31 outubro 2014 - bd nº 107

16
Número: 107- Ano: VI - 31 de outubro de 2014 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 14 de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. O COB recibe ao Valladolid o 31 de outubro ás 21 horas no Paco Paz. // A directiva da Unión Deportiva Ourense anunciou que o club xa sobrepasou o milleiro de abonados. // Dúas xogadoras do Cidade, citadas co combinado nacional de fútbol sala. BALONCESTO Páx.4-5 XADREZ Páx.12 ATLETISMO Páx.2-3 XIMNASIA Páx.10 Iria e Vane, coa Selección [Páx.8] [Páx.2] Ocampo e Paredes vencen no “Correndo por Ourense” Lográrono: 1.000 socios COB vs Valladolid [Páx.7] [Páx.5]

Upload: barrios-deportivo

Post on 06-Apr-2016

250 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

O número 107 do Barrios Deportivo saca en portada ao Javier Paredes e Ana María Ocampo, vencedores do circuíto de carreiras populares "Correndo por Ourense".

TRANSCRIPT

Número: 107- Ano: VI - 31 de outubro de 2014 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 14 de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

O COB recibe ao Valladolid o 31 de outubro ás 21 horas no Paco Paz. // A directiva da Unión Deportiva Ourense anunciou que o club xa sobrepasou o milleiro de abonados. // Dúas xogadoras do Cidade, citadas co combinado nacional de fútbol sala.

BALONCESTO Páx.4-5 XADREZ Páx.12ATLETISMO Páx.2-3 XIMNASIA Páx.10

Iria e Vane, coa Selección

[Páx.8]

[Páx.2]

Ocampo e Paredes vencen no “Correndo por Ourense”

Lográrono: 1.000 socios

COB vsValladolid

[Páx.7]

[Páx.5]

� BARRIOS DEPORTIVO31 de outubro de �014

ATLETISMO

4 Axenda deportivaFútbol- Día � de novembro. Os Carrís. Barbadás - Alondras. Terceira División.- Día � de novembro. Estadio José Arjiz. Verín - Gondo-mar. Rexional Preferente.- Día 19 de outubro. A Tella. Nogueira de Ramuín - Rá-pido Bahía. Rexional Preferente.- Día 19 de outubro. Espiñedo. Arenteiro - Mondariz. Rexional Preferente.- Día 9 de novembro. Cabagaleiros. CD Barco - Aren-teiro. Rexional Preferente.- Día � de novembro. Estadio José Arjiz. Verín - Estra-dense. Rexional Preferente.- Día 9 de novembro. Estadio Miguel Anxo. Pabellón Ourense - Tropezón. División de Honra Xuvenil.- Día � de novembro. Os Carrís. Barbadás - Oviedo. Terceira División.- Día 16 de novembro. Estadio a determinar. UD Ouren-se - Castrelo de Miño.Baloncesto- Día 31 de outubro. Paco Paz - �1.00h - Club Ourense Baloncesto - Valladolid. LEB Ouro.- Día 11 de novembro. Paco Paz - 19.30h - Club Ourense Baloncesto - Peñas Huesca. LEB Ouro.- Día 8 de novembro. Os Remedios - �0.00h - Pabellón Ourense - Universidad de Valladolid. Liga Feminina �.Fútbol sala - Día 1 de novembro - Os Remedios -17.00h- Ourense Envialia - Ordizia. 1ª División.- Día 8 de novembro. Os Remedios -17.00h- Cidade As Burgas - Roldán. 1ª División.Atletismo- Día � de novembro. Monterrei - a partir das 10.30h - I Carreira Popular Concello de Monterrei.- Día 9 de novembro. O Barco de Valdeorras - a partir das 1�.00h - VII Carreira Popular dos Santiños.- Día 16 de novembro. Ourense -11.00h- 38ª Carreira Pedestre Popular do San Martiño.Tenis de mesa- Día 15 de novembro. Paco Paz - 10.30h - Galmédica Ourense - Helios Car Lunas. Terceira División Nacio-nal Grupo Sur.Tiro- Día 1 de novembro. Club de tiro Eiroás. Copa Deputa-ción de pistola e carabina neumática.- Día 9 de novembro. Club de tiro Eiroás. Campionato autonómico social pistola estádar.Balonmán- Día � de novembro. Anexo dos Remedios. Balonmán Pabellón - Bueu. 1ª Autonómica feminina -Gr. I-.- Día 9 de novembro. Universidade. Campus Auria - Balonmán Porriño. 1ª Autonómica feminina -Gr. II-.Hoquei- Día 9 de novembro. Mariñamansa -1�.00h - Barrocás - Vallés. División de Honra B.

[Máis información en www.periodicobarrios.com]

Carreira popular “Concello de Monterrei” Redacción

O Concello de Monte-rrei, en colaboración coa asociación Limiactiva, organiza a I Carreira Po-pular Concello de Mon-terrei, que terá lugar en Albarellos, o vindeiro � de novembro.

Na súa categoría abso-luta trátase dunha proba oficial da Federación Ga-lega de Atletismo.

HorariosAs probas comezarán

ás 10:30 coa carreira in-fantil e cadete, cuxos par-ticipantes cubrirán �.000 metros. Ás 10:50 dará saída a carreira benxamín e alevín, de 1.000 metros de distancia. Ás 11:15 será o turno para a proba absoluta, que cubre un circuito de 8 km.

Ao seu remate, ás 1�:�0 horas sairán os corredores de categoría prebenxa-mín, que correrán 400 m e ás 1�:30 os pitufos, cun-ha distancia de �00 m. A saída e meta estará situada diante da Casa do Conce-llo, na localidade de Alba-rellos.

PremiosContra a unha da tarde

está prevista a entrega de premios aos vencedores, con trofeos para os tres primeiros clasificados en cada categoría e meda-llas para o cuarto e quinto posto.

Tamén se premiará aos mellores atletas locais e aos mellores equipos, que deben estar compostos por catro atletas, e alo-menos un deles debe ser muller.

R.T.

O circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” xa ten vencedo-res. En categoría absoluta Javier Paredes (Sociedad Gimnástica Pontevedra) e Ana María Ocampo (Our-enrunning) foron os me-llores.

Paredes fíxose coa vi-toria na Carballeira por diante do atleta do Ouren-se Atletismo, Jorge Silva, e do Atletismo Arentei-ro, José Manuel Corral. En mulleres, Ana María Ocampo foi a máis rápi-da seguida de María Fe-rreiro e Ana María López (Trourense).

CircuítoJavier Paredes parti-

cipou en cinco das seis carreiras do circuíto -tan só faltou á da Ponte- ven-cendo en catro delas (�1, Corpus, Universidade e A Carballeira) e quedando segundo na do Couto (na que o vencedor foi Jorge

Silva). Pola súa banda, Ana María Ocampo foi a vence-dora en todas as carreiras do cricuíto.

No podio xunto a Paredes estarán Jorge Silva e Luis Iglesias, segundo e tercei-ro respectivamente. E no podio feminino acompaña-rán a Ocampo, no segundo caixón María Ferreiro, e no terceiro, Ana María López.

Paredes e Ocampo eríxense como campións do “Correndo por Ourense”4 Na cuarta edición deste circuíto de carrei-ra populares ourensás.

Entrega de premiosO sábado 16 de no-

vembro, durante a Feira do Corredor previa á Ca-rreira do San Martiño, fa-rase entrega dos premios aos vencedores do “Co-rrendo por Ourense.

O acto terá lugar ás 19 horas na cancha central do pavillón dos Reme-dios.

Ana María Ocampo e Javier Paredes, gañadores da edi-ción 2014 do circuito “Correndo por Ourense”./RAMSÉS

Grupo de corredores participantes na proba da Carballeira./PATRICIA LORENZO

BARRIOS DEPORTIVO31 de outubro de �014

3ATLETISMO

R.T.

Recta final para a San Martiño. Dúas semanas restan para que a carreira pedestre popular encha as rúas da cidade das Burgas con miles de atletas. O 16 de novembro terá lugar a 38 edición da proba decana das populares galegas.

InscritosA falta de 10 días para

pecharse a inscrición, o número de participantes supera a cifra de 7.000, dos cales máis de 3.000 parti-ciparán na proba absoluta, algo menos desa cifra na escolar e máis de 1.500 na de cativos.

