a lingua de adán xavier seoane -...

9
A lingua de Adán Xavier Seoane Formas de citación recomendadas 1 | Por referencia a esta publicación electrónica* Seoane, Xavier (2011 [2003]). “a lingua de adán”. Grial: 157, 80-87. reedición en poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. <http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/1353>. 2 | Por referencia á publicación orixinal Seoane, Xavier (2003). “a lingua de adán”. Grial: 157, 80-87. © O copyright dos documentos publicados en poesiagalega.org pertence aos seus autores e/ou editores orixinais. * Edición dispoñíbel desde o 7 de novembro de 2011 a partir dalgunha das tres vías seguintes: 1) arquivo facilitado polo autor/a ou editor/a, 2) documento existente en repositorios insti- tucionais de acceso público, 3) copia dixitalizada polo equipo de poesiagalega.org coas au- torizacións pertinentes cando así o demanda a lexislación sobre dereitos de autor. En relación coa primeira alternativa, podería haber diferenzas, xurdidas xa durante o proceso de edición orixinal, entre este texto en pdf e o realmente publicado no seu día. O GAAP e o equipo do proxecto agradecen a colaboración de autores e editores.

Upload: others

Post on 24-Aug-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A lingua de Adán Xavier Seoane - PoesiaGalegapoesiagalega.org/uploads/media/seoane_2003_poesia.pdf · 2011. 11. 7. · O scar Wilde dicía que en arte non existen verdades absolutas,

A lingua de Adán

Xavier Seoane

Formas de citación recomendadas

1 | Por referencia a esta publicación electrónica*Seoane, Xavier (2011 [2003]). “a lingua de adán”. Grial: 157, 80-87.

reedición en poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas

na cultura. <http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/1353>.

2 | Por referencia á publicación orixinal

Seoane, Xavier (2003). “a lingua de adán”. Grial: 157, 80-87.

© O copyright dos documentos publicados en poesiagalega.org pertence aos seus autores e/ou

editores orixinais.

* Edición dispoñíbel desde o 7 de novembro de 2011 a partir dalgunha das tres vías seguintes:

1) arquivo facilitado polo autor/a ou editor/a, 2) documento existente en repositorios insti-

tucionais de acceso público, 3) copia dixitalizada polo equipo de poesiagalega.org coas au-

torizacións pertinentes cando así o demanda a lexislación sobre dereitos de autor. En relación

coa primeira alternativa, podería haber diferenzas, xurdidas xa durante o proceso de edición

orixinal, entre este texto en pdf e o realmente publicado no seu día. O GAAP e o equipo do

proxecto agradecen a colaboración de autores e editores.

Page 2: A lingua de Adán Xavier Seoane - PoesiaGalegapoesiagalega.org/uploads/media/seoane_2003_poesia.pdf · 2011. 11. 7. · O scar Wilde dicía que en arte non existen verdades absolutas,

!"

Oscar Wilde dicía que en arte non existenverdades absolutas, que “unha verdade enarte é aquilo o contrario do cal é igual-

mente verdade”. Por iso, un pouco á maneira deflashes, ou de reflexións ailladas, ou, incluso, nal-gún caso, de aforismos, aquí fican, mallarmeana-mente, unha serie de ideas, ou intuicións, oudúbidas e interrogantes, que poidan propiciar odiálogo e o encontro de experiencias. Na poesíahai moito de inexplicábel, e sobre todo unha ines-gotábel fecundidade fenoménica. Incluso, o propiopoeta, ao longo da súa traxectoria, pode chegar adefender ideas diversas sobre a poesía, ou practicardiferentes estéticas, ou valorar miradas poéticas decreadores que despreciou ou non lle interesaron tanvivamente noutra época. Na poesía non hai nadaestático. É unha realidade en fecundo movemento,unha chamada á que cada poeta, en cada momen-to, dá a resposta que lle demanda a súa necesida-de de dicir e de ser. Xa dicía René Char que a poe-sía vive de insomnio perpetuo.

