363n pn invernadeiro web xunta.docx) - balnearios · periglaciares formados por derrubios de...

4
O Invernadeiro Descrición Zona montañosa na parte sur do denominado Macizo Central Ourensán, conformada polos vales dos ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, afluentes do Camba e pertencentes á conca do Sil, e encadrada polo circo de cumios que debuxan as serras de Queixa e Fial das Corzas e os montes do Invernadeiro. Área de elevado interese botánico e faunístico e excepcional valor xeomorfolóxico e paisaxístico. O territorio que actualmente ocupa o parque natural é unha excepción histórica dentro da dinámica seguida polo sistema de propiedade agraria en Galicia. O seu mantemento como propiedade privada, así como a súa permanencia en mans laicas, sen padecer divisións territoriais desde a Idade Media, provocou que o nivel do estado de conservación do medio natural fose superior ao que a evolución antropóxena produciu noutras serras de Ourense. Na documentación histórica aparece co nome actual dende o século XV. Estas terras pertenceron durante cinco séculos á familia nobre dos Cadórniga ligada á Casa da Mezquita. Dende a Idade Media, os pobos do val do Conso, en réxime de arrendamento ou foro, fixeron aproveitamentos de pastos, cultivaron centeo en searas, recolleron leñas e practicaron a caza e a pesca. Máis recentemente, no ano 1949, pasan a ser propiedade de Papelera Española SA, que inicia as primeiras repoboacións forestais. No verán de 1979 un impresionante incendio reduciu a cinzas o predio. En 1984 este foi adquirido pola Xunta de Galicia, que o declarou refuxio de caza, para pasar máis recentemente a ser parque natural. Na actualidade non existen núcleos habitados dentro do parque e a poboación máis próxima dista varios quilómetros. Limita polo norte cos montes comunais de Camba (Laza) e Vilariño de Conso e coa serra de Queixa (Chandrexa de Queixa), ao sur co encoro das Portas e o monte comunal de Campobecerros (Castrelo do Val), ao leste coa divisoria dos ríos Ribeira Grande e Conso, e ao oeste coa serra do Fial das Corzas (Camba, Laza). O rango altitudinal vai dos aproximadamente 880 aos 1.613 m sobre o nivel do mar, no cumio do monte Castrelo Grande. Outras elevacións destacables son Cabezo de Berganciños (1.594 m),

Upload: leduong

Post on 08-Nov-2018

221 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 363n PN Invernadeiro WEB XUNTA.docx) - Balnearios · periglaciares formados por derrubios de vertente, pedregais e aluviais. Pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea,

O Invernadeiro

Descrición

Zona montañosa na parte sur do denominado Macizo Central Ourensán, conformada polos vales dos

ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, afluentes do Camba e pertencentes á conca do Sil, e encadrada

polo circo de cumios que debuxan as serras de Queixa e Fial das Corzas e os montes do Invernadeiro.

Área de elevado interese botánico e faunístico e excepcional valor xeomorfolóxico e paisaxístico.

O territorio que actualmente ocupa o parque natural é unha excepción histórica dentro da dinámica

seguida polo sistema de propiedade agraria en Galicia. O seu mantemento como propiedade privada, así

como a súa permanencia en mans laicas, sen padecer divisións territoriais desde a Idade Media,

provocou que o nivel do estado de conservación do medio natural fose superior ao que a evolución

antropóxena produciu noutras serras de Ourense. Na documentación histórica aparece co nome actual

dende o século XV. Estas terras pertenceron durante cinco séculos á familia nobre dos Cadórniga ligada

á Casa da Mezquita. Dende a Idade Media, os pobos do val do Conso, en réxime de arrendamento ou

foro, fixeron aproveitamentos de pastos, cultivaron centeo en searas, recolleron leñas e practicaron a

caza e a pesca. Máis recentemente, no ano 1949, pasan a ser propiedade de Papelera Española SA, que

inicia as primeiras repoboacións forestais. No verán de 1979 un impresionante incendio reduciu a cinzas o

predio. En 1984 este foi adquirido pola Xunta de Galicia, que o declarou refuxio de caza, para pasar máis

recentemente a ser parque natural. Na actualidade non existen núcleos habitados dentro do parque e a

poboación máis próxima dista varios quilómetros.

