35-37 certame fotogrÁfico 8 marzo · rosalÍa de castro ela defendeu o galego ante o despre-zo...

3
BARDOS 77 CERTAME FOTOGRÁFICO 8 DE MARZO MULLERES QUE TRANSFORMARON O MUNDO DOROTHY GARROD Para min, Dorothy foi unha muller moi importante para a humanidade. Cambiou a maneira de investigar a arqueoloxía, e descubriu as claves da evolución humana. Escollín esta muller porque tiña unha curiosida- de innata, non parou ata que atopou o que quería. A min gústame moito a arqueoloxía, a historia e a evolución humana, e creo que tamén é por iso. Cristina Abal Ferreiro, 1ºESO-A O pasado 8 de Marzo, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, a biblioteca do instituto organizou a IV edición do Certame Fotográfico baixo o lema “Mulleres que cambiaron o mundo”. Os traballos para participar constaban dunha fotografía cunha imaxe dunha muller que tivese feito algo importante. Cada fotografía tiña que ir acompañada dun breve texto explicando en que consistira a contribución desa muller a transformar o mundo. Os traballos premiados corresponderon a Brais Chaves Miguéns (1ºESO-B) e Luz Fernández González (1ºESO-A), na categoría dos primeiros cursos da ESO, e a Aizaia Buceta Carballo e Nerea Bravo Sayáns, as dúas de 4ºESO-B, na categoría dos dous últimos cursos da ESO e Bacharelato. Aquí presentamos os traballos premiados mais unha escolma dos numerosos que se presentaron ao certame. VALENTINA TERESHKOVA Valentina Tereshkova foi unha cosmonauta e enxeñeira Soviética moi importante no século XX. Eu elixín a Valentina Tereshkova porque foi a primeira muller en ir ao espazo e bateu o récord de órbitas dadas á Terra: 48. O máis importante foi que na viaxe de volta á Terra tivo moitísimas dificultades: desmaiouse, tivo problemas técnicos, náuseas... E ela demostrou que as mulleres son duras coma unha pedra. SOFÍA CASANOVA Escollín esta muller polo seu traballo, porque me pareceu bastante diferente aos demais. É moi interesantes porque foi escritora en varios periódicos sobre a guerra. MARCELA E ELISA Elixín esta parella porque me parece moi bonita a súa historia, propia dunhas mulleres guerreiras. A pesar de ter todo en contra, non deixaron de loitar polo seu amor. Foron as primeiras en celebrar unha voda entre mulleres e, aínda que viviron escapando da xustiza, elas foron moi felices. 35

Upload: others

Post on 25-Jun-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 35-37 CERTAME FOTOGRÁFICO 8 MARZO · ROSALÍA DE CASTRO Ela defendeu o galego ante o despre-zo alleo. Foi unha gran defensora do galego. Artistas e público recoñe-ceron o seu talento

BA

RDO

S 77

CERTAME FOTOGRÁFICO 8 DE MARZO

MULLERES QUE TRANSFORMARON O MUNDO

DOROTHY GARROD

Para min, Dorothy foi unha muller moi importante para a humanidade. Cambiou a maneira de investigar a arqueoloxía, e descubriu as claves da evolución humana. Escollín esta muller porque tiña unha curiosida-de innata, non parou ata que atopou o que quería. A min gústame moito a arqueoloxía, a historia e a evolución humana, e creo que tamén é por iso.

Cristina Abal Ferreiro, 1ºESO-AO pasado 8 de Marzo, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, a biblioteca do instituto organizou a IV edición do Certame Fotográfi co baixo o lema “Mulleres que cambiaron o mundo”.Os traballos para participar constaban dunha fotografía cunha imaxe dunha muller que tivese feito algo importante. Cada fotografía tiña que ir acompañada dun breve texto explicando en que consistira a contribución desa muller a transformar o mundo.Os traballos premiados corresponderon a Brais Chaves Miguéns (1ºESO-B) e Luz Fernández González (1ºESO-A), na categoría dos primeiros cursos da ESO, e a Aizaia Buceta Carballo e Nerea Bravo Sayáns, as dúas de 4ºESO-B, na categoría dos dous últimos cursos da ESO e Bacharelato.Aquí presentamos os traballos premiados mais unha escolma dos numerosos que se presentaron ao certame.

VALENTINA TERESHKOVA

Valentina Tereshkova foi unha cosmonauta e enxeñeira Soviética moi importante no século XX. Eu elixín a Valentina Tereshkova porque foi a primeira muller en ir ao espazo e bateu o récord de órbitas dadas á Terra: 48.O máis importante foi que na viaxe de volta á Terra tivo moitísimas difi cultades: desmaiouse, tivo problemas técnicos, náuseas... E ela demostrou que as mulleres son duras coma unha pedra.

SOFÍA CASANOVA

Escollín esta muller polo seu traballo, porque me pareceu bastante diferente aos demais. É moi interesantes porque foi escritora en varios periódicos sobre a guerra.

