a pesca de baixura en muros nos anos 50-60

44
1 REVISTA DIXITAL DE ARTE E CULTURA ESPECIAL XULLO—2015 LEMBRANZAS DUN VELLO MARIÑEIRO: A PESCA DE BAIXURA EN MUROS NOS ANOS 50-60 POR PEDRO CAAMAÑO LAGO The Muros Times -Revista Dixital Muradana de Arte e Cultura-

Upload: manuel-lago

Post on 22-Jul-2016

262 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

A Pesca de Baixura en Muros nos anos 50-60 por Pedro Caamaño Lago

TRANSCRIPT

1

REVISTA DIXITAL

DE ARTE E CULTURA

ESPECIAL XULLO—2015

LEMBRANZAS DUN VELLO MARIÑEIRO:

A PESCA DE BAIXURA EN MUROS

NOS ANOS 50-60

POR

PEDRO CAAMAÑO LAGO

The Muros Times -Revista Dixital Muradana de Arte e Cultura-

2

Indice: Os primeiros recordos… Páx. 3

A evolución das artes de pesca páx. 7

A guerra do “profundo” páx. 11

A canoa muradana páx. 15

As artes de pesca páx. 23

A pesca artesanal páx. 27

Entrevista páx. 34

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions

verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.

Director: Jorge Lago Rama - Editor: Manuel Lago Álvarez

Difusión da Cultura—

Depósito legal : C2437-2013

The Muros Times

ESPECIAL XULLO—2015

Carta do Director:

Por terceira vez en menos de un ano, a revista dixital muradana The Muros Times, pon

na rede unha edición especial, dedicada nesta ocasión, a pesca de baixura, en Muros,

nos anos 50-60. Este traballo foi realizado por Pedro Caamaño Lago (Pedro de Caba-

ceira), un curtido home de mar muradano, conocedor dos mil avatares do difícil mundo

da pesca.

Pedro, en líneas sinxelas, amosános un Muros diferente ao que coñecemos hoxe; un

Muros cargado de “traballos”, nos que os homes de mar, sofren e loitan polas súas familias, arriscando as

súas vidas no día a día nun traballo sempre duro e difícil. Con todo, Muros e o mar, son un todo indivisible;

son historia viva de onte e futuro de sempre.

Dende TMT, seguimos e seguiremos traballando por dar a conocer a nosa historia, a que fixo do noso Muros

o que hoxe coñecemos,. Vaia por diante, o noso gradecemento a Pedro e a outros moitos muradanos com-

prometidos que a axudan a TMT a ser altofalante das súas lembranzas.

3

A época sobre a que vou escribir e inesquecible

para os que nos criamos na posguerra. En esa

época tan oscura e pobre, a maioría dos rapaces

empezamos a ver aparecer algunha luz pola fiestra

que nos parecía que nunca se ía abrir. Esa luz que

che alerta para loitar con algunha posibilidade de

futuro.

Naqueles tempos, si pensabas un pouco,

dábaste conta que da forma que se estaba a des-

enrolar o noso entorno, aínda que con algunha luz,

non se podía formar un futuro mais ou menos

digno, salvo o de emigrar. De feito hoxe parece

que esta pasando algo parecido, porque a xuven-

tude tamén tende a deixarnos, buscando en outros

lugares un posto de traballo con garantía, xa que

aquí non hai quen o garanta, “hai traballo sí”, pero

cartos poucos. Parece que o mecanismo que al-

gún día levou a Muros a ser un dos portos mais

importantes de Galicia, quedou durmido e non hai

quen sexa capaz de abrirlle esa pequena fiestra ca

luz adecuada para que volva a funcionar.

Por iso os que non sabiamos facer outra cousa

mais que pescar, tivemos que emigrar para conse-

guir capital para investir e defendelo por ti mesmo,

xa que daquela o pouco que había vendíano ben

caro. Así que optamos pola emigración, uns con-

seguiron ó que pretendían e outros non, uns foron

cunha idea e acadaron outra. Como acontecera

sempre.

De feito os que hoxe aguantan a pesca, e os

que daquela mobilizaron os bancos, foron algún

día emigrantes, salvo algunha que outra excep-

ción, que si non salía afora, dunha forma ou de

outra tamén se beneficiou, coma os bancos, os

contratistas de obras, os almacéns de construción,

e en definitiva todo o sistema administrativo, todos

embaucados no panal da “rica mel”. Polo menos

non pasaron as inclemencias da emigración.

Por iso para min que nacín pescando, fáise-

me moi grato recordar os tempos nos que disfruta-

ba axudando a miña familia, a remontar a barreira

da pobreza na que Muros estaba inmersa, como

dixen antes, polas circunstancias da postguerra,

hasta que cumprín o servizo militar, e coma case

todos, tamén saín a probar sorte.

E tamén como insinuei antes nunca souben

A Pesca de Baixura en Muros nos anos 50-60

—Pedro Caamaño Lago-

Os primeiros recordos...

4

si acertei on non, xa que gañei unhas cousas pero

perdín outras que eu sempre valorei moito, como o

loitar polo que a un lle gusta, no entorno familiar.

Así que sen mais dilación, intentarei o relato sobre o

desenrolo da pesca, que tanto me gustaba desde a

miña infancia.

Sempre desde o meu punto de vista, direi que

en unha parte moi importante, directa ou indirecta-

mente, na década dos cincuenta, en Muros íase

abrindo camiño, baseándose na pesca de cordel

(ou con liña). Digo indirectamente, por que co-

ma hoxe, había xente que compraba e vendía o pei-

xe, exportando, limpando e empacando. E igual que

hoxe tamén, esta xente era a que en realidade pros-

peraba, polo menos a prosperidade era mais evi-

dente que a dos pescadores; aínda que tampouco

debía estar exento de risco, xa que os prezos osci-

lábanlle dun día para outro e carecían de medios

para reservalo para tempos mellores.

Nos veráns cando os peixes abundaban, ou

os salgaban, ou os curaban o sol, recordo que esta-

ban as murallas cheas de xurelos sardiñas pulpos e

toda clase de peixes espatarrados recibindo o sol

nas mellores horas do día.

A estes intermediarios, podiámolos diferen-

ciar dividíndoos en dous grupos, maioristas, e rega-

teiras, podiamos denominar como maioristas, os

que compraban na lonxa de Muros, e transportaban

o peixe a Coruña ou a Vigo, para logo vendelo alí.

E como regateiras, as que compraban na lonxa, ou

Este é o antiguo concello. Antes da reforma da lonxa e despois de legalizar a pesca na lonxa pagaban no concello.

En esa ventana da dereita tiña a oficina o señor Longa, e pagaba por un ventanuco que daba o portal do concello.e esas dáas ventanas de esquerda da porta, eran da escuela publica, que tiña a entrada pola fachada do pinche esquerdo. “a

escuela de don Vicente”. Da miña epoca.

5

onde podían, e logo vendíano na pescadería. Algun-

has delas, tamén tiñan postos na praza de Santiago.

A pescaderia estaba situada na praza hoxe

denominada, pescaderia vella, os baixos daredor,

onde agora hai diversos negocios, eran case todos

“sotos” (baixos onde traballaban o peixe as

”peixeiras”.

Se facemos algo de memoria, e buscamos a

orixe e o desenrolo da pescaderia vella, temos que

falar primeiro da lonxa vella. A lonxa vella, e o edifi-

cio que hoxe, na parte baixa serve de almacén o

concello, e na parte alta, están ás oficinas de capita-

nía marítima. Si ías cara a lonxa, encontrábaste co

quiosco do señor Pablo, alí mercábase todo o que o

pescador podía mercar daquela, que era ben pouco,

ou case nada, unhas cantas tazas de viño, tabaco, e

os utensilios para poder fumalo, libriños de papel, e

o mellor un “isqueiro” para acendelo, Seguindo uns

cantos metros mais xa, entrabas na lonxa.

De fronte, estaban as oficinas que formaliza-

ban a compra e a venda, nas que che atendía o se-

ñor Goday ou o señor Longa, para logo pagarche no

baixo do concello.

Despois de enfocar as oficinas, xirabas un

pouquiño a dereita, e alí estaba a báscula, na que

se pesaban tódolos peixes, é derredor espallados

por toda a lonxa, estaban as moreas de peixe, cada

unha de cada embarcación, xa foran de merluzas,

de ollomol, ou de outros peixes, e o lado de cada

morea, había outras moreíñas pequenas, que eran

dos rapaces que por seren novos e careceren de

experiencia non xuntaban cos demais, hasta que

Esta é a pescadería vella. Aquí no medio, estaba emplazada a pescadería que dou nome a esta plaza.

6

esas moreíñas íanse facendo demasiado grandes

con arreglo a parte correspondente a cada quiñón, e

logo xa os facían xuntar. Ao fondo estaba a vende-

duría. A vendeduría era un cuartiño semi cerrado

onde, de fronte estaba o vendedor, e derredor sen-

tadas en pupitres individuais estaban as comprado-

ras e compradores, e cada un tiña un timbre adosa-

do no apoia brazos, que apretaba cando lle petaba,

pero o do timbre paréceme que non durou moito por

que despois gritaban ben alto; había unha que fixo

famoso o seu grito pola forma tan simpática de face-

lo, dicía así, “mío Josefa Lopes”, os rapaces cando

queriamos facer chiste imitábamola.

O largo dese tempo fixéronlle algunhas refor-

mas, xa que adosada a lonxa estaba a cárcere, a

que rexentaba como carceleiro, o que fora carpintei-

ro de riveira, Juan Malvarez Vaamonde, (avó de

Pepe Canosa), unha das embarcacións que cons-

truíu foi o Compostelano, nos astaleiros que algún

dia oubo na Gardiña. Logo fixeron a reforma que

hoxe ten, e que nada ten que ver ca de antano. De

esta si se acordará moita xente; déronlle mais alto

con placas de cemento, e instalaron as oficinas de

pago onde hoxe esta capitanía marítima.

