a nosa voza nosa voz diocese 4 a formación permanente é unha necesidade para todos aqueles que...

8

Upload: others

Post on 09-Nov-2020

8 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A Nosa VozA NOSA VOZ DIOCESE 4 A formación permanente é unha necesidade para todos aqueles que queiran manterse ó día sobre a teoloxía e o acontecer da Igrexa nun mundo de …

Revista informativa da Diocese de Lugo MAIO -XUÑO 2006 Nº 62 III ÉPOCA

A N o s a V o z

Na Misa Crismal maniféstase a fraternidade, a unión e afectividade

do Bispo cos sacerdotes e cosdiocesanos. Expresa o espírito da

Pascua e impulsa “apostar polacaridade”, como compromiso social

dos crentes como seguidores deXesucristo.

Page 2: A Nosa VozA NOSA VOZ DIOCESE 4 A formación permanente é unha necesidade para todos aqueles que queiran manterse ó día sobre a teoloxía e o acontecer da Igrexa nun mundo de …

2 EDITORIAL A NOSA VOZ

A NOSA VOZ

Revista de información diocesanaDIRECTOR: María José Campo López- Barcia.CONSELLO DE REDACCION: Manuel Varela, JoséManuel Castro Alba, Miguel Gómez, Miguel Rico Gómez,Antón Negro.ASESOR LINGÜISTICO: Manuel Varela.EDITA: Secretariado de Medios de Comunicación Social eVicaría de Pastoral da Diocese de Lugo.ENDEREZO: Bispado de Lugo. Praza de Santa María s/n.27001. Lugo.Teléfono: 982 23 11 43Teléfono-Fax: 982 25 15 93E-mail: [email protected]

A NOSA VOZDEPOSITO LEGAL: LU 649 - 1996IMPRIME: La Voz de la Verdad. Pol. Ind. O Ceao.

ABRIL:Día 20: Escola de catequistas en Baralla ás 20 h. Día 21: Escola de catequistas en Lalín ás 20,30 h. Día 22: Escola de catequistas en Lugo (A Milagrosa)ás 12 h e en Palas de Rei ás 19,30 h. Día 27: Grupo universitario de oración e reflexiónvocacional Día 28: Retiro - convivencia para tódolos socios eperegrinos da Hospitalidade de Lourdes MAIO:Día 2: Cursiño prematrimonial ata o día 16 na parro-quia de San Pedro (Lugo) Día 6: Cadea de Oración polas Vocacións.Cursiño prematrimonial na parroquia A Nova deLugo Día 7: Día do Clero Nativo. Xornada Mundial deOración polas Vocacións Día 8: Cursiño prematrimonial en Chantada e Lalínata o día 12 Día 10: Festa de San Xoán de Ávila Día 11: Misa para tódolos socios e peregrinos daHospitalidade de Lourdes. Misa Vocacional Día 13: Cursiño prematrimonial na parroquia de ANova de Lugo Día 19: Xornada de formación en Pastoral da Saúde Día 20: Asemblea de catequistas no Colexio MM.Josefinas de Lugo. Cursiño prematrimonial na parro-quia A Nova de Lugo Día 22: Cursiño prematrimonial en Sarria (N. S. doRosario) ata o día 26 Día 25: Grupo universitario de oración e reflexiónvocacional Día 27: Cursiño prematrimonial na parroquia A Novade Lugo. Xornada cultural do profesorado deRelixión XUÑO:Día 2: Conferencia organizada pola Delegación deAoostolado Segrar Día 3: Vixilia organizada pola Delegación deApostolado Segrar Día 4: Eucaristía e convivencia organizadas polaDelegación de Aoostola-do Segrar Día 5: Cursiño prematrimonial en Lalín e Monforteata o día 9 Día 6: Cursiño prematrimonial ata o día 15 na parro-quia de A Milagrosa de LugoDía 8: Misa Vocacional, parroquia de San José dasGándaras, ás 5 da tarde.Día 11: Misa para tódolos socios e peregrinos da

AXENDA

Traballemospola xustiza.

Deus dos vivos!

Ós cristiáns a Pascua revélasenos como o tempo da

vida. Deus resucitou. Venceu a morte e sinálanos o

camiño da vida. Revélase como Deus dos vivos; dos que

loitan e resisten porque confían no Pai, non dudan do

seu amor.

Con esta mensaxe que nos deixa non podemos sen-

tirnos máis que alegres, Deus defende os pequenos e

indefensos, libera ós que sofren, seca as bágoas dos

que choran.

Nós non podemos deixar de intentar ser transmisores

desta mensaxe. Ós medios de comunicación cristiáns

encoméndasenos a tarefa de facer chegar a mensaxe

salvadora de Xesús. A mensaxe de paz e concordia, a

mensaxe da vida, a mensaxe do DEUS DOS VIVOS.