MARCELA E ELISA

Elixín esta parella porque me parece moi bonita a súa historia, propia dunhas mulleres guerreiras. A pesar de ter todo en contra, non deixaron de loitar polo seu amor. Foron as primeiras en celebrar unha voda entre mulleres e, aínda que viviron escapando da xustiza, elas foron moi felices.

35

Page 2: 35-37 CERTAME FOTOGRÁFICO 8 MARZO · ROSALÍA DE CASTRO Ela defendeu o galego ante o despre-zo alleo. Foi unha gran defensora do galego. Artistas e público recoñe-ceron o seu talento

BARD

OS

77

36

ROSIE SWALE-POPERosie Swale-Pope foi a primeira persoa en dar a volta ao mundo correndo. Aos 18 anos foi a Rusia,India e Nepal sen saber falar o seu idioma. O seu marido Cli-ver morreu de cancro en 2002. O seu primeiro marido Colin Swale foi o primeiro en atravesar o cabo de Hornos, en Chile, no 1973.O seu segundo marido Cliver Pope foi o primeiro en atravesar Chile a cabalo. O seu lema é “non busques sempre cousas valentes ou gran-des e fai tamén cousas bonitas e agradables. Rosie pasou 1.789 días en dar a volta ao mundo correndo. ElIxina porque me gusta o traballo duro e, sobre todo, o deporte.

JANIS JOPLIN Janis Joplin, nacida en Texas o 19 de xaneiro de 1943 foi unha gran cantante cunha voz espectacular. Foi unha das cantantes máis famosas no mundo da música. Desgraciadamente morreu con 27 anos de idade.

MERCEDES MARIÑOFoi a primeira actriz nun escenario americano. Pode ser que non sexa a muller que cambiou máis o mun-do pero paréceme moi importan-te o que fi xo, moita xente pensa que ser actriz,cantante ou músico só é un hobby, pero é máis que iso. A min encántame a música e por iso pensei en facer este texto sobre ela, aínda que non sexa a máis coñecida.

ROSALÍA DE CASTROEla defendeu o galego ante o despre-zo alleo. Foi unha gran defensora do galego. Artistas e público recoñe-ceron o seu talento no ano 1880. Ela escribiu moita poesía e narrativa (Cantares gallegos, Follas novas, Fla-vio, La hija del mar, A mi madre, En las orillas del Sar, El caballero de las botas azules, Lieders, Carta a Eduarda etc...)Eu escólloa porque me gusta a súa poesía.

SYLVIRE EARLEBióloga, exploradora e activista en defensa dos océa-nos. Naceu en New Jersey, en 1935 pero con apenas 12 anos mudouse a Florida. Nunha casa xunto ao mar, que marcou toda a súa vida. Aos 17 anos fi xo a súa primeira inmersión de mergullo. Graduouse en botánica e aca-bou facendo a tese de doutoramento sobre as algas no golfo de México. En 1964 formou parte da primeira expedición que explorou os fondos mariños das Illas Sey-chelles a única muller de 70 homes. Tamén partici-pou na exploración das Illas Galápagos. Foi a primeira persoa en camiñar sobre o fondo do mar a case 400m de profundidade. Logo deseñou un submarino xunto a un enxeñeiro con quen chegaría aos 1000 m de profun-didade. Foi a primeira muller en dirixir a NOAA. Sylvia ten 83 anos e pasou máis de 7000 horas debaixo do mar.

FRIDA KAHLOFoi a primeira pintora en retratar case exclusivamen-te a súa vida , porque basi-camente cría que ela mesma era o motivo que mellor coñecía. Por iso , das casi 200 obras que pintou na súa carreira , a maioría foron autorretratos. O estilo pictórico de Frida e unha mezcla fortísima entre a beleza e a tristeza , a vida e a morte, soños e realidade. Eu escollina porque a min encántame pintar e gustánme os seus cadros.

IRENE GONZÁLEZIrene González foi unha pioneira e a primeira muller en xogar ao fútbol nun equipo de ho-mes na Coruña en 1920. Ela era unha rapa-za alta, forte, rápida e decidida e ela can-do xogaba ao fútbol, facíao como porteira. Elixina máis que nada porque así agora as rapazas poden demostrar o seu potencial como xogadoras.

ÁUREA RODRÍGUEZEscollín a Áurea Ro-dríguez por que foi a primeira gaiteira. Áurea non era só a gaiteira principal do grupo, senón que tamén era a líder. Era unha das pou-cas mulleres músicas por iso a elixín por-que me parece moi importante que na súa época houbese mulleres músicas.

ROSALÍARosalía é unha das mellores cantantes de España destes tem-pos. Escollina porque fi xo unha canción moi famosa chamada Malamente. O seu nome real é Rosalía Vila Tobella.Comezou aos 15 anos, no progra-ma Tú si que vales. Comezou coa canción Catalina, pero seu debut foi con Malamente.

