a arquitectura románica en europa

58
A ARQUITECTURA ROMÁNICA EUROPEA FRANCIA ALEMAÑA INGLATERRA ITALIA

Upload: profesor-historia

Post on 24-May-2015

1.048 views

Category:

Education


16 download

DESCRIPTION

Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina

TRANSCRIPT

Page 1: A arquitectura románica en Europa

A ARQUITECTURA ROMÁNICA EUROPEA

FRANCIA ALEMAÑA

INGLATERRAITALIA

Page 2: A arquitectura románica en Europa

ARQUITECTURA CIVIL E MILITAR

• Recinto fortificado de Ávila, s. XII. Cunha altura de 12 m, na muralla aparecen cada 20 m torres semicirculares que acompañan o camiño de ronda. Esta fortaleza presenta a catedral e as principais casas encostadas á muralla para garantir a defensa

Page 3: A arquitectura románica en Europa

FRANCIA, O BERCE DO ROMÁNICO

A rexión francesa de Borgoña é a máis xenerosa das igrexas románicas, grazas ao pulo de ClunyAs igrexas son grandes e ben iluminadas, con muros ben articulados e ricamente decoradosNas rexións de Auvernia e o Languedoc séguense os modelos das igrexas de peregrinaciónOs monxes deste mosteiro promoveron peregrinacións e romarías: trazaron itinerarios, propagaron información e alentaron aos romeiros, para que, andando e cantando, sobre todo polos camiños que conducían a Santiago de Compostela, construíran na práctica a unidade de Europa. O Camiño foi o xérmolo dun grande intercambio de linguas, ideas e costumes, así como do nacemento dun longo itinerario de arte románica

Page 4: A arquitectura románica en Europa

A ABADÍA DE CLUNY (S. XI-XII)

Planta da abadía de Cluny III e sección transversal do coro (1080-1130). A planta do edificio inclúe cinco naves anchas, dobre transepto e un coro con xirola e cinco capelas radiaisO conxunto está precedido por un nártex con tres naves e unha fachada porticada flanqueada por dúas torresPolas súas proporcións monumentais e a influencia da orde cluniacense, esta abadía xogou un papel moi destacado na historia da arquitectura románica

Page 5: A arquitectura románica en Europa

A ABADÍA DE CLUNY (S. XI-XII)

Destruída durante a Revolución Francesa de 1789, na actualidade só

conservamos a chamada Torre do Reloxio (o brazo sur dun dos transeptos da

igrexa abacial).Esta abadía foi, até a

construción da Basílica de San Pedro en Roma, a igrexa máis grande da

cristiandade

Page 6: A arquitectura románica en Europa

O CAMIÑO DE SANTIAGO E A DIFUSIÓN DEL ROMÁNICO

Page 7: A arquitectura románica en Europa

A ARQUITECTURA ROMÁNICA E O CAMIÑO DE SANTIAGO

Nos s. XI e XII, as peregrinacións e as cruzadas deron paso a unha das épocas máis apaixonantes da civilización cristiá. As ordes monásticas, protexidas polos reis e a Igrexa, potenciaron as peregrinacións e encargáronse de construír ao longo dos itinerarios todo tipo de edificios de acollida para os peregrinos. Os destinos adoitaban ser: o Santo Sepulcro de Terra Santa, a tumba de San Pedro en Roma e a do apóstolo Santiago en Compostela

O camiño de Santiago converteuse nunha grande empresa dos monxes de Cluny, que erixiron mosteiros, abadías, basílicas e colexiatas nun estilo románico pleno

Page 8: A arquitectura románica en Europa

Considerada como o punto de partida das igrexas de peregrinación, viviu o seu apoxeo grazas ás reliquias de Santa Fe No exterior, a cabeceira revela a excelente articulación dos volumes a diferente altura: as capelas dan lugar á ábsida e a ábsida ao ciborio octogonal do cruceiro

IGLEXA ABACIAL DESANTA FE DE CONQUES

Page 9: A arquitectura románica en Europa

O MODELO MÁIS ACABADO DE IGREXA DE PEREGRINACIÓN

Basílica de Saint Sernin de Toulouse (1080-1120)