Rompamos xuntos os muros divisorios da hostilidade e

construamos a comuñón de amor según os designios

que o Creador nos deu a coñecer por medio do seu

Fillo!. (Bieito XVI, Mensaxe Xornada Comunicacións

sociais 2006)

Page 3: A Nosa VozA NOSA VOZ DIOCESE 4 A formación permanente é unha necesidade para todos aqueles que queiran manterse ó día sobre a teoloxía e o acontecer da Igrexa nun mundo de …

REFLEXIÓNS:a) Podemos dicir que na IgrexaCatólica non hai neste momentoproblema grave de falta devocacións nin de falta de curas. Si,hai problema de falta de vocaciónsen Europa e loxicamente enEspaña, onde a peor situación éen Euskadi con 9 seminaristas nas3 dioceses. Quizais tiña razón J.Mayor Oreja cando dixo que "aquen máis dano fixo ETA foi áIgrexa". Na Igrexa española odescenso de sacerdotes será fortenos próximos anos dada a idademedia actual do clero.b) Os que apostaron por cambiosna Igrexa por medio da diminucióndos curas parece que fracasaronpor completo. Pero os que apos-taron polo cambio na Igrexa pormedio da promoción dun laicadoadulto e corresponsable pareceque acertaron plenamente.c) A distancia entre o clero seculare o regular do ano 1975 ó 2001aumentou en 27.279 a favor dosseculares. No 2003 o número totalde sacerdotes aumentou en 392chegando a ser 405.450 (en 1990eran 403.173), pero os secularesaumentaron en 707 e os relixiososdiminuíron en 315 (co que a dis-tancia entre eles volve aumentaren 1.022). Parece que esta épocaé a do sacerdocio secular en unióncon equipos de laicos dedicados aevanxelizar dende a secularidade,dando a razón o que se referiaantes nas citas do CLIM e AA.

Reflexión específica merece otema das ORDES RELIXIOSAS:*No clero regular hai unha maiorporcentaxe de abandonos e secu-

* En Galicia segundo Xenaro P. L.(Encrucillada nº 114) os sacer-dotes seculares baixaron de 2.750en 1954 a 2.156 a 1994 cun des-censo do 21,60 %; os relixiososprofesos de 865 en 1954 a 256 en1994 cun descenso do 70,40 %. * Os xesuítas perderon o 44,9%dos seus membros dende oVaticano II; no 1965 eran 36.038 eagora son 19.850, presentes en127 países, dos cales 1.641 trabal-lan en España.* Se ollamos ás relixiosas vemosque había 809.351 relixiosas pro-fesas en 1999 e 776.269 no 2003,baixando nese ano en 6.663 per-soas (33.082 en 4 anos).* O século XX viu desaparecermoitas ordes relixiosas e o XXIcontinuará esa tendencia, se ben écerto que aparecerán algunhasnovas e con características distin-tas de cara a esta nova épocahistórica.

Agora quixera traer aquí unhalonga cita do que lles dixo o teólo-go J.B. Metz en 1977 a ¡¡superi-ores de ordes relixiosas enWurzburgo!!, que merece a pena

ser pensada de vagar:

OPINIÓN 3A NOSA VOZ

Resaltada importancia dos laicos no maxisterio, vemos como os datos estatísticos tamén vanpor aí, incluso no que a clero se refire:

Un cristián ten que mirar a historia con ollada de Fe porque nela maniféstase Deus. E o Vaticano II invítanos a saberdiscernir os Signos dos Tempos e a seguir o alento do Espírito. Quero comezar cunhas citas do Concilio e dos bispos españois:

A.A. 25: "Teñan presente os bispos, os párrocos e demais sacerdotes dun e outro clero que o dereito e a obriga de exercer oapostolado é común a tódolos fieis, sexan cregos ou segrares, e que estes teñen tamén o seu cometido na edificación da

Igrexa". C.L.I.M. (Cristiáns Laicos, Igrexa no Mundo 1991) Nº 24. "Os laicos son consagrados coma templos do Espírito e partici-pan da mesma misión de Xesucristo (...) Por iso, a "enteira Igrexa", e cada unha das nosas Igrexas particulares non está plena-

mente constituída se, xunto ós bispos, sacerdotes e relixiosos, non existe un laicado adulto e corresponsable". Nº 148: "A nova evanxelización farase, sobre todo polos laicos, ou non se fará".

A propósito dasestatísticas eclesiais

Os curas seculares ordenados de 1969 a 2001 son 171.528 e os regu-lares de 1968 a 2001 son 81.586. No 2001 non se recupera o númerode ordenacións do clero regular de 1970 que foron 3.075, perosupérase amplamente no secular (foron 4.622). Os diáconos perma-nentes no 2003 aumentaron en 1.427 para ser 31.524.Outros datos moi relevantes son os do número de:

- Catequistas, pasamos de 2.449.659 no 1999 a 2.847.673 no 2003cun aumento de 398.014 nos catro anos, (80.222 no 2003 con respectoó 2002). - Misioneiros laicos, de 80.662 no 1999 a 172.331 no 2003 cunaumento de 91.669 (no último ano 28.586). A porcentaxe de católicos na poboación mundial vén sendo a mesma

que en 1970, algo máis do 17%. En números totais medran os católicosen tódolos continentes menos en Europa, onde as taxas de natalidadelevan a que descenda a poboación. Os bautizados católicos aumen-taron nun 0,3% en 2003.