Creo recordar que antes de chegar as esca-

leiras para subir á Capitanía, había un cerrado onde

o vendedor por detrás dunha mesa, e as comprado-

ras de fronte e derredor, tamén sentadas en un ban-

co alargado, daban o seu “mio” cando lles parecía.

Pero tampouco lles pareceu moi satisfactorio, por

que optaron por vender en sito como fan hoxe, por

que como e lóxico vían mellor o que compraban. E

logo subías a parte darriba onde che pagaba José

María o Asturiano.

—-=—-

Esta é a lonxa vella que eu pretendo recordar, co quiosquiño do señor Pablo.

7

Cando as embarcacións chegaban tarde levaban o

peixe ós sotos. Alí ían a maioría das señoras dos

pescadores cargadiñas cos seus cestos a cabeza,

que pola súa estrutura debían pesar polo menos

uns 30 quilos. E cando o peixe abundaba un pou-

co, e as peixeiras empezaban a eructar coa fartu-

ra, habíallo que pedir por favor, e coller o que che

daban.

O día seguinte as peixeiras, pola mañá leva-

ban o peixe para a pescadería onde o expoñían

encima daquelas mesas, que estaban situadas ó

longo da mesma, por un lado e polo outro, deixan-

do un pasillo polo medio, por onde circulaba a xen-

te que ía a comprar, e polo exterior das mesas,

uns bancos, e por encima de todo isto un tellado

aguantado por unhas columnas de pedra. E en

eses bancos sentábanse as peixeiras todas fa-

chendosas, a venderen o seu produto o mais caro

que podían. As mais coñecidas eran, as señoras,

Rita Trillo, Tina de Roque, Lela de Roque María

de Tina, A Leriñana, e outras. Isto chegaba ata a

fonte e para alá da fonte tamén había algúns cerra-

dos, onde había carnicerías. Ata que se fixo a pra-

za nova, a que funcionou hasta que deixou de fun-

cionar, agora esta intentando funcionar outra vez.

Incomprensiblemente ata fai moi pouco tempo, o

traballo do pescador estaba tan desprestixiado que

mesmo daba reparo recoñecer que eras home de

A Pesca de Baixura en Muros nos anos 50-60

A evolución das artes de pesca

8

mar, e menos presumir del. Cando se falaba de

profesións o que mais e o que menos dáballe volta

o tema para despistar a conversación. Cando en

realidade eran os verdadeiros protagonistas, non se

podía comer peixe fresco si o pescador non expo-

ñía a vida tódolos días, especialmente no inverno,

pero isto non se quería recoñecer.

Sen embargo a forza de traballo e tenacidade

foron saíndo, emprendendo unha carreira lenta pe-

ro ascendente, con moi poucos recursos, o que tiña

unha canoa ou un bote polbeiro podía considerarse

afortunado. So había unhas cantas familias con

eses privilexios.

Pero o que en realidade fallou foi a parte

industrial, xa que peixe estes homes conseguíano a

barullo, pudrían nos muelles por non haber quen o

comercializara. Estes comerciantes, foron caendo

lenta pero irremisiblemente. Daquela aínda había

varias fábricas de salazón, outras tantas de conser-

va, unha boa flota de lanchas e de galeóns, uns

cantos asteleiros, que entre todos empregaban a

unha boa cantidade de xente; Eu creo que non

souberon adaptarse as novas tecnoloxías, deixá-

ronse ir e cando se deron conta, non eran capaces

de aguantarse no mercado, nin con calidade nin

con cantidade.

Seguindo co tema da pesca, dicía que nos en

esa carreira de relevos, recollémolo testigo e

Éstes eran os mencionados barcos, alguns teñen as canoas abordo.

9

tamén o levamos con bastante dignidade.

Agora parece que hai unha porcentaxe moi

importante de xente, que empeza a recoñecer un

pouco a verdadeira valía do pescador, e de toda a

xente que de unha forma ou de outra vive do mar.

Dicía a miña aboa, nunca e tarde cando a dicha e

boa. Esto é un orgullo para os que levamos uns 17

anos na asociación Xubimar, loitando pola honora-

bilidade dos xubilados do mar, e por añadidura de

todos os mariñeiros, tendo en conta que uns mais

cedo e outros mais tarde, todos íamos ser xubilados,

aínda que por desgraza moitos dos que hoxe practi-

can a pesca de recreo, antes non o entendían, de

calquera forma gañamos a partida, e uns e outros

disfrutamos do que nos gusta, e do que mellor sabe-

mos facer, que é pescar. Con moitos atrancos e con

moitas zancadillas, iso sí, pero coa confianza de

loitar por algo que nos parecía xusto.

A pesares de todos estes avatares en contra,

esta forma tradicional de pescar ó cordel, solía mar-

car diferenzas entre os pescadores. Diferenzas ou

categorías, deixámolo para que o denominen como

mellor lles veña. Os pescadores de merluza, de be-

sugo, de cabala, de robalo e de badeixo en aquela

época eran os mellor considerados. Recordo que

nas súas tertulias, seleccionaban os mellores pesca-

dores e o mesmo tempo os mellores remeiros, estes

Este é o señor Pedro de cabaceira, meu pai. O gran patrón

10

eran imprescindibles, cando se trataba de traballar

nas canoas. Aínda que en esta foto tamén hai re-

presentantes da baka), non se podía desligar unha

cousa da outra, porque as dúas eran as fontes de

ingreso mais importantes do noso porto.

Aínda que a pesca de arrastre, por aquela

época non estaba alá moi ben considerada, e non

pretendo con isto desprestixiala, pero no traxecto

deses anos foi bastante perseguida polo sector de

mais baixura, ata o extremo de teren conflitos se-

rios. O que pasaba era que daquela na baka, ga-

nábase bastante menos. Por iso, solo se enrolaban

nas bakas, aqueles ós que os patróns de cordel non

lles parecían o suficiente expertos, e polo tanto non

os enrolaban hasta ver as súas características, ou

a” fasquia”, que era así como se denominaba a un

bo pescador o a un menos bo. Porque, como se

traballaba a parte e se repartía a todos por igual, ó

que non pescaba ben era una carga para os de-

mais. Sen embargo uns anos mais tarde, a pesca

de arrastre foi collendo bastante auxe, naquela épo-

ca das cigalas, dos rapes, dos rapantes, hasta o

extremo de que no censo do arrastre de Muros

contáronse ata 22 bakas. Os xurelos e a as xardas,

os que agora se lles da tanto valor daquela non se

querían. E a partires de eses tempos empezaron a

facturar bastante mais que os pescadores. Na

lonxa de Muros non se volveron a ver tantos ollo-

moles nin tantas merluzas como en aqueles tem-

pos.

A razón foi a evolución das artes de pesca,

As bakas ampliaron os aparellos, nos pescadores

apareceron os palangres, as volantas, volantillas,

betas, nasas dos pulpos, e por descontado, os con-

flictos entre pescadores de cordel, e os de todas

estas artes, o meu entender (que tamén son de an-

tes),”esquilmadoras dos recursos”.

11

A Pesca de Baixura en Muros nos anos 50-60

A guerra do “profundo” Para defender os intereses, de uns e outros, empe-

zaron as denuncias, de uns contra outros. Os que

somos de Muros coñecemos todos estes avatares:

redes enganchadas nos aparellos de arrastre; na-

sas colgadas nos pescantes e nas portas, que si

me paga..., que si non che pago…

Pero o conflicto mas serio foi o acontecido,

entre os pescadores da merluza de Muros e os de

Fisterra, que diron en pescar co palangre, nos cala-

doiros de toda vida do cordel.

Os pescadores de Muros, que sempre avo-

garon pola pesca de cordel, empezaron a engan-

char cos anzós nos palangres, e empezaron as ca-

bezas a dispararse, os de Fisterra largaban os pa-

langres polas tardes, e recollían pola mañan, eles

cargaban de merluzas e os de Muros non podia-

mos nin pescar, e de ahi o lio: que si tendes derei-

to.. que si non. En resumen, que dalgunha forma

entenderon que debían actuar.

Unha tarde víronlle largar os palangres por

fora da fanequeira, xusto nos mares onde pesca-

ban o cordel, e nin corto nin perezoso, dous barcos

Aquí pescando no Josefa. No profundo, cando meu pai estaba enfermo, eu sentado a popa aguantando o barco, o lado, pistonio, o da ronca, rafael de pes de plomo, os dous de proa, Pepe, e David de lelada, o de medio non recordo

podia ser Ramon de breche.

12

acordaron saír cedo, e pretendendo ou non, pren-

deron todos nos palangres, nas canoas por un la-

do e nos barcos polo outro, pero ala chegando o

dia apareceu un de Fisterra, que logo chamáronlle

o ”queso”.

Os mais sensatos arriaron os palangres e

puxéronse a facer o paripé de pescar, sen embar-

go un dos botes de Muros, pasou do de Fisterra e

sigeu co palangre na man, co viveiro cheo de mer-

luzas, o de Fisterra saleulle a parte de “queso”,

colleu o rezon tiroullo abordo do bote de Muros,

arrancando co bote de remolque para Fisterra, pe-

ro amigos!!!! despois de forcexear co cabo cando

xa tiñan o bote socado a popa, o patrón do bote de

Muros ocorréuselle coller un cuchillo, para según

él, cortar o cabo. Os de Fisterra, enganchárono, e

despois de forcexear, amarrárono na cornamusa

de proa, e así chegaron con el a terra, cando lles

preguntaron por que o amarraron, según eles, para

que non se lle tirara o mar. En Fisterra, según ver-

sións as mulleres queríano linchar, que si o tira-

mos o mar que si o apaleamos, as de dios. Tiveron

que influír as autoridades de marina, que xa esta-

ban alertadas polas mulleres de Muros.

Como e de supoñer en Muros armouse un

revuelo que nin d… ¡. Que si ibamos a Fisterra;

que si hai que levar armas ou non, Pero o señor

avogado D. Manuel González Gil, que según ver-

sións, era amigo do secuestrado, calmou os áni-

mos e acordou sair a buscalo. Encontraron un ca-

O señor Pedro León, pescando as merluzas.

