a ordenación do litoral: guía de recursos

23
ORDENACIÓN DO LITORAL guía de recursos Coa colaboración de

Upload: centro-de-documentacion-ambiental-domingo-quiroga-ceida

Post on 15-Mar-2016

226 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Guía de recursos que recolle unha selección de documentos relacionados coa xestión integrada de zonas costeiras dispoñibles no Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga, e outros recursos electrónicos dispoñibles na rede para a súa descarga. Máis información sobre o centro de documentación: http://www.ceida.org/centro-documentacion-domingo-quiroga.html

TRANSCRIPT

Page 2: A ordenación do litoral: Guía de Recursos

ORDENACIÓN DO LITORAL | guia de recursos

Elabora:Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA)

Edita: CEIDA

Coa colaboración de:

Setembro 2013

Page 3: A ordenación do litoral: Guía de Recursos

ORDENACIÓN DO LITORAL | guia de recursos

A XESTIÓN INTEGRADA DO LITORAL

Galicia, situada á beira do océano Atlántico, é a rexión máis occidental do continente europeo cunha lonxitude de costa de 2.555 km. e a comunidade autónoma española coa fachada litoral máis extensa. Pero este espazo tan valioso, experimentou ao longo das últimas décadas importantes transformacións que modificaron o asentamento humano no territorio e, por tanto, a paisaxe do litoral.

A elevada ocupación e presión humana, o crecemento urbanístico desorganizado, a implementación de determinados equipamentos e infraestruturas pesadas ou a xeneralización dunha arquitectura allea ao carácter do lugar, deron como resultado unhas paisaxes dominadas cada vez máis pola homoxeneización e a banalización. Deste xeito, colaboran nun proceso globalizado de dispersión que se afasta dun uso racional do solo, que conduce á amplicación dos efectos do cambio climático, á perda da biodiversidade ou á contaminación das augas, os solos e o aire.

Neste contexto, é necesario o desenvolvemento de políticas fundamentadas nun desenvolvemento económico e social sostible, na saúde dos ecosistemas costeiros e mariños e nunha xestión integrada do litoral. Con esta convicción de que Galicia ten na ordenación territorial un dos seus maiores retos, a Xunta de Galicia impulsou dúas pezas claves: as Directrices de Ordenación do Territorio (DOT) e o Plan de Ordenación do Litoral (POL).

1

Page 4: A ordenación do litoral: Guía de Recursos

ORDENACIÓN DO LITORAL | guia de recursos

2

O PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL DE GALICIA - POL

En Galicia, o POL ven de ser un instrumento de planificación territorial que no seu obxectivo de conseguir unha protección e xestión efectiva das zonas costeiras, busca alcanzar o necesario equilibrio entre a localización das poboacións e as actividades no territorio e a súa efectiva protección para lograr un desenvolvemento sostible. Os criterios e directrices do modelo proposto servirán de referencia para os distintos plans urbanísticos dos municipios costeiros, ás distintas políticas e plans sectoriais. Dispoñible en: http://www.xunta.es/litoral/web/index.php

AS DIRECTRICES DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO - DOT

As Directrices de Ordenación do Territorio teñen como finalidade precisar a definición dun modelo territorial para Galicia, establecendo as pautas espaciais de asentamento das actividades. As propostas e determinacións das DOT definirán unha senda a seguir e perfilarán un escenario de futuro, que baixo unha perspectiva de sostibilidade, aspira a conseguir a cohesión social e territorial de Galicia. Dispoñibles en: http://www.cmati.xunta.es/seccion-tema/c/Ordenacion_territorial?content=Direccion_Xeral_Sostibilidade_Paisaxe/Directrices_Ordenacion_Territorio/seccion.html&std=descarga-dot.html

Page 5: A ordenación do litoral: Guía de Recursos

A xestión do litoralAutor: Carlos Vales Vázquez (coord.).Edita: CEIDA.Ano: 2009.Resumo: Galicia ten unha costa moi extensa se a comparamos coa superficie total do seu territorio, e moita da poboación galega ten unha relación directa ou indirecta con ela. Actividades económicas, espazos simbólicos, núcleos de poboación... todo un entramado socio-económico e cultural relacionado co mar que ten un impacto ambiental enorme. Axudar a entender os procesos e conflitos existentes coa

xestión do litoral é o obxectivo deste libro, que recolle aportacións diversas e puntos de vista que foron presentados nas Xornadas sobre a Xestión do Litoral organizadas polo CEIDA en abril do 2007.