Limita polo norte cos montes comunais de Camba (Laza) e Vilariño de Conso e coa serra de Queixa

(Chandrexa de Queixa), ao sur co encoro das Portas e o monte comunal de Campobecerros (Castrelo do

Val), ao leste coa divisoria dos ríos Ribeira Grande e Conso, e ao oeste coa serra do Fial das Corzas

(Camba, Laza). O rango altitudinal vai dos aproximadamente 880 aos 1.613 m sobre o nivel do mar, no

cumio do monte Castrelo Grande. Outras elevacións destacables son Cabezo de Berganciños (1.594 m),

Page 2: 363n PN Invernadeiro WEB XUNTA.docx) - Balnearios · periglaciares formados por derrubios de vertente, pedregais e aluviais. Pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea,

Cenzoá (1.555 m), Cabeza da Veiga do Fial (1.552

m), As Pozas (1.544 m) e Cabeza do Cernado (1.518

m). Ademais dos ríos principais citados antes, a

ladeiras e vagoadas do parque están sucadas por un

gran número de pequenos cursos de auga aos que

se incorporan numerosos regatos ou corgas, como as

de Cenzoá, O Lobo, O Bidueiral ou Teixeiroá. Todos

estes leitos discorren encaixados, para caer

frecuentemente en fervenzas (como a dos Arcos, no

barranco de Guasenza), entre elevacións e cumios redondeados pero de abruptas abas, froito da acción

erosiva fluvial e do glaciarismo wurmiense que modelou estas alturas, e entre cuxas máis importantes

pegadas se contan morrenas e circos glaciares como o do Figueiro. Tamén aparecen algunhas zonas

chás illadas arredor dos 1.000 m de altitude, rexuvenecidas pola rede fluvial. Desde o punto de vista

litolóxico, predominan as lousas grises azuladas, seguindo en importancia a alternancia de cuarcitas,

areniscas e lousas do Silúrico Devónico. Ocupando menor superficie existen depósitos superficiais

periglaciares formados por derrubios de vertente, pedregais e aluviais.

Pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea, subprovincia cántabro-atlántica e sector

galaico-portugués, aínda que en situación limítrofe co sector lusitano-duriense da subprovincia carpetano-

leonesa, correspondente á rexión Mediterránea. O seu dominio climático é o oceánico de montaña, aínda

con trazos de clima continental, e o seu complexo relevo proporciónalle ao clima unha notable variedade,

polo que se dá a existencia de microclimas en áreas reducidas. Os veráns son calorosos e secos,

denotando o seu carácter parcialmente mediterráneo, con máximas de ata 34 ºC, e os invernos bastantes

fríos, con mínimas que poden chegar aos -12 ºC. A pluviometría é moi abundante (media anual superior a

2000 mm), con parte das precipitacións en forma de neve.

Hábitats

Hábitats de interese comunitario (incluídos no anexo I da Directiva 92/43/CEE):

Ríos de pisos de planicie a montano con vexetación de Ranunculion e de Callitricho-Batrachion.

Uceiras húmidas atlánticas de zonas mornas de Erica ciliaris e Erica tetralix.

Uceiras secas europeas.

Uceiras oromediterráneas endémicas con toxo.

Formacións montanas de Cytisus purgans.

Prados ibéricos silíceos de Festuca indigesta.

Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas

montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental).

Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii.

Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion

albae).

Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica .

Bosques de Ilex aquifolium.