"Experimentei repetidas veces a impresión de que as ordes reli-xiosasconcretas, ou determinadas comunidades rexionais dentro das ordes,intentan imitar, ó seu propio nivel e cada unha para si, aquela invenci-bilidade e perennidade que só se lle prometeu á Igrexa na súa totali-dade. (...) Non deberían as institucións creadas na Igrexa polo Espíritopartir máis ben da idea de que non teñen para sempre esta asistencia?Non deberían incluír nos seus cálculos, precisamente porque a súaorixe vén do Espírito, que poden desaparecer e morrer?...Nas nosas ordes debería darse algo parecido a un ars moriendi, pero

non como expresión de resig-nación, senón como signo vivinte daquelmesmo Espírito que, a través dos 'desprendementos' dos consellosevanxélicos e, por así dicilo, como condición da súa posibilidade, nosensinan a capacidade de renuncia. Trátase da 'arte' de poder cesar emorrer, non só a nivel individual, senón en certo modo colectivo, comofundación...Analizando de cerca estas ideas, obteñense certas conclusións. Así,

por exemplo, a difícil cuestión de se unha comunidade ou corpora-ciónpode, en calquer circunstancia, manter vinculados a ela homes emulleres mozos, sen reflexionar sobre a posibilidade de que tal vez, conesa conducta, se esté 'impedindo' a acción do Espírito. Para dicilo entermos máis concretos, a cuestión de se a unha comunidade, nunhasituación determinada lle interesa, ou debe interesarlle, aceptar e man-ter incondicionalmente suxeita así a unha persoa que, nun primeiropaso, chamou á súa porta, ou se máis ben, libre de toda envexa, nondebería orientar á dita persoa cara outros movementos ou comu-nidades, onde podería actuar como 'motor de arranque' de novas ini-ciativas relixiosas (antes de que ela mesma tome a decisión de desa-parecer, e entón para sempre)."

Page 4: A Nosa VozA NOSA VOZ DIOCESE 4 A formación permanente é unha necesidade para todos aqueles que queiran manterse ó día sobre a teoloxía e o acontecer da Igrexa nun mundo de …

DIOCESE 4A NOSA VOZ

A formación permanente éunha necesidade para todosaqueles que queiran manterseó día sobre a teoloxía e oacontecer da Igrexa nunmundo de hoxe. A Delegacióndo Clero da nosa Diocese pre-ocúpase cada ano de buscaraccións axeitadas para que sereflexione e estudio sobrediversos temas fundamentáispara a nosa fe.O obxectivo xeral desta dele-

gación para o presente anopastoral é “apostar pola cari-dade”. Todo o compromisosocial que poida te-lo sacerdo-

te como home, como crente ecomo consagrado a Deus,estará marcado pola caridadepastoral que nace da ordena-ción e que se fará realidade,en especial, para cos irmánssacerdotes.Todas estas accións de forma-ción permanente complemén-tanse co cultivo da espirituali-dade. Por iso a Delegaciónorganiza asimesmo retiros etandas de execicios espirituáispara sacedoteos. A vindeiratanda de execercicios terálugar entre o días 16 e 22 dexullo na Casa Diocesana.

Formaciónpermanente

Un Encontro Mundial da Familia (EMF) éunha gran convocatoria que realiza o Papacada tres anos para celebrar o don divinoque é a familia. Nesta ocasión ten lugar enValencia.Para asistir ó Encontro Mundial da Familiahai que estar encadrado en calqueraCOLECTIVO: movemento, parroquia, dio-cese, etc. (un particularmente non poderáasistir). E cómpre INSCRIBIRSE, pois ainscrición outorga, entre outras cousas, aindispensable CREDENCIAL. Para iso,cada colectivo ten un PROMOTOR que équen inscribe. A data límite de inscrición é

Os membros dunha parroquia ou move-mento poden inscribirse no colectivo,parroquia ou movemento e acudir á marxeda Diocese ou ben inscribirse no colectivoDiocese e asistir ó EMF todos integradosna Diocese de Lugo, o que implicaría quetódolos que pertencemos á nosa Dioceseteriamos unha ubicación común e nonestariamos dispersos. Isto afecta exclusi-vamente ó modo de situarnos nos aconte-cementos e non afecta ó modo de despra-zarnos ou de permanecer en Valenciadurante eses días. Intentarase que ascinco dioceses de Galicia esteamos situa-

Inscricións para o EncontroMundial da Familia

Raúl BerzosaMartínez

Monseñor Cecilio Raúl Berzosa Martínez naceuen Aranda de Duero (Burgos) o 22 de novembrode 1957. Realizou os estudos eclesiásticos noSeminario Menor de Burgos (1968-1974) e nasede de Burgos da Facultade Teolóxica do Nortede España (1974-1982), onde obtivo oDoctorado en Teoloxía Dogmática (1984). Foiordenado sacerdote o 8 de novembro de 1982, en Valencia, pola SúaSantidade Xoán Paulo II. De 1984 a 1987 realizou os cursos deLicenciatura en Dereito Canónico na Pontificia Universidade de SantoTomé de Aquino en Roma e os cursos diplomáticos na PontificiaAcademia Eclesiástica. Durante este período estudou AntropoloxíaTeolóxica na Pontificia Facultade Teolóxica "Teresianum" e seguiu uncurso de periodismo no Instituto Profesional "Lazio", en Roma.É autor de numerosas publicacións entre libros e artigos sobre temas de

