a cidadanía pode frear os recortes o día 21 · local sindical das pontes de g.ª r. rúa da...

8
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 28 - 1.ª quiNceNa de outubro de 2012 F alamos co escritor e xor- nalista Luís Rei Núñez, posuidor dun optimismo natural que, porén, non lle impide prognosticar un ne- gro panorama tras a suba do IVE, especialmente dura para o mundo cultural, pois implicará menos gasto e, polo tanto, maior pobreza. Tampouco lle treme o pul- so á hora de mollarse para afirmar que, na actual co- rrelación de forzas, cómpre desprazar a dereita da he- xemonía./ PÁX. 8 A cidadanía pode frear os recortes o día 21 n CCOO chama a apoiar aquelas formacións políticas que defendan o emprego e os dereitos As eleccións galegas do 21 de outubro son unha oportunidade para frear os recortes SUMARIO 2 6 6 7 Masiva protesta contra os recortes Os acordos con PEMEX e a situación de Navantia, ou os ‘luns ao sol’ da rein- dustrialización de Galicia Manifestacións unitarias nas sete cidades galegas en defensa dos servizos públicos A rescisión do contrato a Galicia Saudade, unha porta á esperanza para as traballadoras O ensino público rexeita o proxecto da LOMCE A mobilización fronte aos constantes ataques aos nosos dereitos continúa, como se com- probou o pasado 8 de outubro, data en que máis de 50.000 ga- legos e galegas se manifestaron polo emprego, pola industria e polo estado de benestar. Rexeita- ron así o anteproxecto de orza- mentos xerais do Estado, que in- sisten en seguir recortando, e tamén a pretensión das subde- legacións de Goberno de Ponte- vedra e Ourense de prohibir as manifestacións, ao máis puro es- tilo doutras épocas. / PÁX. 3 A cidadanía galega ten a opor- tunidade de frear as políticas de recorte que está a padecer e que impón o actual Goberno da Xunta. Para isto, é necesaria unha participación activa e ma- siva nas eleccións do vindeiro 21 de outubro, para apoiar as candi- daturas que defendan o em- prego, os servizos públicos e os dereitos laborais. / PÁXS. 4-5 CCOO chama a participar activamente nas eleccións

Upload: others

Post on 30-Jul-2020

7 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A cidadanía pode frear os recortes o día 21 · Local sindical das Pontes de G.ª R. Rúa da Capela, 2 981.440.321 Santiago de Compostela (sede comarcal) Vía Edison 1-C, Polígono

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 28 - 1.ª quiNceNa de outubro de 2012

Falamos co escritor e xor-nalista Luís Rei Núñez,

posuidor dun optimismonatural que, porén, non lleimpide prognosticar un ne-gro panorama tras a subado IVE, especialmente dura

para o mundo cultural, poisimplicará menos gasto e,

polo tanto, maior pobreza.Tampouco lle treme o pul-so á hora de mollarse paraafirmar que, na actual co-rrelación de forzas, cómpredesprazar a dereita da he-xemonía./ PÁX. 8

A cidadanía pode frearos recortes o día 21n CCOO chama a apoiar aquelas formacións políticas que defendan o emprego e os dereitos

As eleccións galegas do 21 de outubro son unha oportunidade para frear os recortes

SUMARIO

2

6

6

7

Masiva protestacontra os recortes

Os acordos con PEMEXe a situación de Navantia,ou os ‘luns ao sol’ da rein-dustrialización de GaliciaManifestacións unitarias

nas sete cidades galegasen defensa dos servizospúblicosA rescisión do contrato a

Galicia Saudade, unhaporta á esperanza para astraballadorasO ensino público rexeita

o proxecto da LOMCE

A mobilización fronte aosconstantes ataques aos nososdereitos continúa, como se com-probou o pasado 8 de outubro,data en que máis de 50.000 ga-legos e galegas se manifestaronpolo emprego, pola industria epolo estado de benestar. Rexeita-

ron así o anteproxecto de orza-mentos xerais do Estado, que in-sisten en seguir recortando, etamén a pretensión das subde-legacións de Goberno de Ponte-vedra e Ourense de prohibir asmanifestacións, ao máis puro es-tilo doutras épocas. / PÁX. 3

A cidadanía galega ten a opor-tunidade de frear as políticas derecorte que está a padecer e queimpón o actual Goberno daXunta. Para isto, é necesariaunha participación activa e ma-siva nas eleccións do vindeiro 21de outubro, para apoiar as candi-daturas que defendan o em-prego, os servizos públicos e osdereitos laborais. / PÁXS. 4-5

