3 lingua · 2020. 2. 27. · acampada de fin de semana cada son, un momento pedir información por...

28
O libro Lingua para o 3.º curso de primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo. Na súa elaboración participou o seguinte equipo: Teresa Broseta Fandos Anxos Campos González Ana Canyelles Roca Ánxela Carril Caldelas María Duque Hernández Rafael Fortes Otero Luísa March Soler Afonso Toimil Castro Amparo Tortosa Sanz ILUSTRACIÓN ARTIMAGOS (Malena F. Alzu e Esther Pérez-Cuadrado) EDICIÓN EXECUTIVA Luísa March Soler Afonso Toimil Castro DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero As actividades non se deben realizar en ningún caso no libro. As táboas, os esquemas e outros recursos que se inclúen son modelos para que o alumnado os copie no caderno. PRIMARIA Lingua 3

Upload: others

Post on 27-Feb-2021

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

O libro Lingua para o 3.º curso de primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo.

Na súa elaboración participou o seguinte equipo:

Teresa Broseta Fandos Anxos Campos González Ana Canyelles Roca Ánxela Carril Caldelas María Duque Hernández Rafael Fortes Otero Luísa March Soler Afonso Toimil Castro Amparo Tortosa Sanz

ILUSTRACIÓN ARTIMAGOS (Malena F. Alzu e Esther Pérez-Cuadrado)

EDICIÓN EXECUTIVA Luísa March Soler Afonso Toimil Castro

DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo

DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIAMaite López-Sáez Rodríguez-Piñero

As actividades non se deben realizar en ningún caso no libro. As táboas, os esquemas e outros recursos que se inclúen son modelos para que o alumnado os copie no caderno.

PRIM

AR

IA

Lingua3

Page 2: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela
Page 3: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

Presentación do proxecto

Saber Facer é un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu SABER FACER CONTIGO.

Saber Facer Contigo incorpora importantes innovacións metodolóxicas e pedagóxicas que os docentes nos reclamaron para a súa práctica educativa, de aí o seu nome. O obxectivo primordial é desenvolver no alumnado as capacidades imprescindibles para a futura cidadanía do século XXI:

As habilidades de comunicación

A comunicación é un dos eixes esenciais do proxecto. A través de diferentes programas, presentes en todas as áreas, trabállanse as destrezas comunicativas:

– Tempo para falar. Comunicación oral.

– Tempo para ler. Competencia lectora.

– Tempo para escribir. Comunicación escrita.

As destrezas de pensamento

Aprender a pensar e desenvolver o razoamento lóxico son outros dos eixes de Saber Facer Contigo. Para iso trabállanse as estratexias e as rutinas que cómpren para lograr unha aprendizaxe autónoma e eficaz, co obxectivo de que o alumnado adquira habilidades de pensamento de orde superior:

– Fortalecer a comprensión e sintetizar as ideas máis importantes.

– Reter e lembrar a información.

– Relacionar coñecementos entre si.

A interiorización destas estratexias e rutinas facilitará o control do pensamento e unha maior eficacia á hora de aplicar os novos coñecementos. Ao longo das unidades inclúese unha sección destinada ao adestramento do pensamento, que se destaca cun sombreiro de cor azul.

A intelixencia emocional

A educación das emocións é esencial para a educación integral do alumnado. Os obxectivos fundamentais que se establecen en Saber Facer Contigo versan arredor destes aspectos:

– A identificación das emocións propias e alleas.

– A autoxestión e a regulación emocional.

– A expresión das emocións.

– As habilidades sociais e a empatía.

Un sombreiro de cor vermella enmarca as actividades e propostas encamiñadas de forma específica ao desenvolvemento da intelixencia emocional.

3

Page 4: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

A creatividade

A creatividade implica ter unha imaxinación viva, ser capaz de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros trabállanse basicamente estas capacidades:

– A busca de estratexias persoais e innovadoras.

– A utilización de formas creativas de expresión.

As actividades que implican poñer en xogo a creatividade de xeito especial identifícanse cun sombreiro de cor verde.

O traballo cooperativo

Co obxectivo de que as alumnas e os alumnos desenvolvan a súa capacidade de cooperar e sexan capaces de traballar xuntos para alcanzar un obxectivo común, neste proxecto propóñense actividades que requiren diferentes niveis de agrupamento:

– Traballo por parellas.

