a loita

7
A loita A loita A loita A loita Vanessa Mc’Intoch 4º ESO, Curso 2008-09

Upload: patricia-aa

Post on 22-Mar-2016

221 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Conto premiado no Concurso de Relatos CPI O Cruce,curso 2008-09

TRANSCRIPT

Page 1: A loita

A loita A loita A loita A loita

Vanessa Mc’Intoch

4º ESO, Curso 2008-09

Page 2: A loita

Aquel día do Carme amenceu soleado. Os rapaces estabamos a xogar

diante da casa dos meus pais. Ó outro lado da estreita estrada que atravesaba a

aldea atopábase a casa da señora Aurora. Se mirabamos ó redor víanse algúns

veciños nas portas das súas casas, outros estaban nas fiestras, expectantes. É o

que pasa nas aldeas pequenas coma a miña, o que lle acontece a un, dalgunha

maneira aféctanos a todos.

Estabamos todos os veciños esperando velos chegar, había tempo que

os esperabamos. A señora Aurora estaba moi emocionada, levaba meses

agardando aquel momento.

Daquela, a señora Aurora andaba polos sesenta anos e o seu rostro

reflectía unha vida dura traballando no campo, e moitos momentos de bágoas,

sempre supeditada ao seu marido, un home machista e cheo de prexuízos,

acostumado a que as cousas se fixeran como el mandaba. Ninguén xamais oíu á

señora Aurora contradicir ao seu home aínda que non estivera de acordo,

simplemente calaba porque así a educaran. Por iso nunca puidera facer nada para

axudarlle á súa filla durante os catorce anteriores anos.

............................

A señora Aurora tiña unha filla, Carme, nacida dun parto complicado.

Despois daquela, a señora Aurora non puido ter mais fillos. Cando miña nai fala

de Carme recórdaa coma unha rapaza moi guapa con esa longa melena loura e

eses negros ollos tan expresivos, pero o que máis destaca dela é a seguridade en si

mesma e o seu espírito aventureiro

O señor Ramiro sentía adoración pola súa única filla, desde pequena

levábaa con el a todas partes, pasaba cada minuto que tiña libre con ela,

consentíalle todos os caprichos.Carme foi a primeira rapaza da aldea en ir á

universidade, e cando se diplomou en maxisterio empeñouse en viaxar a Francia

para perfeccionar o idioma.

-Pero filla, é necesario que te vaias tan lonxe? Non o podes estudar

aquí?-preguntáballe súa nai.

-Mamá é só un ano, e vivindo alí serame máis fácil e rápido aprendelo,

verdade papá?

Page 3: A loita

-Claro filla, ademais un ano pasa voando- dicía con tristeza o señor

Ramiro e aceptou porque todo era pouco para a súa neniña.

Ninguén pensou que estando en Francia o amor fora a petar á súa

porta, pero iso exactamente foi o que pasou:

-Mamá -contoulle nunha das súas chamadas telefónicas -hai uns

meses coñecín un francés é moi bo e ... estou namorada del.

-Filla, non sei que dicir, alégrome por ti, e está disposto a vir vivir

aquí?-os pais de Carme daban por feito que a súa filla quedaría sempre a vivir con

eles.

-Si, claro, xa o falamos e el di que me seguirá a onde eu queira; que

lindo!-dicía mentres se lle escapaba unha risiña

-Pois si que tes sorte- bromeou a señora Aurora- se ti o queres teu pai

máis eu recibirémolo cos brazos abertos

Aquela conversación telefónica estaba sendo perfecta ata que Carme

seguiu falando e dixo:

-Cando o coñezas... Xa verás, vaiche encantar, é tal alto, tan

musculoso, tan guapo para ser negro, tan simpático….

-Para ser negro? Dixeches negro? -Interrompeuna a súa nai

-Si, é negro pero telo que ver, mamá, é guapísimo, e quéroo tanto...

-Filla, pensa, queres traer un home negro á aldea?

-Mamá, é un bo home, iso é o importante, non cres?

-Supoño que si filla – dubidou. Non sei... é que non sei que dicirche,

agora mesmo… Non sei… Veña, un bico... Xa seguimos falando outro día...Un

bico. Quérote -titubeou a señora Aurora e pasoulle o teléfono ao señor Ramiro. A

súa reacción foi radical:

-Nin se che ocorra traer un negro á miña casa!-dixo con ton

ameazador.