Page 10: A arquitectura románica en Europa

ANÁLISE DUN TEMPLO ROMÁNICO: SAN SERNIN DE TOULOUSE

MODELO DE IGREXA DE PEREGRINACIÓN

O templo de San Saturnino de Toulouse, inspirado en San Martin de Tours, constitúe, tras a desaparición de Cluny, a máis grande edificación románica de FranciaConstruída en memoria de Saturnin, primeiro bispo de Toulouse e mártir, que viviu na primeira mitade do s. IIIFoi consagrada no ano 1096

Page 11: A arquitectura románica en Europa

IGREXA DE PEREGRINACIÓN:

A PLANTA

• A igrexa de St. Sernin pertence aol estilo das grandes iglerexas de peregrinación, así chamadas porque estaban construídas ao longo dos camiños de peregrinación que conducían a Santiago de Compostela

• A planta é moito máis complexa e integral cás edificificacións anteriores, presentado a forma de cruz latina, co centro de gravidade no extremo leste

• Esta igrexa foi proxectada para acoller a grandes multitudes de laicos na súa longa nave e no transepto

Page 12: A arquitectura románica en Europa

CONCEPCIÓN E ARTICULACIÓN DO ESPAZO

ARQUITECTÓNICO

• A nave central está flanqueada por dúas naves laterais a cada lado (a igrexa ten un total de cinco naves), e a interior destas úas continúa arredor dos brazos do cruceiro e a ábsida, formando un deambulatorio completo que parte das dúas torres da portada occidental

• Articulado coas naves laterais e o transepto e enriquecido con capelas radiais que parecen irradiar da ábsida e proseguir ao longo da cara oriental do transepto

• A ábsida, o deambulatorio e as capelas radiais forman unha unidade coñecida como Coro de peregrinación

Page 13: A arquitectura románica en Europa

OS SISTEMAS DE CUBERTA

• A planta de St. Sernin permítenos ver que a nave central cóbrese con bóveda de canón, mentres que as naves laterais están cubertas, na súa totalidad, por bóvedas de aresta. Isto dálle a todo o proxecto un alto grao de regularidade

O MÓDULO ARQUITECTÓNICO

• As naves laterais están formadas por tramos cadrados que serven de unidade básica, o módulo, de outras dimensións, de xeito que os tramos da nave central e do transepto equivalen a dúas destas unidades, e o cruceiro e as torres da fachada a catro delas

Page 14: A arquitectura románica en Europa

• E

Fachada oeste de St. Sernin. Podemos observar que a estrutura da fachadaCorrespóndese coas cinco naves que a conforman no seu interiorOs grandes contrafortes non só reforzan o sistema de soportes interno, senón que tamén delimitan, no exterior, a forma en que se organizou o espazo interior do temploPodemos observar a estreitura dos vans e o dobre pórtico coroado por unha galería de arcos de medio punto e un xigantesco óculo ou rosetónOs muros elévanse sobre un aparello de ladrillos completado por pedras de cantaría que encontran as xanelas e conforman as cornixas e contrafortes.Todo o conxunto exterior transmite o aspecto de sólida e recia fortaleza característico do estilo románico

A FACHADA OU PORTADA

Page 15: A arquitectura románica en Europa

No exterior, esta rica articulación acrecéntase polos diferentes niveis dos tellados, onde destaca a nave e o transepto das naves interiores e exteriores, a ábsida, o deambulatorio e as capelas radiais, polas bandas que reforzan os muros entre as xanelas e portais, e pola gran torre do cruceiro (rematada en época gótica e máis alta que o proxecto primitivo)Mais as dúas torres da fachada ficaron sen rematar, e só son tocos

Page 16: A arquitectura románica en Europa

O máis salientable no exterior é o enorme ciborio que coroa o

cruceiro do transeptoA torre-ciborio presenta varios

andares apiramidados con amplas xanelas bíforas (vans

xeminados)

Page 17: A arquitectura románica en Europa

Cabeceira de St. Sernin de Toulouse (1060-1150)Ao deambulatorio do coro ábrense cinco capelas entre xanelas, culminadas por un