ORDENACIÓN DO LITORAL | guia de recursos

BIBLIOGRAFÍA DE INTERESE

3

El espacio litoral: métodos y argumentos para el desarrollo y la protecciónAutores: Luciano G. Alfaya e Patricia Muñiz Núñez (coords.).Edita: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.Ano: 2008.Resumo: Libro que recolle as ponencias presentadas no I Congreso Internacional de Territorio e Urbanismo (CITUR), celebrado en Santiago de Compostela no 2006, e que analiza

as posibles estratexias de planificación no litoral galego.

Page 6: A ordenación do litoral: Guía de Recursos

Elementos para una ordenación integral de los usos del medio litoral de GaliciaAutor: Ernesto Penas.Edita: Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.Ano: 2000.Resumo: A zona litoral é unha das áreas á que debemos prestar unha maior atención, xa que se trata dunha franxa de gran biodiversidade e fráxil ecoloxía, que sostén unha importante reserva de recursos. Este manual fai unha descrición moi detallada sobre os usos e actividades que se

desenvolven nestas áreas, xunto coas bases para a elaboración do planeamento integral dos usos do medio litoral de Galicia.

ORDENACIÓN DO LITORAL | guia de recursos

4

Espacio litoral y sostenibilidad: una visión multidisciplinar desde las ciencias ambientales.Autor: Alberto Matarán Ruíz (coord.).Edita: Universidad de Cádiz, Servicio de Publicaciones.Ano: 2010.Resumo: Libro que recolle as actas do II Congreso Andaluz de Desenvolvemento Sostible celebrado en Cádiz en abril de 2007. Nel se inclúen temáticas como a planificación do litoral español, a xestión integrada das zonas costeiras, ou modelos territoriais no ámbito da xestión ambiental das zonas costeiras, entre outros.

Page 7: A ordenación do litoral: Guía de Recursos

Estudios sobre la ordenación, planificación y gestión del litoral: hacia un modelo integrado y sostenible.Autor: Observatorio del Litoral de la Universidade da Coruña.Edita: Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto de Estudos Económicos de Galicia.Ano: 2009.Resumo: Trinta e catro especialistas de varios países europeos analizan algúns dos aspectos jurídicos e técnicos máis relevantes relacionados coa ordenación, planificación e

xestión das zonas costeiras.

ORDENACIÓN DO LITORAL | guia de recursos

5

Gestión de zonas costeras: políticas integradas.Autores: Varios autores.Edita: Mundi-Prensa, Organización de Cooperación y Desarrollo Económicos.Ano: 1995.Resumo: A zona costeira, rica en biodiversidade biolóxica e recursos naturais, ten un peso económico e medioambiental moi importante para a sociedade. Hoxe en día, as presións controladas exercidas sobre estas áreas e os seus recuros van en contra do seu desenvolvemento duradeiro. Este informe destaca a necesidade de integrar os factores económicos e ambientais para conseguir unha xestión sana

dos espazos litorais, proporcionando orientacións para aqueles que adopten decisións a efectos de reforzar as disposicións institucionais, ampliar os instrumentos de acción e reforzar a cooperación internacional neste ámbito.