Ata o 31 outubro o prezo da inscrición na carreira absoluta custa tres euros,

Redacción

O Consello Municipal de Deportes busca volun-tarios para colaborar na carreira do San Martiño. Ata o 10 de novembro poden apuntarse todos os interesados maiores de 16 anos.

Os que queiran partici-par neste evento doutra maneira que non sexa a de correr, poden acudir de voluntarios. Para iso, hai varias vías para ano-tarse: a través de internet na páxina web do Conce-llo (www.ourense.es); no pavillón dos Remedios (de luns a venres, de 9 a 14 horas e pola tarde, 17 a �0, de luns a xoves); na Oficina Municipal de Voluntariado (en horario matinal de 9 a 14 horas, de luns a venres) e na Ofi-

cina de Atención Cidadá (de 16 a �0 horas, de luns a venres). Os mozos e mozas de 16 a 18 anos necesitarán unha autorización da nai, do pai ou dos titores legais, amais de cumplimentar a fi-cha, obrigatoria para todas as idades.

Interese en colaborarDos 400 inscritos que ten

a Concellería de Volunta-riado na súa base de datos, sobre a metade está intere-sado en colaborar en probas deportivas como esta. A necesidade de voluntarios neste evento é vital para que teña unha perfecta or-ganización.

A Carreira popular pe-destre do San Martiño, que chega a súa 38ª edición, disputarase o vindeiro 16 de novembro.

O Consello Municipal de Deportes busca voluntarios 4 Ata o 10 de novembro poden apuntarse todos os interesados maiores de 16 anos.

mentres que os atletas que se apunten entre o 1 e o 9 de novembro pagarán 5 euros. As inscricións realízanse en championchipnorte.com. A participación nas carreiras escolar e de cativos é gra-tuíta.

Os dorsais, chips (quen o precise) e camisetas pode-ranse recoller no pavillón dos Remedios o venres 14 de 16 a �0 horas, e ao día seguinte (sábado 15) de 9 a �0 horas, durante a Feira do Corredor.

Caixón de saídaPor primeira vez na pro-

ba, os atletas estarán ubica-dos segundo a súa marca. O caixón negro -o primeiro deles- é para os que ateso-ren unha marca inferior aos 35 minutos (homes) e aos

Recta final para a San Martiño4 O 16 de novembro as rúas de Ourense acollerán a 38ª edi-ción da carreira popular do San Martiño.

40 (mulleres). O vermello é para os que teñan unha marca entre os 35 e os 40 minutos. O amarelo para os que corran entre os 40 e 48 minutos. E o verde para o resto de corredores que o que queren e gozar e supe-rarse a si mesmos.

Feira do CorredorPor terceiro ano conse-

cutivo o venres e sábado previo á carreira terá lugar a Feira do Corredor, na cancha central do pavillón dos Remedios. Nela haberá stands de entidades patro-cinadoras e colaboradoras especializadas no mundo do running, que presentarán as súas novidades en mate-rial deportivo. Pero tamén se poderán facer probas de toda índole coma analíticas

e biomecánicas, e conse-guir mostras de produtos de alimentación e bebidas para os corredores.

Doutra banda, a Carreira do San Martiño amosará o seu lado máis solidario coa recollida de alimen-tos non perecedoiros para o Banco de Alimentos. O ano pasado superáronse os dous mil quilos de ali-mentos.

E para facilitar a asis-tencia de corredores de fóra da cidade, estará dis-poñible de maneira gratuí-ta o aparcadoiro do centro comercial Ponte Vella.

Momento de chegada a meta da proba absoluta da San Martiño en 2013./ARQUIVO.

Polo momento hai máis de 7.000 participantes inscritos Os voluntarios colaboran, por exemplo, no reparto de

avituallamento aos corredores../ARQUIVO.

4 BARRIOS DEPORTIVO31 de outubro de �014

BALONCESTO

Un momento da final da Copa Galicia infantil./RAMSÉS

O Bosco Salesianos 2001 álzase coa vitoria na fase final4 En categoría infantil da Copa Galicia, ao vencer ao Sigaltec de Vilagarcía 75 a 51.Redacción

O Bosco Salesianos �001 álzase coa vitora na fase final da Copa Galicia in-fantil. O Bosco logrou des-facerse dos seus rivais con sendas vitorias avultadas.

O conxunto ourensán ac-cedeu á final logo de vencer nas semifinais ao Estudian-tes de Lugo por 7�-51. O ri-val na final sería o Sigaltec de Vilagarcía, que vencera na súa semifinal ao Sologas de Ferrol por 67-75.

A finalA final comezou cos tí-

picos nervios por parte das dúas escuadras, o que faría que rematara o primeiro cuarto cun curto marcador -empate a 11-. No segundo cuarto, os ourensáns come-zaron a marcar o ritmo e chegaron ao descanso cun-ha vantaxe de catro puntos (34-30).

Trala reanudación, os locais fixeron un mellor xogo, o que lles valeu para deixar a final moi de cara; 56-41 ao remate do tercei-ro cuarto. No último cuarto todo foi rodado e en ningún momento, os ourensáns vi-ron perigar o título; inclu-so os arousáns baixaron os brazos antes de tempo. Ao final, Bosco Salesianos 75-

51 Sigaltec de Vilagarcía. E a Copa Galicia queda en Ourense.

A entrega de premios estivo presidida polo pre-sidente da Federación ga-lega, Francisco Martín, xunto co xefe de servizo de Deportes da Xunta, Mario Guede.

O equipo adestrado por

José Valentín e Álvaro Gómez estivo formado por Daniel López, Martín Pereira, Jorge José López, Fernando Seara, Pablo Rodríguez, Aarón Ojea, Alejandro Fernández, Diego González, Diego Sabucedo, Luis Prieto, Martín González e Eloy Álvarez.

Un encontro de 10 minutos4 O Pabellón perde na primeira xornada de liga ante o Ensino.S.N.

Un só cuarto durou o Pabellón Ourense no par-tido ante o Ensino. As de Benjamín Rodríguez es-treábanse na Liga Femini-na � esta tempada contra o equipo lugués e facíano na casa, pero non foi posible optar á vitoria.

O Pabellón non come-zou ben, comezou moi ben. Durante os primeiros 10 minutos os desexos cumplíanse. Acertadas en defensa, rebote e ata-que as ourensás foron por diante no luminoso ata o final. Cun 18-12 rema-tou o premeiro período. Non se podía pedir máis. Pero aí rematou a histo-ria. De pronto, o conxunto ourensán voltouse torpe e pasou máis de cinco mi-

nutos sen anotar nin un só tanto, o que lle permitiu ao Ensino encaixarlle un 0-9 que o colocou por diante. As luguesas nunca foron un rival sinxelo, aínda que ao principio nos ilusionára-mos, e souperon aproveitar o desconcerto local para amosar do que son capaces. Así, chegaron ao descanso con sete puntos de vantaxe (�4-31), logrando os dous últimos sobre a bocina. O seu acerto era absolutamen-te incontestable.

Coa reanudación a cousa non mellorou. O Ensino seguiu dominando ante un Pabellón que non era quen nin de facerlle cóxegas. 31-43 era o resultado tralo ter-ceiro cuarto, que deparou, ademais, a lesión no último segundo da lucense Tamara Montoro.

O último período foi se-mellante. As ourensás es-taban cansas e desconcer-tadas, e o Ensino facía que o baloncesto parecese un xogo de nenos. Ademais, a pívot pavillonista An-drea Ríos sufriu un golpe no nocello que a obrigou a abandonar. O Pabellón afogábase e o Ensino go-zaba do momento. Nos úl-timos minutos, as luguesas afloxaron a súa intensidade e permitiron que o Pabellón maquillase o resultado. 4�-65 marcaba o casilleiro ao final.

A volta de Arantxa Arantxa Mallou voltou

defender as cores do Pabe-llón en liga tras case un ano sen facelo debido a unha lesión. Chegaba cargada de gañas e responsabilidade, e así o demostrou. Aínda que o escenario non axudaba, as súas cualidades quedaron patentes.

