90 - altamira nº 90

24
Brión Solidario Nace para cubrir necesidades básicas de familias en risco de exclusión social. Entrevista Carlos Pintor e Jorge Rey, 10 anos a fronte da escola de música Magariños. PÁXS. 12 - 13 PÁX. 18 10º aniversario da escola de música Magariños Comezan as obras da nova planta potabilizadora de auga para Brión. CEIP DE PEDROUZOS: A Xunta promete arranxos. Altamira abril2014 Nº 90 - ABRIL 2014 - ANO XXVIII REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN PAX. 7 PAX. 10

Upload: concello-de-brion

Post on 07-Apr-2016

244 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Revista Altamira Nº 90

TRANSCRIPT

Page 1: 90 - ALTAMIRA Nº 90

BriónSolidarioNace para cubrirnecesidades básicas de familias en risco de exclusión social.

EntrevistaCarlos Pintor e Jorge Rey, 10 anos a fronte da escola de música Magariños.

PÁXS. 12 - 13PÁX. 18

10º aniversario da escola

de música Magariños

Comezan as obras da nova planta potabilizadora de auga para Brión.

CEIP DEPEDROUZOS: A Xunta promete arranxos.

Altamira abril2014

Nº 90 - ABRIL 2014 - ANO XXVIII REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN

PAX. 7 PAX. 10

Page 2: 90 - ALTAMIRA Nº 90

2 | Concello de Brión

AltamiraRevista Municipal do Concello de Brión

enderezosos nososBIBLIOTECA MUNICIPALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel ./Fax. : 981 50 99 69

CASA DA CULTURACarbal leira de Santa Minia, nº 515865 - BriónTel . : 981 50 99 08

CASA DO CONCELLOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

CEIP PEDROUZOSRúa Paseo de Pedrouzos, nº 515865 - BriónTel ./Fax. : 981 88 70 80

CENTRO DE SAUDERúa das Pedriñas, nº 315865 - BriónTel . Liña 1 : 981 88 77 01Tel . Liña 2: 981 88 77 02

CENTRO SOCIAL POLIVALENTEAvda. de Santa Minia, nº 4615865 - BriónTel . : 981 50 99 10Fax. : 981 50 99 78

ESCOLA INFANTIL MUNICIPALAgro Novo, nº 12515280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 77 42

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICAAvda. de Santa Minia, nº 7015865 - BriónTel . : 981 50 99 03

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E.Avda. dos Ánxeles, nº 3615280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 72 01

FARMACIA BASTAVALES BRIÓNLg. Sabaxáns, Nº 5715280 - BastavalesTel . : 981 88 88 36

FARMACIA NUÑEZ PEREZ, B.Avda. Santa Minia, Nº 5315865 - BriónTel . : 981 88 70 30

GARDA CIVILRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 70 11

IES BRIÓNRúa Paseo de Pedrouzos, nº 315856 - BriónTel . : 981 88 18 17Tel . : 981 88 58 99

OFICINA DE URBANISMOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

PISCINA CUBERTA MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 73 46

POLICÍA LOCALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel . : 981 89 34 74Fax. : 981 88 74 31

POLIDEPORTIVO MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 76 53

SERVIZO DE AUGASUrb. Agro Novo, nº 126 Baixo15280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 78 51

SERVIZO DE EMERXENCIASLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 629 87 15 42Fax. : 981 88 75 23

XULGADO DE PAZRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 72 71

ACTUALIDADE

REPORTAXE

ACTUALIDADE BRIONESES

SERVIZOS SOCIAIS

CULTURA E DEPORTES

HISTORIAS DE BRIÓN

TAMÉN FOI NOTICIA

PASATEMPOS / HUMOR

Pax. 3

Paxs. 4 - 5

Paxs. 6 - 11

Paxs. 12 - 13

Paxs. 14 - 16

Paxs. 17 - 20

Pax. 21

Pax. 22

Pax. 23

con

tidos

José Luís García García

Alcalde doConcello de Brión

AVANCE

Edita: Concello de BriónRedacción, deseño e maquetación:Concello de Brión e Nós ComunicaciónFotos: Arquivo Municipal e Nós ComunicaciónImprime: Imprenta JadfelMail:[email protected]

A primeira ALTAMIRA do 2014 chega as túas mans coa conmemoración dunha efeméride moi especial: o décimo aniversario da Escola Municipal de Música Magariños. Dez anos de traballo e de ilusións que permitiron que Brión conte cun centro de referencia, que tomou o relevo das nosas benqueridas Rondalla Infantil e Coral Polifónica. O seu director, Carlos Pintor, e un dos seus mestres e direc-tor da Banda Municipal de Música, Jorge Rey, cóntannos os proxectos inmediatos para celebrar este cumpreanos, como as “Noites brancas”, que terán lugar no mes de maio e que forman parte dunha programación cultural de seu para a ESMU Magariños. Espero que a disfrutedes.

Ademais, apelo unha vez máis á vosa solidariedade para solicitar a vosa colaboración nun novo programa para crear unha rede de colaboración veciñal que solucione as necesidades básicas de familias en risco de exclusión so-cial. Basta con facilitar o e-mail e, se dispós do artigo solici-tado e queres doalo, podemos facerlle a vida máis doada a moitas familias de Brión.

Espero que disfrutes desta revista e convídote a participar nas distintas actividades que organizamos no Concello.

DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

Page 3: 90 - ALTAMIRA Nº 90

Revista Altamira | 3

ACTUALIDADE

Os Orzamentos para 2014 ascenden a 4,8 millóns eaumentan os investimentos nun 20,8%

ORZAMENTO MUNICIPAL

Brión conta con Orzamen-tos para 2014, que ascenden a 4,8 millóns de euros, incre-mentan nun 20,8% a parti-da destinada a investimen-tos reais e reducen nun 33% o gasto en amortización de préstamos. Unhas contas que foron aprobadas cos votos a favor dos grupos municipais do PSOE e do PP, así como coa abstención do BNG.

O alcalde José Luís García explica que estes orzamentos “son os mellores que podemos presentar, dentro do sistema no que nos atopamos” e desta-ca especialmente que “é un or-zamento digno e, sobre todo, social”. Unhas contas que as-cenden a 4.837.790 euros, o que supón un incremento dun 8% con respecto ao exercicio anterior.

Nos orzamentos destaca o aumento da partida desti-nada a investimentos reais, que medra nun 20,87% con respecto ao 2013. Unha par-tida na que máis do 65% dos investimentos está dirixido a

INCREMENTO DAS AXUDAS DE EMERXENCIA

Os orzamentos de 2014 non só manteñen as partidas destinadas a gasto social, senón que mesmo inclúen novi-dades con respecto a anos anteriores como o incremento da partida de Axudas de Emerxencia para poder sufragar o pago de medicamentos a pacientes crónicos que conten cun informe favorable dos Servizos Sociais, que serán os que determinen se esa persoa pode ou non facer fronte a eses gastos.

Por outra banda, recollen un importante incremento do 10,5% na súa partida de persoal con respecto ao 2013 e que se debe a que en 2013 procedeuse á contratación do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), que está integrado por 12 membros. Así mesmo, inclúen un incre-mento do 9,88% na partida de gasto corrente, debido tan-to polo incremento dos prezos da electricidade e á posta en funcionamento de novos bombeos de saneamento. Pola contra, o alcalde brionés destacou a “importante diminución” das consignacións de pagos de intereses e gastos de préstamos, que descenden nun 33%

INGRESOS

No que atinxe ao capítulo de ingresos, os orzamentos de 2014 recollen un incremento de 45.000 euros polas novas altas do IBI e polo aumento do parque de vehículos, especialmente. Tamén está previsto un lixeiro incremento de 8.000 euros nos ingresos procedentes do Imposto so-bre Construcións, Instalacións e Obras, un dos capítulos que maior baixa experimentou nos exercicios anteriores. As transferencias correntes increméntanse de xeito subs-tancial, debido en gran parte ao financiamento que se percibe para o sostemento e mantemento do GES. Un in-cremento cifrado en máis de 300.000 euros, o que supón un 17% máis con respecto ao exercicio anterior. Ademais, non se prevé ningunha operación crediticia para financiar os investimentos incluídos nos orzamentos.

José Luís García asegura que “son os mellores que podemos presentar, dentro dosistema no que nos atopamos, e cun gran contido social”

arranxos e melloras nas pistas municipais das parroquias de Brión e a melloras na rede de saneamento e abastecemento de augas, aínda que o alcalde brionés adianta que “posible-mente os últimos temporais van cambiar as ideas que tiña-mos inicialmente xa que fixe-ron un dano tremendo”.

Así, contémplanse máis de 56.000 euros para o man-temento de estradas en Brión de Arriba a Riazoas, Gronzo e Brión de Abaixo (Brión), Ca-saldoeiro (Bastavales), Mol-des (Luaña) e Pousada (Vice-so). Tamén se inclúen outros 39.000 euros para melloras e mantemento de camiños de titularidade municipal, que se-rán acometidos polas brigadas municipais de obras en todas as parroquias do municipio. Así mesmo, os orzamentos de 2014 tamén contemplan outros 48.000 euros para o mantemento de beirarrúas nas parroquias de Brión e Os Ánxe-les.

Tamén se destinan máis

de 30.000 euros para actua-cións de saneamento e abas-tecemento de auga, entre as que se inclúen as acometidas eléctricas para os bombeos de Reboredo, Nináns e O Cabo; así como a ampliación da rede xeral e o saneamento de Quintáns (Brión). Ademais, investiranse máis de 22.000 euros para a reparación inte-rior do pavillón polideportivo de Pedrouzos e outros 6.800

euros para melloras no interior do centro social polivalente. Canda estes proxectos, os or-zamentos recollen outra trin-tena de actuacións de menor contías pero que reverteran na mellora da calidade de vida dos veciños de Brión, como a reposición de novas luminarias públicas, a colocación de novas portas na escola unitaria dos Ánxeles ou a mellora da accesi-bilidade aos aseos da gardería.