– Traballo en equipo.

– Traballo en grupo-clase.

Estas actividades identifícanse con distintas iconas.

Ademais, ao finalizar cada trimestre inclúese un pequeno proxecto denominado Cooperamos, en que se poñen en xogo diferentes técnicas de aprendizaxe cooperativa.

A autorregulación da aprendizaxe

En Saber Facer Contigo o alumnado ten un papel activo no proceso de ensinanza e promóvese a reflexión persoal sobre a súa propia aprendizaxe, para mellorar o coñecemento de si mesmos e detectar fortalezas e debilidades.

Ao longo das unidades deste libro inclúense pequenas rúbricas para que os alumnos e as alumnas tomen conciencia do que aprenderon e valoren como o fixeron.

Para finalizar, e atendendo aos últimos avances da neurociencia, Saber Facer Contigo incorpora unha proposta de GAMIFICACIÓN para activar a emoción e a curiosidade do alumnado, grandes pancas da aprendizaxe. No proxecto ofrécense dinámicas propias do xogo que van axudar a transformar a aula, creando un ambiente estimulante e motivador.

4

Page 5: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

Comezamos ............................................................ 9

Unidade 1. A descubrir mundo! ........................... 13

Unidade 2. Canta auga! ........................................ 29

Unidade 3. Unha paisaxe en miniatura ................ 45

Unidade 4. Unha colección moi curiosa ................ 61

Cooperamos ........................................................... 76

Unidade 5. Como sopra o vento! .......................... 79

Unidade 6. No mercado ....................................... 95

Unidade 7. As festas do barrio ............................ 111

Unidade 8. Repoboamos o bosque ..................... 127

Cooperamos ......................................................... 142

Unidade 9. Un día na granxa ............................. 145

Unidade 10. Unha rúa moi animada .................. 161

Unidade 11. No faiado ....................................... 177

Unidade 12. Que coches máis antigos! ............... 193

Cooperamos ......................................................... 208

Acabamos o curso ................................................ 212

O meu álbum de Lingua ...................................... 214

Índice

5

Page 6: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

Cadro de contidos

Unidades Tempo para falar e escoitarTempo para ler

Aprendo e practico (Gramática)

Comezamos

1. A descubrir mundo!

13

Identificar e clasificar obxectosImprovisar unha conversa

Ladróns! A linguaxe e as linguas

2. Canta auga!

29

Localizar erros nunha descriciónFormular hipóteses

Auga clara! Oracións e palabras

3. Unha paisaxe en miniatura

45

Identificar unha paisaxeDescribir un lugar

A imaxinación ao poder!

Sons e letras

4. Unha colección moi curiosa

61

Localizar mineraisDescribir obxectos dunha colección

A colección A sílaba. Clases de sílabas

COOPERAMOS Facemos un esquema visual

5. Como sopra o vento!

79

Completar unha táboaExplicar unha noticia en directo

O primeiro temporal O substantivo

6. No mercado95

Atender aos detallesRepresentar unha escena de compra

Nube O xénero dos substantivos

7. As festas do barrio

111

Organizar a información dun cartelFacer a presentación dun acto

Unhas festas diferentes

O número dos substantivos

8. Repoboamos o bosque

127

Atopar diferenzas entre dous textos Animar a alguén a facer algo

Non podo respirar! O artigo e os demostrativos

COOPERAMOS Facemos o resumo dun texto

9. Un día na granxa

145

Resolver adiviñas Describir un animal

Excursión á granxa escola

Os posesivos

10. Unha rúa moi animada

161

Resolver un ditado gráfico Preguntar con precisión

Cuestión de nomes O adxectivo

11. No faiado177

Localizar erros de vocabulario Dar pistas sobre un obxecto

Vaia descoido! Os pronomes persoais

12. Que coches máis antigos!

193

Reconstruír mensaxesFacer un discurso de despedida

Unha viaxe no tempo

O verbo

COOPERAMOS Facemos un vocabulario de palabras difíciles

ACABAMOS O CURSO O MEU ÁLBUM DE LINGUA

6

Page 7: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

Tempo para escribir mellor (Ortografía)

