2ºterzo_sec xx

21
O galego de 1936 a 1975: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

Upload: xenevra

Post on 23-Jun-2015

360 views

Category:

Documents


8 download

TRANSCRIPT

Page 1: 2ºterzo_sec XX

O galego de 1936 a 1975: características lingüísticas

fundamentais. Contexto histórico e situación

sociolingüística.

Page 2: 2ºterzo_sec XX

O galego entre o 1936 e o 1975.

Page 3: 2ºterzo_sec XX

A rebelión militar encabezada polo xeneral Franco:

• Cruenta represión de todo aquilo que tivese que ver co galeguismo. • A persecución de galeguistas e republicanos foi feroz. Calcúlase que

máis de cinco milleiros de persoas foron asasinadas nos denominados “paseos”,.

• Condenas a morte ou encarceramento de galeguistas (R. Carballo Calero, Ramón Piñeiro), as represalias de todo tipo (Otero Pedrayo...)

• Exilio de intelectuais como Castelao, Dieste, Blanco Amor e un longo etcétera.

Non queda dúbida de que o novo réxime supuxo un durísimo golpe tamén para a nosa lingua e cultura.

Page 4: 2ºterzo_sec XX
Page 5: 2ºterzo_sec XX

Acabada a guerra establécese unha ditadura de carácter totalitario.

Desde unha perspectiva socioeconómica, a partir dos anos 60, asistimos a unha forte mudanza:• parcial industrialización (construción naval, sucursais de multinacionais,

como Citroën en Vigo, industria agraria, pesqueira, etc...). • crise da agricultura tradicional, prodúcese unha forte emigración do

campo ás cidades; este éxodo rural diríxese fóra da Galicia, e mesmo de España, ou cara ás cidades da costa galega.

Page 6: 2ºterzo_sec XX

Debido a esta situación trasládase o centro da cultura galega desde Galicia ata Bos Aires. Co apoio do poderoso Centro Galego e a presenza de Castelao e outros intelectuais manterán aceso o facho da lingua e cultura galega. Dos países suramericanos viñan clandestinamente os libros galegos, que a censura non autorizaba aquí.

Panteón do centro galego no cimeterio da chacarita en bos aires, onde castelao descansou ata o ano 1984 cando retornou á terra.

Page 7: 2ºterzo_sec XX

Alí xorden revistas como Galicia emigrante, editoriais como Citania, emisións de radio en galego, representacións teatrais, cursos de galego. Imprímense reedicións dos clásicos e tamén se publican algunhas novidades.

Page 8: 2ºterzo_sec XX

A ditadura franquista consideraba xermolos de separatismos as linguas do estado diferentes do castelán polo que se esforzou na súa represión.

A escola, a igrexa, a xustiza e a administración ignoraron por completo a existencia da nosa lingua e mesmo reprimiron o seu uso espontáneo.

Page 9: 2ºterzo_sec XX

Exemplos que testifican a discriminación lingüística e mesmo a represión en áreas e esferas concretas da vida social:

Page 10: 2ºterzo_sec XX

"A partir del día primero de agosto próximo, todos los funcionarios intestinos de las corporaciones provinciales y municipales de esta provincia, cualquiera que sea su categoria, que en acto de servicio, dentro o fuera de los edificios oficiales, se expresen en otro idioma que no sea el oficial de¡ Estado quedarán 'ipso facto' destituidos, sin ulterior recurso".

Orde do Gobernador Civil de Barcelona

Los maestros y maestras de instrucción primaria que enseñen a sus discípulos la doctrina cristiana u otra cualquier materia en un idioma o dialecto que no sea la lengua castellana, serán castigados por primera vez con amonestación y, si reincidiesen, serán apartados del Magisterio Oficial, perdiendo cuantos derechos les reconoce la ley.Real Decreto de 1902

Page 11: 2ºterzo_sec XX

"La España de Franco no puede tolerar agresiones contra la unidad de su idioma, ni la intromisión de nombres que pugnan con su nueva constitución política... En su virtud, DISPONGO:Art.1.- En todo caso, tratándose de españoles, los nombres [refírese aos das persoas] deberán consignarse en castellano.