13

mión, embarcaron uns cuantos dos mais decididos,

e tira para Fisterra, Xa chegaban arremangados,

pero entre o avogado e as autoridades, embarcaron

no camión o secuestrado muradán e saíron para

Muros de volta, como e de supoñer os seguintes

meses os de Muros acougaron.

Pero a cousa non quedou aí. Uns meses mais

tarde, estaban os de Muros pescando fondeados os

ollomoles nos siriales da nave, e chegaron os de

Fisterra co queso, engreidos pola vitoria anterior, e

ca escusa de que si o profundo era dos de Muros,

os siriales eran dos de Fisterra, colleron os rezons

engancháronlle os cabos os botes, e leváronos

arrastro hasta case Fisterra, onde os arriaron, a al-

gúns puxéronselle de corbata. Tamén os de Muros

fixeron das súas, cando estaban largando os palan-

gres, tiraban o rezon e levaban todo arrastro.

Esto non quer dicir que xa se acabou, aínda

tiveron conflitos no canto, digo tiveron por que cando

chegaron cos palangres o canto, xa eu non estaba.

A pesares de toda esta guerra, todo se arreglou, por

que no fondo todos sabían que tiñan razón, os agre-

didos e os agresores, o que pasa é que todos tiñan

a obriga de loitar polas súas familias. Por que digo

esto porque a raíz dun accidente, que non sei preci-

sar, no que morreron cinco pescadores de Fisterra.

O barco naufragado chamabase “Isleño”. Os de Mu-

ros sentíronse identificados, co dolor dos fisterráns,

é a nivel de cofraria elaboraron unha coroa, despra-

zándose a Fisterra, ían un tanto mosqueados polo

Dous moi bos pescadores moi conocidos, meu tío Alonso do Majacho e o señor Pedro León

14

que había pasado. Pero os de Fisterra abrazáronse

a eles, pagaron tódolos gastos, e acabáronse os

conflitos para sempre. A nivel persoal, gustaríame

dicir que a raíz de que os palangres, logo as volan-

tas fixeron a súa aparición. Acabáronse os ollomo-

les, as merluzas da fanequeira e mais tarde do can-

to, chegando a conclusión que seguindo co cordel,

aínda hoxe teriamos merluzas e ollomoles para rato.

Por eso o traballo de estes homes comparado

co traballo dun oficinista por exemplo, sin menospre-

zar a nadie, cada un no seu sitio, ou con cantidade

de outros, e tan arriesgado, que non o podes califi-

car de inferior a ningún. Que significará unha falta

de ortografía, ou un erro en unha palabra mal expre-

sada, ou outra cousa parecida, ante un erro nave-

gando en popa encima da cresta dun golpe de mar.

Un erro nun papel... engarrucho e tiro, pero o patrón

non ten nada que tirar, e moi pouco onde agarrarse.

E que pouco se apreciaban estas cousas, claro

víanse tan castigados polas inclemencias do tempo,

e pola sicose de pensar que o dia seguinte comerías

ou non, “e daban pena”. Aínda que a min, sempre

me deron pena aqueles que algún dia os menospre-

ciaron.

Aqui ia eu levando o chuvasco o baradoiro, para limpar.

15

A Pesca de Baixura en Muros nos anos 50-60

A canoa muradana Antes de todo isto, como dixen antes, empregában-

se canoas, e botes polbeiros. As canoas son em-

barcacións, de unha eslora media de unhas 20

cuartas de quilla, equivalentes a uns 4m ;de manga

aproximadamente 1,5m, de puntal sobre 0,70 cm.

alcanzando unha eslora total de 5m. ou máis. Es-

tas embarcacións eran feitas exclusivamente polos

excelentes e famosos carpinteiros de ribeira da ría

de Muros, de unha estética, e unha estructura, que

as facían más lixeiras á hora de remar, e máis se-

guras á hora de navegar en vela. A partir de esa

acertada construción, denomináronse “Canoas”.

Hai quen se empeña en chamarlle bucetas, (pode

que en outras rías sexa así), pero os mesmos car-

pinteiros acreditan que os de Muros non pedían

bucetas, pedían canoas.

Tamén eran uns grandes veleadores, segundo ver-

sións deles mesmos, cando se encontraban no

traxecto, ben “trincaban” as escotas para que non

Esta é unha pequena canoa, a cal aparellamos con esta vela de relinga, intentando semellar ás

canoas das que estamos a falar.

16

lles adiantaran os demáis, (algún que outro ten

tumbado), unhas veces por exceso de confianza e

outras polas inclemencias do tempo. Había unha

zona moi perigosa que era a comprendida entre

Pedra de Con e a Punta do Queixal, (aí teñen tum-

bado algunha que outra).

As velas tradicionais usada polas canoas de Mu-

ros, eran as denominadas de relinga, se non eran

todas idénticas era porque cada maestrillo usaba o

seu librillo, e modificábanas según a imaxinación

do patrón ou das características da embarcación en

concreto. Uns preparábanas para correr máis en

”bolina” (dicíase cando se navegaba cara o vento)

e outros preparábanas para navegar “en po-

pa”(dicíase cando se navegaba máis a favor do

vento), e outros tíñanas preparadas cos seus ex-

tras para as dúas cousas. Por exemplo, xeralmente

as canoas normales tiñan tres piojas, onde se

apoiaba a base do pao, cerrada ata o banco, ex-

cepto pola popa, por onde se introducía o pao.

Se partimos de proa, a primeira é pao a caída, pao

á de medio, e pao á candela; sen embargo, algúns

tíñanlle catro, a última máis a popa que as demáis,

para poñer o pao máis vertical, (isto servía para

cando a brisa era pouca). Neste caso, os demáis

arriaban a vela, e ían a remos. Estes, poñían o pao

na cuarta pioja, (é dicir ,na de máis a popa), subían

a verga canto podían e desta forma a verga pola

parte de popa subía máis que horizontal. Nunha

vela normal quedaría un oco entre a rastreira e a

canoa, pero neste caso este gran veleador tiña un

“cuchillo” na rastreira de menor a maior partindo de

proa xeralmente cosido, que neste caso, arriaba

para cubrir o oco do que antes falabamos, e así

seguir en vela e segundo versión do mesmo ían a

remos moi poucas veces.

Falando con eles destes temas, chegan a emocio-

narse, ¡parece que o están vivindo! Cando vindo do

“profundo” con vento de travesía, arreciando polo

través de babor, ¡na incricada de mar! (dicían eles),

“silbaba” a canoa enriba do golpe de mar. O home

de máis peso, agarrado ó costado de barlovento, e

o máis cativo co chicador lanzando auga fóra sen

tregua, ata quedar exhausto, (como para ter un se-

gundo de despiste o patrón...).

E desta forma, víanse case tódolos días, penden-

tes dun golpe de mar máis ou menos forte que de-

cidira se tiñan que vivir ou non.

17

¡E que pouco se apreciaban estas cousas!, ¡claro...!

víanse tan castigados polas inclemencias do tempo

e pola inseguridade de se ó dia seguinte comerías

ou non que daban pena. Aínda que a mín, sempre

me deron pena aqueles que algún dia os menospre-

zaron.

Volvendo á vela, e para definilas un pouco mellor, o

pao era como un metro máis longo que a canoa; a

verga, era coma dous terzos da quilla; a relinga e o

sotavento como a eslora total; o embergue coma

verga, e a rastreira como dous terzos da eslora to-

tal.

Tripuladas por tres ou catro pescadores, xeralmente

tres. Nos mellores tempos estas embarcacións,

podían pescar de dous a trescentos quilos de lubi-

na, de merluzas, ou de besugos, (dependendo da

época do ano pescábase unha especie ou outra).

Ainda sen haber leis escritas, cada pesca tiña a súa

época, (e bastante estricta), controlada instintiva-

mente por eles mesmos; en especial na pesca do

polbo. O polbo pescábase todo o ano excepto nos

meses de Xuño e Xullo, que xa daquela sabían que

era o tempo de desove. Nese tempo adicábanse ó

congro e ó corrican; no verán pescábase os calama-

res, a lubina as merluzas e os besugos, e no in-

verno o ollomol, a cabala, e o que podías, cando

18

che deixaba o tempo.

Como se pode imaxinar o traballo era moi duro;

saían de Muros ás dúas ou ás tres da mañán, re-

mando tres ou catro horas, excepto cando o vento

era favorable, que” veleaban” (expresábase desta

forma a manobra de izar a vela).

Nas derradeiras horas da tarde, regresaban con ou-

tras tantas horas de remo ou máis, según se lle por-

tara o vento do Leste o Nordeste, e do Norte o No-

roeste. O primeiro era o que lles axudaba na ida e o

que máis os castigaba na volta ó remontala ría, e o

segundo, axudáballe na volta. Dicían,” vámonos que

aí ben a cascarroada”(este é un vento do cuarto

cuadrante, que xeralmente entra a partires do me-

diodía no verán); ou “aproveitemos que aí ven a vi-

rasión”(este tamén é un vento, que con menos in-

tensidade procede do sur ó suroeste).E casi sempre

cargados, entre “pertrechos” e peixes. Cando ían ós

besugos, os pertrechos xa case cargaban a canoa,

levaban un caixón con engado, dúas poutadas, o

calamento de fondear (que daquela era de esparto,

polo tanto encharcábase e pesaba o seu), tres ou

catro remos, o pao, a vela, a verga, as ustajas, a

vara de portar, as cubetas de triturar o engado, as

rebolas, a ronca, e os chismes de pescar. Tendo en

conta que estas embarcacións tiñan un desplaza-

miento de unha tonelada aproximadamente, ás ve-

Nesta foto, pódense ver os artífices desta proeza, que en realidade son tamén parte dos protagonistas de todo este rela-

to. Empezando pola esquerda e de pé,: os señores Pepe de Louro, Juan Manuel, Antonio do Coxo, Juanito de Salustia-

na, (este era o remo de popa, polo tanto o que marcaba o ritmo das paladas), Ricardo do Ricardón, Alonso do Majacho,

(este era o de proa, polo tanto o da pica), Manuel de Bache, e empezando tamén pola esquerda e de rodillas, Manolo do

Ricardon, Patricio o Caramés, Manolo de Fisterra, Pedro de Cabaceira, (meu pai, que era o patrón), Juan do Caxón, e

Juanito do Maio Majaio.