óculo. Os muros elévanse sobre un aparello de ladrillos completados por pedra de cantaría que encadran as ventás e conforman as cornixas e os contrafortes

A ábsida da igrexa de St. Sernin ofrece o típico perfil da xirola ou deambulatorio coas súas capelas radiais. Os volumes cilíndricos, os arcos de medio punto que enmarcan os vans, as pequenas columnas encontadas, as cornixas que sobresaen e as distintas alturas, conforman un sistema de gran regularidade xeométrica

Page 18: A arquitectura románica en Europa

• Detalle do tímpano: a ascensión de Cristo• Detalle dun capitel: a degolación dos inocentes• Detalle: entre un astrágalo espido e un ábaco

decorado cunha cenefa de palmas, o capitel amosa unha campá decorada con dous chibos enfrontados rodeados por motivos vexetais Esta alusión ao reino de Satán invita o cristián a levar unha boa conduta, pois delas depende a súa salvación

Page 19: A arquitectura románica en Europa

Ao entrarmos na nave central ficamos impresionados pola altura das súas proporcións (21 m.), o coidado arquitectónico das súas paredes e a iluminación, tenue e indirecta

. Volveuse á sintaxe da arquitectura romana antiga (bóvedas, arcos, columnas encostadas e pilastras, trabado todo nunha orde coherente e sólida)

Page 20: A arquitectura románica en Europa

• O arquitecto, ao cubrir a nave cunha bóveda co fin de eliminar o perigo de incendio dos tellados de madeira, non perseguía só unha finalidad práctica; senón tamén dotar á Casa de Deus dunha maior grandiosidade e maxestade. E como unha bóveda é máis difícil de soster cando máis alta se levanta, puxo en xogo todos os recursos dispoñibles para dar á nave a máxima altura que estimou posible

• Porén, houbo de sacrificar as vidrieiras directas por razóns de seguridade; no seu lugar construiu tribunas enriba das naves laterais interiores, para contrarrestar a presión lateral da bóveda que se apoia sobre a nave principal, agardando que así se filtrase a suficiente luz para iluminar a nave principal

Page 21: A arquitectura románica en Europa

Santa Fe de Conques (fins do s.XI- principios do XII)Situada nunha rexión de difícil acceso, a abadía viviu unha época de gran esplendor grazas ás reliquias de Santa Fe, roubadas polos monxes a unha abadía veciña sobre o ano 880. Durante a Idade Media estes actos non eran excepcionais, como amosa o caso de Xelmírez e as reliquias de San Frutuoso de BragaEste edificio constitúe unha mostra da denominada «arquitectura de peregrinación»

Page 22: A arquitectura románica en Europa

SANTA FE DE CONQUESPLANTA

• Fins s. XI e inicios s. XII• O edificio presenta unha nave

central con bóveda de canón e naves laterais cubertas por bóvedas de aresta

• O transepto divídese en tres naves e ábrese a unha cabeceira con deambulatorio e capelas radiais. Dúas absidiolas sitúanse gradualmente en ambos brazos do cruceiro

• Este conxunto responde en todos os aspectos ás esixencias de circulación das igrexas de peregrinación

Page 23: A arquitectura románica en Europa

Cabeceira de Santa Fe de Conques (fins s. XI e

principios s. XII)• Por riba das capelas e da

xirola elévase a ábsida, decorada con altos contrafortes-columnas, unidos por arcos cegos situados por debaixo da cornixa

• O ciborio octogonal do cruceiro, que dispón dunha pequena torre con escaleira, elévase por riba do conxunto da cabeceira

• É unha disposición ben graduada dos volumes exteriores, como é característico das cabeceiras románicas

Page 24: A arquitectura románica en Europa

A LUZ INUNDA O CRUCEIRO

Vista dende o cruceiro de Santa Fe de Conques

• A cúpula sobre trompas do cruceiro, con oito nervos, é un engadido do s. XIV, ao igual co campanario

• As albanegas están decoradas con figuras de anxos no lado do cro e coas cabezas dos santos Pedro e Paulo no lado da nave