-Papá, e que non entendes que estou namorada? É o home que eu

quero- protestou Carme.

-Non sabes o que dis, volve para a casa e déixate de parvadas. Xa

aprendiches moito francés.- e colgou o telefono. Carme pensou que xa falaría con

el máis adiante cando lle pasara o enfado, porque algún día tíñalle que pasar; só

necesitaba tempo ou iso pensaba ela. Seguían mantendo contacto por teléfono

Page 4: A loita

pero o señor Ramiro e Carme limitábanse a dicirse canto se botaban de menos

pero nunca falaban de Wilson. Súa nai intentaba axudala pero o señor Ramiro

non quería saber nada daquel home negro. Nada.

Así que Carme tivo que elixir entre os seus pais e o home que quería e

decidiu, con moita pena no seu corazón, quedar con Wilson.

Pasados dous anos Carme apareceu na aldea. Veu dar o que ela cría

unha noticia que lle abrandaría o corazón ó seu pai. Pero cando o señor Ramiro

soubo que estaba embarazada dun home negro montou en cólera, empregou os

peores insultos que se lle poden dicir a unha filla e concluíu dicindo que o que

tiña na barriga non era o seu neto e que si algo quería ao seu pai se desfixera

“daquilo”. A pesar de que aquelas palabras lle doeron na alma, quedou alí dous

días máis, sen tocar o tema, coa vaga esperanza de que lle pasara o enfado ó seu

pai. Pero non foi así e cando marchou para Francia só se deron dous fríos bicos e

o señor Ramiro non puido mirala ós ollos. Foi súa nai quen a acompañou ao taxi e

díxolle:

-Carme, filla, sabes que teu pai te quere máis que á súa vida pero a el

non lle gusta a xente “diferente”… É mellor que non o teñas…

-Mamá, este neno é fillo do home que amo non podo facer iso -replicou

Carme e engadiu:

-E gústelle ou non, tamén é neto del porque é sangue do seu sangue,

aínda que el non o queira entender. Ademais eu quero a este rapaz porque é fillo

do home ao que amo.

Carme regresou a Francia onde naceu o seu fillo Martín, guapísimo dun

color algo máis claro que Wilson, un neno san e forte. Súa nai deulle a noraboa e

á súa maneira alegrouse, pero o señor Ramiro non quixo saber nada, e cando

falaban por teléfono e Carme intentaba sacar o tema el facía oídos xordos e dicía:

-Filla eu a ti quérote moito, sábelo, verdade?

Pero ela, loitadora como era, non se daba por vencida así que seis anos

despois regresou á aldea, esta vez levou con ela a Martín. Cando os viu baixar do

taxi, a señora Aurora saíu correndo da casa :

-Filla, ¡que alegría me dás! -e doulle un pequeno abrazo, soltouna e

preguntou:

-E este neno tan guapo é meu neto? Ai, que guapo !- E abrazouno e

bicouno aínda con máis ganas.

Page 5: A loita

-E papá onde está?- preguntou mirando ó redor

-Carme, papá non quere....

-Non quere verme?- apresurouse a preguntar.

- A ti si cariño - díxolle pasándolle unha man pola meixela- xa sabes

como é, quérete moito pero….-abrazouse ao seu neto e deulle máis bicos.

-Daquela estasme dicindo que meu fillo non é benvido na vosa casa?

-Filla...-Aurora non puido dicir nada máis.

Ela presentía que aquilo podía pasar, así que, como xa planeara coa

miña nai, quedouse na nosa casa aquela semana. Daquela eu tiña cinco anos, un

menos que Martín e recordo que me sorprendeu moito aquel neno tan escuro,

tanto, que coa inocencia daqueles anos lle preguntei que lle pasaba na pel.

-“No mi passa nada ¿poj qué?”-preguntoume no seu galego-francés.

O señor Ramiro non se dignou a vir pola nosa casa aínda que o vimos

observarnos pola fiestra en varias ocasións cando saïamos ó xardín, iso alegrou a

Carme, que quixo crer que significaba que entrara en razón, entón, decidiu

acercarse con Martín á casa dos pais. Petou na porta e seguidamente abriuna e

entrou cun sorriso, atopouse de fronte co seu pai, que nada máis ver o neno, virou

encarnado, apertou os dentes e dixo levantando a voz:

–Xa che dixen que eu non teño netos negros, carallo, saca esa cousa da

miña casa.