19

ces tiñan que tirar o peixe ó mar cando no traxecto

encontraban máis vento do que prevían.

Nestes traxectos a remos organizábanse au-

ténticas regatas. E para darlle a importancia que

merece, débese explicar a forma de remar nestas

canoas de tres remeiros, empezando a dicir que

ningún dos tres ou catro remos eran iguais; Ó remo

de” couse” ( o de popa de estribor) era polo menos

unha cuarta máis longo que o de “carto”, ( este era

o remo de mais á proa de babor) e o de “medio” co-

mo media cuarta mais pequeno que o de carto.

Desta forma, o remo de couse situado máis á popa

que os outros, aguantaba a forza de arrancada dos

outros dous, e ó mesmo tempo, facía de timón

guiando a embarcación. Se o remeiro de popa era

forte sentábase máis ó medio e trincaba menos o

couse, ( esto quere dicir que exercía menos de ti-

món, ) e así camiñaba máis a canoa, e si había ca-

tro o de “través” (ou de proa de estribor), era máis

pequeno que os demais, e axudaba o remo de cou-

se; e despois de semellante esforzo, a presumir de

20

bos remeiros e de mellor canoa; os da virxe,

reuníanse no “plantío”, os da xesta e os da calle

ancha, pola maña no quiosco de “Marcote”, e pola

tarde debaixo dos soportais do “Coxo”, e os da cer-

ca, debaixo dos soportais da rambla da “jocha”; E

sen tregua, preparando as cousas para o día se-

guinte case sen descansar. Non é de estrañar que

no ano 51, cando por primeira vez en Muros se

acordou regatear coas traíñas (daquela aínda de

madeira) estas regatas organizábaas o concello de

Corcubión nas súas festas, e como os de Muros

tiñan fama de bos remeiros, (porque gañaban tó-

dalas regatas de canoas organizadas na ria de Mu-

ros), os de Corcubión quixeron probalos nas traí-

ñas, e cousa fixeron, porque na primeira regata,

non lle fixeron “tensa”, e na segunda ó ano seguin-

te, (e según eles), unha gamela levoulles arrastro a

boia cando ían gañar con máis diferencia, aínda

que con bo criterio, déronlle o premio igual. Así

que gañaron as dúas nas que participaron.Logo

foron invitados á Coruña, pero por problemas do

traballo non foron.

Nos entrenamentos, esperaban polas bakas.

Mandábanlle abrir máquina, e, encanto non lle vira-

ban pola proa non estaban preparados para gañar.

Nos entrenamentos tiveron que descartar algúns

dos compañeiros, porque rompían tódolos

“toletes”, puxéronllos de ferro e arrancaban as

“talameiras”. Por exemplo, o señor Antonio de Tó-

quenes, tivérono que descartar por que o rompía

todo, e a algúns máis, como o señor Antonio de

Antonan, puxéronlle toletes de ferro. E así foron

combinando forza e peso, para terminar a regata

con garantía.

Esa foi a primeira vez que Muros gañou a regata

de traíñas. Non era coma hoxe que van acadando

puntos, cada regata era individual, nin que dicir ten

21

que foi unha gran festa; hai moitas anécdotas acer-

ca desta regata, pero estou seguro que serian moito

máis interesantes contadas por eles mesmos. Hoxe

aínda hai homes que participaron en aquelas rega-

tas, como Manuel de Bacho, Manolo de Fisterra, e

“non hai máis”. Se tendes oportunidade aconséllo-

vos que faledes con eles destes temas, por que hai

anécdotas de toda clase.

Preséntoos cos alcumes familiares, porque e

máis doado recoñecelos, en todo caso sempre co

máximo respeto. Polo traballo que desenrolaban,

estes homes debían ser autenticas correas de acei-

ro.

A pesar de todo, cando tiñan que ir ós cala-

deiros de pesca máis lonxanos como eran o

“profundo” ou “mar da ola”. Cito estes dous porque

se trazamos unha líña de un para o outro, xeralmen-

te nas canoas, nunca a sobrepasaban. O primero

situado a unhas doce millas, o rumbo NW cuarta a

W de Pedra de Con, e o segundo a unhas sete e

media, o rumbo WSW tamén de Pedra de Con,

“aproximadamente”. Deixaban un día ou dous de

descanso antes de volver, porque entre que se co-

mía mal e semellante esforzo, a cousa non se lle

poñía nada ven que digamos.

Polo tanto, hai que dicir que os mares máis

Esta foto é a original. Foi sacada no profundo pescando as merluzas, o que ten a merluzae e Antonio do Brinqueiro, e o de popa son eu

22

frecuentados polas canoas muradanas, eran os da

famosa “corredura”, (esta zona chamámoslle nós, a

comprendida entre Montelouro e Fisterra.) Nestes

tempos, nesa zona xa case non se pode pescar ó

cordel, por que está sempre cargada de toda clase

de aparellos de pesca, dende toda clase de nasas,

ata toda clase de redes, palangres etc. O peixe que

se mova está perdido, tanto de día como de noite.

Non sei como tanto rexenera esta nosa costa.

Tamén se frecuentaba a zona desde Baia ás Baso-

ñas, pero menos.

Tamén se debe resaltar a capacidade, de

preve-lo tempo, tendo en conta que, nunhas em-

barcacións tan pequenas e con temporales tan for-

tes como se soían coller en todos aqueles anos.

Tiñan que ser moi cautos á hora de decidir sair o

mar. Cando os patróns desconfiaban do tempo, an-

tes de saír para o mar, reuníanse detrás do quiosco

de Marcote, e escoitábase dicir ós vellos: “Hoxe te-

mos nordeste que ferrepea” Os rapaces non sabia-

mos o que era, ata que nos dimos conta que por

encima de Tal, saían unhas nubes de cor escura

que rapidamente se disolvían.A rapidez en disolver-

se significaba a intensidade do vento. Sen embargo

este vento non era moi perigoso, salvo cando era

esaxerado. Era máis a ter en conta cando en in-

verno, reunidos en tertulia debaixo dos soportais

escoitabas: “Mañán non sei si sairemos” ¿e ló? Ho-

me mira para o “semblante” (dirección en que co-

rren as nubes impulsadas polo vento) Noroeste no

serán, vendaval pola mañán” (e nesta nosa costa o

vendabal e sinónimo de descanso forzoso.) Ou

“gaivotas na riveira, mariñeiros á merda” ou “Luna

deitada, mariñeiro en pé” E tamén cando corrían as

nubes e non había vento dicían“ De onde ven a

burra, ten que vir o arrieiro” E cando no verán cho-

vía como de borraxeira, dicían. “Bichochia, Norte

cría”. E xeralmente non fallaba. Por iso a estes ve-

llos pescadores débeselles escoitar con atención,

xa que sempre se aprenden cousas moi positivas,

que non recollen as novas tecnoloxías.

—-=—-

23

A Pesca de Baixura en Muros nos anos 50-60

As artes de pesca Posteriormente, e isto si que lle tocou vivilo con

mais intensidade a nosa xeración, os máis aveza-

dos empezaron a ver o negocio; E como pode verse

en todas estas outras fotos, empezaron a comprar e

a construír embarcacións a motor, desde seis a oito

ou dez metros de eslora, nos que se enrolaban de

seis a oito pescadores, os mesmos que antes esta-

ban enrolados nas canoas.

Estas embarcacións foron sustituindo totalmente ás

canoas. Porque de esta forma podíanse traballar

moitos mais días seguidos e sen tanto esforzo, en

épocas favorables, de esta forma xa pescaban has-

ta tonelada e pico de tódolos peixes que antes

mencionei. Falo de todas estas especies, porque

eran as mais frecuentes. Sen embargo, desde tem-

pos inmemoriais, nos “cantos”(Caladoiros de pesca,

situados entre a plataforma continental e o talude

continental incluso en zona peláxica, a unhas vinte

millas ó oeste de Montelouro). Enrolados en lan-

chas, xa pescaban tamén cantidades semellantes

incluíndo congros de gran tamaño e meros. Esto

podo mencionalo, por terllo oído algunha que outra

vez ós vellos. Dicían, quen ía antes o canto era a

lancha do Jaliñeiro e a lancha do Majacho, o meu

avó por parte de miña nai. e seguro que irían mais.

En aqueles tempos facían os “chismes” (aparellos

de pesca) con fío bramante, os “rodeales” para os

congros e as “espunlleiras” para as chernas. Xa que

as tanzas que había eran moi débiles para seme-

llantes peixes, (as tanzas que daquela había facían-

24

se de seda e de vísceras de animais).

Para cubrir a demanda dos pescadores que

querían enrolarse, combinábanse canoas e barcos.

O principio levaban as súas canoas de remolque

ata o caladoiro de pesca co risco que isto supoñía

cando facía mal tempo o rompérselle algún que

outro remolque.

No caladoiro, embarcaban os mariñeiros co-

mo podían nas canoas, en grupos de tres, e tamén

como podían amañábanse para defender a súa

parte con arreglo a dos demais.

Mais tarde xa se embarcaban as canoas nos

barcos, baixándoas pola mañá no caladoiro de pes-

ca, e subíndoas pola tarde. O principio en canto

non se lle colleu a maña, cando apuraba o vento

facíase bastante perigoso, polo risco de escachar

as canoas contra os barcos, para evitalo atrancá-

banse un ou dous remos verticais entre o barco e a

canoa, para que ca maraxe, esvarara a canoa po-

los remos sen tocar no barco, (e así descargábase

o peixe antes de subilas abordo). A maioría dos

barcos levaban dúas canoas a bordo, xeralmente

na popa, algún ten levado tres. E pódolles asegurar

que se necesitaba unha gran dose de valentía e

outra tanta de axilidade, para saltar ás canoas pola

mañá, e de volta, a saltar outra vez ós barcos pola

tarde. Había algúns que parecía que non tocaban

cos pes en nada, andaban por encima das

“regalas”, como si estivesen andando polo peirao.

