tarde “Os Vampiros”que, xuntamente con “Trova do Vento quePassa” (un poema de Manuel Alegre,musicado e cantado por Adriano Correiade Oliveira), tórnase nun dos símbolos daresistencis antifascista da época. Nesteperiodo (1958-1959) foi profesor de francése de historia na Escola Comercial eIndustrial de Alcobaça.

Mozambique e de novo PortugalN o 1 9 6 4 p a r t e n o v a m e n t e p a r aMozambique, onde foi profesor de Liceo,desenvolvendo alí unha intensa actividadeanticolonialista, o que lle comezou a causarproblemas coa policía política, e será detidovarias veces. De regreso a Portugal, traballa comoprofesor en Setúbal mais, por mor do seuactivismo contra o réxime salazarista, é

Page 20: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

expulsado do ensino, e para sobrevivirgrava o seu primeiro álbum “Baladas eCançoes”.En 1969 participa en París no 1º Encontroda “Chanson Portugaise de Combat”.Grava tamén o LP “Cantares do Andarilho”,recibindo o premio da Casa da Imprensapolo mellor disco do ano, e o premio ámellor interpretación.Foi detido varias veces pola PIDE (a policíapolítica do réxime) e pasou a ser tratadonos xornais co anagrama Esoj Osnofa,para evitar a censura.En 1971 edita “Cantigas de maio”, no calestá “Grándola, Vila Morena” , canción quesería inmortalizada como símbolo darevolución dos caraveis. Os álbumesseguintes foron “Eu vou ser como atoupeira” e “Venham mais cinco”Após a revolución do vinte e cinco de abrilde 1974 grava o LP “Coro dos tribunais”. Osseus últimos espectáculos percorren osColiseos de Lisboa e Porto cando xa seatopaba doente de esclerose lateralamiotrófica, doenza neurodexenerativa (amesma que padece Stephen Hawking).

En 1983 concédeselle a Ordem daLiberdade, mais el non a acepta. (Máistarde, en 1994, vólveselle conceder a títulopóstumo, mais súa muller, fiel á memoriado Zeca, volve rexeitala).No 1985 foi editado o seu derradeiro álbumde orixinais “Galinhas do Mato”, no que,

debido ao avanzado estado da doenza, nonconsegue cantar a totalidade dos temas.No 1986, xa na fase terminal da súaenfermidade, apoia a candidatura de Mariade Lurdes Pintassilgo á presidencia darepública.

PasamentoZeca Afonso morre o vinte e tres defebreiro de 1987, en Setúbal.Será por sempre de certo lembrado comoun resistente que conseguiu traer a palabrada protesta antifascista á música popularportuguesa e tamén xa, universal.

Belén Sande e Lucía Vázquez1º Bacharelato B

Page 21: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

Xosé Saramago

Xosé Saramago naceu en Azinhaga(municipio de Golegã) en Portugal no ano1922.

Os seus pais foron José de Sousa e Maria daPiedade, unha parella labrega sen terras econ escasos recursos económicos. Estecontexto socioeconómico influiránotablemente nos pensamentos doescritor, especialmente no que se refire ápolítica, baseada nunha sentida culturapopular.

En 1925 a familia de Saramago mudouse aLisboa, tras un breve paso por Arxentina,onde o seu pai comeza a traballar depolicía. Meses despois da mudanza, falece oseu irmán Francisco, dous anos maior.

En 1934, á idade dos 12 anos, entrou nunhaescola industrial. Aínda que era un boalumno, non puido finalizar os seusestudos, xa que seus pais non podíanpagarlle a escola, polo que para manter asúa familia Saramago traballou durante dosanos nunha ferraría mecánica.

Pronto cambia de traballo e comeza atraballar de administrativo na SeguridadeSocial.

Tras casar no ano 1944 con Ilda Reis,Saramago comeza a escribir o que acabarásendo a súa primeira novela, Terra depecado, publicada en 1947 sen éxito. Esemesmo ano naceu a súa primeira filla,Violante.

Ao pouco tempo Saramago escribiu a súasegunda novela, Claraboya, mais non foipublicada ata o 2012. Os seguintes vinteanos non se dedicou á literatura.«Sinxelamente, non tiña nada que dicir, ecando non se ten algo que dicir o mellor écalar».

Naqueles anos traballou nunha compañíade seguros. Simultaneamente colaboroucomo xornalista no Diário de Noticias, unxornal de alcance nacional, mais por razónspolíticas axiña é expulsado.

Tamén colaborou como crítico literario darevista Seara Nova, e foi comentaristacultural en distintos medios. Formou parteda primeira dirección da AsociaciónPortuguesa de Escritores, e taméndesempeñou a subdireción do Diário deNoticias. Dende 1976 dedicouse conexclusividade ao seu traballo literario.