CCOO chamaa participaractivamentenas eleccións

Page 2: A cidadanía pode frear os recortes o día 21 · Local sindical das Pontes de G.ª R. Rúa da Capela, 2 981.440.321 Santiago de Compostela (sede comarcal) Vía Edison 1-C, Polígono

GaLicia SiNdicaL N.º 28 - Outubro 2012 (1.ª quincena)

2

www.galicia.ccoo.es

Parece coma se retroce-désemos décadas, tan-to en condicións labo-

rais como en recortes públi-cos, sen esquecermos osniveis de destrución de em-prego máis altos desde quese rexistran.Quérese cadrar o círculo

das peores teses conserva-doras aplicando as medidasmáis antisociais e regresivasque se lembran, sen efec-to reactivador da economía.Coa bula da crise, permítesetodo, tamén pretender –caseesixir– que as persoas ásque máis lles afectan esasmedidas non se poidan quei-xar nin manifestar a súa crí-tica –que, doutra banda,está máis que xustificada eé un dereito constitucional.Policías encarapuchados

montan liortas que se utilizancomo xustificación á violen-cia crúa sobre manifesta-cións pacíficas, a pesar detodas as provocacións contraos manifestantes, e intentosde prohibición das protestaspor parte de subdelegados

do Goberno sen escrúpulos.Estes últimos só poñen enevidencia as xuntas electo-rais, ás que utilizan para talfin, prevaricando, pois actúansabendo que nin tiñan razónnin, o máis importante, com-petencias.Había motivos dabondo

para «pormos a traballar» onoso voto nas próximas elec-cións en Galicia a favor deopcións de progreso e detransformación. Agora haiobriga de facelo e enviar áoposición en Galicia –taménno Estado, en canto for posi-ble – a quen son responsa-bles do maior retroceso so-cial, económico e político endemocracia. Só lles falta sa-car os grises!

EDITORIAL

Grises‘Os luns ao sol’ dareindustrializaciónde Galicia

Calamidade de crise, crisede calamidades! Moití-simo tempo vai –dema-

siado xa– desde que as gradase os guindastres dos estaleirosde Vigo e Ferrol están ao pairocriando ferruxe. Velaí, miles defamilias instaladas na incertezae na angustia. Xentes desespe-radas que agardan se, por fin,unha boa nova é quen de abriros portalóns dos talleres e asípodérense aferrar de novo áilusión de vivir.Porén, o Goberno da Xunta,

co obxecto de obter un benefi-cio electoral oportunista e es-purio, anda a xogar capri-chosamente coas esperanzasque o pobo ten nunha boa go-bernanza e dilúeas, aquí eacolá, pregoando uns acordosincertos que, de non se concre-taren, acabarán por desembo-car nunha treboada social.

O RETROVISOR · por Benxamín Rocha

EDITA: S. N. de CCOO de Galicia / Secretaría de Comunicación / COORDINACIÓN: Gabinete de Comunicación / REVISIÓN: Gabinete de NormalizaciónLingüística / COLABORARON NESTE NÚMERO: Benxamín Rocha (O Retrovisor), Domingo González (foto), Xosé Antón G. Ferreiro (entrevista),X. Rodríguez (opinión) / CONTACTO: [email protected] / PECHE DE EDICIÓN: 17/10/2012

SINDICATO NACIONAL DE CCOORúa Miguel Ferro Caaveiro n.º 8(Santiago de Compostela)981.551.800

A Coruña (sede comarcal)Avda. Alfonso Molina, km 2, 3.ª981.145.197

Local sindical de CeeRúa Campo do Sacramento, 69981.746.930

Ferrol (sede comarcal)Rúa María, 42-44981.369.300

Local sindical das Pontes de G.ª R.Rúa da Capela, 2981.440.321

Santiago de Compostela (sede comarcal)Vía Edison 1-C, Polígono do Tambre981.958.200

Local sindical de RibeiraRúa de Correos, n.º 5,baixo dereito981.872.413

Viveiro (sede comarcal)Rúa García Doriga, s/n982.561.001

Local sindical de BurelaRúa de Emilia Pardo Bazán, 5(Entrechán; Edificio Porches 2)982.585.732Local sindical de RibadeoAvda. de Galicia, s/n, 3.º982.130.506

Lugo (sede comarcal)Rolda da Muralla, 58982.231.975

Local sindical de Monforte de LemosRúa de Roberto Baamonde, s/n982.401.518

Ourense (sede comarcal)Rúa do Parque de San Lázaro, 12-3.º988.391.727

Local sindical do Barco de ValdeorrasPraza de España, 2 - Baixo esquerdo988.322.034Local sindical de VerínAvda. de Portugal, 3-5988.410.641Local sindical de Xinzo de LimiaRúa Toural s/n988.462.510Local sindical do CarballiñoRúa de Martínez Avellanosa, 14 - 1.º988.275.360

