28º domingo tob 2015 bene pagola

13
11 outubro 2015 28º Tempo Ordinario Marcos 10, 17-30 José Antonio Pagola Presentación: B.Areskurrinaga HC Euskara: D. Amundarain Música: Mantovani- a mer

Upload: nuria-m-nunez-elissetche

Post on 21-Jan-2018

198 views

Category:

Spiritual


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 28º domingo tob  2015  bene pagola

11 outubro 201528º Tempo Ordinario

Marcos 10, 17-30

José Antonio Pagola

Presentación: B.Areskurrinaga HCEuskara: D. AmundarainMúsica: Mantovani- a mer

Page 2: 28º domingo tob  2015  bene pagola

O episodio está narrado con intensidade

especial. Xesús ponse en camiño cara a Xerusalén, pero antes de que se afaste

daquel lugar, chega "correndo" un

descoñecido que "cae de xeonllos" ante el

para retelo. Necesita urxentemente a Xesús.

Page 3: 28º domingo tob  2015  bene pagola

Non é un enfermo que pide curación. Non é un leproso que, desde o chan, implora

compaixón. A súa petición é doutra orde.

Page 4: 28º domingo tob  2015  bene pagola

O que el busca naquel mestre bo é luz para orientar a súa vida:

««Que farei para herdar a vida eterna?»Que farei para herdar a vida eterna?». . Non é unha cuestión teórica, senón

existencial. Non fala en xeral; quere saber que ha de facer el persoalmente.

Page 5: 28º domingo tob  2015  bene pagola

Antes de nada, Xesús lémbralle

que «non hai ninguén

bo máis que Deus».

Antes de formularnos que que hai que “fhai que “faceracer", ", temos que saber temos que saber que vivimos ante que vivimos ante un Deus Bo coma un Deus Bo coma ninguén: na súa ninguén: na súa

bondade bondade insondable temos insondable temos que apoiar a nosa que apoiar a nosa

vidavida.

Page 6: 28º domingo tob  2015  bene pagola

Logo, lémbralle «Logo, lémbralle «os os mandamentos»mandamentos» dese Deus Bo. dese Deus Bo.

Segundo a Segundo a tradición bíblica, tradición bíblica, ese é o camiño ese é o camiño

para a vida eterna.para a vida eterna.

Page 7: 28º domingo tob  2015  bene pagola

A resposta do hombre é admirable. Todo iso xa o cumpriu desde A resposta do hombre é admirable. Todo iso xa o cumpriu desde pequeno, pero sente dentro de si unha aspiración máis fonda. pequeno, pero sente dentro de si unha aspiración máis fonda.

Está buscando algo máis.Está buscando algo máis. ««Xesús quedóuselle mirando con agarimo»Xesús quedóuselle mirando con agarimo». .

A súa mirada está xa expresando a relación persoalA súa mirada está xa expresando a relación persoal e intensa que quere establecer con el.e intensa que quere establecer con el.

Page 8: 28º domingo tob  2015  bene pagola

Xesús entende moi ben a súa

insatisfacción: «unha cousa che

falta». Seguindo esa lóxica

de “facer“ o mandado para "posuír" a vida

eterna, aínda que viva de maneira

intachable, intachable, non quedará non quedará plenamente plenamente satisfeito.satisfeito.

No ser humano hai No ser humano hai unha aspiración unha aspiración máis profunda.máis profunda.

Page 9: 28º domingo tob  2015  bene pagola

Por iso, Xesús invítao a orientar a súa vida Por iso, Xesús invítao a orientar a súa vida desde unha lóxica nova. desde unha lóxica nova.

O primeiro é non vivir agarrado ás súas posesións: O primeiro é non vivir agarrado ás súas posesións: ««vende o que tes»vende o que tes». .

O segundo, axudar os pobres:O segundo, axudar os pobres: ««dálles o teu diñeiro»dálles o teu diñeiro»..

Por último, «Por último, «ven e sígueme»ven e sígueme».. Os dous poderán percorrer xuntos o camiño cara Os dous poderán percorrer xuntos o camiño cara

ao reino de Deus.ao reino de Deus.

Page 10: 28º domingo tob  2015  bene pagola

O home érguese e afástase de Xesús.O home érguese e afástase de Xesús. Esquece a súa mirada agarimosa e vaise triste. Esquece a súa mirada agarimosa e vaise triste.

Sabe que nunca poderá coñecer a alegría e a Sabe que nunca poderá coñecer a alegría e a liberdade dos que seguen a Xesús. liberdade dos que seguen a Xesús.

Marcos explícanos que "Marcos explícanos que "era moi ricoera moi rico".".

Page 11: 28º domingo tob  2015  bene pagola

Non é ésta a nosa experiencia de cristiáns Non é ésta a nosa experiencia de cristiáns satisfeitos dos países ricos?satisfeitos dos países ricos?

Non vivimos atrapados polo benestar material? Non vivimos atrapados polo benestar material?

Page 12: 28º domingo tob  2015  bene pagola

Non lle falta á nosa relixión o amor práctico aos pobres?

Non nos falta a alegría e a liberdade dos seguidores de Xesús?

Page 13: 28º domingo tob  2015  bene pagola

FÁLTANOS UNHA COUSA  

O episodio está narrado con intensidade especial. Xesús ponse en camiño cara a Xerusalén, pero antes de que se afaste daquel lugar, chega "correndo" un descoñecido que "cae de xeonllos" ante el para retelo. Necesita urxentemente a Xesús.

Non é un enfermo que pide curación. Non é un leproso que, desde o chan, implora compaixón. A súa petición é doutra orde. O que el busca naquel mestre bo é luz para orientar a súa vida: «Que farei para herdar a vida eterna?». Non é unha cuestión teórica, senón existencial. Non fala en xeral; quere saber que ha de facer el persoalmente.

Antes de nada, Xesús lémbralle que «non hai ninguén bo máis que Deus». Antes de formularnos que hai que “facer", temos que saber que vivimos ante un Deus Bo coma ninguén: na súa bondade insondable temos que apoiar a nosa vida. Logo, lémbralle «os mandamentos» dese Deus Bo. Segundo a tradición bíblica, ese é o camiño para a vida eterna.

A resposta do home é admirable. Todo iso xa o cumpriu desde pequeno, pero sente dentro de si unha aspiración máis fonda. Está buscando algo máis. «Xesús quédaselle mirando con agarimo». A súa mirada está xa expresando a relación persoal e intensa que quere establecer con el.

Xesús entende moi ben a súa insatisfacción: «unha cousa che falta». Seguindo esa lóxica de “facer“ o mandado para "posuír" a vida eterna, aínda que viva de maneira intachable, non quedará plenamente satisfecho. No ser humano hai unha aspiración máis profunda.

Por iso, Xesús invítao a orientar a su vida desde unha lóxica nova. O primeiro é non vivir agarrado ás súas posesións: «vende o que tes». O segundo, axudar os pobres: «dálles o teu diñeiro». Por último, «ven e sígueme». Os dous poderán percorrer xuntos o camiño cara ao reino de Deus.

O home érguese e afástase de Xesús. Esquece a súa mirada agarimosa e vaise triste. Sabe que nunca poderá coñecer a alegría e a liberdade dos que seguen a Xesús. Marcos explícanos que "era moi rico".

Non é esta a nosa experiencia de cristiáns satisfechos dos países ricos? Non vivimos atrapados polo benestar material? Non le falta á nosa relixión o amor práctico aos pobres? Non nos falta a alegría e a liberdade dos seguidores de Xesús?  

José Antonio Pagola