a asociación de amigos do museo de historia natural da ......todos os gañadores levaron como...

5
Máis de 60 participantes A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC escolle aos gañadores do seu I Concurso de Nadal A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC xa ten aos gañadores do seu I Concurso de Nadal, celebrado do 21 de decembro de 2015 ao 8 de xaneiro de 2016. A gañadora da primeira categoría, de 5 a 8 anos, é Ánxela Maneiro Pérez, de 8 anos, polo seu traballo Minerais na nosa vida; na segunda categoría, de 9 a 13 anos, David Gutiérrez Fernández, de 11 anos, por Talco, óxido de ferro e serpentina; na terceira, de 14 a 17 anos, Sergio García Coira, de 14 anos, por Azurita, e na cuarta, 18 anos ou máis, a gañadora é Begoña Moreiras España polo seu traballo titulado Diamantes. Os sesenta e tres traballos presentados, a maioría entre 9 e 17 anos, a esta primeira edición do concurso teñen como temática común os minerais. Os concursantes puideron elixir libremente calquera tema relacionado con algún mineral, tales como usos, tipos, propiedades, lendas... Os relatos foron entregados nun folio A4 incluíndo texto e ilustracións. Todos os gañadores levaron como premio unha tablet, que foi entregada o día 23 de febreiro, ás 19 horas, nun acto presidido polo Reitor e Presidente da Asociación de Amigos do Museo, Sr. Juan Viaño Rey no Museo de Historia Natural da USC (Parque Vista Alegre, 15782 Santiago de Compostela). Ademais, todos os participantes recibiron un diploma pola súa participación no concurso. O xurado estivo formado pola Xunta Directiva da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC: a vicepresidenta e directora do Museo, Mabel Fraga; o tesoureiro, Roberto Almuiña Díaz; o secretario, Francisco Caamaño Isorna, e os vogais, Rosario García-Echave López, José Luis Veiga Goy, Adela Vázquez Vázquez, Manuel Sanmartín Durán e Felipe Bárcena Varela de Limia. Os gañadores elixíronse por votación secreta.

Upload: others

Post on 02-Jan-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da ......Todos os gañadores levaron como premio unha tablet, que foi entregada o día 23 de febreiro, ás 19 horas, nun acto presidido

Máis de 60 participantes

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC escolle aos gañadores do seu I Concurso de Nadal

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC xa ten aos gañadores do seu I Concurso de Nadal, celebrado do 21 de decembro de 2015 ao 8 de xaneiro de 2016. A gañadora da primeira categoría, de 5 a 8 anos, é Ánxela Maneiro Pérez, de 8 anos, polo seu traballo Minerais na nosa vida; na segunda categoría, de 9 a 13 anos, David Gutiérrez Fernández, de 11 anos, por Talco, óxido de ferro e serpentina; na terceira, de 14 a 17 anos, Sergio García Coira, de 14 anos, por Azurita, e na cuarta, 18 anos ou máis, a gañadora é Begoña Moreiras España polo seu traballo titulado Diamantes.

Os sesenta e tres traballos presentados, a maioría entre 9 e 17 anos, a esta primeira edición do concurso teñen como temática común os minerais. Os concursantes puideron elixir libremente calquera tema relacionado con algún mineral, tales como usos, tipos, propiedades, lendas... Os relatos foron entregados nun folio A4 incluíndo texto e ilustracións.

Todos os gañadores levaron como premio unha tablet, que foi entregada o día 23 de febreiro, ás 19 horas, nun acto presidido polo Reitor e Presidente da Asociación de Amigos do Museo, Sr. Juan Viaño Rey no Museo de Historia Natural da USC (Parque Vista Alegre, 15782 Santiago de Compostela). Ademais, todos os participantes recibiron un diploma pola súa participación no concurso.

O xurado estivo formado pola Xunta Directiva da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC: a vicepresidenta e directora do Museo, Mabel Fraga; o tesoureiro, Roberto Almuiña Díaz; o secretario, Francisco Caamaño Isorna, e os vogais, Rosario García-Echave López, José Luis Veiga Goy, Adela Vázquez Vázquez, Manuel Sanmartín Durán e Felipe Bárcena Varela de Limia. Os gañadores elixíronse por votación secreta.

Page 2: A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da ......Todos os gañadores levaron como premio unha tablet, que foi entregada o día 23 de febreiro, ás 19 horas, nun acto presidido
Page 3: A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da ......Todos os gañadores levaron como premio unha tablet, que foi entregada o día 23 de febreiro, ás 19 horas, nun acto presidido
Page 4: A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da ......Todos os gañadores levaron como premio unha tablet, que foi entregada o día 23 de febreiro, ás 19 horas, nun acto presidido
Page 5: A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da ......Todos os gañadores levaron como premio unha tablet, que foi entregada o día 23 de febreiro, ás 19 horas, nun acto presidido