Fronte á existencia dun home unidimensio-nal, cómpre reivindicar a evidencia dun homeplural: ludens, faber, sapiens... Científico e téc-nico, si, pero tamén filosófico e estético. Unhome, ademais, dalgunha maneira, poiético, quesente, pensa, crea e soña a un tempo. Sen algode demencia, como sostén Edgar Morin, carece-remos da cordura necesaria para vivir, sentir, ser

plenamente. A razón ha de estar acompañadapola emoción, a mente analítica polas verdadesdo corazón e da sensibilidade, o raciocioniopolo instinto... Así pois, fronte ao home tantasveces restrictivo e unidimensional do tempopresente, se cadra precisamos como nunca aaberta policromía e a resoante polifonía da pala-bra poética.

A soa Razón, en calquera das súas formas—discursiva, analítica, cognitiva, productiva,instrumental...— non é a única facultade queacadou o xurdimento da verticalidade do serhumano. Nin o seu único instrumento decoñecemento. Nin a súa única vía á felicidade.Nin o único instrumento para a aprenhensióndo real. A poesía é un dos ámbitos esenciais, demáis contundente e extrema porosidade, para aplena captación e a complexa vivencialidadedo mundo real.

Cántas veces, ao pensar na poesía, acode ámente a mallarmeana tirada de dados que nonabolirá o azar. Ou o dado redondo e incesante deJoan Brossa. Ou a lámpada sobre a que escribiua palabra “poema” con vocación iluminadora.Ou un poliedro irreal que a xeometría descoñe-ce e é como un verdadeiro aleph, unha imagomundi que abrangue misterio e claridade, reali-dade e soño.

A poesía é plenitude de conciencia, ontolóxi-ca inmanencia do real máis pleno. Descobre a

A lingua de AdánX A V I E R S E O A N E

Nos tempos sombríos¿tamén se cantará?Tamén se cantarános tempos sombríos.

BERTOLT BRECHT

Só a eterna insaciabilidadedos poetas pode saciar aliteratura.

S. J. LEC

Page 3: A lingua de Adán Xavier Seoane - PoesiaGalegapoesiagalega.org/uploads/media/seoane_2003_poesia.pdf · 2011. 11. 7. · O scar Wilde dicía que en arte non existen verdades absolutas,

!#

face, pero tamén o envés. Desvela o presentido,crea un aura de soño para o máis evidente. Reve-lación da luz que se apenumbra e da opacidadeque amañece.

A poesía é un enigma. Unha presencia dificil-mente asíbel e moito menos conceptualizábel. Poriso tanto lle pode acaír como símbolo a rosa azulde Novalis ou a espada desenvaiñada de Shelley, orouxiñol de Keats ou a rosa perfecta e inmarcesí-bel de Juan Ramón Jiménez ou de Borges, o ponamorado e a palabra incendiada de don Francis-co de Quevedo ou o comezo do terríbel en queencarnaba a deslumbrante e misteriosa beleza deRilke na primeira elexía do Duino.

Non sabemos o que é a poesía. Nunca osaberemos. Só a definiremos imperfectamente.A poesía é unha das formas privilexiadas nasque se amosa o gran misterio do mundo e davida. Todos os homes posúen o alento e avivencia do poético. A todos lles foi outorgadoese don sutil, a dádiva desa, quizais, inefábel,rara, cruel, pura inocencia. Algúns agóchanoneles. Mais outros intentan aprehendelo e,facéndoo propio, transmitilo, dándollelo aosoutros. Son os pintores, músicos, narradores,arquitectos, bailaríns, oleiros, escritores, poe-tas... Por diversas vías, tratan de apreixar esetalismán, esa auga misteriosa. Conségueno, ásveces, por teimosía e azar, por vehemencia elucidez, na procura e sorte ou don dun encon-tro sorprendente.

¿Poderían valer, os versos de Ángel Gonzálezdedicados a Claudio Rodríguez, como unhaposíbel definición do poeta?:

Ser o espía, o delator do mundonas súas formas máis libres e máis puras.

É dicir, o vixiante, o fareiro, o home da vixi-lia e da atalaia, da perscrutación namorada eincesante. O revelador, a través dunha maxia núae secretamente verbal.