Máis tempo para ler Saber estar atentos

Saber facer (Escritura)Textos literarios Outros textos

O son K Un texto informativo: Acampada de fin de semana

Cada son, un momento

Pedir información por correo electrónico

O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela e O río

Elaborar un cartel

Signos que pechan oracións

Un texto instrutivo: Normas para visitar as Fragas do Eume

Unha fotografía como recordo

Comparar paisaxes

O son Z Poesía: Rachar a escuridade, Tesouro pirata e A escultura

Elaborar un folleto informativo

A partición de palabras

Un texto explicativo: Chuvia de animais

O mapa do tempo persoal

Elaborar unha lista de recomendacións

Palabras con b Teatro: O país das adiviñas

Escribir unha receita

Palabras con h Un texto informativo: Programa de festas do barrio da Carballeira

O corpo fala Escribir unha invitación

As contraccións do artigo

Teatro: Un bosque monstruoso

Explicar un proceso

Palabras con v Un texto informativo: Un mapache escala un rañaceos de Minnesota

Atentos coma unha ra

Contar unha experiencia persoal

Palabras con x e con s

Lenda: A torre de Hércules

Dar indicacións

Palabras con x e con ll

Un texto instrutivo: A maxia da orde

Veño doutro planeta

Describir un obxecto

A coma e os dous puntos

Conto popular: O demo noviño

Elaborar un anuncio

7

Page 8: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

Símbolos utilizados neste libro

Sombreiros de cores

Indica as actividades en que vas traballar co teu compañeiro ou compañeira.

Para realizar estas actividades vas ter que traballar en equipo.

Indica que actividades tes que facer escoitando unha gravación.

É o sombreiro do pensamento. Valo poñer para reflexionar e sacar conclusións.

É o sombreiro da creatividade. Con el poñerás en xogo a túa imaxinación para achegar ideas orixinais.

É o sombreiro das emocións. Valo usar para expresar o que sentes e poñerte no lugar dos demais.

PENSAMENTO

CREATIVIDADE

EMOCIÓNS

8

Page 9: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

Falamos?

1 Describe como pensas que se senten os rapaces e as rapazas da foto e compara os seus sentimentos cos teus.

2 Explica as vantaxes e os inconvenientes de comezar as clases.

Que fas nas vacacións que non podes facer agora? Que fas agora que non podes facer durante as vacacións?

3 Presenta o compañeiro ou a compañeira.

Non esquezas ningún destes datos:

Como se chama. Onde vive. Cantos anos ten. Que lle gusta facer.

Comezamos

9

Page 10: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

Máis tempo para falar

4 Que dirán as persoas da foto? Cun compañeiro ou cunha compañeira, elixe unha imaxe, obsérvaa e inventa un diálogo.

5 Escolle un dos trabalinguas e adéstrate para dicilo tan rápido como poidas.

Debaixo dunha pipa tinta hai unha pita pinta; cando a pipa tinta pinga, a pita pinta pía.

Do queixo non che me queixo que o queixo ben che me sabe. Quéixome de quen o vende que non mo deixa de balde.

6 Escolle un dos plans de domingo e intenta convencer os compañeiros e as compañeiras por que é mellor ca os outros plans.

Plan 1. Ir ao cine pola tarde e merendar nunha hamburguesaría.

Plan 2. Dar un paseo en bici pola mañá e facer

un pícnic nun parque.

Plan 3. Ir de excursión a algunha localidade próxima e xantar na beira dun río.

10

Page 11: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

Comezamos

Tempo para ler

De volta ao colexio

É o último día de vacacións e Martiño está moi triste.

–E logo que tes, Martiño? –pregúntalle a avoa. –Que non quero que acaben as vacacións.

Paseino tan ben!A avoa sorrí e dille:–E por que pensas que non o vas pasar

igual de ben ou mellor no colexio? Alí tes os teus amigos, non si? Aqueles que me explicabas que eran tan divertidos e que aprecias tanto. Como se chaman?

–Si. Chámanse Uxío, Xiana, Aldara e Alberte. A verdade é que teño moitas ganas de velos e de xogar con eles!

–Ademais, ti non dis que de grande che gustaría ser explorador? –continúa a avoa–: Pois, se pensas no colexio coma se fose un país que esconde unha chea de segredos que só os grandes exploradores coma ti poden chegar a descubrir, seguro que che resulta todo moito máis divertido e interesante.