Sufriu censura e persecución durante osanos da ditadura de Salazar. A pesar disto,consegue traballo nunha editorial na quetraballará durante doce anos.

Page 22: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

E no seu tempo libre traduce varias obras.En 1966 publicou : Os poemas possíveis.

E no ano 1969 afíliase ao Partido ComunistaPortugués, o mesmo ano que se divorcia deIlda e abandona o seu traballo na editorialpara dedicarse plenamente a vivir daescrita, ben como articulista, ben comonovelista. En 1970 publica Probablementealegría.

Entre 1972 e 1973 foi redactor do Diário deLisboa. En 1974 sumouse á chamadaRevolución dos Cravos, que levou ademocracia a Portugal.

Nos seguintes anos publica numerosasobras como Manual de pintura e caligrafia,Levantado do chao, Memorial do convento,O ano da morte de Ricardo Reis, A jangadade pedra, História do cerco de Lisboa, OEvangelho segundo Jesus Cristo, Ensaiosobre a cegueira, Todos os nomes, Acaverna ou O homem duplicado.

Ademais de innumerables títulos comodoutor honoris causa de universidades detodo o mundo, premios literarios,nomeamentos como académico naAcademia argentina de Letras ou Canaria dela Lengua por exemplo, o oito de outubro

de 1998 recibe o premio Nobel deLiteratura.

Xosé Saramago faleceu aos oitenta e seteanos, o día 18 de xuño de 2010, na súaresidencia da localidade de Tías (Lanzarote,Las Palmas), a causa dunha leucemiacrónica. Saramago escribiu ata o final dasúa vida.

As cinzas do novelista portugués forondepositadas o 18 de Xuño de 2011 ao pédunha oliveira centenaria traído do seulugar natal e trasplantada no Campo dasCebolas fronte á Fundación Xosé SaramagoCasa dos Bicos de Lisboa, ao cumprirse oprimeiro aniversario da súa morte.

Marwane Loufti 1º BACH B

Page 23: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

O karate-Do

Esta palabra significa “mans abertas”, oque quere dicir que sempre vaiaslibremente ti só sen armas para loitar.

Cando tiña seis anos comecei a facerkarate no CEIP O Coto, e estiven alípracticando durante dous anos. Ungrupo de nenos e unha rapaza de vinte etres anos ao final abandonamos asclases. Mais esta rapaza falou cos nosospais e díxolles se querían axudala a crearun clube. Os nosos pais aceptaron eformouse a Escola de karate Akai-Ryu.Esta rapaza foi a nosa adestradora em e s m o n o v e rá n i a m o s t a m é nprepararnos.

Nun mes de marzo achegábase oCampionato galego de karate. Selograbas subir a ese podium, tiñasopción a realizar unha probas paraoptar a ir ao Campionato de España.Chegou o día cinco, día das probas. Funfacelas moi intranquila porque era amiña primeira vez. E había que agardar

catro días para saber se estabaseleccionada ou non.

Ao cabo deses catro días a miñaprofesora chamoume e díxome:“Melanie, xa chamaron, e non estásseleccionada”. Púxenme tristísima, maispensei que debería seguir adestrando.E, de súpeto, soltou: “Que non! Que erabroma! Estás seleccionada!” Agora sique estaba moi contenta e, paracelebralo, fomos todos, meus pais e ospais de Ainhoa (que así se chama a miñaadestradora) a tomar algo.

Chegou o día vinte e dous de abril epartimos para Alcobendas. Durmimosnun hotel toda a selección, pois no díaseguinte competiamos. No comezo dasprobas eu ía gañando todas as voltas 5-0, ata que cheguei á fase de finais. Alíperdín 3-2, mais tiña repesca. Se agañaba quedaba terceira de España.Seguín adestrando duramente conAinhoa e coa miña seleccionadora e aofinal da competición os árbitros votaronpor min 4-1. Acababa de quedar terceirade España sendo a primeira vez quecompetía a ese nivel e con tan só noveanos!

Saltei enriba de Ainhoa, démonos unhaaperta enorme, e comezamos a chorarde alegría. Os meus compañeirosberraban o meu nome desde as gradas.Fixérase realidade un dos meus maioressoños.

Page 24: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

Outra gran experiencia tívena este ano,pois a miña mellor amiga Alba Vázquez,que forma parte do noso clube, trasanos de ade st ram e nto que dousubcampioa de España . Chore imoitísimo alí e dígovos que vou apoialasempre.

O que máis me gusta do karate é ocompañeirismo e as viaxes xuntos.Pasámolo moi ben e facemos amigosnovos. Penso que xamais hai querenderse en ningún deporte. Se perdes,segue adiante adestrando que o teu díafeliz chegará.