A verdadeira viaxe do poeta: incursión noexterior para recrealo logo no interior. Xa quetoda gran poesía rezuma, entre outras virtuaisemanacións, coñecemento e sabedoría. Pois pou-cas viaxes existen tan fondas na percepción, com-prensión e expresión das cousas verdadeiramenterelevantes e transcendentes da vida.

Revelación e despertar. Iso é a poesía. Aíndaque latexe no poeta a lúcida —e esgazada—consciencia de que, como sostén Juan Gelman,“nomear a bolboreta non a fai voar”.

Mais, aínda así, todo gran poeta tenta esecerco ao infinito, ao imposíbel. E viaxa á pro-cura da verdadeira razón da poesía: nomear oesencial. Por cativo que sexa, area, gran, respi-ro, instante, nada. A balaustrada da brisa en

XAVIER SEOANE é autor dunha extensa obra, recollida recentemente

no volume Don do horizonte. Obra poética (1976-1998).

Gañador dos premios Cidade da Coruña, Esquío e, en 2002,

o Caixanova de Poesía por Dársenas do ocaso. Foi un dos membros

fundadores da emblemática revista Luzes de Galiza. O seu interese polas

artes plásticas callaría en obras de tipo ensaístico como Reto ou

rendición (1994). Atravesar o espello (1999) e O sol de Homero (2001)

son as súas últimas obras.

San Juan de la Cruz

LINGUA E PROXECTO LITERARIO

Page 4: A lingua de Adán Xavier Seoane - PoesiaGalegapoesiagalega.org/uploads/media/seoane_2003_poesia.pdf · 2011. 11. 7. · O scar Wilde dicía que en arte non existen verdades absolutas,

!$

Ungaretti ou a carretilla mollada en WilliamCarlos Williams. Pois non existe nada que sepoida tachar de inesencial para quen aspira arevelar na súa plena dimensión a esencia doreal.

O poeta, para ser verdadeiro espía e reveladordun certo mundo poético, por pequeno que sexa,ha de miralo de maneira singularizada e persoal.Por iso Tennyson recomendaba: “¡Vai ao teu ecrea ao teu gosto!”

A poesía, para Shelley, é a un tempo a raíz e aflor de todos os demais sistemas de coñecemen-to: todo abrolla dela, e ela todo o adorna e enfei-ta. A poesía, segundo el, levanta o veo que cobrea beleza oculta do mundo e faino aparecer comorecén creado aos nosos ollos. Fortalece o órganoda natureza moral. Desperta e amplía a mente.Potencia a imaxinación. Crea de novo o univer-so. Transmuta ao home.

A poesía, ademais dunha arte de vivir, é unfluído, unha enerxía. Combate a afasia que sobreo home proxectan a continxencia, o inefábel e odescoñecido. A súa sístole e diástole vai da biolo-xía á cosmogonía, da cotianidade ao mito. Con-tribúe a crear o hálito, o aura que coroan a vida.Crea epifanía física e psíquica.

A poesía é un acto de xenerosidade comundo e coa vida. Sen o alento do poéticofecundando a existencia, esta perde encanto,esencia, profundidade. Hai unha emanación, eimantación, subxacente ao sentimento poéticodo mundo e da vida. A plenitude do ser recre-ándose en si. Cando o individuo, ou a socieda-de, carecen da súa porosidade, o mundo é máisplano. Porque por moi humilde que sexa a poe-sía non hai ámbito da realidade que non poidatraspasar.

Tanto a dimensión social como individual dapoesía irían unidas —como sostén Mallarmé,nunha coñecida carta— ao deber do poeta de darunha “explicación órfica da terra”. Cada poema écomo un dobre do universo, na afirmación deOctavio Paz, como un acto de desciframentopara logo “cifralo de novo”.

A palabra poética traballa no ámbito datotalidade do verbal. A poesía é, incluso, sus-ceptíbel de ir para alén da palabra, da sintaxe,da gramática, chegando a desbordar a lóxicacomún á procura da “lóxica superior” que paraa poesía invocaba Novalis. A final, quizais todoé símbolo e analoxía, como dicía Goethe noFausto.