• Os brazos do transepto fican iluminados por dúas xanelas coroadas por un óculo

Page 25: A arquitectura románica en Europa

ESPACIOSAS TRIBUNAS NA PARTE ALTA

• Vista dende o oeste da nave lateral norte e o transepto de Santa Fe

• O alzado presenta, sobre as grandes arcadas e as naves laterais, un nivel de tribunas que ilumina a nave principal de forma indirecta, grazas a uns amplos “ajimeces”. Accédese a elas por unha escaleira de caracol moi entreita e constitúen un dos trazos máis característicos das igrexas de peregrinación

Page 26: A arquitectura románica en Europa

O TÍMPANO E A SÚA MENSAXE DIDÁCTICA

• Tímpano da portada oeste de Santa Fe de Conques, construÍda entre 1120 e 1135

• A partir do s. XII, a escultura invadiu todo o edificio e grandes representacións iconográficas pasaron a ocupar os tímpanos das portadas. En Conques, o Xuízo Final recibe o crente que se dispón a entrar na casa de Deus

Page 27: A arquitectura románica en Europa

IGREXA DE PARAY LE MONIAL , BORGOÑA

(s. XII)

Paray-le-Monial pertencía a Cluny dende 999. A súa igrexa preséntase como unha copia reducida e modesta da súa casa naiDada a súa curta comunidade renuncia ao dobre transepto, mais a cabeceira mantén un deambulatorio con tres capelas, tomando como modelo as chamadas igrexas de peregrinación Na ordenación do muro interior da nave central mantén o esquema: intercolumnio de arcos apuntados, falso triforio e orde de xanelas

Page 28: A arquitectura románica en Europa

Catedral de San Pedro de Anguleme(influencia bizantina)

Page 29: A arquitectura románica en Europa

Románico con influencia bizantina

Igrexa de Saint Front (Perigeaux)

Page 30: A arquitectura románica en Europa

STA. MARÍA MAGDALENA DE VEZELAY (s. XII)Vezelay (Borgoña) foi a primeira vila de Francia onde se coñece o culto a María Magdalena. Mais parece que nos seus inicios o templo estaría dedicado á virxe María, por algunha razóns os monxes decidiron que esta abadía era o lugar de enterramento de María Magdalena, coñecéndose peregrinacións a este sepulcro dende polo menos 1030

Page 31: A arquitectura románica en Europa

O ROMÁNICO EN ALEMAÑA

Alemaña é un dos berces da arquitectura románica. Así, naquela época, s. XI e XII, brillaba o Sacro Imperio Romano Xermánico, cuxos emperadores eran coroados polo Papa, erixíndose en defensores universais da Cristiandade

As grandes catedrais románicas alemanas eran denominadas Kaiserdome, o que indica a súa estreita relación co poder imperial. O trazo máis característico é a dobre cabeceira. Así, do mesmo xeito que a cabeceira (o extremo oriental) representa habitualmente a zona sagrada e o poder divino, estas Kaiserdome tiñan un extremo occidental non menos rico arquitectonicamente para simbolizar o poder terreal do emperador. Adoitan ter neste lado oeste un segundo transepto, co seu ciborio e mesmo con torres nos extremos e, en ocasións, tamén unha segunda ábsida

Catedral de Maguncia

Abadía de Santa María de Laach

Page 32: A arquitectura románica en Europa

Catedral de Spira (1027-1061)

Page 33: A arquitectura románica en Europa

Planta restituída da catedral de Spira

(1060)

• A catedral inclúe un corpo occidental formado por un pórtico na parte baixa e tribunas no nivel superior. A nave central, de 15 m. de anchura, consta de seis tramos que corresponden aos 12 tretios das naves laterais

• O transepto, articulado en tres módulos cadrados, componse de dous brazos con capelas inseridas no groso muro e un ciborio octogonal sobre o cruceiro

• A cabeceira, que se eleva sobre a cripta, ábrese a unha única ábside flanqueda por dúas torres de escaleira

Page 34: A arquitectura románica en Europa

Unha bóveda de aresta con arcos feixóns cobre a nave, un esquema en perfecta harmonía coa iluminación directa que transmiten as xanelas. Os arcos feixóns descansan en piares reforazdos de dous en dous por almofadóns e recias columnas encostadas. A alternancia dos soportes confire unha grande forza rítmica á disposición en tramos dobres da nave