Pero o equipo precisa máis rotacións. Todas as in-tegrantes do quinteto inicial estiveron sobre o parqué máis da metade do partido, dúas delas rozaron o tem-po completo de encontro. A chegada de reforzos será vital para que este curso o equipo ourensán poida competir en condicións con rivais como o lugués duran-te máis dun cuarto.

Andrea Ríos entra a canastra no partido contra o Ensino./RAMSÉS

42-65 marcaba o casilleiro ao final do encontroArantxa Mallou en posesión do balón./RAMSÉS

BARRIOS DEPORTIVO31 de outubro de �014

5BALONCESTO

R. Torres

O venres 31 de outubro -a partir das �1 horas- o Paco Paz engalánase para recibir a un dos favoritos ao ascenso: o Valladolid. O

Redacción

Trala disputa de dúas xornadas na Primeira Di-visión Nacional, o Club Ourense Baloncesto si-túase nos primeiros postos con dúas vitorias noutros tantos encontros. O COB é colíder xunto a VGO, Coia e Porriño, todos eles con dúas vitorias.

Na xornada número dous do campionato, o COB venceu a domicilio ao Culleredo por 59-79, sendo moi superiores os de Juan Norat aos seus rivais.

Pola súa banda, o Cam-pus Ourense non foi quen de sumar a segunda vi-toria da tempada e caeu derrotado ante o Porriño (50-58).

Terceira xornadaEsta fin de semana dis-

pútase a terceira xornada

na Liga Nacional. En canto aos representantes ouren-sáns, o COB recibe en casa ao líder, VGO Basket (sábado 1 de novembro ás 18 horas no Paco Paz) e o Campus Ourense ao Noia (día 1 ás 16 horas no pavi-llón universitario), equipo que conta coas mesmas vitorias que os ourensáns, unha.

2ª DivisiónNa Segunda División

Feminina o Allariz é cuarto con dúas vitorias. As alari-canas descansaron unha xornada polo que están in-victas na competición. Na cuarta xornada xogarán na cancha do Nigrán.

En canto á Segunda Di-visión Masculina, o Allariz venceu contra o La Salle por 63-68. A próxima xor-nada (8 de novembro) re-cibe ao Obradoiro a partir das �0 horas.

O COB de Nacional, no alto da táboa4 O Campus Ourense é o outro conxunto ourensán na categoría.

equipo ex ACB chega con pleno de vitorias (3 de 3) neste arranque ligueiro. Os castelán leoneses están no vagón dos favoritos aínda que un chanzo por debaixo -a priori- de Burgos e Pa-lencia.

Un conxunto totalmente renovado (queda Iván Mar-tínez do ano pasado), pero con gran calidade. O ades-

trador, Porfirio Fisac, é un dos máis contrastados da Liga, con ascensos no seu palmarés. Fisac fixo unha plantilla notable a pesar da sensible baixa de Sonseca.

O técnico ourensán, Gonzalo García de Vitoria, considera que será un parti-do moi disputado no que o seu equipo “terá que estar ben nos 40 minutos”. Gar-cía tamén alabou os xoga-dores do Valladolid desta-cando a “Montañez” coma un “dos mellores aleiros da competición”.

Marcos Suka-Umu xo-gou a pasada tempada no Valladolid aínda que de cara a este partido poucas cousas lle pode dicir aos seus compañeiros, xa que “só coincidín con Iván (Martínez) o ano pasado”; incluso asegurou que o sistema de xogo deste ano “non é o mesmo que o do ano pasado”.

Segunda cruz para o COB

O Club Ourense Balon-cesto leva encadeadas dúas derrotas consecutivas logo de remontar e chegar con posibilidades de vitoria ao final.

No último partido, con-tra Lleida os homes de García de Vitoria entraron na cancha sen intensidade, polo que ao remate dos 10

primeiros minutos o mar-cador reflexaba un 29-15 para os locais. Na segun-da metade o COB subiu en intensidade e logrou remontar para colocarse no descanso a tres dos anfitrións (41-38). Tralo descanso, continuarían coa intensidade do se-gundo cuarto, e o mar-cador mostraba un 55-57 para os ourensáns antes de encarar os últimos 10 minutos.

Entrabase no último cuarto e calquera cousa podía ocorrer. O COB tivo noqueado ao seu rival pero non soupo rematalo, o que aproveitaron os ca-taláns. Os ourensáns, con posesión, xóganse unha penetración na que Fieler é parado en falta por Al-zamora, pero os árbitros fan caso omiso (o dos colexiados nos dous úl-timos encontros hai que facelo mirar) e á xogada seguinte o Lleida anota, o que lle dá a vitoria.

Valladolid aterra no Pazo con pleno de vitorias4 O conxunto castelán leonés é un dos equi-pos favoritos a gañar a LEB Ouro.

Venres 31 de outubro. 21 h. COB-Valladolid

O COB encadea dúas derrotas consecutivas, contra Lleida e PalenciaArco entrando a canastra no último encontro no Pazo./R.T.

Chase Fieler sorteando a dous rivais do Palencia./RAMSÉS

6 BARRIOS DEPORTIVO31 de outubro de �014

FÚTBOL

Berto, porteiro do Barbadás, realizando unha espectacular parada pola escuadra./CEDIDA

Encontro entre Arenteiro e Portonovo, disputado o pasado 19 de outubro no Carballiño./ARENTEIRO

Redacción

O Barbadás empatou a un tanto contra As Ponte. O gol de Luis González supuxo que os azulóns se adiantaran no marcador, pero non que lograran os tres puntos.

Este empate fai que o equipo con sede nos Carrís (A Valenzá) ocupe a oitava posición con 16 puntos, a dous do cuarto posto e a seis do primeiro clasifica-do. A sete, o descenso.

AlondrasO Alondras será o próxi-

mo visitante nos Carrís. O equipo de Cangas do Mo-rrazo marcha na terceira posición con 19 puntos.

Unha vitoria ourensá se-ría unha boa oportunidade para non perder comba cos de arriba. A derrota daría lugar a que o conxunto adestrado por Jorge Regal se alonxase da cabeza da

Redacción

Comezan a carburar os equipos ourensáns no grupo sur da Rexional Preferente. Verín, Barco, Arenteiro e Nogueira es-tán neste momento fóra da zona de descenso.

O mellor situado na clasificación é o Barco. O conxunto de Cabagaleiros suma 17 puntos nas nove xornadas disputadas ocu-pando a cuarta posición.

Dous postos máis abaixo, na sexta, está o Verín con 16 puntos.

O terceiro dos ouren-sáns é o Arenteiro; que con 10 puntos ocupa o 13º posto.

O outro conxunto da provincia, o Nogueira de Ramuín, comezou mal a tempada, pero nas últimas catro xornadas deu un

Un empate que sabe a pouco4 O Barbadás repártese os puntos co As Pontes.

xiro de 180 grados e de ser o pechacancelas, pasou a estar agora fóra da zona de descenso. O Nogueira suma xa nove puntos e atópase na décimo sexta posición.

Vindeira xornadaPara a xornada número 10

da Preferente (que se dispu-tará este � de novembro) o Verín recibe no José Arjiz ao Gondomar; o Nogueira de Ramuín xogará na Tella contra o Rápido Bahía; o Arenteiro mídese en Espi-ñedo contra o Mondariz; e o Barco visita o campo do Valladares.

clasificación.

Barbadás femininoO Barbadás feminino

aínda non sabe o que é pun-tuar na Segunda División

Nacional; a última derrota vivida polas ourensás foi contra o Bértola por 3-0.

A vindeira xornada, o � de novembro, reciben reci-ben ao Oviedo Moderno.

O Barbadás marcha oitavo con 16 puntos, a dous do cuarto posto e a sete do descenso Xogada do encontro entre Barbadás e Rápido de Bouzas nos Carrís./CEDIDA

O Barbadás Feminino recibe este 2 de novembro ao Oviedo nos Carrís

Comezan a carburar os ourensáns de Preferente4 Verín, Barco, Arenteiro e Nogueira están fóra da zona de descenso.