Na viaxe de aprehensión da totalidade ver-bal do mundo, nunca o poeta pode esquecer atranscendencia do seu instrumento: a palabra.Sostiña R. W. Emerson que “a linguaxe é poe-sía fosilizada”, querendo significar que a lin-

guaxe vai perdendo, no seu trafego cotián, a súaescintilante capacidade de descubrimento erevelación. Por iso, xa que “á corrupción dohome séguelle a corrupción da linguaxe”,segundo o sabio americano, a poesía ha defacerse nova como a escuma e vella como arocha para acadar o novo milagro de reimantar,reinventando, a substancia verbal. Reimanta-ción que ha de loitar sempre cos límites da lin-guaxe, coas esixencias da gramática. Porqueningunha gramática pode conter, nin moitomenos reter, como tamén nos lembra o semprelúcido Juan Ramón Jiménez, unha poesía, unidioma.

A poesía é, en moitos dos seus mellores mo -mentos, a lingua de Adán. Devolve ao homecaído, alomenos durante uns instantes, a unmetafórico paraíso perdido e recobrado. Maistamén, futuribelmente, é un dicir de profecía,pois proxecta a plenitude da utopía e da espe-ranza. Aínda que sexan ilusorios ese Retorno eesa Profecía, o seu chamamento grávase no cora-zón do home como un petroglifo ardente eimposíbel.

O significado, a vida e o alento do poemaestán no poema. Cando a interpretación remata,o crítico ou o esexeta deben facer mutis. Oenfrontamento coa poesía, como coas outrasartes, é persoal e intransferíbel. Cada lector tenque poñer da súa parte o que o poema lle esixe:apertura, consciencia, sentidos, sentimento, sen-sibilidade... Paixón de ser e de vivir pola palabraaberta e incesante.

Todo gran poema é inesgotábel. O bo poemaé un manancial. Sempre dá xenerosa —e nunca amesma— auga. Se nunca é posíbel acadar plenocoñecemento de si, tampouco o poderemosposuír da palabra poética na súa ilimitada fecun-didade.

Quen non vexa a poesía como unha arte dapalabra palpitante, sempre considerará a formacomo destino, da mesma maneira que un conteni-dista avant la lettre considerará a forma comomeramente subsidiaria do contido. Mais o poetadebe ser mestre de equilibrios e experto en sínte-ses, para así acadar o mellor dominio técnico eartístico, á vez que se impregna do máis amploxermolar da vida.

Non é o mesmo un versificador que unpoeta. O primeiro é un artesán da forma, unhapersoa que posúe a destreza de crear estrofas eestructuras poéticas á marxe de toda palpitacióndo espírito, de todo alento poético, podendochegar algúns sumamente habilidosos a versifi-caren, se quixesen, a guía telefónica, un informeda crise pesqueira ou a Carta Magna da Consti-tución. O verdadeiro poeta é o que posúe unha

Page 5: A lingua de Adán Xavier Seoane - PoesiaGalegapoesiagalega.org/uploads/media/seoane_2003_poesia.pdf · 2011. 11. 7. · O scar Wilde dicía que en arte non existen verdades absolutas,

!%

vivencia poética do mundo, e transmítea enpoemas que, segundo sexan os seus logros noaspecto técnico ou formal, e a transcendencia dasúa cosmovisión poética, o converterán nunhavoz relevante ou nun creador secundario, maispode recoñecer que foi dalgunha maneira reci-bido no reino de Calíope e de Orfeo. Na Cida-de das Ideas.

A inspiración —esa hiperconciencia, intui-ción extrema ou apaixonada lucidez— é algoque se dá en todos os homes. Son os poetas, e osartistas, e, dalgunha maneira, os homes decoñecemento —filósofos e científicos tamén—e incluso todos os homes que se entregan a untraballo non alienante e creativo, os que parecenconvocar máis necesitadamente a súa presencia.As condicións de alienación de gran parte daspersoas no tantas veces rutinario, estresante eangustioso traballo actual mata toda creativida-de, anula toda chama, destrúe todo sopro. Qui-zais é que as musas retornaron ao Olimpo,abandonando para sempre os homes a unhavida canalla.