Non daba tempo de sentaren as canoas no mar e

algún xa estaba a bordo. Nin con vento nin con cal-

Esta foto recorda a decada dos anos cincuenta. “Os famosos anos das merluzas”

25

ma. Nas conversas mencionábanse a uns e a ou-

tros pola súa peculiar destreza. (Algo para recordar

con orgullo).

A esta forma de pescar tan dificultosa e tan

selectiva, había que engadirlle a forma de navegar

tan difícil, por carecer de aparatos que facilitaran a

navegación. Para encontrar os caladoiros de pes-

ca, e non se vían as marcas; empregábase un sim-

ple “compás” e un “escandallo” feito de chumbo,

cheo de “pingue” en un dos extremos,( graxa de

porco) e enganchado no extremo dunha liña ben

larga para que cubrira todas as profundidades, que

o patrón tiña mais ou menos controladas. A partir

de aí, xa xogaba a destreza de cada patrón, algo

fantástico por ter que recordar nomes de cala-

doiros, rumbos a seguir, enfilacións, demoras, pro-

fundidade, calidade de fondos. E cantidade de ve-

ces de noite, con“borraxeira”, alumeados por unha

linterna, ou como moito por un candil. Cando ha-

bía que usar o escandallo en días de borraxeira,

poñiase na proa o home de confianza do patrón

para indicarlle a profundidade e a calidade do fon-

do, arriando e halando tantas veces como o patrón

llo indicara, E preguntáballe ¿qué vai? “Fango”, que

vai? Area, ¿qué vai? “Cascáxo” ¿que vai? Pedra. E

así que o patrón lle parecía dicía: fondo e a pescar

que estamos no sitio. A veces tiña que pedir relevo

pola cantidade de liña que tiña que halar. isto traba-

llando nos cantos, era bastante frecuente, por que

con pouco que te abriras de leste a oeste, o mesmo

caías en cento vinte brazas como “descantilabas”,

e logo a ver quen halaba tanta liña.

Sen embargo ningunha outra forma de pescar ó

“cordel” (ou con liña) ten menos importancia, por

que encerra as mesmas dificultades e require as

mesmas destrezas, só se diferenciaban na distan-

cia e na calidade da pesca. Por exemplo, nos inver-

nos duros, dentro da ría, cando non se podía saír á

costa, a pesca das Fanecas e das “Pías” (ollomol

pequeno, hoxe case desaparecido), e da

“rincha” (Cabala pequena) sacaron de moitos apu-

ros as familias muradáns, que non alcanzaban a

aforrar o suficiente nos meses de verán. Así que

tiñan que saír a pescar aínda que che comera o

frío. Aínda que tamén había familias de pescado-

res que se dedicaban a pescar solo dentro da ría, a

costa case non a coñecían.

Éncheme de orgullo recordar de maneira es-

pecial, é tamén por experiencia, a pesca do polbo

con raña, á que ultimamente me gustaba moito

pescar, alternando con luras e chopos. É esta unha

forma de pescar tan selectiva e tan técnica que

poucos poden presumir de facelo ben, Para elo ti-

ñas que ser ensinado por alguén que xa fora ensi-

nado con antelación, por iso se recordan xeracións

de polbeiros sempre das mesmas familias. Como

os Brinqueiros, os Antonáns, os Borraxeiras, os

Capitáns, os Parises, os Cabaceiras. Case todos

26

da Virxe do Camiño, e de Portugalete. Todos exce-

lentes pescadores de polbo, e por suposto doutras

moitas especies. ¡Imaxínense!. Un

“bote” (embarcación semellante a buceta de tres e

medio ou catro metros de eslora) manexado por un

so pescador, con dous remos de “panel”, seis liñas

con una raña en cada unha, e en cada raña dous

cangrexos e un anaco de peixe, (xeralmente xure-

lo). En inverno cando escaseaban os cangrexos,

(din os mais vellos),

Que pescaban con espigas de millo. Todo

isto manexado o mesmo tempo e as veces con ven-

to fresco. (Os mais técnicos podían pescar cen ou

máis quilos de polbo), sen embargo estes pescado-

res non eran alá moi tomados en conta; En oca-

sións escoitabas comentar: (Os da virxe son polbei-

ros, un bote con dous remos e unha cesta con dous

pateiros) eu creo entender que esta expresión era

por que necesitaban moi pouca cousa para saír ó

mar. Sen embargo esta era unha pesca que daba

moito de si, por que dependía de un mesmo, e sem-

pre se ía ó mar se non era mais lonxe era mais cer-

ca, de feito coñecíanse algúns polbeiros que non

saían do Rebordiño para fóra, e non eran dos que

menos pescaban,

(pero na euforia das Merluzas e dos ollosmoles,

chegáronse a esquecer un pouco). Ultimamente

esta pesca practicábana os vellos xubilados do

mar, unha polo prezo que daquela era pouco e ou-

tra por que non necesitabas estar enrolado, e así

ias raspando un suplemento para engadir a pouca

pensión que recibía o xubilado de baixura. Ata que

o prezo empezou a evolucionar e entonces si que

se desatou a euforia e o egoísmo pola pesca do

polbo; Ata o extremo de perseguir os vellos polbei-

ros, non importaba que foran pais ou avós, ata que

conseguiron quitalos do mar. Algo que nunca se

debeu facer, si acaso controlalo pero non excluílo.

Por iso tivemos que asociarnos, e así defendernos

do que nos parecía unha inxustiza.

Así que os novos que viñeron, cando a emi-

gración os apurou, é apoiados polas novas tecnolo-

xías, inventaron tubos especiais para as nasas nas

que entra todo o que se move, e non sae case na-

da. Por iso está ben que as controlen antes de que

o exterminen todo, como ocorreu coa pesca da

merluza e do ollomol, nos caladoiros do” profundo”.

—=—

27

É de mención interesante a pesca da cabala, xa

que esta pesca era a que sacaba de moitos apu-

ros ós pescadores en inverno. Recordo o famoso

dito: “Xa che pagarei cando veñan as xardas” (e

moi acertado por que no inverno estábase espe-

rando a chegada das xardas, para pagar es dé-

bedas das familias mais humildes. E ademais

que era unha pesca que enchía de orgullo os bos

pescadores, xa que requiría unha gran experien-

cia. Pescábase de dúas formas: con “balancín” e

con “silgo”, para o balancín usábase como cebo

o fígado de tenreira ou de porco, (ou de gato, co-

mo dicían algúns), e para o silgo sardiña ou lura.

(O balancín é un trebello que consta dunha liña,

chumbo, tanza anzol e unha “bulsa”) (a bulsa e

unha bolsa pequena para transportar o engado ó

fondo). (O silgo consta de liña, chumbo, tanza e

un só anzol). A forma de pescar co balancín re-

quire unha destreza especial. Por exemplo: nun-

ha embarcación de dous ou mais pescadores os

de proa pescan co balancín e o de popa con

dous silgos. Os dous de proa teñen que buscar a

altura na que se encontran as cabalas para co

engado facelas comer mellor. Como se presu-

mía tanto de mellor pescador os dous de proa,

unhas veces querendo, e outras sen darse con-

A Pesca de Baixura en Muros nos anos 50-60

A pesca artesanal

28

ta, enganábanse mutuamente e iso que se an-

daba a xunta, canto máis pescabas mis gañabas.

(Pero era mais forte o orgullo que a fame). Isto

tamén ocorría ca pesca da merluza; enganában-

se mutuamente para marcar diferencias. (Ultima

mente para evitar estas cousas, a partires das

corenta brazas marcábanse as liñas, en grupos

de dez con cintas de colores distintos, e todos

iguales, xustamente para evitar estas tolemias).

Así que, o que mellor facía os utensilios de pes-

ca, o que encontraba a profundidade axeitada, o

que mellor preparaba o cebo, estes eran os que

máis pescaban, e case sempre eran os mesmos

por que en definitiva eran os mellores, (e ben

coñecidos por todos). Podía citar algúns como

fixen antes cos polbeiros. Neste caso serían: os

Leóns, os Jordiños, os Carecos, os Locaos, os

Papeiros, os Majachos, os Cabaceiras, pedindo

desculpas por si se ofenden, tanto os que men-

ciono como os que non.

A pesca do robalo tamén tiña a súa dose

de destreza e de valentía. De destreza pola for-

ma de preparar os “chibos” ou de lanzar a

“majua”, e de risco por ter que acercarse ás rom-

pentes cando o mar de fondo era moi forte. Nos

anos cincuenta e anteriores traballaban con chi-

bos, (feitos a man, con chumbo, pelos, e anzols),

e traballaban nas rompentes ou o currican, mais

no inverno traballaban con palangres que os en-

carnaban con “pateiros” vivos, (Cangrexos) E

posteriormente nos veras xa se pescaba ca

mencionada majúa, cando os robalos saían á

superficie en “manchos” (diciámoslle manchos a

grupos enormes que por motivos de comida,

saian a superficie), estes manchos, podían apa-

recer desde dentro da ría ata Fisterra, por toda

corredura; Toleaban os robaleiros, o mesmo lle

29

saían cerca como mais lonxe, e os patróns reben-

taban os motores dos barcos para chegar canto

antes a eles, os mais expertos xa ían ca liña e a

majua enganchada no anzol para lanzala canto

antes mellor, ( a liña do robalo constaba tan so de

unha tanza moi longa e forte, e un so anzol), o que

o facía así case sempre collía algún antes de que

se “calaran” outra vez, (diciamos que se calaban,

cando se afundían outra vez), o que non era tan

avivado, ou lle caía a majua, ou se lle enredaba a

liña, a ese tocáballe se cadraba. (A majúa é un pei-

xe alargado que vive enterrado na area en pouca

profundidade), e cóllese cunha rede de arrastre

non moi selectiva, denominada boliche, xa que ten

unhas mallas moi pequenas e non deixan saír as

crías de toda a cantidade das outras especies que

se encerran dentro. Nos tempos dos nosos pais

xa a prohibiron polo risco de esquilmar as demais

especies. Sen embargo hoxe incomprensiblemente

vólvena a utilizar.