Verín, Nogueira e Arenteiro xogan esta xornada (2 de novembro) encontros na casa

BARRIOS DEPORTIVO31 de outubro de �014

7FÚTBOL

Redacción

O Pabellón Ourense de División de Honra sube

DIVISIÓN DE HONRA

O Pabellón Ourense sube chanzos na clasificación4 Xa é sexto.

chanzos e xa é sexto na cla-sificación.

O último partido dispu-tado foi moi disputado, con

Redacción

A Unión Deportiva Ourense sume e segue no grupo 13º da Terceira Rexional. A última vítima foi o Piñor, a quen venceu por 7-1, con goles de Xaco (3), Almeida (�), Adolfo e Dacosta. Con esta son sete as vitorias noutros tanto partidos (�1 puntos).

Para esta xornada -a nú-mero 8- o Ourense visita o campo do Barra de Miño. O equipo que disputa os seus encontros no campo do Tato

Redacción

Unha camiseta con moitas noivas. A históri-ca primeira camiseta da UD levará patrocinadores ourensáns. O principal xa se descubriu a semana pa-sada: electrodomésticos Bermello. A firma ouren-sá estará estampada no frontal da equipación da Unión Deportiva Ourense

marcha na terceira posición con 15 puntos e un partido menos disputado. Os homes de Antonio Dacosta teñen o seu primeiro test serio para medir as súas posibilidades reais de facerse co campio-nato a final de tempada.

O CoutoA opción de que a UD

Ourense dispute os seus encontros como local no campo do Couto cada vez está máis preto. Desde a Xunta xa mandaron toda a documentación para o novo

durante dúas tempadas, o que dá un pulo a este club de recente creación. Desde a directiva da UD mós-transe satisfeitos por este acordo que, como apunta-ba Modesto García, presi-dente da UD Ourense, é un “impulso á curta historia deste club”.

Pola súa banda, Jorge Bermello Arce desgranou os motivos deste patro-

Unha camiseta con moitas noivas4 A histórica primeira cami-seta da UD levará patrocina-dores ourensáns.

Un partido do Pabellón Ourense desta tempada./ARQUIVO.

A UD Ourense, imparable4 Venceu 7-1 ao Piñor.

remontada incluída. Os primeiros 45 minutos fo-ron de escasas ocasións, sendo o Veriña o que mar-caría o único tanto deste período. Os pavillonistas apenas inquedaron a por-taría rival. Na segunda metade o panorama mu-dou e os locais foron máis incisivos creando nume-rosas ocasións. Gorka e Pablo fixeron os goles que daría a vitoria ao Pabellón (�-1).

ClasificaciónO Pabellón Ourense

marcha na sexta posición con 13 puntos. Este sába-do 1 de novembro visita ao Lugo. Os lucenses son novenos con 10 puntos.

contrato coa compañía eléctrica, polo que, nun principio, o vindeiro par-tido de Liga como local podería ser o estadio do Couto; algo que por masa social merécese a UD. O estadio Miguel Ángel cada vez queda máis pequeno para a cantidade de socios que ven os partidos da UD Ourense como locais.

cinio. “Herda o espíto do CD Ourense, club no que foi presidente o meu pai”, e continuou encomiándoos polo seu “traballo humilde que dan un paso e outro paso logrando chegar aos 1.000 socios nun club non profesional, iso ten moito mérito”.

Máis patrocinadoresPero non é o único pa-

trocinador que lucirá a camiseta do club. Tamén estarán presentes outras empresas ourensás que de-didiron apoiar este club de recente creación. Á espe-ra de anunciar devanditas empresas, dúas estarán nas mangas da camiseta e, pro-bablemente, outra na parte de atrás.

Na xornada 8, a UD Ourense visita Barra de Miño

Un lance do Partido entre a UD Ourense e o Piñor./RAMSÉS.

R. Torres

Incrible pero certo. A Unión Deportiva Ouren-se, con tan só tres meses de vida, supera os 1.000 socios; 1.018 para ser concretos, aínda que a repercusión que ten e a simpatía que crea (non a todos) é tan grande, que seguramente cando estea vostede, querido lector, lendo este artigo o núme-ro será maior, sen dúbida. E o máis incrible de todo: estamos a falar dun recén nacido -non chega aos catro meses de vida- que milita na Terceira Rexio-nal, no máis profundo do fútbol nacional, polo que o mérito é maior.

Para algúns non será a continuidade de Club Deportivo Ourense, pero para outros moitos, sí. Un legado dun equipo que o deixaron morrer, pero que coa unión dos afeccionados mantense vivo no espíritu da UD Ourense. Agora só falta que se ceda o estadio do Couto para os partidos da

casa. O estadio Miguel Án-gel queda pequeno, xa que máis de 600 persoas acuden cada 15 días a ver aos Al-meida, Xaco, Adolfo, Julio e compañía. A espera está sendo longa, pero merecerá a pena. A volta a casa está máis preto e, polo tesón que lle botaron e o corazón que puxeron uns poucos ben merecen esa recompensa. A UD agradecerao, os afec-cionados agradecerano e o estadio e o barrio, tamén. Desde a directiva apuntan a posiblidade de que en breve haxa unha reunión co secre-tario xeral para o Deporte, José R. Lete Lasa. O tema a tratar: o Couto.

Estaría ben coñecer o número de socios do CD Ourense cando militaba na Terceira División, pero de seguro que ou era menor ou pouco máis tería; e iso que son catro categorías máis.

1.018 socios da Unión Deportiva Ourense4355 deles son socios fundadores.

355 donosDos máis de 1.000 so-

cios, 355 son socios fun-dadores, polo que son os donos do club, o que lles dará dereito a voz e a voto nas asambleas. O resto son abonados, dos cales 61 son xubliados, 49 desemprega-dos, 101 menores, 31 dis-capacitados e �4 familia-res; o resto abonados sen desconto que pagaron 30 euros.

Durante a previa do en-contro da sétima xornada, o club fixo 30 novas altas, polo que non saben onde pode estar o teito de socios para este ano.

Desde a directiva contan que unha vez instalados no Couto serán máis os que se fagan socios da UD, e posiblemente o número de asistentes aos seus encon-tros tamén se incremente.

Directiva da UD Ourense./RAMSÉS.

O estadio Miguel Ángel queda pequeno, máis de 600 persoas acuden cada 15 días a ver a UD

8 BARRIOS DEPORTIVO31 de outubro de �014

FÚTBOL SALA

Vanessa Sotelo e Iria Saeta, cita coa selección4 Tamén está convocada a porteira do Ourense Envialia, Vanessa Barberá.R. Torres

O bo comezo de Liga do Cidade As Burgas non pasou desapercibido polo adestrador nacional de fútbol sala, José Venancio López. O seleccionador chamou as xogadoras do Cidade, Iria Saeta e Va-nessa Sotelo, para a próxi-ma convocatoria con Es-paña. Na cita tamén estará a porteira do Ourense En-vialia, Vanessa Barberá. A concentración terá lugar do � ao 6 de novembro e nela disputarán dous parti-dos amigables en Hungría contra a selección dese país. Os partidos terán lu-gar os días 4 e 5.

DebutPara Sotelo é a primeira

vez que recibe a chamada da selección, para Saeta esta será a segunda convocato-ria; se ben é certo que na anterior non disputou nin-gún partido, e simplemente foi unha concentración para adestrar. Polo que as dúas xogadoras debutarán coa camiseta nacional disputan-do minutos nun encontro.

Esta é a última concentra-ción do combinado nacio-nal antes do Mundial que se celebrará en Costa Rica do � ao 10 de decembro, polo que a maioría das xogadoras desta convocatoria acudirán ao país centroamericano.

A compañeira de Iria e Vanessa no Cidade, Lucía Nespereira -habitual na se-lección desde fai máis dun ano- quedou fóra desta con-vocatoria.

R. Torres

Os conxuntos ourensáns do Cidade As Burgas e o Ourense Envialia están nun momento doce da competi-ción ocupando os postos de arriba.

O Cidade marcha na se-gunda posición con 18 pun-tos, mentres que o Ourense é sexto con 13.