Melanie Suárez Agra2º ESO D

Page 25: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

Aqueles marabillosos anos...

Ás veces satúrome pensando en todo o quenos está a vir enriba, máis alá de gobernosen proceso de construción ou reformaspolíticas absurdas.

Agora, a mediados de maio, o curso está apiques de entrar na recta final, e todo sonexames, traballos, deberes... que se resumenen palabras de ánimo como “non perdadesos papeis, que aínda sodes novos”, candounha folla de apuntamentos rebelde voa damesa e póusase finamente no chan.

E boto a mirada atrás, ollos escuros quefurgan no pasado en busca de respostas, esó atopo instantes de tempo espallados,recordos intanxibles, follas e follas en brancono libro das nosas vidas, porque o instituto éiso, unha etapa na que, máis que aprenderfórmulas matemáticas que nos retorcencada mínimo recuncho dos nosos miolos,máis que aprender linguas e cultura,aprendemos a convivir xuntos e os amigos eamigas pasan a ocupar ese lugar especialque antes lles pertencía a nosos pais.

Así que o meu consello non é outro que“carpe diem”, toma latinismo, porqueaínda que cada setembro vexamos oinstituto coma unha gaiola que nos atrapaunhas seis horas ao día, cando non oito, nofondo todos sabemos que para nós oinstituto é un lugar moi especial, máis aládos exames e todo iso. Na miña opinión,aquí, no Xulián Magariños, todos somoscoma unha grande familia... Ou acaso vósnon lles collestes cariño aos profesores?Veña, que aínda que sexan eles os que nospoñen os exames e nos saturan a traballos,tamén son eles os que nos sacan da casa, easí acabamos en Cantabria, en Londres, enBulgaria, en Roma, en Grecia...

Así que desfrutade do pouco que queda decurso, e sorte nos finais. A nós, a 1º deBacharelato, só nos queda un curso, e logoxa voamos desta “gaiola”. Sen dúbida, aspalabras que a profesora de galego nossoltou o outro día na clase deixaron unhapequena pegada en min: “Veña, que nunsdoce meses vós tamén estaredespreparando a selectividade, ou algo poloestilo!”. E é verdade. Parece onte aínda,cando os pés nos colgaban da cadeira en1º da ESO...

José Ramón Cisneros, 1ºBAC B Negreira, 8 de maio de 2016

Page 26: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

Unha cea de namorados

Don Coitelo dille a dona Cullerse quere ir comer,dona Culler dille que si con firmezamovendo a súa cabeza.

Foron comer a un restaurantee sentaron na mesa máis elegante,pediron a comidamentres falaban da súa vida.

O camareiro tróuxolles un gran poloe puxeron o pano no colo,o tempo pasaba voandomentres eles seguían falando.

Esa noite pasárono xeniale os dous dicían: foi fenomenal!Foi unha noite inolvidable,chea de amor, graza e baile.

Adrián Arasa Mayo1º ESO A

Page 27: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

Ata sempre

Como todos os anos, aos alumnos desegundo de bacharelato pídesenos queescribamos un artigo sobre a nosaderradeira experiencia académica no IESXulián Magariños. Habitualmente destapetición resultan textos bastante humo-rísticos e optimistas que fan pensar quedetrás deles hai un grupo de estudantesfelices e realizados que, presos da axitacióne do frenesí tan característicos dunha fin decurso, redactan entusiasmados unhacrónica emotiva á par que graciosa sobre assúas aventuras.

Nada máis lonxe da realidade, polo menoseste ano. Resulta que o que ía ser un artigocolectivo sobre algunha anécdota media-namente graciosa deste último curso noinstituto, rematou sendo, froito do

estrés e do agobio colectivo, un vulto quetodo o mundo escorría ata que unhaservidora decidiu dar a cara e dicir: “Ei,estou eu aquí, e ofrézome voluntaria pararedactar ese condenado artigo, quemaloserá”. Así que, con este panoramasolitario, decidín recompilar unha serie deconsellos que vos recomendaría poñer enpráctica se non queredes acabar toleandocando cheguedes a segundo de bacharelato(chamarédesme esaxerada, mais este anovin de todo). Aquí vai o que eu denomino aregra dos tres s:

SERENIDADE: Semella unha tontería, maiseste primeiro s ínstavos claramente aevitar o drama a toda costa. Non hai nadapeor que chegar a un curso de por sipotente e andar comendo a cabeza contoleadas innecesarias.