Carme quedouse uns segundos quieta, sen respiración e cando puido

reaccionar mirou ao seu fillo, que miraba para o seu avó asustado cos ollos

abertos coma pratos, agarrouno da man e sacouno daquela casa sen dicir unha

palabra cos ollos bañados en bágoas. Aquelas palabras diante do seu fillo

doéronlle tanto a Carme que de seguido fixo as maletas e volveu para Francia co

corazón roto.

Seguiu en contacto coa súa nai, e aínda que ás veces preguntaba polo

seu pai, non quixo volver a falar con el, non podía perdoarlle aquel desprezo. Foi

nunha destas chamadas telefónicas como un ano despois Aurora se decatou de

que tivera unha netiña.

Page 6: A loita

O señor Ramiro morreu sete anos despois dun ataque o corazón

mentres xogaba a partida no bar, moitos din que llo provocou a pena de perder a

súa “ nena” como acostumaba a chamala , porque facía anos que xa non era aquel

señor alegre e dicharacheiro.

Carme veu darlle o último adeus a seu pai, todos a vimos desfeita de

dor o día do enterro, e que a pesar do mal que lle causara ela queríao moito.

Quedou coa súa nai unha semana na que se dedicaron a falar da morriña que

Carme tiña da súa terra, falaron do que acontecera os últimos catorce anos,

chorando de rabia e dor, e falaron de canto se querían Carme máis seu pai, pero

podía máis o desprezo que o señor Ramiro sentía pola xente que el consideraba

inferior, que o amor pola súa filla.

-Carme, por que non vides a vivir aquí?-preguntou, nun arranque de

valor a señora Aurora.

-Xa me gustaría mamá, pero é moi complicado...

-Complicado? Por que filla? Se é polo traballo non te preocupes seguro

que aparece algo.

-Claro que me preocupa o traballo, pero tamén me preocupa que

discriminen ao meu home e aos meus fillos pola súa cor, fíxoo meu pai, por qué

non o ía facer o resto da xente?

-Haberá algunha xente que o faga, pero non todo o mundo é coma teu

pai. Fíxate, aquí na aldea nin un só dos veciños entendía o seu

comportamento.Aquí seredes benvidos.

E así estabamos aquel día do Carme esperando porque así llo

prometera á señora Aurora“volverei para quedarme o día do meu santo,

prométocho...” O Citroen CX con matrícula estranxeira entrou na aldea a iso das

doce do mediodía, parou diante da casa da señora Aurora que votou a andar cara

a súa filla que baixaba do coche e deulle un longo abrazo, despois dirixiuse a

Martín,que xa tiña trece anos e xa era máis alto ca ela, e abrazouno e bicouno e

de seguido acercouse a coñecer a Sheila, unha mulatiña de abundantes rizos

claros

-Ai, os meus netos... Os meus netiños- non paraba de repetir

emocionada a señora Aurora.

Page 7: A loita

Por último acercouse a Wilson, aquel home alto, forte e negro coma a

noite, que nese momento baixaba do coche, todos lle oímos dicir a señora Aurora:

-Perdoa fillo, perdoa polo dano que vos causamos.

Achegoulle a man á cara e el abaixouse para poder bicala e abrazala.

Pasados uns segundos, nos que ata nós os nenos nos emocionamos, acercámonos

todos os veciños, os que estabamos esperando ás portas das casas e os que

estaban mirando polas fiestras, para saudalos e darlles a benvida a nosa pequena

aldea.

Aínda que na escola houbo algún indesexable que se metía ca súa cor

de pel a maioría dos rapaces aceptáronos sen problemas. Wilson non tardou en

dicir “cajallo” coma dicimos os galegos, non tibo ningún problema para integrarse,

aínda que si é certo que cando ía pola rúa a xente quedábase mirándoo.

...................

Preguntarédesvos por que sei tantos detalles desta historia que

comezou hai uns corenta anos co nacemento de Martín e direivos que os souben

polo que me contaron a miña nai, a señora Aurora e a miña sogra... Sogra? Ah!

Claro, é que falta dicirvos que Martín e eu casámonos fai xa quince anos e estou

encantada de que os meus tres fillos se parezan a el. Por sorte cada vez é máis

frecuente ver xente de distintas razas e culturas entre nós, por iso os meus fillos

nunca se sentiron diferentes.