A lóxica do Mercado non é a da deriva ínti-ma da cultura e da arte. Van Gogh non vendeuun cadro na súa vida. Un poema non ten valor,non ten prezo. É tan inútil e sagrado como oalento, o palpebrexo, o roce, o aire. A primeiraedición de As flores do mal, en 1857, foi de cenexemplares. A alegría de Ungaretti, en 1915, deoitenta. Benditas flores inmensamente fértiles.Bendita alegría poética.

E Freud, de A interpretación dos soños, só ven-deu uns douscentos exemplares durante os dousprimeiros anos. E poucos máis nos anos sucesi-vos. E sen embargo a súa aportación significouun xiro copernicano en ámbitos esenciais da nosacivilización. Coa poesía acontece algo semellante.É unha semente lenta, pero profunda e indelébel.¿Inarrancábel?

A poesía nunca gozará de boa prensa para o Poder. Este só aceptará aquela poesía someti-da, que lle poida facer o panexírico. O Podersempre expulsará o poeta da Res Pública. Sempre temerá, ademais, ese Outro Lado, esaVida Ausente, ese lado de Sombra que a poesía—tamén inmersión no descoñecido, no miste-rio e ata no irracional e abismático— rescata. Acidadela do Poder —acompañada dos seus acó-litos, Usura e Razón Utilitaria— sempre trata-rá de vender o poeta como un louco, un peri-goso, un “raro”, un pintoresco, un esfarrapado.Mais ese esfarrapado víngase —Rei Mendigo—coa posesión dun ouro outro, dun ouro nonexcremental nin mensurábel: a Palabra Núa, overbo incesante ao servizo dunha das encarna-duras máis fecundas e vastas do real: a viaxe que

Friedrich von Hardenberg Novalis

John Keats

Page 6: A lingua de Adán Xavier Seoane - PoesiaGalegapoesiagalega.org/uploads/media/seoane_2003_poesia.pdf · 2011. 11. 7. · O scar Wilde dicía que en arte non existen verdades absolutas,

!&

a poesía libera, e da que calquera poética só éun mínimo lampexo na platónica caverna daspalabras.

Na liña de loita contra o home alienado e anecesidade de conversión do productor-consu-midor en verdadeiro cidadán, tense expresadocon grande lucidez a poeta alemá Hilde Domin,ao analizar o perigo da “cousificación”, da meta-morfose en cousa do home contemporáneo. Esaperda de nós mesmos, convertidos nun entemanipulábel, esa crecente atrofia do ser humano,“da que a autorrenuncia literaria é só unhavariante”, segundo Domin, condiciona a existen-cia da lírica, poñéndoa en perigo, pero á vezpotenciándoa, porque, loxicamente, é ese perigoque se cerne sobre ela e sobre todas as cuestiónsrelativas ao individuo, un dos feitos que con máisevidencia alicerza a necesidade da lírica na épocaactual, pois a lírica “convídanos ao encontro máissinxelo e máis difícil de todos os encontros: aoencontro con nós mesmos”.

Como ratifica Ernst Jünger nun dos seuscontudentes textos, non podemos prescindirdos poetas, pois eles son os que “introducen asubversión e os que inician o derrocamento dosTitáns”.

Para Jünger, preocupado sempre polo crece-mento do deserto nunha civilización na que asrelacións humanas foron quedando baleiras, e naque esmorece a liberdade e libre realización dapersoa singular, tanto a obra dos poetas como asúa existencia “pon de manifesto a inmensa supe-rioridade do mundo das Musas sobre o mundoda Técnica”, pois o poeta, ese gran emboscado,axuda o ser humano a encontrar o “camiño devolta a si mesmo”.