Pontevedra (sede comarcal)Rúa Pasantería, 1-2.º986.866.276

Local sindical de LalínR/ de Xaquín Loriga, 29 - Entrechán986.782.437

Vilagarcía de Arousa (sede comarcal)Rúa de Alexandre Bóveda, 2-2.º986.502.000

Local sindical do GroveRúa do Dr. Luís Casais, s/n - 2.º esq.986.732.618

Vigo (sede comarcal)As Teixugueiras, 11 entreplanta (Navia)986.246.800

Local sindical da GuardaRúa Concepción Arenal, 44986.611.186Local sindical de PonteareasRúa Esperanza 13 entreplanta 36860 986.661.043Local sindical do PorriñoRúa Atarela, 2. Casa Sindical986.331.962

Quiero que a la salida de fábricas y minasesté mi poesía adherida a la tierra,

al aire, a la victoria del hombre maltratado.

Pablo Neruda

Guindastre nos estaleiros

Barreras, en Vigo

Milleiros de fa-milias instala-das na incertezae agardado aboa nova

Page 3: A cidadanía pode frear os recortes o día 21 · Local sindical das Pontes de G.ª R. Rúa da Capela, 2 981.440.321 Santiago de Compostela (sede comarcal) Vía Edison 1-C, Polígono

3

www.galicia.ccoo.es

GaLicia SiNdicaLN.º 28 - Outubro 2012 (1.ª quincena)

O pasado 8 de outubro, máisde 50.000 persoas secundaronen toda Galicia as manifesta-cións convocadas por UGT eCCOO na Coruña, Ferrol, San-tiago de Compostela, Burela, Lu-go, Ourense, Vilagarcía de Arou-sa, Pontevedra e Vigo.O lema da convocatoria, «Máis

paro, máis recortes, menos pro-tección. Queren arruinar o país!Hai que impedilo! Pola industria,polo emprego e polo estado debenestar», lémbranos que enGalicia, dos 170.000 empregosdestruídos entre 2008 e 2012,55.400 foron na industria, é dicir,o 33,16%.As miles de persoas que parti-

ciparon nas manifestaciónstamén esixiron, dunha vez portodas, unha saída da crise quegaranta a reactivación econó-mica, a xeración de emprego, arecuperación da protección social

n Convocadas por CCOO e UGT baixo o lema «Máis paro, máis recortes, menos protección. Querenarruinar o país! Hai que impedilo! Pola industria, polo emprego e polo estado de benestar»

Máis de 50.000 persoasrexeitaron na rúa os recortes

A marcha central desta xornada reivindicativa tivo lugar en Vigo

e do xa moi minguado estado debenestar. No actual contexto, oGoberno presenta uns orzamen-tos para o 2013 tremendamenterestritivos e que fan que sexan

sobre todo os máis febles –tra-balladores/as, desempregados/as,pensionistas e mocidade– os queteñan que pagar os custos dacrise.

Exercer o dereito á reunión e ámanifestaciónAs manifestacións tiveron lu-

gar grazas ao aval do TribunalSuperior de Xustiza de Galicia(TSXG), que ratificou punto porpunto as teses sindicais.Cómpre lembrar que tres días

antes, as xuntas electorais dePontevedra e Ourense prohibiranas convocatorias previstas nestasdúas provincias. CCOO e UGT re-correron perante o alto tribunalgalego por consideraren que nonse trataba de actos de carácter oucontido electoral, senón de mo-bilizacións encadradas en cam-pañas de ámbito estatal e euro-peo para denunciar os recortes epedir unha saída á crise que nonmingüe o estado de benestar.O TSXG deulles a razón aos

sindicatos por entender que aprohibición atenta contra dereitosque recolle a Constitución.

Máis de sesentaorganizacións reúnensepara pór en marcha aAlianza Social Galega

O día 11 de outubro tivo lugara primeira reunión de traballo daAlianza Social Galega, na queparticiparon as organizaciónssindicais e sociais máis represen-tativas e críticas coa actual situa-ción de crise que está a padecera cidadanía galega, e coas políti-cas de recortes sociais e de de-reitos que o Goberno da Xuntaestá a aplicar. A xuntaza promo-vérona CCOO, UGT e CIG.

A partir de agora póñense enmarcha os traballos deste im-portantísimo espazo plural esectorial para a mobilizacióncontra as políticas de recorte,que continuarán o vindeiroxoves, 18 de outubro, coa se-guinte reunión. Nela, a AlianzaSocial Galega presentará publi-camente o seu manifesto fun-dacional e as súas principaispropostas.