Tamén se debe mencionar e nunca, nunca

esquecer, a utilización da dinamita para estes pei-

xes, creo que isto foi unha das razóns da súa

desaparición, agora parece que se recoñece o te-

rrible efecto que causou.

Como antes xa mencionei, a pesca da merlu-

za, era de pescadores moi finos, eu diría a que

mais, (sei que con esta afirmación levantarei polé-

mica, pero eu sen dubida creo así). Era tan selecti-

va, por que se pescaba con un so anzol, e como

se comprenderá cando se terminaba de pescar

non quedaba nada que puidera facerlle dano a o

caladoiro. Como coa cabala, o que preparaba ben

as carnadas o que preparaba ben os” chis-

mes” (Trebellos de pesca), manexaba ben a liña

30

nas distintas profundidades, e controlaba o mo-

mento de “enferrar”, (Tirar con forza pola liña para

enganchar ben o anzol na boca da merluza), ese

era dos mellores. Con frecuencia comentábase na

ribeira, ese sinte ben pero engancha mal, e ese

non sinte ben pero e mais firme a hora de engan-

char. En algunhas embarcacións, segundo ver-

sións, e por experiencia propia, algúns dedicában-

se a “enfarrarlle” ós que fallaban moito, ultima-

mente cando as fabas eran contadas, xa non se

permitía ter moitos fallos.

A este peixe empezouse a traballar alá nos

anos corenta, dicían e din por que aínda están aí

moitos deles, e que sigan estando por moito tem-

po, que pescando os ollosmoles, uns peixes rom-

píanlle as tanzas e pensaban que eran tiburons,

ata que puideron subir unha delas, e viron que

eran merluzas, a partires de aí, dedicáronse mais

a elas. E con tanto éxito que chegaron a collelas

dentro da ría, (aínda que o verdadeiro caladoiro

foi na fanequeira do profundo, situada polo sud-

oeste do mesmo.).Despois xa era unha pesca fixa

para tódolos anos, ata que os palangres e as vo-

lantas, segundo versións deles mesmos e nosas

tamén, esquilmaron o caladoiro; logo seguiron

perseguíndoas ata os cantos, onde tamén se pes-

caron moitas pero, tamén alí chegaron os palan-

gres e as famosas volantas, e xa era imposible

pescar, porque prendías cos anzós e perdías to-

dos os trebellos, ademais e isto estaba ben de-

mostrado, onde se traballaba coas volantas e cos

palangres, as merluzas

“embalaban”(marchábanse). Calquera e cons-

31

ciente de que eses trebellos non as collían todas

pero sen embargo, de alí desaparecían.

O principio, cando querías tocalo fondo ti-

ñas que ser moi rápido, por que prendías cos tre-

bellos nos “siriales”(plantas coralinas) pero por

último xa podías andar a rastro que era o mesmo,

xa non había un coral no fondo, chegouse a esta

conclusión por que; cando os barcos ían collendo

as volantas solo sentías golpes nas cubertas, ían

rompendo os corales que lle viñan enganchados

nas redes, como hoxe rompen os ourizos que

veñen enganchados nas “vetas”. ( Estas son re-

des con mallas mais pequenas que as volantas).

Como ben sabemos os pescadores de Mu-

ros, sempre lle gustou pescar ó cordel, cando ti-

veron que meter as redes, foi case obrigado po-

los que viñan de fora. Nos invernos, enchían a ría

e a costa de miños e betas e cargaban de peixe.

Pasou igual cas nasas do polbo, cando os de Mu-

ros se deron conta xa estaban outros portos de

volta. E ben certo que a pesca de cordel, segura-

mente algúns armadores non se facían ricos, pe-

ro tamén e certo, que agora non teriamos que

lamentar.

A pesca do ollomol era xa máis de forza.

Tamén a técnica marcaba diferenzas pero me-

nos, aqueles que máis “inguadaban” (Este era o

feito de transportar o fondo o peixe triturado que

se introducía en unha “Bulsa” (bolsa enganchada

a o chumbo de un quilo de peso) con unhas tan-

zas con oito ou dez anzos eran os que mais pes-

caban. Era traballoso por que como dixen antes

había que subir e baixar todo o día un quilo de

peso con unha liña delgada, as mans cheas de

graxa e de picadas dos xurelos, o final da sema-

na non se podía nin cerrar as mans coa inchazón,

(dicían as vellas “méxalle meu fillo méxalle” e fun-

cionaba). Requiría moitas horas, en ocasións

desde as tres da mañá ata as tantas da noite.

Procurando cebos, triturando e moendo o engado

con esa máquina chouriceira, que algún dedo ten

collido. Pescando e logo vendendo perdíase a

noción do tempo. O cebo que se usaba, era a

sardiña, lirio,ou majúa, e en raras ocasións o xu-

relo pequeno, cando en inverno escaseaban es-

tas especies, era o berberecho que se collía na

praia da Virxe do Camiño, en aqueles tempos nos

que en esa praia podía mariscar todo o que qui-

xera, daba gusto ver a xente cando nas mareas

vivas baixaban de tódalas aldeas do entorno, e

ían cargadas cos seus cestos de tódolos maris-

cos que podían apañar desde berberechos ata

orolas pasando por ameixas e navallas; os pou-

cos días quedaba a praia revolta e ca area bran-

ca e non tardaba nin outra lúa, para estar carga-

da outra vez de marisco; sen embargo agora pa-

32

rece que a “caparon”. Aínda que no inverno non

era tan doado, víase a xente descalza empapada

de auga e mortiña de frío, polas chuvascadas do

noroeste, que en esa praia eran de conxelarse.

O mesmo ocorría coa pesca das rinchas e das

pías. Cando en inverno tiñas que pescar polo me-

dio da ría, con esas lestadas que baixaban e bai-

xan polo río Tambre, capaces de deixarche sen

tento e sen ideas. A pesca das “pías” (crías de

ollomol) tamén ten a súa historia. De estas crías

de ollomol, nos anos dos que estamos a falar e

anteriores, había tantos que estaban as pedras

cheas, os pescadores cando estaban pescando a

outras pescas molestábanlle e chamábanlle des-

pectivamente” riñaso”, os peiraos estaban cheos

chegaban a dentro da dársena, os rapaces que

nos gustaba pescar, cando encontrabamos algo

largo parecido a unha liña, poñiámoslle un anzol e

a pescar as pías. E hoxe quen nas dera, canta

riqueza xerarían, ¿xa nos gustaría saber por que

desapareceron?.

Tiña tanta importancia, por que eran pescas

do inverno, e no inverno era cando mais mal se

pasaba, por que os malos tempos non che deixa-

ban saír á costa, e esta pesca quitaba de moitos

apuros. Coma hoxe fan algúns barcos, facíano

antes os botes que se dedicaban a elas, e as

“xulias”, saían pola maña cedo e regresaban so-

bre o medio día, e alí estaban as súas señoras

esperando polos seus maridos para levarlle as

pías e as fanecas ó mercado de pola maña, para

coller a mellor venta, e si había marea, collían

eles o sacho e a cavar a “papona”, (que por certo

tamén controlan hoxe chamándolle “ poliqueto”),

33

para o día seguinte continuar a faena. Había uns

cantos que eran asiduos a esta pesca, como o

vello do Fetoso, o vello do Pertirilleiro, o Culum-

bro, e algúns mais. A pesca do congro,

tamén se practicaba con frecuencia. Había fami-

lias como cas outras especies, que se dedican a

eles, mais que as demais, Pero e unha especie

que nunca foi alá moi de desexar, unha polo pre-

zo e outra por que requiría traballar de noite, e

isto a ninguén lle gustaba, sen embargo nos me-

ses de Abril e Maio, estes pescadores, collían

boas “caladas” como se dicía.

Os demais pescadores, salvo cando se

barruntaban pescas moi abundantes, ou exem-

plares grandes como nos cascos, ou nos cantos

e cantiles, entonces só, por que combinados con

outras especies como a cherna, o ollomol e a

merluza, axudaban a incrementar a marea.

Hoxe tamén se practica pero mais espora-

dicamente, recórrese a ela cando non barruntas

nada das outras especies, ou pescadores que

non coñecen ben outros recursos, xa que e unha

pesca bastante fácil, con teres un palangre e

“carnada” (cebo) coñezas o groso das pedras e

os peiraos xa a podes practicar, claro que, os

que mais practican, mais coñecen, e polo tanto

mais pescan, pero como dixen antes, a noite é

para durmir.

Espero que estas versións sirvan para en-

tender a dureza, e a valentía, destas nosas xen-

tes, esa e a miña intención, vense libros de cultu-

ra mariñeira, referíndose o transporte de mercan-

cías, en unhas ou outras embarcacións, a indus-

tria de conservas e a outros temas relacionados

co mar, todos eles moi razoables , e do agrado

de todos; Pero o pescador tamén ten a súa histo-

ria. Quizás non sexa esta a mellor maneira de

expresala, nin eu o mais indicado, pero de segu-

ro que e expresada con toda boa fe. Así que a

cultura mariñeira non debería perderse, Por que

sempre foi a base da economía dos portos pes-

queiros, debería quedar plasmada nos libros, e

en museos marítimos por todos os pobos costei-

ros, por que cada pobo tubo a súa historia per-

soal e seguramente distinta a todas as demais. E

Muros sen lugar a dubidas ten moito que contar.

34

Entrevista a Pedro

Caamaño Lago

por Jorge Lago de Pexejo

Quén é Pedro Caamaño Lago? Polo nome e así

sen máis sería un de tantos Pedros ou tantos Caa-

maños e é por iso que sendo muradano temos que

engadir ese sobrenome que nos acompaña a todos

e que levamos connosco como un galardón que nos

diferencia do resto. Pedro é por suposto Pedro Ca-

baceira e por ese nome é polo que máis se coñece

e polo que él mesmo se identifica. Pedro é o típico

ou mesmo me atrevería a dicir que é o estereotipo

do muradano, pescador dende moi xoven, pero con

inquietudes de superación que tamén o levaron a

exercer outros mesteres por outros mares e outras

terras. Titulouse como patrón de pesca de litoral de

segunda das rexións NOROESTE O19 DE FE-

BREIRO DE 1972. RG. CANTABRICA O 6 DE

MARZO DE 1972. que hoxe ten convalidados como

PATRON / DE EMBARCACIÓNS DE LECER.