–Graciñas, avoa! –di Martiño ilusionado–. Vou preparar a mochila para mañá. Quen sabe as novas aventuras que agardan por min neste curso!

7 Le a lectura en voz alta seguindo estas indicacións.

• Intenta pronunciar todas as letras das palabras correctamente e diferenciar unhas palabras das outras.

• Le cada oración coa entoación correspondente tendo en conta se acaba en punto (.), en signo de interrogación (?) ou de admiración (!).

8 Responde sen volver ler o texto.

• Como se chama o protagonista da lectura? Que lle pasa?

• Quen intenta animalo? Que lle di?

• Como se sente o protagonista ao final?

11

Page 12: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

Tempo para escribir

9 Di o que é cada debuxo e inventa un nome propio para el. Despois, escribe unha oración en que expliques como é cada un.

10 Escribe unha palabra en cada caso.

Que teña 5 letras.

Que conteña tres vogais.

Que conteña o son R forte.

Que conteña x.

Que conteña o son Z.

11 Que estará pensando cada un? Completa no caderno.

12 Elabora, en grupos de catro, un cartel para comezar o curso.

Podes elixir algunhas destas ideas.

• As normas da clase. • Benvida ao novo curso.

• Cousas que nos gustaría aprender. • Mensaxes de ánimo para estudar.

12

Page 13: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

813755174 Getty813755174 GETTY

Falamos?

A onde che gustaría viaxar? É un lugar próximo ou afastado?

Que medio de transporte terías que utilizar: coche, avión, bicicleta, tren, autobús…?

Quen che gustaría que te acompañase na viaxe? Como convencerías esa persoa para que te acompañase?

Que lugares dos que visitaches che gustaron máis?

1 A descubrir mundo!

SABER FACER

Pedir información por correo electrónico.

13

Page 14: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

Tempo para falar e escoitar

Agora contesta as preguntas

Que fai a rapaza da lámina?

A onde cres que irá? Por que?

Que ten nas mans o rapaz?

Que levarías ti para pasar uns cantos días na montaña?

Que vexo? Que penso? Que me pregunto?

PENSAMENTO

As palabras sobre as viaxes pódenche axudar a responder

as preguntas.

14

Page 15: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

11 Escoita e di cales son os dous obxectos que non se nomean na audición.

• tenda de campaña • impermeable • toalla

• saco de durmir • traxe de baño • lanterna

2 Que cómpre e que non cómpre levar ao campamento? Escoita de novo e escribe.

CÓMPRE LEVAR NON CÓMPRE LEVAR

3 Escoita estas palabras que conteñen o son K e cópiaas coas grafías que faltan.

es*ina ro*a re*eixo *en albari*o*e *ume

4 Representa cun compañeiro ou cunha compañeira unha conversa entre dous personaxes da lámina durante dous minutos.

• Primeiro repartide os papeis. Quen vai ser cada un?

• Despois fixádevos na situación e elixide o tema da conversa.

• Durante a conversa procurade non cortar as intervencións do outro e estade atentos ao que di para seguirlle o fío.

5 VALORES. Son responsable.

• Adoitas revisar a equipaxe, a bolsa, etc., para comprobar que non che falta nada?

• Cres que é importante facelo? Por que?

botas de tacos

saco de durmir

protector solar

Palabras sobre as viaxes

friameira

lanterna

cantimplora

compás

mapa

estoxo

caderno de notas

prismáticos

tenda de campaña

15

Page 16: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

Tempo para ler

Ladróns!Na casa de Martiño semella que entraron os ladróns.

Os armarios están abertos de par en par e ensinan sen vergoña os seus misterios. Hai caixóns medio baleiros que parece que foron revoltos con présa. Nalgúns lugares vense moreas de obxectos diversos: roupa, zapatos, libros, cepillos de dentes, mapas, lanternas...

A tía Xulia, que nese intre chega de visita, queda coa boca aberta.

–Que pasou? –berra, espantada–. Chamastes a policía?Catro parellas de ollos miran para ela. Os ollos azuis

de Martiño mírana coma se se volvese tola. Os ollos castaños de Elisa, a irmá de Martiño, mírana coma se falase un idioma descoñecido. Os ollos negros de Carme, a nai de Martiño, mírana coma se fose un extraterrestre. Só os ollos verdes de Henrique, o pai de Martiño, a miran de xeito diferente: coma se fose a persoa máis graciosa do mundo!