No centro, o secretario xeral de CCOO, Xosé Manuel Sánchez Aguión,

acompañado polo seus homólogos de UGT e CIG

Page 4: A cidadanía pode frear os recortes o día 21 · Local sindical das Pontes de G.ª R. Rúa da Capela, 2 981.440.321 Santiago de Compostela (sede comarcal) Vía Edison 1-C, Polígono

GaLicia SiNdicaL N.º 28 - Outubro 2012 (1.ª quincena)

4

www.galicia.ccoo.es

Resolución do Consello Nacionalde CCOO de Galicia con motivo daseleccións do 21 de outubroO Consello Nacional do Sin-

dicato Nacional de CCOO deGalicia, reunido o día 9 de ou-tubro, acordou facer pública aseguinte resolución con motivoda próxima celebración de elec-cións ao Parlamento de Galicia.Os traballadores e traballado-

ras, a cidadanía galega, teñennas eleccións do 21 de outubrounha oportunidade para dete-ren co seu voto os recorteseconómicos e de dereitos so-ciais e laborais.Lembramos que o presidente

do PP de Galicia e da Xunta, Al-berto Núñez Feijóo, sinalou naconvocatoria electoral que oGoberno que saia das urnasserá o encargado de elaboraros orzamentos de 2013. Nestesentido, CCOO lembra que, des-de a chegada de Feijóo a SanCaetano, os recursos da Xuntaminguaron case un 30%. Estedescenso cuantitativo foi acom-pañado de dúas evidencias: ninos investimentos se destinarona reactivar a economía, nin osrecortes se aplicaron ao gastosuperfluo.CCOO mantén que para saír

da crise cómpren investimen-tos en infraestruturas de comu-nicación e transporte, de orde-nación do territorio, de provi-sión de solo para actividadeseconómicas, actuacións am-bientais, investigación, desen-volvemento e innovación, a-mais de infraestruturas domedio rural, entre outras actua-cións fundamentais para a ca-pitalización económica do país.Porén, ano tras ano, o capítulode investimentos dos orzamen-tos mingua, unha decisión quenon axuda a combater a crise.

As políticas desenvolvidaspolos gobernos do PP no Es-tado e Galicia provocan o maiorretroceso en dereitos laborais esociais que se lembra. Co seudiscurso baleiro e falaz da aus-teridade practican unha seriede recortes económicos queprexudican os sectores máisdesfavorecidos da cidadanía. Aestratexia seguida consistiu–e consiste– en deteriorar eprivatizar servizos públicos,desmantelando así o estadosocial, e en reducir as partidasrelacionadas co emprego pú-blico e as transferencias a fa-milias, empresas e instituciónssen ánimo de lucro.Nos últimos meses, o sindi-

calismo de clase desenvolveuun proceso de mobilizaciónssostido e permanente: a folgaxeral do pasado 29 de marzo–seguida masivamente–, asmultitudinarias manifestaciónsdo 19 de xullo, a marcha a Ma-drid do 15 de setembro, as ma-nifestacións de onte contra osorzamentos xerais do Estado,

son algunhas das máis desta-cables que realizamos e queterán continuidade nos próxi-mos días.En CCOO somos conscientes

de que non só as persoas asa-lariadas estamos afectadas po-las políticas gobernamentais:sectores sociais como autóno-mos, pequenos comerciantes eindustriais, pensionistas e xu-bilados, mulleres, estudantes eun longo etcétera, tamén sonvítimas da acción dos gober-nos central e galego. Por iso,amosamos a nosa disposicióne vontade de conformar unhafronte común con todos elese as súas organizacións paradefendermos unha sociedademáis xusta, solidaria e unida.O día 21 de outubro, a clase

traballadora galega e o con-xunto da cidadanía non só vaiter a palabra, senón a posibili-dade de decidir co seu voto sevalidamos as políticas do PP–que nos levan ao desastre e áruína social– ou, pola contra,se lles damos a oportunidade a

outras opcións políticas queteñan as persoas como refe-rente e obxectivo central dassúas actuacións.Fronte a quen de forma indis-

criminada desacredita a clase po-lítica, e fronte a quen desderesponsabilidades nos gobernospractican actuacións antidemo-cráticas –e mesmo corruptas–que poñen en dúbida a impor-tante función social da política,reivindicamos a participaciónnas eleccións de todos e todas,en especial de quen se achegaás urnas por primeira vez. Esteé o medio para transmitirllesaos partidos políticos que a so-ciedade está viva e que as tra-balladoras e os traballadorestemos propostas políticas parasaír desta crise que tanto danolles fai ás persoas, pola gravesituación de desemprego quesufrimos, polo empeoramentodas condicións de traballo epolas ameazas que constante-mente se lanzan contra ossistemas públicos de protec-ción social.