• Este dispositivo inspirou a maior parte das grandes igrexas renanas

Interior da nave central da catedral de Spira (1060)

Page 35: A arquitectura románica en Europa

CATEDRAL DE WORMS

Sobre o ano 1171 comezou a construción da impoñente catedral da cidade renana de WormsA planta presenta tres naves e un amplo transepto, en cuxo centro se levanta unha grande cúpulaTras o transepto atopamos un coro cadrado que acaba nunha ábsida semicircular flanqueada por torres circulares

Page 36: A arquitectura románica en Europa

A abadía beneditina de María Laach

Fundada en 1093Coñecida pola perfección e

equilibrio arquitectónico do seu corpo occidental

Page 37: A arquitectura románica en Europa

A composición da cabeceira ordénase arredor dun ciborio marcado por pequenas torrres octogonaiss. O conxunto conta con tres hemiciclos decorados con dúas filas de arcadas sostidas por pilastras no primeiro nivel e por medias columnas no segundo. As partes elevadas presentan unha galería de arcadas rematadas por un friso de marcos rectangulares, motivo que decora asimesmo os muros da torre e das pequenas torres. Esta composición inspírase na cabeceira de San Martiño o Grande

Cabeceira occidental dos Santos Apóstolos

(Colonia, c. 1200)

Page 38: A arquitectura románica en Europa

INGLATERRA

As igrexas convértense en monumentais basílicas, con

amplos transeptos e presbiterios moi profundos, que

destacan polas súas fermosas e altas

torres

Catedral de Ely

Page 39: A arquitectura románica en Europa

Catedral de Ely (s. XII)

Page 40: A arquitectura románica en Europa

Planta de conxunto (consagrada en 1133)

O edificio é unha variante de planta beneditina, cunha nave de oito tramos e dúas naves laterais, un transepto sobresaínte provisto dunha soa nave lateral no leste, e un coro profundo de catro tramos prolongado por tres ábsidas. A ábsida axial proxéctase ao exterior e as outras dúas atópanse inscritas no muro da cabeceira, na prolongación das naves laterais

Este edificio ilustra a nova tendencia que apareceu en Inglaterra caracterizada polo alongamento das igrexas e a ampliación dos transeptos

A CATEDRAL DE DURHAM (S. XII)

Page 41: A arquitectura románica en Europa

INGLATERRA

Catedral de Durham

Page 42: A arquitectura románica en Europa

ITALIAsinxeleza construtiva e

cromatismo

Unha Italia fragmentada politicamente e

condicionada pola Antigüidade clásica,

adoptará o Románico en cada rexión de forma

diferente

Catedral de Módena

Page 43: A arquitectura románica en Europa

Fachada

O corpo central da fachada está encadrado entre poderosos contrafortes. Sobre un pórtico, coroado por unha pequena logia, ábrese un enorme rosetón de fins do s. XII

Os muros están decorados coas arcadas dunha galería de vans tripartitos

O conxunto recorre a atrevidos contrastes de claroscuros. Este motivo ornamental arrodea tamén as tres ábsidas e confire ao conxunto unha grande elegancia

Catedral de Módena

Page 44: A arquitectura románica en Europa

Cabeceira(comezada c. 1099)

Os brazos do transepto érguense á mesma altura có coro, que conta con tres capelas semicirculares e graduadas e se sitúa sobre unha cripta, o que lle confire unha posición elevada. Sobre el elévanse dúas torres moi esveltas, cunha serie de arquerías na parte superior. Este motivo ornamental arrodea tamén as tres ábsidas e confire ao conxunto unha grande elegancia

Catedral de Módena

Page 45: A arquitectura románica en Europa

Planta

O edificio consta de tres naves que conducen, sen transepto, a un coro moi profundo, alzado sobre unha cripta e provisto de tres ábsidas graduadas. A portada Real, no lado sur, e a célebre torre da Ghirlandina remóntanse a fins do s. XII. A cripta esténdese baixo as tres naves situadas ante a ábsida