Henrique escacha coa risa e a tía Xulia preocúpase aínda máis. Quizais o roubo o trastornou! Mirando ao seu arredor, decátase de que non será doado atopar o teléfono. A saber a onde foi parar no medio daquel rebumbio! Saca o móbil do peto e di suavemente:

–Tranquilos... A policía ha vir deseguida.

DIFICULTADES DE LECTURA

Ás veces cústanos ler correctamente algunhas palabras en voz alta, porque son moi longas ou porque conteñen letras ou grupos de letras difíciles de pronunciar.

Localiza na lectura as palabras que che parezan máis difíciles e leas antes en voz baixa para practicar a pronuncia.

16

Page 17: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

1

revoltos: movidos, desordenados.

escacha coa risa: empeza a rir ás gargalladas.

rebumbio: conxunto de cousas mesturadas sen orde.

Daquela, Martiño e a súa irmá Elisa rin ás gargalladas co pai, que xa se deixou caer nunha butaca e agarra a barriga coas mans. Carme di:

–Que non, Xulia! Que non entrou ninguén a roubar! –Non? –a tía Xulia pon os ollos coma pratos–. E, daquela,

como se explica todo isto? –É que hoxe marchamos de acampada aos Ancares, tía

Xulia! –di Martiño, esmendrellándose de risa–. Non te lembrabas?

Agora é a tía Xulia quen ri. –Non me lembraba, non! Agora explícome... –volvendo

mirar ao seu arredor, di aínda–. E necesitades tantas cousas?–Necesitamos! –exclama Henrique–. Temos que ir

preparados para o frío, para a chuvia, para a calor... O tempo na montaña é imprevisible! E, ademais, levamos a tenda de campaña, os sacos de durmir, a mesa de encartar...

–E a comida, a neveira portátil, os cubertos... –continúa Carme.–E libros e xoguetes! –exclama Elisa–. Como imos estar

de acampada unha semana, imos ter tempo para todo! –E os mapas e o compás –remata Martiño–. Faremos un

montón de excursións pola montaña e non nos queremos perder!–Sabedes que? –dixo a tía Xulia–. Dádesme unha envexa

enorme!Coma se o tivesen ensaiado, Martiño, Elisa, Henrique

e Carme din á vez:–Pois ven connosco!A tía Xulia pénsao só un segundo e, despois, sae a fume

de carozo pola porta mentres berra:–Agardade por min un momento, que vou facer a miña

equipaxe!

EMOCIÓNS

Expreso os meus sentimentos.

Como te sentes cando convidas a alguén á túa casa e che di que si, que quere ir?

E se che di que non pode ir? Que lle dis?

17

Page 18: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

Tempo para ler

Tranquilos... A policía ha vir deseguida.

1 Que aspecto presenta a casa ao principio? Elixe o debuxo correcto.

A B C

2 Escribe cada nome onde corresponda.

Xulia Elisa Henrique Carme

é a nai de Martiño. é o pai de Martiño.

é a irmá de Martiño. é a tía de Martiño.

3 Le e responde.

• Quen di iso?

• Por que quere avisar a policía?

• Como reaccionan Martiño e a súa familia?

4 Escribe V se é verdadeiro ou F se é falso.

• Na casa de Martiño entraron os ladróns.

• A tía Xulia quere chamar os bombeiros.

• Martiño e a familia prepáranse para ir de acampada aos Ancares.

• Martiño e a familia convidan a tía Xulia a ir con eles de acampada.

• Ao final, a tía Xulia decide quedar na casa.

18

Page 19: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

1PONTE A PROBA

Resolve estas actividades a partir da lectura.

a) Di se esta afirmación é verdadeira ou falsa.

A lectura Ladróns! comeza cunha descrición.

b) Di cantos personaxes interveñen na lectura.

c) Busca no texto unha enumeración e cópiaa.

d) Elixe a opción correcta. Que significa a expresión a fume de carozo?

• Con gran rapidez.

• Pouco e pouco.

e) Explica coas túas palabras o que é un compás.

f ) Por que Ancares se escribe con maiúscula inicial?