Co PP, os recur-sos da Xuntaminguaron caseo 30%. Nin osinvestimentosforon para reac-tivar a economíanin se recortou ogasto superfluo

As obras públicas axudan a reactivar a economía

Page 5: A cidadanía pode frear os recortes o día 21 · Local sindical das Pontes de G.ª R. Rúa da Capela, 2 981.440.321 Santiago de Compostela (sede comarcal) Vía Edison 1-C, Polígono

5

www.galicia.ccoo.es

GaLicia SiNdicaLN.º 28 - Outubro 2012 (1.ª quincena)

A necesidade de consolidar osistema democrático esixe quenestas eleccións haxa un altograo de participación, abondocomo para acalar as voces dequen cada día o pon en cues-tión –desprestixio da democra-cia, quebra moral, goberno dosmercados, corrupción, etc.–.Pero tamén é desexable, paragarantir a saúde da democra-cia, ampliar a presenza nas ins-titucións de opcións políticasprogresistas e transformadorasque reflictan a pluralidade i-deolóxica da sociedade, abrin-do paso no Parlamento galegoa outras forzas políticas queacheguen novas ideas e novasprácticas.Votar é un dereito democrá-

tico conseguido tras longosanos de ditadura, un dereito aoque os traballadores e traballa-doras, a cidadanía, non pode-mos renunciar.O feito de que CCOO sexa

unha organización indepen-dente permítenos, e esíxenos,que en momentos tan impor-tantes como a campaña electo-ral non nos manteñamos ámarxe do debate político; benao contrario, entendemos que

é noso deber estar nel e que anosa independencia nos per-mite situarnos no seu centro.Comisións Obreiras consti-

túe un claro referente de es-querdas e aspira á trans-formación da sociedade. Comosindicato plural que é, agrupano seu seo cantos traballado-res e traballadoras deciden afi-liarse a el, sen discriminaciónningunha, polo que non asumeningunha opción partidariacomo propia.No entanto, como sindicato

de clase que reivindica a me-llora das condicións de vida etraballo de todos os traballado-res e traballadoras, e que pro-move a defensa de todo aquiloque nos afecta, considera queé o seu deber, desde o máis es-crupuloso respecto á libre von-tade das persoas, sinalar asesixencias mínimas que debe-rían atender os programas queaspiran a contar co voto dequen, neste asunto, considererelevante a nosa opiniónPor último, cómpre lembrar-

lles ás traballadoras e aos tra-balladores que non todos ospartidos políticos presentan osmesmos programas electorais

nin practican as mesmas polí-ticas cando gobernan. Por iso,instamos a afiliación e a cida-danía en xeral á reflexión se-rena e a que depositen a súaconfianza nas organizaciónsque nestes tempos difíciles es-tiveron preto dos traballadorese traballadoras, das persoas enparo, dos pensionistas e, enxeral, en defensa dos máis des-favorecidos. En definitiva, dequen asume as propostas eco-nómicas, sociais e laboraisdefendidas por CCOO: mante-mento do estado social dobenestar, revitalización dosservizos públicos como medidapara traballar pola equidade e axustiza social, políticas econó-micas que xeren emprego decalidade e políticas fiscais quenos encamiñen de verdade caraá redistribución da riqueza.Como sucedeu noutras oca-

sións, agora con máis virulen-cia se cabe, está en marchaunha campaña que pretendedesalentar o voto, desacreditara política e o colectivo, o que épatrimonio do conxunto da ci-dadanía. A política, os partidos,os sindicatos, as asociaciónscidadás que articulan a socie-

dade e até a propia democraciason unha 'molestia' para os po-derosos. Son estorbos para asúa pretensión insaciable deacaparar poder e diñeiro: sóqueren unha sociedade decompradores, de clientes, conpoucos dereitos e facilmentemaleables. Algunhas forzas po-líticas son condición necesarianeste xogo.Pero ante un proceso electo-

ral, con independencia da nosacondición, todos os cidadáns ecidadás temos un voto, e todosos votos son válidos. Non dei-xemos que os poderosos deci-dan por nós, os traballadores eas traballadoras.Desde o mencionado res-

pecto á liberdade das persoasen xeral, e da afiliación a CCOOen particular, reiteramos a ne-cesidade de acudir ás urnasmasivamente o próximo día 21de outubro para defendermoso noso, o de hoxe e o do fu-turo, en prol daquelas alterna-tivas que mellor respondan ásprioridades e obxectivos relata-dos nesta resolución.

