a ledicia de ler - "o cabanillas de marino dónega"

3
A LEDICIA DE LER é unha sección que Carlos Casares publicou en La Voz de Galicia de 1975 a 1980, onde trataba temas literarios e lingüísticos, ademais de dar conta das novidades editoriais da época. O texto está adaptado á normativa galega actual. Queremos agradecerlle a La Voz de Galicia a cortesía manifestada en todo momento e as facilidades para achegar este material ao público. A LEDICIA DE LER “O Cabanillas de Marino Dónega” CARLOS CASARES La Voz de Galicia. 20 de xuño de 1976 DOCUMENTOS DA FUNDACIÓN CARLOS CASARES

Upload: fundacion-carlos-casares

Post on 16-Mar-2016

227 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Artigo de Carlos Casares publicado na sección "A Ledicia de Ler" o 20 de xuño de 1976 en La Voz de Galicia baixo o título "O Cabanillas de Marino Dónega"

TRANSCRIPT

Page 1: A Ledicia de Ler - "O Cabanillas de Marino Dónega"

A LEDICIA DE LER é unha sección que Carlos Casares publicou en La Voz de Galicia de 1975 a 1980, onde trataba temas literarios e lingüísticos, ademais de dar conta das novidades editoriais da época. O texto está adaptado á normativa galega actual. Queremos agradecerlle a La Voz de Galicia a cortesía manifestada en todo momento e as facilidades para achegar este material ao público.

A LEDICIA DE LER

“O Cabanillas de Marino Dónega”

CARLOS CASARES

La Voz de Galicia. 20 de xuño de 1976

DOCUMENTOS DA FUNDACIÓN CARLOS CASARES

Page 2: A Ledicia de Ler - "O Cabanillas de Marino Dónega"

1

A LEDICIA DE LER. “O Cabanillas de Marino Dónega”

La Voz de Galicia. 20 de xuño de 1976

O O O O CCCCabanillas de Marino Dabanillas de Marino Dabanillas de Marino Dabanillas de Marino Dónegaónegaónegaónega CARLOS CASARES – LA VOZ DE GALICIA. 20 DE XUÑO DE 1976

A figura do poeta Ramón Cabanillas vaise agrandando co paso do tempo, o

mesmo que a de Castelao. El é hoxe en día un dos santos aos que os rapaces novos

prestan devoción, ás veces con inxenuidade e simpatía, como aqueles que aínda hai

pouco esixían a inmediata publicación da súa obra completa, ignorando os

ensarillados problemas que se crean arredor dos dereitos de autor, neste caso

concreto en poder dunha editorial madrileña que polas razóns que sexa aínda non se

decidiu a incluír a poesía do ilustre cambadés entre os nomes do seu catálogo.

O certo é que os mozos que esixiron isto interpretaban moi ben unha arela

fonda que hai tempo se viña manifestando de mil modos. A adquisición da obra de

Cabanillas non era doada. Primeiro pesou sobre ela, e durante anos, unha prohibición

administrativa que indirectamente serviu para potenciar o poeta, convertido deste

xeito nun heterodoxo, título suficiente para facelo entrar, dadas as circunstancias, no

reino dos elixidos. Despois, esgotada a edición de Bos Aires, resultaba pouco menos

que imposible facerse cun exemplar.

Como queira que este ano o Día das Letras Galegas estaba dedicado a

Cabanillas, evidentemente resultaba un pouco chocante o feito de que a dita

celebración se fixera cos escaparates das librerías orfos dos seus libros. A cousa

tentou remediarse dalgún xeito e estiveron presentes algúns deles: O Bendito San

Amaro, editado por Akal; a escolma da Real Academia; o folleto que tradicionalmente

vén publicando co gallo desa festa a cátedra de Lingua e Literatura galegas da

Universidade e que este ano estaba dedicada ás sagas de Na noite estrelecida; o cartafol

preparado por Librouro; e algunhas outras publicacións menores.

Page 3: A Ledicia de Ler - "O Cabanillas de Marino Dónega"

2

A LEDICIA DE LER. “O Cabanillas de Marino Dónega”

La Voz de Galicia. 20 de xuño de 1976

A editorial Galaxia tirou do prelo para ese día unha escolma de Poesías de preto

de duascentas páxinas, preparada por Marino Dónega para a colección “Trasalba”,

que chega así ao número novei. O libro inclúe máis de cincuenta poemas distribuídos

en diferentes apartados: o poeta cívico, o social, o epigramático e satírico, o

descritivo, o costumista, o lírico, o narrativo, o didáctico-relixioso e aínda o autor de

fermosas paráfrases sobre poemas de escritores universais, clásicos e modernos.

Como é sabido, toda escolma é de por si problemática e polémica, pois o

criterio selectivo está sempre tinguido de subxectividade. Pero no caso dun poeta

como Cabanillas a esa dificultade hai que engadirlle a que presenta a amplitude e a

variedade da súa obra, sempre resistente a deixarse reducir a esquemas

simplificadores. Todo isto sabíao moi ben Marino Dónega e así o confesa na

xustificación que puxo á fronte do limiar. Por iso non caeu no erro. A súa escolma

das Poesías de Ramón Cabanillas é indicativa e demostrativa do que foi o que el se

propuxo da obra do poeta. Nese aspecto o lector farase, a través dela, unha idea

xusta do seu valor e da súa significación. É dicir, que este libro terá unha grande

utilidade didáctica.

Ademais disto, Marino Dónega púxolle á fronte un limiar maxistral cheo de

pequenas notas biográficas extraídas de cartas ata agora inéditas, que ilustran moi ben

sobre o Cabanillas íntimo da etapa cubana. Nesas páxinas limiares, escritas nunha

prosa elegante e exquisita, por onde corre soterrada a fresca corrente da lingua

popular, está non enteiro, pero si verdadeiro, o fino escritor que é Marino Dónega.

* * *

i Ramón Cabanillas: Poesías, Escolma, con limiar, selección e notas de Marino Dónega. Galaxia. Vigo, 1976.