5 Comenta coas compañeiras e cos compañeiros.

• Cres que a situación que se explica na lectura pode pasar na realidade ou que se trata dunha esaxeración? Por que?

• Que cousas pensas que son imprescindibles para ir unha semana de acampada? Elixe só cinco.

6 Expresa a túa opinión.

• Que é o que máis che gustou da lectura? E o que menos?

VOCABULARIO

7 Responde en cada caso.

• Que portas están abertas de par en par?

A B

• Quen ten os ollos coma pratos?

A B

AO FÍO DA LECTURA

8 Busca unha explicación lóxica para estes feitos misteriosos que non sexa o roubo.

Desapareceron todas as xoias da avoa.

Os veciños non están, pero óense ruídos dentro do piso.

19

Page 20: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

Como nos comunicamos?

As persoas falamos cos demais para expresar as nosas opinións, ideas, sentimentos… Cando nos comunicamos facémolo, sobre todo, por medio da linguaxe. Utilizamos a linguaxe cando falamos cos demais e tamén cando escribimos.

• Que utilizamos sobre todo para nos comunicar?

• En que situacións empregaches hoxe a linguaxe? Pon dous exemplos.

Hai moitas linguas

Ao falar ou ao escribir utilizamos unha lingua determinada: árabe, español, inglés…

No mundo hai moitas linguas diferentes, como o alemán, o chinés ou o francés. Para que dúas persoas se poidan entender, é importante que as dúas coñezan a lingua en que se comunican.

En España fálanse diversas linguas: galego, castelán, catalán, éuscaro…

• Entenderías unha persoa que falase chinés? Por que?

• Que lingua utilizas normalmente? Que outras linguas coñeces?

APRENDO E PRACTICO A linguaxe e as linguas

Cando nos comunicamos cos demais, facémolo sobre todo por medio da linguaxe. Utilizamos a linguaxe cando falamos cos demais e cando escribimos.

No mundo hai moitas linguas ou idiomas diferentes. Para que dúas persoas se entendan, é importante que as dúas coñezan a lingua en que se comunican. En España fálanse varias linguas: o castelán, o éuscaro, o catalán... Nós falamos galego.

Mamá:Hoxe teño fútbol, non o esquezas!Breixo

1 Observa e responde as preguntas.

• Con quen se comunica Breixo?

• Para que?

• Como o fai?

20

Page 21: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

1

Good morning! ¡Buenos días! Bonjour! Guten morgen!

ABERTOOPEN

OUVERT

2 Sinala que linguas falan estes rapaces e rapazas.

A B C D

3 Escribe estas palabras en dúas linguas diferentes que coñezas.

• lapis • chuvia • bolboreta • auga

4 Di en que lingua están escritas as frases que aparecen entre comiñas («»). Despois, substitúeas polas correspondentes en galego.

Campamento de verán

«Good morning!». Así comezou o meu campamento de verán en Londres. Alí coñecín a Sophie, unha rapaza moi simpática de París que sempre me dicía: «Ça va bien?». Ao principio non a entendía, pero o meu amigo Carlos explicoume: «Te pregunta cómo estás». Desde aquela, eu sempre respondía: «Très bien, merci!». Paseino moi, moi ben!

Como estás?

Bo día!

Pregúntache como estás.

Moi ben, grazas!

5 Escribe o nome de tres linguas que se falen no mundo e responde. Cal che gustaría aprender? Por que?

6 Observa o cartel e responde as preguntas.

• Que linguas se utilizan?

• Por que pensas que a mesma mensaxe está escrita en varias linguas?

21

Page 22: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

Tempo para escribir mellor

1 Copia só as palabras que conteñan o son K.

castaña cesta esquimó acordeón paquete escudo cinto quilo

2 Completa con c ou qu, segundo corresponda.

Unha enquisa pouco clarificadora

Onte pola tarde, na es*ola, pasáronnos unha en*isa para saber *e tipo de ex*ursións preferimos facer este ano. E sabedes *omo *edou todo ao final? Pois

*ince alumnos prefiren facer saídas ao *ampo e a

*atorce gustaríalles máis facer visitas *ulturais.

*ue resultado máis axustado, non si?

3 Clasifica as palabras anteriores segundo a forma en que se escriben.

ESCRÍBENSE CON C ESCRÍBENSE CON QU

4 Ordena e escribe os nomes dos obxectos representados.

O son K

O son K pódese representar con c ou con qu.