Santiago de Compostela,9 de outubro de 2012

Os servizos públicos padeceron de xeito especial os recortes orzamentarios

As políticas dosgobernos do PPno Estado e Ga-licia provocan omaior retrocesoen dereitos la-borais e sociais.Amparados nodiscurso falazda austeridade,aplican recortesprexudiciaispara a cidadanía

Page 6: A cidadanía pode frear os recortes o día 21 · Local sindical das Pontes de G.ª R. Rúa da Capela, 2 981.440.321 Santiago de Compostela (sede comarcal) Vía Edison 1-C, Polígono

GaLicia SiNdicaL N.º 28 - Outubro 2012 (1.ª quincena)

6

www.galicia.ccoo.es

Os delegados e delegadas deNavantia en Fene e Ferrol, asícomo das compañías auxiliares,puxéronlle o día 11 fin a un mesde peche no Concello ferrolánporque lograron o seu obxectivo:reunir a comisión de seguimentodos estudos de viabilidade téc-nica, económica e xurídica dodique flotante. A xuntanza estáprevista para o vindeiro día 24.

Manifestacións unitarias por todo o paísen defensa dos servizos públicos

A Plataforma Galega en De-fensa dos Servizos públicos, in-tegrada por CCOO e outras vinteorganizacións convocou o pa-sado 15 de outubro manifesta-cións en toda Galicia contra aspolíticas da Xunta neste ámbito.A Área Pública de CCOO lém-

bralle ao Goberno galego que osrecortes non melloran o déficitpúblico. Peor aínda, destrúenemprego –e deterioran as con-dicións de traballo do resto dopersoal– e provocan un des-

censo do consumo, co que seagrava a situación económica.

Manifestacións autorizadasCómpre sinalar que, contra-

riamente ás manifestacións dopasado día 8, as convocadaspola Plataforma Galega en De-fensa dos Servizos Públicos nonse tiveron que enfrontar a tenta-tivas de prohibición por partedas xuntas electorais ou da De-legación e Subdelegacións doGoberno.

Na fotografía, pancarta principal da manifestación

da Coruña. Superposta, a marcha de Santiago de Compostela

Fin ao pecheen Ferrol

NAVANTIA

As traballadoras de GaliciaSaudade, concesionaria do ser-vizo de axuda a domicilio deSada, decidiron levantar o cam-pamento que mantiñan desdehabía uns días diante do Concellopara esixiren os cinco meses desalarios debidos. O alcalde anun-cioulles a rescisión do contratocoa empresa, polo que cabe aposibilidade de que llo adxudi-quen a outra que as subrogue.

Suspendido ocampamento

GALICIA SAUDADE

O comité de empresa da TVG esixe apermanencia dun modelo públicoestable para a compañía

O comité de empresa da TVGvolveu reivindicar o pasado día10 o «carácter esencial» da radioe televisión públicas de Galicia,ao tempo que esixiu a «perma-nencia dun modelo público esta-ble» para a compañía que per-mita a pluralidade e a obxectivi-dade.Desde o comité lembran que

se cumpre un ano das protes-tas pola aprobación da Lei demedios públicos de comunica-ción audiovisual de Galicia,unha normativa que «implica

graves ameazas relativas á po-sible privatización do medio, áexternalización da produción, áredución do cadro de persoal eao recorte dos seus dereitos».Como exemplo disto último,

cómpre lembrar que, con mo-tivo da aprobación da lei, os

sindicatos que integran o co-mité organizaran varios actosde protesta, entre eles un Tele-xornal reivindicativo na prazacompostelá do Toural. Aquelaacción culminou coa sanción adous dos profesionais do entepúblico que deron a cara.

Pegatina distribuída polo comité da CRTVG denunciando que o

Goberno de Feijóo pretende ‘apagar’ os medios públicosCúmprese unano das protes-tas contra anova lei sobre osmedios públicosaudiovisuais

Page 7: A cidadanía pode frear os recortes o día 21 · Local sindical das Pontes de G.ª R. Rúa da Capela, 2 981.440.321 Santiago de Compostela (sede comarcal) Vía Edison 1-C, Polígono

7

www.galicia.ccoo.es

GaLicia SiNdicaLN.º 28 - Outubro 2012 (1.ª quincena)