Page 4: 90 - ALTAMIRA Nº 90

4 | Concello de Brión

REPORTAXE

O Complexo Medioambiental do Barbanza recicla 102 quilos por habitante ao ano fronte aos 7,6 quilos de SOGAMA

MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS SERRA DO BARBANZA

A decisión da Xunta de Ga-licia de incrementar nun 33,5% o canon de SOGAMA motivou un forte debate social e mediá-tico sobre os distintos mode-los de tratamento de Resduos Sólidos Urbanos existentes en Galicia. No caso de Brión, a nosa veciñanza non terá que sufrir este importante crece-mento do recibo do lixo, xa que os RSU que xeramos son tratados no Complexo Medio-ambiental da Serra do Barban-za. Porén, nos últimos meses temos asistido a numerosos bailes de cifras sobre a eficien-cia ou non da planta de Servia polo que convén botarlle un ollo aos datos.

En primeiro lugar, tal e como ten destacado o alcalde José Luís García, daquela pre-sidente da Manomunidade, “a planta de SOGAMA e a de Serra do Barbanza deberían ser complementarias e non ini-migas, a pesar de que a Xunta nos castigue pagando tan só o 80% dos residuos reciclados mentres a SOGAMA lle abona o 100%”. E é que, por moitos paus nas rodas que se lle po-ñan e por moitos “informes” que se saque un da manga, as cifras obxectivas demostran que SOGAMA é moito máis cara e contaminante ca Servia.

Así, o Complexo Medioam-biental da Mancomunidade de Concellos da Serra do Bar-banza recibe cada ano unhas 25.000 toneladas de lixo, das que 12.000 corresponden á fracción orgánica. Delas consé-guese unha produción de 1.80 tm/ano de compost, xa que de cada quilo de materia orgánica só se pode lograr un máximo de 0,15 kg de compost. Do res-to de RSU, 2.000 kg son de vi-dro, 5.000 kg de papel e 3.000 kg de envases lixeiros. De to-dos eles, en Servia recíclanse

José Luís García defende o modelo de Servia e asegura que é “complementaria con SOGAMA, non inimiga, pese a que a Xunta nos abone menos polos residuos reciclados”

Toneladas recollidas

Kg reciclados habitante/ano

Reciclaxe de vidro, papel e envases

Custe

810.374

7,02

10%

74,64 euros/tonelada

25.000

102,27

70 / 75%

55 euros/tonelada

entre o 70 e o 75%. De feito, é unha das instalacións máis premiadas en España polos seus altos niveis de reciclaxe.

No caso de SOGAMA, o volume de recollida non ten comparación: 810.374 tone-ladas. Isto é porque en Servia só se trata o 3% do lixo de Ga-licia, cando a Lei de Residuos de Galicia prevé que podería tratar ata o 25%. “Pero aínda que temos terreo de sobras para ampliar a planta, non temos financiación porque a Xunta non quere aportar nada e a empresa concesionaria do servizo di que tampouco ten”. Pero as grandes diferenzas con Servia radican nos niveis de reciclaxe: tan só un 10% dos residuos totais que entran na planta de Cerceda.

Isto provoca que mentres no complexo do Barbanza se obteñen niveis de reciclaxe de 102,27 quilos por habitante ao ano, en SOGAMA esa cifra descenda ata os 7,62 quilos por habitante/ano. E por se a cuestión medioambiental non fose suficiente, na económi-ca tamén gaña Servia por go-leada: cun custe de 55 euros por tonelada fronte aos 74,64 euros por tonelada de SOGA-MA.

Pese aos bos resultados, a Mancomunidade iniciou en xullo de 2013 unha Auditoría na que detectou incumpri-mentos por parte do actual concesionario en canto a ca-lidades do compost e niveis máximos de rexeites ao verte-doiro (30%).

A suba do canon

A raíz da suba do 33,5% do canon de SO-GAMA radica no feito de que SOGAMA prioriza a incineración do lixo so-bre a reciclaxe, pois así consegue e vende ener-xía eléctrica. A decisión do Goberno de recortar as primas á coxeneración eléctrica fai que SOGA-MA vexa minguar os seus ingresos.

Ao incrementar nun 33,5% o recibo do lixo de milleiros de galegos e galegas, SOGAMA non só deixará de ter perdas, senón que terá uns bene-ficios de 6 millóns.

Page 5: 90 - ALTAMIRA Nº 90

Revista Altamira | 5

ACTUALIDADE

García deixa a presidencia da Mancomunidade Serra doBarbanza cunha nova incorporación: Rianxo

MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS SERRA DO BARBANZA

O alcalde de Brión, José Luís García, fai un balance positi-vo do seu mandado á fronte da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza, que rematou o pasado mes de marzo e que agora queda en mans de Ramón Noceda, alcalde de Carnota. García lembra que as súas etapas á fronte da Mancomunidade estiveron sempre acompañadas “dunha intensa actividade diri-xida á construción e preservación da Mancomunidade, pois foi cando se rexistraron as incorporacións de Rois (2004), Pontece-sures (2005), Ames (2006) e agora Rianxo”.

A derradeira Xunta e Asemblea Xeral da Mancomunidade, celebrada o 26 de marzo, acordou aprobar a proposta de adhe-sión do Concello de Rianxo, así como modificar os Estatutos da propia Mancomunidade para a súa incorporación como mem-bro de pleno dereito. Algo que sucederá unha vez sometido o acordo a información pública e sempre que conte co voto favo-rable da maioría absoluta nos plenos municipais dos concellos membros.

O alcalde brionés valora o seu mandado e prevé unha petición de resolución do contrato con FCC por parte da Mancomunidade

SANCIÓNS A FCC

Menos satisfactoria é a situación actual coa empresa adxudicataria da Planta de Xestión de Residuos de Servia. Baixo o mandado de José Luís García “e despois dun amplo proceso negociador coa empresa FCC S.A., é cando lle abri-mos os primeiros expedientes sancionadores por reitera-dos incumprimentos das condicións do contrato e se realiza unha auditoría da concesión, que penso que vai desembo-car nunha petición de resolución do contrato con FCC por parte da Mancomunidade”.

De feito, durante a última asemblea se resolveron dous novos expedientes sancionadores a FCC pola comisión de infraccións de carácter grave e moi grave. A primeira foi por incumprir diversas obrigas en materia de tratamento dos residuos estipuladas no Contrato e Pregos (fundamental-mente relacionadas coa cantidade e calidade do compost obtido e co envío ó vertedoiro de rexeites en cantidades su-periores ó 30% dos RSU entrados no Complexo), polo que FCC foi sancionada con multas que van dos 800 aos 1.500 euros. A segunda sanción foi de 1.202 euros por non ter ela-borado o inventario de bens afectos aos servizos concedi-dos. Así mesmo, a Mancomunidade desestimou a solicitude de resolución do contrato presentada por FCC, que alegaba unha demora nos pagamentos superior a seis meses que a Mancomunidade non recoñece.

Co remate da Presidencia de José Luís García, a sede da Mancomunidade trasládase ao Concello de Carnota. Ao novo Presidente, Ramón Noceda, vaille corresponder, entre outros temas, reorganizar a dirección da Mancomunidade pola xubilación do xerente Bravo (prevista inicialmente para finais de maio); resolver os problemas da débeda dalgúns concellos e deseñar instrumentos áxiles e efectivos para o seu cobro; encamiñar os procesos de separación ou in-corporación definitiva dos concellos adheridos; e, previsi-blemente, propor a toma de duras decisións coa empresa concesionaria do servizo de tratamento do lixo.

REPORTAXE

Page 6: 90 - ALTAMIRA Nº 90

6 | Concello de Brión

Unha estación de bombeo de augas residuais mellora o servizo de saneamento en O Cabo

OBRAS DE SANEAMENTO

Espina e Delfín investiu máis de 21.000 euros como parte do compromiso pola xestión do servizo público desaneamento de Brión

O Concello de Brión mellorou o servizo de saneamento na localidade de O Cabo, na parroquia de Os Ánxeles, coa instalación dunha estación de bombeo e impulsión de augas residuais. A obra supuxo un investimento de 21.500 euros, que foi financiado pola empresa Espina e Delfín xa que esta-ba incluído no contrato de xestión do servizo público de sa-neamento en Brión, que gañou esta empresa en 2012 baixo a modalidade de concesión.

Deste xeito, a rede de saneamento de Brión segue me-drando e tense máis que duplicado nos últimos dez anos. Coa incorporación da nova estación de bombeo no Cabo xa son 17 as presentes no municipio: A Graña, Nináns, Ombre, Mourentáns, Cantelar, Bastavales, Chave de Carballo, Chave da Ponte, Beca, Gándara, Gosende e Perros; así como dúas estacións en Gundín, outras tantas en Brans de Abaixo e a nova estación do Cabo. A maiores, a rede brionesa conta con seis estacións depuradoras de augas residuais (Busto de Frades, A Graña, Moldes, Vioxo de Arriba, Vioxo de Abaixo e Ombre) e dez fosas sépticas (Goiáns, Pousada, Vilar, Pazos, Salaño Pequeno e Salaño Grande; así como dúas unidades en Ons de Abaixo e en Romarís).

ENTRADA EN SERVIZO EN NINANSPor outra banda, o Concello de Brión vén tamén de po-

ñer en funcionamento a segunda fase do saneamento de Nináns, na parroquia da Luaña. Estas obras, realizadas con achegas da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e do Concello de Brión, foron rematadas a finais de 2012 (cun-ha última achega municipal de 6.000 euros para as obras de enlace e acometida no bombeo aprobada no pleno de outu-bro de 2012). Agora, e despois de numerosas negociacións e atrasos, Unión Fenosa vén de subministrar a electricidade á estación de bombeo para que poida entrar en funciona-mento.

