2º pascua 2014 a

12
Oito días despois, estaban outra vez os seus discípulos reunidos e Tomé con eles. Presentouse Xesús no medio deles estando as portas pechadas e díxolles: «A paz convosco»

Upload: nuria-m-nunez-elissetche

Post on 04-Jul-2015

78 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: 2º pascua 2014  a

Oito días despois, estaban outra vez os seus discípulos reunidos

e Tomé con eles.

Presentouse Xesús no medio deles estando as portas pechadas

e díxolles: «A paz convosco»

Page 2: 2º pascua 2014  a

Logo díxolle a Tomé:

«Trae aquí o teu dedo

e mira as miñas mans; trae a túa

man

e métea no meu costado

e non sexas incrédulo senón

home de fe».

Page 3: 2º pascua 2014  a

Tomé contestuoulle:

«Meu Señor e meu Deus».

Díxolle Xesús:

«Tes fe porque me viches?

Ditosos os que creron sen veren».

(Xn 20, 26-29)

Page 4: 2º pascua 2014  a

Cando eramos nenos, os incrédulos estaban:

• Nos libros de historia.

• Ou en cemiterios estraños.

• Os que aínda vivían estaban en países afastados.

e, se quedaba algún cerca de nós,

trataba de ocultar a súa increnza e ata chegaba a practicar os

ritos dos crentes.

Page 5: 2º pascua 2014  a

Agora os incrédulos están por todas partes.

Son moitos máis e falan máis alto.

Gañaron publicidade.

Tanto que moitos crentes tratan

de imitalos, ocultando as súas crenzas.

Page 6: 2º pascua 2014  a

Dicía Martín Descalzo:

«Desde sempre, os incrédulos créronse:

• máis listos

• máis profundos

• máis serios que os crentes.

• Xulgaron va a súa alegría,

ilusa a súa esperanza…»

e como nos gusta parecer un pouco listos,

sentimos a tentación de copiar o talante dos incrédulos.

Page 7: 2º pascua 2014  a

O apóstolo Tomé é «case» o centro do evanxeo de hoxe.

Parece que se negaba a crer

que Xesús tivese resucitado.

Pero, de incrédulo, nada!

O que o amolaba era que os seus compañeiros

creran con tanta facilidade no resucitado

cando non tiñan aceptado a súa morte.

Page 8: 2º pascua 2014  a

Só el invitara os demais a subir a Xerusalén

e morrer con Xesús se fose preciso.

El era o único «serio» do grupo.

Os demais, uns ilusos.

Ou uns oportunistas, que é peor.

Page 9: 2º pascua 2014  a

Ao amosarse a Tomé, Xesús pronuncia a última das

benaventuranzas evanxélicas:

«Ditosos os que crean sen ter visto»

Page 10: 2º pascua 2014  a

Aí están todos os que chegaron á fe,

apoiados na palabra dos que viron a Xesús

e Nel descubriron a gloria de Deus.

Aí están os que sufriron a tentación de abandonar

o camiño do Señor, por non ter visto a súa

presenza na historia de cada día.

Aí están os crentes que mantiveron a súa

fidelidade, a pesar da dor e da tristeza, do

cansazo interior e das burlas exteriores.

Page 11: 2º pascua 2014  a

Xesús de Nazaré, non permitas que nos apartemos de ti e,

no medio das dificultades que nos acosan,

acepta a nosa voz que te confesa dicindo:

«Meu Señor e meu Deus». Amén, Aleluia.

Page 12: 2º pascua 2014  a

José Román Flecha AndrésPALABRA DEL SEÑOR, Salamanca 2007Presentación: Antonia Castro Panero

Música: Aleluia...Canto Gregoriano...Monxes de Silos