23 de abril. dia do libro (tarefa para pcpi-2)

9
23 de Abril. DÍA DO LIBRO O 23 de abril celébrase o día do libro, conmemoración internacional que ten como obxectivo fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual a través dos dereitos de autor. A elección desta data non é casual pois conmemora a morte en 1616 de dous grandes autores: Cervantes e Shakespeare (aínda que a realidade non é exactamente así: Cervantes morreu o 22 e enterrouse o 23, mentres que Shakespeare morreu o 23 de abril do calendario xuliano, que correspondería en realidade ó 3 de maio). A eles súmase nesta data a morte do Inca Garcilaso de la Vega, escritor e historiador peruano, recoñecido por ser o “primeiro mestizo” que foi capaz de asumir e conciliar as dúas tradicións culturais: a indíxena americana e a europea. En España conmemórase esta data dende principios do século XX, e ademais faise coincidir coa entrega dos prestixiosos Premios Cervantes, un dos maiores galardóns outorgados aos autores hispanos. En Cataluña o 23 de abril celébrase tamén o día do seu Patrón San Xurxo (Diada de Sant Jordi) que, ademais, ten un carácter reinvindicativo da cultura catalá. Nesta data forma parte da tradición regalar un libro e unha rosa á parella ou persoas queridas. A UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) promulgou a celebración desta data con carácter internacional en 1995. Dende 2001 cada 23 de abril diferentes capitais do mundo son nomeadas Capital Mundial do Libro, realizando distintas actividades culturais (en bibliotecas, museos, rúas…) relacionadas co libro.

Upload: marlou

Post on 24-May-2015

235 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: 23 de abril. Dia do libro (Tarefa para PCPI-2)

23 de Abril. DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celébrase o día do libro, conmemoración

internacional que ten como obxectivo fomentar a lectura, a

industria editorial e a protección da propiedade intelectual a

través dos dereitos de autor.

A elección desta data non é casual pois conmemora a

morte en 1616 de dous grandes autores: Cervantes e

Shakespeare (aínda que a realidade non é exactamente así:

Cervantes morreu o 22 e enterrouse o 23, mentres que

Shakespeare morreu o 23 de abril do calendario xuliano,

que correspondería en realidade ó 3 de maio). A eles

súmase nesta data a morte do Inca Garcilaso de la Vega,

escritor e historiador peruano, recoñecido por ser o

“primeiro mestizo” que foi capaz de asumir e conciliar as

dúas tradicións culturais: a indíxena americana e a

europea.

En España conmemórase esta data dende principios do

século XX, e ademais faise coincidir coa entrega dos

prestixiosos Premios Cervantes, un dos maiores galardóns

outorgados aos autores hispanos.

En Cataluña o 23 de abril celébrase tamén o día do

seu Patrón San Xurxo (Diada de Sant Jordi) que, ademais,

ten un carácter reinvindicativo da cultura catalá. Nesta data

forma parte da tradición regalar un libro e unha rosa á

parella ou persoas queridas.

A UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a

Educación, a Ciencia e a Cultura) promulgou a celebración

desta data con carácter internacional en 1995. Dende 2001

cada 23 de abril diferentes capitais do mundo son

nomeadas Capital Mundial do Libro, realizando distintas

actividades culturais (en bibliotecas, museos, rúas…)

relacionadas co libro.

Page 2: 23 de abril. Dia do libro (Tarefa para PCPI-2)

TAREFA: Elaboración dun ARTIGO XORNALÍSTICO

O artigo seguirá a estrutura e o formato dado en anteriores

ocasións:

Un titular arredor da data que se celebra (tamaño letra

18, tipo letra Verdana)

Un subtítulo (tamaño letra 16)

O corpo do artigo (tamaño letra 12. Arredor de 200

palabras)

Imaxes incrustadas . Só poderán utilizarse as imaxes que

se inclúen neste documento ou obtidas do enlace que se

incorpora aquí ao autor das mesmas, Leandro Lamas.

Fontes de información utilizadas (sinaladas ao final do

artigo)

O artigo presentarase editado, nun documento de Word,

con marxes, título centrado e texto aliñado á esquerda.

INFORMACIÓN ARREDOR DOS XÉNEROS

XORNALÍSTICOS:

o Géneros periodísticos en la prensa escrita

o A crónica (por Xano Cebreiro)

o La prensa, un recurso para el aula

o Os xéneros xornalísticos (por Sofia Rama)

PRODUTO ARTÍSTICO: MARCAPÁXINAS

O marcapáxinas conterá:

Un debuxo que faga referencia á lectura ou aos

libros.

Un texto, escrito en lingua galega, que pode ser

unha frase, un slogan ou unha cita literaria

animando a ler ou acerca da lectura.

FONTES DE INFORMACIÓN:

Galipedia

Abril, mes do libro

Recursos para o día do libro

Oepli / Sermos Galiza

Page 4: 23 de abril. Dia do libro (Tarefa para PCPI-2)
Page 5: 23 de abril. Dia do libro (Tarefa para PCPI-2)
Page 6: 23 de abril. Dia do libro (Tarefa para PCPI-2)
Page 7: 23 de abril. Dia do libro (Tarefa para PCPI-2)
Page 8: 23 de abril. Dia do libro (Tarefa para PCPI-2)
Page 9: 23 de abril. Dia do libro (Tarefa para PCPI-2)