O Concello aforrou un 8% no gasto de gasóleo nos últimos dous anos

GASTOS MUNICIPAIS

O Concello de Brión vén de sacar a licitación a contrata-ción do subministro de gasóleo A, para os vehículos e ma-quinarias municipais, e de gasóleo C, para calefacción de centros públicos municipais (centro de saúde, biblioteca, casa da cultura, escola de música e centro social polivalen-te). Un contrato que terá unha vixencia de dous anos e que se concederá baixo un único criterio de adxudicación: o pre-zo máis baixo.

O Concello de Brión gastou 70.828 euros en Gasóleo A e 26.999 euros en Gasóleo C entre os anos 2012 e 2013. Unhas cifras que supuxeron un aforro do 8,2765% sobre o prezo de venda ao público deste combustible, tributos in-cluídos, grazas ao contrato asinado con Feiraco Sociedad Cooperativa. Iso supuxo un aforro para o Concello de Brión de case 6.000 euros anuais.

O novo contrato non establece un orzamento máximo de licitación xa que o consumo efectivo de combustible está subordinado ás necesidades reais do Concello. A empresa adxudicataria será aquela que oferte unha maior porcen-taxe de desconto sobre o prezo de venda ao público (que será a media de prezos da provincia da Coruña). Ese prezo ofertado inclúe todos os gastos que a empresa deba realizar para cumprir co servizo (transporte, desprazamento, segu-ros, etc).

ACTUALIDADE

Page 7: 90 - ALTAMIRA Nº 90

Revista Altamira | 7

ACTUALIDADE

A Xunta anuncia que as obras da potabilizadora de Ames e Brión estarán listas en 2015

NOVA PLANTA POTABILIZADORA DE AUGA

Os traballos acumulan xa un atraso de tres anos sobre as previsións iniciais daConsellería.

Primeiro trimestre de 2015. Esta é a nova data ofre-cida polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraes-truturas, Agustín Hernández, para o remate dos traballos da estación de tratamento de auga potable (ETAP) que com-pleta o novo sistema de abas-tecemento dos concellos de Ames e Brión. Así o anunciou durante a súa recente visita ás obras acompañado polos alcal-des de Brión, José Luís García, e Ames, Santiago Amor.

Unha data que suporá un atraso mínimo de catro anos con respecto ás previsións iniciais do propio Agustín Her-nández, quen en outubro de 2009 presentaba o proxecto dos traballos e anunciaba que as obras estarían finalizadas no ano 2011. Deste xeito, unha obra que tiña un prazo de exe-cución de 18 meses tardará 6 anos en ser unha realidade. E iso se desta vez se cumpren as prediccións.

O único claro en todo este tempo é a importancia des-tes traballos para garantir un

subministro futuro para dous municipios que non deixaron de gañar poboación na última década. Un sistema de abaste-cemento propio que, ademais, garantiralles que o seu submi-nistro non dependerá doutras traídas nin doutros municipios.

Cos 12 quilómetros de tu-baxe xa instalados, así como cun deposito de regulación e de cabeceira de 10.000 me-tros cúbicos que se conectará por gravidade e subministrará auga cara os depósitos xa exis-tentes en Brión e Ames, agora só resta construír a nova ETAP, situada preto de Ponte Macei-ra. A potabilizadora terá unha capacidade de 175 litros por segundo, suficientes para dar servizo ata uns 97.000 veciños, case o dobre da poboación ac-tual de ambos municipios.

O orzamento total do proxecto ascende a 8,19 mi-llóns de euros, financiados nu 80% pola Xunta e nun 20% polos Concellos de Brión e de Ames, que xa realizaron a súa aportación nos anos 2009, 2010 e 2011.

Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

“Coa finalización destas obras, Ames e Brión terán por primeira vez un sistema de abastece-mento propio a través do río Tambre, que lles garantirá o subministro sen depender doutros concellos ou traídas”.

José Luís García, alcalde de Brión

“Dende o Concello de Brión aportamos case 820.000 euros a este proxecto que garanti-rá un bo abastecemento de auga a todos os veciños e veciñas de Brión de agora e dos que poidan chegar nun futuro, deixando no esque-cemento aqueles problemas de seca que facían que estiveramos pendentes de cada milímetro que se moveran os depósitos”

Santiago Amor, alcalde de Ames

“Ames medrou moito nos últimos vinte anos pero ese crecemento non estivo acompañado dunha mellora nas infraestruturas de abas-tecemento. Agora, coa execución deste gran proxecto vanse solucionar os problemas que tiñamos de abastecemento de auga en Ames”

Page 8: 90 - ALTAMIRA Nº 90

8 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

Brión e Ames intensifican a súa colaboración na loita contra o desemprego

SERVIZOS COMUNS

Os Concellos de Brión e de Ames continúan apostando pola colaboración intermunicipal como xeito de optimizar os servi-zos que lle prestan á súas respectivas veciñanzas, especialmen-te en materia de emprego. Por iso, o alcalde José Luís García e o seu homólogo amiense, Santiago Amor, solicitaron de forma conxunta as subvencións convocadas pola Consellería de Traba-llo e Benestar para a posta en marcha este ano de obradoiros de emprego e programas integrados. Así, Brión e Ames presentaron un proxecto conxunto para realizar unha nova edición do progra-ma integrado para o emprego InserAmes Brión, destinado a 80 persoas desempregadas, e unha memoria para a posta en mar-cha do obradoiro de emprego Entre Ríos, que estaría orientado á formación de 26 desempregados e que permitiría recuperar espazos naturais nos dous municipios. Estes dous proxectos su-poñen un investimento total de 466.378 euros.

O alcalde de Brión sinala que “este obradoiro Entre Ríos pon de manifesto o que dous concellos poden chegar a facer grazas á colaboración mutua. Un obradoiro que nos permitiría mellorar a empregabilidade dos nosos veciños ao tempo que poñemos en valor un espazo natural de gran riqueza e que compartimos Brión e Ames como é o Val da Amaia”, apuntou José Luís García, quen sinalou “o positivo que sería para Brión os traballos que se poidan realizar na recuperación de espazos naturais como a contorna do Castro Lupario e dos ríos Sar e Tambre, así como na ruta dos muíños ou nos camiños de Viceso e da Luaña”.

Pola súa banda, o alcalde de Ames valorou moi positivamen-

te todas as iniciativas postas en marcha conxuntamente ata o de agora con Brión e subliñou que “esta colaboración entre muni-cipios veciños xa está dando os seus froitos, como por exemplo na actual edición do programa InserAmes Brión, no que máis do 12% dos alumnos xa acadaron a inserción laboral meses an-tes de que remate a formación”. Santiago Amor destacou a boa sintonía entre os dous concellos e fixo fincapé en que a cola-boración intermunicipal “permite traballar e buscar solucións a algunhas das principais demandas e preocupacións dos nosos cidadáns”.

Solicitan conxuntamente axudas da Xunta para un obradoiro de emprego e o programa formativo Inser Amer-Brión.

Obradoiro ‘Entre ríos’ para recuperar osespazos naturais

O obradoiro de emprego solicitado, denominado ‘Entre ríos’, contaría cun orzamento total de 285.621 euros, do que os dous municipios achegarían 49.183 euros. A espe-cialidade formativa a impartir sería a de ‘Actividades auxi-liares de conservación e mellora do monte’ e o obradoiro estaría dirixido a un total de 26 alumnos-traballadores co obxectivo de procurar a inserción laboral de polo menos o 10% das persoas participantes no proxecto. Os alumnos/as recibirían ao remate desta iniciativa un certificado de profe-sionalidade de nivel 1.

A finalidade deste obradoiro, dirixido a desempregados/as menores de 30 anos, é cualificar profesionalmente aos participantes e favorecer a súa inserción laboral. A prácti-ca laboral realizaríase nos dous municipios, levando a cabo obras e actuacións que pretenden a mellora nas condicións naturais da vexetación de ribeira, favorecendo os procesos de rexeneración natural e preservando dunha maneira sos-tible os ecosistemas da ribeira do río Sar. No conxunto de actuacións previstas tamén se acometería a adecuación dun punto de auga para a extinción de incendios forestais, así como o acondicionamento de pistas forestais e sendas que valorizarían o atractivo turístico relacionado co medio, ademais de realizar un control da flora invasora.

Nova edición de InserAmes Brión

Á convocatoria de subvencións para os programas inte-grados para o emprego, os dous municipios presentaron o proxecto para levar a cabo unha nova edición do InserAmes Brión. Este programa estaría destinado a 80 persoas desem-pregadas e o investimento total ascendería a 180.757 euros, dos que Ames e Brión achegarían 36.151 euros. A finalida-de deste programa é mellorar as posibilidades de acceso ao emprego dos desempregados/as dos dous municipios. A prioridade das accións previstas céntrase, ao igual que na edición anterior, no apoio ao emprendemento e en apro-veitar os recursos e xerar sinerxias entre a formación para o emprego a través da impartición de módulos formativos pertencentes a unidades de competencia que comprenden os certificados de profesionalidade que posúen unha alta empregabilidade.

Segundo o proxecto remitido á Consellería de Traballo, este programa impartiríase no Centro de Formación e Em-prego de Ames e na Aula Cemit de Brión. As áreas formati-vas propostas son: actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería; limpeza de superficies e mobiliario en edificios locais; montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión ou atención a persoas depen-dentes.

Page 9: 90 - ALTAMIRA Nº 90

Revista Altamira | 9

ACTUALIDADE

O Concello de Brión apro-bou a creación da sede elec-trónica municipal (sede.conce-llodebrion.org) e a delegación da súa xestión na Deputación da Coruña, así como a orde-nanza reguladora deste ser-vizo. Unha iniciativa coa que o Concello de Brión pretende achegar a Administración aos veciños e veciñas a través de medios telemáticos.