Teoloxía, Espiritualidade, Pastoral e relación Fe-Cultura, entre eles: Serlaico en la Iglesia y en el mundo (1998), Para comprender y vivir la Iglesiadiocesana (1998), Evangelizar en una nueva cultura (1994), Para com-prender la creación en clave cristiana (2001), Por una lectura creyente deAtapuerca (2004) e 10 desafíos al cristianismo desde la nueva culturaemergente (2004). Colabora con varias revistas de investigación, divul-gación e cultura relixiosa.Desempeñou os seguintes cargos: 1982-1983: Vicario parroquial de

Medina de Pomar (Burgos). 1983-1984: Párroco de Pampliega,Villazopeque, Palazuelos de Muñó, Barriode Muñó e Belbimbre (Burgos).1987-1993: Delegado Diocesano de Medios de Comunicación. Directorda revista diocesana Sembrar e Director dos programas diocesanos deCOPE; Director do Instituto de Teoloxía para Laicos e do Instituto deTeoloxía a Distancia. 1997-1998 Párroco de Arcos de la Llana e anexose de Sotresgudo. 1994-2005: Secretario dos Bispos das dioceses deCastela-León. 1993-2004: Pro-Vicario Xeral e Vicario de Pastoral daarquidiocese de Burgos.No momento da súa designación como Bispo Auxiliar de Oviedo era

Profesor de Teoloxía Dogmática na Facultade Teolóxica do Norte deEspaña (sedes de Burgos e de Vitoria) desde 1987 e Director do InstitutoSuperior de Ciencias Relixiosas "San Xerónimo" de Burgos.Recibiu a ordenación episcopal na Catedral Metropolitana de Oviedo o

14 de maio de 2005, sendo o ordenante principal o Arcebispo de Oviedomons. Carlos Osoro Sierra.

A Delegación de Pastoral Familiarencargase de organizar a viaxe a

Valencia, 1 -9 de xullo de 2006A nosa Diocese, a través da Delegación de Pastoral Familiar, organiza a par-

ticipación no Encontro Mundial da Familia os días 7, 8 e 9 de xullo. Para infor-mación e reservas, chamar ó teléfono 606866904 e para a formalización daperegrinación, acudir á rúa da Cruz, 1-B baixo os venres de 16,30 a 18,00horas, excepto o 14 de abril.Como preparación para o EMF se elaboráronse unhas catequeses que se

poden obter na páxina web do Bispado (www.diocesisdelugo.org na secciónNOTICIAS) ou solicitándoas á Delegación de Familia (teléfono 606866904).

O 25 de abril terá lugar unha nova Xornada deFormación Permanente. Nesta ocasión oencargado de impartila será Monseñor RaúlBerzosa, Bispo Auxiliar da Diocese de Oviedo.Tratará sobre “As claves pastorais da Gaudiumet spes. A Súa actualidade”. Será na CasaDiocesana de Exercicios a partir das dez emedia da mañá.

“As claves pastorais da Gaudium et spes. ASúa actualidade”.

Page 5: A Nosa VozA NOSA VOZ DIOCESE 4 A formación permanente é unha necesidade para todos aqueles que queiran manterse ó día sobre a teoloxía e o acontecer da Igrexa nun mundo de …

Na mensaxe con motivo desta Xornada, oPapa recoñece o papel dos medio na pro-pagación de todo o que é bo e verdadeiro,sempre que se teñan en conta os seguin-tes elementos: - Valor e decisión radicais para non debi-

litarse baixo o peso de tanta informaciónnin para conformarse con verdades par-ciais ou provisionais. Buscando como atransmisión do que é o sentido e o funda-mento último da existencia humana, per-soal e social.- Funcionar non só guiados polo lucro,

senón polo sentido de responsabilidadecara ó ben común.- Precisión ó informar dos eventos, expli-

cación completa dos feitos de interesepúblico e a presentación xusta de diversospuntos de vista. - Presentación de modelos edificantes devida e amor humanos. - Formación no uso responsable e críticodos medios axudando ás persoas a usa-los de xeito intelixente e apropiado. - Participación nos medios en canto que

son un ben destinado a toda persoa.Como servizo público, a comunicaciónsocial require dun espírito de cooperacióne corresponsabilidade con escrupulosa

atención no uso dos recursos públicos eno desempeño dos cargos públicos (cf.Ética nas Comunicacións Sociais, 20),incluíndo o recurso a marcos normativos ea outras medidas ou estructuras deseña-das para lograr este obxectivo.- Aproveitar e exerce-las grandes oportu-

nidades que brindan os medios para apromoción do diálogo, o intercambio decoñecementos, a expresión de solidarie-dade e os vínculos de paz. Así os mediosquedan transformados en recursos incisi-vos e apreciados para a construcción dacivilización do amor que toda persoadesexa.