P.E.R. Este home é o pesco e pescador por exce-

lencia e o home de mar porque así se deron as cir-

cunstancias, unhas circunstancias que como el di

aceptou sabendo que calquera outra cousa era pa-

ra el impensable.

Para moitos dos lectores desta revista, a presenta-

ción pode parecer escasa, pero desexaría que fose

o propio Pedro o que nos guiara polo traxecto das

súas experiencias.

J.L._Pedro, ti naciches no 41, Cómo era o Muros

daquel entón e que alternativas se ofrecían para

aqueles que como ti naceron neses anos da

post-guerra?

Pedro Cabaceira ._ Respondendo a primeira inte-

rrogación, son Pedro de Cabaceira, por que meu

avó procedente de Serres, era Manuel de Cabacei-

ra, meu pai nado na porteliña era Pedro de cabacei-

ra, i eu nado enfronte da iglesia de Muros. Colexiata

Santa Maria, tamén son Pedro de Cabaceira, por

que me quixeron chamar así, para alguns tamen era

ENTREVISTA

35

Pedro de kica da majacha, ¡!claro que si ¡! Pero

como varón e primoxenito, prefiro identificarme co-

mo os meus antergos varons. A presentación é

sobradamente amplia, non son nin mais nin tam-

pouco menos que un humilde pescador muradan.

Ahora sí procurarei responder a tua pregunta. Na-

quel entón para un neno coma min, fillo e neto de

pescadores, era unha vida chea de carencias; ca-

rencias na alimentación, e carencias na hixiene a

tódolos niveles, en resumen unha vida de pobreza.

Unhas carencias pacticamente xeralizadas, aínda

que dentro das familias dos mismos pescadores,

había algunha diferencia, pero moi pouquiña, de-

pendendo da cantidade de nenos menores de 10-

12 anos por que a partir desa edá xa axudaban os

páis a traballar, decian alguns que ter fillos varons

eran cartos a reditos. Por suposto que habia algun-

ha máis diferencia nas familias de escribanos, e

empresarios, os que todos estábamos sometidos.

Porque aínda que tuveras algo mais de diñeiro,

non había materia prima, non había que comprar.

Na parte agrícola vivían un pouco mellor posto que

case sempre tiñan algo que comer. Pero permíte-

me que che fale da vida que me tocou vivir para

que cada un fale da sua.

Despois de todas estas dificultades como rapaz,

era unha vida chea de inquietudes, xogos que

hoxe non hai, pero que nos facían disfrutar tanto

ou máis que os de agora, pillerías, ilusións, tanto

de neno como de adolescente. Aquí era cando em-

pezabas a pensar un pouco no futuro, un futuro

que non era moi alentador, os pescadores pelexan-

36

do co mar e cos peixes, os agricultores cabando sin

parar, os empresarios enchendoche de traballo, e

pagandoche o menos posible, ou case nada. e can-

do tiñas algo aforrado, e ías o cine, cando saía o”

nodo” habia que levantarse co brazo estirado, aín-

da que te foras pola pata abaixo. Ou cando unha

vez que beu franco a muros, visitou a colegiata, e

todo muros ali co brazo extendido, gritando, franco,

franco, danos pan blanco, os repaces vixiados po-

los mayores, decian grita rapaz e non baixe-lo bra-

zo.

O traballo nas fábricas, para a muller que

non tiña moitos fillos, ou para as rapazas xoves, era

unha axuda familiar, Ata chegar a esa edá, despois

da adolescencia, onde empezas a ver as cousas de

distinta forma vía a muros como o que era, o noso

pobo, cheo de vida mariñeira, pescadores, de case

tódalas modalidades; de cordel, de xeito, de arras-

tre, vacas, boliches, rapetas, de cerco, tarrafas, pe-

ro eso sí, moitísimos pobres e poucos ricos, estes

sí, moito máis ricos considerando a pobreza que

había.

J.L._ Dasnos unha estampa totalmente realista

da época en que che tocou vivir, unha época

chea de precariedades e ao mesmo tempo unha

época que moitos de nós vivimos cun módico

de felicidade e soubemos entrever un futuro me-

llor un pouco ao xeito dunha cita de Di-

ckens: "Reflexiona sobre a túa presente sorte

pois cada home ten alguna, non nas túas pasa-

das desgracias, das cales todos temos algun-

has,"

Ata que idade estiveches inmerso nesa vida la-

boral que empezaches a tan temperá idade e

que por suposto tería que ser sumamente traba-

llosa?

Pedro Cabaceira._ Querido amigo Jorge;

“CHARLES DICKENS”, hai moi poucos, aínda que

alguns se crén, notaselle a diferencia as leguas. E

a miña gran sorte é estar aquí contestando a tua

entrevista, intentando colaborar en este interesante

proxecto que é THE MUROS TIMES. E despois de

este pequeno inciso. Quero deixar claro que para

min esa vida non foi ningunha desgracia, simple-

mente foi a vida que me tocou vivir, ou que nos to-

cou vivir a todos que nacemos por esas fechas.

Todos sabemos que o mundo do mar e durísimo,

pero é unha vida que chega a gustarche, e a estas

alturas estou mais que satisfeito e orgulloso da mi-

37

ña profesión, o que me coñece e sigueu de algun-

ha forma a miña traxectoria teno máis que asumi-

do.

Os catorce anos enroleime con meu pai no Valenti-

na, un barco de Noia dos Barcias, aí empecei a

miña traxectoria de pescador en serio con algunha

que outra dificulta porque me mareaba un pouco,

pero logo me pasou. A ilusión e as gañas de axu-

dar era tanta, que sacaba forzas de onde fora.

Aprendendo, pescando aparte, con aqueles

homes cheos de experiencia dunha valentía e de

unha calidá human digna de todo eloxio. Por eso

loitei sempre que puden, para que esta xente fora

tomada enconta, e moito mellor apreciada do que

era, para unha maioría demasiado amplia o ser

mariñeiro pescador era menos que nada, un grave

erro, cando arriscaban a vida prácticamente tódo-

los días para sacar as suas familias adiante. Esta

traxectoria alargouse hasta case os 21 anos que

fun para o servicio militar, unha traxectoria chea de

loitas e alegrias cando a pesca era faborable, e

anecdotas, e formas de traballar para encher a cu-

riosidade de calquera interesado.

Cumplín o servicio, entre o Canarias no que me

fixeron cabo verde, o Cervera e o minador Júpiter

en setembro do 1963, e Despois desa etapa lar-

gueime para Rotterdam.

J.L._ Cumplistes o servicio militar e fócheste a

probar sorte a navegación mercante. ¿Cantos

anos estuveches nela?

Pedro Cabaceira._ Ben, a principios do ano1964

collín unha maletiña, daquelas de carton, que aín-

da non fai moito que a tiramos, perece que a male-

tiña que non servia para nada tiña algo que parecia

parte de nos. En esa maletiña, arrombou a miña

38

querida nai algunha ruopiña, un traxiño que facia

pouco que o estreara, por que en esas fechas xa se

vivia un pouco mellor,asi que salín de Muros con un

compañeiro que xa coñecía o camiño, cara a Roter-

dam,o italiano unha pensión onde me tiñan que

atender, pero o enlace estaba de travesia e fallou.

En resumen; que tiven que arreglarme pola miña

conta recorrendo toda-las compañías de Rotterdam

pidindo yob, que era o que sabía decir. Creo que

entrei duas ou tres veces en cada unha, gastei os

zapatiños de suela en un par de días. En unha de-

las pidíronme a libreta, viron os enbarques e des-

embarques de Muros e polas expresións das caras

entendin algo asi como; “coño este polo menos non

se maréa. En resumen, embarquei de segundo ma-

riñeiro nun petroleiro de refinados, ca ruta Europa e

os paises do golfo de México. Eran viaxes de tres

meses, o segundo viaxe xa fun de primeiro. Un ano

cheo de anécdotas. Logo non me gustou por que

era un barco moi vello, e moi perigoso, e como se

decía que se ganaba máis en Suecia embarquei

nun cargueiro sueco, coa ruta entre Europa e Sue-

cia, Finlandia, Polonia, no que votei outro ano. No

ano 65 vin de vacacions e dispois de uns meses

volvín a suecia e embarcarquei na

R.A.B.Transatlantic con rutas daredor do mundo

Europa Sudafrica Australia, Japon,excepto nun de-

les que estuben un par de anos un rolon, rolof, en-

tre o ano 66 e o 68, estes eran creo que oito barcos

de outros tantos paises europeos, que fixeron en

plan de experimentación, o (Atlantic Espan), logo

seguin dándolle voltas o mundo en distntos barcos

da misma compañía, e ostentando distintos cargos,

sempre de cuberta, ata que en Xuño do oitenta

atracando en Oslo nunha maniobra un tanto com-

plexa, unha estacha sacounos a min e un sudafri-

cano da mercante e a partires daí, empezou outra

etapa.

39

J.L._ Cóntanos sobre esa outra etapa Pedro.

Pedro Cabaceira._ Chegados a esta fase, e

despois de unha longa recuperación cheguei a con-

clusión que tiña que seguir loitando. A miña condi-

ción un tanto nervosa, non me ía permitir, estar

sentado. Entón ofrecéronme a representación dos

efectos navales as tres a.a.a. e ali traballei un par

de anos, en compañía dunha gran rapaza de

Louro. Como digo despois de ese par de anos, en-

tendín que aínda que me gustaba non era o meu

estilo porque xa facía un tempo que me estaba ron-

dando o tema de volver a pescar, e asi o fixen. En-

carguei un botiño polbeiro e a pescar uotra vez.