A sede electrónica muni-cipal estará dispoñible para todos os veciños e veciñas de forma gratuíta e permanen-te, dándolles acceso directo a diversos servizos: presenta-ción telemática de solicitudes,

formulación de suxestións e queixas ante o órgano com-petente, acceso no seu caso á relación de expedientes do cidadán e aos trámites inicia-dos de xeito telemático, pu-blicación electrónica de actos e comunicacións no taboleiro de anuncios ou edictos, etc.

O pleno municipal tamén aprobou a delegación da xes-tión e da administración des-ta sede electrónica na Depu-tación Provincial da Coruña, para o cal o Concello de Brión se adheriu ao convenio marco de colaboración da entidade provincial polos próximos ca-tro anos.

A nova sede electrónica de Brión achegará a Administración aos veciños

NOVAS TECNOLOXÍAS

A ex-alumna do IES de Brión Ana Souto Villanustre acaba de obter o Premio Na-cional de Educación no ensino non universitario, na catego-ría de rendemento académi-co do alumnado, correspon-dente a Bacharelato do curso 2012/13. Unicamente quince alumnos/as en todo o estado acadaron o premio, entre os que Ana Souto obtivo o oitavo posto. Como todos os alum-nos e alumnas premiados, Ana Souto recibirá un documento acreditativo da concesión do Premio e 1.000 euros.

Non é o primeiro galardón que recibe Souto Villanustre, pois tamén conseguiu o Pre-mio Extraordinario de Bacha-relato, outorgado pola Con-sellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta veciña de Agronovo re-matou o Bacharelato no IES de Brión cun 9,9 de media, ao que engadiu un 9,79 na Selec-tividade. O seu soño, segundo indicou nunha entrevista na revista municipal Altamira, é traballar como tradutora no Parlamento Europeo. No-raboa, Ana!

Ana Souto Villanustre, Premio Nacional de Educaciónno ensino non universitario

DISTINCIÓN

A Xunta de Galicia vén de anunciar a mellora no firme dos 7,2 quilómetros da AC-300 Os Ánxeles-Picaraña, un viario que presenta algunha que outra fochanca perigo-sa que mesmo ten ocasio-nado algún accidente de tráfico. As obras a executar consisten principalmente no fresado e reposición do firme, así como tratamentos superficiais.

Dende o Concello de

Brión tamén se reclamou o arranxo do viario de acceso á autovía AG-56, que se ato-pa nun mal estado de con-servación. En especial por unha fendedura na capa de aglomerado de grandes di-mensións que ten provoca-do diversas avarías de consi-deración e as conseguintes queixas e reclamacións ante o Concello. As dimensións da fochanca mesmo obrigan a moitos vehículos a invadir o sentido contrario.

Próximas melloras no firme da AC-300 entre Os Ánxeles e Picaraña

BACHES PERIGOSOS

Page 10: 90 - ALTAMIRA Nº 90

10 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

10 | Concello de Brión

A comunidade educativa brionesa mobilízase para conseguir melloras no colexio de Pedrouzos

DESPERFECTOS NO CEIP

A Consellería de Educación comprometeuse a arranxar a cuberta do inmoble este verán

Din que quen a segue a consegue. E así semella acon-tecer no CEIP de Pedrouzos onde, ao peche desta edición de Altamira, a Consellería de Educación anunciaba a súa in-tención de arranxar as cuber-tas dos dous inmobles duran-te o próximo verán. Unha data que era, precisamente, o que lles faltaba dende o principio aos pais e nais da ANPA Anda-ravía, que non dubidaron en levar a cuestión a onde fixera falta, incluso ata o plató de Mariló Montero.

Despois de múltiples mo-bilizacións, reunións e entre-vistas, a comunidade educati-va brionesa conseguiu que as boas palabras se convertesen en compromisos. Unhas rei-vindicacións nas que contaron dende o primeiro momento co apoio do Concello de Brión, que mesmo elaborou un in-forme técnico para solventar os problemas de humidades que manteñen inoperativo o ascensor escolar. “Aínda que non lle corresponde ao Conce-llo asumir os custos derivados do problema do ascensor, xa que se trata dunha anomalía derivada dunha mala execu-ción da obra por parte da Con-sellería, si quixemos atopar unha solución técnica rápida e efectiva ao problema, que xa trasladamos aos servizos técnicos da Consellería”, ex-plicoulles o alcalde José Luís Garcia aos representantes da ANPA Andaravía. Unha solu-ción que suporía un investi-mento de 2.100 euros (+IVE)

e tan só dúas semanas para a execución das obras.

Ata que se acometa a so-lución técnica, o Concello de Brión continuará realizando operacións de baleirado deste foso, pois a cantidade de auga que entra no mesmo é cuan-tiosa, pudendo encherse nun prazo de 3 ou 4 días (1,5 m3). Isto provoca problemas de co-rrosión sobre os mecanismos. Compre tamén dicir que den-de a Consellería de Educación amosaron a súa disposición a colaborar na solución deste e dos outros problemas que arrastra o colexio, polo que

dende o Concello agardan que se cumpran o antes posible os compromisos adquiridos

coa comunidade educativa de Brión e mantén o seu ofrece-mento de total colaboración.

Prezado conselleiro...

As mobilizacións da ANPA Andaravía mesmo chegaron ás portas de San Caetano, onde representantes dos pais do CEIP de Pedrouzos entregaron un “peculiar” aga-sallo ao conselleiro de Educación, cheo de retranca. Tras o protocolario “Prezado con-selleiro”, o escrito denunciaba a situación das instalacións e as distintas negociacións que se levaban feito sen resultados ata ese momento. Por iso, ademais de reiterar a súa vontade de colaboración en todo o posible, dende a ANPA deixaron na Xunta un paquete coa seguinte descrición:

“No paquete que deixamos á súa aten-ción atopará unha placa do teito que se des-prendeu nunha das aulas da planta baixa: ata alí chegan as filtracións da cuberta, dous andares por riba. Tamén lle deixamos reta-llos da cubrición que se van desprendendo e puidemos recoller do patio. Quédanlle ade-máis algunhas mostras dos desconchados do edificio de Infantil, que con apenas cinco

anos de uso semella ter paredes de esponxa pola cantidade de auga que chega ó interior cando chove dous días seguidos. Por últi-mo, tamén depositamos un dos latiguillos dos baños, que nos teñen deixado desagra-dables sorpresas en forma de inundacións. Se é preciso, nunha vindeira ocasión pode-mos aportar tamén auga da que se acumula no ascensor: cónstanos que está xa na súa Consellería o orzamento que lle solicitaron ó Concello de Brión sobre o custo da repa-ración”.

Page 11: 90 - ALTAMIRA Nº 90

Revista Altamira | 11Revista Altamira | 11

A Escola de Música Magariños celebra o seu décimo aniversario

Este ano celebramos o décimo aniversario da Escola Municipal de Música Magari-ños, un proxecto que naceu para achegar a música aos ve-ciños e veciñas de Brión den-de un plantexamento práctico e lúdico. “Xurde por demanda da xente. Cando desaparece-ron a Rondalla Infantil e a Co-ral Polifónica era preciso cana-lizar esas inquedazas a través de algo e de aí xurdíu a escola de música”, lembra Suso Quin-tela, concelleiro de Ensino.

Quintela destaca tamén que “Carlos Pintor foi o gran artífice do nacemento e conso-lidación da escola, para o que contou coa axuda e confianza do Concello”. Un proxecto que nacía no 2003 e que se conso-lidaba oficialmente co reco-ñecemento da Consellería de Educación no 2011, cando foi incluída no rexistro de Escolas de Música e Danza de Galicia.

Mais hai outro factor que todos os que forman parte da ESMU Magariños destacan como fundamental: a decisión do Concello de Brión de pro-mover a construción da sede actual da escola con cargo aos fondos comunitarios dispoñi-

bles como membro da agru-pación Sar-Ulla. “Isto permitiu dispoñer dunha sede fixa”, lembra Quintela, “e que moi-tos veciños pasaran por estas aulas. De feito, é unha das actividades coas que estamos máis satisfeitos”.

Pintor explica que “a filo-sofía da Escola é ser un lugar de encontro onde a música é a posta en común. Ademáis, a música ten un potencial xera-dor de capital social coma nin-gunha outra actividade duran-te a infancia e xuventude”. Por iso, os alumnos tamén queren ofrecerlle algo máis á veciñan-za de Brión. Comezaron cos recitais de Nadal, Entroido e Fin de Curso. Continuaron cos Venres Musicais, co Festival de Cámara, co ciclo Música e Cine e coas xornadas Santa Cecía. O próximo mes de maio sor-prenderanos coas “Noites en Branco”, concertos nocturnos en distintos espazos de Brión que, de seguro, acadarán o mesmo éxito ca anteriores propostas. Dende Altamira queremos agradecer o traba-llo do seu director, dos mes-tres e do preto dun milleiro de alum@s que pasaron pola escola. Felicidades a tod@s!

ACTUALIDADE

Page 12: 90 - ALTAMIRA Nº 90

12 | Concello de Brión

Carlos Pintor, director da Escola Municipal de Música Magariños de Brión

Se temos que buscar un “culpable” de que a Escola de Música Magariños chegase ata onde está na actualidade, calquera xu-rado sinalaría por unanimidade a Carlos Pintor. Natural de Na-rón, Pintor chegou a Brión grazas a un plan de inserción laboral dende o que puxo en marcha unha escola que tomaba o relevo

da Rondalla Infantil e a Coral Polifónica. Profesor de piano e lin-guaxe musical, fan empedernido de Chopin, aposta agora por devolverlle á veciñanza de Brión todo o que recibiu nestes anos. Por iso, a ESMU Magariños vén de iniciar unha programación musical propia que se incrementará nos vindeiros meses.

“Queremos ofrecer aos veciños dende a escola un interesante programa cultural”

“O próximo ano crearemos tres itinerarios: clásico, moderno e tradicional”

- Que valoración fas des-tes dez anos da escola?

- Son dez anos de esforzo, que agora nos permiten ter unha programación musical propia, ademais da función educativa que segue a ser a primordial. Ademais, así ta-mén se ve o resultado do que se traballa nas clases.