DIOCESE 5A NOSA VOZ

Hai que trascender unha visión puramente instrumental da educación, con vistas aunha realización da persoa que, toda ela, aprenda a ser. O principio fundamental seráo seguinte: a educación debe contribuír ó desenvolvemento global de cada persoa:corpo e mente, intelixencia, sensibilidade, sentido estético, responsabilidade individual,espiritualidade.O mundo, frecuentemente sen sentilo ou expresalo, ten sede de ideais e valores

morais. Que nobre tarefa ten a educación de suscitar en cada persoa, segundo as súastradicións e as súas conviccións e con pleno respecto do pluralismo, esta elevación dopensamento e o espírito ata o universal e a unha certa superación de si mesmo! Asupervivencia da humanidade depende diso.Pais. Terán capacidade para facer vale-los seus dereitos -xa recoñecidos por diferen-

tes constitucións nacionais, así como pola constitución europea- a unha ensinanzaescolar que se corresponda coas propias conviccións relixiosas, culturais e pedagóxi-cas.Estado. É obriga do Estado garanti-las condicións para que calquera cidadán, recoñé-zase pertencente ou non a unha tradición relixiosa, poida recibir da escola un servizocultural pertinente para afrontar con suficiente competencia crítica o problema relixioso.

Dereito á educación, incluída a formación relixiosa.

Artigo 27. da Constitución Española: "Os poderes públicos garantirán o dereito queasiste ós pais para que os seus fillos reciban a formación relixiosa e moral que está deacordo coas súas propias conviccións".

Artigo 26 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos: "A educación terá porobxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do res-pecto ós dereitos humanos e ás liberdades fundamentais; favorecerá a comprensión, atolerancia e a amizade entre tódalas nacións e tódolos grupos étnicos ou relixiosos…"

Desexos para o futuro educativo de Europa

28 de maio 2006: XL Xornada Mundialdas Comunicacións Sociais O encontro cunha persoa non é o resul-

tado dun acto do coñecemento ou da per-cepción sensible, senón que ten a súarazón de ser e o seu fundamento nunhaexperiencia máis profunda. O exemplomáis concreto para comprender o que isorepresenta é o das persoas xordas, poisnon oen, "pero sempre están escoitan-do". Con elas sempre se dá un "encontropersoal" porque oír non é "escoitar".Todos, mediante o oído, podemos dicir

que oímos, pero non todos escoitamos,xa que isto implica aceptar ó outro incon-dicionalmente, na súa liberdade, na súaautonomía, na súa orixinalidade irrepeti-ble. Polo que encontrarse con outra per-soa es non intentar, nin por un intre, usa-la, posuíla, manipulala, da maneira quesexa.Podemos dicir que este "encontro perso-al" se realiza sempre mediante o amor eamar é deixar ó outro ser el mesmo, aforza de respecto, aceptación e ata silen-cio. Porque cada un é o que é e non oque nós quixeramos que fose. Por isoaprender a calar e escoitar son as condi-cións básicas de todo amor verdadeiro. Eó mesmo tempo amar a outra persoa éexistir en función da outra persoa, é dicir,consiste en permitir ó outro que inflúa enmin. Porque soamente daquela podedicirse que eu entro verdadeiramente noproxecto da outra persoa e realizo, xuntocon ela, un mesmo proxecto persoal.Polo que esta profunda experiencia que

chamamos "encontro persoal" é o únicoque pode facernos felices na vida, e se omesmo Deus é quen de enchernos ple-namente, débese a que se nos dá comoPersoa e non como obxecto.

Comisión de Apostolado Seglar

O movemento de maiores e xubilados“Vida Ascendente”, organiza desde o29 de abril ata o 10 de maio unhaexposición e venda de artigos e produc-tos de artesanía coa finalidade derecadar fondos que irán integramentedestinados a Cáritas, ao Comedor “SanFroilán” e ás misións. A exposición evenda dos artigos será nos locais da

Vida AscendenteExposición “Artenova”

Os medios: rede de comunicación, comuñón e cooperación O encontropersoal

Page 6: A Nosa VozA NOSA VOZ DIOCESE 4 A formación permanente é unha necesidade para todos aqueles que queiran manterse ó día sobre a teoloxía e o acontecer da Igrexa nun mundo de …

Os xudeus tiñan xa a "festa dassemanas" (Dt. 6,9-10), festa inicial-mente agrícola e logo conmemorati-va da Alianza no Sinaí, ós cincuentadías da Pascua. Os cristiáns taménprepararon sete semanas, paraalonga-la ledicia da Resurrección ,para celebrar ó final dos cincuentadías a festa de Pentecoste: o don do

Espírito Santo. Xa no século II,Tertuliano, fala de que durante estetempo non se fai xaxún, senón quese vive con grande ledicia.A liturxia insiste moito no carácter

unitario destas sete semanas. Aslecturas da Palabra de Deus dos oitodomingos deste tempo na Misaestán organizadas con esa inten-

ción. A primeira lectura é sempre dosFeitos dos Apóstolos, a historia daprimitiva Igrexa, que no medio dedebilidades e persecucións, viviu edifundiu a Pascua do Señor. Asegunda cambia segundo os tresciclos (primeira carta de San Pedro,primeira carta de San Xoán e o librodo Apocalipse).