CidadeDos sete partidos dispu-

tados, as pupilas de Mano-lo Codeso tan só cederon nun partido, ante o intrata-ble Futsi, e iso que tiveron a vitoria nas súas mans. O resto, vitorias: algunha de-las sorprendentes á par que amplas coma ante Burela (0-5), Universidad de Ali-cante (8-3) e Orvina (0-4); outras con máis sufrimen-to, contra Móstoles (3-�), Amarelle (�-4) e Bilbo (3-1), pero sempre con bo xogo. Este ano equilibrouse o ataque e a defensa. A che-gaba de Lucía Nespereira fixo que xogadoras como

Cidade As Burgas e Ourense Envialia, cos de arriba4 O Cidade As Burgas é segundo e o Ourense Envialia, sexto.

Iria e Vanessa teñan máis facilidades á hora de ata-car. O salto de calidade das franxiverdes está nese equi-librio entre defensa e ataque que noutras tempadas non tiñan. A isto hai que engadir o estado excepcional no que se encontran Sotelo e Saeta, con 10 e 14 goles respecti-vamente, ocupando a ter-ceira e segunda posición no ranking de goleadoras.

A Liga é moi longa, pero 18 puntos en sete xornadas fan que a salvación sexa case que unha realidade (sempre e cando non se relaxen) e poidan aspirar a algo máis este ano.

OurenseO Ourense Envialia nes-

tas sete xornadas firmou catro vitorias, un empate e dúas derrotas para sumar 13 puntos.

As vitorias foron moi apuradas contra Rioja (4-3), Gironella (1-�) e Poio (1-3) e máis folgada contra Ma-jadahonda (5-1). O empate colleitouno contra o Rol-

dán (4-4) en Murcia. E caeron derro-tadas contra Alcorcón (1-�) e Universidad de Alicante (1-0).

A p o u c a capaci-dade reali-zadora fai que as de Óscar Vivián non ocupen un posto superior na competición. Moitas son as ocasións pero pou-cas as materializacións (o equipo leva 19 goles). Nas últimas xornadas as albinegras están facen-do un xogo de cali-dade e as ocasións comezan a entrar nunha porcentaxe máis alta que nas primei-ras xornadas.

A presión defensiva a toda cancha é a marca de identidade das de Vivián.

Ademais Anita está lo-grando anotar cando o seu equipo máis o ne-cesita; contra Poio foi a que abriu o marcador

aos 15 minutos e con-tra Majadahon-

da desatas-cou o un a un que imperaba cando se

c h e g a b a ao tramo final de en-contro.

P r ó x i m a xornada

O Ourense Envialia recibe este sábado (17 horas nos Remedios) ao Ordizia que ocupa a undécima posición con sete puntos.

O Cidade visita a can-cha do oitavo clasifica-do, Rioja (10 puntos).

A duelo máis apaixoante da oitava xornada é o que enfron-ta ao terceiro contra o primeiro, ou o que é o mesmo ao Alcorcón contra o Futsi.

Espectacular parada de Va-nessa Barberá, do Ourense Envialia./RAMSÉS.

O Cidade As Burgas defendendo un ataque do Bilbo./RAMSÉS.As futuras internacionais Iria Saeta e Vanessa Sotelo fes-texando un gol nos Remedios./RAMSÉS.

BARRIOS DEPORTIVO31 de outubro de �014

9FÚTBOL SALA

Goles con sabor ourensánEste inicio de Liga, amais do gran momento do Cidade As Burgas e dun Ourense

Envialia que non quere perder comba cos de arriba, estanos a deixar goles nas botas de ourensás. Goles con sabor ourensán, goles con firma ourensá, goles nas botas das ourensás.

Nas sete primeiras xornadas de Primeira División aparecen dúas xogadoras da nosa cidade no podio de goledoras. No segundo chanzo do podio está Iria Saeta, xogadora do Cidade As Burgas, quen leva a nada despreciable cifra de 14 goles. Tras ela, a súa compañeira, Vanessa Sotelo, con 10. O primeiro peldaño ocúpao a xogadora brasileira Ariane (Futsi) con 15 dianas.

Con seis goles, na novena posición, está a xogadora do Ourense Envialia, Sara More-no. Os mesmos goles (9) anotounos a xogadora ourensá do Alcorcón Andrea Feijoo.

O Sala Ourense, sexto na Liga Galega4 Mentres o Verín é quinto.

Redacción

O equipo do Sala Ouren-se - Prolsport, de recente creación, comezou a súa historia desde o grupo sur da Liga Galega de fútbol sala; na mesma categoría atópase o Verín.

Nas seis primeiras xor-nadas disputadas (e a falta de xogar un partido apra-zado contra o Tui Futsal) o Sala Ourense é sexto con 11 puntos, tras tres vitorias e dous empates. Xusto detrás do Verín, que ocupa a quinta posición, cos mesmo puntos -11- e cun partido máis.

A clasificación lidéraa A Quinta de Tui con 16 puntos (cinco vitorias e

un empate), seguido do Re-dondela F.S., con 15 puntos (cinco vitorias e unha de-rrota). Na cola están Leis Marcón e Moaña sen es-trear o seu casilleiro.

Vindeira citaContra o segundo clasifi-

cado (Redondela) enfrónta-se o Ourense nesta xornada, a número sete. O partido terá lugar o domingo � de novembro a partir das 1� horas no pavillón municipal dos Remedios. En caso de vitoria local, os ourensáns situaríanse a un punto dos redondeláns e cun partido menos. O Verín, pola súa banda, visita a cancha do Cafetería Luar F.S. (13º cla-sificado con 3 puntos).

Outros partidos desta-cados desta xornada son o Campito F.S. - A Quinta de Tui; Autos Leiro Mos - Cereixa F.S. e o Lume Bamboo KrugNaval - Leis Marcón.

Partido entre o Sala Ourense e o Vigo Futsal./RAMSÉS.

Iria, Vanessa, Andrea e Anita goleadoras ourensás na Primeira División./RAMSÉS.

10 BARRIOS DEPORTIVO31 de outubro de �014

POLIDEPORTIVO

Os equipos benxamín e cadete participarán no Campionato Nacional de base

Un grupo executando o seu exercicio no Campionato Galego de base de conxuntos celebrado en Ourense./RAMSÉS.

Dous ouros para o Ximnasia Pavillón no Galego de base4 Conseguíronos as integrantes dos equipos benxamín e ca-dete de ximnasia rítmica.Redacción

O domingo 19 de outu-bro celebrouse no pavillón dos Remedios de Ourense o Campionato Galego de base de conxuntos. O Club Ximnasia Pavillón partici-paba cos equipos benxa-mín e cadete, logrando o ouro en ambas as dúas ca-tegorías. O equipo benxa-mín estivo conformado por Iria, Sara, Daniela, Noa, Antía, Vera e Yaiza, mentres que o conxunto cadete formábano Marta, Ainoa, Yanira, Lucía, Il-

mira e Lidia.Grazas a estes resultados,

os dous equipos participarán no Campionato Nacional de Base en Castellón, que se disputará entre os días �1 e �3 de novembro.

Rítmica masculinaAo tempo que se dispu-

tou este evento, tamén se celebrou o de ximnasia rít-mica masculina. Rodrigo Vázquez, do Club Arousa, foi primeiro, e Diego Yáñez (Club El Bayo), segundo.

Fase de conxuntoO mesmo día e no mesmo

lugar, pero en xornada ves-pertina, celebrouse o Cam-pionato Galego absoluto de conxuntos. Os clubes pavi-llonistas participaban con catro conxuntos, dous en

categoría alevín, un infantil e un júnior.

O infantil executou dous excelentes exercicios, o que lle valeu ocupar a segunda posición. As alevíns foron cuartas e quintas, respecti-vamente, e as júnior, segun-das. Os catro grupos teñen as opcións intactas para cla-

sificarse para o Nacional que terá lugar en Zaragoza do 11 ao 14 de decembro.

O torneo ourensán pun-tuaba co 30% sobre a nota final. O resto, o 70%, sairá da nota da segunda xorna-da do campionato que se celebrará no Ferrol o un de novembro.

Un ximnasta no galego de rítmica./RAMSÉS.

Haberá dous trofeos especiais magosto os días 8 e 15 de novembro

Un lugués vence no Galego de pistola de aire comprimido 4 Disputado en Eiroás.P. L.

Un total de �5 tiradores tomaron parte no Campio-nato galego de aire compri-mido na modalidade de pis-tola sénior, que se disputou o pasado 19 de outubro no Club de Tiro Eiroás.