Page 8: A ordenación do litoral: Guía de Recursos

Notas sobre el territorio.Autores: José Manuel Santa Cruz Chao.Edita: Dykinson.Ano: 2013.Resumo: O obxectivo deste libro no é ser un tratado sobre a cidade, o territorio, etc., senón dar os primeiros pasos nunha disciplina que pouco a pouco vai tomando corpo e grado de coñecemento no estado español. Con el podrá descubrir con exemplos ilustrativos a maioría dos conceptos que permiten iniciarse na práctica do territorio e comprender a multidisciplinariedade do urbanismo.

ORDENACIÓN DO LITORAL | guia de recursos

6

Ordenación de los espacios litorales en Galicia.Autores: Varios autores.Edita: Netbiblo.Ano: 2005.Resumo: O territorio galego presenta cambios xeográficos que lle proporcionan un especial encanto. O mar e a montaña ofecen paisaxes distintos, formas de vida e niveles económicos e de desenvolvemento desiguais. Este libro realiza unha análise dos espazos litorais, as súas potencialidades e as súas necesidades, froito das Xornadas sobre o Desenvolvemento dos Espazos Litorais organizado

polo Instituto Universitario de Estudios Marítimos da Universidade da Coruña.

Page 9: A ordenación do litoral: Guía de Recursos

ORDENACIÓN DO LITORAL | guia de recursos

7

Ordenación del territorio y urbanismo: conflictos y oportunidades.Autor: José Manuel Jurado Almonte (coord.).Edita: Universidad Internacional de Andalucía.Ano: 2011.Resumo: Libro que aborda a temática da ordenación do territorio e o urbanismo xogando cas escalas territoriais, desde a europea ata a onubense, abordando temas transversais como a economía, o medio ambiente e as

infraestruturas con multitude de criterios e visións, desde académicos universitarios ata representantes de administración públicas e empresarios.

Ordenación del territorio: fundamentos y práctica de una disciplina en construcción.Autores: Varios autores.Edita: Universidad de Valladolid.Ano: 2012.Resumo: Número especial da revista Ciudades que recolle a disciplina da ordenación do territorio, con experiencias de análise territorial e integración da paisaxe, a planificación territorial, ou notas e referencias sobre urbanismo, entre outros traballos.

Page 10: A ordenación do litoral: Guía de Recursos

Urbanismo e ordenación do territorio.Autor: Antonio Jesús Alonso Timón.Edita: El Consultor de los Ayuntamientos (La Ley).Ano: 2012.Resumo: O urbanismo e a ordenación do territorio son disciplinas comúns na vocación pola regulación de todas as actividades humanas que se desenvolven nun determinado ámbito. A transcendencia económica de ambas materias é un feito evidente, o que fai importante a regulación que delas se faga a nivel territorial, para ser desenvolvida e aceptada a nivel interno nacional ou rexional.

ORDENACIÓN DO LITORAL | guia de recursos

8

CENTRO DE DOCUMENTACIÓN AMBIENTAL DOMINGO QUIROGATodos estos libros se atopan en préstamo no Centro de Documentación Ambiental do CEIDA, que posúe un importante fondo especializado en temática ambiental. Mediante este servizo, poden levarse a domicilio un máximo de cinco documentos por un prazo de 15 días, e si non é posible achegarse ao centro, tamén existe o servizo de préstamo postal. Máis información: [email protected] - 981 630 618.

¿Estás interesado noutras temáticas relacionadas? Consulta o catálogo bibliográfico en: http://documentacion.ceida.org

Page 11: A ordenación do litoral: Guía de Recursos

ORDENACIÓN DO LITORAL | guia de recursos

9

Estratexia da Paisaxe Galega.Autor: Xunta de Galicia.Edita: Xunta de Galicia.Ano: 2011.Resumo: A Xunta de Galicia está a desenvolver as medidas

