afundacionafundacion.org › docs › cesionsalas › 43572 › folleto_viaxe... · 2017-02-23 ·...

4
Viaxes +60 Afundación O mellor de Praga e Budapest Do 18 ao 25 de abril afundacion.org

Upload: others

Post on 30-Jun-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: afundacionafundacion.org › docs › cesionsalas › 43572 › folleto_viaxe... · 2017-02-23 · centro da cidade. Visita panorámica da capital para descubrir o máis destacado

Viaxes +60 AfundaciónO mellor de Praga e BudapestDo 18 ao 25 de abril

afundacion.org

Page 2: afundacionafundacion.org › docs › cesionsalas › 43572 › folleto_viaxe... · 2017-02-23 · centro da cidade. Visita panorámica da capital para descubrir o máis destacado

Martes 18 de abril SANTIAGO - MADRID - PRAGARecollida nos puntos indicados dos centros de Afundación. Saída cara ao aeroporto de Santiago de Compostela, chegada e trámites de facturación en voo con destino a Madrid. Conexión con voo a Praga. Chegada, recibimento por parte da guía acompañante e traslado ao centro da cidade. Visita panorámica da capital para descubrir o máis destacado da cidade. Visita do casco antigo de Praga, perfectamente conservado, situado na marxe dereita do río Moldava, declarado patrimonio cultural e natural pola Unesco. Coñecemos a Cidade Nova e a Cidade Vella: a Praza da República coa Torre da Pólvora; a fermosa Casa Municipal de estilo modernista; a Praza de Wenceslao; o Teatro dos Estados, onde se estrearon varias óperas de Mozart; o Clementinum; a Ponte de Carlos cos seus trinta famosos grupos escultóricos barrocos; e a antiga Praza do Mercado, co seu destacado reloxo astronómico. Traslado ao hotel. Cea e aloxamento.

Mércores 19 de abril PRAGAAlmorzo. Visita da beira esquerda do río Moldava, onde se encontra o Castelo de Praga, o máis grande do mundo segundo o Libro Guinness: Visitamos os seus patios e interiores como a Catedral de San Vito, cos seus tesouros artísticos; os palacios góticos reais e imperiais; o antigo palacio dos reis de Bohemia, coa magnífica sala de Vladislav, que foi a maior sala civil da Europa da súa época; a Basílica de San Xurxo do ano 920; e a Canella do Ouro, onde se aloxaban os gardas do Castelo, artesáns medievais, ourives e alquimistas, e incluso o grande escritor Franz Kafka. Visita á Igrexa de Nosa Señora da Vitoria, que alberga a imaxe milagrosa do Neno Xesús de Praga. Xantar en restaurante e tarde libre pola cicadade checa. Cea e aloxamento.

Xoves 20 de abril PRAGAAlmorzo. Visita ao Barrio Xudeu de Praga para achegarnos á historia e cultura desta comunidade na cidade. Coñecemos a Sinagoga de Pinkas, dedicada á memoria dos xudeus que morreron durante a Segunda Guerra Mundial; o cemiterio xudeu, onde descansa o famoso Rabino de Low, o creador de Golem; a Sinagoga Vella-Nova, a máis antiga do centro de Europa que aínda mantén o culto; as Sinagogas de Pinkas, Maisel e Klaus que contan con exposicións sobre os costumes e tradicións dos xudeus; a Sinagoga Española, onde se encontran as únicas coleccións do mundo que representan a vida tradicional e relixiosa do pobo xudeu; e a casa natal de Franz Kafka. Xantar. Tarde libre para pasear polas rúas do centro histórico ou para realizar compras. Cea e aloxamento.

Venres 21 de abril Excursión á cidade balneario KARLOVY VARYAlmorzo. Saída cara a cidade balnearia máis importante do país, Karlovy Vary. Fundada por Carlos IV no s. XIV, no pasado foi un centro cultural moi importante, visitada por personalidades coma Don Pedro II, o tsar ruso Pedro o Grande, María Teresa de Austria, Goethe, Beethoven, Paganini, Chopin, Wagner ou Marx, entre outros. Percorrido polo centro da cidade coñecendo os numerosos edificios balnearios de estilo art decó e as propiedades das doce fontes termais con temperaturas de ata 72 graos. Tempo libre para probar as augas ou facer compras dos produtos típicos da cidade coma o cristal da fábrica Moser, o Becherovka (un aperitivo inventado por David Becher, destilado segundo unha receita secreta desde 1807), as rosas petrificadas na auga termal, galletas de Karlovy Vary, porcelana, sales minerais etc. Xantar. Regreso a Praga. Cea e aloxamento.

Page 3: afundacionafundacion.org › docs › cesionsalas › 43572 › folleto_viaxe... · 2017-02-23 · centro da cidade. Visita panorámica da capital para descubrir o máis destacado

Sábado 22 de abril PRAGA - BRATISLAVA - BUDAPESTAlmorzo. Saída cara a Eslovaquia, país independente desde 1993, onde coñeceremos a súa capital, Bratislava, que tamén foi capital húngara durante a ocupación Otomá. Visita panorámica do centro histórico para coñecer a Catedral de San Martín, o antigo concello do s. XV, a Igrexa dos Franciscanos etc. Xantar. Viaxe a Budapest. Cea e aloxamento.