Foi o tirador lucense Marco Veiga quen se fixo co campionato, ao superar en 4,2 puntos na final ao que era o gran favorito da proba, Julio Rivas, tamén de Lugo. Rivas entrara na final en primeira posición, con 569 puntos fronte aos 563 de Veiga. O tirador local Juan Doval quedou nunha meritoria décima po-sición.

Tiradas competitivas e sociais

O deporte non para este próximo mes no club de tiro ourensán. O 1 de novembro dispútase a penúltima tirada da Copa Ourense de armas neumáticas, mentres que o

9 de novembro é o turno para o Campionato auto-nómico de pistola están-dar, e o día 16, de novo Campionato autonómica de pistola estándar, e ta-mén de pistola libre. O día �3 celébrase o Campiona-to autonómico de pistola velocidade, e o día 30, o Campionato autonómico de pistola de 9 mm.

Ademais, nunha verten-te máis social que compe-titiva, celébrase o Trofeo magosto de IPSC o día 8 e do Torneo magosto de tiro ao prato e pistola calibre �� a �5 metros o día 15. En ambos casos, ademais de trofeos, organízanse senllos magostos popu-lares nas instalacións do club.

Tiradores no Campionato galego de pistola de aire com-primido sénior en Eiroás./J.E.

BARRIOS DEPORTIVO31 de outubro de �014

11

Chico Gomes (segundo pola esquerda) xunto a algúns dos participantes no clinic que impartiu no P21.

O seu seguinte rival é o Cinania, derradeiro clasificado

POLIDEPORTIVO

Redacción

O Galmédica arranca a tempada titubeante. Dous empates e dúas derrotas é a bagaxe do equipo ouren-sán nas catro primeiras xornadas. Este comezo si-túa ao Galmédica en zona de descenso; actualmente é décimo con dous pun-tos.

No último partido caeu derrotado no Paco Paz ante o Liceo de Noia B por � a 4. Os ourensáns

Redacción

A pasada fin de semana, o xogador número 11 do ránking mundial do World Padel Tour impartiu un clinic nas instalacións do P�1 Pádel Club.

Moitas foron os afec-cionados ao pádel que se achegaron tanto a partici-par como a observar a súa

deben de darlle a volta a esta tendencia se non que-ren pasar apuros durante o ano e evitar os agobios das últimas xornadas.

A próxima xornada visi-tan a cancha do Cinania en Cangas; os cangueses ocu-pan a derradeira posición na táboa con cero puntos.

O Galmédica arrinca a tempada titubeante4 Dous empates e dúas de-rrotas é a súa bagaxe.

forma de traballo cos par-ticipantes no clínic.

Chico Gomes, que fixo das súas dentro da pista, deixou mostras de por que é un dos mellores xogado-res do mundo.

Gomes mostrouse próxi-mo aos participantes, que quedaron encantados co seu bo trato, humildade e simpatía.

Chico Gomes sorprendeu no P214 Impartiu un clinic nas ins-talacións do Pádel Club P21.

R.T.

O Club Hockey Barro-cás, equipo da División de Honra do hoquei her-ba, caeu a pasada xornada ante o Tenis de Santander en Mariñamansa. Os pu-pilos de Roberto Oliveira non puideron sacar nada positivo nesta xornada.

Os dous equipos dis-puxeron de poucas oca-sións; a primeira delas foi para os locais cun penalti córner que non aprovei-taron. Xa no tramo final, os visitantes si que apro-veitaron a súa ocasión e lograrían o único gol do encontro. 0-1 e o conxun-to ourensán aínda non

puntuou este ano.Tras catro xornadas o

Barrocás non coñece nin a vitoria nin o empate, polo que o seu casilleiro non sufriu variación e conti-núa a cero.

Vindeira xornadaEsta semana non hai

Liga; reanúdase o 9 de no-vembro e o Barrocás vol-verá actuar de anfitrión. Nesa ocasión recibirá o Vallés Deportivo na que será a quinta xornada na División de Honra B. A hora de comezo está esti-pulada para as 1� do me-diodía. O conxunto madri-leño é o quinto clasificado con catro puntos.

O Hockey Barrocás cae ante o Tenis4 Continúa sen puntuar.

O Pabellón Balonmán perde contra o Camariñas4 O equipo feminino tamén caeu ante o Redondela.Redacción

Nova derrota para o Club Balonmán Pavillón que a pesar de realizar un bo en-contro non puido cun forte Bm. Camariñas. O partido transcorreu con alternati-vas durante todo momento onde se intercambiaban o dominio do marcador ambas escuadras, pero sempre con rendas que non superaban os dous goles. A baixa de Jorge Noguerol nos ourensáns foi notoria no que a lanzamento exteriorse refire, e nos mo-mentos finais o maior acerto dos coruñeses terminou por decantar a balanza. 19-�0 o marcador final, que deixa aos pavillonistas sen estrear-se aínda na Liga. O Viña Costeira, pola súa banda, é terceiro con tres vitorias en catro xornadas.

O equipo sénior femini-no callou o peor partido da tempada ante o peor rival posible, o líder SAR de Re-dondela. Tras un mal inicio das pavillonistas, todo foi carne sen ósos para as re-dondelanas que venceron con gran superioridade en todas as frontes abertas por un contundente 44-1�.

Esta semana o equipo sé-nior masculino viaxa a Pon-tedeume, en busca da súa primeira vitoria, mentres

que as mozas recibirán o sábado nos Remedios ao Serviauto Bueu At. a par-tir das 18 horas.

Outras categoríasO equipo xuvenil des-

cansou desde o máis alto da clasificación con dúas vitorias noutros tantos partidos, mentres que o equipo cadete masculino caeu con outro dos favo-ritos por un axustado 3�-34.

A quen lles sorrí este inicio de competición é aos equipos infantís, tan-to masculino como femi-nino, que lideran as súas clasificacións sen ceder até o momento nin un só punto. Pola súa banda, o equipo cadete feminino ta-mén marcha con boas sen-sacións tras vencer en tres dos seus catro encontros disputados, situándose a dous puntos do liderado.

Campus AuriaO Balonmán Campus

Auria do grupo II da Au-tonómica feminina tam-pouco coñece a vitoria. A última xornada caeu dian-te do Camariñas 3�-13. A vindeira xornada xogarán na casa (pavillón universi-tario, día 9) contra o Po-rriño.

Partido entre o Balonmán Pabellón e o Rasoeiro./RAMSÉS.

1� BARRIOS DEPORTIVO31 de outubro de �014 POLIDEPORTIVO

Adrián Gómez diante dun taboleiro de xadrez./CEDIDA.

Novo éxito de Adrián Gómez Diéguez en Lugo4 O xadrecista do Xadrez Ourense foi o vencedor do tor-neo da cidade da muralla.Redacción

Durante os días 18 e 19 de outubro disputouse en Lugo un importante torneo destinado a xadrecistas con ránking internacional infe-rior a �.�00 puntos. O mozo xadrecista do Club Xadrez Ourense Adrián Gómez Diéguez conseguiu procla-marse campión tralas cinco partidas disputadas com-pletando unha excelente ac-tuación (+�9) e repetindo o triunfo da pasada edición.

Pola súa parte o novísi-mo Martín Gómez Carreño (Xadrez Ourense), de tan só 11 anos de idade, realizou unha soberbia actuación finalizando sétimo da cla-sificación xeral, por diante

de xogadores moito máis experimentados e cunha actuación de (+68).

Xadrez no CaampusTamén se celebrou o

Torneo Campus de Ouren-se. As partidas disputá-banse a 15 minutos con tres segundos por xogada. O vencedor foi Antonio Fernández Andrade, do Universitario de Ourense. Marcos Lorenzo e Arman-do de Sousa, os dous do Liceo de Ourense, resulta-ron segundos e terceiros, respectivamente.

En canto aos universita-rios, primeiro foi Ignacio Salazar; segundo, Javier Varasa e Lino Hermida, ocupou a terceira posición.

Redacción

O Marbel Ourense rema-ta a competición na Liga de Judo ocupando a última posición no seu debút neste torneo. O Marbel de cate-goría feminina foi o único representante ourensán na Liga (o ano pasado había só o conxunto masculino pero este ano non participou).