BOE en 1938

"Asimismo queda prohibido el empleo de términos distintos de¡ español para la nomenclatura de los hospedajes en España, sin perjuicio de que puedan usarse nombres geográficos.

Orde do Ministro de Gobernación, aparecida en 1939

Page 12: 2ºterzo_sec XX

Ata 1949 non existe un proxecto expreso para a publicación de libros en galego; a partir de aí xorden a Colección Benito Soto de poesía (dirixida por Celso Emilio Ferreiro), a colección Xistral en Lugo, a editorial bibliófilos galegos en Santiago, etc.

Page 13: 2ºterzo_sec XX

O ano 1950 é especialmente significativo polo nacemento da editorial Galaxia, creada por un grupo de galeguistas comprometidos coa restauración de Galicia e o seu idioma

O obxectivo que perseguía a nova editorial non era facer uso do galego para temas exclusivamente folclóricos, senón o de deixar patente a validez da lingua galega para calquera xénero ou temática.

Page 14: 2ºterzo_sec XX

Galaxia promove publicacións periódicas, como a bimensual Revista de Economía de Galicia, a revista de cultura e arte Atlántida e a de pensamento Grial, que, aínda sendo bilingüe, será prohibida polo Ministerio de Información, cando andaba polo número catro.

Na década dos sesenta, xurdiron asociacións culturais que adoptarán posicionamentos activos ante o conflito lingüístico. En 1961 fúndase en Compostela O Galo e en 1963 O Facho na cidade de A Coruña.

Page 15: 2ºterzo_sec XX

A Agrupación Cultural O FACHO, fundada no ano 1963, ten como obxectivos o fomento do estudo da cultura galega e máis a dos pobos da mesma lingua e culturas afíns e a súa promoción en todas a súas manifestacións, mediante a organización e desenrolo de conferencias, cursiños, exposicións, traballos de investigación e máis actos culturais que tendan a consecución dos fin expresados.

(Artigo 6 dos seus estatutos)

Page 16: 2ºterzo_sec XX

A necesidade de restaurar e dignificar o idioma concretouse en publicacións como o Diccionario galego-castelán de Franco Grande ou a Gramática elemental del gallego común (1966) de R. Carballo Calero, primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega.

Institucións como a Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega aportaron as súas contribucións.

Cumpría normativizar a lingua, cun reto decisivo para o seu futuro: responder a novas necesidades comunicativas.

Page 17: 2ºterzo_sec XX

Nos corenta anos de franquismo, o proceso de desgaleguización idiomática experimentou unha aceleración sen precedentes:

• produciuse un considerábel incremento do uso do castelán entre a poboación de núcleos urbanos e vilegos.

• houbo unha importante penetración do castelán no mundo rural, ata entón monolingüe en galego.

• rexistrouse un significativo aumento da falantes monolingües en castelán.

• espalláronse intensamente os prexuízos e os comportamentos diglósicos no seo da sociedade.

Page 18: 2ºterzo_sec XX

Neste contexto social, parece evidente que o proceso normalizador retrocedeu nunha dimensión tal que non ten comparación con calquera outra etapa da nosa historia.

Page 19: 2ºterzo_sec XX
Page 20: 2ºterzo_sec XX
Page 21: 2ºterzo_sec XX

Período protoestándar:Simplificación ortográfica coa eliminación de• o apóstrofe (n’outras)• o guión (d-este, co-a)• o acento grave e circunflexo (à, às, sô, pôr)

Vacilación entre o dialectalismo e o supradialectalismo nas escollas morfolóxicas (irmán/irmá, oraciós, calcetís)

Tendencia purista no léxico: rexeitamento de castelanismos, moderación diferencialista, incorporación de neoloxismos e cultismos.