Bases doctrinales y jurídicas para un modelo de gestión integrada y sostenible del litoral de Galicia.Autor: Francisco Javier Sanz Larruga.Edita: Consellería de Medio Ambiente, Centro de Desenvolvemento Sostible.Ano: 2003.Resumo: Manual que recolle os principios e obxectivos da xestión integrada de zonas costeiras e iniciativas deseñadas por organizacións internacionais que aplican dito modelo;

sintentiza o marco xurídico do dereito español que se proxecta sobre o litoral; e aporta fundamentos para un futuro proceso de xestión integrada do litoral en Galicia, partindo das súas particularidades e características.Dispoñible en: http://siam.cmati.xunta.es/publicacions?p_p_id=publicacions_WAR_publicacions&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_publicacions_WAR_publicacions__spage=%2Fportlet_action%2Fpublicacions%2Fdetalle&_publicacions_WAR_publicacions_idn=232

NA REDE

Page 12: A ordenación do litoral: Guía de Recursos

ORDENACIÓN DO LITORAL | guia de recursos

10

Gestión integrada de las zonas costeras en España.Autor: Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente (MAGRAMA)Edita: MAGRAMA.Ano: 2002.Resumo: Informe de España en cumprimiento dos requerimentos da Recomendación do Parlamento Europeo e do Consello de 30 de Maio de 2002 sobre a aplicación da xestión integrada das zonas costeiras en Europa.Dispoñible en: http://www.magrama.gob.es/es/costas/

publicaciones/informe_gizc_spain_enviado_tcm7-30301.pdf

integradas na Estratexia da Paisaxe de Galicia, co fin de protexer e preservar os elementos mais significativos das diferentes paisaxes da nosa Comunidade Autónoma. A Estratexia sinala as liñas mestras para o desenvolvemento dos instrumentos propios previstos na Lei da Paisaxe (7/2008, de 7 de xullo).Dispoñible en: http://www.cmati.xunta.es/c/document_library/get_file?folderId=125772&name=DLFE-13815.pdf

Gestión integrada de las zonas costeras.Autor: Juan Luis Doménech (coaut.).Edita: AENOR.Ano: 2009.Resumo: Este libro presenta as bases para a actuación harmonizada, coordinada e interdependente das entidades que traballan nos sectores marítimo e pesqueiro, co obxectivo estratéxico de alcanzar unha xestión sostible e a protección dos mares e costas.

Page 13: A ordenación do litoral: Guía de Recursos

ORDENACIÓN DO LITORAL | guia de recursos

11

Guía de buenas prácticas del litoral gaditano.Edita: Diputación de Cádiz, Servicio de Publicaciones.Ano: 2002.Resumo: A costa de Cádiz de 264 km. constitúe un dos patrimonios máis importantes da provincia, tanto desde o punto de vista ambiental como socioeconómico. Este traballo xurde polo deterioro que sufriu, durante os últimos anos, os recursos do litoral gaditano, como un intento explícito de revertir dita tendencia. O obxectivo é a búsqueda de boas prácticas na xestión dos recursos costeiros e mariños.Dispoñible en: http://grupos.uca.es/HUM117/grupogial/paginas/publicaciones/buenaspracticascadiz

Dispoñible en: http://www.aenor.es/aenor/descargadocumento.asp?nomfich=/Documentos/Comercial/Archivos/PUB_DOC_Tabla_AEN_6132_2.pdf&cd_publicacion=6132&cd_publicacion_doc=2

Guía de estudios e impacto integración paisaxística.Autor: Manuel Borobio Sanchiz (dir. e coord.).Edita: Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.Ano: 2012.