A última xornada de Liga

disputábase no pavillón da Universidade Laboral e nela o representante ourensán acadou un empate e tres de-rrotas. O empate logrouno contra o Senra Lugo, e as derrotas foron contra Shiai Coruña, Universidade de Coruña e Galicia Sur de Vigo. As ourensás compe-tiron o que puideron pero quedaron lon-xe dos pri-meiros postos.

O Marbel Ourense remata a competición na Liga de Judo4 Ocupou a última posición na primeira parti-cipación no torneo en categoría feminina

Compoñentes do Marbel Ourense participando na Liga de Judo./CEDIDA.

Os catro primeiros equi-pos disputarán a fase final da Liga de clubes de judo “Trofeo Cidade de Ouren-se”, que terá lugar na nosa cidade o 15 de novembro. Os cruces das semifinais déixannos un duelo vigués entre o Famu Vigo - Galicia Sur (primeiro contra cuar-to na fase regular) mentres que Shiai Coruña medirase ao Judo Club Oleiros.

Expourense recibe o Festival Internacional de Xadrez 20144 Este ano chega a súa sétima edición e par-ticiparán preto de 300 xogadores.

De esquerda a dereita, Elías González, director do Club Xadrez Ourense; Emma Gon-zález, directora adxunta de Expourense e Alfonso Vilacha, concelleiro de Deportes de Ourense, na presentación do Festival Internacional de Xadrez 2014./S.PARDO.

Redación

Expourense volverá acoller o Festival Inter-nacional de Xadrez que este ano chega a súa séti-ma edición. O evento terá lugar o sábado 1 de no-vembro e está concebido para xogadores de entre

6 e 16 anos. Nesta edición participarán arredor de 300 xogadores de toda Galicia, castela e León e Portugal.

A cita ourensá continúa a ser unha das tres máis rele-vantes do panorama nacio-nal para mozos e mozas en canto a número e calidade dos participantes e a contía

dos premios.A organiación corre a

cargo, unha vez máis, de Expourense e conta coa dirección técnica do Club Xadrez Ourense.

Este festival foi presenta-do no Concello de Ourense nun acto ao que acudiron o concelleiro de Deportes de

Máis de 60 xadrecistas -dos 300- que participan no torneo chegan con ránking internacional

Ourense, Alfonso Vilachá, o director do Clube Xadrez Ourense, Elías González, e a directora adxunta de Ex-pourense, Emma González. A directora adxunta apun-tou que é un evento moi importante para a dinami-zación socioeconómica xa que “despraza a moitas familias de fóra que visita-rán a cidade e os locais de hostalería”.

O director do festival, Elías González, pola súa banda, comentou que este festival está “consolida-do no calendario galego”, destacando a presenza de xadrecistas coma “Adrián Gómez, campión en Beni-dorm e finalista do Cam-pionato Europeo de xadrez, ou Martín Gómez, campión de Galicia”, ademais de contar coa asistencia “dos subcampións de Portugal”.

Cantidade e calidadeO Festival contará dos

preto de 300 deportistas, dos cales máis de 50 con ránking internacional, o que lle dá calidade ao evento. Obterán trofeos especiais os cinco primeiros clasifi-cados de cada categoría

Esta será a penúltima proba puntuable do Circuí-to Galego �014, que se vén disputando dende maio ata novembro pola xeografía galega e está composto por 15 probas puntuables.

Categoría masculinaEn categoría masculina

disputáronse tres xornadas de fase regular. Celebradas as tres, os emparellamentos nas semifinais son primei-ro contra cuarto e segundo contra terceiro. Polo que o Famu de Frutos A vigués enfróntase ao Universidade da Coruña e o Judo Club Arteixo ao Bitácora de Fe-rrol.

Os postos do quinto ao oitavo tamén se decidirán mediante unha final a ca-tro, de consolación, entre os equipos Shiai (Coruña) - Famu B (Vigo) e Parque Sport (Nigrán) - Judo Club Coruña.

BARRIOS DEPORTIVO31 de outubro de �014

13PUBLICIDADE

14 BARRIOS DEPORTIVO31 de outubro de �014

POLIDEPORTIVO

Xiana Conde, segunda en Burgos4 En categoría júnior no ci-clocross de Vilarcayo.Redacción

A ciclista do CC Mace-da rematou subcampioa en categoría júnior no ciclo-cross de Vilarcayo (Bur-gos). O seu compañeiro de club Raúl González foi quinto sub�3 en Medina de Pomar (Burgos) e cuar-to na proba de Vilarcayo.

Burgos foi o epicentro do BTT no que se deron cita os mellores “bikers” estatais.

O sábado 18 de outubro disputouse un evento en

Medina de Pomar, no que Raúl González ocupou a

quinta posición en sub�3. Xiana sufría un percance que lle impedía loitar polo podio.

Xa o domingo 19 dispu-taban a segunda proba do fin de semana en terras bur-galesas. Conde realizaba unha gran carreira logrando subirse ao segundo peldaño do podio júnior, resarcín-dose da mala sorte do día anterior.

González, cuartoGonzález tamén logra-

ba un gran posto (cuarto) nesta carreira na categoría sub�3; o ourensán logra-ba a terceira posición final entre as dúas carreiras da fin de semana. Para Raúl González é un gran comezo nesta categoría na que leva disputadas tan só tres ca-rreiras, situándose entre os mellores.

Xiana Conde en Vilarcayo (Burgos)./CEDIDA.

Iván Feijoo, lider da Copa España4 Ao vencer na localidade biscaíña de Ka-rrantza a carreira de categoría cadete.R. Torres

O ciclista do Actyon-Academia Postal-Merida, Iván Feijoo, sitúase líder da Copa España de ciclo-cross en categoría cadete.

A segunda proba copei-ra disputada na localidade biscaíña de Karrantza sus-puxo a vitoria de Feijoo, que dominou a carreira en todo momento.

O macedán controla-ba unha proba na que na última volta deu o golpe definitivo aos seus rivais impoñéndose na liña de meta con autoridade. Esta vitoria manteno líder da Copa de España logo de

dúas vitorias noutras tantas carreiras.

Outras categoríasEn elite sub�3, Raúl

Iván Feijoo en Karrantza.

González, entraba en meta en quinta posición. Mesmo resultado para Xiana Con-de, que finalizaba quinta en júnior.

Unha integrante do club SALVOUR./CEDIDA.

Redacción

A piscina municipal de Arteixo (A Coruña) será o escenario da primeira xornada da Liga galega de salvamento acuático deportivo da temporada �014-15. A organización estará a cargo do club an-fitrión, o SALV-AR, e da Federación de salvamento e socorrismo de Galicia (FESSGA).

Nesta cita, os mellores clubs de Galicia competi-rán nas seguintes probas en sesión matinal: 100 metros obstáculos e 50 metros rescate con aletas para os infantís. Nelas participarán os ourensáns David Fraguas, Ignacio Delgado, Pedro Amorín, Xián Breogán Rodríguez, Samuel Iglesias, Daniel Carnero, Roi Naranjo, Uxía Conde e Carla Ro-dríguez. Tamén durante a mañá disputaranse os 150 metros obstáculos e os 50 metros rescate con aletas para os cadetes (como Lu-cía Serrano).

Xa pola tarde será o turno de xuvenís, júniors e séniors (como José Ma-nuel Paredes, Jesús Carlos Quintas, Ecequiel Quiroga e Cristina García Colomo) que competirán en �00 metros obstáculos, 100 metros rescate con aletas e 100 metros combinada de salvamento. Ademais, en todas estas categorías dis-

putarase o relevo de 4x50 metros obstáculos.

ObxectivosO club ourensán SAL-

VOUR comeza o novo curso co obxectivo de me-llorar os postos da tempada pasada, xa que aos depor-tistas da anterior competi-

Volta a liga galega de salvamento deportivo4 O club SALVOUR presénta-se na procura de mellorar os resultados do ano pasado.

ción súmanselle as novas incorporacións dos nenos e nenas que este ano se iniciaron neste deporte a través da escola infantil de salvamento.