- Cal foi o punto clave des-tes dez anos?

- Ter un edificio propio, é como a marca institucional da escola. Estabamos en distintos locais e o traballo era difícil, tanto para os profesores como para os alumnos. Foi un gran handicap. O edificio sentou as bases desta escola e do plan educativo que temos. E as ex-pectativas de futuro son moi boas.

- Canta xente terá pasado pola escola nestes dez anos?

- É difícil calculalo con exac-titude. Este ano temos 183 e sabemos que dende o 2008 pasaron uns 500, polo que po-demos calcular que por esta

escola pasaron máis ou menos un milleiro de persoas.

- Ademais dos “Venres mu-sicais”, que actividades tendes previstas para celebrar este décimo aniversario?

- Despois de Semana Santa volveremos co ciclo de Músi-ca e Cine, que nesta ocasión terá como tema a educación. Unha das novidades serán as “Noites en Blanco de Magari-ños”, nas que actuaremos de 22:00 a 0:30 horas en distintos espazos de Brión: biblioteca, polivalente, sala de exposi-cións... É unha experiencia que ten éxito en grandes cidades e que queremos trasladar a Brión. Ademais, o 31 de maio teremos o concerto de fin de curso e o 13 de xuño faremos un acto especial por estes 10 anos, proxectando un vídeo conmemorativo e cos alum-nos interpretando o Himno da Alegría e o Aleluia de Haëndel. A maiortes, temos previsto ta-mén facer unha exposición na propia escola de música coa distinta cartelería das activida-

cerlles aos veciños un progra-ma cultural o máis interesante posible. Sabemos que é difícil, sobre todo coa crise, pero que-remos que a escola teña a súa propia programación artística, dende clásica a tradicional ou moderna, e que a xente poida disfrutar nos concertos. Ade-mais, apostaremos por unha formación musical de maior calidade e por seguir trasmitín-dolles os valores da música aos nosos alumnos.

- Por último, como é a re-lación coa Banda de Música?

- Dende a escola forma-mos xente para integrarse na banda. Todos os alumnos saen daquí coa idea do que é traballar nunha banda, do seu repertorio e da súa técni-ca. Isto é fundamental para o ben da cultura de Brión e da música. Pero, ademais, trasmi-timos valores dos adultos aos nenos. Por iso fomentamos o traballo conxunto, porque po-den aprender moito uns dos outros.

des realizadas ao longo destes anos.

- Despois de tantas activi-dades, deixaredes algo para anos vindeiros?.

- Para o vindeiro ano temos plantexado dar unha volta máis e crear tres itinerarios: clásico, moderno e tradicional. Así os alumnos terán asignaturas co-múns e cada un escollera o seu propio itinerario segundo os seus gustos. Antes o clásico era o principal.

- Cales son os vosos desa-fíos para os próximos 10 anos?

- Ata o de agora centrámo-nos na formación, o que nos levou a ter un centro educativo cun alto nivel formativo. Agora queremos ser tamén un centro de produción cultural e ofre-

“Unha das novidades serán as Noites en Blanco de Magariños, de 22:00 a 0:30 horas, en distintos espazos de Brión”

BRIONESES

Page 13: 90 - ALTAMIRA Nº 90

Revista Altamira | 13

Jorge Rey, director da Banda Municipal de Música de Brión

“Queremos gravar o noso terceiro disco e facer cousas que motiven aos rapaces”

Jorge Rey Barca, director da Banda Municipal de Brión dende se-tembro de 2005, comezou no mundo da música dende moi neno seguindo o exemplo de compañeiros seus na Banda de música de Negreira, onde estivo os primeiros anos. A finais de 2004, e tras facer os ultimos cursos superiores de trompeta no Conserva-

torio, chegou á Banda Municipal de Brión, dende onde tamén se sumou ao proxecto da escola de música da man do seu bo amigo Carlos Pintor. Toda esta experiencia fai que queira darlle un novo rumbo á Banda Municipal de Brión. “Se estas facendo o mesmo, perdes nivel. Facer cousas novas, motiva aos rapaces”, asegura.

- Como xurdiu a idea des-tes concertos especiais polo 10º aniversario da escola?

- Son moitos anos traba-llando e decidimos que era o momento de facer algo espe-cial. Por iso decidimos facer us concertos que chamasen a atención dos veciños e que dixeran que estamos aquí.

- E como valorades a res-posta da veciñanza?

- Moi boa e cada vez noto que á xente lle gusta máis e queren vir. Nos primeiros anos viñan só os pais e nais dos ne-nos, pero agora os concertos están cheos de xente. O Con-certo de Nadal foi xa un caso aparte, pois había tanta xente fóra coma dentro. Sempre fa-cemos o cálculo de que cada neno traerá dous familiares, pero desta vez viñeron os pais, os avós, os primos... e iso que non actuaron todos os alum-nos da escola.

- Que foi o máis complica-do destes dez anos?

“Cada vez noto que á xente lle gusta máis e queren vir aos nosos concertos”

“A Banda de Música de Brión está crecendo moito. Buscamos cousas alternativas, como colaborar nun espectáculo folclórico”

- O máis complicado foi chegar onde estamos. Eu vin para axudar na banda muni-cipal e foi Carlos Pintor quen me implicou na escola. O máis duro foi chegar ao nivel no que estamos, coa xente satisfeita coa formación que recibe.

- Que foi o que marcou un antes e un despois na escola?

- O novo local foi un pun-tazo. Antes ensinabamos en locais pequenos, en diferentes edificios... non tiñas a sensa-ción de escola, senón dunhas clases aquí e outras alí. Agora temos unha escola de música, o que nos permite traballar dunha forma moi diferente.

- Falemos da Banda Mu-nicipal, seica buscades novos espazos de actuación a maio-res dos tradicionais concertos.

de música ambiental para un contacontos. Os ensaios foron durísimos pero despois vimos que encaixaba perfectamente co texto. Ao principio tiñamos moito medo pero foi unha ex-periencia moi boa.

Este ano estamos pensan-do en facer algo moi parecido. Levo moitos anos tocando en bandas e sei que se sempre se está facendo o mesmo se per-de nivel, e cousas coma estas motivan aos integrantes da banda.

- Por último, como é a re-lación da banda de Brión con outras da contorna tras o fa-llido proxecto con Lousame e Outes?.

- Para min foi unha expe-riencia moi boa. Fixemos inter-cambios con Granada, Almería, Portugal e Irun. Pero supoñía un dobre traballo e todo que-dou nunha boa relación entre todas as bandas. Incluso che-gamos a tocar no Auditorio de Galicia, que para nós foi gran-dísimo.

- A Banda de Música de Brión está crecendo moito. So-mos uns 50 e estamos come-zando a sair un pouco do ámbi-to tradicionalmente outorgado ás bandas. Buscamos cousas alternativas, como a nosa parti-cipación na homenaxe a Miguel Torres ou na obra de teatro “As pombas do Carboeiro”, que foi todo un éxito. Son cousas novi-dosas e moi diferentes a tocar un pasodoble.

- Que plans tendes para o futuro próximo?

- Queremos gravar o noso terceiro disco este ano. Quixe-mos participar no festival de Aranda del Duero pero non puido ser. Queremos mellorar o nivel da banda e seguiremos coas actuacións nas parroquias e festas. Tamén pensamos nun ciclo de cinema, como proxec-tar un filme de cine mudo e fa-cer nós o acompañamento.

- Como é que aos músicos dunha banda se lles dá por meterse no teatro?.

- É algo diferente, como

BRIONESES

Page 14: 90 - ALTAMIRA Nº 90

14 | Concello de Brión

SERVIZOS SOCIAIS

O Concello de Brión abre o prazo de inscrición de ne-nos e nenas de 0 a 3 anos na escola infantil municipal para o curso 2014-2015, que estará aberto ata o 30 de abril. Unhas inscricións que se xestionarán no cen-tro social polivalente de Pe-drouzos.

Para poder participar nesta convocatoria, os ne-nos deberán estar empa-droados en Brión, ter 3 me-ses de idade en setembro (e non cumprir os 3 anos antes do 31 de decembro de 2014) e acadar a puntua-ción suficiente no baremo de admisión. A documenta-ción precisa é: DNI dos pais, libro de familia, declaración da renda do exercicio 2012

e informe da situación ac-tual da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Infor-me de Vida Laboral (actuali-zados ao mes de abril para facerse unha idea exacta da situación actual da unidade familiar). Así mesmo, se é o seu caso, deberán presentar a tarxeta de demandante de emprego, o certificado de discapacidade, o certificado de separación/divorcio ou o convenio regulador.

De acordo coa renda fa-miliar e o número de mem-bros da familia, o Concello de Brión outorgará unha puntuación a cada solicitu-de, que será a que determi-ne a admisión dos rapaces no caso de que houbese máis solicitantes que prazas.

O prazo de inscrición na gardería estará aberto ata o 30 de abril

A alimentación centra o programa formativo organi-zado polo Concello de Brión para o mes de maio, pois pro-tagoniza dous dos tres cursos convocados: conservas casei-ras, manipulador de alimentos e un obradoiro de expresión oral. As inscricións poderán formalizarse na Casa da Cul-tura, no teléfono 981 50 99 08 ou a través de [email protected] ata unha se-mana antes do inicio do curso.

O curso para aprender a facer conservas caseiras terá lugar o sábado 10 de maio, ao longo de 8 horas lectivas. Terá un custo de 20 euros e son pre-cisas un mínimo de 8 persoas inscritas para a súa realiza-ción. O curso de manipulador de alimentos terá lugar o luns 12 de maio no centro social polivalente, de 16:00 a 19:00

horas. A cota de inscrición é de 25 euros e o curso está dirixido a veciños e veciñas interesados en conseguir ou en renovar o carné de mani-pulador de alimentos, impres-cindible para obter traballo en empresas relacionadas coa manipulación de alimentos no sector hostaleiro (camareiros, panadeiros, dependentes de ultramarinos), alimentario, co-medores escolares...