Resumo: O Estudo de Impacto e Integración Paisaxística é un dos instrumentos para a protección, xestión e ordenación da paisaxe. Así, en todos os proxectos que deban

Page 14: A ordenación do litoral: Guía de Recursos

ORDENACIÓN DO LITORAL | guia de recursos

12

Guía de criterios de sustentabilidade e integración paisaxística dos establecementos de acuicultura litoral.Autores: Manuel Borobio Sanchiz, Juan Carlos Maneiro (dir. e coord.).Edita: Consellería do Medio Rural e do Mar e Consellería de

Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.Ano: 2012.Resumo: Esta guía parte do recoñecemento do litoral como unha unidade ambiental, social, paisaxística e produtiva. Un entendemento do litoral como un ben patrimonial en si mesmo, xa que arredor do mar, as rías e a actividade pesqueira se foron conformando asentamentos e estruturas económicas e sociais que moldearon a costa de Galicia. Esta guía consiste en colaborar a establecer un marco metodolóxico de criterios de sustentabilidade e integración paisaxística para os profesionais que interveñen no proceso de implantación dos establecementos de acuicultura litoral..Dispoñible en: http://www.cmati.xunta.es/c/document_library/get_file?folderId=35111&name=DLFE-15666.pdf

someterse ao procedemento de Declaración de Impacto Ambiental, segundo se establece na legislación sectorial vixente, as entidades promotoras deberán incorporar no estudo de impacto ambiental un estudo de impacto e integración paisaxística (EIIP). Este libro concíbese como un documento específico no que se avaliarán os efectos e impactos que o proxecto pida provocar na paisaxe e, sobre todo, as medidas de integración paisaxística propostas.Dispoñible en: http://www.cmati.xunta.es/c/document_library/get_file?folderId=125772&name=DLFE-15229.pdf

Page 15: A ordenación do litoral: Guía de Recursos

ORDENACIÓN DO LITORAL | guia de recursos

13

Hacia una estrategia europea para la gestión integrada de las zonas costeras: principios generales y opciones políticas.Autores: Comisión Europea.Edita: Oficina de Publicaciones Oficiales de las Comunidades Europeas.Ano: 1999.Resumo: Documento que ten por obxectivo reunir e difundir as principais leccións relacionadas coas políticas europeas que se desprenden das experiencias do programa de desmostración da Comisión Europea sobre xestión integrada

das zonas costeiras. Pretende ademáis suscitar un debate e un consenso en torno a unha estratexia europea para a xestión integrada destas zonas.Dispoñible en: http://ec.europa.eu/environment/iczm/pdf/vol1_es.pdf

Hacia una gestión sostenible del litoral.Autores: Generalitat de Catalunya, Consorci El Far, Centro Mediterráneo EUCC.Ano: 2005.Resumo: Desde a aprobación da Recomendación Europea sobre a Xestión Integrada das Zonas Costeiras no 2002, a administración estatal e autonómica con competencias no litoral foron desenvolvendo un proceso de converxencia para consolidara posición española respecto á citada Recomendación. Este documento recolle aqueles elementos clave de consenso que definen a estrategia para implantar un modelo de xestión do

litoral baseado nos principios, obxectivos e instrumentos que fixou a Unión Europea.Dispoñible en: http://www.sgea.org/documentos/000039_litoral_mma.pdf

Page 16: A ordenación do litoral: Guía de Recursos

ORDENACIÓN DO LITORAL | guia de recursos

14

Las Comunidades Autónomas y la Gestión Integrada de las Áreas Litorales de España: materiales para un debate sobre gobernanza.Autores: Javier García Sanabria, Javier García Onetti, Juan Manuel Barragán Muñoz.Edita: Red Española de Gestión Integral de Áreas Litorales (REGIAL).Ano: 2011.Resumo: Documento que ofrece un excelente estado da cuestión do litoral español a partir da ánalise de determinados apartados centrais: política e estratexias, normativa,

competencias, institucións, educación e sostenibilidade e participación.Dispoñible en: http://grupos.uca.es/HUM117/grupogial/paginas/publicaciones/las-comunidades-autonomas-y-la-gestion-integrada-de-las-area.pdf

Manejo costero integrado y sustentabilidad en Iberoamérica: un análisis propositivo de políticas públicas en las dos caras atlánticas: España, Portugal, Colombia y Panamá.Autores: Editorial Académica Española.Ano: 2012.Resumo: Traballo que pretende contribuir a facer máis evidente as causas que están detrás do deterioro ecolóxico, da desigualdade social e da pobreza crecente que está a constatar no litoral de catro estados, a analizar cómo se xestiona ese espazo xeográfico, e a proponer algúns

elementos de revisión e axuste das políticas públicas orientadas ao manexo costeiro