Tamén o equipo de maiores ten novas caras, como Ecequiel Quiroga, que conta con grandes posibilidades de estar entre os mellores de Ga-licia na proba de �00 me-tros obstáculos.

O obxectivo do Club Salvour para este ano é mellorar os postos da pasada tempada

BARRIOS DEPORTIVO31 de outubro de �014

15ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 3�004 Ourense. Tel: 988 04 53 5� / 685 969 546. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colabo-racións: Alfonso Vilachá, José Mª Arribas

Nº107- Ano: VI - 31 de outubro de �014 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 5� / 685 969 546.

4O RINCÓN DO MESTRE

CAPÍTULO 43. O deporte de base. Mensaxe deportiva.

O deporte de base, salvo algunhas excepcións, está a vivir e atravesando un de-licado aletargamento. Todo iso é debido a que a maioría dos clubs o utilizan como válvula de escape para re-cibir os emolumentos das diferentes institucións.

Para resucitalo é con-dición previa e necesaria desintoxicalo e desterrar a demagoxia deportiva en que vive mergullado. Deixémonos de sentimen-talismo e partamos dunhas formulacións reais, serios e coherentes. O futuro do de-porte de base non consiste en cargarse e aniquilar a canteira e logo ter que pa-gar auténticas barbarida-des pola figura da selección de “non sei onde”, que logo resulta ser un sedentario, senón envorcarse no depor-te de base, administralo con coherencia e rendibilizalo con deportistas que entren no primeiro equipo.

A canteira será o futuro para todos aqueles clubs que a coidan e miman con sumo esmero. Os nosos mo-zos deportistas son tan bos como os de alá, pero tamén é verdade que non son fi-guras de xeración espontá-nea, senón máis ben, son o resultado dun traballo me-ticuloso e esmerado, e que se prestou atención a todos os seus detalles. Non nos cabe nin a mínima dúbida de que todos os equipos

Deporte e realidade

que velan polo deporte de base, en breve prazo, serán os auténticos triunfadores. O éxito, en gran medida, do deporte de base está á bei-ra das mentes organizadas co seu tempo, cuxa princi-pal recompensa é a profun-da satisfacción polo moito realizado.

Non nos desilusionemos, dentro de pouco o deporte de base será o gran gaña-dor. O deporte actual está a alcanzar uns custos eco-nómicos insoportables. O tempo ditará sentenza de-portiva. Por iso, todos os clubs que prestan atención ao seu deporte de base, alcanzarán un espléndido e rendible éxito deportivo, social e económico.

Dentro da mensaxe de-portiva os deportistas de-ben evitar o conformismo e individualismo. Non vos conformedes co éxito dun día. Sede portadores en todo momento da bandei-ra da constancia, dedica-ción, traballo, implicación e compromiso.

Os educadores-ensinan-tes han de ser tenaces no seu labor día a día e procu-rar estar ao día na renova-ción dos modernos métodos de traballo.

A directiva ha de estar á beira dos educadores-do-centes e futuros deportistas. Mostrade unha boa dispoñi-bilidade, tede sempre tempo para os vosos educadores-ensinantes e mozos depor-tistas. Perseverade e estade

“A canteira será o futuro para todos aqueles clubs que a coidan e miman con sumo esmero”

Cada vez máis depor-tistas, principalmente de alto nivel, integran no seu plan de adestramen-tos anual varias estancias de 3-4 semanas en altura para posteriormente po-der mellorar o seu rende-mento en competicións a niveis de altura próximos ao mar. O obxectivo des-tas permanencias en altu-ra é estimular ao corpo para producir máis can-tidade de células verme-llas transportadoras de osíxeno, as cales, unha vez se baixe ao nivel do mar, serán capaces de transportar máis cantida-de de osíxeno aos múscu-los que en circunstancias normais.

En alturas a partir dos 1.800-2.000 metros sobre o nivel do mar, a presión de osíxeno existente no aire diminúe a medida que aumenta a altura, é dicir, que necesitamos inhalar máis cantidade de aire para obter a mes-ma cantidade de osíxeno que a nivel do mar. Se permanecemos en altura durante un período dun-has 3-4 semanas, o orga-nismo adáptase ao medio mediante a produción de glóbulos vermellos, os cales son os encargados de transportar o osíxeno polo sangue até os múscu-los; desta forma súplese a menor presión de osíxeno no aire cunha maior ca-pacidade para transpor-tar o osíxenoque se obtén. Os glóbulos vermellos teñen unha vida aproxi-mada duns 120 días, polo que disporemos de maior cantidade de glóbulos vermellos uns catro me-

ses a partir de abandonar a estancia en altura. Para que a adaptación sexa co-rrecta as cargas de ades-tramento en altura deben ser progresivas, empe-zando por sesións moi lixeiras os primeiros días, e ir aumentando a inten-sidade segundo avancen as sesións. Considérase que estancias de até catro semanas son suficientes para obter beneficios.

Unha vez que se baixa a alturas próximas ao nivel do mar, e tras 6-10 días de adaptación ao medio e recuperación do esixente adestramento en altura, atopámonos cunha presión de osíxe-no no aire maior que a que tiñamos en altura, sumado á maior cantida-de de glóbulos vermellos que o noso corpo xerou para adaptarse á falta de osíxeno, por tanto imos ter un aumento no rende-mento aeróbico.

Habemos de ter en con-ta que este tipo de prác-ticas están dirixidas a deportistas de alto nivel e que as adaptacións van variar en función das no-sas características per-soais.

Jose Mª Arribas Moreno, licenciado CCAFD,

entrenador persoal en ximnasio Trabazos

4PRACTICANDO SAÚDE

Adestramento en altura

armados de paciencia na formación de futuras pro-mesas, única vía de éxito e progreso do club.

Os medios de comuni-cación non deben permi-tir que o deporte de base agonice, han de mostrar o seu apoio tan necesario e imprescindible para saca-lo dese labirinto escuro no que está aletargado.

Os árbitros gozarán á beira do deporte de base. Apoiarán e procurarán que os mozos deportistas gocen do xogo e da arbi-traxe.

A afección animará, aleccionará e estará á bei-ra das novas promesas nos bos e malos momentos. A vosa axuda e apoio son imprescindibles e insubsti-tuíbles no éxito do deporte de base.

Non nos cabe a mínima dúbida, de que se toda a contorna humana que con-forma a mensaxe depor-tiva camiña e avanza na mesma dirección, o éxito do deporte de base está garantido de xeito evidente e en todas as súas facetas

Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes de

Ourense e entrenador

4 Campionato Galego de Karate

Os karatekas ourensáns lograron cinco podios no Campionato Galego de Karate disputado en Fe-rrol. As categorías que se disputaron foron as de ca-dete, júnior e sub-�1.

Juan Herrero acadou dous subcampionatos. Os outros tres podios fueron para Sara Sequeiros (dúas medallas) e José Lamei-ras.

4 VIII Andaina da Castaña

A oitava edición da Andaina da Castaña cele-brarase en Parada de Sil o vindeiro sábado 8 de no-vembro.

A proba, que está or-ganizada polo Concello de Parada de Sil, o Clube Montaña Ribeira Sacra e a Asociación Cultural Ouro do Sil, ten un percorri-do de 18,5 quilómetros. Tamén está programada unha andaina para cativos con menos distancia. A saída terá lugar na praza do Barquilleiro de Parada do Sil ás 9:30 horas.

As inscricións poden realizarse na web do Clu-be Montaña Ribeira Sacra ata o 4 de novembro, ad-mitíndose un máximo de �00 participantes.

4 Andaina 2014 Maquinos Solidarios

O Concello de Noguei-ro de Ramuín organiza a Andaina �014 Maquinos Solidarios o próximo �� de novembro.

A proba cubre unha dis-tancia aproximada de �0 quilómetros, cun percorri-do de dificultade media-alta. Existirá unha ruta corta alternativa de 9,5 km e dificultade media.

A saída está prevista para as 9:45 horas da pra-za de Luíntra. As inscri-cións realízanse a través da páxina web do Conce-llo de Nogueira.

EN BREVE

“O obxectivo é estimular ao corpo para producir máis cantidade de células vermellas transportadoras de osíxeno”

BARRIOS DEPORTIVO31 de outubro de �014