a arte gÓtica...precedente: arte cisterciense • nova arquitectura máis austera. (exemplo:...
TRANSCRIPT
A ARTE GÓTICA
ARTE GÓTICA (S. XII-XV)
• O gótico é unha arte cun marcado carácter urbano (en contraposición ao románico), debido ao crecemento das cidades a partir do século XII. Construíronse: – Lonxas para os mercadores – Concellos para o goberno da cidade – Palacios para os burgueses enriquecidos – Catedrais que mostrasen a importancia da cidade – Universidades para os estudantes – Mosteiros de ordes mendicantes...
ARQUITECTURA
• Na segunda metade do séc. XII algúns mestres construtores franceses comezaron a aplicar innovadoras solucións técnicas nas igrexas para facelas máis esveltas.
• As ventás gañan terreo aos muros grazas a: – O arco apuntado, que exerce menos peso sobre o
muro e permite elevar a altura do edificio; – A bóveda de cruzaría ou de oxiva, que fan que o peso
da bóveda non descanse nos muros, senón nos piares no que descansan os nervios da bóveda.
– Os arcobotantes e contrafortes exteriores, que reciben o empuxe da bóveda.
Precedente: arte cisterciense • Nova arquitectura máis austera. (exemplo: mosteiro de Oseira)
King´s College de Cambridge
• Grazas a estas técnicas xa non son necesarios os grosos muros, e pódense abrir grandes ventanais con vidreiras que proporcionan unha luz difusa, coloreada e irreal que transforma o espazo interior nun espazo místico e simbólico.
Poucas veces a arquitectura conseguiu unha sensación espacial tan ilusoria e transcendente que fai que o fiel aprecie que existe un poder superior.
Santa Capela de París
Catedral León
Catedral de Burgos
Escultura
• O naturalismo é o trazo máis destacado. • Ao contrario da románica, agora hai máis sensación de
realidade, desaparecendo o a desproporción e o hieratismo. Un sopro de vida parece animar as figuras.
• Os personaxes relaciónanse entre eles, hai comunicación entre as figuras.
• Os temas seguen sendo relixiosos: – O Cristo crucificado agora expresa sufrimento na cruz; de 3
cravos e cos brazos vencidos. – A Virxe e o Neno manifesta o amor maternal – Pasamos do Deus románico do terror a un Deus do amor.
Virxe Branca da catedral de Toledo
Portada Catedral de Reims
Protogótico da Catedral de Santiago • Pórtico da Gloria. Mestre Mateo
Palacio de Xelmírez
Pintura • Debido a redución dos muros, a pintura mural
retrocede en favor das miniaturas, as vidreiras e os retablos pictóricos.
• Temas relixiosos pero tamén desenvolvemento dos retratos: moitos nobres e burgueses encargaban retratos para mostrar o seu poder
• Riqueza de cores e uso do dourado • Só na etapa final se introducen paisaxes no fondo,
anunciando o Renacemento (Giotto) • Giotto (s. XIV) supón unha revolución na historia da
pintura: inicia a tradición do figurativismo, representa o que ve do modo que o ve, introducindo a perspectiva.
A fuxida de Exipto de Giotto
Capela dos Scrovegni en Padua (Giotto)
A Anunciación de Simone Martini
O Renacemento do Norte
• No século XV, desenvolveuse en Flandres un tipo de pintura moi vinculada ao desenvolvemento da rica burguesía, que demandaban retratos de gran realismo
• Pintura de gran minuciosidade grazas a aparición dunha nova técnica: o óleo.
• Realízase mesturando os pigmentos cun aglutinante feito con aceites, que permite un secado máis lento e posibilita introducir correccións.
O matrimonio Arnolfini,
de Van Eyck