Por último, o Concello con-voca un obradoiro de expre-sión oral, dirixido a persoas interesadas en adquirir ou in-crementar as súas habilidades de cara á realización de activi-dades de animación. O curso terá lugar ao longo de 8 horas, repartidas nas mañás dos sá-bados 24 e 31 de maio na Casa da Cultura. O obradoiro terá un custo de 10 euros.

Brión convoca cursos de conservas caseiras e manipulador de alimentos

Un total de 58 veciños e veciñas participaron na tradi-ciona Viaxe dos Maiores, que cada ano organiza o Concello de Brión. Este ano, o destino escollido foi a rexión do Algar-ve, no sur de Portugal, que per-correron os veciños entre o 1 e o 7 de abril.

A expedición aloxouse a pensión completa no hotel “Júpiter Spa” de 4 estrelas en Portimao, con animación noc-turna e bufete libre. Ademais, o dunha mañá de spa no hotel, os nosos maiores disfrutaron de distintas excursións a loca-lidades como Alte, Cabo San Vicente, Lagos, Sagres, Silves, Monchique, Vila Real e Tavira. Á volta tamén realizaron unha comida e visita a Lisboa e a Fá-tima.

Un total de 58 veciños participan na Viaxe dos Maiores polo Algarve portugués

VIAXE DOS MAIORES

A tradicional viaxe dos maiores realizouse este ano por terras Portuguesas, concreta-mente ao Algarve, onde os veciños disfrutaron de sete dias inesquecibles.

Page 15: 90 - ALTAMIRA Nº 90

Revista Altamira | 15

SERVIZOS SOCIAIS

Nace unha rede de solidariedade veciñal para cubrir asnecesidades básicas de familias en risco de exclusión social

BRION SOLIDARIO

“Non basta con levantar ao débil, hai que sostelo despois”. Seguindo esta máxima de William Shakespeare, o Concello de Brión vén de poñer en marcha unha rede de solidariedade veci-ñal para cubrir as necesidades básicas das familias máis desfavo-recidas do municipio máis aló das alimenticias. A extraordinaria solidariedade da veciñanza, das asociacións e das empresas de Brión está a permitir que o programa de recollida de alimentos permita axudar a uns setenta veciños e veciñas. Un esforzo polo que dende Altamira volvemos a darvos as grazas a todos.

Mais agora é preciso dar un paso adiante. É preciso crear unha cadea de solidariedade que permita cubrir as necesidades das familias do municipio en risco de exclusión social. “Roupa, material escolar, libros, menaxe, mobiliario básico.... moitas fa-milias de Brión vense imposibilitadas á hora de adquirir estes artigos”, explica o alcalde José Luís García, “e por outro lado, a todos nos pasou algunha vez que temos cousas en bo uso pero que xa non nos fan falla ou que mesmo queremos desfacernos delas. Está claro que se acadamos un acordo, podemos solucio-nar ambos problemas”.

Este é o obxectivo deste novo programa: manter unha cadea de solidariedade que serva de ponte entre doantes e familias con necesidade, garantindo en todo momento o anonimato de ambos. Deste modo, os veciños que participen axudarán a paliar a pobreza e evitar a exclusión social no seu entorno inmediato, tendo a total garantía de que as cousas que doan serven para cu-brir necesidades reais, valoradas polos profesionais dos Servizos Sociais de Brión. Unhas doazóns que chegan realmente ás per-soas que o necesitan e de xeito totalmente gratuíto, sen ningún tipo de interese comercial ou económico.

O Concello pon en marcha o programa “Brión solidario”, que serve de ponte entredoantes e familias desfavorecidas, garantindo o anonimato de ambos.

COMO PARTICIPARO funcionamento do sistema é moi sinxelo. As persoas

que queren colaborar teñen que aos Servizos Sociais (no centro social polivalente) e cubrir un impreso no que indi-can os datos persoais e un correo electrónico de uso habi-tual. A este e-mail enviaranse de xeito periódico mensaxes detalladas acerca das necesidades concretas detectadas, mencionando con exactitude que artigo se precisa e en que prazo é necesario cubrir esa necesidade.

“Ningunha persoa pertencente á rede solidaria adquire compromiso ou obriga algunha. So se participará cando a persoa colaboradora dispoña dun artigo demandado e poi-da e desexe achegalo”, explica José Luís García, quen anima aos veciños e veciñas a participar nesta iniciativa solidaria xa que “non require un gran esforzo e tampouco desem-bolso económico ningún”. O único requisito para participar é ter cumprido os 18 anos, ou os 16 con autorización pater-na/materna.

PRESENTACIÓN NOS CENTROS EDUCATIVOS

No seu primeiro trimestre en funcionamento, a rede conta con 40 membros. Mais dase unha curiosa circunstan-cia: o perfil do doante é o dunha persoa adulta e sen cargas familiares, o que fai que moitas das demandas non se po-dan cubrir. E é que a maior parte dos artigos demandados teñen que ver con roupa e calzado de nenos e nenas, así como complementos para bebés (berces, carriños...). Aínda así, xa se cubriron unha trintena de peticións.

Por iso, para incrementar o número de posibles doado-res e diversificar un pouco o seu perfil, os Servizos Sociais de Brión realizarán unha campaña informativa nos centros educativos (gardería, colexios e instituto), buscando a com-plicidade dos pais e nais dos cativos. Unhas charlas nas que explicarán que todas e cada unha das peticións que se realizan son valoradas previamente polos Servizos Sociais e que só se inclúen se solucionan unha situación de exclusión social.

Así, todos temos claro que dispoñer de calzado ou roupa é unha necesidade, mais quizais podemos recelar doutro tipo de artigos que se incluíron na rede como un sofá, un bañador ou un TDT, por poñer uns exemplos. Pois ben, o sofá servirá tamén como cama para unha familia que non dispón de máis espazo na súa vivenda e só dispón dunha cama; o bañador evitará que un rapaz teña que aturar bur-las por ter que ir á piscina en calzóns; e o TDT permitirá que un ancián dependente poida ter algo de compaña. Dende Altamira facemos un chamamento a que vos informedes no polivalente deste novo programa solidario. Non custa nada, non obriga a nada pero pode ser fundamental para moitos dos nosos veciños e veciñas.

Page 16: 90 - ALTAMIRA Nº 90

16 | Concello de Brión

Este ano Brión tiña gañas de Entroido. Non sabemos se pola dureza dos continuos temporais deste inverno ou por levar varios anos sen des-file de Entroido por mor da choiva. Ou quizais será por-que é a mellor vía de escape a unha crise económica á que a maioría dos mortais non lle vemos aínda saída. A cuestión é que as gañas de entroido es-taban no ambiente e desem-bocaron nunhas das edicións máis participativas.

Un exemplo foron os maiores dos Obradoiros da Memoria, que por vez pri-meira decidiron disfrazarse e participar no Concurso de Dis-fraces. Gañar non gañarían, pero os “soles de Brión” dis-frutaron case tanto desfilando e actuando para o público no pavillón como elaborando os seus disfraces. Uns disfraces que ben puideran inspirar aos meniños da gardería, que fixe-ron un “desfile-reivindicativo” baixo a lenda: “primavera xa!”. Porque todos en Brión tiñan gañas de Entroido.

Unhas gañas que culmi-naron os pequenos, pero que comezaron os seus mestres e tamén os seus pais e nais, quen colaboraron na elabo-ración dos disfraces. “É unha forma de colaborar, de traba-llar todos no mesmo sentido ao tempo que ves como tra-ballan os mestres cos peque-nos”, explica Araceli, unha das nais que se animou a recurtar as flores que levaban pega-

das os pequenos nos seus traxes. “Hai nenos que son máis abertos e outros menos. É importante que fagan estas actividades e que collan con-fianza con máis xente”, apunta Lorena.

Mais o prato forte chegou o día do Concurso de Disfra-ces. Con tantos maiores dis-frazados de soles, a Lorenzo non lle quedou máis remedio

que saír e propiciar o agarda-do desfile polas rúas de Pe-drouzos, que se encheron con centos de persoas chegados de distintas partes de Galicia. Máis de seiscentas persoas disfrazadas, o que por mo-mentos competíu co número de asistentes ao desfile e ao concurso. Porque notábase no ambiente que Brión necesita-ba disfrutar un Entroido por todo o alto. Como así foi.

CULTURA E DEPORTES

Un Entroido por todo o altoENTROIDO 2014

Máis de seiscentas persoas participaron no concurso de disfraces, onde o bo tempopermitiu a celebración do desfile polas rúas de Pedrouzos

Page 17: 90 - ALTAMIRA Nº 90

Revista Altamira | 17

CULTURA E DEPORTES

Teatro, poesía, libros e contacontos conforman unha programación cultural para todas as idades

LETRAS GALEGAS 2014

O pintor Jesús Pereira Ríos “Suly” presentará unha mostra da súa obra na sala municipal de exposicións do 16 de maio ao 13 de xuño

O Concello de Brión ten preparado un intenso progra-ma de actividades para a con-memoración das Letras Gale-gas 2014, dedicadas á figura do poeta Xosé María Díaz Cas-tro. Unha programación que inclúe contacontos, recitais de poesía, presentación de libros e representacións teatrais nas que participarán todos e cada un dos nenos e nenas escolari-zados no municipio.

Porén, a programación ta-mén inclúe actividades aber-tas a toda a veciñanza. E nada mellor para comezar a cele-bración deste ano que lembrar a figura das Letras Galegas de 2013: Roberto Vidal Bolaño. Por iso, o venres 9 de maio, ás 20:30 horas, a sala de exposi-cións da Casa da Cultura aco-llerá a presentación do libro “Fóra de portas”, unha biogra-fía de Vidal Bolaño realizada polo seu fillo Roi Vidal.