Porque os científicos poderán voar, mais ospoetas deben arar na condición cereal do mundo,no alento do caroal, no humus da terra. Arar narocha, mesmo. Porque iso é como arar na entra-ña do home. A poesía é procura de fundamento.O poeta, o científico e o filósofo aran paralela,complementariamente. Malia a que os seus pésteñan un compás distinto, ou vaian por distintoscamiños, dalgunha maneira avanzan cara a Ítacaao mesmo tempo.

Certos científicos falaron da posibilidadenon desatinada de que se puidese producir adecantación, algún día, dunha teoría global.Quén sabe se, daquela, se haberá de comprobarque xa foi formulada, dalgunha maneira, porcertas intuicións poéticas que, con ese estrañosalto do misterio poético, a encarnaron en pala-bras que parecían soar a vaguidade, sinrazón,paradoxo ou estrañeza, mais só eran a encarna-ción da lóxica superior de que falaba Novalis.

Novalis afirmaba que o poeta comprendía a

natureza mellor que a mente científica. A ver-dade empírica, demostrábel, científica, debeacadar o seu acomodo nun ámbito máis amplodo horizonte humano, nun espírito en afina-ción íntima co mundo e coa vida. Nunha fusiónplural, non reductiva. E aí agardan, entreoutras, disciplinas como a filosofía, a ética, asartes, a música, a poesía...

A arte non segue unha liña de “progreso”. ¿Ovasto poema Homeros, de Derek Walcott, superaA Odisea de Homero, Rilke a Juan de la Cruz,Neruda a Píndaro, Williams Carlos Williams a Leopardi, Seferis a Li Po?

Hai un punto de lúcida consciencia, de rarasacralidade e de maxia incesante e cordial aoque apunta a palabra poética. Por iso contactacoa ciencia e a filosofía, coa relixión e coamaxia. Mais a poesía non é reductíbel, ninsecundarizábel, a calquera outra experiencia,razón, actividade. Pode servirse dos medios quefor, ou prestarlles, en ocasións, cosmovisións eelementos expresivos, da súa propia bagaxe,mais o único ao que o poeta debe vasalaxe, encanto tal, é a poesía.

Cántas descobertas científicas, ou filosóficas,non terán sido realizadas tamén nun certomomento de inspiración, de iluminación ouintuición case poéticas. Non é doado acreditarque, en última instancia, alí onde se traballasobre os confíns últimos do real, haxa unha dis-tancia case irreductíbel entre o científico, ofilósofo e o poeta. Desde logo, e de maneiraincuestionábel, todo saber sempre ha de ser com-plementario. Ciencia, Filosofía, Poesía: tamén,unha certa Trindade.

A poesía non só é unha arte, senón unhaciencia do home. Do humano. Xa sostiñaNovalis —na súa demanda dunha física espiri-tual” a crear polos homes futuros— que opoeta comprendía mellor a natureza que o cere-bro científico.

Quizais non andaba en latitudes en excesolonxincuas Emily Dickinson cando sinalaba:

Era un poeta —ou sexaalguén que atopa algún sentido sorprendentepara os significados ordinarios.

Por iso non nos debe estrañar que Saint-JohnPerse, no seu discurso cando a recepción do pre-mio Nobel en 1960, logo de citar a invocaciónde Einstein no sentido de que a intuición e aimaxinación eran o “verdadeiro campo de xer-minación cientí fica”, e de reclamar para o cien-tífico o beneficio dunha verdadeira “visión artís-tica”, reinvindicase para si a consideraciónigualmente lexítima do instrumento poético á

Page 7: A lingua de Adán Xavier Seoane - PoesiaGalegapoesiagalega.org/uploads/media/seoane_2003_poesia.pdf · 2011. 11. 7. · O scar Wilde dicía que en arte non existen verdades absolutas,

!'

par do instrumento lóxico. No fondo, como Saint-John Perse afirma,

toda creación do espírito é, antes que nada,“poética” no sentido máis estricto, pois o miste-rio “é común”, e a grande aventura do espíritopoético “en nada cede ás aberturas dramáticas daciencia moderna”.

A poesía, e a ciencia, traballan nos “rumoresdos límites” que Chillida definiu nun momentode excepcional intuición intelectiva, poética eespacial. Alí inquiren ambos, como tamén ofilósofo. O propio Saint-John Perse alértanos deque cando os filósofos desertan do “limiarmetafísico”, sucede que “o poeta aí mesmo res-cata o metafísico”.