Page 17: A ordenación do litoral: Guía de Recursos

ORDENACIÓN DO LITORAL | guia de recursos

15

integrado e, polo tanto, á sustentabilidade.Dispoñible en: http://grupos.uca.es/HUM117/grupogial/paginas/publicaciones/libropedrodosmildoce

Plan Director da Rede Natura 2000 en Galicia.Autores: Varios autores.Editorial: Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Conservación da Natureza.Ano: 2011.Resumo: Instrumento de planificación e xestión que se adapta á figura do “Plan de Ordenación dos Recursos Naturais”, prevista na Lei 9/2001 de Conservación da Natureza, e na Lei 42/2007, complementando os obxectivos nas propias normativas autonómica e estatal, cos obxectivos e directrices da Rede Natura 2000.Dispoñible en: http://www.medioruralemar.xunta.es/

fileadmin/arquivos/conservacion_natureza/plan_director_rn2000/0_Plan_Director_Rede_Natura_2000.pdf

Proposta de amplicación da Rede Natura 2000 de Galicia.Autor: Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER).Editorial: Xunta de Galicia.Ano: 2012.Resumo: A creación e consolidación da Rede Natura 2000 é unha das políticas ambientais de maior éxito e calado na Unión Europea. Mediante esta Directiva estableceuse a rede coordinada de áreas protexidas máis grande do mundo,

Page 18: A ordenación do litoral: Guía de Recursos

ORDENACIÓN DO LITORAL | guia de recursos

16

que constitúe un elemento fundamental á hora de garantir o mantemento da biodiversidade. A lista de lugares de importancia comunitaria (LIC) en Galicia foi considerada como insuficiente por parte da Comisión Europea, polo que no ano 2011 completouse a aplicación no territorio galego coa aprobación dunha nova proposta de LIC. Este documento recolle unha exhaustiva descrición da amplicación da Rede Natura en Galicia.Dispoñible en: http://www.medioruralemar.xunta.es/fileadmin/arquivos/conservacion_natureza/plan_director_rn2000/0_Plan_Director_Rede_Natura_2000.pdf

Propuestas de Estrategia Andaluza de Gestión Integrada de Zonas Costeras.Autores: Juan Manuel Barragán Muñoz, Adolfo Chica Ruiz, Maria Luisa Pérez Cayeiro.Editorial: Consejería de Medio Ambiente, Junta de Andalucía.Ano: 2008.Resumo: En 2007 a Junta de Andalucía desenvolveu un ambicioso proceso para elaborar a proposta de Estratexia de Xestión Integrada de Zonas Costeiras (GIZC). No seu proceso de elaboración participaron todos os actores que interveñen na franxa litoral andaluza, co obxectivo de dispoñer

dun instrumento eficaz e consensuado que contribúa a conseguir un modelo máis integrado e eficiente da xestión deste territorio, que combine a conservación dos seus valores ambientais e o progreso social e económico dos seus habitantes.Dispoñible en: http://www.juntadeandalucia.es/medioambiente/portal_web/web/servicios/centro_de_documentacion_y_biblioteca/fondo_editorial_digital/documentos_tecnicos/estrategia_andaluza_gestion_zonas_costa/ea_gestion_integrada_zonas_costeras.pdf

Page 19: A ordenación do litoral: Guía de Recursos

ORDENACIÓN DO LITORAL | guia de recursos

17

Protocolo relativo a la gestión integrada de las zonas costeras del Mediterráneo.Editorial: PNUMA.Ano: 2008.Resumo: O Protocolo relativo á Xestión Integrada das Zonas Costeiras do Mediterraneo (XIZC) firmouse en Madrid no ano 2008, na Conferencia dos Plenipotenciarios sobre a XIZC, tras varios anos de consultas, negociacións e axustes desenvolvidas polas Partes Contratantes. É o 7º protocolo no marco da Convención de Barcelona e representa un hito crucial na historia do Plan de Acción do Mediterráneo.