LITURXIA 6A NOSA VOZ

Domingo de Ramos (9 de abril):Is 50, 4-7; Flp 2, 6-11; Mc 14,1-15, 47

Xoves Santo (13 de abril):Éx 12, 1-8.11-14; I Co 11, 23-26;Xn 13, 1-15

Venres Santo (14 de abril):Is 52,13-53,12; Hb 4, 14-16; 5, 7-9;Xn 18, 1-19, 42

Sábado Santo - Vixilia Pascual(15 de abril):Xén 1,1 - 2,2; Xén 22, 1-18;Ex 14,15 - 15,1; Is 54, 5-14; Is 55, 1-11;Ba 3,9-15.32-4,4; Ez 36, 16-28;

Rm 6, 3-11; Mc 16,1-7 Domingo de Pascua de Resurrección(16 de abril):Feit 10,34.37-43; Col 3, 1-4; Xn 20,1-9

II Domingo de Pascua (23 de abril):Feit 4,32-35; 1Xn 5,1-6; Xn 20, 19-31

III Domingo de Pascua (30 de abril):Feit 9, 31-42; Xn 6, 60-69

IV Domingo de Pascua (7 de maio):Feit 4,8-12; 1Xn 3,1-2; Xn 10, 11-18

V Domingo de Pascua (14 de maio):Feit 9,26-31; 1Xn 3,18-24; Xn 15,1-8

VI Domingo de Pascua (21 de maio):Feit 10,25-27.34-35.44-48; 1Xn 4,7-10; Xn 15,9-17

Ascensión do Señor:Feit 1, 1-11; Ef 4,1-13; Mc 16,15-20

Domingo de Pentecoste (4 de xuño):Feit 2, 1-11; Ga 5,16-25;

Que é a Pascua?

CITAS BÍBLICAS PARA O TEMPO DEPASCUA 2006

É o símbolo máis destacado do tempo pas-cual. Encéndese na Vixilia Pascual e sim-boliza a Cristo-Luz, por iso é situado nunlugar decente, adornado, e preside asnosas celebracións durante o tempo pas-cual.Dende os primeiros séculos da Igrexa, o

Cirio Pascual é un dos símbolos máisexpresivos da Vixilia Pascual. No medio daescuridade (a celebración da vixilia debefacerse de noite e comezar coas luces apa-gadas), dunha fogueira previamentepreparada, e coa presencia da comunidadeó redor dela (que a xente non se quededentro da Igrexa, agardando o Cirio),encéndese o Cirio, que ten unha inscriciónen forma de Cruz, a data do ano en curso eas letras alfa e omega do alfabeto grego,que indican que Xesús é o principio e o findo tempo e da eternidade. Logo, en proce-sión acompañamos ó Cirio-Luz-Cristo atadentro do Templo, aclamando co canto "Luzde Cristo. Demos grazas a Deus". Logoimos prendendo as candeas dos presentes,do Cirio Pascual (¡¡por favor, non prendelascos mecheiros!!, prendelas a partir do Cirio-Luz-Cristo e ir pasando esa Luz uns ós ou-tros) e tamén prendemos as luces do tem-plo. Colocámo-lo Cirio no soporte que o vaisoster durante a Pascua e proclamámo-loPregón Pascual.

que se gasta na honra de Deus, esparex-endo a súa Luz.O Cirio Pascual estará aceso en tódalas

celebracións durante os cincuenta días daPascua, ó lado do ambón da Palabra, ata odomingo de Pentecoste. Logo colocaraseno Baptisterio (se o houbese), e usarasenos bautizos e as exequias, é dicir, ó come-zo e ó remate da vida temporal, para sim-bolizar que Cristo ilumina ó cristián coa súaLuz.A simboloxía do Cirio-Luz-Cristo é impre-

sionante, pero estamos a perdela, xa que,por exemplo, non ten sentido, na cele-bración do Bautismo, dicirlles ós pais epadriños "recibide a Luz de Cristo", cando acandea que se lles entrega foi prendida comecheiro do sacristán ou na candea do

O Cirio Pascual

É o tempo litúrxico máis forte do ano. Inaugúrase o Sábado Santona Vixilia Pascual e dura sete semanas ata Pentecoste (cincuentadías). León I chámalle a máxima festa (festum festorum), e di que oNadal celébrase como preparación para a Pascua. É o centro damaior parte do ano litúrxico: Como festa móbil que é (o domingo dePascua é o primeiro domingo despois do primeiro plenilunio deprimavera), marca a data da festa da Ascensión, Pentecoste,Corpus Christi e tódalas demais festas móbiles. É a Pascua (paso)de Cristo, do Señor, que pasou da morte á vida. É a Pascua taménda Igrexa, o seu Corpo, que é introducida na Vida Nova do seuSeñor por medio do Espírito que Cristo lle deu o día do primeiroPentecoste.