Un día despois, o sábado 10 de maio, terá lugar a estrea da obra “As Lisímacas”, a cargo do Grupo de Teatro do IES de Brión. Esta adaptación da “Li-sístrata” de Aristófanes pode-rá disfrutarse ás 20:00 horas no centro social polivalente.

O venres 16 de maio, ás 20:30 horas, Jesús Pereira Ríos “Suly” inaugurará unha expo-sición de pintura que poderá visitarse na sala municipal de exposicións ata o 13 de xuño. E o domingo 18 de maio, ás 12:30 horas, Caramuxo teatro presentará “As fabas máxicas”, unha representación realizada en colaboración co programa FalaRedes da Xunta de Galicia.

No que atinxe á progra-mación dirixida aos escolares, todas elas terán lugar no audi-torio do centro social poliva-lente. Tim Bowley e Charo Pita

darán o pistoletazo de saída o luns 12 de maio, ás 11:20 ho-ras, coa obra “Dúas linguas, una historia”. Unha peza dirixi-da a alumnos e alumnas do IES de Brión e incluida no progra-ma Ler conta moito da Xunta de Galicia. O mércores 14 de maio, ás 12:00 horas, Santi Prego presentará “Contos da lúa” aos alumnos e alumnas de 2º Ciclo de Primaria do CEIP de Pedrouzos. Larraitz Urruzo-la pechará esta primeira sema-na de actividades presentando “Babamor” o venres 16 de maio, ás 12:00 horas, diante dos alumnos e alumnas de 1º Ciclo de Primaria do colexio.

O luns 19 de maio, ás 11:20 horas, Avelino González pre-sentará “Contos literarios” aos alumnos e alumnas do IES de Brión; mentres que o mérco-res 21 de maio, o Grupo Ouriol dará un recital poético-musi-cal, denominado “Nimbos”, con poemas de Xosé María Díaz Castro para rapaces e ra-pazas do IES de Brión. Ambas actividades conta coa colabo-ración do programa Ler conta moito.

Para a terceira semana, Sarabela Teatro representará “O ovo máis bonito”, dirixido a rapaces e rapazas de 3º de Primaria o luns 26 de maio, ás 12:00 horas. O mércores 28 de maio, Trinketrinke Teatro pre-senta “Aventuras na cociña” tanto aos alumnos de Educa-ción Infantil do Centro de Edu-cación Infantil e Primaria de Pedrouzos (10:15 h.) como das Escolas de Luaña, Os Anxeles e Bastavales (12 h.).

Por último, o venres 30 de maio, Migallas Teatro repre-sentará “Os contos do chu-pete”, dirixido aos meniños e meniñas da garderia munici-pal.

Page 18: 90 - ALTAMIRA Nº 90

18 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

O Club Camaleón comeza a súa nova andaina en Brión cunha ducia de familias inscritas

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Se o camaleón é quen de cambiar de cor a vontade, salvo co branco, un club que o ten como mascota tamén debería ser quen de reinventarse sen problemas. E iso é o que está a pa-sar co Club Camaleón que, despois duns inicios prometedores e dunha longo etapa de reflexión no último semestre do ano pa-sado, volve agora con ánimos renovados co obxectivo de facerse un oco dentro da programación do ocio familiar en Brión.

A segunda etapa do Club Camaleón comezou o pasado mes de marzo e basicamente se trata dun programa de animación á lectura para nenos e nenas de entre 3 e 8 anos de idade pero cunha salvidade que o fai único: os pequenos participan na acti-vidade acompañados dun adulto. Isto é así porque o Concello de Brión quere fomentar o ocio en familia. “Trátase dunha iniciativa nacida ao abeiro dos contacontos e dos obradoiros para decorar a sala infantil da biblioteca municipal de Brión e que agora rexur-de con forma como actividade trimestral”, explica a concelleira de Cultura, Patricia Vázquez.

Así, os segundos e os cuartos venres de cada mes, en horario de 18:00 a 19:00 horas, a biblioteca municipal de Brión convér-tese no epicentro de variadas e divertidas actividades para os pequenos: xogos, contacontos, obradoiros... todos co obxectivo de fomentar o hábito da lectura entre os nenos e nenas de Brión. Uns xogos, contacontos e obradoiros nos que tamén participan activamente os pais e nais dos pequenos, que interactúan cos seus fillos durante toda a actividade.

Esta actividade desenvolveranse durante os meses de marzo, abril e maio na BibliotecaPública Municipal situada na Carballeira de Santa Minia.

OS PAIS E NAIS TAMÉN SE INVOLUCRANAproveitando o bo tempo, o Club Camaleón mesmo sae

á carballeira de Santa Minia a disfrtuar dos xogos. Uns xogos que, cando son superados polos pequenos, supoñen a en-trega dunha pista para averiguar un misterio plantexado ao principio do xogo. Unhas pistas que “obrigan” aos pequenos e aos seus pais a xogar dende á pita cega ata decorarse as súas caras uns a outros. Por iso a escolla do camaleón coma mascota non podía ser máis axeitada pois, menos brancos, daló salen de todas as cores posibles.

A ducia de familias que participa neste primeiro trimes-tre do Club Camaleón disfrutará das actividades durante os meses de marzo, abril e maio. Posteriormente, organizarase un segundo trimestre, no que podedes participar máis fa-milias de Brión. O prezo total da actividade é de tan só 10 euros por trimestre o que, se botas a conta, supón pouco máis de euro e medio por sesión. Máis información na bi-blioteca municipal (981 50 99 69) ou na Casa da Cultura (981 50 99 08).

Page 19: 90 - ALTAMIRA Nº 90

Revista Altamira | 19

CULTURA E DEPORTES

Artistas galegos e cataláns irmandaranse este verán en Brión nunha edición especial dos Encontros coa Arte

ENCONTROS COA ARTE

Autoridades de Castell-Platja D´Aro (Girona) e un grupo de artístas cataláns visitarán Brión os días 27, 28 e 29 de xuño

Do 27 ao 29 de xuño, Brión recibirá as autoridades de Castell-Platja d’Aro (Girona), que estarán acompañados por un grupo de artistas cata-láns que este ano participarán no Encontro coa Arte. Dende 2006 o Departamento de Cul-tura do Concello de Brión or-ganiza “Encontros coa Arte”, unas xornadas de convivencia e creación artística nas que participan artistas plásticos e escritores. Durante a súa ce-lebración os creadores convi-dados participan en diferen-tes actividades: obradoiros de pintura do natural, conferen-cias, charlas e exposicións.

A proxección dos “Encon-tros coa Arte” superou nas súas últimas edicións o ámbi-to municipal, para espertar a

atención doutras localidades por esta actividade. En 2013, a vila xerundense de Castell-Platja d’Aro interesouse en

formar parte do espírito dos encontros artísticos celebra-dos en Brión, asinando un convenio de colaboración

con Brión que se traduciu na celebración do “Encontro de Arte. De l’Empordà a Galicia”, xornadas nas que una decena de artistas galegos participan xunto con catorce creadores cataláns nunha exposición colectiva celebrada na vila xerundense.

Os días 27, 28 e 29 de xuño será un grupo de artis-tas e autoridades cataláns os que visitarán Brión para par-ticipar nunha edición especial do Encontro coa Arte, onde se irmandará Galicia e Cataluña a través da arte. As xornadas constarán de obradoiros de pintura do natural en diversos lugares do municipio, charlas, concertos e una exposición colectiva que participarán ar-tistas cataláns e galegos.

Brión homenaxea a Rosalía de Castro cun concerto e cunha mostra de fotografía

A figura de Rosalía de Cas-tro centrará a programación cultural de Brión nos vindeiros meses. Así, do 25 de abril ao 14 de maio a sala municipal de exposicións acollerá unha mostra de fotografía elabora-da por alumnos do IES Virxe do Mar (Noia) composta por 30 imaxes e dous pirogravados en madeira.As imaxes confor-man unha homenaxe ao 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, xa que ilustran fragmentos ou versos dos poemas escritos por Rosa-lía de Castro, ente os que non podía faltar “Campás de Basta-vales”.

Ademais, o venres 27 de xuño as 19 h. o centro social polivalente acollerá o concer-to “A miña primeira Rosalía”, unha homenaxe a quen puxo a súa voz e a súa vida ao ser-

vizo da dignificación da nosa lingua, das mulleres e dos des-favorecidos nuns tempos nada propicios. O espectáculo con-ta coa participación de María Manuela, Xiana Lastra, Mini e Mero. A entrada é de balde, se ben é preciso reservala na Casa da Cultura (981 509 908) a partir do 16 de xuño.

Page 20: 90 - ALTAMIRA Nº 90

20 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

O IES de Brión acolleu unha completa mostra sobre Isaac Díaz Pardo

EXPOSICIÓN DE DIAZ PARDO NO INSTITUTO

“Isaac Díaz Pardo: luz e compromiso” é o título da exposición itinerante, promovida polo IES Nº 1 de Ordes, sobre a vida desta figura única da cultura galega.

O IES Brión acolleu unha interesante e completa exposi-ción sobre a vida e a obra dun dos máis importantes persoei-ros da cultura galega do último século: Isaac Díaz Pardo. Unha mostra xurdida do esforzo de dúas profesoras do IES nº 1 de Ordes, Maka Arca Camba e Ana Mosquera, e que agora co-meza a visitar outros institutos da provincia.

“Isaac Díaz Pardo: luz e compromiso” pretende contri-buír a divulgar o traballo desta figura única da cultura galega, “a verdadeira cidade da cultura de Galicia”, segundo palabras de Maka Arca durante unha visita guiada á mostra, na que participaron medio cento de veciños e veciñas. Uns visitan-tes que, como guinda, tiveron tamén a sorte de que entre eles se atopaban dúas persoas que tiveron unha estreita re-lación con Díaz Pardo, como Xosé Vizoso, un dos principais deseñadores do Grupo Sarga-delos; ou Charo Portela, coor-dinadora durante un longo período de Edicións do Castro. Deste xeito, a visita resultou máis interesante aínda.