Flora e vexetación

O carácter fronteirizo do clima dá un grande interese e proporciona singularidade á vexetación, por

encontrarse case no límite entre as rexións bioxeográficas Eurosiberiana e Mediterránea. Este carácter

maniféstase claramente na concorrencia de especies arbóreas atlánticas ou atlántico-continentais, como

Page 3: 363n PN Invernadeiro WEB XUNTA.docx) - Balnearios · periglaciares formados por derrubios de vertente, pedregais e aluviais. Pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea,

o carballo común (Quercus robur), e submediterráneas,

como o carballo cerquiño ou negral (Quercus pyrenaica)

así como pola ausencia de especies de afinidade atlántica,

aínda presentes nas vertentes occidentais do Macizo

Central, como é o caso de Daboecia cantabrica. As

peculiares condicións bioclimáticas, xuntamente coa

abrupta orografía, o gradiente altitudinal, a natureza

xeolóxica e a actividade humana, modelaron a paisaxe e

determinaron a estrutura da vexetación tal e como a

coñecemos. En particular, o secular uso para pastoreo, o

tradicional costume das queimas para pastos e as cortas,

así como, máis recentemente, as repoboacións forestais

de piñeiros foron factores decisivos na área, na que

actualmente se observa un predominio claro das

matogueiras nas abas das montañas e extensións

menores de diferentes tipos de formacións arbóreas

autóctonas, en fase de recuperación, en fondos de vales e

ladeiras medias-baixas, vexetación herbácea nos cumes e

restos das antigas plantacións forestais de piñeiros rubios (Pinus sylvestris) que ocuparon unha gran

parte do actual parque ata comezos da década de 1980.

Entre os diferentes tipos de bosques atópase a carballeira acidófila montana (asociación Vaccinio

myrtilli-Quercetum roboris), de filiación atlántica, caracterizada polo carballo común (Quercus robur), e a

arandeira (Vaccinium myrtillus) que ocupa ladeiras orientadas ao norte en vagoadas e vales angostos,

frescos e húmidos, cun bo exemplo no barranco de Guasenza. No cortexo arbóreo non escasea o

carballo albar (Quercus petraea) (que alcanza aquí a súa localización máis sudoccidental en Europa) e,

sobre todo, o seu híbrido co carballo (Quercus x rosacea). Propia da zona tamén é a carballeira de

cerquiño ou negral (Quercus pyrenaica), transicional entre as rexións eurosiberiana e mediterránea

(asociación Holco molli-Quercetum pyrenaicae). O bidueiral montano orocantábrico, dominado polo

bidueiro, Betula celtiberica, (asociación Luzulo henriquesi-Betuletum celtibericae) e as formacións de

acivros (Ilex aquifolium) con composición florística similar, ocupan pisos máis altos nas abas, mentres que

as abeleiras, caracterizadas por Corylus avellana, predominan no fondo das corgas, nas inmediacións de

cursos de auga de forte pendente. En zonas máis baixas encóntrase o bosque de ribeira, no que o

ameneiro (Alnus glutinosa) e o sanguiño (Frangula alnus) entre outros, son árbores destacadas. Outras

especies arbóreas ou arbustivas de especial interese, presentes nestes bosques, son o teixo (Taxus

baccata), o cancereixo (Sorbus aucuparia), o salgueiro cabuxo (Salix caprea), o abruñeiro (Prunus

spinosa), e o pradairo (Acer pseudoplatanus). Un importante número de fieitos (ata 14 taxons están

inventariados no parque), así como interesantes especies de hepáticas (algunhas moi raras en España,

como Aphanolejaeunea microscopica), e certo número de plantas vasculares endémicas ibéricas, raras

ou pouco comúns, como Anemone trifolia subsp. albida, Silene foetida, Veronica micrantha ou o

ameazado Eryngium duriaei subsp. juresianum refúxianse tamén nestas áreas arboradas e os seus

clareiros.