• Escríbese c diante de a, o, u. Exemplo: caracol, conto, culler.

• Escríbese qu diante de e, i. Exemplo: chaqueta, quince.

A

R

E

A

QU

T

M

N

O

I

QU

O

R A N

C O Á

Ó

U

R

E

LL

C N

C Q

22

Page 23: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

15 Observa e forma palabras seguindo o exemplo.

foca foquiñas vaca

barca butaca

6 DITADO. Prepara o ditado para facelo no caderno.

Fíxate no uso de c e qu.

A cara ou cruz

Carolina vota por ir de vacacións a Cuba, porque quere coñecer o Caribe. Xaquín, en cambio, considera que Turquía é un país máis exótico. Cansos de discutir, acordan decidilo a cara ou cruz. Que país será cara e cal será cruz? Aínda lles queda moito por discutir...

7 DITADO ACUMULATIVO. Fíxate nos contidos que se repasan neste ditado e prepárao para facelo no caderno.

Uso das maiúsculas O son K

A queixaría

Raquel e Cosme, curmáns do avó Quico, encárganse da queixaría, que é antiquísima. Alí elaboran queixos co fantástico leite que dan as súas vaquiñas. Eu coñézoas a todas polo nome: Xovenca, Cuca, Marquesa, Quina, Condesa... Sonvos as mellores vacas do mundo!

23

Page 24: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

Máis tempo para ler

Acampada de fin de semana

O Club Excursionista de Tui vai de acampada! E faino nin máis nin menos ca ás Illas Cíes, que forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

A acampada vaise facer a segunda fin de semana de outubro (días 10 e 11) para celebrar o aniversario de creación do Club.

Á acampada poden vir todos os rapaces, rapazas, mozos e mozas que queiran, tanto se son membros do Club coma se non o son, nacidos entre 1999 e 2013.

O período de inscrición comeza o 2 de setembro e finaliza o 30 do mesmo mes. Podedes apuntarvos por Internet, a través do enderezo [email protected], ou no servizo de información da Casa da Cultura de Tui.

O próximo 1 de outubro, ás seis da tarde, haberá unha reunión na Casa da Cultura de Tui para informarvos de todo o que se necesita e para resolver as dúbidas que teñades.

Non deixedes pasar a oportunidade única de que as vosas fillas e os vosos fillos vivan unha experiencia inesquecible, onde a natureza, a diversión e a aprendizaxe van da man. Apuntádevos á acampada do Club!

Deseña un anuncio para a acampada do Club Excursionista de Tui, con debuxos e letras grandes. Tes que incluír esta información:

Club que organiza a acampada.

Lugar e datas da acampada.

Unha frase bonita que anime a participar na acampada.

CREATIVIDADE

24

Page 25: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

1

2 A quen se dirixe o texto, aos pais e nais ou aos rapaces e rapazas? Como o sabes?

3 Relaciona cada data arrodeada de vermello co acto que se celebra ese día.

4 Que información se atopa no texto? Copia.

• Formas de inscribirse. • Cousas que cómpre levar á acampada.

• Lugar onde se fai a acampada. • Idade das persoas que poden ir.

• Lugar da reunión informativa. • Invitación para apuntarse na acampada.

5 Escolle quen vai poder ir á acampada do Club Excursionista.

A B

6 Podes ir á acampada, segundo a túa idade? Gustaríache ir? Por que? Explícallo ao resto da clase.

1 Que obxectivo ten o texto que liches? Responde.

• Describir as Illas Cíes e indicar onde se atopan.

• Dar información sobre o Club Excursionista de Tui.

• Dar información xeral da acampada ás Illas Cíes para que a xente se apunte.

SOBRE O TIPO DE TEXTO

Nacín no ano 2000.

Nacín en 1998.

Tempo para inscribirse

Acampada

Reunión informativa

SETEMBROl m mc x v s d

1 2 3 4 5 67 8 9 10 11 12 13

14 15 16 17 18 19 20

21 22 23 24 25 26 2728 29 30

OUTUBROl m mc x v s d

1 2 3 45 6 7 8 9 10 11

12 13 14 15 16 17 18

19 20 21 22 23 24 2526 27 28 29 30 31

25

Page 26: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

Descubrir mundo é esgotador: vemos, ulimos, oímos, tocamos… É hora de parar un pouco e prestar atención a algo concreto para gozar de todo o que nos arrodea. Ademais, axudaranos a estar concentrados cando facemos os deberes. Practicamos a atención plena?