A Plataforma en Defensa doEnsino Público, da que formaparte CCOO, emitiu recente-mente unha valoración sobre oanteproxecto da Lei orgánica demellora da calidade educativa(LOMCE).Para a Plataforma, o antepro-

xecto supón un retroceso a unmodelo escolar trasnoitado quepromove a segregación social enega o principio de igualdadede oportunidades no ensinoobrigatorio. Non é unha re-forma propiamente educativa,senón ideolóxica, que pretendecambiar o actual paradigma eacabar con todos os avancesacadados nos últimos trintaanos no ámbito educativo.O sistema educativo transfór-

mase nunha carreira de obstá-culos para o alumnado, que des-de idades moi temperás co-meza a ser etiquetado e clasifi-cado sendo dirixido por iti-nerarios que teñen moi poucasou case ningunha posibilidadede marcha atrás, o que vai faci-litar a expulsión do sistemaeducativo do alumnado máisdesfavorecido e con máis difi-cultades.En lugar de apostar por

apoiar o alumnado con dificul-tades para que progrese no sis-tema educativo, hai unha ob-sesión por separalo en funcióndo seu rendemento. A atencióná diversidade na secundariaqueda reducida aos programasde mellora de aprendizaxe erendemento, que perden a súafinalidade de obtención do títulode graduado en secundaria.A Plataforma critica tamén a

instrumentalización da forma-ción profesional para establecerun elemento diferenciador entre

os alumnos da mesma idadeescolar obrigatoria que cur-san as ensinanzas obrigatorias.«Para este Goberno, parece serque estas competencias nonson as mesmas para todos,pois o sistema educativo xa deentrada pretende establecer ob-xectivos excluíntes para as saí-das do ensino obrigatorio se-gundo sexa o itinerario cur-sado, acceso ao mercado labo-ral, continuidade de estudo»,denuncia.Esta reforma constitúe un gran

retroceso histórico no desenvol-vemento da formación profesio-nal que xerará unha involuciónno proceso de recoñecementosocial destas ensinanzas e, xaque logo, unha depreciación entodas as súas etapas.As organizacións que inte-

gran a Plataforma ven «graví-sima» a introdución dun ele-mento de desconfianza cara acapacidade do profesorado paraavaliar ao seu alumnado, ao in-

troducirse as avaliacións exter-nas en cada etapa e depender atitulación do alumnado, tantona secundaria obrigatoria co-mo no bacharelato, da supera-ción das devanditas avaliaciónsexternas.

SexismoDenuncian que se trata dunha

lei «claramente sexista» quelles dá amparo legal aos con-certos para os centros que se-gregan o alumnado por sexos,a pesar das recentes sentenzasdo Tribunal Supremo en sen-tido contrario.Tamén consideran que se

trata dunha iniciativa que abreas portas aos concertos na for-mación profesional básica e asensinanzas postobrigatorias,isto é, á privatización.

Modelo antidemocráticoA lei modifica de xeito substan-

cial o modelo democrático e par-ticipativo de goberno dos cen-

Imaxe dunha marcha recente en defensa do ensino púbilco

n En lugar de apostar por apoiar o alumnado con dificultades para que progrese no sistema educativo,hai unha obsesión por separalo en función do seu rendemento

O ensino público rexeita oanteproxecto da LOMCE

tros, xa que o Consello Escolarpasa a ser un órgano meramenteconsultivo, afastando deste xeitoas familias e o profesorado daxestión dos centros, polo quequeda só en mans da Adminis-tración –que se reserva a facul-tade de elección das direc-cións dos centros.

RecentralizaciónO anteproxecto da LOMCE é

recentralizador, pois recorta ascompetencias das comunida-des autónomas para evitar, enpalabras do propio ministro,José Ignacio Wert, a apariciónde contidos de carácter identi-tario. Con todo, para a Plata-forma hai unha cuestión queresulta aínda «máis estremece-dora»: o seu carácter «mercan-tilista e antieducativo». Denun-cia «que antepón as necesida-des do mercado ao feito deeducar cidadáns, tratando oalumnado coma se fose simplemercadoría».

Page 8: A cidadanía pode frear os recortes o día 21 · Local sindical das Pontes de G.ª R. Rúa da Capela, 2 981.440.321 Santiago de Compostela (sede comarcal) Vía Edison 1-C, Polígono

Número 28 - 1.ª quiNceNa de outubro de 2012

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Martes, 16 de outubro de2012. A marea cívicagalega, Nunca Máis,

volveuse facer presente paraesixir xustiza e que nunca máisse dea unha catástrofe como ado Prestige.Após ler isto, seguro que

haberá quen pense: «Peronon se disolvera a plataformaNunca Máis?». Non se disol-veu, non, porque unha comi-sión xestora –da que CCOOforma parte– encargouse demanter acesa a chama. Nun-ca Máis é como a Bravú, quelevaba por lema «a revistaque sae cando a situación orequire». A situación, nestecaso, o inicio da vista oral doxuízo pola marea negra orixi-nada polo Prestige hai xacase dez anos.Unha marea negra pola