Por iso o científico, o filósofo e o poeta secomplementan. No fondo, a poesía é “vidaintegral”. E esa vida integral precisa de toda aentrega. De aí que, como sostén Saint-JohnPerse, se o poeta existía no home das cavernas,ha de existir tamén no home das idades atómi-cas. Porque o poeta é a parte irreductíbel doproxecto humano. Da aventura misteriosa eabraiada da vida.

Pódese lembrar tamén, ao fío desta considera-ción, a reflexión que sobre a beleza poética reali-zou no seu día Blaise Pascal:

Do mesmo modo que se di beleza poética,tería que dicirse beleza xeométrica, e belezamedicinal; pero non se di e a razón non é outraque se sabe con certeza cál é o obxecto da xeo-metría, baseado en probas, e o da medicina,que consiste na curación; pero non se sabe enqué consiste o encanto, que é o obxecto dapoesía.

Un encanto —o da poesía— que, por outraparte, non deixa de residir tamén na súa virtuali-dade curativa, como teñen sostido numerosospoetas de todo tempo e espacio.

Un dos aspectos máis interesantes —entreoutros moitos— que nos vai deparar a poesíano presente e no futuro é o da súa relación coaciencia. Recentemente, Hans Magnus Enzens-berger sinalaba que a separación radical entreciencia e literatura que había no século XIXhoxe xa non existía. Que a ciencia substituíu ámetafísica, que unha parte da intuición litera-ria emigrou cara á ciencia, e que os científicosestaban a inventar novos conceptos do mundo,“grandes metáforas como os buratos negros”.Por iso, para el, non é intelixente por partedos poetas distanciarse dos principios científi-cos, sendo interesante “que uns e outros semiren”.

Edgar Morin sinalaba non hai moito que “o William Carlos Williams

Emily Dickinson

Page 8: A lingua de Adán Xavier Seoane - PoesiaGalegapoesiagalega.org/uploads/media/seoane_2003_poesia.pdf · 2011. 11. 7. · O scar Wilde dicía que en arte non existen verdades absolutas,

!(

o noso dicir. E civilicemos —con Novalis— odivino, divinizando tamén o común e o cotián.

O poeta foi, é, e será, un terco supervivente.Só destruíndo a nosa especie no seo da terra sepoderá erradicar a mirada poética sobre as cou-sas e a urxencia expresiva que a poesía ergue dacontinxencia, da incomunicación e do silencio.Mentres o home non se convirta nun estrañomutante, ou na divagación letal dun meroobxecto, a poesía ten tanto futuro como pasado,aínda que o seu destino, quizais, haxa de estarsempre máis preto da heterodoxia e da disiden-cia, e incluso dos recantos e sotos da embosca-dura, que dos olimpos e fastos do poder, calque-ra que este sexa.

Se o home non chega a acadar a mera condi-ción de mercancía ou utensilio, se non devala nelo pálpito do corazón e tremor do desexo, a poe-sía seguirá a alentar como o verbo abraiado quefoi desde a orixe.

A poesía é necesaria. María Zambrano, que deixou numerosas

mostras da súa fascinación pola poesía, e datranscendencia que lle outorgaba na construc-ción dun discurso “humano”, sostiña, nas deli-ciosas páxinas de Claros del bosque:

Nada habería que obxectar se por poéticose entendese o que poético, poema ou poetizarqueren dicir á letra, un método máis que daconciencia, da criatura, do ser da criatura quearrisca despertar deslumbrada e aterecida aomesmo tempo.

A poesía ten auctoritas creativa, estética,intelectual e moral para responder aos meiran-des retos do noso tempo. É unha indagación namáis cernal radicalidade do ser humano. Opoeta é un Nemo das profundidades, unha Ali-cia a través do espello, un Orfeo descendendoaos infernos, un Ulises en eterna demarcaciónerrática e viaxe de descubrimento nos territoriosdo descoñecido. O poeta pode casar, nas súaspercepcións, a Wittgenstein con Juan de laCruz, a Lao Tsé con Darwin, a Saussure conFreud. O crecemento do home non debe ser sóno ámbito científico-técnico-productivo, senónno filosófico, estético e moral. E aí entra a poe-sía, en compaña doutras moitas disciplinas, coasúa capacidade de aprehensión e iluminación domundo a través da palabra.