Page 3: 35-37 CERTAME FOTOGRÁFICO 8 MARZO · ROSALÍA DE CASTRO Ela defendeu o galego ante o despre-zo alleo. Foi unha gran defensora do galego. Artistas e público recoñe-ceron o seu talento

BA

RDO

S 77

37

MARIE CURIE

Eu escollín a Marie Curie porque era una pioneira na investigación sobre a radiactividade. Tamén gañou dous premios Nobel. Fundou o instituto Curie en Paris. Descubriu dous elementos moi importantes como:Polonio de aí vén o nome, do país, Polonia, e tamén descubriu o Radio.Unha frase que fi xo ela foi: “Ensináronme que o camiño do progreso non é nin rápido nin fácil”.

Elexín a Marie Curie porque gañou dous premios Nobel e tamén foi pio-neira na investigación sobre a radiactividade. Descubriu dous elementos o polonio e o radio. Fundou o instituto Curie en Paris.Foi a primeira muller en ter un doutorado en Francia. É a única persoa que recibiu dous premios Nobel en dúas disciplinas diferentes. Inventou a radiografía e iso axudou moito aos feridos na primeira guerra mundial.

AMELIA EARHARTA esta muller encantáballe sobrevoar o ceo, así que o seu pai, polo seu cumpre anos decidiu levala a voar. decidiu ser piloto. Tempo despois sobrevoou o océano, fíxose moi famosa, xa que foi a primeira muller en sobrevoar o océano soa. Máis tar-de decidiu voar ao redor do mundo polo ecuador, non sería a primeira persoa en facelo, pero si a primeira muller, pero esta vez non ía ir soa, iría cun compañeiro. Cando estaba a punto de chegar ao seu destino empezaron a fallar as conexións radiofónicas, a avioneta quedou sen combustible e foi parar a unha illa. Barcos, avións a buscaron por todas partes, pero nunca ninguén volveu a vela.

LYNNE COXLynne Cox era unha nadadora americana que Lynne Cox era unha nadadora americana que cruzou o estreito de Bering a nado en plena Gue-cruzou o estreito de Bering a nado en plena Gue-rra Fría. O seu lema é “Non haI límites en canto rra Fría. O seu lema é “Non haI límites en canto a mente poida imaxinar ou o ser humano poida a mente poida imaxinar ou o ser humano poida conseguir”. Eu escollina porque me gusta moito nadar, mergullar e estar en remollo. Ademais, tamén me gusta que pense que non haI límites, que se pode conseguir todo o que queiras se te propós facelo e que non permitas que te limite o que os demais pensen de ti. Aínda que ademais diso escollina polo seu maior logro de cruzar o estreito de Bering a nado.

OSA JOHNSONOsa Johnson pasou de ser unha moza dunha vila perdida no medio de Kansas a converterse nunha das exploradoras máis grandes do mundo na historia.Con só 16 anos coñeceu a Martin Johnson, un aventureiro dez anos maior que percorrera medio mundo en barco. Ás tres semanas xa estaban casados e Osa deixou todo para acompañalo. Estaba namoradísima entón quería ver cos seus propios ollos todo o que lle contaba o seu marido. A súa misión era fi lmar e ambos formaron un fantástico equi-po. Martin ocupábase das fi lmacións e Osa sacaba fotos.En 1937 tiveron un accidente de avión. Martin morreu, mais Osa non se detivo. De Hollywood chamárona para que as súas fi lmacións saísen en películas de safaris ou selvas. Así foi como se fi xo famosa, sendo pioneira no mundo dos documentais.

NELLIE BLYA moza de verdade que deu a volta ao mundo en 72 días. A maioría da xente sabe quen é o protagonista da novela de aventuras “A volta ao mundo en 80 días” de Xulio Verne (pssst: Phileas Fogg). Pero moi poucos son os que coñecen a historia de Elizabeth Jane Cochran, unha moza “real” que, polas mesmas datas que o personaxe inventado por Verne, deu a volta ao mundo en ¡72 días! Elizabeth non foi un personaxe de novela, senón unha moza de carne e oso que fi xo unha viaxe de verdade.O seu lema : “Dixen que podía e que o faría e fíxeno.”

CASSIE DE PECOLCassie De Pecol foi a primeira muller en vi-sitar todos os países do mundo. O seu lema é “O meu soño sempre foi facer o que quero cando quero e inspirar aos demais”. Eu escollín a esta muller porque ME parEce incríbel que con soamente 29 anos visitase os 196 países do mundo. A min tamén me gustaría poder facelo porque me parece unha aventura e experiencia apaixonante.

EXERIAFoi a primeira escritora de toda a His-pania romana, escribía en latín que era a lingua do imperio. Antes de es-critora foi viaxeira, e pódese dicir que foi tamén a primeira autora dun libro de viaxes. Gustoume porque foi unha muller audaz, valente e moi curiosa e tamén porque foi a primeira escritora.