Page 7: A Nosa VozA NOSA VOZ DIOCESE 4 A formación permanente é unha necesidade para todos aqueles que queiran manterse ó día sobre a teoloxía e o acontecer da Igrexa nun mundo de …

ACTUALIDADE 7A NOSA VOZ

A Delegación de Catequeseinvita, un ano máis, a participarna vindeira Asemblea deCatequistas. Será o vindeirodía 20 de marzo na colexiodas MM. Josefinas.

Os actos do día comezarán ás10:30 coa acollida. Ás 13.00 h.celebrarase a Eucaristía e polatarde haberá diversos actoslúdicos.O tema de reflexión deste ano

xira en torno ó papel da familiano proceso catequético, en liñacoa temática do presentecurso: “Familia, coida da fe”. Oámbito familiar é importantepara que a fe poida nacer emedrar.

Esta asemblea de catequistasé un lugar de encontro parareforzar a vocación á que Deusnos chamou: ser transmisoresda Boa Nova.

20 de maioAsemblea de Catequistas

O vindeiro 10 de maio celébrase a festividade deSan Xoán de Ávila, patrono do clero secular. Oprograma de actos previsto para ese día é oseguinte:

11:30 Conferencia sobre a “Importancia da pratería nas parroquias”, a cargo da Dra. Manuela Sáez González. Terá lugoar no salón de actos do Seminario Diocesano,

13:00 Celebración da Eucaristía.14:00 Comida de irmandade.

Como novidade para este año, durante esta xor-nada poderase contemplar unha exposición de

Os días 2, 3 e 4 de xuñocelébrase as IV Xornadas deApostolado Segrar. O día 2comezarán os actos ás 19 h.no Salón de Caixa Galicia, napraza de Santa María, cunhaconferencia titulada “Onde estáo compromiso dos cristiáns dehoxe?”, a cargo de D. XoséManuel Domínguez, membrodo Instituto Mounier.O sábado, día 3 celebrarase aVixilia de Pentecoste na parro-quia de San Francisco Xavier.Será a partir das 22 h. E o domingo, día 4, a Casa

Diocesana acollerá os actos doDía do Apostolado Seglar. As10:30, despois da acollida,organizaranse traballos de

grupo para debater o expostona conferencia do día 2.Ás 13 h. o Bispo de Lugo pre-

sidirá a Eucaristía na parroquiado Bo Pastor.

O 21 de maio celébrase aXornada do Enfermo. Este anocéntrase na atención espiritualó enfermo. O servizo ós enfer-mos e ás súas familias compor-ta sempre unha relación deaxuda, un acompañamentoespiritual, que dá a clave darelación, que asume o humanona súa dimensión máis fonda,que completa outros adxec-tivos (sicolóxico, relixioso...).Facilmente identificámo-ladimensión espiritual coadimensión relixiosa. A dimen-sión espiritual é o máis especi-ficamente humano; dela nonpodemos renegar mentres quesi podemos optar por ser ounon crentes. Coa enfermidadexorden preguntas sobre o sen-tido da vida, o sufrimento e amorte... As dimensións espiri-tual e relixiosa, intimamenterelacionadas non son necesa-riamente coincidentes entre si.Son diferentes, pero semprecomplementarias. Cando osvalores, as opcións fundamen-tais, as preguntas polo sentido,cristalizan nunha relación conDeus, dentro do grupo ó que sepertence como crentes e ensintonía cos modos concretosde expresa-la fe e as relacións,entón falamos da dimensiónrelixiosa.A enfermidade que afecta á

persoa na súa totalidade, sus-cita a experiencia da propia li-

mitación e moldea a vida, mo-dfica o seu mundo relacional eo converte nun ser necesitado,biolóxica, sicolóxica, social eespiritualmente. Dendo o planoespiritual, o fin do acompaña-mento é detecta-las necesi-dades e intentar favorecer coapersoa a súa satisfacción.Entre as necesidades de tipoespiritual están: a necesidadede ser recoñecido como per-soa; a necesidade de relerse aun mesmo; a busca do sentido;liberarse da culpabilidade; odesexo de reconciliación...Axudando ó enfermo dende opunto de vista espiritual non sóse promove unha relación sácun mesmo e cos demais,senón que o crente mantén asíunha relación sá con Deus.

O que facilita o acompaña-mento é a presencia acolledo-ra, a escoita sá, o diálogo, aempatía. Entre os servizos quepode ofrecer a comunidadecristiá, un fundamental é saberacompañar, saber estar nafraxilidade, xerando comuñón einfundindo fortaleza.

21 de maioPascua doEnfermo:“...e camiñou

con eles”

D. Jesús Capón García.Naceu o 9 de febreiro de 1937

na Pobra de San Xulián.Ordenouse o 19 de decembro1959. Desde ese mesmo ano foiecónomo de S. Xoán deVilaicente, a partir de 1963ecónomo de S. Miguel de Piñeirae encargado de Santiago deNespereira. En 1966 foiecónomo de Santa María deAlceme. En 1968 ecónomo deSta. Marina de Vilaesteva eencargado de Santiago deCedrón e de S. Xurxo de Vale.