Para mellor defender a poesía, ¿haberá queadoptar a estratexia de pasaren os poetas á clan-destinidade? A poesía e os poetas son fráxiles.Mais nada hai que non sexa esgazadoramentefráxil na realidade humana. Quizais o fráxil,cando todo o sólido se desvanece no aire, sexa

descubrimento da nosa situación de desamparonun xigantesco cosmos vén dos achádegos daastrofísica. Iso significa que hoxe é posíbel undiálogo entre ciencia e poesía, porque a ciencianos revela un universo fabulosamente poético,sen deixar de redescubrir os problemas filosóficoscapitais: ¿Que é o home? ¿Cal é o seu lugar? ¿Calé a súa sorte? ¿Que pode agardar?”

Nos pasados días, na Coruña, o poeta AntonioColinas abundaba neste tipo de reflexións ao cons-tatar, no seu Tratado de armonía:

Ninguén se estraña hoxe de que os cientí-ficos aludan ao “ruído das estrelas”, a “escoitaro espacio”, á “canción radioeléctrica”, ao“zunido das galaxias”. Os poetas non o teríanexpresado mellor.

Hilde Domin afirmaba: “Creo que Hegel nontiña razón co prognóstico de que a ciencia podesubstituír e substituirá ao poeta”.

O home creativo —en todos os ámbitos—seguirá a camiñar, como o filósofo, como o cien-tífico, baixo o signo da incerteza. Xerando algun-has salvadoras, xenerosas, útiles, mínimas, impa-gábeis certezas.

A complexidade do mundo contemporáneorequire unha tensión creativa e de síntese que talvez non sexamos quen de acadar. Pero quizaisentre todos, area a area, gran a gran, tal vez che-guemos a dicir a resposta poética que o nosotempo demanda, aínda que só for un texto bal-buciente, fráxil e fragmentario.

Porque toda realidade demanda —na esferado humano— a palabra que a saiba construír eformular, por moito que se nos diga que a cultu-ra da palabra entrou en crise, en aras de non sesabe qué novos deuses, qué novas sereas con tras-fondo de epifanía, pero quén sabe se tamén denaufraxio se o fundamento dun logos verbal nonalicerza en plenitude a realidade.

Quizais os poetas temos que dicir o dicíbel eo indicíbel. O indicíbel, facéndoo presente. Odicíbel, transfigurándoo nunha dimensión poli-fonicamente resoante.

O noso é un oficio de lóstregos e néboas, derevelacións e opacidades. Xa dicía LeopoldoMaría Panero que non sabía se era un cisne ouunha tomba aberta.

Entre a plenitude da epifanía e as fauces donaufraxio, a continxencia traza o ámbito deacción da nosa salvación pola palabra.

Sabemos, por Edmond Jabès, que así como opensamento só pode ser salvado polo pensamen-to, e o amor polo amor, a poesía só o pode serpola propia poesía.

Digamos, pois, como demandaba Paul Celan,

Page 9: A lingua de Adán Xavier Seoane - PoesiaGalegapoesiagalega.org/uploads/media/seoane_2003_poesia.pdf · 2011. 11. 7. · O scar Wilde dicía que en arte non existen verdades absolutas,

!)

unha maneira de apuntalar o fundamental, oaxial, o básico. Para construír, e civilizar, denovo, o humano.

Valéry dicía que debiamos excusar a Homero—debido á distancia— por non encontrarse estatarde entre nós. Mais de todos modos deberemosestar atentos por se alguén chama á porta... Esenovo poeta, xove quizais, pode salvarnos mañá,reiniciando o auspicioso retorno deste nacemen-to inesgotábel. ■

Saint-John Perse

Paul Celan