Proposta 1: Cada son, un momento

APRENDEMOS UN TRUCO DE ATENCIÓN PLENA

PASO 1. Senta no chan coa clase formando unha roda coas pernas cruzadas, o corpo recto e as mans enriba da barriga.

PASO 2. Respira a fondo e nota que a barriga se vai inflando e desinflando.

– Para concentrarte, podes pensar estas palabras máxicas.

DENTRO

barriga inflada

FÓRA

barriga desinflada

PASO 3. Centra a atención nun son que fará o docente (cun obxecto ou co corpo).

– Escóitao ata que non se oia. Imaxina como se escribiría con letras.

PASO 4. Abre os ollos e escribe nun papel o son que escoitaches. Compárteo coa clase e explica o que che transmitiu (calma, enfado, alegría…).

As onomatopeas son palabras que imitan os sons que oímos. Hai moitas que conteñen o son K. Pensa no son relacionado con estas imaxes e escríbeo en letras. Todas conteñen c ou q.

SABER ESTAR ATENTOS

ATENTO Á LINGUA: PENSO ONOMATOPEAS ae p c d eu

x x xo e rn

m

26

Page 27: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

Para: [email protected]

Asunto: Información sobre a visita ao museo

Escritura

Pedir información por correo electrónicoAgora vas escribir un correo electrónico para pedir información antes de visitar unha cidade. Atréveste?

PREPARA O TEU TRABALLO

1 Le o seguinte anuncio e responde.

• De que informa o anuncio?

• Que ruta che gustaría facer?

• Que tes que facer para obter máis información?

2 Que preguntarías para coñecer estes datos sobre a ruta elixida? Escribe.

• Percorrido • Horario • Prezo • Duración

DEMOSTRA QUE O SABES FACER

3 USA AS TIC. Escribe un correo electrónico seguindo este modelo.

SABER FACER 1

QUERES COÑECER CITIMAR?

URBANRUTA ofréceche dous xeitos de descubrir a cidade:

Citimar Citimar a cabalo desde o aire

Se queres máis información, envía un correo electrónico a [email protected]

Estimados señores de Diverarte:Gustaríame que me informasen sobre a visita que van facer ao Museo Municipal:

1. Que día se vai realizar a actividade?2. Cómpre reservar a praza antes?

Grazas pola súa atención.Saúdos cordiais,Uxía Crespo

Enderezo electrónico

Obxectivo do correo

Saúdo

Motivo do correo

Información que se pide

Despedida

Sinatura

Agradecemento

27

Page 28: 3 Lingua · 2020. 2. 27. · Acampada de fin de semana Cada son, un momento Pedir información por correo electrónico O son G. A diérese Poesía: A barca da choiva, María Manuela

COMO O FIXEN? Responde as preguntas no caderno.

Que texto da unidade serve para informar? Entendino ben?

Que dúas letras serven para representar o son K?

Que me resultou máis difícil? Que me pareceu máis fácil?

Ponlle unha nota ao traballo que fixeches nesta unidade.

COMPROBO O MEU PROGRESO 1

MENÚ DO DÍA

8 EUROS

1 Di en cal destas situacións se usa a linguaxe para comunicarse.

A B

2 Completa os enunciados.

• Utilizamos a linguaxe cando e cando

• Para que dúas persoas se entendan, é importante que

3 Escribe o nome de dúas linguas distintas que se falen en cada sitio.

• En Europa. • En España.

4 Responde e pon exemplos.

• Diante de que vogais a letra c representa o son K?

• Como se representa o son K diante de e e i?

5 Forma palabras seguindo o exemplo.

zoco quiosco

vaca banco

choco arco

Exemplo barco → barqueiro

6 Que son? Escribe os nomes destes obxectos.

A B C

REPASO ACUMULATIVO

7 Escribe dúas palabras en cada caso.

• Que conteñan o son R forte.

• Que conteñan o son R suave.

• Que conteñan mp.

• Que conteñan mb.

• Que se escriban con h.

28