Domingo 23 de abril BUDAPESTAlmorzo. Visita panorámica da capital para descubrir o máis destacado da cidade. Visita a Buda, percorrendo a Ponte das Cadeas e o famoso Barrio do Castelo, onde se encontra a Igrexa de Matías, lugar de coroación de moitos reis húngaros, entre eles Francisco Xosé e Sissi. Continuación cara ao Bastión dos Pescadores, magnífico miradoiro sobre Pest e o Danubio. Visita a Pest: Parada na Praza dos Heroes para coñecer o Monumento Milenario que representa o inicio da historia de Hungría; o Parque Municipal, co Castelo de Vajdahunyad, cuxo exterior parece un palacio de conto de fadas cos distintos estilos do país; os Baños Széchenyi; a Avenida Andrássy, onde destacan todos os seus palacios; a Ópera, de estilo renacentista italiano; a Basílica de Santo Estevo; e a Sinagoga Xudía. Xantar e visita interior de dous dos edificios máis relevantes da vida política, social e cultural da capital húngara: o Parlamento, que na época da súa construción foi o máis grande do mundo. Asistencia a unha típica cea Goulash Party e paseo en barco polo Danubio, que nos permitirá ter unha vista nocturna da cidade cos edificios iluminados. Traslado ao hotel e aloxamento.

Luns 24 de abrilExcursión a PUSZTA e KECSKEMÉT Almorzo. Saída cara a gran chaira húngara, coñecida como a puszta. Trátase dunha paisaxe moi característica de Hungría, co seu horizonte sen fin de estepa seca onde conviven a fauna e a flora típica dos parques nacionais xunto coa poboación local, as súas tradicións e vida cotiá. Visita á cidade barroca de Kecskemét, percorrendo o seu centro histórico para coñecer: o Concello; o Palacio Cifra, de estilo modernista; a igrexa barroca, do s. XVIII; a antiga Sinagoga; o famoso Instituto Zoltán Kodály, o teatro neobarroco, e a Igrexa Franciscana do s. XIV. A continuación visitamos unha tanya, unha granxa típica da puszta onde nos darán a benvida con augardente palinka e pastel salgado pogácsa. Despois de dar un paseo en carruaxe pola puszta, gozaremos dun espectáculo de csikós, pastores a cabalo vestidos con traxe tradicional. Xantar a base de pratos tradicionais e viño da rexión, amenizado con música húngara dos cíngaros. Regreso a Budapest. Cea e aloxamento.

Martes 25 de abrilBUDAPEST-MADRID-SANTIAGOAlmorzo e tempo libre para poder visitar o famoso Mercado, facer compras ou pasear polo centro de Budapest. Á hora prevista, traslado ao aeroporto para embarcar no voo con destino Madrid. Conexión en Madrid co voo a Santiago de Compostela. Chegada e continuación por estrada ata os centros de Afundación.

Page 4: afundacionafundacion.org › docs › cesionsalas › 43572 › folleto_viaxe... · 2017-02-23 · centro da cidade. Visita panorámica da capital para descubrir o máis destacado

EXCURSIÓNS E ACTIVIDADES INCLUÍDASPanorámicas de Budapest, Bratislava e Praga.Excursión a Karlovy Vary e puszta Visitas (inclúen entradas): Parlamento e Ópera de Budapest, Barrio do Castelo de Praga, Barrio Xudeu de Praga.Show folclórico durante a cea Goulash.Espectáculo de cabalos na Puszta.Paseo en barco polo Danubio en Budapest.

VOOSMartes 18 Santiago-Madrid: 06.45-08.00 h. | Madrid-Praga: 10.35-13.25 h. Martes 25 Budapest-Madrid: 15.35-18.55 h. | Madrid-Santiago: 22.30-23.40 h.

PREZOSoci@s ABANCA: 1.590 € Soci@s: 1.750 €Suplemento individual: 250 €Prezos baseados nun mínimo de 45/50 participantes.

O PREZO INCLÚEAutobuses desde os centros de Afundación ao aeroporto de ida e volta | Voos con Iberia nos horarios indicados | Estancia en hoteis de 4* en aloxamento e almorzo Autobús a disposición durante todo o percorrido (máximo 8 horas por día) | Guía acompañante durante todo o percorrido | Réxime de pensión completa | Bebidas incluídas en comidas e ceas: ½ auga, ¼ viño ou cervexa, refresco | Auriculares durante todo o circuíto | Seguro de viaxe e de cancelación | Visitas con guía local.

O PREZO NON INCLÚECarrexadores de maletas In & Out • Servizos extras nos hoteis tales coma minibar, televisión por cable, lavandería... • En xeral, calquera servizo non especificado no apartado O PREZO INCLÚE.

HOTEIS categoría 4* no centro das cidades

INSCRICIÓNAntes do 6 de marzo

INFORMACIÓN E RESERVASEspazos +60 Afundación (Centros de Maiores)

Organiza

CIBERVIAXES