Daquela a pesca de cordel era libre, non tiña con-

trol algún e pescabas o que podías vendendo onde

podías e non pasaba nada pois éramos uns cantos

xubilados i eu polo medio e pescábamos pulpos

calamares e chopos que daba gusto. Entón a pes-

ca nos barcos empezou a fallar e os tripulantes

díronlle a oportunidá de xubilarse a partir dos 55 e

fixeron contas; danme unha pensión e podo pescar

coma Pedro e cama Xan e como se entenderá in-

crementouse a competencia.

En vista do experimentado por outros portos, em-

pezaron os profesionais a meter nasas para o pul-

po largando caceas por onde traballábamos os pul-

peiros, lóxico porque era onde estaban os pulpos.

Os pulpeiros prendían nas nasas e pasou o que

tiña que pasar; os profesionales empezaron a pro-

testar. En resumen; que nos regularon a pesca de

cordel a oito quilos como máximo, calificándoa de

recreo sin ánimo de lucro. Entón algúns xa nos di-

mos conta que tiñamos que facer algo e pensamos

en defendernos de algunha maneira e o mais legal

40

posible, en primeiro lugar asociándonos e logo bus-

car argumentos. En todo este traxecto xa chega-

mos o 1996 en que nos asociamos, fundando le-

galmente a asociación Xubimar,

A partir daí empezamos a mandar escritos reivindi-

cando melloras e ir impoñendo algún respeto, ata

que no 1999 sacaron o popular decreto, 211/99do

17 de Junio que reducía a pesca de recreo a 5 qui-

los e excluía ó pulpo. En esas fechas xe eu era o

presidente polo que me comín todo o marrón bus-

cando apoios por onde podiamos e axudado por

algún que outro compañeiro e ahí foi cando me dei

conta de verdadeira valía de uns e da calidá con-

servadora de outros. Sen embargo o noso traballo

empezou a dar mais frutos dos que nós esperába-

mos, formándose asociacións por todas partes en

contra do decreto, organizando reunions, recollida

de firmas, manifestacións pacíficas, adaptamos os

estatutos según o requerian as lexislaciós, inte-

grando os pescadores de lecer, xa que antes era

só para xubilados do mar e pensionistas de calquer

indole…Formamos unha federación para negociar

ca xunta e partir daí empezaron os pleitos ca Xunta

encabezados polo club nautico de Vigo ata que o

tribunal superior de Galicia nos volveu a autorizar a

pescar pulpo. No 2007 deixei a presidencia, seguín

como vicepresidente hasta o 2010 e ahora sigo

pescando de vez en cando.

41

J.L._ Ben, non cabe dúbida de que entre todos

eses enredos lograches moito e sen organizarse

posiblemente hoxe estariades en peores condi-

cións. Estas satisfeito co logrado baixo a túa

presidencia en Xubimar ou dende unha mirada

retrospectiva teríalo feito de diferente xeito?

Pedro Cabaceira ._ Estou totalmente satisfeito,

porque non o puden facer mellor, si fora capaz de

facelo non o dudaría, pero tamén entendo e tíveno

sempre en conta que seguramente outros o pode-

rían facer mellor, por eso o deixei, buscando máis

preparación, buscando máis imaxen, máis prestixio

en detrimento da miña personalidá, pero sempre

buscando o mellor para asociación e por suposto

para tódolos socios e por añadidura para tódolos

pescadores de recreo e para non parecer hipócrita

como eu tamén son pescador de recreo tamén me

beneficio. Para responderche a pregunta, actual-

mente teño as miñas dudas de que se poda facer

mellor. Alguén decía "fai mais quen quer que quen

pode". Si estos cargos foran remunerados estou

seguro que si habería quen o fixera mellor, pero es-

tes cargos solo os poden facer personas que real-

mente o sintan i eu sí que o sentía.

Un dos acontecimentos, que me dou pulos foi o que

chegou a ser capaz de conseguir Jim Donofrio no

1996 cando fundou a RFA (Recreational Fishing

Alliance). Alguén desde Nueva York mandoume uns

recortes de periódico de todo conseguido por él en

pouco tempo en favor dos pescadores de recreo.

Loitou sen sosego polo que o cría que tiña que de-

fender. Autodidacta en materia de ordenanzas sobre

pesca, enrolouse na

JFK School of Government onde absorbeu todo o

posible para poder contrarrestar os efectos negati-

vos da xestión dos organismos estatais como

a National Marine Fisheries Service que parecían

máis inclinados a pasar por alto os abusos dunha

industria pesqueira cada vez máis agresiva.

Despois de este relato, pode que de unha

impresión un tanto fria, poero non é así. Desde aquí

arriva do alto que xenera e edá, vexo un neno na

sua infancia moi feliz, o que lle gustaban tódolos

placeres que se desenvolvían o meu carón, as ve-

ces un tanto obstruidos por unha falta de tempo que

me quitaban os meus queridos hirmans, e así se-

guín disfrutando de bañarme no castillo, de xogar as

espadas, a primeira non che toco, a rebola, as pan-

cheras, a sibillana, as flechas, as pedradas, daquela

non habia outras cousas. Asi cheguei a unha puber-

tá, tamén chea de ilusións, gustábanme as rapazas,

tanto como os borrachos o viño, digo os borrachos

porque era o vicio máis forte daquel tempo, gustába-

me bailar, cantar, que tamén se estilaba moito de

rapaz cantando panxoliñas ca ferreirosa, logo con

carcaman, e logo cantándolle serenatas as rapa-

42

zas.Cando decidín formar a familia tamén me ilusio-

nei loitando para conseguir melloras para a nai e

para os catro fillos. Aquí sí que me entra a duda de

si fixen o suficiente para darlles o que todos se me-

recen. Pode que dedicara máis tempo do que debe-

ría a outros menesteres, pero gustaríame que estu-

beran tan orgullosos de min como eu estou deles.

Sobre este tema sí que enchería folios, pero resu-

mindo temos unha familia feliz de catro fillos, duas

noras e catro netos, capaces de enorgullecer a cal-

quer avó que se precie.

J.L._ Ben, sen ter que facer eu moitas pregun-

tas, expuxeches unha sinopse clara da túa vida

e dos teus intereses que non son poucos. Enri-

quecíchenos co teu saber e déixanos con ganas

de seguir aprendendo pero pouco espazo nos

queda aquí para seguir facéndoo. Sei que que-

dan ducias de preguntas que non foron formula-

das e sospeito que tamén ti tes moito máis que

dicir, polo tanto propoño que esta sexa a primei-

ra entrega da entrevista e que poidamos conti-

nuala no futuro.

Desde ese alto pupitre que che dá a edá como ti

dis. Se tiveses que facer unha crítica ou propo-

ñer solución, Que nos dirías e como ves o futu-

ro da pesca de recreo en particular e a pesca en

xeral en Muros ?

Pedro Cabaceira ._ Referente o proxecto da revis-

ta e a como a estades a levar, paréceme perfecto,

outra cousa e que chegue a xente ca ilusión sufi-

ciente para promocionarse no futuro. Hai que esco-

ller moi ben os temas, pero eso estou seguro que o

tendes superado e ademais quén son eu para opi-

nar en estes temas.

Sobre a pesca de recreo, qué che podo

decir, que cada día colle máis vigor, increméntanse

as licencias e as embarcacións xenerando unha

nova vía de construccións náuticas, esto obliga a

autoridá portuaria a mellorar as instalacións e a pro-

mocionalas e por añadidura, a conselleria de pesca

a regular a pesca para cada vez máis incrementar o

negocio.

Todo esto pode que afecte o desarrollo

da pesca profesional xa de por si sumamente dete-

riorada pola sobre explotación, ó meu pobre enten-

der, sin control. Este é un tema moi delicado a hora

de falar claramente dos pros e os contras de esta

modalidad, unha opinión sana de todo este

“embrollo” tende a ferir sensibilidades e estamos a

falar de postos de traballo, de familias que os pes-

cadores teñen que defender por encima de calquer

controversia. Para aclarar un pouco a razón deste

caos que a min me parece a pesca profesional, te-

ríamos que desgranala punto por punto e arte por

43

arte, e zona por zona, e si me apuras persoa por

persoa.

Asi que en conclusión, a pesca de recreo

en auge ascendente e a pesca profesional a unha

velocidad máis lenta que a de recreo, pero descen-

dente.

J.L._ Patrón, grazas polo percorrido e por ceder-

nos o teu tempo tan xenerosamente. Comparti-

ches connosco unha longa e enriquecida viaxe e

quedamos coas ganas de aprender máis. La-

mentablemente temos que despedirnos pero

non me quero ir sen deixarte o cuestionario ha-

bitual.

1. J.L_ Cál é a túa palabra favorita?

Pedro Cabaceira ._ Paz.

2. J.L._ Cál é a menos favorita?

Pedro Cabaceira ._ Guerra.

3. J.L._ Qué te emociona?

Pedro Cabaceira ._ O sufrimento das persoas que-

ridas. e en xeral o de todo mundo.

4. J.L._ Qué son ou ruído che gusta?

Pedro Cabaceira ._ A música.

5. J.L._ Qué son ou ruído detestas?

Pedro Cabaceira ._ Hai un ruído que detesto, o

dos foguetes que últimamente sácanme de quicio

6. J.L._ Cál é o teu xuramento favorito?

Pedro Cabaceira ._ Depende da razón, ultimamen-

te cágome na leira

7. J.L._ Qué profesión ademais da que exerces

che gustaría facer?

Pedro Cabaceira ._ Gústame saber algo de todo,

pero nunca pensei en outra que non fora a de pes-

cador ou marino mercante, ben titulado por suposto.

8. J.L._ Qué profesión non desexarías facer?

Pedro Cabaceira ._ Calquera que non me gustara.

9. J.L._ Se o ceo existe, Qué che gustaría oír que

che dixese Deus cando chegases ás portas ce-

lestiais? Pedro Cabaceira ._ Esta é a que máis

me gusta. Que me mandara para baixo a empezar

de novo.

44

COLABORA:

CONCELLO DE MUROS