que Nunca Máis consideraque se deben depurar res-ponsabilidades, sen límite,mesmo que atinxan persoasque tiñan responsabilidadesde goberno. Por ese motivo,o lema da concentración quetivo lugar onte na Coruña era«Nunca máis impunidade».Esa marea negra esnaqui-

zou a nosa costa e causou unimpacto terrible sobre o eco-sistema e cuxos efectos, pordesgraza, aínda non coñece-mos por completo, como tam-pouco sabemos con exactitudecales son as consecuenciaspara a saúde dos centos depersoas que colaboraron nastarefas de limpeza.Pero a plataforma quixo

denunciar outra cuestión,non menos terrible ca as an-teriores: case unha décadadespois, moi poucas cousascambiaron, e algunhas mes-mo foron a peor, polo queunha desgraza coma estapodería repetirse.

Nunca máisimpunidade

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez

«O xornalismo esixe, sempre,verdade e interese xeral»

Como compatibilizas o laborcreativo, lento por definición,coas esixencias de rapidez pro-pias dos medios?Eu son lento. Non contempla-

tivo, ou non en exceso, pero silento. Iso non é un atranco paraa creación, máis ben ao contra-rio, porque escribir é en gran me-dida reescribir. Dicíao DámasoAlonso: «cultura é lentitude». Oxornalismo, en cambio, traballa aprazo. Un día na prensa escrita,pero só horas ou minutos naradio ou na televisión. A claveentón é condensar, ir ao miolodas cousas. Literatura e xorna-lismo poden parecer ámbitosafastados, pero o intelixente é hi-bridar. Da escrita literaria intentolevar ao xornalisom o gusto polapulcritude, e a obsesión destepola claridade, á escrita.

Tendo en conta a diminuciónda especialización na prensa, o

A discreción e elegancia que caracterizan a Luis Rei non lleimpiden a contundencia á hora de xulgar a situación actual dacultura e do xornalismo, ou afirmar que cómpre desprazar adereita gobernante. Luis Rei gañou os premios Xerais de novela,Blanco Amor, o da crítica galega... É un xornalista de prestixio quedesenvolve o seu labor na TVG, onde foi xefe da sección deCultura. Naceu na Coruña en 1958 e, aínda que agora vive enPontevedra, confesa que segue sendo deportivista.

DANDO A CARA · por Xosé Antón G. Ferreiro

xornalismo cultural está conde-nado a desaparecer?Houbo un tempo en que prac-

ticaba o xornalismo cultural quennon podía escoller outra cousa.Esa tendencia cambiou co es-pazo que á sección se lle empe-zou a dar nalgúns medios. Ocerto é que na sociedade existeunha demanda e que esa de-manda sostén toda unha indus-tria. Mesmo hai países en quechega a ser a súa principal fontede ingresos. Así que non semellaun xornalismo condenado a des-aparecer.

A inmediatez dos medios ac-tuais, especialmente no queatinxe ao audiovisual e á Inter-net, favorece ou prexudica a ca-lidade da información?Son ferramentas que favore-

cen unha circulación de datose contidos instantánea, oucase. Iso universaliza o acceso

á información. Pero son facili-dades que deben ir acompaña-das dun compromiso co rigor,na expresión e nas mensaxes.O xornalismo vai pedir sempreo mesmo alimento: a verdadede interese xeral.

Que futuro lle ves ao galegono mundo do xornalismo e noda literatura?O mesmo futuro que a Gali-

cia: o que queiran para o país ea súa cultura os propios gale-gos, moi incerto se non se co-rrixe o rumbo seguido ataagora. Os Gobernos galegos,desde que hai Xunta, non ser-viron nin sequera para deter ahemorraxia, xa non digamospara poñerlle cura. Ás vecespor desidia, e na última xeira,con Feijóo, por auténtico auto-odio de señoritos de casino vi-lego. Parece que lles sobratodo o que nos fai diferentes aomodelo de Madrid, propagadoe imposto pola súa poderosacaverna mediática.

É posible facer un bo xorna-lismo coa precariedade quesofren gran parte dos profe-sionais?A precariedade trae da man a

sobreexplotación, ou un neoes-cravismo, e os menús que re-sultan son puro fast food. Eucreo que debemos aspirar,polo menos, a un bo caldo dacasa, e mais a darnos unha ho-menaxe de cando en vez. Claroque para iso é preciso cambiar-mos antes moitas cousas. No-meadamente na correlación deforzas, na sociedade e na polí-tica, desprazando a dereita dahexemonía. Só así, de paso,deixaremos de ter xornalistasobrigados a se moveren por aíadiante coma pitos de Corensen cabeza.