Catedral de Módena

Page 46: A arquitectura románica en Europa

Detalle da decoración exterior

Os muros da fachada e das naves laterais, así como a contorna das ábsidas da cabeceira, dispoñen dunha decoración de altas arcadas cegas divididas, a tres cuartas partes da altura, por unha fila de arcaturas que delimita o nivel inferior

A parte superior está dominada por unha elegante galería. Esta rica decoración mural repítese en todas as igrexas da rexión de Emilia

Catedral de Módena

Page 47: A arquitectura románica en Europa

Interior

A alternancia de columnas e piares fasciculados, que sosteñen as bóvedas de crucería da nave central, harmonizan no interior, construído en ladrillo

Catedral de Módena

Page 48: A arquitectura románica en Europa

SAN AMBROSIO DE MILÁN

Planta de San Ambrosio de Milán (posterior a 1174)Un amplo adro porticado precede o edificioAs tres naves divídense en tres tramos de planta cadrada —con bóvedas de crucería especialmente arqueadas— e dan a unha cabeceira con tres capelas graduadasNo cruceiro álzase unha cúpula sobre trompas por riba dun ciborio con baldaquino

Page 49: A arquitectura románica en Europa

CATEDRAL DE PARMA

Page 50: A arquitectura románica en Europa

Fachada occidental de San Zenón, Verona (com. do s. XII)• Construída en pedra calcaria, está dividida por contrafortes en tres seccións. A

única portada áchase rematada por un baldaquino sostido por columnas que xorden de leóns esculpidos

• San Zenón, ao contrario que numerosas igrexas veronesas, desmárcase da influencia lombarda que exerceron as catedrais románicas de Emilia

San Zenón, Verona

Page 51: A arquitectura románica en Europa

En Como, a igrexa de San Abundio presenta unha nave principal e catro laterais, cubertas por unha estrutura de madeira e prolongadas nun amplo coro

A influencia da primeira arte románica obsérvase nas pequenas pedras de cantaría, as arcadas exteriores e as dúas torres campanario de planta cadrada

No norte de Italia desenvolveuse unha

arquitectura sobria e aberta ás influencias do sur de Francia

A arquitectura románica lombarda influirá noutras áreas

europeas, como no Pirineo español

Page 52: A arquitectura románica en Europa

Igrexa de San Miniato al Monte (Florencia)

Page 53: A arquitectura románica en Europa

Interior e planta de san Miniato al Monte, Florencia

(concluída cara a 1150) O ritmo da nave central está

determinado pola alternancia de columnas e piares con columnas encostadas, que sosteñen os arcos diafragma sobre os que repousa a estrutura de madeira

O coro fica elevado sobre un espazo cuberto por unha bóveda de aresta —que fai a función de cripta—; é moi profundo e remata nunha ábsida semicircular

Page 54: A arquitectura románica en Europa

Conxunto monumental de Pisa: baptisterio, catedral e campanario

Page 55: A arquitectura románica en Europa

Catedral de Pisa, consagrada en 1118• A decoración dos muros distribúese en tres andares que corresponden

aos tres niveis do edificio: as naves laterais, as tribunas e a nave central. Deste xeito, aparece un andar con arcaturas, unha fila de pilastras e logo un segundo rexistro de arcaturas

• O edificio enriquécese con incrustacións polícromas. A fachada ten tres portas e, sobre un rexistro de arcadas, presenta catro galerías sostidas por finas columnas

• Este conxunto fixo famoso o estilo pisano

Page 56: A arquitectura románica en Europa

Fachada da catedral de Pisa

Page 57: A arquitectura románica en Europa

Campanile de Pisa, 1173

Consta de seis andares máis o campanario, que se engadiu a mediados do s. XIV. A contorna do campanile está arrodeada polas mesmas galerías con logias que decoran a fachada da catedral

Page 58: A arquitectura románica en Europa

Baptisterio de Pisa, 1152

O nivel baixo está decorado con grandes arcos cegos; o primeiro andar cunha galería de arcadas e o segundo, con xanelas bilobuladas

As agullas, pináculos e frontóns góticos decorados con estatuíñas de santos e profetas son engadidos do s. XIII