Page 28: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

É segundo de bacharelato, tampoucoesaxeremos. Moitos estiveron antes aquí epasaron polo mesmo que estás vivindo tiagora, e seguen vivos. Esquecede osnervios de antes do exame, as insegu-ridades que parecen sacadas da nosaprimaria (tipo: preguntar con que corescribir un exame, negro ou azul...). Todoisto é innecesario. Que non estudachescomo é debido as características daConstitución de 1978? Pois xa as estudaráspara o seguinte exame. Que non lembrascinco novelistas do século XX da literaturaespañola? Pensa, e se non saen desta, apróxima vez seguro que si. E con isto nonpretendo facer unha apoloxía da indife-renza, senón lembrar (aínda que parezaestúpido) que o mundo non acaba porqueun exame non saíu como esperabas. Un tenque manter a calma e saber recoñecercando está esaxerando.

SESTA: Si, amigos, sesta. Esta palabra tanespañola e tan inimiga de calqueracomportamento medianamente produtivo.Ao mellor tedes razón e é un costumeinsán. Mais, visto desde a miña perspectiva,a sesta foi esencial para min neste curso.Un dos meus piares elementais, un soporteincondicional, para que vos vou mentir. Enserio. Sorprenderíavos o ben que podechegar a facer un descansiño antes deestudar. (Advertencia: coidado co tema depospoñer a alarma, que despois acabaunha durmindo sestas de tres horas... E seido que falo.) Despois de moitas horas declase unha acaba rebentada, e tampouco éplan de forzarse cando o corpo non dá. Onoso cerebro tamén precisa desconectar, edigo eu que é mellor durmir unha hora desesta e estudar dúas que pasar tres

mirando para o libro morta de cansancio esen asimilar nada, non?

Que saibades por outra parte que nonsempre se vai producir un balanceequitativo (a non ser que sexades persoasorganizadas feitas e dereitas. Nese caso, amiña noraboa.) Así que mellor que vosvaiades preparando xa: se durmides asesta, asumide que se cadra haberá díasnos que vaiades para a cama moi tarde.Non pasa nada. Por que? Porque ao díaseguinte... Outra vez sesta! É o ciclo davida.

SELECTIVIDADE: Esa palabra que idesescoitar polo menos medio cento de vecespor día durante todo o curso, e que será acausa de todas as vosas fobias e pesadelos.Ben, xa sei que ao mellor as seguintesxeracións non a ides oír polo cambiolexislativo en marcha, mais nada é segurona vida. De feito, como estou escribindoantes de ir á selectividade, aínda non seimoi ben como é a experiencia, e teño queadmitir que me quedan tantos temas porestudar, que estou pensando seriamente encoller un trasatlántico e navegar lonxe daCIUG durante uns meses, ata que pase estetormento. Porén, a maioría dos quepasaron por esta experiencia coinciden enque, ao final, é moito máis sinxelo do que

Page 29: a revista - edu.xunta.gal · creación literaria están tamén sempre con nós e nestas páxinas. Como novidade, tendo este ano unha materia nova dentro do noso proxecto educativo,

a revista nº3do IES Xulian Magariños 2015-2016

parece, e en que a clave está en manter acalma (outra vez de volta ao primeiro s ), een non agobiarse. Vale... Agardemos queteñan razón, porque estamos a mércores,son as 3:21 da madrugada, e non teñoganas ningunhas de levantarme paraestudar mañá pola mañá, para que imosenganarnos.

En resumo, e poñéndonos algo serios,segundo de bacharelato é a oportunidadeperfecta para madurar. É un ano no que vosides decatar de que o mundo que vosagarda (a universidade, o mercado laboral),non se parece en nada a este que estades apiques de abandonar. E, para adaptarse ael, cómpre madurar e deixar de ladopreocupacións infantís e dramas innece-sarios. Non fagades caso das lendasurbanas que rondan 2º de bacharelato. Vósdurmide as horas necesarias, poñede enpráctica a regra dos tres s, e non deixedesque nada vos sobrepase. As cousas nonsempre van ser doadas, mais así é como semedra, en todos os significados da palabra.Tomade este ano con tranquilidade epracticade a vosa capacidade de adapta-ción. Sendo sincera, e agora que estourematando de escribir este artigo, reflexio-nar sobre o futuro mesmo asusta unpouco... Mais non pasa nada. Á fin e aocabo péchase unha etapa das nosas vidas,mais ábrese outra igual de emocionante, oumesmo máis.

Judith Ruso Pereiro

PD: Quería adicar este artigo a todos osmeus compañeiros de segundo de bacha-relato, e a todos os profesores que nosderon clase, tanto este último ano como aolongo dos outros cinco que pasamos nesteinstituto, Non podo falar polos demais,mais eu creo que a todos nos queda un borecordo desta experiencia da nosa vida,experiencia que compartimos con persoasque nos viron equivocarnos, facer o parvo,loitar, gañar e perder e, sobre todo, medrar.