Dispoñible en: http://www.camplevantedealmeria.com/sites/default/files/normativa/4_PRO_2008_GIZC_espa%C3%B1ol.pdf

The european environment: state and outlook 2010: marine and coastal environment.Autores: European Environment Agency.Editorial: Publications Office of the European Union.Ano: 2010.Resumo: As actividades humanas e o cambio climático provocan impactos importantes nos ecosistemas costeiros e mariños de Europa. Recoñecendo a necesidade dunha xestión integrada destes ecosistemas, a Política Marítima Integrada da Unión Europea persegue o desenvolvemento de actividades relacionadas co mar dunha maneira sostible. Este

pilar básico é recollido na Directiva Marco sobre a Estratexia Mariña, que ten o obxectivo de ofrecer un bo estado ecolóxico do medio mariño para o ano 2020, e a Política Pesqueira Común que se reformou no 2012.Dispoñible en: http://www.eea.europa.eu/soer/europe/marine-and-coastal-environment at_download/file

Page 20: A ordenación do litoral: Guía de Recursos

ORDENACIÓN DO LITORAL | guia de recursos

18

Instituto de Estudos do Territorio. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Xunta de Galicia.Páxina web: http://www.cmati.xunta.es/organizacion/c/Instituto_Estudos_Territorio

INSTITUCIÓNS DESTACADAS

Observatorio do Litoral. Universidade da Coruña.Páxina web: http://www.observatoriodellitoral.es/

Campus do Mar. Universidade de Vigo.Páxina web: http://campusdomar.es

Instituto Universitario de Estudios Marítimos. Universidade da Coruña.Páxina web: http://www.udc.es/iuem/

Page 21: A ordenación do litoral: Guía de Recursos

ORDENACIÓN DO LITORAL | guia de recursos

19

Fundación Lonxanet para la Pesca Sustentable.Páxina web: http://www.fundacionlonxanet.org/

Centro Tecnológico del Mar (CETMAR).Páxina web: http://www.cetmar.org/

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR).Páxina web: http://www.intecmar.org/

Centro Oceanográfico de Vigo. Instituto Español de Oceanografía.Páxina web: http://www.vi.ieo.es/

Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar. MAGRAMA.Páxina web: http://www.magrama.gob.es/es/ministerio/funciones-estructura/organizacion-organismos/

Page 22: A ordenación do litoral: Guía de Recursos

ORDENACIÓN DO LITORAL | guia de recursos

20

Grupo de Investigación en Gestión Integrada de Áreas Litorales. Universidad de Cádiz.Páxina web: http://www.gestioncostera.es/

Red Española de Gestión de Áreas Litorales (REGIAL).Páxina web: http://www.regial.es/

Observatorio del Litoral de Alicante.Páxina web: http://www.ecologialitoral.com/content/observatorio-del-litoral-de-alicante

Instituto de Investigación para la Gestión Integrada de zonas Costeras. Universitat Politècnica de València.Páxina web: http://www.upv.es/entidades/IGIC/

Proyecto CAMP Levante.Páxina web: http://www.camplevantedealmeria.com/

Page 23: A ordenación do litoral: Guía de Recursos

ORDENACIÓN DO LITORAL | guia de recursos

21

The Coastal Management Center. PAP- UNEP.Páxina web: http://www.pap-thecoastcentre.org

Coastal Resources Center. University of Rhode Island.Páxina web: http://www.crc.uri.edu/

CENTRO DE DOCUMENTACIÓN AMBIENTAL DOMINGO QUIROGA

Castelo de Santa Cruz, s/n15179 - LIáns, Oleiros

A Coruñ[email protected] - 981 630 618.