A exposición percorre toda a vida e obra de Isaac Díaz Par-do, sempre impregnada por un inmenso amor e compromiso coa nosa terra ata a súa morte o 5 de xaneiro de 2012. Comeza coa súa infancia e adolescencia presentando a un neno criado nos valores culturais, ideolóxi-cos e artísticos da República que ve como todas as súas ilu-sións e soños dese período es-cachan en xullo de 1936 co gol-pe militar e o drama da Guerra Civil. A partir de aí, tivo que ir facendo fronte á vida como puido pero eses anos da nenez deixaron nel unha marca inde-leble que sempre alentou nel o desexo de mudar a sociedade

galega. Contando coa colabo-ración de personalidades crea-doras como a de Luís Seoane, fixo posible a proposta cultu-ral privada máis importante e transcendental feita en Galicia despois do ano 1936.

Como recoñecemento á súa traxectoria recibiu nume-rosos premios e distincións pero, nos seus últimos anos, tivo que ver como a labor de toda unha vida se ven abaixo polo afán mercantilista dos seus “leais socios” que o arre-dan do control das empresas que el creara. A avalancha de actos de homenaxe e adhesión que seguiron a estes feitos non foron suficientes para com-pensalo do dano que lle fixe-ran algunhas das persoas nas que confiara. O 5 de xaneiro de 2012 morre Díaz Pardo deixan-do unha extensa obra como pintor, debuxante, deseñador de carteis, escritor, escenó-grafo, deseñador, promotor de industrias e institucións cultu-rais... pero sobre todo o exem-plo da súa vida, unha auténtica torre de ética e estética.

Page 21: 90 - ALTAMIRA Nº 90

HISTORIAS DE BRIÓN

Para agosto, cumpriranse cen anos do inicio da I Guerra Mundial, que tamén pasou á historia co nome de Gran-de Guerra; alomenos, así lle chamaban ata que veu a II Guerra Mundial, que foi moito máis grande, máis terrible, máis mortífera e máis devastadora cá Primeira. Nesta gue-rra loitaron durante catro anos, dunha banda, as nacións de Europa central (Alemaña, Austria-Hungría, Bulgaria) e Turquía, aos que se lles sumou o Xapón e, da outra, os chamados Países Aliados (Francia, Inglaterra, Italia, Portu-gal, Rusia e os Estados Unidos). Nela mobilizáronse máis de 70 millóns de soldados, dos que 15 millóns morreron nas frontes de batalla. Por se isto fora pouco, o ano 1918, cando remataba a guerra, presenteouse a epidemia de gri-pe que recibiu o nome de “española” e levou por diante a preto de cen millóns de persoas en todo o mundo.

España declarouse neutral neste conflito e non par-tidicipou directamente na guerra, pero os seus efectos deixáronse sentir maiormente na economía do noso país, nalgúns aspectos para ben, pois España converteuse no principal exportador do bando aliado. Galicia enviou aos países en guerra sobre do todo conservas, pero tamén toda clase de alimentos e outras provisións. De feito, durante os anos da guerra, os produtos da campo experimentaron un incremento considerable de prezo. Nunha famosa obra de teatro de ambiente campesiño que se estreara naqueles anos (“O Fidalgo”, de Xesús Sanluís Romero) dicíase: “... é unha milleira / con tanto que val o gando, / as fabas, o mi-llo, todo. / Non veu mal a guerra... / Prós labregos trouxo cartos.”

Galicia foi escenario significativo da Primeira Guerra Mundial. Curiosamente, a primeira acción bélica que reali-zou Inglaterra ao declararlle a guerra a Alemaña foi cortar o cable telegráfico submariño de Vigo á cidade alemana de Emden. Pola costa galega circulaba boa parte do trans-porte marítimo que abastecía ós aliados e que os alemáns trataban de interceptar cunha frota de submariños que operaban ao abrigo das nosas rías. Estes submariños esta-ban empezando a empregarse en accións de guerra e tiñan

Revista Altamira | 21

Hai cen anos, a Grande Guerra

moi pouca autonomía para manexarse; por iso operaban proximos á costa desde onde se abastecían e tiñan monta-da unha densa rede de espionaxe nas poboacións mariñei-ras. Os submariños alemáns que operaban na costa galega (os famosos U-Boot) foron un auténtico pesadelo para os barcos de subministración dos aliados. Hai contabilizados máis de 120 barcos dos aliados que foron afundidos polos submariños alemáns nas costas de Galicia. Nestes barcos mercantes circulaban as mercadurías que España lles ven-día aos aliados e boa parte dos barcos e das súas tripu-lacións eran do noso país. De feito, algúns investigadores calcularon que España perdeu a mans dos submariños ale-máns o dezaseis por cento da súa frota mercante.

Por aquel tempo, Brión vivía alleo á Guerra, tanto que na documentación do Concello só atopamos unha curiosa referencia a ella no ano 1616 nun acordo do Pleno soli-citándolle ao Consello de Ministros a concesión da Gran Cruz de Beneficencia ao rey Alfonso XIII “... por los mag-nánimos sentimientos ... puestos en práctica por nuestro Soberano Monarca, intecediendo en favor de los condena-dos e muerte y cautiverio, con motivo de la guerra presen-te entre diversos estados de Europa”.

As terras de Brión estaban vivindo un dos momentos máis prósperos da súa historia. Coincidindo co aumento de prezos dos produtos agrarios, base da economía da co-marca, acababa de poñerse en marcha a feira de Pedrou-zos, construírase a nova casa do Concello e estaba en ple-na expansión o Balneario do Tremo (no ano 1915, recibiu unha sanción administrativa por carecer as súas augas da preceptiva declaración de utilidade pública). Por aqueles anos, estábase abrindo a estrada que ia dende A Gánda-ra a Picaraña. A emigración de brioneses a América con-centrábase nun 90 % en Arxentina e Cuba. Hai un acordo municipal de febreiro de 1914, manifestándose en contra da emigración e solicitándolle ao Goberno que poña en circulación dous vapores que fagan escala en Bos Aires, Montevideo e Río de Xaneiro para repatriar gratuítamente aos emigrantes fracasados.

Submariño alemán na ría de Vigo durante a I Guerra Mundial

q

Page 22: 90 - ALTAMIRA Nº 90

22 | Concello de Brión

TAMÉN FOI NOTICIA

EXPOSICIÓN CAMINALIAArredor dun cento de veciños e compañeiros da Asociación Ga-

lega de Arte e Cultura abarrotaron a sala de exposicións de Brión na inauguración da mostra “As vivencias do Camiño. Caminalia” do compostelan Manuel Nietto.

Segundo palabras o artista “esta é unha exposcion de sensa-cións e sentimentos. Caminalia non é unha representación figu-rativa do Camiño, senón que é unha desculpa para ir mais aló” destacando que “sempre quixen facer algo que tivera como fondo o Camiño, e sobre todo, as persoas que o fan...”

SEMANA DA MÚSICA NA GARDERÍAOs nenos e nenas da gardería municipal de Brión celebraron

do 3 ao 7 de febreiro a Semana da Música, cinco días nos que os pequenos se achegaron aos distintos instrumentos musicais grazas á colaboración de familiares e amigos da escola infantil.

“O obxectivo é iniciar aos pequenos no gusto á música gra-zas á colaboración de xente especializada, que teñen ou tiveron aos seus nenos na gardería e que colaboran desinteresadamente connosco”, explica Dolores Campos, directora da escola infantil municipal de Brión.

PACO CASAL NA SALA DE EXPOSICIÓNSPreto de cen persoas acompañaron no serán do venres ao pin-

tor Paco Casal durante a inauguración da exposición “Recunchos de soños e realidades”. Unha mostra que reúne un total de 22 obras deste pintor, nado en Ferrol pero afincado en Aguiño (Ribeira), e que poderá ser visitada na sala municipal de exposicións de Brión ata o próximo 11 de abril.

O alcalde de Brión, José Luís García, agradeceu a primeira visita de Paco Casal a Brión e volveu destacar “o importante foco cultural no que se converteu esta sala de exposicións, pola que mes tras mes pasan distintas exposicións que fan máis grande este pobo”.

OS TÍTERES DE KUKASOs monicreques de Kukas volveron a visitar Brión, nesta oca-

sión da man da obra “Xan Perillán compra queixo, compra pan”. Esta vez, se cabe foi mais especial, xa que era a presentación “mundial” desta obra.

O auditorio do Centro Social Polivalente de Brión quedou pe-queno gracias os milleiros de cativos e cativas, asi como dos seus pais e nais, que puideron disfrutar desta maravillosa represen-tación. Cabe salientar que a cita tiña outro motivo de fondo, a celebración do Día mundial do consumidor que se celebrou ese mesmo día, o 15 de Marzo.

Page 23: 90 - ALTAMIRA Nº 90

Revista Altamira | 23

PASATEMPOSSUDOKU FACIL SUDOKU DIFICIL

ULTIMA PÁXINA

UN POUCO DE HUMOR...

Page 24: 90 - ALTAMIRA Nº 90

tPREOCUPACIÓN POLO MEDIO AMBIENTE

O parque municipal de Pedrouzos (Brión) ten quince novos freixos e un piñeiro, unhas árbores recentemente plantadas pola

Asociación O ESQUIO NO PIÑEIRO, que fai xa catro anos optou por organizar esta actividade para converter este parque nunha arboleda con exemplares de especies autóctonas.

Na plantación participaron varias familias do concello. Os seus membros de mais idade asumiron o traballo de facer os buratos e os mais pequenos botaron unha man procedendo a plantación dos árbores. Esta nova actuación serviu para repor árbores mortas

de anteriores plantacións, porque non todos sobreviven, a pesar dos moitos coidados que reciben ao longo do ano da man de numerosos socios de O ESQUIO NO PIÑEIRO.

Concello de BriónPraza do Concello, Nº 1

15865 - Pedrouzos - BriónTelf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:[email protected]

web: www.concellodebrion.org

28anos