3. presentacion 2 e 3 ciclo

8
O Antroido ou Entroido en Viveiro vense celebrando desde finais do século XIX, sendo un dos máis antigos de Galicia.

Upload: marta-perez-lage

Post on 22-Jan-2017

241 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

O Antroido ou Entroido en Viveiro vense celebrando desde finais do século XIX, sendo un dos máis antigos de Galicia.

A conformación de grupos e comparsas tiña a súa orixe nas diferentes parroquias e institucións que existían en Viveiro.

A principios do século XX as letras das cancións que empregaban ditas comparsas van perdendo a súa temática

romántico amorosa en favor de temas máis satíricos e burlescos coa sociedade do momento.

É o humor un dos cualificativos máis representativos do noso Antroido. Proliferaron os autores de coplas ao longo destes anos

entre os que podemos destacar a Antonio Noriega Varela, Modesto Grandío, Juan Paraño, Emilio Cajete, Coca, Nistal, Leal Insua,

Travieso,...

Actualmente os festexos do Antroido inícianse o sábado coas Alpuxarradas, nas que os diferentes antroideiros, ben individualmente ou en conxunto, dan renda solta á súa

creatividade recitando ou entoando diferentes coplas de creación propia e diversas temáticas, tendo en conta sobre todo a actualidade e sempre cun chisco, se non é un feixe, de humor. Este

ano, ademais do sábado, o domingo tamén poderemos ver as alpuxarradas gravadas aqueles que non puideron o sábado e algunha sorpresiña máis.

O luns tócalle aos nenos e nenas sacar a súa creatividade e enfundar os seus disfraces para disfrutar dunha gran festa na

Praza Maior.

O martes de Antroido as rúas de Viveiro veranse ocupadas por unha explosión de cor, creatividade e, sobre todo, moitas ganas de pasalo ben. O desfile chegará pola tardiña facendo gala do humor que nos

define a todos e todas as viveirenses.

O Mércores de Cinza darémoslle sepultura de fume purificador ao noso Antroido en forma de Sardiña. O velorio comezará pola tarde na Praciña da Herba e sobre as oito partirá o Enterro ata

a Praza maior. Acompañando á Sardiña estará a Corporación Municipal do Antroido, as choronas, as almas en pena vestidas de branco entoando as coplas típicas do noso Antroido.