As matogueiras predominantes no parque pola súa extensión son as uceiras da asociación Genistello

tridentatae-Ericetum aragonensis, caracterizadas pola uz Erica australis subsp. aragonensis e a carqueixa

(Pterospartum tridentatum). En solos máis profundos e húmidos aparecen Erica arborea e as xesteiras de

Genista florida subsp. polygaliphylla e Cytisus multiflorus. Aínda que ocupan unha área moito menor, son

Page 4: 363n PN Invernadeiro WEB XUNTA.docx) - Balnearios · periglaciares formados por derrubios de vertente, pedregais e aluviais. Pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea,

tamén de elevado interese e de importancia comunitaria, ao abeiro da Directiva Hábitats, os pastos

pioneiros de rochedos, os diferentes tipos de herbais, como os da asociación Agrostio duriaei-Sedetum

pyrenaici, os prados terofíticos ibéricos, propios de solos silíceos, da asociación Teesdaliopsio confertae-

Festucetum summilusitanae e as depresións húmidas con herba das malladas (Nardus stricta) que se

sitúan en cotas por encima dos 1.500 m. Todos estes hábitats albergan un gran número de plantas

endémicas e infrecuentes en Galicia, entre as que cabería citar a Allium victorialis, Festuca elegans,

Festuca graniticola (exclusiva do Macizo Central ourensán), Festuca summilusitanica, Hieracium

rupicolum, Jasione laevis subsp. carpetana, Narcisus asturiensis, Serratula legionensis, entre outras

moitas.

Fauna

Especies de invertebrados forestais incluídas no anexo II da Directiva Hábitats son a lesma

(Geomalacus maculosus) e a vacaloura (Lucanus cervus). Entre os vertebrados coñécense dúas especies

de peixes autóctonos ameazados no ámbito do parque, o cacho (Squalius carolitertii), e a boga do Douro

ou escalo (Chondrostoma duriense). A víbora fociñuda (Vipera latastei), de distribución restrinxida a moi

poucos puntos da provincia de Ourense, é, xunto co moito máis común pero endémico lagarto das

silveiras (Lacerta schreiberi) o réptil de maior significación.

A avifauna forestal e a propia de áreas de matogueira e rochedos, e en particular as aves rapaces,

confírenlle un notable interese á zona. Un número indeterminado de aguias reais (Aquila chrysaetos), do

núcleo reprodutor existente noutros puntos do Macizo Central, utilizan este espazo como zona para

campar (a especie nidificou hai uns anos na zona). Outras rapaces diúrnas reprodutoras seguras ou

probables son a aguia cobreira (Circaetus gallicus), a tartarañas cincenta (Circus pygargus), a gatafornela

(Circus cyaneus), o azor (Accipiter gentilis), o gabián (Accipiter nisus), o falcón peregrino (Falco

peregrinus), e o lagarteiro (Falco tinnunculus), tamén se citou, entre as nocturnas, o bufo real (Bubo

bubo). As picas campestre (Anthus campestris), e alpina (Anthus spinoletta), o merlo rubio (Monticola

saxatilis), a andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris) e, sobre todo, a rara e ameazada charrela

ibérica (Perdix perdix subsp. Hispaniensis) son outros elementos avifaunísticos de relevancia.

A fauna de mamíferos posúe un relevo excepcional

no marco de Galicia e é un dos maiores valores do

parque natural. Entre os pequenos mamíferos de

maior interese, o leirón (Glis glis) propio de bosques

climácicos, encóntrase aquí ao bordo do seu límite

meridional de distribución, ao igual que a trilladeira

nival (Chyonomis nivalis) acantoada a máis de 1.200

m de altitude, mentres que o ameazado desmán

ibérico (Galemys pyrenaicus) ten nos numerosos

regatos un hábitat óptimo. O catálogo de carnívoros é moi importante, e inclúe o lobo (Canis lupus) do

que se coñece unha poboación estable, así como ao gato bravo (Felis sylvestris), a marta (Martes

martes), o armiño (Mustela erminea), o tourón (Mustela putorius), e a lontra (Lutra lutra) entre os de maior

relevo. Por outra parte, as poboacións de ungulados son moi notables, con altas densidades de xabaril

(Sus scrofa), corzo (Capreolus capreolus), e cervo (Cervus elaphus) (reintroducido hai años, e presenza

de cabra brava (Capra pyrenaica) e rebezo (Rupicapra rupicapra) todos estes procedentes de soltas.

Notable poboación de lebre ibérica (Lepus granatensis).