4 de xuño

Día do Apostolado Segrar

10 de maioFesta de San Xoán

de ÁvilaIn Memoriam

Cregos que levan 50 anode servizo pastoral:

1. Ramiro Ares Devesa, párroco de Sober2. Manuel Blanco Cortizo, cóengo da S.I.C.B.3. Jesús Mª Cabo Gómez, párroco de San Froilán.4. Segundo Capón Linares, párroco de Temes.5. Ubaldo Casanova Sánchez, cóengo da S.I.C.B.6. Daniel Castro Trebolle, párroco de Chantada.7. José Fernández Fernández, cóengo da S.I.C.B.8. Luis Fernández Núñez, párroco de Pontearcediago.9. José Galego García, párroco de Vila de Cruces.9. Pío García Souto, párroco de Vilachá.10. José González González, xubilado.11. José Goy López, párroco de Calde.12. Manuel Matanza García, párroco de Anllo.13. Cleto Porto Garea, párroco de Capela .14. Eladio Vega Landriz, cóengo da S.I.C.B.

Page 8: A Nosa VozA NOSA VOZ DIOCESE 4 A formación permanente é unha necesidade para todos aqueles que queiran manterse ó día sobre a teoloxía e o acontecer da Igrexa nun mundo de …

A NOSA VOZ12 DIOCESE

A NOSA VOZ * PARROQUIAS* MOVEMENTOS* ASOCIACIONS* AXENDA DIOCESANA* LITURXIA* E todo o que desexa saber

sobre a Igrexa en Lugo.

SUBSCRICIONS:– ORDINARIA: 10 euros/ano– BENEFACTOR: 15 euros/anoIngresos: Banco de Galicia. Nº conta0600631224Información: Nas parroquias, na Vicaríade Pastoral ou no Secretariado deMedios de Comunicación Social.

Camiño de Santiago(3ª parte)

Para demostrar que un é peregrino epoder acceder ós albergues e usa-losseus servizos é necesaria a credencial.Esta pode solicitarse nos principaislugares do Camiño, ben directamente áchegada ó punto de saída ou con ante-rioridade, escribindo e facilitando osdatos persoais. Preséntase á chegadaós refuxios para poñerlle o selo dosmesmos, co fin de certificar que sepasou por esa localidade, andando, acabalo ou en bicicleta.Os albergues renováronse durante os

últimos anos. Atrás quedou o sinxelo ehumilde refuxio parroquial, veciñal oumunicipal atendido gratis por persoasda localidade que prestaban ó peregri-no axuda e alento sen outra con-traprestación que o recoñecemento dasúa boa acción. Cada dez ou quincequilómetros é posible atopalos nalgúnedificio singular, nunha vella casonarestaurada, no que foi un primitivo hos-pital, adosados a un mosteiro, nun con-vento, nunha antiga hospedería ou nunedificio de recente construcción...., dis-poñendo de cociñas, comedores,camas, liteiras, servizos, duchas,lavadeiros, lavadoras, tendedeiros,microondas, teléfono, máquinasexpendedoras, etc.Estes albergues son atendidos por per-soas contratadas polos concellos, pormembros de asociacións de amigos doCamiño, polas propias parroquias ou osseus propietarios particulares, segundoos casos. O elevado número de pere-grinos que cada ano se dispoñen a per-corre-lo Camiño, deu lugar á abundan-cia destes establecementos e, polotanto á competencia.

Francisco Javier González Martínez

Novidades editoriais

La Catedral de Lugo. Guía histórico-artística

O xove investigador Pablo S. Otero PyñeiroMaseda consegue facer en menos de 40páxinas unha boa síntese dos aspectoshistóricos e sobre todo artísticos do templo.O autor vai dando conta de tódolos estilosartísticos que se desenvolven desde aIdade Media ata o século XIX e que tan bencoordenados están na nosa catedral. Trasesas 40 páxinas hai outras adicadas a unglosario, unha ampla bibliografía e fotos.

Guía práctica de almas espiritualesEste libro é o resultado das pláticas que o

presbítero Manuel López Paradela deunos últimos oito anos ás Irmás da Cruz deLugo, durante os retiros espirituais.En cada capítulo atopamos cunha expli-

cación moi clara do tema correspondente,algunhas citas e oracións oportunas e uncuestionario para que cada un faga unexame sobre a cuestión tratada.

Aínda que a orixe da obra está nasleccións espirituais destinadas a unhacomunidade de relixiosas, o público enxeral pode sacar bo proveito deste libro.

Via Crucis, de San Josemaría EscriváDespois de ser traducido a 20 idiomas,

aparece a versión en galego do ViaCrucis, de San Josemaría Escrivá. Parao traductor, Luciano Armas, un dos méri-tos da obra é incluír aspectos vitais con-cretos. Aparecen reflexións que partende experiencias persoais de san Jose-maría. Experiencias postas a modo deconfidencia, que poden axudar a moitos.O autor invita a deixar de terlle medo áCruz porque cado se pon a vontade enacepta-la vontadede Deus, un é feliz.